DICIONARIO DE LIBROS - LIBRO A LIBRO, LETRA A LETRA-

Page 1


EDITADO POR: BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP PORTO CABEIRO COA COLABORACIÓN DO E.D.L.G. AUTORES: ALUMNADO E MESTRES VILAR, REDONDELA CURSO 2.013/ 2.014


DICIONARIO DE LIBROS: PASO A PASO 1º

Cada curso seleccionou

Paso

as súas lecturas.

Lemos os libros entre

Paso

todos e comentamos.


3ยบ

Logo, contestamos as tres

Paso

cuestiรณns da ficha.

4ยบ

Compartimos lecturas con

Paso

outras aulas.


A

ARTUR E CLEMENTINA TÍTULO: AUTORAS _________________ Adela Turín _________________ Nella Bosnia AUTOR: EDITORIAL

_________________ Kalandraka

_________________ CURSO

EDITORIAL:

1º Primaria

_________________

QUEN É? Son dúas tartarugas que se namoraron perdidamente e enseguida casaron. QUE SUCEDE? A súa vida en parella comezou e Clementina decátase de que Artur non era como ela imaxinaba. Clementina non podía facer moitas das cousas que desexaba porque Artur lle dicía que non eran para mulleres, tratándoa cada día con menos respecto e amor. COMO REMATA? Un día Clementina decidiu volver tomar as decisións da súa vida, deixou a súa pesada cuncha atrás e saíu en busca dunha nova vida chea de alegría e ilusións.


B

¡A BAÑARSE!

AUTOR Taro Gomi EDITORIAL Factoría K de libros CURSO Infantil 3 anos

QUEN É? Taro (león, oso) e a súa mamá.

QUE SUCEDE? A mamá do león chámao para que vaia bañarse e pídelle que saque a roupa. Ao sacar a roupa aparece un oso con roupa. Cando este volve sacar a roupa, aparece un oso espido. A mamá insiste, entón o oso saca o pelexo e a cabeciña e, por fin, aparece Taro.

COMO REMATA? Taro enxabóase ben e… A bañarse!


C

CROMAÑÓN

AUTORA Stéphanie Ledu EDITORIAL Molino CURSO Infantil 5 anos

QUEN É? Os homes de Cromañón.

QUE SUCEDE? Este libro relátanos o lugar e a forma de vida na época do home de Cromañón. Tamén narra como facían para alimentarse, que cazaban, que pescaban, como cociñaban…

COMO REMATA? Fálanos tamén dos animais que había naquela época, o proveito que se sacaba deles e a súa domesticación.


D

DINOSAURIO BELISARIO

AUTORES Pepe Cáccamo Carlos Arbat EDITORIAL Kalandraka CURSO Infantil 4 anos

QUEN É? O dinosauro Belisario.

QUE SUCEDE? Belisario era un dinosauro moi mandón e molestaba a todos aos que tiña arredor polo que ninguén quería xogar con el. Belisario empezoulles a facer a vida imposible aos demais e prohibiu todos os xogos.

COMO REMATA? Os nenos e nenas fan unha manifestación e, por arte de maxia, as palabras dos cativos fan que o dinosauro se agoche nun armario onde vive dende aquela.


E

ENGURRAS

AUTOR Paco Roca EDITORIAL El patito editorial CURSO 5º Primaria

QUEN É? É un ancián chamado Emilio.

QUE SUCEDE? Como Emilio ten a enfermidade do alzheimer, o seu fillo méteo nunha residencia onde coñece outros anciáns, especialmente ao seu compañeiro de habitación, Miguel.

COMO REMATA? Pouco a pouco Emilio descobre a súa enfermidade. Esta agrávase ata que o soben para o piso de arriba. O seu compañeiro Miguel acompáñao para coidalo.

