A Peneira da Louriña 64

Page 1

Nº 64 ANO V SETEMBRO, 2009

O PORRIÑO - MOS - SALCEDA DE CASELAS

1€

Entrevista

Salceda

Os bombeiros do Consorcio provincial piden a Sometemos a Tony Lomba & Elio dos Santos a un cuestionario de compatibilidade titulariedade pública da xestión No interior Páxina 2-3

Salceda contará cun plan de prevención de incendios forestais Páxina 24

De Fío a Fondo

Festas do Cristo

Mos

O Concello levará a cabo melloras na estrada nacional 550 A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, anunciou que os proxectos de obra estarán no Concello nun breve espazo de tempo Páxina 7

No especial Festas do Cristo ´09


2

DE FÍO

A

SETEMBRO DE 2009

FONDO

Inauguración do Parque de bombeiros hai dous anos coa presenza de Rafael Louzán, presidente da Deputación Provincial, o organismo que, xunto á administración autonómica, é un dos máximos responsables do seu mantemento. FOTO HERNÁNDEZ.

Os bombeiros do Consorcio provincial piden a titulariedade pública da xestión Os traballadores quéixanse de que a empresa privada que xestiona os cartos públicos antepón os seus ingresos ao mantemento do material de seguridade D IEGO GIRÁLDEZ

O

Parque Comarcal de bombeiros, inaugurado o 16 de agosto de 2007, dá servizo a dez concellos do sur da provincia entre os que están Mos, O Porriño e Salceda de Caselas

“Que pasa se vostede vive nun cuarto piso, incéndiaselle a vivenda e a grúa do coche de bombeiros do Consorcio Provincial tan só alcanza a un terceiro? Que pensaría se non puidesen salvar o seu domicilio porque os bombeiros están ocupados limpando unha estrada?”. Estas son algunhas das preguntas que os bombeiros do sur da provincia se fan nun comunicado no que reinvindican a xestión pública do Consorcio provincial do que dependen. O Parque Comarcal de bombeiros, inaugurado o 16 de agosto de 2007, dá servizo a dez concellos do sur da provincia entre os que están Mos, O Porriño e Salceda de Caselas. O

servizo está xestionado polo Consorcio provincial e financiado pola Deputación e a Xunta aínda que os ingresos están xestionados pola empresa privada de xestión de servizos Celta Prix S.L. Os traballadores quéixanse de que a empresa privada que xestiona os cartos públicos “antepón os seus ingresos ao mantemento do material de seguridade”. “A empresa xestora escatima ao máximo e non einviste en cursos de formación para os bombeiros, o que revirte na calidade do servizo que prestamos e, polo tanto, na seguridade dos veciños” A opinión de Celta Prix S.L. A P ENEIRA DA L OURIÑA púxose

en contacto cos responsables da empresa de xestión de servizos Celta Prix S.L. para coñecer a súa postura. O director financieiro da empresa sinalou que ante isto “pouco temos que dicir”. “Nós tan só xestionamos indirectamente os cartos, isto trátase dunha pelexa política na que nós non imos entrar”, asegura. “De todos os xeitos-di- isto non é nada novo, o que está claro é que o que demandan en realidade os bombeiros é poder chegar a ser funcionarios públicos. Non somos nós os que temos que pronunciarnos”. A opinión do Consorcio Quixemos coñecer tamén de primeira man a opinión do

presidente do Consorcio Provincial, Manuel Carrera, que tampouco quixo entrar a valorar en profundidade a polémica. “Eu non decido. As reinvindicacións terían que facerllas á Deputación e á Xunta. Comigo non se puxeron en contacto”, asegura Carrera. Ante as afirmacións dos traballadores que aseguran que son tan só 3 bombeiros para 10 concellos, o responsable do Consorcio foi contundente: “É rotundamente falso que sexan tres. En realidade traballan 18 bombeiros, 17 máis un coordinador. Ao que eles se refiren e non deixan claro é que hai momentos, por mor das quendas, que o Parque quédase con menos persoal”.


SETEMBRO DE 2009

DE FÍO

Alfonso García Bóveda, delegado de persoal do Parque de Bombeiros

“Os responsables da situación son os políticos que preferiron darlle os cartos aos ‘amigos’” Logo de falar con todas as partes aludidas neste asunto, era necesario falar con aqueles que espertaron a polémica. Alfonso García é o delegado de persoal do parque de bombeiros emprazado no Porriño. Dende o principio, as respostas as nosas cuestións foron que contundentes. D.G/LOURIÑA

-Por que xurde esta polémica? -Para nós é algo mais que unha polémica. Cremos e estamos seguros que é un problema. Somos a única comunidade autónoma do Estado que sigue tendo un servizo de extinción de incendios e salvamento (SEIS) privatizado onde o interés non é a seguridade senón a consecución de obxectivos económicos. Isto é algo intolerable como bombeiro e como cidadán. -Segundo apuntades nun comunicado o servizo ten certas carencias. Cales son? -Cando se montou o parque non se pensou que no consorcio existen edificios de máis de tres plantas, que é o límite de altura ao que chega o noso autobrazo. Tampouco se pensou en que traballamos entre 3-4 bombeiros como máximo para dar servizo a mais de 90.000 habitantes (temos o ratio de bombeiro por habitante mais pobre de toda Galiza).

A opinión de...

Bombeiros do Consorcio traballando nun incendio recente.

Tampouco pensaron que temos que dar servizo a dous dos polígonos industriais mais grandes da provincia (nun futuro comezará a funcionar o chamado Porto Seco de Salvaterra que se suma aos polígonos xa existentes). Precisamos máis material e mais formación contínua que nos posibilite a actualización de coñecementos teóricos e prácticos que nos fagan mais eficientes no noso traballo. Nós cremos que isto si son problemas

-Periga en realidade a seguridade dos cidadáns? -O Consorcio creado da servizo aos concellos de Mos, O Porriño, Salceda, Salvaterra,O Rosal, Tomiño, Tui, As Neves, Mondariz e Mondariz-Balneario cunha extensión de máis de 500 km2. Se existen dúas emerxencias simultáneas (como por exemplo, un incencio e un accidente de tráfico) e sendo tres ou catro bombeiros, creo que é moi posible que ou se queime a casa (agardemos que non estea

ninguén dentro) ou morre o accidentado. Por desgraza e así de triste. Cando isto suceda estou seguro de que os responsables dirán: primeiro que a culpa foi nosa, logo que foi do anterior goberno, máis tarde dirán que xa estaban tomando medidas... Dirán calquera cousa pero non asumirán as súas responsabilidades nin farán que o accidentado, por exemplo, volva camiñar, volva a ter casa ou , esperemos que non suceda, volva a vivir.

A

FONDO

-Quen, ao voso parecer, é culpable desta situación? -Evidentemente son os reponsables políticos que, tendo a oportunidade de facer ben as cousas, preferiron dar cartos a “amigos” ou tiveron medo de enfrontarse o problema.Todo dende a perspectiva de beneficio persoal e nunca mirando pola cidadanía. -Tanto a empresa xestora como o responsable do Consorcio din que o voso único propósito é ser funcionarios públicos... -Está claro, con esta pregunta, que nin o consorcio nin a empresa se molestan en algo que non sexa gañar cartos. Se pasamos unhas probas físicas, un exame teórico, un exame de galego e outro topográfico onde sempre había responsables da Xunta e Deputación, por que non somos como os bombeiros do parque comarcal de DezaTabeirós? Esa é unha das nosas reivindicacións: ser persoal laboral fixo (non funcionarios)como os compañeiros do Deza-Tabeirós. Pero o que non entendo é por que non falan das outras reivindicacións que son simplemente que os cartos gastados pola administración repercuta exclusivamente no servizo. Fixemos un estudo que presentamos ao presidente da Deputación de Pontevedra e ao actual Director Xeral de Protección Civi, onde queda demostrado que, co actual presuposto do noso parque (700.000€), sendo este público, poderíase aumentar o persoal ata 25 bombeiros, comprar máis vehículos, máis material e darnos unha boa formación. En definitiva, mellorar a eficacia e eficiencia do servizo prestado actualmente.

Raúl Francés, alcalde do Porriño

“Definitivamente creo que si, hai melloras necesarias” Raúl Francés é o alcalde do Porriño, un dos dez municipios que se benefician do servizo de bombeiros do Consorcio Provincial. Preguntado pola polémica, o nacionalista foi directo: “O Concello do Porriño, dentro do Consorcio, pon a mesma cantidade de cartos que o resto dos Concellos que o conforman. Do mantemento do parque, por decisión do goberno da Xunta anterior, e agardo que continúe a ser así, a Deputación e a administración autonómica corren con 50%. Para O Porriño era un asunto moi importante e moi demandado sobre todo polo mundo empre-

sarial. O parque de bombeiros era un obxectivo a conseguir e cumpliuse. Logo, por cuestións de táctica política, O Porriño foi ninguneado no Consorcio, nunca se tivo en conta que eramos os que máis apostabamos. Sei que existen unhas reivindicacións dos bombeiros en canto a material e condicións de traballo.A quen lle compete atender estas reinvindicacións é á presidencia do Consorcio e, sobre todo, á Deputación Provincial e á Xunta, que son as entidades máis fortes que respaldan este consorcio. Todo o que sexa mellorar este servizo é benvido. Na nosa zona temos parque pero

nalgúns momentos pode quedarse cativo tanto en efectivos como en materiais e hai outras zonas que están moito peor. É un problema de Estado. Os concellos aquí cumprimos un papel cáseque testimonial. Aquí este parque estase a xestionar de xeito indirecto, a través dunha empresa, e os que teñan as responsabilidades terán que tomar medidas. O importante é que o vencindario e os parque empresariais estean ben cubertos. É certo que de non ter parque cando nós chegamos a ter agora un é importante, pero definitivamente creo que si, hai melloras necesarias”.

3


4

SETEMBRO DE 2009

OPINIÓN

e d i t o r i a l As distintas varas de medir

Edicións Val do Louro S.L. Sarmiento Rivera, nº 17 Teléfono e Fax: 986-660986 web: www.apeneira.com e-mail: lourinha@apeneira.com 36860-Ponteareas (Galiza).

Director: Guillermo Rodríguez Fernández

Redactor xefe: Antón Fernández Escuredo

Coordinador: Diego Giráldez

Colaboradores: David Rollano Carlos Rego Marisa Alonso David Pérez Rego “Cato” Soledad Castro Jénnifer Castrovello Alberto Álvarez Gil Juancho Castaño

N

os tempos que corren é difícil atopar persoas que manteñan unha liña de conduta recta, de rectitude. Cando coñecemos a unha sentimos así como unha certa envexa porque o común é que os individuos se deixen ir co vento; segundo de onde sopre así se inclinan; somos coma xuncos; aínda que esta figura literaria emprégase ás veces para indicar unha conducta que non se dobra; que vai co vento e que non se dobra. Xa se sabe que as palabras serven para unha cousa e para a contraria; todo depende de que sentido lle queiramos dar. No caso que nos ocupa, queremos falar das persoas que manteñen unha postura rexia, forte e sen desmaios. Claro que cando isto ocorre dicimos que son testáns, teimosos que sempre din e fan o mesmo. O dito, como son raras avis atopámolos como estraños. En política isto xa non se leva;

“O

os partidos admiten nas súas filas a calquera, con tal de que vista pantalóns ou saia, dalles igual de que material estean feitos. Así lles vai” aquí resulta pouco menos que imposible atoparnos con individuos que pase o que pase, saia o sol ou faga vento, se manteñan nos seus trece e de aí non hai quen os quite. Botamos en falta homes e mulleres como aqueles de antano que foron quen de morrer por manter os seus principios. Hoxe utilizámolos como exemplo, cando debera darnos vergoña porque non somos quen

Fotografía: Hernández - Foto Barros

Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró- Suso Vieito publicidade@apeneira.com

Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza).

Depósito legal: OR / 57 / 84 A dirección do xornal non se responsabiliza das opinións emitidas polos seus colaboradores

Urxencias médicas Inform. toxicolóxica Incendios forestais

061 91 562 04 20 085

O Porriño

BOMBEIROS

DE

GALICIA

Mos

11 2

Salceda Concello de Salceda

986 349003

686 777 777

Protección Civil

660 600090

Centro de Saúde

986 486 667

Policía Local

639 821377

Taxis “As Angustias”

986 331 037

Centro de Saúde

986 349008

Taxis “Puxeiros”

986 487 343

Serv. Galego de Colocación 986 331 262

Taxis Servizo Permanente

986 488 989

Xulgado

986 347825

Protección Civil do O Porriño 696 99 49 45

Oficina de Correos

986 487 921

Oficina de Correos

986349076

Concello de Mos

986 331 200

Policía Local

986 337 320 986 330 014

Concello do Porriño

986 335 000

Policía Local

620 404 040

Centro de Saúde Taxis Oficina de Correos

986 334 455

Tanatorio Mos - O Porriño

986 336 719

nin de desatárllelos cordóns dos seus zapatos. Homes e mulleres que sen apenas maior formación política nin cultural mantiveron uns principios que lles custaron a morte ou a desgracia de toda a súa familia. Diso xa non queda. É unha pena. Hoxe celebramos actos na súa honra pero pouco facemos para honralos. Xa estamos acostumados a ver como se cambian de chaqueta uns e outros; pensando nestes heroes anónimos na súa maioría, tiñamos que poñernos vermellos de vergoña. Xente daquel cerne xa non queda. Isto vén a conto porque nestes días estamos asistindo a unha disputa estúpida e falsa entre os dous grandes partidos españolistas; están a ver cal dos dous se presenta como máis honesto. O PP pon o grito no ceo porque en Benidorm lle "birlan” a alcaldía grazas a un tránsfuga do PSOE, cando en Galicia o PP se fixo con alcaldías grazas a

tránsfugas supostamente socialistas. Unha auténtica vergoña política. O que pasa é que xa non hai criterios, principios, e os partidos admiten nas súas filas a calquera, con tal de que vista pantalóns ou saia, dalles igual de que material estean feitos. Así lles vai. Se a xente que nos representa tivera un mínimo de honestidade, de decencia política e persoal, non faría falta ningún pacto antitransfuguismo nin farrapos de gaita. O que pasa é que nestes momentos os partidos están inzados de aproveitados que esperan a sopa boba das prebendas que lles poidan chegar á sombra do Poder. Cando este fai auga, e pode estar en perigo, rapidamente póñense ao sol que máis quenta. Así nos vai. Os votantes, sobre todo a mocidade, renegan non tanto da política en si como destes comportamentos que tan mal exemplo lles dan.


SETEMBRO DE 2009

OPINIÓN DENDE

O

SEIXO

ZONA TEMPORALMENTE AUTÓNOMA

Con todos vostedes… Lagripá!

Caudilliño Feijóo Marisa Alonso

D

espois de medio ano de goberno, o caudilliño Feijóo trazou xa as liñas mestras dun goberno nefasto, inútil e obsesionado, principalmente, destruíndo as cousas boas da anterior etapa. Armado co odio feroz dos franquistas, o PP ataca ao noso idioma en todos os ámbitos. Fai desaparecer o requisito de coñecer a nosa lingua para os futuros funcionarios, intenta arrinconala nas escolas para que as novas xeracións non a falen, e atrévese incluso a que nin siquera no parlamento se respecte a nosa fala, lexislando para que os seus parlamentarios, analfabetos lingüísticos, exhiban a súa ignorancia de señoritos e caciques de dereitas de toda a vida. O caudilliño Feijóo asesta cruelmente as coiteladas trapeiras ao noso idioma, e mentres practica de triste matarife, relámbese de puro gusto falando de bilinguismo cordial. Pero se a cabra tira ao monte con respecto ao noso idioma, tamén tira ao mesmo lugar co resto das liñas do seu goberno. E nesa liña está o entrar a saco na caixa dos galegos para pagar ás grandes empresas a débeda contraída pola xenerosidade coa que foron tratados na campaña electoral. Así, Pescanova destruirá o precioso entorno de Touri-

5

(

...)E nesa liña está o entrar a saco na caixa dos galegos para pagar ás grandes empresas a débeda contraída pola xenerosidade con que foron tratados na campaña electoral”

ñán, e de premio por cometer esa barbaridade, recibirá 140 millóns de euros dos fondos públicos para crear un cento de emprego. E mentras suceden estas aberracións no noso país, o caudilliño Feijóo demostra que ten máis cara que os selos da súa etapa de correos e proseguindo coa operación de propaganda e de austeridade, pon á venda o que el chama os 24 Audis do anterior goberno dos que, nin máis nin menos, 22 deles foron mercados polos sucesivos gobernos do PP. A este novo caudilliño galego só lle falta unha muller con moitos colares, e ninguén se pode sorprender se dentro de pouco, como facía Franco, nos espeta aquilo de: “Joven, haga usted como yo y no hable de política”.

