A Peneira da Louriña 62

Page 1

Nº 62 ANO V XULLO, 2009

O PORRIÑO - MOS - SALCEDA DE CASELAS

Mos

1€

Entrevista: Marcos Besada

Especiais

A parroquia de Cela redescubre as escaleiras e “Veremos se se cumpren os compromisos as Pías de San Pedro Páxina 15 adquiridos polo ente autonómico” Páxina 18

Festas de San Benito do Porriño e Festas do Cristo de Salceda No interior

Mos

Castro Mos terá polideportivo O Pleno da Coporación Municipal mosense aprobou por unanimidade na sesión ordinaria mensual celebrada o pasado 25 de xuño, o convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra para a construción dun pavillón deportivo na parte posterior do colexio Castro-Mos. PP, PSOE e BNG ratificaron deste xeito unha das mellores novas coas que podían contar neste centro de ensino. Páxina 15

Salceda

Salceda pon en marcha a segunda Escola de Verán Un total de 15 nenas e nenos participan durante todo o mes nas actividades Páxina 16

Foto Hernández


2

XULLO DE 2009

OPINIÓN

e d i t o r i a l Edicións Val do Louro S.L.

Movementos peristálticos no Porriño

Sarmiento Rivera, nº 17 Teléfono e Fax: 986-660986 web: www.apeneira.com

O

resultado das últimas eleccións municipais en O Porriño deixaron un escenario pouco manexable. O director que pretendera harmonizar tódalas cordas tíñao difícil. Así foi. A dereita esfarelada en tres grupos non foi quen de atopar ese común denominador que lle permitira poñer alcalde que, obviamente, debera ser o nº 1 do PP. O problema foi que estaban en escena novos actores que se creron profesionais e que apenas debutaron a primeira vez. Sempre pasa igual. Alguén que non é nada, de pronto ten un soño e salta da cama dando pinchos créndose o embigo do mundo. A partires de aquí xa non hai quen o faga entrar en razón. Pola esquerda, que non tiña tódolos vimbios para facer unha ceta de goberno estable, optouse por esperar o resultado final. Así

e-mail: lourinha@apeneira.com 36860-Ponteareas (Galiza).

Director: Guillermo Rodríguez Fdez.

Redactor xefe: Antón Fernández Escuredo

Coordinador: Diego Giráldez

Colaboradores: David Rollano Carlos Rego Marisa Alonso David Pérez Rego “Cato” Soledad Castro Jénnifer Castrovello Alberto Álvarez Gil Juancho Castaño

Fotografía: Hernández - Foto Barros

foi como o BNG pasou a gobernar en solitario por ser a lista máis votada. Hoxe, a dous anos de lexislatura, no ecua-

Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró publicidade@apeneira.com

Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza).

Depósito legal: OR / 57 / 84 A dirección do xornal non se responsabiliza das opinións emitidas polos seus colaboradores

Urxencias médicas Inform. toxicolóxica Incendios forestais

061 91 562 04 20 085

O Porriño

BOMBEIROS

DE

GALICIA

Mos

986 349003

686 777 777

Protección Civil

660 600090

Policía Local

639 821377

Centro de Saúde

986 349008

Xulgado

986 347825

Oficina de Correos

986349076

986 331 200

Policía Local

986 335 000

Policía Local

620 404 040

Centro de Saúde

986 337 320

Centro de Saúde

986 486 667

Taxis

986 330 014

Taxis “As Angustias”

986 331 037

Oficina de Correos

986 334 455

Taxis “Puxeiros”

Tanatorio Mos - O Porriño

986 336 719

986 487 343

Taxis Servizo Permanente

986 488 989

Oficina de Correos

986 487 921

Protección Civil do O Porriño 696 99 49 45

Salceda Concello de Salceda

Concello de Mos Concello do Porriño

Serv. Galego de Colocación 986 331 262

11 2

dor do proceso, a situación segue sendo igual, agás certos movementos peristálticos que se están a producir na vi-

da intestina da política local. A dereita sabe que fraccionada perde poder. A esquerda ten que demostrar saber gobernar para que os votantes decidan de maneira clara e contundente un cambio de goberno definitivo. No primeiro caso xa está en marcha a posible integración de Independentes de O Porriño no Partido Popular. Todo vai depender das respostas que Gonzalo Ordóñez consiga da Xunta sobre as súas pretensións. Falta Nelson, quen terá que tomar unha decisión definitiva de se prefire ser cabeza de rato ou rabo de león. Na esquerda a cousa está máis complicada. Todo vai depender do que ocorra nas dúas formacións afectadas: BNG e PSOE. Ámbalas dúas están nun serio proceso de consolidación das súas novas elites directivas.