_______________________________________


F

AS FABAS MÁXICAS

AUTORA Mª Dolores Hermida EDITORIAL Kalandraka CURSO Infantil 5 anos

QUEN É? Un neno moi pobre, Xián, e un xigante. QUE SUCEDE? Un día que Xián vai á feira, cambia a súa vaca por cinco fabas. A súa nai, enfadada, tíraas pola ventá. As fabas medran ata o ceo. Xián trepa por elas e chega ao castelo dun xigante e alí cóllelle unhas bolsas con moedas de ouro. Cando se lle acaban volve subir e cóllelle unha galiña que pon ovos de ouro e unha arpa máxica. O xigante dáse de conta e bota correr detrás del. COMO REMATA? Xián corre máis que o xigante e cando chega abaixo corta a planta cunha machada. O xigante queda espetado no chan e Xián e a súa mamá non volverán pasar necesidades.


G

O GATO LAMBÓN

AUTOR Patacrúa EDITORIAL Kalandraka CURSO Infantil 5 anos

QUEN É? Un gato moi lambón. QUE SUCEDE? Unha vella tiña un gato tan lambón que, un día que estaba cociñando, o gato papou a vella, a pota e as patacas. Despois o gato saíu dar unha volta e foi comendo todo o que encontraba polo camiño: un anano, un home e o seu burro…Ata que se encontrou cun leñador que virou a machada e o gato partiu en dous. Así saíron todos en comitiva. COMO REMATA? A vella, que tiña moita fame, apaña as patacas, a pota e cando chega á casa estábaa esperando… o gato!


H

HISTORIAS DE RATIÑOS

AUTOR Arnold Lobel EDITORIAL Kalandraka CURSO 2º Primaria

QUEN É? Un ratiño que quere visitar á súa mamá que vive moi lonxe.

QUE SUCEDE? O seu coche rompe e ten que ir acadando a maneira de viaxar porque todo se lle estraga.

COMO REMATA? O ratiño chega á casa da súa nai que se pon moi contenta de recibilo.


I

A ILLA DO TESOURO

AUTOR Robert Louis Stevenson EDITORIAL Baía Edicións CURSO 5º Primaria

QUEN É? É un neno chamado Jim Hawkings e uns piratas.

QUE SUCEDE? Jim atopa un mapa do tesouro e embarca cara á illa cunha tripulación de piratas sen el sabelo.

COMO REMATA? Despois de moitas aventuras Jim volve para a súa casa co tesouro.


L

A LENDA DOS GNOMOS

AUTOR Fernando Martínez EDITORIAL Baía Edicións CURSO 4º Primaria

QUEN É? Gnomos, trolls, ogros, humanos…

QUE SUCEDE? Os gnomos e os humanos fanse amigos e axúdanse uns aos outros nas dificultades que se van encontrando nas distintas aventuras: o anel de Gluck, a capa de invisibilidade, o ouro dos gnomos…

COMO REMATA? A amizade entre os gnomos e os humanos aumenta.


M

O MEU GATO É UN POETA

AUTOR Fran Alonso EDITORIAL Xerais CURSO 3º Primaria

QUEN É? É un libro de poemas. O protagonista moitas veces é un gato.

QUE SUCEDE? Son poemas divertidos; caligramas, con palabras que fan debuxos.

hai

COMO REMATA? Non ten final porque non é un conto; só ten diferentes poemas.


N

O NENO QUE QUERÍA VOAR

AUTOR Guillermo Jiménez Pavón

CURSO 2º Primaria

QUEN É? Un neno chamado Pedriño que pasaba o tempo mirando as aguias porque lle gustaba voar.

QUE SUCEDE? A nai rífalle por pensar en imposibles. Un día aparéceselle unha moza moi fermosa que lle concede poder voar con só pechar os ollos e desexalo. Cando chega coñece que o seu amigo Manuel se perdeu.

COMO REMATA? Pedro descobre voando que Manuel caeu nun pozo e consegue salvalo. O neno séntese moi feliz xa que facer o que lle gusta sérvelle para axudar aos demais.


O

O ESTANQUE DOS PARRULOS POBRES

AUTORA Fina Casalderrey EDITORIAL Rodeira CURSO 3º Primaria

QUEN É? Unha nena e o seu avó.

