AS NOSAS COUSAS

Page 1

AS NOSAS

REVISTA ESCOLAR

COUSAS CEIP PLURILINGÜE

1º TRIMESTRE

CURSO 2018/2019

PORTO CABEIRO (REDONDELA)

CON TI DO : O SAMAÍN

2

INFANTIL

3

NOTICIAS

4

PRIMARIA (1º,2º,3º)

5

MAGOSTO

6

PRIMARIA (4º,5º,6º)

7

EDUC. FÍSICA

8

INGLÉS

9

SAÍDAS

10

BIBLIOTECA

11

DEBUXO REALIZADO POR IKER RODRÍGUEZ FIGUEROA (3º PRIMARIA)


S A

UT O O S, L B SA F S A O N. O O C L O C NVERT SE N AR I... TER O Í ICO!! C N Ó VER S O S A TR M N S PE S!!!

M A

A f ia o no /a r b l r n ec ra i da c b za p r eda t e ecta l e . Gr za f ia p l vos c l b ra i !!

Í N

D n r d Cas l Enc ntad , o c ed e a esc ra c r c ñ r fic

2

... OTE A S NFE L!!! On esc it mo Hist ia M ed o n ha iga i i ra r h B b m ic .

0 1 8 PÁXINA

2


O 1º trimestre nas aulas de Infantil Aproveitando os bos días de novembro saímos á contorna a escoitar e ollar un conto prestado polos compañeiros/as de 5 anos. Tamén coñecemos a Mochila Viaxeira da clase.

INFANTIL 3 ANOS

O Sr. Castañón, non só foi o protagonista da canción do Magosto que cantamos e bailamos, tamén nos serviu para facer os cucuruchos para gardar as castañas que fixemos nun obradoiro.

Descubrimos diferentes materiais para traballar de xeito motivador a motricidade fina, prensión,... Un deses materiais é a “area máxica”.

Na asemblea, xurdiron dúbidas acerca dos cogomelos. Non nos poñíamos de acordo polo que decidimos investigar un pouco máis e así xurdiu un proxecto. Comezamos apuntando o que sabíamos dos cogomelos e o que nos gustaría saber. Cantas contradicións !!! Do que uns estabamos seguros outros estabamos en desacordo e á inversa polo que necesitábamos máis información. Acudimos a internet e á biblioteca.

INFANTIL 4 ANOS

Cando xa tiñamos algo de información comezamos a realizar distintas actividades na aula con eles.

Pintámolos

INFANTIL 5 ANOS

tocámolos

ulímolos

cociñámolos

comémolos

ESTE TRIMESTRE ENTRE OUTRAS MOITAS COUSAS…

PINTAMOS

RECICLAMOS E COMEZAMOS A COMPOSTAXE…

COCIÑAMOS: BISCOITO, PAN...

TRIMESTRE

PÁXINA

3


NOTICIAS DO TABOLEIRO DA NOSA LINGUA Na semana do 23 ao 26 de Outubro, un curso máis a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ofértounos a actividade dos Almorzos saudables. Esta vez eleximos o “Almorzo Inglés”. Comezaron os alumnos de EI coa visita de Josefa, do Alcalde, do Delegado da Xunta e da Xefa Territorial de Sanidade. Josefa

contounos

importancia dun bo almorzo e explicounos a rolda dos alimentos e o cepillado de dentes. Aprendemos cal é a comida máis saudable. Despois do almorzo déronnos un cepillo de dentes cun reloxo de area. Por último lavámonos os dentes.

“ A min pareceume divertida a actividade porque explicáronme un montón de cousas que non sabía”. “ Gustaríame que a charla, aínda que era interesante, fose máis curta”

a

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

O 6 de Novembro, os nenos/as de 4º, 5º e 6º de primaria, recibimos no cole a visita do “Mago Paco co espectáculo “Maxia vs Ciencia”. A Ciencia e a Maxia,, que a priori non teñen nada en común, este Mago nos acabou demostrando o moito que se parecen e todo o que comparten unha vez que nos achegamos a elas dunha maneira moi diferente e moi divertida. Coa axuda deste científico locuaz, pero un pouco tolo e fascinado polo mundo dos experimentos e o da maxia a partes iguais, descubrimos algúns dos porques de aspectos da ciencia como: as cores, as matemáticas, o son, a astronomía ou os efectos ópticos e de 3D.