XULLO DE 2009

OPINIÓN DENDE

O

SEIXO

ZONA TEMPORALMENTE AUTÓNOMA

Meter water resistance

Bilingüismo en Mos Azucena Rodríguez Campo *

D

ende a chegada ao poder do novo goberno da Xunta de Galicia iniciouse unha campaña sen pausa para eliminar ou modificar as normas que regulan o decreto sobre a lingua galega (aprobadas unanimemente por tódolos partidos políticos na época de goberno de Manuel Fraga). A voz que se escoita dende este goberno e dende os partidarios de modificar as normas, escúdanse na liberdade individual, na eliminación das imposicións, e a maioría deles “confésanse defensores” da lingua galega e do bilingüismo, agora ben todos sabemos que iso non é certo, e os feitos son os que nolo demostran. No concello de Mos tamén son defensores do galego e do biligüismo , por esa razón dende hai pouco máis dun mes cando circulas polo concello, nas rúas e cruces de camiños, os sinais indicativos que vemos son do tipo: “Pabellón Óscar Pereiro”, “juzgados”.... seica isto é bilingüismo? , seica isto é respecto pola lingua galega? seica isto non é unha imposición para os galego-falantes?, ou cando se trata do castelán non o consideran imposición? Debemos recordarlles que nesta comunidade temos unha lingua propia aínda que existan dúas linguas oficiais? Ou tamén

3

queren cambiar este punto do noso Estatuto de Autonomía? Non me cabe ningunha dúbida que existe un auto-odio profundo no sentir de moitos galegos que lles impide recoñecer que o noso é o mellor ou polo menos tan bo, coma o das outras comunidades. Teño tamén unha grande esperanza en que outros moitos galegos permitamos que a nosa lingua, alicerce da nosa identidade, deveña rexa e forte a pesares das políticas centralistas ao servizo dun goberno central. * Azucena Rodríguez Campo é mestra no Colexio Público de Petelos.

David Pérez Rego “Cato”

S

hangai afógase nas augas. E vaia noticia que lles traio a colación, pensarán, despois de saber que estamos a afogarnos todos co do cambio climático. Pero o caso é que Shangai leva por ese lado (afógase polo aumento do nivel do mar co desconxelamento dos polos) pero tamén leva por outro: o peso dos xigantescos rañaceos que pouco a pouco cobren todo o seu horizonte está afundindo a cidade a un ritmo de dous centímetros por ano. Algo que ver coa masa e a forza da gravidade, non me pregunten, eu son de Letras. Co “Espertar do Gran Dragón Chinés”, Shangai converteuse nun centro financeiro e económico mundial de primeira orde, despois de tantos anos como Taiwan vendendo transistores, calculadoras con funcións e reloxos con dubidosos “meters water resistant” (que cousas ten a vida…). Shangai é agora un símbolo desa nova e perfecta forma de capitalismo onde se conxuga o imperio do mercado co semiescravismo real das persoas. Shangai é unha megalópole en constante aumento, un mundo de obras, de edificios que se levantan batendo todos os records, de rañaceos cada vez máis impresionantes que compiten entre si e parecen rivalizar na súa altura coa física e coa lóxica. O orgullo do humano que en canto gaña catro duros xa está a facer a casa con máis pisos ca do veciño. O humano que nunca aprende dos erros e pensa que todos teñen o dereito de volver a cometelos. Xa pasara coa Torre de Babel, non sei se se lembran, e miren vostedes como acabaron daquela. Os chineses están un pouco así, como pensando quen podería ser quen metera a pata en todo este lío, sen lembrarse que alí estaba todo o mundo botando berros de ledicia cada vez que se inauguraba outra nova mole de aceiro e cristal (Viva! Máis arriba!) para envexa dos occidentais, sen preocuparse, entre outras nimiedades, de que se estaban a cargar todo o medio ambiente para maior gloria do capital, e de como ca-