QUE SUCEDE? Noema, que así se chama a nena, xoga co seu avó a facer o morto, a piratas… O avó é moi sabio e ensínalle moitas cousas.

COMO REMATA? O avó morre e Noema pide o desexo de falar coa súa estrela; tira unha moeda ao estanque e, por fin, conségueo.


P

PULGUIÑA

AUTORA Manuela Rodríguez EDITORIAL Kalandraka CURSO Infantil 4 anos

QUEN É? Un neno tan pequeno que lle chaman Pulguiña. QUE SUCEDE? Un día Pulguiña vai axudar ao seu pai. Logo do traballo bótase a descansar e como é tan pequeno cómeo unha vaca. O pai cando vai buscalo oe: “Estou na barriga da Pinta, mátea e dareille trinta”. Matan a vaca pero Pulguiña queda nas tripas. Ven un lobo e come as tripas. Os pastores matan ao lobo e coas súas tripas fan un pandeiro. COMO REMATA? Uns ladróns róubanlle o pandeiro aos pastores pero cando escoitan falar saen correndo. Pulguiña rasca a pel do pandeiro e consegue saír, collendo todo o tesouro dos ladróns, que consistía en trinta moedas de ouro.


Q

A QUE SABE A LÚA?

AUTOR Michael Grejniec EDITORIAL Kalandraka CURSO Infantil 3 anos

QUEN É? Un grupo de animais e a Lúa. QUE SUCEDE? Os animais queren saber a que sabe a Lúa: se é doce ou é salgada. Primeiro, unha tartaruga intenta coller un anaco, pero como non foi quen de tocala chama ao elefante que se sobe ao seu lombo. A Lúa pensa que é un xogo e afástase un pouco. Así vanse sumando máis animais. COMO REMATA? A Lúa cánsase do xogo e o último animal, que é o rato, consegue arrincar un anaco de Lúa e dálle un pouquiño a cada animal. A Lúa sóubolles a aquilo que máis lles gustaba a cada un deles.


R

ROMA, CAPITAL DO MUNDO

AUTOR Pau Joan Hernández EDITORIAL Combel CURSO 1º Primaria

QUEN É? É un libro que nos descobre a grandeza do Imperio Romano.

QUE SUCEDE? Fai un percorrido interactivo por unha rúa romana; visita as termas, presenta as lexións do exército romano e os emperadores que gobernaron. Ademais, mediante unha pequena maqueta, coñecemos o anfiteatro máis grande de Roma: O Coliseo.

COMO REMATA? As achegas aos distintos aspectos do Imperio Romano compleméntanse con xogos relativos a estes contidos.


S

O SEGREDO DO ALICORNIO

AUTOR Hergé EDITORIAL Juventud CURSO 6º Primaria

QUEN É? Un mozo, Tintín, que é investigador; o seu can, Milú; e o Capitán, un amigo que axuda nas investigacións. QUE SUCEDE? Tintín atopa, nun barco en miniatura, un pergameo co plano do tesouro de Rackman o Roxo, un parente do Capitán.

COMO REMATA? Tintín e o Capitán atopan no pergameo a lonxitude e a latitude do lugar exacto do naufraxio do Alicornio, o barco co que navegaba Rackman o Roxo.


T

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER

AUTORES W. Holzwarth W. Erlloruch EDITORIAL Kalandraka CURSO Infantil 3 anos

QUEN É? Unha toupiña e outros animais: cabalo, cabra, porco, moscas, can… QUE SUCEDE? Un día unha toupiña sae a tomar o sol e cáelle unha cousa redonda e alongada na cabeciña. Pero como ve tan pouco non sabe quen foi e pregúntalles aos animais que vai atopando polo camiño: Fuches ti quen me fixo isto na cabeza? COMO REMATA? Por fin atopa dúas moscas e pídelles axuda. Estas chegan á conclusión de que fora o can Xan. A toupiña leva a cabo a súa vinganza e sobe á súa caseta botándolle unha cagada na cabeza. Feliz e contenta, a toupiña desaparece outra vez na terra.