Cartas ao director lourinha@apeneira.com

Como os nosos antergos, ‘resistiremos’ Nace en Vigo unha asociación con claro color político e moita facilidade para saír na prensa e radio, onde afirman que o Castelán está en perigo pola marxinación que está a sufrir, e digo eu, como se pode dicir publicamente semellante barbaridade, cando os medios de información en Vigo, como o Faro de Vigo, Televigo, Localia e outros canles escriben e emiten todos eles en Castelán. No pequeno comercio, nas grandes superficies, na hostalaría e nas rúas de Vigo fálase Castelán, e na Universidade dan pouco en Galego. Con esta realidade, como poden ser tan falsos e mentireiros. Estes señores tamén din: “somos tan galegos coma os nacionalistas”. Se polo feito de nacer en Galiza un xa é galego, todos os que nacemos no Pirulí seriamos vigueses. Recordemos que Franco naceu en Ferrol, pero ou non era galego, ou era mal galego, dado que rexeitou a

David Pérez Rego “Cato”

P

ode que Phineas Taylor Barnum fora unha rata usureira, pero non se lle podía negar que carecera de principios. Cando no 1871 abandonou o seu cargo como político en Connecticut para crear en Brooklyn o seu famoso circo itinerante de tres pistas, Phineas tiña claros dous principios: que ao público non lle importa ser enganado, sempre e cando reciba a cambio entretemento para esquecerse dos seus problemas, e que, literalmente, “neste mundo, cada minuto nace un parvo”. De tal xeito que o seu circo Barnum chegaría a converterse no “maior espectáculo da terra” para o público norteamericano, acostumado, sen embargo, a que Phineas Taylor Barnum se inventase e manipulase os seus números sen pudor algún. Todos souberon que a Sirena de Feejee non era máis que a parte superior dun mono cosida á cola dun pez, ou que a Triste Susana non ría a pesar das apostas e tentativas do público, non porque fora aburrida, senón porque tiña a cara paralizada. No 1835 Barnum anunciaba a todo trapo que exhibiría no seu circo a Joice Heth, unha escrava negra, cega e paralizada que servira de ama de cría do presidente George Washington: afirmaba que tiña 161 anos de idade. O público acudiu en masa, pero foise correndo o rumor de que todo se trataba dun engano. Algún iluminado pensador quizais se manifestara ao respecto. Barnum xustificouse daquela dicindo que Joice Heth non era humana, senón unha especie de robot. Isto desatou a histeria colectiva: a xente case se pegaba por unha entrada para o espectáculo. A vella morreu ao cabo, e Barnum, seguindo de novo os seus férreos principios, organizou unha autopsia pública cobrando unha verdadeira fortuna ás 1.500 persoas que tiveron o privilexio de acudir, para ver en directo como un forense certificaba que aquel corpo (humano, para máis indicacións), non tiña máis de oitenta anos. Outra das orixinais faenas na exitosa vida de Phineas Taylor Barnum. Eu non sei se lles seremos tan primos como o público de Phineas, ou se gustamos tanto de ser enganados para ser entretidos - aínda que sexa un entretemento masoquista -, o que si entendo é que nos últi-

Galiza, prohibiu a nosa lingua e levounos ao atraso, deste xeito, teriamos que distinguir entre galegos e malos galegos, porque Galego é o que se sinte orgulloso de selo, da súa cultura, dos seus costumes, e que defende Galiza, e sobre todo, a súa lingua, porque un pobo sen lingua é un pobo morto e tende a desaparecer. Certo é que a nosa lingua non é patrimonio dos nacionalistas, senón de todos os galegos, pero non é menos certo que grazas á teimosía e insistencia dos que cren na Galiza Nación, Galiza é máis País e menos submisa ante Madrid. Agora, cando o galego vai en retroceso e ten a obriga o goberno de protexelo e promovelo, aparece este grupiño, asociado hipocritamente baixo o nome de Galicia Bilingüe, para ocultar o desprezo e o odio que senten polo galego e os seus falantes, e conseguir que só se fale en castelán, o que é aproveitado polos sectores reaccionarios do Partido Popular para atacar os nacionalistas e conseguir votos, que rompendo os acordos do 50% do Galego no ensino, fan súa a liberdade dos pais de elixir o idioma dos seus fillos, consulta amañada, para volver

mos tempos os carreiros deste mundo parecen estar descritos por un guionista de Hollywood. Un guionista un tanto retorcido que gusta das catástrofes apocalípticas. E o problema non é o espectáculo en si que nos presentan: o problema é que acabemos confundindo ese espectáculo coa realidade. En menos dunha década, case tivemos un apocalipse por ano, comezando co Efecto 2.000 (lembran aquelo dos ordenadores?), e polo camiño fomos aniquilados varias veces por terroristas de varios tipos e clases, destruídos por cometas desviados e estivemos a piques de comezar algunha guerra nuclear que outra. O que máis éxito pareceu ter, sen embargo, son os Armagedones de botica ou epidemias de pandemias: morremos todos polo ébola, fomos exterminados polo Creutzfeldt-Jakob das vacas tolas, devastados polo aspergilus dos aires acondicionados, extinguidos pola gripe do polo e agora parece que imos ser masacrados pola gripe A. Xesús, que vida de medo e sufrimento continuo. É curioso, sen embargo, que a gripe de toda a vida provoque a morte de entre 1.000 e 4.000 persoas cada ano soamente en España e que non saíra unha triste referencia nos medios: parece ser que o que non é novidade, non é noticia. Parece ser que importa máis o espectáculo que a información. Total, que de hecatombes en cataclismos, este raio de mundo non parece dar finalizado, e por moito que no inverno enchamos as urxencias de nenos constipados o único que estaremos a facer é converternos noutra consecuencia da esaxeración, do espectáculo mediático, do medo absurdo. A mala memoria mata máis xente neste mundo que todas as gripes xuntas, e sempre haberá un Phineas Taylor Barnum que se beneficie da inexistencia dunha vacina contra a estupidez humana. Queren un desastre de proporcións históricas?: o Ártico vai desaparecer. Iso si que é unha cuestión de vida ou morte. Gastemos máis nas hemerotecas e menos en Tamiflú, e deixemos de “joder la marrana”.

aos tempos de “habla cristiano, no seas bárbaro”. Moi democráticos, fará o Partido Popular consultas de temas importantes?, por exemplo, prefiren os pais que as subvencións do ensino privado se invistan en perfeccionar o ensino público), os estudantes queren o plan Bolonia?, claro que non, xa ningún dos cambios do modelo educativo foi consultado cos pais, sempre foi imposto polo goberno de turno. O P.P., en nome da liberdade a elixir, pretende seguir co exterminio da nosa lingua, e despois responsabilizar aos pais da decisión. Pero o galego, lingua de Reis, dende moito antes de ser reino castelán, foi prohibido e perseguido (coas armas, leis e burlas), dende os Reis católicos, e durante cinco séculos os nosos antergos “Resistiron” ata os nosos días. E agora os reaccionarios tratades de exterminar a lingua e o País, os bos e xenerosos como os nosos antergos “resistiremos”. Lino González Fernández (Salceda de Caselas)

www.taz-cato.blogspot.com

As cartas non deben superar os 900 caracteres, deberán acompañarse dunha copia de documentación válida do autor/a, e remitiranse a R/ Sarmiento Rivera 17 baixo, 36860 Ponteareas (Pontevedra, Galicia) ou ben ao correo electrónico lourinha@apeneira.com


6

SETEMBRO DE 2009

OPINIÓN

CAFÉ CON GOTAS

UN MUNDO FELIZ

Humanización si, pero...

Os Telenenos

Carlos Rego

David Rollano

R

esulta evidente que o principal eixo de actuación ó longo do mandato de Raúl Francés como alcalde do Porriño vén sendo a humanización do centro urbano, entendendo por humanización toda aquela actuación que busca o embelecemento das rúas e a súa recuperación para o viandante. Creo que somos moitos máis os partidarios deste tipo de políticas, en detrimento dos que pensan que un núcleo urbano funciona máis axeitadamente se podemos levar o coche ata o mostrador mesmo da tenda. Nembargantes, hai un par de temas que me parecen de fundamental crítica. Por unha banda temos o problema dos aparcadoiros. Xa sabemos que se fixo unha grande cantidade de prazas subterráneas na Avenida de Galicia e que se tomaron medidas de aproveitamento en superficies como o das zonas azuis. Con independencia de que ó parking habería que buscarlle un mellor aproveitamento para o comercio e a hostelaría local, temos que lembrar que non se pode obrigar a ninguén a ter que pagar por deixar o coche ben aparcado. Sería fantástico, ó mesmo tempo que se pechan rúas ó tráfico e se perden prazas de estacionamento gratuíto, poder habilitar en parcelas cercanas ás rúas afectadas, algunha superficie pública arborada e ben axeitada pero con 50, 100 ou 150 (as que se poidan) prazas de aparcamento; en zona azul e con prioridade para residentes. Matar tres paxaros dun só disparo. Para iso habería que ir pensando no próximo “Plan E”, non digo máis.

EMBUSTES

H

A

oubo anos atrás un grupo de punk hardcore, creo que de A Coruña, que se chamaba Mol (definición: O mol é a unidade coa que se mide a cantidade de substancia, unha das sete magnitudes físicas fundamentais do Sistema Internacional de Unidades, aínda que eu prefiro a súa definición en galego: brando). Esta banda, famosa polas súas mastodónticas xiras polas casas okupas do territorio, tiña un repertorio ben xeitoso. Unha das súas cancións chamábase “Nenos Estúpidos” (creo que do seu derradeiro disco), e a súa letra dicía algo así: (Nenos estúpidos saen das súas probetas, seres articulados polo mando dun televisor, a ensinanza programada por un ministro estéril, demostra sen dúbida a onde queredes chegar…) Nunca unha reflexión tan sinxela , extraída das verbas dunha canción perdida entre as telarañas das extintas casas okupas de Galicia, tivo como hoxe tanta vixencia, nin foi tan clarividente. Mentres que os políticos andan á greña coas súas teimas por encherse de poder, a situación da mocidade galega é cada día máis preocupante. Os responsables políticos eluden responsabilidades e tíranse a pelota de tellado en tellado para non entrar en materia. Problema de internet, din algúns, problema de que os pais xa non andan a hostiazos cos nenos, din outros, problema da tecnoloxía, problema de que os peixes non voen e bla, bla, bla… O único problema é sen dúbida a falta dunha educación de calidade que facilite a formación dos nenos dende a súa base. Mentres os vanidosos andan a malgastar millóns e millóns de euros en Cidades da Cultura, en subvencionar de xeito desmesurado museos

o goberno municipal véselle demasiado preocupado no centro urbano, onde historicamente lle resulta máis fácil gañar votos á esquerda Por outra banda, temos o problema da escaseza de investimentos en beirarrúas, iluminación e mantemento ou mellora das infraestruturas de comunicación nas parroquias. Cómpre dicir que parte da responsabilidade neste senso pode recaer na Deputación de Pontevedra (caso da estrada TorneirosMosende) pero ó goberno municipal véselle demasiado preocupado no centro urbano, onde historicamente lle resulta máis fácil gañar votos á esquerda. Un último comentario. Estamos de acordo en que a redución do excesivo uso que facemos do vehículo privado é necesaria para preservar o medio ambiente e para reducir o consumo de enerxías, ademais de poder desfrutar de vilas e cidades máis apacibles. Pero namentres dende as administracións sigan tratando o tema do transporte colectivo como un problema menor, imos ter moitos atrancos no futuro. Ós gobernos locais da Louriña non se lles ve moi preocupados polo presente e o futuro do transporte de cercanías. Nin tan sequera para conectar as parroquias co humanizado centro da vila. cafecongotas.wordpress.com

con fondos públicos e potenciar o descoñecemento, os rapaces de hoxe andan máis perdidos que unha miñoca nun prato de sopa. Pero como carallo pode un rapaz desfrutar dunha exposición de arte contemporáneo do “superartista de turno” (por poñer un exemplo), se unha gran maioría de nenos pensa que Picasso era un graffiteiro? Mundo de tolos e sistema educativo apodrecido. É comprensible que toda a ponzoña televisiva e o abuso masivo de información ruidosa de Internet inflúan de xeito negativo no crecemento e desenvolvemento dos rapaces pero, por que non se regulan os contidos televisivos, por exemplo? Por que dan diñeiro? Dobre raseiro de medir e vara da dobre moral sobre as costas. A educación é un ben universal que debería facilitar a vida ás persoas, mellorar a súa comprensión da contorna e facer xente máis xusta e asertiva. Pero non. En vez de potenciar a ensinanza pública (de libre acceso para todos os cidadáns) andan os mandamais a rizar o rizo e a dexenerar cada día un pouco o sistema educativo. Falla de mestres, falla de material, falla de contidos, falla de motivación nos funcionarios da ensinanza, en definitiva un caixón desastre (todo o contrario que a ensinanza privada, ultimamente ben nutrida polas administracións públicas). Vergoñento. Pero xa se sabe que na sociedade ten que haber obreiros e xefes, hormiguiñas e cigarras, xente que non sepa interpretar a súa nómina e xente que a emita, non imos a ser todos iguais. Alguen dixo un día “na ignorancia atópase a felicidade”. Eu considero todo o contrario, e aprendino ben fai xa uns anos, na parte de atrás dunha casa okupa. davidcube1@yahoo.es

E OUTRAS VERDADES

Lúa eléctrica Diego Giráldez

C

Marlene Dietrich con Basil Rathbone na premiere de “El jardín de Alá”. Á esquerda, a porriñesa Rita Sende medio oculta.

ando na segunda década do século XX chegou o rumor á vila de que un famoso arquitecto tiña pensado proxectar o novo edificio do Concello, as familias pudentes quixeron que se fixera ao carón das súas vivendas, cuestión de status. Unha destas familias era a dos Sende de Vergara, donos dunha das empresas máis frutíferas da comarca dedicada á fabricación e exportación de tamancas. No seo deste núcleo de refinados, malcriouse unha nena que sempre aborreceu a incómoda postura social e as perlas herdadas para lucir en bailes e procesións. Chamábase Rita, Rita Sende, e endexamais fora quen de tutear á felicidade salvo cando se iluminaba a pantalla do Cine Diz e soñaba con atravesala. Chega o ano 1936 e a empresa familiar dilúese. Rita, farta dunha vida de naftalina e sorriso finxido mete nunha maleta todas as súas pertenzas menos o apelido e voa nun barco cara aos Estados Unidos con

Hollywood no horizonte. Buscaba liberdade para soñar, vivir para sempre dentro da pantalla do Teatro Diz, aínda que sabía que as estrelas de cine son case que máis inalcanzables que as do ceo. Entérase nun bar que David O. Selznick buscaba extras para “El jardín de Alá”, un fiasco cinematográfico dirixido por Boleslawski e protagonizado por Marlene Dietrich. Apúntase. E alí, no deserto de Arizona, rodando exteriores, comezou a súa historia de amor. Marlene fixouse nela coa súa mirada agresiva e Rita caeu derretida aos pés da diva. Nun almacén alugado pola produtora, as dúas viviron unha historia de amor imposible pero absoluta. A última noite, logo de dúas botellas de whisky e un par de gramos interiorizados dende o embigo, Marlene encendeu un foco e dirixiuno ao teito: “Rita, nunca terás a oportunidade de contemplar unha lúa máis fer-

mosa que esta”, díxolle a Dietrich ao oído. É certo, Rita Sende, dende aquela, nunca saboreou unha lúa máis cautivadora que aquela lúa eléctrica. “Canto máis me emborracho máis me enamoro de ti”, díxolle a actriz xusto antes de despedirse para sempre. Dirixíronse un adeus. Para Rita, Marlene foi o amor conseguido, para a Dietrich, Rita, unha máis no seu particular álbum de cromos... Rita Sende volveu aquí para continuar o seu proceso de putrefacción tan só freado en aquel almacén de Arizona. Dietrich morre en maio de 1992 en París. Rita Sende, co brillo da lúa eléctrica nos seus ollos, acudiu ao funeral na igrexa de La Madeleine. Cando estivo fronte ao corpo sen vida de Marlene, quitou unha botella de Jack Daniels dunha bolsa e colocouna no interior do féretro. diegogiraldez.wordpress.com


SETEMBRO DE 2009

MOS

7

breves O Concello asegura ter invertido preto de 2 millóns de euros en saneamento no que vai de ano

Reinícianse as obras na Ludoteca de San Rafael que estará rematada a finais de mes

O Concello instalará a rede de saneamento nunha nova zona da parroquia de Louredo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou xunto co concelleiro de Saneamento e Abastecemento, Ángel Pereira, as obras de acometida da rede de saneamento que se están a executar en Caamaña, parroquia de Tameiga. A de Caamaña é unha das 16 obras de saneamento proxectadas para o municipio mosense dende a chegada ao Concello, fai oito meses, do actual equipo de goberno local. Destas 16 obras, 13 están xa rematadas, unha –a de Caamaña- atópase en execución e as outras dous restantes están xa adxudicadas e a piques de comezar, aseguran.