XORNADA: “DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR” Os alumnos de Primaria estiveron preparando na clase de EF, dende principio de curso, diferentes xogos para celebrar o Día Europeo do Deporte Escolar. Na mesma celebración tamén recordamos o día Mundial do Corazón (29 de setembro), e cada alumno adquiriu un pequeno compromiso sobre como mellorar a súa saúde e alimentación. Na xornada que tivo lugar o día 1 de Outubro, porque o 28 de setembro non a puidemos facer pola néboa, comezamos colocándonos formando 2 corazóns para recibir a un grupo de invitadas de 5 anos, e facer o primeiro xogo colectivo “Vitamínate”. A continuación cada curso fixo outro xogo: “Choco,choco, la, la..”, “Dá a volta”, “Zapatilla por detrás tris, trás...”, “Aro que pilla ao

aro”, “ A pita cega”, e“ Ritmos con mans”. PÁXINA

4


O 1º trimestre nas aulas de 1º,2º e 3º de Primaria Os alumnos e alumnas de 1º DE PRIMARIA inventamos un xogo de mesa para aprender a comer máis san. Chamámoslle o CIRCUITO DA ALIMENTACIÓN! É un xogo moi divertido no que hai que ir pasando por unhas casiñas nas que ás veces se avanzará máis rápido que outras, só hai que ter ollo de onde caemos. Primeiro fixemos o xogo…

Empezamos polos nomes dos ósos:

Despois empezamos a explicarllo a algúns cursos ...

Neste primeiro trimestre, os nenos e nenas

E por último, XOGAMOS!

Despois, pintamos, recortamos e pegamos as partes do corpo

de 2º DE PRIMARIA empezaron a traballar en Ciencias Naturais “O CORPO HUMANO”.

E ata fixemos un quebracabezas.

PASÁMOLO XENIAL!!!!

O día 7 de novembro os alumnos e alumnas de 3º de PRIMARIA fomos ao mul usos de Redondela a ver una obra de teatro que se chamaba “Pum, pum!” e estaba relacionada cos recordos dunha nena. Había portas de cores que ían abrindo e sacando os recordos de Marieta. No primeiro recordo a nena xogaba co bisavó, o bisavó estaba enfermo e non falaba. A nena cando marchaba lle daba un caramelo que o avó non podía tomar. Despois o bisavó cantaba. Noutros recordos cantaban, xogaban, falaban… Todos os pensamentos de Marieta eran bos pero o úl mo era malo. A nena ña un pesadelo co seu o, gritou tanto que a escoitaron os seus pais e viñeron a rescatala.

TRIMESTRE

PÁXINA

5


O 15 de novembro celebramos esta festa tradicional, onde comemos castañas asadas e tamén choripan.

Ademais de comer tamén fixemos exercicio nuns XOGOS POPULARES. SENTA NA MESA

COCIÑEIROS EN ACCIÓN

AS CHAPAS- CASTAÑAS PÁXINA

6

Xogos para rematar a festa do Magosto. Tarros de zumes, bandexas con vasos, culleres e castañas, e mesmos cociñeiros divertidos foron os protagonistas dos nosos xogos. Foron todos moi divertidos pero os que máis nos gustaron foron basketcastaña, senta na mesa e cociñeiros en acción....

E a festa se desenvolveu coa colaboración da ANPA e axuda voluntaria das nais. Moitas grazas pola vosa colaboración.

BASQUET– CASTAÑA

CULLER NA MAN

CAMAREIROS EQUILIBRISTAS


O 1º trimestre nas aulas de 4º,5º e 6º de Primaria Os alumnos e alumnas de 4º de PRIMARIA e “O COCO MUSICAL” Que é o coco?

Para que se utiliza o coco?

O coco é un froito que se debe partir para obter o alimento que ten no seu interior. Atopamos a polpa de cor branca e un líquido doce. A árbore que dá o coco tamén se chama coco.

O coco pode empregarse para comer a polpa, para beber o seu líquido doce, para facer aceite, fariña, iogures, xeados e moitos outros postres. Ademais podemos reutilizar a casca do coco para facer recipientes e gardar pequenos obxectos.