U

UN SACO DE ESTRELAS

AUTORA Fina Casalderrey EDITORIAL Xerais CURSO 4º Primaria

QUEN É? Unha vella que ten un saco de estrelas.

QUE SUCEDE? Era unha vella, moi rara, que tiña un saco de luz moi estraño e que pasaba entre a burla dos nenos. Un día unha nena torceu o pé e a vella axudouna.

COMO REMATA? A vella regálalle unha diadema a Alba e despois márchase para sempre.


V

O VENDEDOR DE TORMENTAS

AUTORA Marta Rivera Ferner EDITORIAL Kalandraka CURSO Infantil 4 anos

QUEN É? tormentas.

Perorato

Farfullán,

vendedor

de

QUE SUCEDE? Perorato Farfullán chega a un pobo chamado Pluviosa do Río no que chove constantemente. Perorato leva unha maleta en cada man, unha amarela e outra negra. Na negra leva chuvia, lóstregos… Os habitantes din que non queren máis auga. Entón… COMO REMATA? Perorato Farfullán abre a maleta amarela e dela saen paxaros, xeados, flores e un sol enorme e relucente. Os habitantes póñense moi ledos e Perorato vaise a outro pobo coas súas maletas.


X

XIANA, A NENA PIRATA

AUTORA María Canosa EDITORIAL Everest CURSO 1º Primaria

QUEN É? É unha nena capitá do Vagalume, o seu barco pirata. QUE SUCEDE? Xiana navega durante as vacacións de verán en busca de estrelas de cores para a colección do seu colexio. Pero o verán estaba a piques de rematar e non capturaba ningún tesouro. COMO REMATA? Xiana pídelle axuda á Balea Petronila, que os levou enriba do seu chorro a un lugar repleto de estrelas de mar. Petronila somerxeuse na profundidade do océano; ao saír á superficie soprou e, de súpeto, comezaron a chover todo tipo de animais exóticos que os piratas capturaron coas súas redes e gardaron no acuario do Vagalume.


Z

ZAPATOS DE LUME E SANDALIAS DE VENTO

AUTORA Úrsula Wölfel EDITORIAL Noguer CURSO 6º Primaria

QUEN É? É un neno de sete anos chamado Tim que está cohibido porque na escola os seus compañeiros se rin del porque é baixo e gordo. QUE SUCEDE? No seu aniversario Tim recibe dos seus pais uns agasallos: unha mochila, uns zapatos novos e unha viaxe de catro semanas para ir coñecer mundo. Tim e o seu pai van vivir xuntos moitas aventuras indo a pé dun lugar a outro. COMO REMATA? Pai e fillo regresan a súa casa moi contentos por ver á nai. Tim, finalmente, dáse de conta de que non quere ser outra persoa, senón el mesmo.


ESTE 2.013/ 2.014 É O NOSO CUARTO CURSO NO PLAMBE (PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES). ENTRE OUTRAS INICIATIVAS, EN COLABORACIÓN CO E.D.L.G. PROPUXÉMONOS FACER UN DICIONARIO DE LIBROS (EN FORMATO PAPEL E DIXITAL) NO QUE CADA LETRA DO ALFABETO GALEGO SE CORRESPONDE COA INICIAL DO TÍTULO DUN LIBRO, DO QUE SE FAI UNHA FICHA COS SEUS DATOS. ESTA ACTIVIDADE, NA QUE PARTICIPOU TODO O ALUMNADO E PROFESORADO DO CENTRO, PROCURA ESPALLAR A VARIEDADE E RIQUEZA EDITORIAL QUE TEMOS NA NOSA BIBLIOTECA AO TEMPO QUE ANIMA AO NOSO ALUMNADO Á LECTURA E A TRABALLAR EN EQUIPO.

AGARDAMOS QUE VOS SEXAN DE UTILIDADE AS RECOMENDACIÓNS QUE RECOLLE “LIBRO A LIBRO, LETRA A LETRA”.


BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP PORTO CABEIRO CURSO 2.013 2.013 - 2.014 2.014


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.