rallo podería sosterse todo aquilo nunha cidade construída sobre un pantano. Pero as obras non van a pararse, non se pensen. Están en proxecto de execución os rañaceos máis grandes do mundo en Shangai. Os chineses teñen por dogma que eles poden arrasar con todo o que lles pareza; que nós, os occidentais, xa levamos séculos arrasando e agora tócalles a eles. E non lles faltaría razón lóxica se o primeiro que arrasaran non fora a eles mesmos. O capitalismo, que non crearon os chineses pero que están a levar á súa perfección máis retorcida, obriga a que o crecemento nunca deba pararse: pararse significaría a crise (de aí o de “refundar o capitalismo” e todas esas chorradas que nos din coa crise económica). E de aí que cheguemos á situación lisérxica de subvencionar aos bancos para que fagan negocio connosco. Pero continuar, como vemos, é tamén unha especie de suicidio: polo que Shangai paréceme unha metáfora da civilización humana. Sabemos que o consumo desaforado non nos leva a ningunha parte, que arrasando o medio ambiente estamos a arrasarnos a nós mesmos, e entendemos que cando esgotemos todos os recursos non imos a ter máis: pero, “mariquita o último”, morrerremos coas botas postas. Como símbolos que son da tolemia dunha forma de vida que está a arrasar con toda a vida no planeta, non lle desexo a Dubai maior sorte que debaixo dela soamente exista area moi pero que moi fina. Porque este tipo de sobradas construtivas, de chulerías urbanísticas, do todo vale, do crecemento sen límite e sen prexuízos por parte de multinacionais e multimillonarios, este concepto de correr cada vez máis e a maior velocidade ou se detén, ou afogamos todos. Paseniño. Uns centímetros cada ano. Tamén podes ler a Cato en... www.taz-cato.blogspot.com

Cartas ao director lourinha@apeneira.com

Polas Terras do Deza- Lalín. Dende O Porriño, os “xóvenes” da terceira idade O pasado luns 15 de xuño, levounos o autobús cheos de alegría e desexos de percorrer a nosa querida terra (para algúns de nós, non a coñecemos como deberiamos) xunto aos compañeiros de Coia-Vigo, foi unha experiencia moi positiva. Si, repito, non a coñecemos!, imos por outros sitios deixando de ollar todo o que temos ao noso arredor! A beleza paixasística, as xentes, as terras enxebres que pariu a Natureza, súa cultura, e, neses lares que souberon gardar aqueles antergos como un tesouro, agora, restaurando con mimo, seus fillos e netos, deixando para a historia, unha xoia atraveso do tempo. Así foi como participei por primeira vez no programa “Galicia Natura” xunto ao meu home. Iamos en grupo para as casas rurais.

Montse, a nosa guía, foi en todo o tempo moi agarimosa. O listado que nos deron a cada un, en primeira liña púñanos: “Que é Galicia Natural?” Galicia Natural é: saír das nosas casas despois dunha vida de traballo, uns máis e outros menos, criar os nosos fillos, loitar por eles!, facernos maiores e, deixarnos levar como se foramos nenos pequeniños –no bo sentido da palabra-, sabendo estar cada un no seu sitio! Saboreando como se de un manxar se tratara, poñéndonos a pel de galiña. As visitas aos sitios, museos, mosteiros, pazos..., fíxose todo tan rápido que agora non fago máis que recordar e gardar no meu corazón esa cultura tan importante que eu quixera que houbera no meu pobo de O Porriño. Xa que é precisamente no rural, na aldea, onde naceu a nosa cultura que logo fíxose pobo. Teriamos que ter aparellos de labranza... Si, sacamos xornais, revistas onde veñen aqueles músicos, zoqueiros, aqueles ferreiros, os panadeiros..., onde temos un museo etnográfico? Quedei

abraiada mirando os aparellos neses museos onde gardan ese tesouro da súa historia. Eu quixera que aquí tamén o tiveramos. As charlas que mantivemos, as explicacións de Montse, o encontro co poeta-escritor-pintor Piloño, os Pendellos da Agolada. As visitas a Lalín, as comidas, ceas... A xente que nos despedía case que con bágoas nos ollos; as casas de cada un. Quero mandarlle, no nome dos meus, a Elisa e a xente da Casa do Xis-Saa Agolada, unha aperta do Sr. Alfonso e a súa dona de Pontellas, Alvino “Pixirillo” (taxista) e a súa dona, O Porriño, e como non, Julián e Guadalupe Novelle.Canto nos rimos cando nos colgamos Preciosa e eu dunha cereixeira e o dono estaba mirando, nós nin pío!, despois invitounos á súa finca para comer cereixas máis gordas e que sabían mellor. Falabamos coa xente do lugar como se nos coñeceramos de toda a vida. Foi moi positivo, pola convivencia con todos, o ben que o pasamos cos compañeiros de Coia-Vigo. Meus veciños José Caballero e Fita, rematando co

