REVISTA ESCOLAR "AS NOSAS COUSAS", 2º TRIMESTRE

Page 1

AS NOSAS

REVISTA ESCOLAR

CEIP PLURILINGÜE PORTO CABEIRO (REDONDELA)

COUSAS 2 ºT R TR IM SR TR 2º IM EE ST EE

CC UU RR SS OO 2 2 00 11 88 // 22 00 11 99

PORTADA FINALISTA: LAURA ALONSO PAZOS (4º PRIMARIA)

CON TI DO : O NADAL

2

PRIMARIA (4º,5º,6º)

3

NOTICIAS

4

PRIMARIA (1º,2º,3º)

5

DÍA DA PAZ

6

BIBLIOTECA

7

INFANTIL

8

INGLÉS

9

ENTROIDO

10

SAÍDAS

12

EDUC. FÍSICA

13

NOS VISITARON

14

DPTO. ORIENT.

16

DEBUXO REALIZADO POR UXÍA GARCÍA DE LA PEÑA (5º PRIMARIA)


A IL BA M !! OS D B N 2019,

LE A A O O N A G N F S A !!!

CANTAMOS EN INGLÉS COA TEACHER.

COMEMOS AS 12 UVAS COAS BADALADAS,

E UN SABOROSO CHOCOLATE CON CHURROS!!

TAMÉN NOS VISITARON OS REIS MAGOS PARA RECOLLER AS CARTAS QUE LLE ESCRIBIRON OS NEN@S. PÁXINA

2


O 2º trimestre nas aulas de 4º,5º e 6º de Primaria 4º PRIMARIA

O 19 de febreiro de 2019 visitounos Anxo Fariña para inaugurar a biblioteca e para falarnos do seu libro: Os megatoxos e a batalla de Rande. Ademais deste, ten máis libros para nenas e nenos de dis ntas idades. Anxo Fariña non é un escritor calquera porque é ilustrador e escritor á vez. Debuxou á nosa compañeira de clase Uxía Mar nez, quedou moi ben.

Na clase de 4º de primaria fixemos algúns debuxos dos Megatoxos e comezamos a ler o libro. Tamén buscamos información sobre Anxo Fariña nunha web. Por úl mo, o mestre trouxo unha réplica dunha moeda que fixo a raíña de Inglaterra para festexar a victoria de Holanda e Inglaterra na Batalla de Rande.

ESTIVEMOS CON ANTONIO Gª TEIJEIRO E AGASALLÁMOLO CUN LIBRO ILUSTRADO POR NÓS DE POESÍAS SÚAS. 5º PRIMARIA

COCIÑAMOS “PAN PIZZA” PARA TODO O COLE

6º PRIMARIA

Mini-empresas de Porto Cabeiro

Neste trimestre transformámonos en pequen@s empresari@s. Aprendimos o complicado que é conseguir os materiais e os cartos para montar unha empresa. Tamén o difícil que é calcular o IVE, coas porcentaxes e iso.... Aprendimos a vender obxectos a un prezo determinado[Unha estafa por certo]. Aprendimos a utilizar a folla de cálculos do office... En definitiva, resultounos unha experiencia do máis interesante.

TRIMESTRE

Cada grupo fabricou os seus propios produtos e levou a súa contabilidade: pastelerías, pulseiras feitas con materiais para reciclar, produtos de artesanía...

PÁXINA

3


NOTICIAS DO TABOLEIRO DA NOSA LINGUA O NOSO HORTO UNS PAPÁS DO COLE NOS AXUDARON A FACER O NOSO HORTO CONSTRUÍNDO UNHAS XARDINEIRAS SUPERGUAIS. MOITAS GRAZAS PAPIS!!!!!!!!!

Algunhas das ALUMNAS da clase de 3º de Primaria, animáronse a participar no VII Certame de Relato Curto. Tratábase de facer historias que nunca ocorreron e narrar contos de ficción de vidas de personaxes que nunca existiron. Grazas a imaxinación destas nenas as historias quedaron xenial e pode ser que sexan editadas nun libro cos mellores relatos dos participantes. Os títulos que enviamos ao certame son os seguintes: Teresa: “Doces máis eu” raposiño” Candela: “A máquina de tempo” Julia: “Antonio” Águeda: “As miñas noites” .

Miriam: “O

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

E COMEZAMOS A PLANTAR NO HORTO... OS NENO@S DE INFANTIL PREPARARON AS XARDINEIRAS E PLANTARON: ALLOS, CEBOLAS, AMORODOS, PEMENTOS, TOMATES,...