A concelleira de Benestar Social mosense, Ana Rodríguez Cabaleiro, fixo público que a reanudación das obras da Ludoteca de San Rafael é un feito dende o martes día 25 de agosto. “Os obreiros levan traballando xa varios días, co que prevemos que a obra estea rematada a finais deste mes de setembro”, declarou Ana Rodríguez, quen explicou ademais que “ó retomarse os traballos na Ludoteca vense cumpridos os compromisos do actual Xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar, Roberto Pérez, quen ademais accedeu a contemplar no proxecto de obra as melloras solicitadas polo Concello.

A concellería de Saneamento e Abastecemento mosense que dirixe o edil Ángel Pereira Carrera, informou de que o Concello de Mos procederá á instalación dunha nova rede de saneamento no lugar de Pombal, parroquia de Louredo. Segundo explicou a alcaldesa, Nidia Arévalo “mediante esta obra acometerase unha instalación de case quilómetro e medio de lonxitude, que dará servizo a unhas 60 casas”. A rexedora local declarou tamén que “a inversión económica nestes traballos ascenderá a 132.876,92 euros que esperamos sexan subvencionados por Augas de Galicia.

Mos conta cun Consello Municipal de Saúde REDACCIÓN/MOS

No derradeiro pleno ordinario da Corporación mosense aprobouse a constitución do Consello Municipal de Saúde promovido pola concelleira de Sanidade, Ana Rodríguez Cabaleiro. Segundo a edil creación deste Consello “é de gran importancia, xa que é necesario un compromiso das administracións públicas cara á cidadanía en canto ó que á saúde se refire; e sobre todo agora, tras a recente aparición da variedade vírica da Gripe A”.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

O Concello levará a cabo melloras na estrada nacional 550 A alcaldesa mosense anunciou que os proxectos de obra estarán no Concello nun breve espazo de tempo REDACCIÓN/MOS

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acudiu acompañada da aparelladora municipal a unha reunión con Fomento en Pontevedra na que trataron sobre tres novos proxectos de obra para a estrada nacional 550 que teñen a finalidade de mellorar a seguridade do vial. Arévalo informou de que “en Fomento garantizáronnos que en dez días estes proxectos estarán en Mos”. A rexedora local e a aparelladora municipal puideron revisar onte o borrador dos proxectos, que solicitaron tamén lle sexa remitido ó Concello para que poida ser consultado polos veciños que así o desexen. Á saída da reunión Nidia Arévalo manifestouse “satisfei-

ta” con estes tres novos traballos de mellora da N-550 aínda que é consciente de que as obras son sempre un causante de molestias que afectan ós veciños. Neste sentido a alcaldesa mosense declarou que “dende o Concello faremos todo o posible para que o Ministerio de Fomento teña en conta as alegacións dos afectados e confiamos en que así sexa”. Os traballos previstos para a estrada N-550 son dous pasos elevados en Louredo, un na zona de San Gregorio e outro na zona da igrexa parroquial, que garantirán o paso de peóns e vehículos dun lado a outro da estrada sen perigo e permitirán acceder a tódolos barrios da parroquia de Louredo que conviven coa nacional;

asimesmo prolongaranse as beirarrúas na parroquia de Mos ata o cemiterio municipal coa conseguinte canalización subterránea das liñas eléctricas, do sistema de sumidoiros, etc. e sinalizarase todo este tramo como travesía urbana colocando sinais semafóricas de precaución. Ademais acometerase un novo acceso ó camposanto de Mos. A alcaldesa explicou tamén que na reunión de onte acordouse con Fomento que as zonas de Veigadaña e Cantín nas que antes das obras a estrada N-550 tiña pintada liña discontinua e agora, durante o período de obras, se lle pintou liña laranxa continua, queden como estaban antes do inicio dos traballos na vía.

“Así, dende este goberno acordouse a creación dun Consello Municipal de Saúde que permita canalizar a participación dos veciños e da administración nos asuntos referentes á saúde e facilitar o fluxo de información nun momento coma o presente, no que é crecente a necesidade de información sanitaria a consecuencia do mundo global no que vivimos e a gran mobilidade da población dentro del”, explicaba hoxe Rodríguez Cabaleiro.

O PSOE critica que o goberno suspenda un servizo de transporte REDACCIÓN/MOS

O PSdeG-PSOE de Mos critica que o goberno suspenda “sen previo aviso” un servizo de transporte que comunicaba algunhas parroquias co centro médico do municipio. Segundo apuntan os socialistas, este servizo fora posto en marcha polo anterior goberno co apoio da Consellería de Política Territo-

rial e tratábase dunha experiencia piloto que comunicaba as parroquias de Sanguiñeda – Mos – Louredo – Guizán e Tameiga co Centro Médico de Mos, continuando a Vigo. Os socialistas esixen que se manteña este servizo e que se fagan as xestións correspondentes para que continúe en vixenza.

O programa ‘Actívate’ xa está en marcha en Mos R EDACCIÓN /MOS

Presentouse o curso ‘Monitores de tempo e lecer’ que rematará o vindeiro 30 de setembro. Neste acto inaugural estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a deputada provincial, Francisca Canal, e os concelleiros de Participación Cidadá e Formación e Emprego, Julia Loureiro e Gerardo Alonso, respecti-

vamente; así como tódolos alumnos participantes. ‘Monitores de tempo e lecer’ consiste nun curso de 30 horas de duración que se impartirá en horario de catro e media a oito e media da tarde os martes, mércores e xoves de tódalas semanas ata finais de mes; e cuxas clases se celebrarán nas instalacións do CDL do Concello de Mos.


8

SETEMBRO DE 2009

MOS

breves O Bispado cede a antiga Casa Reitoral para o centro de día

O BNG di que ‘non permitirá que o Polígono da Veigadaña acolla empresas contaminantes’ REDACCIÓN/MOS

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o Bispo da Diócese Tui-Vigo, José Diéguez Reboredo, asinaron un convenio de colaboración polo que o Bispado lle cede ó Concello mosense por un período de 25 anos prorrogables a outros 25, a antiga Casa Reitoral e o terreo no que se atopa ubicada para convertila nun centro de día municipal e público para persoas maiores; ademais de cederlle tamén á administración local o recinto que se emprega coma aparcadoiro do Concello co fin de remodelalo para que ofreza un mellor servizo.

O Concello reclama a Fenosa a aceleración do soterramento das liñas eléctricas no entorno do Pazo de Mos Responsables do Concello reuníronse on responsables da empresa Fenosa no entorno do Pazo dos Marqueses para solicitarlles que se axilicen os traballos pendentes de realizar na zona, consistentes na retirada dos postes de formigón e do cableado aéreo que sosteñen, para proceder ó soterramento de ditas liñas de suministro eléctrico.

Xosé Manuel Martínez Ojea.

O BNG de Mos non entende que o goberno actual da Xunta, por medio de Xestur, “estea intentando traer para Mos a empresas contaminantes que teñen dificultades de emprazamento noutros lugares”, tal e como, segundo apuntan, se manifestou no estudo da documentación enviada por Xestur ao Concello e examinada nunha comisión informativa. “A primeira intención de Xestur está en facer un novo replanteamento das parcelas, facendo unha nova parcelación distinta da aprobada no proxecto inicial, para facer parceliñas máis pequenas, e prescindindo así da posibilidade de que grandes empresas, e mais competitivas, compren solo industrial en Mos”, declaran dende o BNG. Deste xeito, din, a Xunta de Galicia tería máis facilidades en vender as parcelas a em-

presas menores, que se conforman con menos metros de solo industrial. O BNG pide ós actuais gobernos da Xunta e do Concello que manteñan as ideas que berraban na oposición e dispoñan as parcelas do polígono a prezos máis económicos, para que os empresarios poidan mercar máis metros de terreo. “O goberno de Mos, a través de Sandra Temes, contradícese a diario e agora xa non lle valen as cousas que pedían na oposición”, sinalan. Por outra banda, os nacionalistas denuncian que o polígono segue a súa actividade constructiva con normalidade, sin que se rebaixaran os actuais muros de contención nin os desniveis, e sin que tampouco se paralizaban as obras, tal e como anunciaron que farían os actuais gobernantes cando estaban na oposición.

O goberno local asegura que os veciños da estrada de Sanguiñeda terán unha nova rede de abastecemento REDACCIÓN/MOS

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou as obras de humanización que se están a acometer na estrada que vai dende a Avenida de Sanguiñeda ata a Ponte do Senlle, acompañada de técnicos municipais. O motivo da visita foi a próxima acometida, durante este período de traballos de mellora na zona, do cambio da rede actual de abastecemento de auga potable

por unha dotada de tubería de 110 que mellore o servizo de suministro. Arévalo informou, unha vez no Concello tras comprobar o bo desenvolvemento das obras, de que esta nova rede de traída de auga en Sanguiñeda requerirá unha inversión de ó redor de 56.000 euros “cuio pago será asumido íntegramente por Augas de Galicia para que non revirta nas arcas mu-

nicipais”. A rexedora local anunciou tamén que “os traballos de sustitución da rede de abastecemento por unha nova tubería iniciaranse en poucos días e estarán rematados para cando conclúan as obras de humanización na zona, que calculamos finalizarán nun breve período de tempo”. As obras da estrada de Sanguiñeda consisten en traballos de asfaltado e humanización da mesma

que contan cun orzamento de máis de 700.000 euros. Trátase da última obra proxectada polo Plan Estatal para o municipio de Mos; “as demais, outras seis, foron xa acometidas gracias a que o equipo de goberno local as executou todas nun tempo récord; e tan só queda pendente esta que está a piques de rematar e que se iniciou o pasado mes de xullo”, asegurou Nidia Arévalo.


SETEMBRO DE 2009

PUBLICIDADE

9


10

SETEMBRO DE 2009

MOS

E

specialmente interesante é a labor de orientación laboral que se está a levar a cabo dende AEMOS o que posibilita a adecuada adaptación dos demandantes ao esixente mercado laboral

O Portal de Internet de AEMOS convértese nunha referencia na orientación e busca de emprego A asociación de empresarios conta cunha potente ferramenta a través da cal xestiona con fluidez e dinamismo as oportunidades e demandas do mercado laboral REDACCIÓN/ MOS

AAsociación de Empresarios de Mos, AEMOS, conta entre outras ferramentas para a xestión de emprego co portal de internet http://www.aemos.es. Trátase dun lugar de referencia onde os demandantes poden atopar un amplo abano de contidos orientados á información acerca das diferentes actividades postas en marcha por esta entidade, que van dende a información sobre as diferentes iniciativas formativas que buscan a complementación e o enriquecemento das capacidades dos aspirantes á inserción laboral pasando pola posta en coñecemento das actividades promovidas para o achegamento directo entre o mundo empresarial e o obreiro, mediante unha interrelación directa que se escenifica en charlas e xornadas informativas que teñen unha grande aceptación de asistencia. O sitio web da asociación está a ser masivamente visitado, pois chega a acumular ata 8.000 visitas mensuais con índices diarios que chegan a superar os 400 visitantes únicos. Nel conflúen demandantes que se caracterizan pola dispersidade xeográfica o que dota a esta ferramenta dun amplo radio de influencia, de xeito que, aínda que o 80% son usuarios residentes na comarca, tamén acuden internautas sinaladas en puntos como A Coruña, a nivel galego, ou Madrid, Barcelona, Valencia, a nivel estatal. A influencia a este nivel é promocionada pola asociación a través da inserción de ofertas nun programa matutino de TVE referente neste sector do emprego. A asociación está a aproveitar as enormes posibilidades que

ofrece a rede para dinamizar e axilizar o proceso de inserción laboral. Ademais de ser un punto de consulta e información para o aspirante á praza no mercado ocupacional tamén serve á propia entidade como ferramenta xestora que permite un control e administración eficaz e interactiva de cada un dos asociados. O portal de AEMOS conta cun interface de manexo interno a través de cal os orientadores laborais poden coñecer con absoluta inmediatez cal é a situación tanto de ofertas como de demandas, posibilitando así un contacto máis eficaz e adecuado entre empresas e desempregados. Os aspirantes a ocupar a praza laboral crean dentro do propio portal un rexistro individualizado no que establecen o seu currículum e características persoais que os definen ante as entidades ofertantes do posto. Estes currículos son proporciados a todas aquelas empresas que requiran a intermediación da asociación na procura de candidatos. Os usuarios demandantes son asesorados en todo momento po-

los xestores de AEMOS, que posibilitan a creación dun detallado currículum que describa adecuadamente as características de cada individuo e que faga facilmente comprensible e dixerible para as empresas a consulta dos perfís dos candidatos. Este portal posibilita a creación dunha comunidade virtual á que os demandantes poden adherirse voluntariamente e a través da que recibirán no seu buzón de correo electrónico información a cerca das actividades formativas ,así como dos actos organizados pola asociación e que poden resultarlle beneficiosos. Dende AEMOS analizan diariamente as listaxes tanto de empresas como de demandantes de emprego para detectar os casos onde o achegamento pode ser máis exitoso, chegando incluso á promoción directa dos aspirantes que conten cun alto índice de cualificación referido á actividade das empresas receptoras. Así dase o caso en que dende a asociación de empresarios póñense en contacto de xeito directo coas empresas para que teñan en consideración certos perfís de

cara a unha incorporación inmediata ou en futuros procesos de selección. Con esta iniciativa o demandante faise moito máis visible dentro do mercado e consegue un acceso máis doado ás empresas.

