Santos

Page 1

Nerea pertencía a unha familia importante na cidade, a dos Tolomeos. Naceu no 1300 e foi irmá de San Bernardo, fundador da Orde do Monte das Oliveiras. Tiña canto se podía soñar neste mundo, dende praceres ata o poder, que tanto fascina á xente, pero no silencio da súa alma fixo voto de virxindade perpetua. Os pais, como era natural, querían casala custe o que custe. Ela fabricouse unha especie de cela no pazo onde residía con vistas a igrexa. Falaba co amigo Xesús. Tiña visións celestiais e sobrenaturais, un don que Deus concede a almas especiais. Unha vez foron o pais a vela. Coincidiu que estaba en éxtase e falando con Xesús. Tiña a fronte iluminada de gran luz e fulgor. E dende entón, deixárona libre para facerse monxa dominicana..

FESTA 28 DE DECEMBRO.


A ERMIDA DA VIRXE DA ALBA A ermida da Virxe de Alba está nun dos municipios máis montañosos de Asturias, Quirós. A ela só se pode subir a pé ou a cabalo. Álzase sobre a pena de Alba (1.600 m.). Dista de Oviedo 44 Km. HISTORIA O Papa San Pío V, o ano 1581, erixe canonicamente este santuario. O edificio é unha sinxela ermida no monte. LENDA A lenda di que nunha aldea daquela zona, Villar, vivía unha nena chamada María. Era a maior de once irmáns. Mandábana ao monte, a coidar ovellas. Alí pasaba todo o día. Na montaña buscaba flores para ofrecerllas a unha bela señora que moraba na cova da Pena de Alba. Un día, o lobo devoroulle unha ovella. María, triste e temerosa do que podería acontecerlle cando volvese á casa, entrou na cova e pediu auxilio á fermosa señora que tantas veces vira en sonos. Naquel instante, ante os seus ollos apareceuse unha ovella idéntica á que comera o lobo. A nena contou o que lle sucedera, e todo o pobo acudiu a aquel lugar. Na cova encontraron unha imaxe da Virxe enterrada. Desenterrárona e construíronlle unha ermida na que se venera dende hai séculos co nome de Alba.

FESTA: 15 DE AGOSTO


Mártir da persecución relixiosa en España entre 1934 e 1937 (GUERRA CIVIL). Beatificada xunto con outros 497 mártires o 28 de outubro de 2007 en Roma por Benedicto XVI.

Daniela naceu en Berriatúa (Biscaia), diocese entón de Vitoria (hoxe de Bilbao) no seo dunha familia vasca, sinxela, pero de tradición e avoengo relixioso. Aos 20 anos optou pola vida relixiosa nas Carmelitas Misioneiras, ingresou no noviciado de Graza-Barcelona en 1915. Iniciou a vida relixiosa o mesmo ano. A Hna. Daniela, tiña o seu pequeno campo de traballo en Pedralbes, a asistencia dunha enferma grave. De Graza a Pedralbes e de Pedralbes a Graza viaxaba en tranvía. Aí camiño do deber, sorprendeuna o martirio. Foi detida polo "Comité Vermello" e asasinada, furada polas balas, en La Rabassada (Barcelona).

FESTA: 6 DE NOVEMBRO


Foi unha ermitá do século IV, que, dende adolescente se encerrou nunha especie de tumba ou cárcere sen portas (os emparedados existiron ata moi avanzado o século XVII e foron moi venerados aínda en vida, consultados por papas e reis. Mesmo os houbo, maiormente mulleres, dentro de mosteiros, afastadas das mesmas irmás).

A lenda di que era pretendida por un mozo que quería casar con ela. Alexandra, para evitar tentacións marchou á soidade da súa ermida, da que non podería saír xamais. Alí adicábase a orar, meditar e ler as Escrituras e vidas de santos. O que se coñece dela é por Santa Melania la Joven, que se encargaba de levarlle a comida. Alexandra, consumida polas penitencias, morreu aos 30 anos.