OS NEN@S DE 1º TAMÉN PLANTARON UNHAS LEITUGAS.

OS NENOS E NENAS DE 2º DE PRIMARIA ESCRIBIRON UNHAS NO TI C I AS SO B RE MIRIAM QUE NOS VISITOU PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER. PÁXINA

4

SEGUINDO COA ACTIVIDADE “PORTO CABEIRO CO GALEGO”, PEGAMOS PALABRAS GALEGAS NA CRISTALEIRA DO COLE.


O 2º trimestre nas aulas de 1º,2º e 3º de Primaria O pasado 13 de marzo visitounos o escritor Antonio García Teijeiro e para a ocasión os alumnos e alumnas de 1º aproveitamos para facer un mural sobre o seu libro “Honorato, o rato namorado”, que es vemos a ler neste segundo trimestre.

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA UNHA VISITA MOI ESPECIAL No mes de xaneiro, a mestra trouxo dous pitiños pequerrechos ao cole para que os vísemos. Pasámolo tan ben, que decidimos poñerlle un nome. A un puxémoslle Picachu e á outra Lara. Gustounos moito a visita!!!!

Na clase de terceiro ocorréusenos facer TRABALLOS SOBRE ANIMAIS para coñecelos mellor. Cada un de nós elixiu un animal e investigou sobre as súas caract erísticas. Despois elaboramos un mural para expoñelo diante de todos os compañeiros e compañeiras de clase. Aprendemos moitas cousas de animais case descoñecidos como por exemplo: a musaraña, o okapi, a orca, o calamar morado, ect. Foi moi divertido porque os animais tiñan características incribles e moi curiosas. Gustounos investigar e contarlle aos demais o que descubrimos. Ao rematar a exposición todos e todas podiamos facer preguntas sobre o animal. 2º

TRIMESTRE

3º PRIMARIA T a m é n aprendemos a cociñar coas nosas familias. Fixemos receitas como orellas de Entroido, pizza, empanada de carne, etc. Mentres cociñabamos os nosos pais/nais sacáronnos fotos e con elas fixemos un mural que expuxemos na clase.

PÁXINA

5


O

30

de

xaneiro,

celebramos

no

cole

o

DÍA DA PAZ cunha actividade solidaria. Os nenos e nenas trouxeron uns alimentos para colaborar cunha ONG que reparte esas doazóns coas

familias

máis

desfavorecidas

da

nosa

provincia, esta é o Banco de Alimentos Provincial.

En colaboración coa Biblioteca do cole, os nen@s ao entregaren a súa doazón, recibían como agasallo un libro ou conto, ademáis dun Diploma de agradecemento pola súa solidariedade.

Os responsables da ONG de Banco De Alimentos viñeron ao colexio a recoller as nosas doazóns e a agradecer persoalmente a nosa solidariedade. Ademáis recibimos a través das redes sociais outro agradecemento.

Fixémoslle entrega dos alimentos no Salón de Actos e cantamos una canción relacionada coa Paz. Ao rematar axudámoslle a levar os alimentos ata a furgoneta da ONG.

PÁXINA

6


TEMOS BIBLIOTECA NOVA !!! O día 19 de febreiro a nosa biblioteca abriu de novo as súas portas cun gran cambio, despois duns meses de reformas. Quedou inaugurada cun montón de cousas novas: unha nova cor na parede e algúns vinilos moi bonitos, mesas e cadeiras novas, Pufs para sentar no chan, os libros están ordenados por CDU, robots intelixentes, tablets, portátiles en vez de ordenadores de sobremesa, xogos de Legos... UNHA PASADA !!!

Para acompañarnos no día da inauguración visitounos ANXO FARIÑA; o famoso escritor dos coñecidos “OS MEGATOXOS”. El explicounos que podemos inventar todo o que sexa porque con calquera cousa , só necesitamos a nosa imaxinación. Ademais obsequiounos cun debuxo superchulo dunha compañeira como MEGATOXO.

En resumo, UN CAMBIO ENORME E CHULÍSIMO. BRAVO!! Tamén o 13 de Marzo veu a nosa biblioteca, como convidado, ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, recoñecido poeta e escritor e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro “Poemar o mar”. Durante preto dun mes estivemos traballando, nos distintos cursos, algúns dos seus libros de poemas: “Paseniño, paseniño”, “Honorato o rato namorado”, “Poemar o mar”.... Fixemos uns traballos que lle encantaron. Con el limos algúns dos seus poemas de diferentes libros, todos recitamos xenial!!! Porque como sempre di: “a poesía hai que escoitala”. Descubriunos, ademais un gran segredo: a súa palabra favorita é... PALABRA. Pasamos un bo anaco na súa compaña.