O

sitio web da asociación está a ser masivamente visitado, pois chega a acumular ata 8.000 visitas mensuais A asociación de empresarios conta cun sistema de xestión dedemandas que busca a implicación e seguimento por parte dos demandantes polo que estes deben actualizar cando menos unha vez ao mes o seu perfil dentro do portal co que se controla a vixencia das candidaturas, así como a fluidez de interacción entre ambas partes participantes do proceso selector. Especialmente interesante é a labor de orientación laboral que

se está a levar a cabo dende AEMOS, xa que , hai que ter en conta que o espectro de aspirantes ao posto laboral é moi amplo e dentro del dase unha casuística moi diversa. Así, como é lóxico, os demandantes que acuden dende un ámbito laboral máis alonxado das novas tecnoloxías precisan dun asesoramente moito máis exhaustivo para conseguir a axeitada descripción do seu perfil e a súa plasmación nun currículum que os defina ante o mundo empresarial. Dende a asociación de empresarios trátase de xeito individualizado e persoal cada un dos casos, desenvolvendo un traballo de concienciación e asesoramento dos aspirantes dende a experiencia e coñecemento de AEMOS do mundo empresarial e da evolución que este está a sufrir de xeito continuado. A eficacia neste proceso está potenciada pola cohesión coa que o equipo da asociación desenvolve a súa actividade. Á asociación acuden moitos demandantes encadrados dentro do sector produtivo, que está a ser un dos que máis sofren a actual recesión polo que inevitablemente son aconsellados cara a unha reorientación do seu perfil laboral direccionándoo cara a sectores máis receptivos no contexto actual como poden ser o terciario ou de servizos no que o número de empresas con vacantes é maior. AEMOS busca tamén unha interacción e colaboración con outras entidades orientadas á busca de emprego para crear deste xeito unha sinerxia conxunta que consiga unha maior eficacia na colocación laboral dos demandantes.


SETEMBRO DE 2009

MOS

11

Juan Alberto Costas, bombeiro, participante na Olimpiada de polícias e bombeiros de Vancouver

‘A preparación atlética require a dedicación de moitas horas para obter resultados’ O mosense Juan Alberto Costas ven de participar nas Olimpiadas de policías e bombeiros celebradas en Canadá, na cidade de Vancouver. Traballa no corpo de bombeiros de Vigo e dedica o tempo libre á súa outra paixón o atletismo para o cal se prepara concienzudamente. JR AMONC OUÑAGO/MOS

- Trátase da primeira edición das olimpiadas na que participas? - Non, anteriormente xa estiven en diversas edicións como a de Indianápolis, Barcelona, Quebec (Canadá), tamén en Australia. Participei nun campionato europeo de policías e bombeiros en Pontevedra e nun mundial só de bombeiros en Liverpool. -Cada canto se celebran este tipo de eventos? - O mundial de policías e bombeiros ten unha periodicidade de dous anos e o adicado unicamente a policías é bianual e o Europolyb, europeo de policías e bombeiros, igual. Intercalados durante as olimpiadas celébranse os mundiais, tanto na competición de policías e bombeiros como na de Europolyb. Existe un mundial só de policías e bombeiros e outro de policías, ademais da Europolyb que é o europeo de policías e bombeiros e ao ano seguinte celébrase o mundial de policías e bombeiros. Hai que matizar que non só participan policías e bombeiros senón tamén todos os corpos de seguridade do Estado como policías locais, estatais, gardas civís, portuarios, aduanas, penitenciarios, etc. - Nesta edición acadache un ouro e

catro pratas... En que modalidades? - O ouro en 4x400 relevos e unha prata en 3000 pista, en 800 metros, en 5000 metros e outra en 10 quilómetros na modalidade de cross. Tamén acadei un cuarto posto en 1500, no cross por equipos, na media maratón de 21 quilómetros, e outro na media maratón por equipos e un quinto en 400 m. Participei nunha gran variedade de probas, desde 400 m. ata a media maratón. Nestes campionatos tamén se compite en salto de lonxitude, remo, natación... e nun amplo abano de probas atléticas. - Como consegues compaxinar a túa vida como atleta e as obrigacións diarias? - Nós os bombeiros, dentro das obrigacións que temos que cumprir, dispoñemos dun tempo. Traballamos dous días completos, é dicir, 48 horas. Como compensación dispoñemos de cinco días libres nos que me podo dedicar aos adestramentos, ou ben pola mañán ou ben pola tarde. Así vou a preparme a Castrelos no circuíto de terra ou nas pistas de atletismo de Balaídos. Alí adestro velocidade e fondo, isto require moitas horas de preparación para obter resultados. Invisto toda a mañán ou toda a tarde durante as preparacións. - Tes algún adestrador persoal ou

adestras cun grupo? - Teño un compañeiro de traballo que coñece os métodos de preparación. El é o que me dirixe nos adestramentos e tamén aproveita para prepararse conmigo. -Que destacarías da experiencia de participar nas olimpiadas? -Destacaría a convivencia con uns e outros. Con xente de tódolos corpos de seguridade do Estado. Coa xente de outros países a relación non era tan fácilpero conseguimos convivir a través daqueles que tiñan máis coñecemento de idiomas, do inglés ou a linguaxe xestual e así superábanse os impedimentos. Fixemos bastantes amizades. - Canto tempo estivestes en Vancouver? - A competición durou 11 días. Estivemos 3 días en Toronto para adaptarnos ao

clima e ao cambio horario, xa que hai seis horas de diferencia. Visitamos a cidade e de aí fomos a Vancouver que son tres horas máis de viaxe. En total con España hai 9 horas de diferencia horaria. Entre unhas cousas e outras en total investimos 15 días. Chegamos a Vancouver pola mañá e á tarde xa foi a inauguración. -Deuvos tempo a facer algo de turismo? - Si, entre as competicións e despois dos adestramentos, nos tempos de descanso estivemos coñecendo os lugares. -Algo máis que che gustaría engadir... - Simplemente nestes momentos de crise facer un chamamento aos posibles patrocinadores para que nos boten unha man. Nós a cambio prometemos esforzo e dedicación.


12

SETEMBRO DE 2009

O PORRIÑO

O Porriño conta cunha nova Escola Infantil no centro urbano Emprázase na rúa Doantes de Sangue e foi inaugurada polo alcalde do Porriño, Raúl Francés, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato REDACCIÓN/O PORRIÑO

Hai unha semana inaugurouse a nova Escola Infantil Pública da rúa Doantes de Sangue. Grazas a posta en funcionamento desta nova escola infantil, duplicáronse as prazas, de 60 a 120, para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos no municipio. O alcalde do Porriño, Raúl Francés, amosou a súa satisfacción pola inauguración deste novo centro, e trasladou á Conselleira a necesidade de incrementar máis as prazas dispoñibles para estas idades no Porriño. “No Porriño temos censados a máis de 800 rapaces e rapazas de entre 0 e 4 anos. Somos un municipio en crecemento, e precisamos máis prazas dentro da rede pública gale-

ga de escolas infantís”, afirmou Raúl Francés. Nesta liña aberta de colaboración entre institucións, o Alcalde do Porriño sinalou que “Desde o Concello do Porriño reiteramos a nosa lealtade institucional coa Xunta de Galicia, e sempre estamos dispostos a colaborar entre administracións, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, para prestar mellores servizos públicos, e ampliar os mesmos ao maior número de cidadáns posíbeis”. Catro aulas A nova escola infantil da rúa Doantes de Sangue, foi un proxecto comprometido pola Xunta de Galicia, a través dun convenio para a súa constru-

O alcalde do Porriño, Raúl Francés, e a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, descubrindo a placa conmemorativa da inauguración.

ción asinado, no ano 2007, entre Concello do Porriño e a entonces Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Conta con 4 aulas para nenos e nenas, unha sala de usos múltiples, unha área administrativa, espazos auxiliares (cociña, almacén e aseos), e unha área exterior con zona de xogos. A superficie útil do centro é de 417 m2 . O proxecto de constru-

ción do centro contou cun orzamento de 480.586 €, dos cales a Xunta achegou o 80%, e o concello porriñés o restante 20%. Posteriormente á inauguración da escola de Doantes de Sangue, o Alcalde, a Conselleira, e o resto de autoridades, desprazáronse á escola infantil de Torneiros, centro que tamén forma parte da rede pública galega de escolas infantís. Alí, o

Xerente do Consorcio, anunciou que nos próximos días vanse levar a cabo as obras de tipo estrutural comprometidas pola Xunta de Galicia para a mellora e acondicionamento desta escola infantil, que afectan tanto ao tellado do centro, como ao chan e as cristaleiras, así como a outros elementos que non se axustan á normativa vixente.


Entrevistas a Raúl Francés, Marcos Rodríguez e Miriam Martínez O máis destacado do que queda do programa Sometimos a Tony Lomba & Elio dos Santos a un cuestionario de compatibilidade

Joaquín Diz “Cuquín”: “Os callos máis ricos eran os que preparaba a miña nai” A Revista Malladoura lanza un novo número á rúa O Arquivo da Imaxe organiza unha exposición con imaxes antigas de Carracido


SON AS 18:30 HORAS E NO PORRIÑO VAI UNHA AGRADABLE TEMPERATURA. AS RÚAS PEONÍS PERTO DA CASA DO CONCELLO ESTÁN ATEIGADAS DE VECIÑOS E VECIÑAS DE TODAS AS IDADES QUE PASEAN, FALAN, XOGAN, LEN...

DENTRO DO CONSISTORIO, NO

SEU DESPACHO, O ALCALDE TRABALLA NUNHA MESA ONDE VARIAS DUCIAS DE PAPEIS OFICIAIS AGARDAN PARA SER ASINADOS.

AÍNDA

QUE NO MUNICIPIO

XA SE RESPIRA A FESTA RAÚL FRANCÉS NON TEN APENAS OCOS LIBRES NA SÚA AXENDA. A ENTREVISTA É, POLO TANTO, COMA UN BREVE DESCANSO ANTES DE SEGUIR COAS SÚAS OBRIGAS NA ADMINISTRACIÓN LOCAL.

ANTÓN F. ESCUREDO

-NOTOUSE NAS RELACIÓNS DO CONCELLO COA XUNTA O CAMBIO DE GOBERNO? -De momento é moi pronto para afirmalo. O que sí hai é un cambio na estrutura e teño as miñas dúbidas de que sexa máis efectiva que o anterior. En definitiva son competencias que ten o presidente do goberno para facer a súa lexislatura. Haberá que darlle un tempo de confianza. No que é o trato non notei cambios. No que son as políticas evidentemente hai cambios que afectan directamente aos concellos pero non a este concello en concreto senón á política xeral. -QUE OBRAS DA XUNTA COMPROMETIDAS, E ALGUNHAS CON PROXECTOS APROBADOS, CORREN PERIGO DE NON SER EXECUTADAS? -Tivemos a sorte de que a Escola Infantil estaba xa practicamente rematada e se inaugurou hai uns días, polo que nos permitiu dobrar as prazas de educación infantil de 0 a 3 anos no concello. Temos un Centro de Día en Torneiros xa rematado e coa aprobación no DOG dos equipamentos polo que contamos que se abra a finais deste ano. Temos aínda a implantación do Centro de Saúde que xa anunciara o goberno anterior a través da Consellería de Sanidade. Falei coa delegada da Área Metropolitana e teño pedida unha entrevista coa conselleira actual para falar do tema. Entendo que é unha obra que non se vai frustrar, sobretodo porque é socialmente

moi necesaria, e non creo que se pare. O que está por ver é se se continúa nesta política de fornecer os equipamentos sociais, educativos e sanitarios ou se para ese ritmo. Para O Porriño o ritmo foi bastante aceptable ata agora. Ademais do Centro de Día e a segunda escola infantil conseguiuse que a Xunta asumira o Centro de Alzheimer. Agardo, e así llo dicía á conselleira de Traballo o outro día, que a colaboración XuntaConcello siga sendo floreciente. -PARECE COMO SE A DEPUTACIÓN SUBSTITUÍRA Á XUNTA NA INVERSIÓN NOS CONCELLOS. QUE PAPEL XOGAN OS CONCELLOS NESTAS INVERSIÓNS? -Digamos que hai un Plan de Saneamento Público con luz e taquígrafos. Con criterios de adxudicación obxectivos no que O Porriño recibe 1.300.000 euros. Este Plan permitirá facer unha serie de obras e mellorar unha serie de servizos que son necesarios. Hai que ter en conta que son plans que concentran catro anos de investimento e xa existían. Creo que co Porriño a Deputación ten unha débeda histórica dende que o BNG está na alcaldía. Sendo un dos concellos, en proporción, que máis contribúe ás arcas provinciais e da Deputación é un dos que menos recibe. Como lle dixen ao seu presidente creo que O Porriño está castigado pola Deputación. Espero que este castigo non continúe sobretodo nun momento en que os concellos vamos a necesitar das deputacións. Reivindico o papel do Porriño dentro da provin-

cia e reivindico que as obras que se fagan aquí sexan acordes con ese papel. -NOS TEMPOS QUE CORREN COMO ESTÁ A AFECTAR O PARO NO MUNICIPIO? -Dun xeito moi forte. A nosa condición de concello industrial fai tamén que a crise de emprego sexa máis grande. Neste momento hai unha situación moi complicada. Moitas familias están en situación dramática e o concello non pode estar alleo. Desde que chegamos a política de emprego foi importante. Creamos un departamento de emprego que foi traballando cun ritmo moi bó. Tíñamos un perfil de paro en que dúas de cada tres eran mulleres, sobretodo de certa idade, conseguindo insercións. Agora mudou e empeza a aparecer perda de emprego no sector que antes recibía insercións: a pedra, o automóbil,... Traballamos coa Xunta para seguir coas políticas de inserción e formación para conseguir que os parados e paradas actualicen o seu perfil ás novas demandas. A nós colleunos cunha estrutura montada e tendo os deberes feitos permítenos dar unha resposta na medida das nosas posibilidades. -CON QUE ESPÍRITU SE ESTAN EMPREGANDO OS CARTOS DO PLAN E? -Continuar a mellora e humanización do centro histórico coa prolongación ata o Xogo da Ola, unha obra que coido que está tendo moi boa aceptación entre os veciños. Mellorar e crear as redes de saneamento e de viais nas parroquias e tamén no centro urba-

no. Facer unha actuación en Torneiros na fase máis antiga do polígono residencial que era a que presentaba máis carencias. Despois fixemos unhas actuacións en parques infantís nas zonas rurais e urbanas. Basicamente continuar a política de facer o que O Porriño necesitaba: cobrir as súas redes básicas, como é o tema do saneamento. Dos 45 quilómetros que hai de rede fóra do centro urbano nós puxemos 37 quilómetros en seis anos. Apostamos por unha vila sen barreiras arquitectónicas, con posibilidades para o paseo, a convivencia, nesa liña estamos traballando. -PENSA QUE A OPOSICIÓN ESTÁ REALIZANDO A SÚA FUNCIÓN NO PORRIÑO? -Realiza a función que eles cren que deben realizar. Non serei eu quen lle poña os deberes á opisición. Son xente capacitada e preparada como para desempeñar o seu papel. -ESTÁN DE ACTUALIDADE AS MOCIÓNS DE CENSURA. E NO PORRIÑO? -É o eterno culebrón. A min e ao noso goberno a moción de censura é un tema que non nos preocupa. Se estiveramos preocupados non fariamos o que fixemos nestes seis anos porque desde o primeiro momento había ese rumor. Con esa espada de Damocles enriba peonalizamos o centro, fixemos obras de saneamento, conseguimos duplicar as prazas de educación infantil, o Centro de Día,... Hai que traballar máis ou menos co horizonte a medio prazo ese nalgún momento se produce a

moción de censura, quen a presente terá que explicar porque e que alternativa ten mellor. O que agardamos é que non sexa unha moción de censura imposta por xente de fóra como algunhas que vemos estes días. -TAMÉN ESTÁN DE ACTUALIDADE AS CONSULTAS AOS CIDADÁNS. TEMOS O CASO DE ARENYS DE MUNT. ESTÁ A FAVOR DE QUE O POBO OPINE? -As fórmulas de consulta son moi variadas. Aquí no concello diariamente se reciben ducias de persoas nas distintas áreas. Antes había unha cola inmensa esperando ser recibidos polo alcalde, era o único que tomaba decisións, agora hai un trato rápido e eficaz. Despois coas asociacións veciñais mantemos relacións fluídas. Hai actuacións que se están facendo nelas tentando reforzar a súa función. Por exemplo nos programas de cultura nas parroquias. Outras cuestións como consultas con urnas... de momento non temos pensado facer ningunha. -PRESENTARASE Á REELECCIÓN NAS VINDEIRAS ELECCIÓNS? -Aínda é moi cedo para decidilo. O que é certo é que hai un compoñente persoal nos gobernos e hai un compoñente persoal no equipo de goberno. Pero por riba das persoas están as liñas de traballo. Creo que o importante é que no Porriño a xente descubriu ao BNG na política local. Cando chegue o momento de elixir os candidatos e candidatas farase de xeito asambleario.