Nós primeiro escoitamos se había algo dentro e a continuación serrámolo para abrilo.

Ademais case toda a clase probou a polpa do coco .

A clase de cuarto fabricou un instrumento musical co coco no conto do samaín. Este instrumento imitaba o son dos pasos dun cabalo.

O coco sería un instrumento de percusión porque estes instrumentos son os que se fretan, percuten ou golpean ou se axitan.

OBRADOIRO DE PAN EN 5º DE PRIMARIA

Que rico!

O alumnado de 5º escribímolos, debuxámolos e fixemos esta selección sobre os DITOS DO PAN:

Aprendemos a facer tres tipos de Pan coa axuda da panificadora

* É máis bo que o pan. * Ser máis longo que un día sen pan. PAN BRANCO PAN DE NOCES PAN DE MILLO

E recomendamos comelo todos os días porque é moi beneficioso para a saúde

En Galicia o Pan é moi importante e por iso existen tantos Refráns.

* É o pan noso de cada día. * Ganar o pan coa suor da súa fronte. * A moita fame non hai pan duro. * Non gana o pan que come! * O viño pola cor; o pan, polo sabor. * Non hai feitizo como o pan trigo e o leite macizo. * Aceite, carne, pantrigo e sal, mercadoría real. * Dixo o viño: “No corpo do home son valente” ; e dixo o pan: “Se eu vou diante”.

OS NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA FAN UNHA RECEITA “ASQUEROSA” Receita: Vermes Asquerosos de Xelatina Ingredientes: Xelatina de amorodo, auga e azucre.

Materiais: pallas e vasos 4º

Metemos os v a s o s n o frigorífico durante 2 horas

2º Vertemos a mistura nos vasos

5º Preparamos 1º Mesturamos auga e xelatina.

TRIMESTRE

3º Introducimos as pallas nos vasos de xeito que non quede espazo entre elas

pratos con azucre moreno e desmoldamos as pallas por riba del.

PÁXINA

7


O 1º trimestre na Educación Física TORNEO DE TROMPO

Como ben di o refrán “ Polo San Martiño, trompos ao camiño”. Así por estas datas comezamos os alumnos de Primaria a xogar o torneo de buxainas. Este curso entre todos convertimos os trompos en “Trompos saudables” pintándoos con froitas e mesmo convertíndoos en amorodos, limón, tomate, berenxena e mesmo un cociñeiro. Coa colaboración dos alumnos de 6º e 3º que fixeron alimentos saudables de plastelina, na Biblioteca, montamos un restaurante. Os comensais son os trompos. Mola moito! Tamén colaboraron os alumnos de 1º cun gran mural en forma de corazón con actividades físicas.

XOGA COA LOITA OLÍMPICA O día 18 de Outubro os alumnos de 4º de Primaria probaron por primeira vez xogos para aprender a loita olímpica. Na hora de E. Física visitounos un monitor que nos explicou os nomes e as normas. Despois paso a paso fixemos os xogos sabendo que se xogamos mal podemos facernos dano. Descansamos no tempo do recreo e voltamos ao ximnasio para continuar. PASÁMOLO MOI BEN!.

ROBOTS NO XIMNASIO

Levamos unha grande sorpresa cando nos atopamos no ximnasio con 2 robots. A profe Ánxela díxonos que un era un scornabot e outro se chamaba Makey Makey. Descubrimos que os robots poden facer moitos movementos pero que nós temos que crealos. Foron moi divertidos!. Copiabamos os seus movementos, para esquerda, para a dereita, para diante, para atrás e mesmo xiran. Para inventar movementos usamos paus e pallas de cores, tamén debuxamos no folio percorridos para facelos no ximnasio. Co makey makey, creamos música seguindo as frechas, con esponxas e cartóns. Queremos repetir a actividade!

PÁXINA

8


O 1º trimestre en Inglés LEARNING NEW VOCABULARY

STORY TELLING AT THE LIBRARY

ENGLISH ASSAMBLEY

LET´S LEARN THE NUMBERS

TRIMESTRE

LEARNING THE FRUITS IN ENGLISH

PÁXINA

9


FOMOS DE EXCURSIÓN O día 25 de Outubro, fixemos unha saída ao Castelo de Soutomaior, que quedara pendente do curso pasado, xa que debido ao mal tempo non se puidera facer. Fomos os nenos e nenas de 4 e 5 anos de Infantil e tamén os de 1º de Primaria, a gozar dunha xornada de convivencia cos nosos amig@s do CEIP Coirón-Dena (Meaño), e a darlles un agasallo.