TRIMESTRE

O día 27 de marzo, AS VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA, representaron o conto “Sopa verde”. Unha gran experiencia para elas e sobre todo para os compañeir@s que gozaron da función. Fixéstelo xenial!!

PÁXINA

7


O 2º trimestre en Educación Infantil Na CLASE DE 3 ANOS, seguimos xogando coas letras do noso nome e as dos nosos compañeir@s.

Reciclamos xornais e fixemos un Mural creativo e moi orixinal.

Riscamos tiras de papel e pegámolas. O resultado foi xenial!!

Este trimestre, na CLASE DE 4 ANOS, fixemos moitos obradoiros de cociña. Cociñamos galletas, biscoitos, pizzas… quedounos todo boísimo!

Tamén melloramos o noso sen mento de equipo facendo traballos conxuntos e respectando as opinións e aportacións dos compañeiros e compañeiras.

Ademais, seguimos traballando o grafismo de forma crea va.

E por suposto… seguimos xogando e diver ndonos no cole

ENTRE OUTRAS COUSAS Na CLASE DE 5 ANOS, este trimestre iniciamos o noso proxecto de aula “MONSTROS DA COCIÑA” : fixemos obradoiros de cociña (iogur), de plástica (a roda dos alimentos), traballamos diferentes aspectos da alimentación saudable e dos alimentos.

PÁXINA

8

Ademais , como cada trimestre medímonos. Todos medraron moitísimo pero os que mais foron Breixo e Xoel (5 cm) e Xiana (4 cm). Seguide así !!!


O 2º trimestre en Inglés

BREAKING NEWS Our Irish assisstant Fianna O´Really has arrived at our School on January 9. Her main aim is to help our students in their linguis c competence,especially the oral and comprehensive expression, as well as teach us her culture and tradi ons of her country. Writing recipes of peace

Working on our Laptops

Speaking activity with Fianna

Fianna, our Irish assisstant,telling us a story

Learning the vocabulary of our favourite food

TRIMESTRE

PÁXINA

9


ENTROIDO GASTRONÓMICO

EE.UU.: OBRADOIRO DE HAMBURGUESAS E BROWNIE DE CHOCOLATE.

GRECIA: OBRADOIRO DE HUMUS E IOGUR GREGO.

ALEMANIA: OBRADOIRO DE PRETZELS E SALCHICHAS.

XAPÓN: OBRADOIRO DE SUSHI.

CARIBE: OBRADOIRO DE ZUME CARIBEÑO E ESPETO DE FROITA.

ITALIA: OBRADOIRO DE PIZZA E PASTA.

NESTE ENTROIDO TAN GASTRONÓMICO, PUXEMOS O GORRO DE COCIÑA, O MANDIL E MOITO CARIÑO PARA REALIZAR UNHAS RECEITAS SABOROSAS DE MOITOS PAÍSES, CON GRUPOS DE COMPAÑEIR@S DE TODAS AS IDADES E AXUDADOS POLAS MESTRAS E MESTRES DO COLEXIO. QUE RICO ESTABA TODO!!!

FRANCIA: OBRADOIRO DE CRUASANS E NAPOLITANAS.

MÉXICO: OBRADOIRO DE “FAJITAS” DE POLO E GUACAMOLE CON NACHOS. 2º

TRIMESTRE

PORTUGAL: OBRADOIRO DE PASTELIÑOS DE BACALLAU E E BACALLAU “Á BRÁS”.

SUIZA: OBRADOIRO DE RACKLETTE E FONDUE DE CHOCOLATE CON FRESAS.

CHINA: OBRADOIRO DE ARROZ TRES DELICIAS E TÉ CHINO.

MARROCOS: OBRADOIRO DE FAKAS E CUSCÚS. PÁXINA

10


Antes do día da celebración, os maiores viñeron a cantarnos as ORDES DA MECA, que nos foi axudando ao longo da semana a vestirnos de cociñeir@s.

OUTRAS DAS PROTAGONISTAS DO NOSO ENTROIDO FORON AS NAIS DA ANPA, QUE CO SEU HUMOR ARRINCARON UN SORRISO DE TODOS OS PRESENTES. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

E chegou o día da celebración do Entroido, nos preparamos para representar a cada un dos países e nos dispuxemos a degustar as nosas receitas.