Venres 25

18:30 h - 20:30 h

concerto

concerto

Dagad2puntas Nadadora 23 h Praza Arquitecto Antonio Palacios Cultura Vai Verán. Xunta de Galicia Colabora Concello do Porriño Se chove, no Pavillón Municipal

Sábado 26 xigantes e cabezudos charanga "Vaite xa"

Banda Marcial de Gueifáes- Maia 19:30 h Círculo Recreativo Cultural

orquestras 22:30 h Praza Central "Orquestra Lamas" Praza Arquitecto Antonio Palacios "Orquestra Anduriña"

Luns 28 pasarrúas

animación de rúa

Banda de Música Municipal do Porriño 11 h

pregón Equipo de Balonmán Xuvenil Feminino do Porriño (Subcampeón Estatal Tempada 2008-2009) 21 h

concerto Agrupación Municipal de Vincios 22 h - 24 h Parque do Cristo

polbo, pan e vino 13h Parque do Cristo

concerto Banda de Música Municipal do Porriño 13h Parque do Cristo

animación de rúa III Festival Multicultural Javi Javichi, "Veló como el Rayo" Roi O Cagabolas Charanga Mekanika 18:30 h - 20:30 h

pasarrúas "Troula Lume" 23 h

Festicultores Troupe 01 h - 02:30 h Fronte a lgrexa Santa Mª do Porriño

Domingo 27 concerto Banda Marcial de Gueifáes- Maia 13 h Parque do Cristo

animación de rúa III Festival Multicultural Statikman, "Estatua de Ficción" Trópico de Grelos, "Zumbón" Aperta Percusión Enano Free Artist, "Red Chocolate"

01 h Praza San Sebastián

concerto

Domingo 4

Grupo América GruPo Alcotán 22 h Rúa Doantes de Sangue (Exterior Pavillón)

festa dos callos 12h Pregón Cuquín Asociación Cultural 0s Zoqueiros Praza San Sebastián

animación de rúa

animación de rúa III Festival Multicultural Viravolta, "Titiriteiros" Teatro Babaluva, "Maquillaxes Divertidas" Cé Orquestra Pantasma Nono Produccións Charanga Anchoa 18:30 h - 20:30 h

concerto

III Festival Multicultural Capitán Maravilla, "Super Hero Macho Man" Andy Snatch, "lmbalance" Zancalino, "Perigo: Zuco, Zaca, Zico. Buscando a Mamá!" Shampoo e Leandro Bassi Charanga Anchoa 18:30 h - 20:30 h

orquestras

Banda Artística de Merza 22h-24h Parque do Cristo

21 h Praza Central "Orquestra Super Combo" Praza Arquitecto Antonio Palacios "Grupo Atalaya"

orquestras 22 h Praza Central "Orquestra Aché" Praza Arquitecto Antonio Palacios "Orquestra Hiroshima"

concerto Banda de Música Municipal de Agolada 22 h - 24 h Parque do Cristo

Degustación de callos

DEPORTE

orquestras 22:30 h Praza Central "Orquestra Suavecito" Praza Arquitecto Antonio Palacios "Grupo Naranja”

Festicultores Troupe

Sábado 3

12 h

III Festival Multicultural Policías Tolos Enano Free Artist, "Walking Act Cupido" Fantoches Baj, "Velocíclopes" Stati kman, "Estatua en Levitación" Enano Freee Artist, "Red Chocolate" Charanga Vaite Xa 18 h -20:30 h

Obra: "Mac ... Yes, We Can" 20:30 h Círculo Recreativo Cultural Patrocina Concello do Porriño

Sábado 26 setembro orquestras 21 :30 h Praza Central "Tango" 22h-24h Praza Arquitecto Antonio Palacios "Orquestra Atlanta"

concerto Banda de Música Cultural de Arcade 22h-24h Parque do Cristo

fogos de artificio 24 h Ponte do Valo

OUTUBRO Venres 2 teatro Teatro Cía. Teatro Xerpo

ciclismo XLll aniversario Club Ciclista Spol: trofeo Deputación 16h Velódromo Municipal

baloncesto 1ª Semifinal "Copa de Galicia 2009” Presentación oficial do equipo Obradoiro de Santiago como membro da liga A.C.B. 18:30 h Pavillón Municipal

baloncesto Semifinal "Copa de Galicia 2009" 21 :00 h Pavillón Municipal

Domingo 27 setembro

20:30 h Pavillón Municipal

Luns 28 setembro fútbol trofeo J.J. Gradín Porriño Industrial - Celta de Vigo 19h Lourambal

Sábado 3 outubro billarda II torneo de pincha "Festas do Cristo" (Puntuábel para a Liga Nacional de Billarda, L.N.B.) 16h Monte da Risca

Domingo 4 outubro

baloncesto

festa da bicicleta: marcha ciclista popular

Final Copa de Galicia 2009

10:30 h caída do centro urbano


MIRIAM MARTÍNEZ É A CONCEMOCIDADE E MEDIO AMBIENTE DO CONCELLO DO PORRIÑO. MARCOS RODRÍGUEZ É O DE FESTEXOS E DEPORTES. NELES RECAEU A MEIRANDE PARTE DA RESPONSABILILLEIRA DE

DADE DE ELABORAR O PROGRAMA DESTAS

FESTAS. A

CITA CON ELES

NESTE ESPECIAL ERA OBRIGADA. VEXAMOS...

D.G./O PORRIÑO

-A PRIMEIRA PREGUNTA É CÁSEQUE OBRI GADA . C OMO SE LEVA O DE ORGANIZAR UNHAS FESTAS EN TEMPOS DE CRISE ? -Organizar unhas festas en tempos de crise faise difícil, xa que require un esforzo de imaxinación e traballo. Nós preferimos non centrar todo nunha soa actuación ou nuns días de festa, e programar actividades de tipo festivo e cultural durante todo un mes, nas que a rúa e a veciñanza sexan as principais protagonistas. -C OMO DEFINIRÍA A PROGRAMACIÓN DESTE ANO ? -Este ano presentamos unha programación descentralizada, con actividades en diversos puntos do municipio, e pensadas para todos os gustos e idades. Temos música de todo tipo (folque, rock, hip-hop, jazz, orquestras e bandas de música...), teatro e animación de rúa, actividades medioambientais, deportes, gastronomía, etc. Unha programación de festas moi completa.

-A XUSTARSE A TODOS

OS PÚBLICOS E IDA -

DES TEN QUE SER COMPLICADO DABONDO ...

D.G./O PORRIÑO

DADES DA PROGRAMACIÓN LLE RECOMENDARÍA

-EN QUE SE DIFERENCIA ESTE PROGRAMA DO DOUTROS ANOS? -O programa vai na liña doutros anos, mais ampliando actividades culturais e diversidade de música en directo. Un programa completo e diverso, para todos os públicos e idades. Desde hai dous anos, potenciamos tamén as actividades medioambientais dentro do programas das festas. -NA PROGRAMACIÓN DESTE ANO XOGAN UN

O P ORRI -

PAPEL IMPORTANTE AS ACTIVIDADES RELACIONADAS

-As Festas do Cristo son as festas patronais do Porriño, e nelas teñen que reflexarse o conxunto dos veciños e veciñas do municipio. Esta é a intención do Concello, que as nosas festas sexan patrimonio de todos e todas, do conxunto dunha sociedade cada vez máis diversa e plural. -S EI QUE É DIFÍCIL PERO QUE TRES ACTIVI AOS VISITANTES QUE SE ACHEGAN A ÑO ESTES DÍAS ?

CO MEDIOAMBIENTE...

-Recomendaría o conxunto de actividades da nosa programación, mais tendo que escoller inclínome polo día do pregón, que este ano recae no equipo feminino xuvenil do Balonmán Porriño, a quen queremos homenaxear polo seu meritorio subcampionato estatal; polo concerto de Milladoiro, un dos máis importantes grupos musicais da historia do noso país; e pola Festa dos Callos, que pon fin a un mes ateigado de actividades.

-O ano pasado xa programamos actividades de tipo medioambiental cunha alta participación da veciñanza. Este ano, quixemos ampliar estas actividades centradas na defensa do medio, e reagrupalas baixo o nome de Momentos Verdes, un conxunto de actividades nas que incluimos sendeirismo, obradoiros de elaboración de perfumes ou xabóns a partir de produtos naturais, un obradoiro de consumo responsábel, ou un xogo infantil, O Trotaaugas viaxa cara as Gánda-

ras de Budiño, no que as nenas e nenos coñeceron máis sobre a figura do sapoconcho, a tartaruga de auga doce que habita nas Gándaras de Budiño. -QUE HAI DE CERTO NESE TÓPICO QUE DI QUE A MOCIDADE NON PARTICIPA DAS FESTAS? -Os tópicos simplifican a realidade. A participación da xente nova percébese sobre todo nos concertos, que este ano son de diferentes estilos. Tamén se organizan outras actividades específicas para un público máis xuvenil en horario de tarde; así temos obradoiros de risoterapia e expresión corporal. -PARA CANDO UN FESTIVAL DE MÚSICA NO PORRIÑO AO NIVEL DOS MOITOS QUE SE CELEBRAN NOUTROS MUNICIPIOS DO PAÍS?

-Faise necesario unha asociación que traballe co Concello e se poña á fronte da organización dun festival de música. A idea existe desde hai anos pero falla no Porriño o movemento asociativo que estea detrás da organización, demandando ao Concello a colaboración e apoio, e poñendo as gañas e o esforzo que require un festival de música.


Unhas pregoeiras de campionato... R EDACCIÓN /O PORRIÑO

O equipo Xuvenil Feminino do Balonmán Porriño serán as pregoeiras das Festas do Cristo 2009. Merecer meréceno e moito. Foi un ano de esforzo e duro traballo para conseguir, non só un dos logros máis importantes do balonmán porriñés, senón tamén un dos fitos máis resaltables da historia do deporte no municipio: Subcampionas de España, poucos e poucas o poden dicir. Subirán ao balcón do Concello para inaugurara oficialmente as Festas do Cristo 2009, unha honra da que poucos porriñeses e porriñesas poden presumir. Rematarán o pregón cantando como cando obteñen unha vitória?.


Tony Lomba & Elio dos Santos / Por Diego Giráldez e Manrique Fdez. / Fotos: Keka Suárez Que os concertos de Tony Lomba e Elio dos Santos son únicos e exclusivos xa non é ningunha novidade. Sobre todo para os que se

-VIGO OU BEVERLY HILLS. -Artisticamente Beverly Hills. Como ciudadano humilde Vicus. -SI OU NON. -Non no altar e si á parella de feito artística. -UNHA CANCIÓN DO VOSO REPERTORIO. -Today is a special day. -SEXO CON AMOR? -Iso agota. -A TÚA DROGA É... -A pre-elaboración mental dun concerto. -EL QUIJOTE OU SUPERMÁN. -O cuelgue do Quijote cos poderes de Supermán. -ENTRARÍAS EN GRAN HERMANO? -Teño moitos defectos como para velos nun suicidio catódico. -GALICIA BILINGÜE OU GALICIA BÍFIDA. -Esperanto forever. Non fagamos corrillos. -DIRECTO OU ESTUDIO. -No estudio podes facer trampa e mola arranxar as equivocacións pero no directo a paixón é desbordante. -SWING OU TRASH-METAL. -Swing na swimming-pool. -LUNS OU DOMINGO. -A lotería primitiva poder caer calquera día. O problema está no que fixeches o día anterior. -PAPÁ OU MAMÁ. -Mamá, pero pola italianización do seu carácter e ser fillo de seis irmáns. De tódolos xeitos, cada un ten o seu trono emocional no meu curruncho afectivo. -XELO OU COPA FRÍA -E o whisky??? -PROSA OU POESÍA -Improvisación en prato frío. -BRANCO OU NEGRO . -Aínda así sigo sendo daltónico (quen cho dixo?) e paréceme unha pregunta cabrona. Voume arriscar...Jackson Five.

aventuraron a comprobalo por si mesmos, por exemplo, o pasado día 18 dentro da programación das Festas. Pero quen son estes

dous? Cal é o seu grao de compatibilidade? Estivemos con eles e fixémoslles o mesmo cuestionario para averigualo. Aquí queda.

-VIGO OU BEVERLY HILLS. -Vigo... -SI OU NON. -Si -UNHA CANCIÓN DO VOSO REPERTORIO. -”Hoy es un día especial” -SEXO CON AMOR? -Sexo con sexo -A TÚA DROGA É... -A música. -EL QUIJOTE OU SUPERMÁN. -Quijote...son fan -ENTRARÍAS EN GRAN HERMANO?. -Non, gústame ler o periódico tódolos días. -GALICIA BILINGÜE OU GALICIA BÍFIDA. -GB é una asociacion anticultural de xente acomplexada.Danme moita vergoña. -DIRECTO OU ESTUDIO. -Son dúas caras da moeda ...encántanme as dúas. -SWING OU TRASH-METAL. -Ningún dos dous. -LUNS OU DOMINGO. -Luns -PAPÁ OU MAMÁ. -Mamá. Papá xa son eu. -XELO OU COPA FRÍA -Xelo. -PROSA OU POESÍA -Todo é poesía. -BRANCO OU NEGRO . -Branco.

Tony Lomba

Vs.

Elio dos Santos

x escoitar...

Xoves 24 Praza do Concello Ás 23:00h.

Baldosa Amarilla Niño y Pistola

Venres 25 Praza do Concello Ás 23:00h.

Dagade2puntas Nadadora


As antigas orquestras do Porriño no novo número da revista Malladoura A publicación, que está a piques de cumprir 10 anos de vida, contén tamén neste número un artigo sobre o poeta e escritor porriñés emigrado á Arxentina Manuel Otero Saavedra, entre outros temas REDACCIÓN/O PORRIÑO

Como vén sendo habitual coa chegada das Festas do Cristo, un novo número da revista de historia do Porriño, Malladoura, está na rúa. A publicación, editada polo Seminario de Estudos Porriñes “Alfredo Bautista Alconero”, chega aos quioscos cun aire renovado e pensando no 2010, ano no que cumprirá 10 anos de vida e celebrará o aniversario cun número especial e varios actos. O novo número Neste novo número de Malladoura, o 15 (16 co número 0) , mestúranse sinaturas novas coas que xa veñen colaborando habitual-

mente. O investigador Xosé Ramón Paz Antón volve colaborar na revista asinando a reportaxe central na que nos fala das antigas orquestras de baile do municipio. O redactor de Malladoura e membro do Seminario de Estudos, Iván Vaqueiro, asina unha repotaxe sobre o poeta e escritor porriñés emigrado á Arxentina, Manuel Otero Saavedra. O historiador da Arte David Pérez Rego “Cato”, tamén colaborador habitual, escribe sobrea igrexa parroquial de Santa Eulalia de Atios, un dos edificios relixiosos máis antigos dos que se poden atopar no municipio. É interesante tamén o traballo

do profesor da Universidade de Vigo Francisco Javier Pérez Rodríguez no que retrata O Porriño nunha das épocas menos estudadas da historia local, a Idade Media. O historiador e director da publicación, Diego Giráldez, rescata dos xornais dos anos 20 anuncios dos negocios porriñeses da época e achéganos desta maneira a actividade comercial do Porriño de principios do século XX. O número 15 complétao un artigo asinado por Roberto Fernández Díaz sobre O libro de constitucións da “Confraría do Santísimo Sacramento da vila do Porriño” do século XVII, gardado no Arquivo Municipal de Tui.