baile-xantar na casa "Fogar de Breogán" como nos outros restaurantes. O grande valse que Mª Elena bailou con Julián, despedíndonos todos como se quixésemos volver de novo a sentir a calor das terras que íamos deixando atrás, pero... outras casas estaban agardando, as nosas! Aquí no Porriño, os nosos netos, os pequenos con cariñas de anxos, agardando nos colos das nais, esperando que lles contáramos estes días pasados nas terras tan marabillosas de Lalín; e os xa grandiños, andaban reivindicando melloras no seu traballo, de vez en cando tamén liamos o xornal, non era todo troula! E coa alma na man, unha aperta para todas as Casas do Turismo Rural da Comarca do Deza. Ata pronto. Guadalupe Novelle Pérez (O Porriño) As cartas non deben superar os 900 caracteres, deberán acompañarse dunha copia de documentación válida do autor/a, e remitiranse a R/ Sarmiento Rivera 17 baixo, 36860 Ponteareas (Pontevedra, Galicia) ou ben ao correo electrónico lourinha@apeneira.com


4

OPINIÓN

CAFÉ

CON

XULLO DE 2009

GOTAS

UN MUNDO FELIZ

Lembranzas dunha gran mentira

Brotes de soja

Carlos Rego

David Rollano

S

e un camiña polo peonalizado entorno do concello do Porriño encontrarase cunha ventaniña ó pasado recente, posta no chan para quen queira cheirar algo daqueles tempos. A peonalización dese contorno urbano estase a completar estes días, ó mesmo tempo que observamos como a citada ventaniña ó pasado non fai máis que amosar un cachiño dunha realidade aínda presente, agochada e morta pola ignorancia e os escuros intereses. Catro espabilados venderon a trola no seu momento, de que aquilo era un aparato lento, feo e que estorbaba ós modernos automóbiles. Pero o certo foi que o único país de Europa que viviu tal desmantelamento dun servizo de transporte metropolitano coma o tranvía, foi desgraciadamente o noso. O país que tira con todo. Efectivamente, cando un pensa que houbo un trenciño que partindo do centro do Porriño e atravesando as entrañas de Mos, chegaba o espazo que hoxe ocupa o aeroporto de Peinador para seguires a Vigo polo Calvario e que nin tan sequera temos unha liña de autobús que recorde e preste un servizo en condicións, xa pode imaxinar que pretenderon eses espabilados falando do progreso . Porque do mesmo xeito que as estradas e os coches de hoxe en día non son os de hai sesenta anos, un tranvía moderno

É

podería seguir facendo unha función na nosa espallada terra que o ferrocaril convencional non pode cubrir. Un medio de transporte eficiente. Sen embargo, o negocio que supuxo para eses catro espabilados o desmantelamento do único servizo de transporte metropolitano serio que endexamais tivo a nosa comarca, todavía me escoce cando vexo as palas maltratando os ferros e os adoquíns todavía presentes no chan. Porque nin para conservar en condicións naturais algo que foi importante valemos, aínda que sexa como recordo histórico, porque coa historia os espabilados non fan negocio. Tamén podes ler a Carlos Rego en... www.cafecongotas.wordpress.com

gracioso ver como en plena crise, cando máis na lama están as cousas, comezan a proliferar como moscas as verbas “brotes verdes”. Políticos, analistas, estadistas e todo colectivo que acabe en istas, andan a marear a perdíz coa teima da economía, dicindo que tales “brotes verdes” son os sinais inequívocos da recuperación. Mentira. Para uns a economía vai de medo “in crescendo” sen parar, e a para outros seguemos lanzados o baleiro dende un avión a máis de 10 mil metros. Esta dualidade, que se extende a tódolos ámbitos, dame noxo e ás veces arrepíos. As cousas son brancas ou negras. Non hai cor intermedia. Por que? Como é posible?. Como pode ser que mentres uns (dáme igual a cor política que teñan) ven as cousas co maior dos optimismos, os contrarios, ou complementarios venas de xeito diametralmente oposto?. Como é posible?.Como chegamos a permitir que isto sucederá?, Como deixamos que nos enganen coa dialéctica barata, con eufemismos poco sofisticados e algún que outro fichaxe millonario?. Realmente non o entendo. Mentres medio mundo anda pendente do tipo de medicamento que matou a Michael Jackson (gran artista por certo),