FESTA: 14 DE FEBREIRO


Viviu na segunda metade do século IX en Bohemia. De él hai dúas historias: unha dí que era parente do rei de Hungría san Esteban, e segundo outra foi o fillo do rei dos croatas, Charvati. Os estudos modernos afirman que foi un monxe beneditino do mosteiro saxón de Coevey. Como a vida en comunidade non lle satisfacía plenamente, retirouse a unha ermida de Bohemia. Cando se presentaron algúns problemas de tipo político e relixioso buscaron por todos sitios a este monxe para facer de mediador. Encontrouno o duque Borijov. San Iván quedou no pazo de Tetín durante un tempo ata que se solucionaron os problemas polos que había sido chamado. Antes de regresar á súa ermida o duque Borivoj prometeulle que á súa morte edificaría unha igrexa a san Xoan Bautista. Despois da morte de Iván sucedéronse moitos milagres. A ermida prometida foi construida co nome de “A igrexa de san Xoan baixo a Rocha” Os monxes beneditinos encargáronse de transmitir o seu culto por todos sitios.

FESTA: 24 DE XUÑO


Pertencía a unha nobre familia e ademais estaba casada cun importante funcionario do emirato independente cordobés. Pero quedou viúva e entra no mosteiro de Santa María de Córdoba, chegando mesmo a ser abadesa. Proclamou en público a súa fe cristiá e o emir Muhammad I mandouna prender e azoutar, xa que neses tempos España estaba invadida polos musulmáns.

Ao ver que non renegaba do cristianismo, foi levada aos máis duros castigos de varas antes de ser somerxida nunha caldeira de chumbo fervendo, e aínda así en plena agonía seguía cos seus cánticos e loanzas día e noite que fixeran as delicias das súas compañeiras de mosteiro, a súa morte foi o 19 de outubro do ano 864.

FESTA: 19 DE OUTUBRO


Conta a lenda que María Madalena, María Jacobé, María Salomé, José de Arimatea e Trofino, con Sara, unha xitana escrava, foron botados ao mar, nunha barca sen remos e sen provisións dende Exipto. Desesperadas, as tres Marías empezaron a chorar e a orar. Nese momento Sara quita o dikló (pano) da cabeza, chama por Kristesko (Xesucristo) e promete que se os salva ela sería escrava de Xesús e xamais andaría coa cabeza descuberta en sinal de respecto. Milagrosamente, a barca sen rumbo e a mercé de todas as intemperies, atravesou o océano e fondeou con todos salvos en PetitRhóne, hoxe Saintes-Maries-de-La-Mer, na costa francesa. Sara cumpriu a promesa ata o final dos seus días. A súa historia e milagres fixérona “Patroa Universal do Pobo Xitano” e é festexada todos os anos os días 24 e 25 de maio.


Santa Sonia ou Sofía tivo tres fillas (Fe, Esperanza e Caridade) eran cristiáns. Cando elas tiñan oito, dez e once anos, a súa nai mudouse a Roma e levounas con ela. Todos os domingos, as catro visitaban xuntas as diversas igrexas da cidade. Santa Sonia fixo amizade con moitas matronas romanas e logrou converter varias delas. Alguén denunciou este feito ante o emperador Adriano, quen, ao coñecer as tres nenas, quedou tan prendado delas e da súa fermosura que intentou adoptalas como fillas, pero como elas se negaron, o emperador condenounas a diferentes tormentos. Foron torturadas e logo degoladas. Sonia, axudada por algún dos presentes, enterrou os corpos das súas Santas fillas exclamando que se quería reunir con elas. Algún tempo despois morreu. O seu corpo foi enterrado polos cristiáns na mesma sepultura das súas fillas. Tamén ela foi mártir, posto que padeceu nas súas entrañas maternais cada un dos tormentos que padeceron as súas tres fillas.

