REVISTA ESCOLAR TRIMESTRAL "AS NOSAS COUSAS" - 3º TRIMESTRE

Page 1

AS NOSAS

REVISTA ESCOLAR

CEIP PLURILINGÜE PORTO CABEIRO

COUSAS 3º TRIMESTRE

CURSO 2018/2019

(REDONDELA)

CON TI DO : MAIOS/GLOBAL MUIÑEIRA

2

DESPEDIDA 6º PRIMARIA

3

BIBLIOTECA

4

LETRAS GALEGAS

5

SAÍDAS

6

SAÍDA CONVIVENCIA

7

VISITAS

7

ANPA

8

DESPEDIDA INF. 5 ANOS

8

PORTADA FINALISTA XIAN VILLAVERDE (INFANTIL 3 ANOS)

DEBUXO REALIZADO POR XIANA RODRÍGUEZ COUÑAGO (INFANTIL 5 ANOS)


A F S A

S

S

Primeiro preparamos os colares de pampullos e de ovos, cosemos o fiuncho,...

E o día 16, convidamos ás familias a que viñeran a ver o noso Maio rematado e tamén a escoitar as coplas que cantamos arredor del.

C nd mat mo h L ect . T

PÁXINA

2

c nt a c la , tod Ñ I A todo nto m r l ha

nad a ac p ñado f ia b

l

e b l mo ú ic c nó .


Ola, somos os de 6º e vamos marchar do noso colexio. Aquí estamos outro ano para despedirnos de vós con moito agrado. Con Loli sen parar xogamos e xogamos para os peluches gañar. Rematamos infantil, con Sara e Lores a vida era feliz. A profe María deunos os cursos mellores da nosa vida. 4º, que loucura! Natalia Ángela e Nerea foi unha etapa moi dura. A profe Sonia deunos 5º con moita ilusión e moito agarimo. A profe Iria mola un montón anque sexa moi estricta a queremos mogollón.

TRIMESTRE

Primeiro Sergio, despois Maribel e logo Antonio pasámolo moi ben. Aprendemos Inglés con Fianna, Silvia e María poñemos a clase do revés. Os nosos mestres foron do mellor, non merecían que o seu estrés fora a peor. O colexio foi moi guai en 9 anos pasámolo xenial.

Nove anos escolarizados paseino moi ben pero isto está rematado. Chegou a hora de marchar para coñecer a nova xente sen parar. Isto non acaba aquí, nin falar! Isto termina na universidad Algúns chegan e outros mellor non falar. ALUMN@S DE 6º

O curso de 6º é moi difícil estudar e estudar para ir ao Insti. Queremos montar máis traballos e menos examenes en todo ano. Moita paciencia tiveron, aturar esta clase non é un traballo sinxelo. Xa queremos vacacións temos demasiados exames e poucas excursións.

PROMOCIÓN 2010-2019

PÁXINA

3


A BIBLIOTECA Este curso comezamos a celebrar o Día do Libro ven cedo, xa que 10 semanas antes do propio día xa algo se estaba "cocendo" no cole. Fixemos un libro viaxeiro no que participamos todos! A historia comezou en 6ºEP, eles fixeron o primeiro texto e a primeira imaxe, logo foi o conto viaxando por todas as aulas ata chegar de novo a 6ºEP que foron os encargados de facer o final. Unha vez que tiñamos todas as partes, montámolas e empregamos o teatro de Kamishibai para contalo. As encargadas de contalo foron 4 voluntarias da biblioteca que fixeron unha labor marabillosa.Moitas grazas compañeiras! Ademais, fixemos apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Cada neno e nena apadriñou a outro compañeiro de menor idade para contarlle un conto. Os maiores foron uns grandes contadores de historias e os pequenos desfrutaron dos mundos de fantasías que lles ofreceron.

Este ano, o homenaxeado no Día das Artes Galegas foi Luís Seoane polo que non podía faltar unha actividade relacionada con el e co noso proxecto. Fixemos bodegóns inspirándonos na súa obra.

4º primaria

A mestra de apoio a Infantil, nas súas sesións adicadas á Biblioteca, ás Tics e á Estimulación Temperá pretende mellorar o desenvolvemento integral do alumnado de Educación Infantil ... APRENDEMOS Este curso, como novidade, comezamos a empregar tablets e iniciámonos na programación a través de ROBOTS.

DESENVOLVÉMONOS Coñecemos a vida e obra do marabilloso Hervé Tullet a través das súas obras, e aplicamos a súa técnica en diferentes obradoiros.

COÑECÉMONOS Tamén seguimos traballando as nosas emocións e o coñemento do noso corpo a través de distintas actividades, entre as que se atopa o IOGA.

PÁXINA

4


O CONTACONTOS IAGO LÓPEZ VEU Á NOSA BIBLIOTECA A CONTARNOS O CONTO DO COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS. FÍXONOS PASAR UN RATO MOI DIVERTIDO!!! ATA NOS ASINOU E ADICOU O CONTO!!!