aquí como parvos tragamos con todo, con eses “brotes verdes” que non brotes de soja, que se transformaron en subidas de impostos e estratexias similares. Andamos a tirar os cartos e logo pasa o que pasa, vacas fracas. As medidas “progres” do goberno, non o son tanto, e ao final os que acaban pagando a crise son os traballadores, como

sempre. Que si, que si… brotes verdes… pero eu cando camiño polas rúas soamente vexo establecementos pechados, o cartel de véndese nas terrazas dos edificios e o aparcamento do Lidl a rebosar. Si señor presidente e amigos da oposición, haberá crise pero vostedes disfrutan de grandes salarios e primas, pagas extras e dietas por estar todo o día dándolle á lingua e enchendo os bandullos. Moito falar da situación do traballador pero non vexo que “sus señorías” se baixen os soldos. Canto vale organizar un mítin con tódalas banderitas, os plasmas xigantes, os pinchos e os equipos de megafonía?. Austeridade polo carallo. Para que beber viño de mesa se podo beber Don Perignon. Triste paradoxa do destino, estes homes e mulleres que fan da palabra a súa ferramenta non predican con ela, a corrompen. Mentres o círculo da vida segue, hai voces que alertan de que esta crise socioeconómica vai para largo, e que tardaremos case que dez anos en saír dela por moitos brotes verdes que nos queiran vender coa retórica de bar. Dicir moito para non dicir nada. O de sempre . E nós como sempre perdidos entre Cristianos Ronaldos, xiras mastodónticas dos amigos dos nenos pobres Bono e U2 e os cotilleos da morte do rei do pop. As veces penso que somos parvos.


XULLO DE 2009

O PORRIÑO

O PP CHEGOU DE NOVO Á XUNTA. NO PORRIÑO GOBERNA O BNG; PENSAMOS QUE ERA UN BO MOMENTO PARA COÑECER ALGO MÁIS DOS MOVEMENTOS INTERNOS DESTE PARTIDO NESTA VILA INDUSTRIAL GALEGA. FALAMOS CON MANUEL CARRERA, XEFE DE FILAS DAS ÚLTIMAS ELECCIÓNS E HOME CHAMADO A NOVAS RESPONSABILIDADES, SEGUNDO DIN “AS MALAS LINGUAS”, COUSA QUE EL NEGA, DE MOMENTO. MANUEL CARRERA É HOME DE POUCAS PALABRAS; ESCUETO E PRECISO. NÓTASELLE CERTA TIMIDEZ DIANTE DUNHA GRAVADORA, PERO POR OUTRA BANDA VÉSELLE SINCERO. TAL VEZ AINDA NON BEBEU A BEBERAXE AMARGA DO PODER.

GUILLERMO RODRÍGUEZ/ FOTO: HERNÁNDEZ

-No Porriño segue gobernando o BNG, ¿por que? -O BNG goberna, en primeiro lugar, porque foi o partido máis votado no Porriño e a dereita non se pon de acordo. Como hai algún partido que considerou que aínda sacando menos concelleiros que o PP debería gobernar, xorde este problema que temos na dereita. Cos Independientes de Porriño nunca tivemos problema. Dende o primeiro momento aceptaron os resultados. O día da investidura votaron ao Partido Popular, e Ciudadanos por Porriño non o entendeu así; entendeu que con menos concelleiros eles terían que chegar á Alcaldía. Os resultados no Porriño din que o Partido Popular foi o partido que máis concelleiros sacou, que máis votos sacou da dereita; todos entendemos que tería que ser o Partido Popular, nese suposto pacto, quen tería que gobernar, pero hai quen non o entende así. -Que vai pasar co PP nas vindeiras eleccións? A dereita vaise presentar dividida? -Estámonos estudando a integración de Independientes de Porriño no PP. Está claro que de haber un pacto buscaríase a integración dos