Portada do novo número de Malladoura.

O Arquivo da Imaxe organiza unha exposición con imaxes antigas de Carracido REDACCIÓN/O PORRIÑO

“Carracido en fotos” xurde tras a recollida de fotografías levada a cabo no barrio porriñés durante os meses de abril e maio polo Arquivo Municipal da Imaxe do Concello do Porriño xunto coa Asociación Veciñal e Cultural “As Mimosas” de Carracido. Na recollida participaron máis de 20 familias que achegaron un total de 264 imaxes, algo que

a organización considera un éxito tendo en conta que se trata dun pequeno barrio do municipio. Esta recollida ven a continuar o programa de recuperación de patrimonio fotográfico levado a cabo polo Arquivo da Imaxe nas oito parroquias do municipio. Na exposición poderase ver unha escolma de 128 imaxes entre as que destacan temas como o retrato, a emigración,

a agricultura, as festas, os deportes, etc. A mostra poderase visitar os venres e sábados de 18:00 a 20:00 horas, no Local Veciñal de Carracido, até o vindeiro 15 de outubro. Para visitar a exposición noutro horario é necesario poñerse en contacto coa Asociación Veciñal e Cultural “As Mimosas” de Carracido, no teléfono 649 441 486.


JOAQUÍN DIZ “CUQUÍN”, PREGOEIRO DA FESTA DOS CALLOS´09

“Os callos máis ricos eran os que preparaba a miña nai” DIEGO GIRÁLDEZ

-PREGÓN

DAS

FESTAS

DO

CRISTO,

PREGÓN DO ENTROIDO PORRIÑÉS E PREGÓN DA FESTA DOS CALLOS... QUE SE SINTE AO CONSEGUIR UN TRIPLETE?

-Unha realización total como porriñés. Unha marabillosa satisfación persoal. Unha ledicia infinita, mesturada cun sincero agradecemento aos que confiaron en min e me encomendaron esa tarefa que, a dicir verdade, fago con moito gusto. -ERES DOS QUE SE POÑEN Á COLA PARA COMER OS CALLOS OU DOS QUE LEVAN A OLA PARA COMER NA CASA?

-Eu póñome na cola tanto no Porriño como en Salceda. Pásoo moi ben. Na espera teño tempo para falar coa xente, preguntarlle de donde son e ata se pode chegar a facer amigos... Logo buscas sitio para comelos, vas sorteando obstáculos e persoas tratando de non verter os callos ou a taza de viño; atopas un sitio, gozas do sabor dese manxar tan exquisito e compartes mesa con xente que non coñeces pero que sempre, cunha cara de total satisfacción, te dedican un sorriso e che chiscan un ollo coma se fósedes amigos de toda a vida. -QUE MOMENTO DA TÚA VIDA RELACIONAS COS CALLOS? -A miña nenez, cando eu tiña

P

or culpa dos callos, tanto eu como meu irmán Xorxiño non podíamos ir xogar os partidos de fútbol que organizabamos no paseo do Cristo uns dez anos. Por culpa dos callos, tanto eu como meu irmán Xorxiño non podíamos ir xogar os partidos de fútbol que organizabamos no paseo do Cristo, ás veces coa pelota de trapo feita coa media da nosa nai. Pero o motivo non o podo contar, pois forma parte do pregón. Tamén relaciono os callos con algo que aconteceu na tercera edición desta festa, cando se celebraba no Cristo, e ó que non se lle deu publicidade, debido a que tanto as Autoridades Civís, como Eclesiásticas e Militares fixeron un pacto de silenzo. Pouca xente coñece o que pasou no que se denominóu como “O milagre que non foi”. Pero eu, pese a quen pese, vou contalo tamén no pregón. -EN QUE LUGAR DA VILA SE PODÍAN SABOREAR OS CALLOS MÁIS RICOS?

-Sonará a tópico, pero os callos máis ricos eran os que preparaba a miña nai, con aquela salsiña na que mollabamos una codia de pan ata quitarlle brillo aos pratos. Xa nin facía falta lavalos, a miña nai colocábanos directamente no alzadeiro. Teño dous sabores na miña mente e no meu padal que nunca esquecerei: as chulas borrachas da miña avoa Jesusa e os callos de miña nai Sara. Non obstante, estes días pedín opinións a varias persoas do Porriño sobre onde se preparaban mellor os callos, e cada unha daba unha resposta diferente: na de Marcelino, na de Eulogio, no Vidiña, no Católico, no Saavedra e na de Cachamuíñas, que tiñan fama de ser os máis picantes, pero como dicía a señora Remedios: “Así tiran máis polo viño”. E, como non, os do Celtiña.


SETEMBRO DE 2009

PUBLIRREPORTAXE

Renace a mítica tasca do Porriño

A festa comeza no Salgueira S

e buscabas un local con carisma, alegre, enrollado, económico, en definitiva o teu punto de encontro para co mezar, ou rematar, as túas saídas polo Porriño aqui o tes: o renovado Café-Bar Salgueira (Rúa Fernández Areal, 56, a carón do Cristo dos Cachos). A nova xerencia do local (atendido por Noelia, Óscar, Silvia e Jesu) ten moi claro desde que abriu en xullo que a diversión ten que ser importante nesta nova etapa. Por iso organizan concertos dos estilos máis variados (hip hop, rock, etc), teatro, monólogos e calquera outro evento que lles propoñan. O escenario colocado para a ocasión é testimuña de que por aqui pasaron xa moitos músicos e artistas. A partir de outubro tamén haberá Jam Sessions nas que ti tamén podes participar.

Diego decorando a terraza cun novo graffiti.

21

O

local conta cunha capacidade que supera as 250 persoas.

TRES ESPAZOS O Salgueira dispón de tres espazos ben amplos nos que sempre terás o teu sitio xa que a súa capacidade supera as 250 persoas. Se o protagonista do primeiro salón é o futbolín (organizan campionatos e encontros) no segundo teñen unha pantalla xigante na que proxectan videos musicais pero que tamén servirá para seguir en directo competicións deportivas (fútbol, motociclismo, basket) ou visionar peliculas e documentais que os propios clientes traigan. O terceiro espazo é a terraza. Con capacidade para máis de 150 persoas no verán serviu para aproveitar o bo tempo e tomar unha copa coas estrelas como teito. Agora no outono seguirá funcionando xa que contará cunha coberta especial. Está decorada con graffitis dos mellores artistas da zona que periodicamente mudarán en directo.

O Salgueira abre ao público todos os días de 18 a 1 horas (fines de semana ata as 3:30 h.)

COPAS E MÚSICA Se che gusta a música o Salgueira é o teu local. Mentras tomas unha cervexa ou unha copa poderás escoitar a mellor música alternativa (ambient, hip hop, electrónica, rock, punk, etc) que mesmo ti podes traer. Nesta nova etapa a bebida é a protagonista. Cubalitros variados, cervexas, calimochos, refrescos e os máis orixinais combinados e chupitos. Para acompañar conta sempre cun pincho pero se queres máis tamén podes pedir pizza. Tamén hai cafés, infusións e para acompañar tartas. No Salgueira poderás xogar “ao duro” ou “ao toro” ou ben escoller de entre unha grande variedade de xogos de mesa (parchís, cartas, damas, xadrez, etc). Ademais o local dispón de prensa, revistas e algún que outro libro. Para os que non queiran deixar ordenador na casa tamén hai wifi. Non deixes de aportar ideas, seguro que serán ben recibidas. E a divertirse.


22

SETEMBRO DE 2009

O PORRIÑO

breves Os socialistas pedirán explicacións polo peche da Escola Infantil de Chenlo Os concelleiros do grupo municipal socialista anunciaron a inmediata solicitude dun Pleno Extraordinario urxente, xunto co grupo de Independentes do Porriño, para tratar a decisión da Xunta de pechar o Centro de Educación Infantil de Chenlo, algo que os socialistas non comparten por contribuir á merma de cercanía e calidade educativa porriñesa. Os socialistas argumentan que os veciños de Chenlo perden un servicio educativo e os nenos e nenas de Chenlo, perden a posibilidade de comezar a súa socialización cerca do seu médio vital.

Aberta a matrícula da Escola Municipal de Baile do Porriño O Concello de Porriño informa, que até o vindeiro 30 de setembro de 2009 permanece aberto o prazo de matrícula para o curso 2009-2010 na Escola Municipal de Baile. O horario para inscribirse é de luns a venres desde as 9:00 até as 21:00 horas, nas dependencias do Centro Cultural Municipal. Existen prazas limitadas, dándose prioridade ao alunado empadroado no Concello do Porriño. Para máis información, chamar ao teléfono 986 337 624.

Aparece un cruceiro no barrio de San Sebastián Logo de proceder ao derrubamento dun inmoble na praza do barrio de San Sebastían, apareceu, no momento da escavación a base e parte do fuste dun antigo cruceiro. Hai moitos anos que os maiores do barrio lembraban que debaixo desa casa había unha cruz de pedra e que ningún dos negocios que alí abriron foron frutíferos por mor de botala abaixo. Na vila do Porriño tan só se poden contemplar en pé dous cruceiros: o dos Cachos e o emprazado no Parque do Cristo. O recentemente aparecido, o de San Sebastián, pasa xa formar parte do escaso patrimonio etnográfico que queda en pé no centro urbano porriñés.

O Delegado do Goberno visitou as obras do PLan E no Porriño REDACCIÓN/O PORRIÑO

O delegado do Goberno,Antón Louro, acompañado polo subdelegado, o alcalde de O Porriño, Raúl Francés, e o voceiro socialista local, Iván Vaqueiro, comprobaron o resultado dos investimentos realizados co Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL) neste municipio. Así, visitaron a obras de humanización de rúa Manuel Rodríguez, que supuxeron un investimento superior aos 600.000 euros. O delegado do Goberno destacou que os proxectos aprobados polo Goberno para o Concello de O Porriño permitiron crear 156 empregos, un 62% máis do previsto inicialmente (98). O Ministerio de Política Territorial aprobou 11 proxectos presentados por este concello de Pon-

O

delegado do Goberno destacou que os proxectos aprobados polo Goberno para o Concello de O Porriño permitiron crear 156 empregos, un 62% máis do previsto inicialmente tevedra, cun investimento de 2.963.668 euros. Ata o día de hoxe, o Ministerio transferiu a O Porriño 1.958.613 euros, correspondentes ao 70% de 10 proxectos, que xa foron iniciados. O 30% restante abóase unha vez finalicen as actuacións.

Antón Louro durante a súa visita a O Porriño.

Manuel Carrera satisfeito cos resultados do Plan de Acción Comunitaria en Atios REDACCIÓN/O PORRIÑO

Manuel Carrera, presidente do Partido Popular de O Porriño, ven de visitar nestes días a obra xa rematada na igrexa e no cemiterio de Atios. Trátase da colocación dun balaústre de pedra que comunica ambas partes, que ven a substituír ao antigo de ferro,

xunto con outro novo situado na subida ao Calvario, por onde transcorren as procesións, co fin de dar máis seguridade nunha zona cun pequeno barranco. O Partido Popular de O Porriño foi o mediador nesta subvención do Plan de Acción Comunitaria (PAC) 2008 da Deputación

de Pontevedra. “Os veciños amósanse moi receptivos coa obra, foi a propia Asociación de veciños quen a demandou e dende o PP estamos convencidos de que se trata dunha boa inversión de cara á parroquia de Atios”, explica Carrera. Agora o grupo popular comprometeuse, como sem-

pre o fai con todos os porriñeses, a rematar o proxecto colocando un balaústre de iguais característica diante da propia igrexa, para o cal tamén mediará coa Deputación ou con calquera outro organismos co fin de conseguir unha axuda económica que permita levar a cabo a obra.

a imaxe Ducias de nenos participaron ao longo do verán nun concurso de debuxo organizado nos supermercados Aquié, nunha iniciativa nova nos centros comerciais galegos que permitía aos menores entreterse debuxando mentres os seus acompañantes facían a compra. O veredicto final concedeu o primeiro premio a Elisa Osorio Navas; o segundo a Sabea Rodríguez Pazo; e o terceiro a Magali Fernández, quen recolleron os seus premios, consistentes en agasallos e material didáctico. O xurado estivo formado polo alcalde do Porriño, Raúl Francés; o redactor e responsable da edición dixital de A PENEIRA, José Ramón Couñago e José Manuel Sobrino, director do Centro Infantil e Primaria Antonio Palacios”.


SETEMBRO DE 2009

O PORRIÑO

23

Xosé Ramón Paz Antón, autor do libro “Bandas, músicos e orquestras do Porriño”

“En apenas seis anos publicáronse máis libros sobre O Porriño que en toda a súa historia” Un tempo despois de ter na rúa o seu primeiro libro, “O Porriño. 1936”, Xosé Ramón Paz Antón lanza á rúa o seu segundo traballo de investigación histórica: “Bandas, músicos e orquestras do Porriño” (Edicións A Nosa Terra). Mantivemos con el unha conversa na que, ademais do seu traballo, analiza a sensibilidade que, dende hai un tempo para aquí, existe no Porriño pola recuperación da nosa memoria colectiva.

DIEGO GIRÁLDEZ

-Logo de ter na rúa “O Porriño. 1936” publicas este traballo de temática completamente diferente. Cal foi o primeiro que se che pasou pola cabeza? -Esta investigación sobre as bandas foi a primeira que abordei. Consultei bastante prensa da época e fun anotando datos non exclusivamente musicais que serviron para outros traballos. Deixei durante un tempo esta historia musical para estudiar o tema da represión franquista no Porriño que, efectivamente, saíu publicada primeiro. -Salvo en algúns artigos contados e breves referencias en libros, este tema nunca foi tocado en profundidade no Porriño. Ademais da documentación hemerográfica, que papel xogou no proceso de investigación a tradición oral? -O tema das bandas de música está moi pouco tratado na musicoloxía galega e creo que esta investigación é unha das primeiras que

“A

miña intención é seguir profundizando en temas, tanto na música como na historia contemporánea, pero non sei como nin cando se materializará esta intención”.

explora en profundidade esta actividade nun territorio concreto. Por tanto, non só no Porriño senón en todo o país, hai moi pouco material publicado sobre este eido. Respecto á historia oral é algo que de momento non teño practicado nin neste libro nin no anterior, o cal non quere dicir que non existan neles algúns testemuños recollidos doutras publicacións ou arquivos. A oralidade é moi importante e nalgúns casos a única ferramenta para

descubrir determinados feitos pero de momento teño de abondo con coñecer documentación escrita que se atopa en arquivos, hemeroteca e outras fontes. -Nunha historia musical galega que papel ocuparían as bandas e orquestras porriñesas? Tiveron trascendencia na súa época? -Non existe unha historia musical galega das bandas e as orquestras polo que resulta difícil facer valoracións e comparacións que se poderán tirar cando exista un número de traballos sectoriais que poidan debuxar unha panorámica do tema. Sen embargo, no Porriño, unha actividade tan prolongada e constante dende alomenos 1876, con varias etapas nas que coexisten dúas e ata tres bandas, indican que a súa proxección foi moi importante. Creo que a nivel provincial eran agrupacións moi destacadas e probablemente tamén a nivel galego. No ámbito das orquestras, a década dos anos cincuenta e primeiros sesenta é un fervedoiro de colectivos e un dos feitos máis trascendentes pode ser a creación da orquestra Sintonía coa maior parte dos elementos que compoñían a porriñesa orquestra Fox. -Dende hai uns anos para aquí existe no Porriño unha sensibilidade historicamente inusual (salvo contadas excepcións) cara a

recuperación da memoria histórica colectiva. Créase o AMI, edítanse libros de novos historiadores, organízanse as Xornadas de Historia Local. É algo pasaxeiro? -Non se pode predicir o futuro pero penso que non é pasaxeiro. En calquera caso, aparte de preocuparse para que esta produ ción investigadora continúe, o importante é facer balance porque o acontecido nestes últimos tempos é moi sobresaínte. En apenas seis anos publicáronse máis libros sobre O Porriño que en toda a súa historia, cubrindo eidos tan dispares como a arquitectura urbana e relixiosa-popular, a bibliografía local, o ferrocarril, o matadeiro, o 36, o fotógra-

fo Moreira, o instituto, os libros e exposicións de fotografías realizados polo Arquivo Municipal da Imaxe… Creo que houbo un campo de experimentación previo coas revistas O Tranvía e Malladoura, un apoio decidido do Concello por desenvolver esta área da cultura e unha serie de persoas que utilizan unha parte do seu tempo libre nesta actividade vocacional. -Tes en mente algún outro traballo de investigación a curto prazo? -A miña intención é seguir profundizando en temas, tanto na música como na historia contemporánea, pero non sei como nin cando se materializará esta intención.