TRIMESTRE

PÁXINA

11


FOMOS DE EXCURSIÓN EXCURSIÓNS DE 5º E 6º O DÍA 21 DE XANEIRO, FOMOS A VER UNHA OBRA DE TEATRO EN INGLÉS “TARZÁN” EN VIGO.

O DÍA 15 DE XANEIRO, VISITAMOS TRES MUSEOS CIENTÍFICOS: O ACUARIO, O “DOMUS” E A CASA DAS CIENCIAS CO SEU PLANETARIO EN A CORUÑA. O DÍA 15 DE FEBREIRO O ALUMNADO DE INFANTIL FOI AO TEATRO AFUNDACIÓN EN VIGO, A VER A OBRA “BURBUJAS DE PAPEL”.

O 4 DE ABRIL, OS ALUMN@S DE 1º E 2º DE PRIMARIA FORON A GOZAR DUNHA OBRA MUSICAL DE MAMÁ CABRA TITULADA “EU COCIÑO, TI COCIÑAS...”

OS NENOS E NENAS DE 3º E 4º DE PRIMARIA, O DÍA 20 DE MARZO FORON A VIGO A VER UNHA OBRA DE TEATRO CHAMADA “BON APPETIT”.

E UNHA ALUMNA DE 3º SUBIU AO ESCENARIO A PARTICIPAR NA OBRA.

PÁXINA

10


O 2º trimestre en Educación Física Durante

o

mes

de

Febreiro

disfrutamos

da

QUINCENA DA FROITA, mazás, plátanos, mandarinas, peras e fresas foron as froitas estrela destes días. Algúns alumnos opinan que: “Gustáronme moito todas as froitas. Ata lle pedín a miña avoa que me comprara as froitas que comín no colexio” “Estaban todas as froitas moi ricas”.

TORNEO DE XADREZ Comezou no mes de Xaneiro. Participaron todos os alumnos de Primaria. É un torneo emocionante no que aprendemos e tentamos gañar. Algúns dos alumnos de 5º e de 6º que chegaron á ultima fase participarán no I Torneo de Xadrez Intercentros 2019, xunto con outros 9 colexios e IES no mes de Maio. Desexámoslle moita sorte!

“AS FROITAS SON COMA DOCES SANS”

XOGANDO COAS POESÍAS

XORNADA DE ATLETISMO

A clase de 3º e de 4º inventamos xogos coas mans e pés a partir de ler os libros de poesía de Antón García Teijeiro “Poemar o mar” e “Paseniño, paseniño”. Escollemos unha poesía e pensamos que movementos facer coa axuda dunha parella. A actividade foi moi chula e divertida porque estivemos xogando cos compañeiros e aprendemos unha poesía. Traballar en equipo é superguai! “ Molou moito!”

O martes 26 de Marzo fomos ás pistas de Atletismo do CUVI para participar xunto co Ceip Carballal, Ceip Pombal e Ceip Mestres Goldar nunha xornada de Atletismo. Foi unha experiencia moi divertida e un gran reto, na que nos esforzamos moito por chegar a estar nos primeiros postos. Aprendemos que podemos correr, lanzar, saltar... máis do que pensabamos e gustounos animar aos compañeiros para que se animaran a facer a súa proba. Foi una actividade moi entretida porque estivemos cos compañeiros e botamos unhas risas, ademáis de estar con nenos doutros colexios e falar con eles.

XORNADA DE CROSS Celebrouse no campo de fútbol de Zamáns, no alto de San Cosme una carreira de campo a través. Participamos xunto cos colexios CEIP Cruz Budiño, CEIP Atios, CPR Hermanos Quiroga, CPR Santo Tomás,CEIP Antonio Palacios, CEIP Petelos, CEIP Peña de Francia,CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Laredo-Chapela. Aínda que choveu nas carreiras dos maiores pasámolo xenial!, a pesares de que algúns fixemos un gran esforzo por rematar. Dous compañeiros, Tere e Guille, recibiron diploma. Queremos repetir a saída!

TRIMESTRE

XORNADA XOGA-LOITA Participamos nunha actividade de loita olímpica no pavillón do CEIP Peña de Francia xunto con outros colexios. Despois de prácticar o día 18 de Outubro no noso ximnasio volvemos a atoparnos con Rubén, o adestrador que nos visitou. Fixemos todos os xogos que aprenderamos cos novos compañeiros. Foi moi divertido! Un dos xogos que máis nos gusta a todos é o de “Atrapar a cola do burro”. Está chulísimo xogar nun tatami!! PÁXINA

13


E no 2º trimestre nos visitaron... No marco do Plan Director, visitounos unha axente de Policía Nacional da Comisaría de Vigo, para falarlles aos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, sobre o Acoso Escolar e a Violencia de Xénero.