LETRAS GALEGAS 2019

ESTE ANO O HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS FOI ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS E NO COLE QUIXEMOS SEGUIR APRENDENDO COUSAS SOBRE A ETNOGRAFÍA DE GALICIA, QUE TANTO INVESTIGOU E ESCRIBIU NOS SEUS LIBROS. COMENZAMOS POÑENDO UNHA EXPOSICIÓN DE TRAXES DE BAILE GALEGO TRADICIONAL E TAMÉN INSTRUMENTOS DA MÚSICA FOLCLÓRICA

XOGAMOS CON FRAGUAS PARA COÑECER A SÚA VIDA E OBRA A TRAVÉS DE DIFERENTES ACTIVIDADES. AS CARAUTAS DE FRAGUAS E OS MARCAPÁXINAS COS QUE XOGAMOS NAS LETRAS GALEGAS AS COMPARTIMOS COA BIBLIOTECA DE REDONDELA

TRIMESTRE

PÁXINA

5


E FIXEMOS EXCURSIÓNS A... O DÍA 13 DE MAIO OS NENOS E NENAS DE O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA,O DÍA 21 DE MAIO, INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA FOI A COÑECER O INSTITUTO PEDRO FLORIANI DE FORON ATA O AUDITORIO DE REDONDELA, ONDE VAN CHAPELA PARA GOZAR IR CANDO REMATE O DUNHA OBRA DE TÍTERES CURSO. TITULADA “A HISTORIA DUN OVO PERDIDO”.

COMO QUERIAN COÑECER MAIS COUSAS SOBRE OS ALIMENTOS, OS ALUMN@S DE INFANTIL E OS DE 1º E 2º DE PRIMARIA, FORON DE VISITA AO HIPERMERCADO ALCAMPO EN VIGO.

ESTE CURSO O NOSO COLE VOLVEU PARTICIPAR NO PROXECTO DO FARO DA ESCOLA QUE NOS OFRECE O FARO DE VIGO. FOMOS A VIGO, Á ENTREGA DE PREMIOS E TROUXEMOS UN!!!

2º PREMIO: MELLOR USO DA INFOGRAFÍA O 10 DE MAIO ALGÚNS NENOS E NENAS DO COLEXIO FORON PARTICIPAR NO TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS ONDE PARTICIPABAN NEN@S DE TODOS OS COLEXIOS E INSTITUTOS DE REDONDELA.

E CANDO CHEGOU O BO TEMPO OS CURSOS DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA FORON A GOZAR DUN DÍA DE PRAIA, MARISCANDO EN CESANTES, VISITANDO O PORTO E A L O N X A E A PRAZA DE REDONDELA.

TRIMESTRE

ABASTOS

PÁXINA

DE

6


SAÍDA DE CONVIVENCIA 2019

E NOS VISITARON... ESTE CURSO OS NENOS E NENAS DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA PUIDERON PARTICIPAR NUN OBRADOIRO E NUN MUSEO CIENTÍFICO CO OBXECTIVO DE DESPERTAR O INTERESE DO ALUMNADO POLA CIENCIA DUN XEITO LÚDICO E MANIPULATIVO. ESTA ACTIVIDADE ESTÁ ENCADRADA DENTRO DUN DOS CONTRATOS PROGRAMA SOLICITADOS NESTE CURSO POLO NOSO CENTRO.

E OS NENOS E NENAS DE INFANTIL GOZARON DUNHA ACTIVIDADE ORGANIZADA POLO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DE REDONDELA “VERBATECA”, ONDE XOGARON CON PALABRAS EN GALEGO.

PÁXINA

7

PARA SEGUIR TRABALLANDO A ALIMENTACIÓN SAUDABLE, VIÑERON A DARNOS UNHA CHARLA DENTRO DO PLAN PROXECTA NO PROGRAMA “FAI ECO DO LÓXICO”


ANPA CEIP PLURILINGÜE PORTO CABEIRO Dende a ANPA queremos dar as grazas ás familias que todos os anos participan e colaboran connosco na organización das diferentes actividades. Por outra parte, felicitar aos nenos de 6º de infantil e primaria polas súas graduacións e o comezo dunha nova etapa. Aos nenos de 6º de primaria que o próximo ano xa non estarán no noso centro, desexarlles os mellores éxitos. Por último, facer un chamamento para os anos vindeiros a unha maior participación nas reunións informativas da ANPA, evitando así malos entendidos e buscando as mellores solucións entre todos e todas.

LEMBRADE: COLABORAMOS POR E PARA OS NEN@S DESPEDIDA DE INFANTIL Os números xa coñecemos as letras tamén e cando ven a “teacher” ponnos a falar en inglés. Moitas cousas aprendimos pintar, ler e escribir a compar r xoguetes e tamén a ser feliz. Agora xa medramos ímonos cos maiores adeus fichas, adeus mestres e...fóra os mandilóns!! MOITA SORTE NA NOVA ETAPA!!!

USA ESTE CÓDIGO QR PARA SEGUIRNOS EN INSTAGRAM!!

Pechamos “cociñas” logo de varios meses de esforzos, de progresos, de ensaios e de erros. Dende o Equipo Directivo queremos darvos as grazas a tod@s (ANPA e familias), xa que co voso compromiso e colaboración seguiremos mellorando día a día a nosa escola. Seguimos orgullos@s de seguir construíndo unha “Escola pública de tod@s e para tod@s”.

PORTADA FINALISTA: CARLA DAVILA (INF. 4 ANOS)

PÁXINA

8

Moitas grazas e feliz verán!!

Voltaremos a abrir o telón o mércores 11 de setembro.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.