24

SALCEDA

Renóvase o GRUMIR de Salceda REDACCIÓN/SALCEDA

O Concello de Salceda de Caselas vén de contratar a 9 peóns e 3 capataces para por en funcionamento unha nova tempada do Grumir. Estes postos de traballo están cofinanciados pola Consellería de Traballo a través dos Plans de Cooperación onde se lle outorga unha subvención para a contratación destas persoas para os servizos do Grupo Municipal de Intervención Rápida de Salceda de Caselas. Fortunato Álvarez, concelleiro responsable deste grupo, afirma que o labor realizada polo G.R.U.M.I.R. no pasado ano foi moi positiva, caracterizándose pola súa versatilidade á hora de realizar tarefas preventivas e pola dispoñibilidade en momentos de emerxencia e espera que o novo operativo mantén. A Consellería de Traballo tamén confirmou ó Concello de Salceda de Caselas as axudas para a contratación de cinco oficiais de primeira albaneis (dous a xornada completa e tres a media xornada) e un auxiliar administrativo a media xornada para a xestión do Banco do Tempo Municipal O proceso de selección vaise iniciar en breve prazo en colaboración coa oficina do INEM do Porriño.

DE

SETEMBRO DE 2009

CASELAS

Un orzamento de 8.000 euros

Salceda contará cun plan de prevención de incendios forestais REDACCIÓN/SALCEDA

O Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada asinou o contrato para a Redacción do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais que vai ser cofinanciado polo propio Concello e a Consellería de Medio Rural mediante un convenio de colaboración. O orzamento para os traballos de elaboración deste plan ascende a 8.000 €, dos que a Consellería, a través da Dirección Xeral de Promoción do Emprego achegará 4.000 € facéndose cargo o Concello de Salceda de Caselas da diferencia. A empresa contratada para a redacción deste plan é Ideara S.L., que conta cunha ampla experiencia neste sector e que xa comezou os traballos de campo para levalo a cabo. O prazo para ser aprobado remata o 15 de novembro. Unha vez dado este paso terá que ser integrado no Plan de Emerxencias Municipal que tamén está pendente dos informes favorables da Dirección Xeral de Protección Civil para ser aprobado definitivamente O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais é un documento obrigatorio e fundamental para analizar, previr e defenderse dos incendios forestais, ademais de coordinar os distintos operativos de extinción, se-

Nun momento da sinatura do convenio.

guridade e emerxencias que se poden dar ante situacións deste tipo. Nel establécense distintos apartados, como poden ser os antecedentes, os obxectivos, o ámbito territorial, a análise da situación actual e actuacións previstas, os riscos de incendios, os medios municipais, a regulación de aproveitamento e usos, a análise económico-financieira das actuacións e o control do plan. Por outra banda tamén conta cun anexo

onde se relacionan os traballos prioritarios de limpeza de zonas forestais en coordinación co Distrito Forestal da Zona. Marcos Besada, Alcalde de Salceda, valorou como un obxectivo de goberno a posta ó día nestes trámites administrativos e de coordinación que o anterior goberno tiña esquecidos e que servirán para coordinar non só ós distintos corpos de prevención, extinción, seguridade e

emerxencias, senón tamén a traballadores e poboación en xeral ante situacións de risco garantindo unha loita eficaz contra os incendios forestais ademais da mellora da seguridade dos máis de 8.000 veciños que ten o Concello. “Este é un paso máis na teima deste goberno de preservar o medio natural, intentando evitar no posible situacións tan desastrosas como son os incendios forestais”.


SETEMBRO DE 2009

SALCEDA

DE

CASELAS

25

Comezan as obras de ampliación da estrada Cerquido-Regueiro REDACCIÓN/SALCEDA

Marcos Besada, Enrique Cabaleiro e Julio Piñeiro durante a presentación.

O Concello presentou a senda que transcurrirá polas beiras do río Caselas REDACCIÓN/SALCEDA

O Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, o Concelleiro de Medio Ambiente, Enrique Cabaleiro e o Redactor do Proxecto, Julio Piñeiro presentaron na Casa da Cultura de Entenza o proxecto da senda que vai transcorrir polas beiras do Río Caselas na parroquia de Entenza. As obras da citada senda vanse iniciar en breve prazo nun espazo privilexiado, ás beiras do Río Caselas ó longo de aproximadamente un kilómetro de lonxitude, concretamente entre a ponte de Agüin

e a ponte do Picado. Este paseo transcorrerá nunha contorna natural excecional, entre árbores de ribeira e fauna e flora autóctona, respectando en todo momento os valores ecolóxicos e paixasísticos. Esta vai ser unha senda tamén con historia, xa que os seus arredores foron elixidos pola Raíña Aragonta para o seu exilio espiritual e relixioso, despois de separarse do seu marido Ordoño II. Da mansión onde se recluíu Aragonta, a Gargantada, consérvase o pórtico moi preto do sendeiro proxectado. Esta zona xa foi limpada

no seu momento pola Confederación Hidrográfica a traves da empresa pública Tragsa e agora é o momento da empresa adxudicataria deste proxecto, Magonfer S.L. que contará con 84.769 € para a súa execución. Esta consiste nunha senda de dous metros de ancho, cun bordo de pedra, sempre dentro dos cinco metros de servidume de dominio público hidraulico ou “paso de pescadores” como é coñecido vulgarmente. Contará así mesmo con tres pasarelas de madeira para salvar regatos, entre eles o de Baño ou Fraga.

A empresa adxudicataria, Pérez Portela S.L. comezou as obras de acondicionamento e ampliación da estrada que une os barrios de Cerquido e Regueiro na parroquia de Budiño incluídas no Fondo Estatal de Inversión Local polo Concello de Salceda de Caselas. Este proxecto conta cun orzamento de 70.000 € que serán destinados ó ensanche da citada estrada. Concretamente dentro deste orzamento prevense desbroces, movemento de terras, contención de terras, canalizacións, etc. A pavimentación da zona ensanchada está contemplada no PPC da Deputación Provincial, contando cun orzamento de 30.000 €. As obras afectan a máis de 30 propietarios que voluntariamente cederon parte dos seus terreos para que a estrada quede cun ancho de entre 7 e 8 metros. As obras inclúen un muro de contención de 120 metros, o desprazamento dun xa existente de 40 metros e ademais retranqueouse o muro da Escola Unitaria de Budiño. Por outra banda contemplase realizar catro ramplas de acceso a fincas, 260 metros

de canalización que mellorarán a recollida de pluviais, os accesos as leiras e o regadío dos campos, o desprazamento de liñas eléctricas, de alumeado público e telefónicas. O Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez salienta o complicado destas obras xa que é un número de parcelas afectadas cunha serie de problemas “históricos” pendentes de solucionar. “Estamos en permanente contacto cos veciños e veciñas para que non se xeren máis problemas e solucionar os que hai, tanto de accesos, regadíos, servidumes de paso e calquera outro que se poida producir” Marcos Besada, alcalde de Salceda, agradece ós propietarios das numerosas parcelas afectadas a cesión dos terreos precisos para esta obra e que se poida levar a cabo este proxecto, que considera importante para esta zona, á mais industrializada do concello, xa que vertebra o territorio e comunica unha parroquia illada historicamente. “Por outro lado os veciños e veciñas da zona vanse ver favorecidos ó aumentar de valor as súas parcelas ó ter unha mellor vía de acceso”.


26

SALCEDA

DE

CASELAS

Unha nova edición de ‘Outono de teatro’ chega a Salceda Do 26 de setembro ao 31 de outubro REDACCIÓN/SALCEDA

Unha nova edición do “Outono de teatro” chega ao Auditorio Municipal de Salceda de Caselas. Organizado pola Asociación Artística Atrezo coa colaboración da Concellaría de Cultura de Salceda de Caselas e o patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, este ciclo traerá cinco espectáculos a Salceda de Caselas, ademáis de contar coa presenza da Aula Municipal de Teatro do Concello. Trátase dun ciclo de teatro afeccionado no que grupos de toda a xeografía galega visitan os diversos concellos adheridos ao programa. Teresa Pérez, Concelleira de Cultura de Salceda de Caselas presenta este ciclo como unha nova oportunidade de que o público desfrute co mellor teatro, sobre todo tendo en conta que estamos a falar de “un Concello con unha ampla tradición no mundo do teatro, sobre todo grazas á inmenso labor que durante anos realizaron as asociacións do municipio”

26 de setembro: Atrezo Teatro con “A voda” ás 21:30 03 de outubro: Nova Escena Teatro con “O lirio” ás 21:30 10 de outubro: Grupo de Teatro Escoitade con “Longa vida” ás 21:30 18 de outubro: Grupo de Teatro O Aturuxo de Melpómene con “Na procura de Dartañán” ás 18:00 25 de outubro: Navia Teatro Escola con “Pedro Chosco” ás 18:00 31 de outubro: Aula Municipal de Teatro de Salceda de Caselas ás 21:30

SETEMBRO DE 2009


SETEMBRO DE 2009

SALCEDA

DE

CASELAS

27

O concelleiro de Facenda di que ‘é preciso axustar o valor catastral ao valor real’ REDACCIÓN/SALCEDA

Durante o proceso de limpeza do río.

A Asociación Treze Catorze volve limpar o río Caselas REDACCIÓN/SALCEDA

Despois do éxito da primeira xornada de limpeza simultánea en ríos do ano pasado, repítese a experiencia o vindeiro domingo 27 de setembro. Este ano volve a ser a Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze a que organiza as II Xornadas de Limpeza do Río Caselas en Salceda de Caselas en colaboración con ADEGA e o Proxecto Ríos. Estas xornadas están incluídas na II Limpeza Simultánea de Riós que ADEGA organiza en toda Galicia e que conta coa colaboración de 22 institucións doutros tantos concellos. Dende a Asociación Treze Catorze e o Proxecto Ríos queren concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os

nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por ser unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsables cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos. O coidado e o respecto polo entorno farían innecesarias nun futuro actividades como esta. A Asociación Treze Catorze e o Proxecto Ríos entregarán aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto

(615421199) para que se apunten as persoas que queiran participar. Nesta xornada a implicación do concello é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. O pasado ano retirouse un total de 11.020 toneladas de lixo (estimados) en toda Galicia e aproximadamente uns 120 Kg. en Salceda, de orixe diverso e incluso variopinto (neveiras, rodas, radiografías, colchóns...) Neste ano animamos aos participantes a pesar o lixo retirado e a difundir no propio concello a idea de que o río non é un vertedoiro.

Catastro prevé levar a cabo un total de 4,3 millóns de notificacións de novos valores catastrais no ano 2009 en todo o Estado o que supón mais de 400 municipios segundo fontes de Hacienda. Concretamente, en Salceda, déronse de alta 2500 vivendas que durante varios anos non pagaron os seus correspondentes recibos de urbana e modificáronse sobre uns 300, debido a ampliacións ou reformas de vivendas. Isto, significa que algúns recibos de urbana vanse ver afectados por unha subida no seu importe, pero, segundo din dende o

Concello, en ningún caso supón que a administración local incrementase o tipo impositivo. Martín Iglesias, concelleiro de Facenda de Salceda de Caselas xustificou que este proceso iniciase porque pasaron máis de dez años dende a última revisión de valores e porque se aprecian cambios significativos no valor de mercado mobiliario e é preciso axustar o valor catastral ao valor real. “Unha mellor adecuación do mesmo permitirá unha mellor xestión dos tributos que recaen sobre a propiedade inmobiliaria, o que conlevará un sistema tributario más xusto”.

O PP de Salceda denuncia o ‘lamentable estado’ da estrada Soutelo-Sobredo REDACCIÓN/SALCEDA

O Partido Popular de Salceda insta ao goberno local ao arranxo da estrada que une á parroquia de Soutelo co barrio de Sobredo. Xa fai máis dun ano que os populares presentaron en pleno unha moción sobre dita cuestión, ademais das preguntas oportunas en diferentes sesións plenarias, “sen obter resposta nin resultado algún”, sinala a concelleira do PP Saltina Castiñeira. O grupo popular lamenta o deplorable estado de abandono no que se atopa a estrada, “as ra-

a imaxe O Auditorio Municipal de Salceda de Caselas luce unha nova cara, resultado das actuacións que nos últimos días o Concello levou a cabo nestas instalacións. As paredes exteriores do auditorio locen unha nova cor despois do lavado integral das fachadas de taboleiro mariño e a reposición de parafusos para a fixación dos citados taboleiros. Para elo a empresa adxudicataria empregou dúas grúas elevadoras e unha maquina hidrolimpadora contando cun orzamento de 3.932,40 €.

íces das árbores levantan o firme, que conta con innumerables buracos de gran tamaño”, explica Santiago Rodríguez, vicepresidente da Xestora local, “obrigando aos condutores a facer diversas manobras para esquivalos, invadindo o sentido contrario, co perigo que isto supón”, engade Rodríguez. Dende o Partido Popular, solicítanlle ao Concello que “tome en serio a cuestión e leve a cabo a mellora do asfaltado desta vía, transitada a diario por ducias de veciños”, conclúe Castiñeira.


28

SALCEDA

O 26 de setembro celébrase o II Serán Carballeira REDACCIÓN/SALCEDA

A Asociación de Veciños Carballeira, no seu intento de conservar o patrimonio cultural, etnográfico e musical da parroquia de Picoña, do Concello de Salceda de Caselas e en xeral de Galicia toma a iniciativa de organizar o II Serán Carballeira o vindeiro 26 de setembro, a partir das 21:00h. no “Adro”. O obxectivo é que conflúa xente maior con xente nova para que os primeiros transmitan as súas experiencias, músicas e cantigas así como as tradicións da zona. En Picoña, así como noutras parroquias veciñas aínda viven persoas que formaron parte daqueles seráns e que aínda tocan instrumentos como gaitas, requintos, bombos, caixas, pandeiros ou pandeiretas ou fan da voz o mellor instrumento. O Serán Carballeira celebrarase no torreiro de festas de A Picoña, chamado “Adro” e a el convidarase a tódolos grupos de música tradicional que queiran asistir, así como a calquera persoa ou grupo de persoas que queiran subir ó escenario para cantar, tocar ou bailar calquera peza tradicional. Ademais vaise organizar unha exposición de fotos antigas entre as que se destacarán aquelas que teñan un contido festivo-musical.

DE

SETEMBRO DE 2009

CASELAS

Festa dos Callos

2009

en imaxes


HISTORIAS

DO

TRANVÍA

Gripe A sen tranvía Soledad Castro

Francisco Quintas levando a cabo a súa obra na sala.