SAÍDA AO TEATRO

SAÍDA AO PARQUE DE BOLAS “LA JUNGLA”

OS NENOS E NENAS DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA FORON, O DÍA 7 DE NOVEMBRO, AO MULTIUSOS EN REDONDELA A VER UNHA OBRA DE TEATRO.

Os nenos e nenas de Infantil e os de 1º de Primaria,foron o día 14 de decembro a Mos, ao parque de bolas a gozar dunha mañá súper divertida.

SAÍDA A PONTEVEDRA Os nenos e nenas de 4º de primaria foron, o día 30 de outubro, ao

“III Encontro

Provincial pola Inclusión” que se desenvolveu no pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra.

PÁXINA

10


O 1º trimestre na Biblioteca “O SABOR DA ESCOLA” Este foi o título escollido para desenvolver o proxecto deste ano enmarcado no PLAMBE. Neste primeiro trimestre tomamos contacto coa dieta mediterránea tendo sempre en conta a necesidade dunha alimentación saudable. Dende a biblioteca propuxéronse diferentes ACTIVIDADES entre as que están as seguintes: Comezamos por formar aos usuarios da biblioteca informando de todas as novidades. Encargáronse os voluntarios da biblioteca.

Fixemos un camiño de alimentos dende a biblioteca ata a porta de cada unha das clases. No noso cole todos os camiños levan….A BIBLIOTECA!!!

Para celebrar o día das Bibliotecas Escolares descubrimos que na biblioteca nos esperaba Saínza con todos os libros do novo proxecto.

Ademais os compañeiros/as de Educación Infantil, 1º o 2º de Educ. Primaria fixeron un mural sobre a dieta mediterránea.

“Vestidos para cociñar” Que divertido foi decorar os nosos propios gorros de cociñeiros e cociñeiras!

As profes Silvia e María léronnos contos en inglés .

“Metidos en fariña” E tanto que o estivemos! Cociñamos pan e quedounos boísimo.

“Cociñando soños”

É o título da actividade de contacontos no recreo. As voluntarias da biblioteca que se ofreceron contaron un conto no tempo de recreo aos nenos de primaria e despois aos nenos de infantil. Menudo éxito de participación! Moitas grazas contadoras.

Saíron cara as vosas casas as Mochilas Viaxeiras. Esperamos que as esteades desfrutando!!

Comezamos tamén co noso panel de GAMIFICACIÓN. Con esta forma de traballo intentaremos fomentar a motivación, gusto e implicación na participación do alumnado nas distintas actividades da biblioteca así como na lectura. Ademais, fomentaremos o traballo en equipo xa que os puntos conseguidos por cada grupo son para toda a aula. Para isto, na porta da biblioteca temos unha clasificación na que cada equipo colocou unha tarxeta na que se sumarán os puntos. Por cada actividade realizada, por cada lectómetro que completen e por ter na súa clase ao lector do mes recibirán puntos. Ao final do trimestre o equipo gañador recibirá unha recompensa. E como din os nenos... “este é un xogo divertido mentres se xoga non soamente cando

se gana”.

TRIMESTRE

PÁXINA

11


Este ano traballamos para mellorar a competencia dixital, para iso dotamos todas as aulas de Infantil de Encerado D i x i t a l Interactivo e proxectores. Adquirimos outros recursos como tablets e robots para todo o centro.

Temos o pracer de informarvos de que en xaneiro incorporarase, por fin, ao noso colexio, a Auxiliar de Conversa que esperabamos dende outubro, para seguir mellorando a competencia en lingua inglesa do noso alumnado.

O Equipo Directivo e o Claust o do CEIP Pluriling e Por o Cabeiro deséxanlle a todas as familias que for an a Comunidade Educativa do noso cent o... FELICES FESTAS!!!

NOTA: As vacacións do Nadal abranguen dende o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro, polo que volvemos ao colexio o MARTES 8 DE XANEIRO. Portada finalista: LÍA BALLESTEROS (1º PRIMARIA)


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.