FESTA: 30 SETEMBRO


S. VICTOR I. Naceu en Africa. Mártir. Elixido papa en 189, morreu en 199. Estableceu que para o Bautismo en caso de urxencia fora posible usar calquera auga. Foi memorable a súa loita contra os Bispos do Asia e Africa, para que a Pascua se celebrase segundo o rito romano e non co hebraico. O seu pontificado coincidiu cun período tranquilo e favorable para o Cristianismo. FESTA: 28 DE XULIO


No mosteiro de La Camabre, preto de Bruxelas, en Brabante, viviu santa Alicia ou Aleide, virxe, da Orde Cisterciense. Aos sete anos seus país mandárona estudar e alí quedou para sempre. Logo aos vinte e dous anos de idade enfermou de lepra e viuse obrigada a vivir como reclusa. Cara ao final da súa vida viuse privada da vista, de modo que nin un só membro do seu corpo estivese san, agás a súa lingua para cantar as loanzas de Deus. Segundo a tradición, o Señor aparecéuselle para comunicarlle que el estaba tanto no corpo coma no sangue. Morreu en 1250, onde foi coñecida polas súas visións.

FESTA: 11 DE XUÑO


PROTAGONISTA DO CONTO DE LEWIS CARROLL

CANTANTE, COMPOSITORA E ACTRIZ ESTADOUNIDENSE


San Blas foi bispo de Sebaste, Armenia (ao sur de Rusia). Era médico e, mentres atendía aos pacientes, aproveitaba , para falarlles de Xesucristo e da súa relixión, e conseguir así moitos novos cristiáns. Cando estalou a persecución de Diocleciano, San Blas foise esconder nunha cova da montaña, e dende alí dirixía e animaba aos cristiáns perseguidos. Pola noite baixaba ás agachadas á cidade a axudarlles e a socorrer e consolar aos que estaban nos cárceres, e a levarlles a Sagrada Eucaristía. Conta a tradición que á cova onde estaba escondido o santo, chegaban as feras feridas ou enfermas e el as curaba. Pero un día el viu que pola costa arriba chegaban os cazadores do goberno e entón espantou ás feras e afastounas e así librounas de ser vítimas da cazaría. Entón os cazadores, en vinganza, levárono preso e matárono (cortáronlle a cabeza) pero antes de morrer curou (só con poñerlle as máns na cabeza) a un neno que tiña a gorxa atravesada por una espiña de pescado. POR ISO É O PATRÓN DAS ENFERMIDADES DA GORXA.


Ingredientes: Ovos frescos: 350 grs. (7 unidades) Azucre: 15 grs. (unha culler sopeira) Aceite: 125 grs. Anís: 15 grs. (dúas culleres sopeiras) Fariña: 500 grs.

Preparación: Mesturar nunha cunca, os ovos, o azucre, o anís e o aceite. Axitar ata que estea ben homoxeneizado. Incorporar a fariña e amasar ata conseguir un textura correúdas. Tomar porcións do tamaño dunha noz e, sobre a mesa lixeiramente untada de aceite, formar tiras que uniremos polos extremos formando as rosquillas. Colocar sobre unha chapa de forno e cocer a 250ºC aproximadamente. Ingredientes para o blanquete Claras de ovo: 4 unidades Azucre a 109ºC: 1 quilo (punto febra forte) Preparación Bater as claras e ir incorporando o azucre no seu punto, pouco a pouco e sen deixar de bater, ata que se forme o merengue. Terminación Unha vez cocidas e frías, bañarémolas primeiro por un lado e meterémolas no forno para que se sequen e cando estean fríos báñanse polo outro lado e vólvense meter no forno.