A literatura, o libro e a lectura en relación coa rede

Francisco Quintas gaña o concurso de grafitti para a aula de internet da biblioteca REDACCIÓN/ O PORRIÑO

Desde o concello porriñés organizouse un concurso de deseño de graffiti para a aula de internet da súa biblioteca, dentro das actividades programadas co gallo da celebración do X Festival Intercontracultura de graffiti e música hip-hop. A temática do concurso versou sobre calquera aspecto relacionado co mundo da literatura, da lectura e do libro, en relación con Internet. A persoa gañadora foi a encargada de levar a cabo fisicamente a súa obra na devandita aula de internet da biblioteca. O premio, consistente nun lote de sprays por valor de 600 euros, recaeu no porriñés Francisco Xosé Quintas Iglesias.

A concelleira Miriam Martínez visitou a sala onde se materializaba o deseño.

A

o mellor vén sendo todo un exceso mediático, un hipérbaton de accións e medidas para espantar medos e reducir responsabilidades e consecuencias posibles. E ao mellor non, pode ser que a ameaza veña sendo certa, que un virus engulirá a xente e máis xente: eu, ti, aquel, o outro, o de máis alá…, todos habemos ser susceptibles de contaxio, morrendo ou non. Ao mellor non somos máis que vítimas dunha mala novela de ciencia ficción: un investigador farmacéutico en crise crea un virus maligno que afectará por contaxio á humanidade enteira, promóvese como o creador e produtor da vacina remediable e xa está! Unha economía suculenta e saneada, unha alza na bolsa e o recoñecemento salvador e consumista do resto da humanidade que leva dentro a química redentora. Imaxinen vostedes o final feliz ou infeliz… Xa sei que esta columna é dos tranvías, pero un ‘rebumbio’ de

mentiras e verdades ferve no pensamento: ao mellor todo vén sendo o comezo da legalización da desconfianza, da xustificación do illamento, da consolidación de cambios en costumes e ritos sociais. Suxestións, avisos e precaucións enchen tempo e espazo: non bicar, non dar a man, fuxir do sospeitoso…, cando médicos, curas, presidentes, ministros e demais xente ilustre aconsella pecharnos nun escafandro pensaríase que o asunto é serio . Só pretendía con estas palabras que vostedes imaxinasen a situación subidos neste, naquel tranvía, sen respirar, nin falar porque o alento é sospeitoso; sen tocar nin achegar porque os rozamentos poden ser virulentos, sen berros, nin balbordos, só silencio, temor, medo e ausencia en cadaquén. Tanto ten! Aquel, este tranvía está morto e nós apandaremos coa loxística preventiva e remediadora como garante de vida, supoño que a calquera prezo.


30

SETEMBRO DE 2009

DEPORTES

Ramón Bastos, presidente do Porriño Industrial

‘En caso de ascender necesitaríamos máis axudas para poder manter o equipo en terceira’ J.RAMÓN COUÑAGO/DEPORTES

lega, as escolas consolidadas... Pero todo iso é moi difícil de conseguir sobre todo coa situación actual , pero por tentalo non vai quedar .

- Cales son os obxectivos deportivos do Porriño Industrial para esta tempada? - Nas categorías da base o obxectivo principal é seguir formando aos nenos no deporte e nos hábitos do fútbol, para que se formen como persoas e como deportistas, porque o deporte sempre é bo para todos. Na categoría de afeccionados o obxectivo principal é seguir contando coa canteira para sacar xogadores da nosa escola para que continúen a súa formacion e sigan xogando no equipo do seu pobo . - Sería factible un ascenso á terceira división? - Neste momento todos estamos ilusionados co ascenso a terceira division . Hai que ir partido a partido, con moita tranquilidade, pois isto está empezando e aínda queda moita liga. De todas maneiras na situación actual do club, a nivel economico necesitaríamos máis axudas para poder manter o equipo en terceira, no futurible caso do ascenso, e sobre todo precisaríamos un sponsor forte que nos axude na financiación, e iso é moi complicado de conseguir, a crise afecta a todo o mundo . - Con que orzamento contades? Cantos socios ten O Porriño Industrial? - O orzamento co que contamos este ano, despois de axustalo no posible, pois, como comentabamos antes a crise afecta a todo o mundo, sobrepasa os douscentos mil euros, xa que, con tantos equipos e tantos nenos sube moito o orzamento, por iso temos moito que traballar para conseguilo e andar polas empresas. Independientemente de que o Concello do Porriño se porta ben con nós, temos que conseguir moita publicidade para conseguir manter o club e este ano pasado foi moi complicado conseguir publicidade e financiamento. Os socios, nestes momentos, son practicamente os pais dos nenos das categorías inferiores e das escolas; fóra haberá uns 50 socios. - Como se leva a xestión dun club de rexional preferente? - A xestión do club é complicada, sobre todo polo tema económico, que é o principal obstáculo para poder levar as cousas

- Cales son as demandas máis urxentes do club? - É urxente conseguir un patrocinador para o equipo senior e publicidade para poder seguir mantendo as escolas e tantos nenos facendo deporte .

mellor e poder ter máis material para os adestramentos, máis medios para que os nenos poidan desplazarse aos partidos... De aí a importancia do labor dos pais, que comprenden a situación do club e botan unha man para facer os desprazamentos dos nenos, comprar roupa deportiva... , cousa que desde o club agradecemos moito .

É

urxente conseguir un patrocinador para o equipo senior e publicidade para poder seguir mantendo as escolas

- De onde sacas o tempo para dedicarlle á presidencia? - O tempo búscase e quítase a base de sacrificios familiares, de traballo e horas pola noite que pasamos nas oficinas do club os membros da directiva. Ttodos os días estamos no campo, para facer cousas, porque nun club como o noso sempre hai algo que facer . - Que che gustaría conseguir antes de deixar o cargo? - A curto prazo, que nos acaben o campo de herba sintética, necesitámolo moito para que os nosos nenos adestren e xoguen xa nel. A longo prazo gustaríame deixar o club saneado economicamente, o equipo senior en terceira, o xuvenil e cadete na división de honra, os infantís na ga-

- Como foi a celebración do 75 aniversario, que destacarías? - Penso que foi unha celebración na que a xente que asistíu á cea pasouno moi ben ollando imaxes daqueles anos pasados. Sempre é bo lembrar ás persoas que tanto loitaron e suaron a camiseta do noso Porriño Industrial e a todas as directivas representadas nos seus presidentes que estiveron alí presentes e outros moitos que non poideron estar. A cea do 75 aniversario foi moi emotiva para moita xente, sobre todo a que se sinte identificada coas cores do Porriño Industrial, por iso destaco ese evento por riba doutros . - A canteira do Porriño segue dando os seus froitos? - Seguimos traballando para que así sexa, e creo que hai rapaces na nosa canteira que poden ter o seu futuro no fútbol. Por iso temos que seguir traballando, e cada vez máis, cos nenos da canteira. Co futuro campo de herba sintética estou convencido de que se vai a lograr un salto de calidade dos nenos. Van a mellorar tecnicamente moito e iso inflúe na hora de crecer como futbolista. O mellor é que no primeiro equipo xa temos 18 xogadores que saíron da nosa canteira, e iso que algún xogador da canteira este ano xa abandonou o club fichado polo Pontevedra F.C. , disto a directiva actual estamos orgullosos . - Unha mensaxe para a afección. -Máis que para os nosos afeccionados é para O Porriño en xeral. Non é outro que pedirlle axuda no que poidan, facerse socios, axudarnos con publicidade,... porque independentemente de ser o equipo representativo do pobo, o Porriño Industrial é de todos os porriñeses, nós só estamos de paso ...

A final da Copa Galicia 09 de baloncesto no Porriño REDACCIÓN/DEPORTES

O club Porriño Baloncesto Base e o Concello do Porriño serán co-organizador e sede respectivamente da fase final da Copa Galicia 2009, na categoría Senior Masculino. A edición do presente ano, levarasese a cabo os días 26 e 27 de setembro nas instalacións do polideportivo municipal do Porriño.Para esta edición a Federación Galega de Baloncesto, propietaria e organizadora da competición, levou a cabo unha remodelación, e nesta edición disputarana os equipos galegos que militan nas ligas Adecco-LEB e ACB.

O

Porriño Baloncesto Base disporá unha serie de eventos, en torno á fase final Á fase final que se disputará no Porriño, chegarán os 3 mellores clasificados dunha liga que previamente disputarán os equipos: Breogán Lugo, COB Ourense, Beirasar Rosalía de Santiago e Leyma Básquet Coruña. Para a fase final o novo equipo ACB, Xacobeo

Blu:Sens Obradoiro, clasifícase directamente. A competición transcorrerá a tarde do sábado 26 de setembro coa disputa das dúas semifinais (18.30 e 20.30 horas) e o domingo 27 de setembro disputarase o gran final ás 19 horas. Ademais da fase final o club co-organizador, Porriño Baloncesto Base, disporá unha serie de eventos, en torno á fase final como son a I Mini Copa Galicia de categoría infantil o sábado 26 de setembro en horario de mañá e tarde; a I Copa Galicia Alevín-FGB o domingo 27 de setembro en horario de tarde; o I Clinic Porriño Baloncesto Base, dirixido a todos os adestradores galegos, o domingo 27 de setembro en horario de mañá; o I Maratón 3x3 de carácter lúdico e popular disputarase durante toda a fin de semana da copa.

O Caselas F. C. presentouse á sua afección na nova tempada REDACCIÓN/DEPORTES

O domingo 13 de setembro no Campo Municipal da Gándara celebrouse o acto de presentación para a tempada 2009-2010. As categorías de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, ademais do equipo do Caselas F. C. agrupan en total a máis de 100 rapaces. Destaca presenza dunha nena que tamén se decantou polo mundo do fútbol. No mesmo acto presentouse o novo himno do clube, recén composto e gravado. Así mesmo procedeuse á sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Salceda e o Caselas F.C. por parte de Marcos Besada, alcalde de Salceda, e Manuel Besada, presidente do club. Este convenio implica a aportación por parte do Concello de Salceda de Caselas de 30.000 € para contribuír

á financiación do equipo. Hai que lembrar que as categorías inferiores están englobadas dentro das Escolas Deportivas Municipais, polo que xa o Concello está a financiar a súa formación. O club faise cargo do equipo senior, que este ano milita en categoría rexional preferente, e dos xuvenís.

O

Concello de Salceda de Caselas aporta 30.000 € para contribuír á financiación do equipo Despois do acto celebrouse o encontro de liga entre o Caselas F.C. e o Porriño Industrial, con un resultado de 2-2. Todo o evento serviu ademáis para recaudar fondos para Jessica, unha nena de Vigo con parálise cerebral que precisa máis de 30.000 € para operarse .


SETEMBRO DE 2009

EMPREGO

ADMINISTRATIVO/ALMACÉN: Empresa comercializadora de produtos terapéuticos, precisa incorporar un home menor de 35 anos para a administración e xestión de almacén. Xornada laboral a tempo completo. Contrato temporal inicial con posibilidade de permanencia. Formación Profesional de grao medio en Administración. Dominio en programas informáticos: Office e P. Facturación. Valorarase destreza e habilidade no manexo e na condución de carretiñas elevadoras, así como experiencia laboral en posto similar. Permiso de conducir, clase B. ADMINISTRATIVO/A: Empresa pertencente ao sector do transporte de mercadorías por estrada, require un/a Administrativo/a menor de 40 anos a media xornada. Funcións a realizar: Programas específicos de contabilidade, xestión bancaria, cobramentos e pagamentos,... Contrato: Temporal, 6 meses, con posibilidades de permanencia na empresa. Retribución: Segundo convenio. Imprescindible experiencia de polo menos 6 meses en posto similar. Ciclo Medio ou Superior en Administración ou Diplomatura en Empresariais. Dominio Microsoft Office. Per-

miso de conducir, clase B e vehículo propio.

venda de produtos alimenticios.

AXENTE DE SEGUROS: Compañía de Seguros de ámbito estatal require Mediador de Seguros para a bisbarra de Vigo. Ofrécese: Plan de Carreira na Compañía cara ao perfil profesional de Inspector de Seguros. Contrato mercantil, con alta en autónomos a cargo da empresa, atendendo á consecución de obxectivos base establecidos.

CONSULTOR RRHH: Fundación sen ánimo de lucro require 2 Consultor/a de Recursos Humanos, con experiencia, para a xestión de Programas Experimentais en materia de Emprego que a institución vai a levar a cabo na cidade de Pontevedra e Vigo, respectivamente. Contrato laboral: 1/2 xornada, 20 horas semanais.

TÉCNICO FORMACIÓN: Consultora de RRHH e de Formación situada no Porriño require Diplomado para Técnico de Formación. Imprescindible experiencia en formación e xestión de subvencións de polo menos 2 anos. Tarefas: Elaboración de proxectos formativos, xestión de Crédito de Formación a través da FTFE, formación para desempregados e FSE, solicitude e xustificación de subvencións e tarefas administrativas derivadas do posto. Contrato: Duración determinada. Xornada: Completa

PERSOAL DE AXUDA A DOMICILIO: Empresa xestionadora do servizo de axuda a domicilio require persoal para a zona de Vigo. Imprescindible experiencia e titulación relacionada. Dispoñibilidade horaria total. Permiso de conducir B-1 e vehículo propio Salario: segundo convenio.

REPARTIDOR: Empresa dedicada ao sacrificio, despiece e comercialización de produtos avícolas, require Condutor - Repartidor de Autovenda, entre 25 e 45 anos, con experiencia, para realizar a distribución e

OPERARIAS: ETT precisa incorporar manipuladoras de conservas con experiencia en empacar de polo menos tres meses para empresa situada en Vilaboa. Xornada laboral: Completa. Dispoñibilidade horaria. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. TORNEIRO/FRESADOR: Empresa dedicada a mecanizados, moldes, matricería e utensilios, require un Torneiro, con

CM en Mecanizado, CS en Produción por mecanizado ou en Desenvolvemento de Procesos mecánicos. Imprescindible experiencia demostrable mínima de dous anos en fabricación e reparación de pezas, mecanizada CNC e interpretación de planos. COMERCIAL: Empresa de seguridade situada en O Porriño require para o seu departamento de vendas dous Comerciais de venda directa de alarmas e sistemas de seguridade. Xornada laboral: Completa. Salario: 1.115,15€ + Comisións. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. F.P. II Electrónica ou Informática. Experiencia mínima de seis meses en posto similar. Coñecementos de Office a nivel usuario. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. ENXEÑEIRO/A: Empresa dedicada á seguridade privada, require un recente titulado/a en Telecomunicacións ou Enxeñería Técnica Industrial, na especialidade de electrónica industrial. Contrato en prácticas con posibilidade de incorporación á empresa. Titulación obtida nos últimos catro anos. Incorporación inmediata. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio.

As persoas interesadas: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS Estrada de Peinador, 41 - 36416 MOS (Pontevedra) Telf: 986 49 88 20 - Fax: 986 48 81 23 e-mail: ofertas@aemos.es www.aemos.es

31


Este Xornal faise con papel reciclado como contribución á conservación do Medio Ambiente

A Peneira na Rede Director: Guillermo Rodriguez Fdez. Edita: EDICIÓNS VAL DO LOURO S.L. Enderezo: Rúa Sarmiento Rivera, 17 - 36860 PONTEAREAS Tel e Fax: 986 66 09 86 - Colaboradores: Alberto Álvarez, Carlos Rego, David Rollano, Marisa Alonso, Jénnifer Castrovello, Diego Giráldez, Juancho, Soledad Castro, David Pérez Rego “Cato” Fotografía: Antón, Foto Barros, Foto Hernández Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró Montaxe e deseño: Diego Giráldez Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza). Depósito legal: OR / 57 / 84

lourinha@apeneira.com www.apeneira.com


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.