Para conmemorar a Semana da Prensa contamos coa presenza dun xornalista e un fotógrafo do Faro de Vigo, que nos proporcionaron información sobre o xornal máis antigo de España, e nos aconsellaron como facer o noso “Faro da Escola”.

Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, para conmemorar o Día de Rosalía , nos ofreceron unha sesión de contacontos onde nos contaron unha historia sobre Rosalía de Castro e ao mesmo tempo, un ilustrador ía facendo uns debuxos. Ao rematar a historia invitaron aos nenos e nenas a facer de ilustradores, seguindo os pasos que lles ía dando, para facer unha caricatura da escritora galega.

Os nenos e nenas de 4º de primaria tamén quixeron celebrar o Día de Rosalía facendo uns carteis sobre a escritora e que colgaron na entrada do colexio.

Os

alumnos

primaria

e

alumnas

recibiron

unha

de

charla

de duns

profesionais do Equipo de Prevención da Asociación Érguete na que trataron o

tema

do

uso

excesivo

das

tecnoloxías, así como as novas adicións no alumnado: móbiles, tabletas, etc. 2º

TRIMESTRE

PÁXINA

14


E no 2º trimestre nos visitaron... Para celebrar o Día Internacional da Muller, invitamos ao noso cole a Miriam Cortizo, nai dun alumno de 3 anos. Contounos a través da súa experiencia, as dificultades que se atopou, e que se sigue atopando, como muller no mundo da música, en especial, no folclore e na música tradicional galega. Así mesmo, fixo un repaso do papel da muller ao longo da historia neste ámbito. Tamén tivemos a sorte de que nos trouxo moitos dos instrumentos tradicionais galegos e nos fixo unha demostración de todos eles.

Os alumnos e alumnas de 3º e 6º de primaria, contaron cunha visita especial de tres investigadores mariños, do Departamento de Seguridade Alimentaria do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) que nos axudaron a descubrir os microorganismos que existen nos alimentos a través de diferentes experimentos.

Para darlle continuidade a actividade de RCP (Reanimación Cardio Pulmonar), que se leva facendo dende varios cursos en Educación Física, visitáronnos catro enfermeiras do Hospital Álvaro Cunqueiro para ensinarnos as manobras básicas de RCP e auxilio por atrangantamento. Como novidade este curso coñecemos o uso do desfibrilador. Os cursos que asistiron a esta actividade foron dende 5 anos ata 6º de primaria.

TRIMESTRE

PÁXINA

15


Este 2º trimestre comezamos co Contrato Programa chamado “Programa Reforzo, Orientación e Apoio”(P.R.O.A.) impartido polo mestre Borja Agulla.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA Ao longo do curso se foron traballando distintas actividades cos alumnos de 2º e 3º de Primaria:

XUNTOS construímos “o noso mundo”, elaborando un abecedario da Nosa Lingua. Os nenos de 2º de Primaria crearon o seu propio abecedario a través do cal fixemos un pequeño obradoiro de: caligrafía, tipos de letra, os sons de cada grafía, vocabulario, formación e estructuración de frases, ademáis de fomentar a cohesión grupal. Tamén levamos a cabo diferentes sesións de “Aprendizaxe a través dos xogos” coa finalidade de, ademais de adquirir diversos coñecementos (dependendo do xogo), tamén adquirir actitudes de respecto ás normas, aos compañeiros, as regras do xogo (moldeamento de conducta). Ademais de ser un divertimento, favoreceremos a concentración, o descanso da mente das actividades escolares (pausas activas), adquisición de aprendizaxes dun xeito máis motivador.

Tamén practicamos a RELAXACIÓN, a través da respiración consciente, e a relaxación muscular, para aprender a calmarnos en momentos de ansiedade, enfado… e favorecer o traballo posterior máis calmado e concentrado.

NOTA: As vacacións de Semana Santa abranguen dende o 13 ata o 22 de abril, polo que volvemos ao colexio o MARTES 23. O luns 29 de Abril, festividade do Cristo dos Navegantes en Redondela, tampouco teremos clase. P O R T A D A F I N A L I S T A : SARA LAGO SÁNCHEZ (5º PRIMARIA)


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.