Foi un dos primeiros membros da Orde do Carmelo. Os seus pais foron xudeus convertidos ao cristianismo grazas a unha aparición da Santa Virxe. Dende a infancia mostrou extraordinarios dons para o espiritual e o intelectual. Aos 15 anos falaba xa o grego, o latín e o hebreo. Durante cinco anos viviu como ermitán no Monte Carmelo. Logo marchou a Sicilia. Alí converteu a moitos coa súa predicación e milagres e en Palermo converteu máis de 200 xudeus. Cando se atopaba predicando a unha multitude, en Locata, foi acoitelado por unha banda de delincuentes. Ferido de morte, caeu de xeonllos e orou por todo o pobo e en particular polos que o feriran. FESTA: 5 DE MAIO


O Pai dos nenos da miseria, da enfermidade, da marxinación de do desamor. UNHA VIDA ADICADA AOS MÁIS NECESITADOS. É de Mieres, Asturias (11 de marzo de 1937). Sacerdote diocesano. Fundador da Asociación Cruz dos Anxos e Fundador da Asociación Mensaxeiros da Paz e Presidente Fundador da Asociación Idade Dourada e da Fundación Mensaxeiros da Paz. Premio Príncipe de Asturias da Concordia 1994.


Os anxos custodios son os nosos ANXOS DA GARDA que baixan a terra para axudarnos e protexernos. Según o Novo Testamento todos temos un. No ano 800 celebrábase en Inglaterra unha festa aos Anxos da Garda e dende o ano 1111 existe unha oración moi famosa ao Anxo da Garda. Di así: "Anxo do Señor, que por orde da súa piadosa providencia es o meu garda, custódiame neste día (ou nesta noite) ilumina o meu entendemento, dirixe os meus afectos, goberna os meus sentimentos, para que xamais ofenda a Deus Señor. Amén". PATRÓNS DOS POLICIAS. FESTA: 2 DE OUTUBRO.


Lucía pertencía a unha rica familia de Siracusa (Italia). Cando a nai quedou viúva quixoa casar pero ela fixera voto de virxindade por amor a Cristo. A boda aprazouse porque a súa nai enfermou entón levouna a tumba de Santa Águeda, da que era moi devota. Desta peregrinación a nai veu curada e por iso permitiu que a filla seguira o camiño que desexaba permitíndolle dar aos pobres da cidade o seu rico dote. Pero o noivo rexeitado vingouse acusando a Lucía ante o procónsul Pascasio por ser ela cristiá. Ameazada de ser levada a un prostíbulo para que saíse contaminada, Lucía deulle unha sabia resposta ao procónsul: "O corpo queda contaminado soamente se a alma é consciente". Acusada de bruxería, ardeu na fogueira pero non se queimou, sacáronlle os ollos pero ela seguiu vendo ata que, finalmente, morreu decapitada. Patroa dos cegos e dos problemas da vista.

FESTA: 13 DE DECEMBRO


Ismael e dous irmáns, Manuel e Savelio, quixeron humanizar os pobos. No fogar, recibiran unha formación cristiá, ao mesmo tempo que unha ampla cultura. Eran moi coñecidos en Calcedonia e Bitinia porque querían que Xuliano o Apóstata e o rei de Persia chegasen a un acordo para que reinase a paz entre os súbditos O testemuño das súas vidas levounos, sen querer, a verse no medio dun acontecemento que deu lugar a outra das duras persecucións que tiveron: o templo de Apolo incendiouse e botáronlles a culpa a eles (a Ismael en particular). Foron detidos e interrogados e ao final destes foron decapitados. ANO 326

FESTA: 17 DE XUÑO


San Adrián era un carcereiro romano que viviu no século III, en plena persecución da cristiandade, e que se converteu ao cristianismo ao ver o valor dos mártires, que marchaban á súa execución sen medo á morte. Tomando exemplo dos cristiáns decidiu camiñar ao seu lado en lugar de encerralos, o que lle custou caer en desgraza e morrer a golpes de martelo xunto con outros vinte e tres mártires; non obstante, ao ser queimados os corpos o seu salvouse ao apagarse as chamas de golpe por un trebón providencial. FESTA:8 DE SETEMBRO


Apóstolo de Xesús de Nazaret. Despois da crucifixión dedicouse a predicar a nova fe. A lenda di que Santiago viaxou a Hispania para predicar por encarga do propio Xesucristo e que se lle apareceu a Virxe María en Zaragoza (no lugar onde logo se levantou a basílica do Pilar). Santiago morreu decapitado durante as persecucións contra os cristiáns que realizou o rei de Judea, Herodes Agripa I. Segundo outra lenda o seu corpo chegou ata Galicia e foi enterrado no Campus Stellae, preto de Padrón; alí erixiuse un templo no século IX, cara ao cal se encamiñaron as peregrinacións do Camiño de Santiago; e en torno ao templo e ás peregrinacións xurdiu a cidade de Santiago de Compostela. Santiago foi tido por patrón da reconquista cristiá da Península contra o Islam e tanto a Virxe do Pilar coma o propio Santiago convertéronse en símbolos nacionais de España. FESTA: 25 DE XULIO


Foi o apóstolo dos países escandinavos. É o evanxelizador que non se desespera a pesar dos reveses da vida e dos fracasos. Morreu, moi xoven agotado de tanto evanxelizar, o 3 de febrero de 865.

FESTA: 3 DE FEBREIRO


Apóstolo de Xesús. Unha tradición conta que foi crucificado en Patras, Grecia. Atárono a unha cruz en forma de X e que durante os tres días que tardou en morrer sacou forzas para falar de Xesús. En Galicia temos o santuario de

SAN ANDRÉS DE TEIXIDO. Conta a lenda que San Andrés estaba triste porque o seu templo quedaba nun lugar tan solitario e afastado que nadie o visitaba. Ademais, todo o mundo quería ir a Santiago de Compostela. Pediulle axuda a Xesús es prometeulle que, ao seu templo, acudirían a velo todos os mortais e o que non o fixera de vivo faríao reencarnado nun animal. De aí provén o dito: A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO IRÁ DE MORTO O QUE NON FOI DE VIVO.

FESTA: 30 DE NOVEMBRO


Naceu en Judea seis meses antes de que nacera o seu curmán Xesús. O seu nacemento foi milagreiro xa que un anxo llo anunciou aos seus pais que eran moi velliños. O seu pai Zacarías era sacerdote xudeo. Retirouse ao deserto onde vivía con moi poucas cousas, soía vestir con peles de camelos. Comezou a falar do Deus verdadeiro e a converter á xente que acudía a escoitaloco bautizo, sumerxíndoos nas augas do Rio Xordán. Ata él acudíu Xesús e alí foi recoñecido como o MESÍAS. O rei Herodes mandouno apresar. Nun banquete danzou Salomé, gustoulle tanto o seu baile ao rei que lle dixo que lle daría o que pedise. Ela pediu a cabeza de Xoán.

FESTA: 24 DE XUÑO


Patricio naceu arredor do ano 387 na illa de Gran Bretaña. Era fillo dun diácono e neto dun sacerdote cristiáns, que aos 16 anos caeu prisioneiro de piratas irlandeses que o venderon como escravo na illa de Irlanda. Tras varios intentos, logrou fuxir seis anos despois, regresando coa súa familia. A súa fe crecera durante o cativerio e máis adiante chegou a ser diácono e mesmo bispo da Igrexa, tras o que decidiu volver a Irlanda como misioneiro para predicar o Evanxeo. Nunha illa que neses tempos se encontraba dividida en numerosos clans celtas sometidos á poderosa autoridade dos druídas, Patricio soubo adaptarse moi ben á sociedade irlandesa, respectando as súas tradicións e costumes propios. Fundou a igrexa celta cunha cruz propia inspirada nos motivos celtas. No século VII nomeóuselle santo patrón de Irlanda, honra que comparte con Santa Brigida e San Columba.

FESTA: 17 DE MARZO, TODOS VAN DE VERDE


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.