tres partidos de centrodereita. Gonzalo Ordóñez é unha persoa que estivo no Partido Popular e que por motivos persoais, particulares no seu momento, decidiu irse a un partido independente, sen embargo votou ao Partido Popular na investidura; síntese do Partido Popular e o que está claro é que temos que intentar non ir por libre. Estamos a ver os resultados, dende o primeiro momento que houbo un partido independente no Porriño, o Partido Popular deixou de gobernar no Porriño; eu penso que despois de dúas lexislaturas con estes problemas, os que somos de centrodereita temos que ser intelixentes e saber que temos que camiñar xuntos. -Esa posible integración de Ordóñez no PPsignificaría que Carrera podería marchar para a Xunta e deixar a Ordóñez como candidato, ou Ordóñez acepta a Carrera como candidato? -Para iso aínda quedan dous anos, o primeiro que temos que formularnos é esa posible integración, ao mellor non hai tal integración, e dentro desa posible integración habería que falalo, habería que tratar de matizar todo o que leva a integración, pero eu estou aquí para facer política local, eu fun o candida-

to nestas últimas eleccións municipais e entendo que debería seguir sendo o candidato para as próximas eleccións municipais. -Hai rumores de que a Carrera lle ofreceron un posto na Xunta, é certo? -Non é certo. No Porriño había moitos comentarios de que se Carrera ía para a Xunta, que se deportes, que se o equipo de ciclismo..., non houbo nada diso, o único que se barallou, e estamos niso é a Deputa-

que tivemos el e máis eu, que non estaba moi convencido de seguir en política e el mesmo foi quen abandonou. Agora mesmo, o fillo de Barros, Chiño Barros, está comigo na executiva, estamos colaborando xuntos, e de momento é o que hai. A verdade é que falo moi pouco con Barros pai, desvinculouse da política activa. -Estás contando con Chiño Barros para futuros proxectos? -Polo momento, Chiño está na

ción. Eu estou de reserva na Deputación, e agora aos dous anos toca un cambio como así se acordou na reunión que tivemos ao inicio desta lexislatura, que pola zona da Louriña e Baixo Miño está o alcalde do Rosal ; estaría dous anos, e despois daría paso ao reserva. Na reserva estabamos Nidia Arévalo e Manuel Carrera. Logo de que Nidia se foi do partido é lóxico que sexa eu o candidato. Pero o da Xunta, polo de agora non hai nada. -Suponse que a Ordóñez non lle gustará ir de gregario de Manuel Carrera, pola súa traxectoria, porque leva anos aí pelexando; suponse que pedirá algo a cambio. -O que falamos máis dunha vez Ordóñez e máis eu foi que el non quería seguir na política local. Posiblemente pretenda aspirar a algo fóra de O Porriño e a cambio propiciar a integración do seu partido no PP local. son cousas que el saberá e das que non teño máis que suposicións. -A familia Barros segue apartada da política local? -Barros deixou a política, o sabemos todos, eu no seu momento ofrecinlle ao fillo vir na lista comigo; de xeito unilateral el decidiu non seguir, a min díxome nunha reunión

executiva, estamos traballando un grupo de vinte persoas na executiva, estamos facendo plans importantes para os vindeiros dous anos: congreso de Nuevas Generaciones, entregas de novos carnets ós afiliados coa presenza dalgún cargo importante do Partido se é posible; temos pendente unha gran festa con todos os interventotres e apoderados do partido que se prestan voluntarios para eses traballos, etc. Con isto, quero dicir que estamos a traballar xuntos nun proxecto novo coa nova candidatura, como eu que, na cabeza de lista das municipais, empecei a traballar, a organizar o partido..., e o que sexa nas próximas eleccións municipais non nolo formulamos aínda. -Que pasou coas Galescolas? -O das Galescolas é un exemplo claro da despreocupación deste goberno. Por moito que pretendan argumentar, escudarse de que o Consorcio actuou mal pechando a Galescola. Ten que facelo se non reúne as condicións óptimas para o seu funcionamento. Eu fun a Santiago para informarme debidamente, con documentos,de cal era a situación. A propia directora do colexio mandara, na mañán da reunión de pais, oposi-

5

ción e goberno, un informe solicitando o peche do centro. Xa no ano 2006 o servicio de inspección solicitara unha serie de requisitos imprescindibles para o bo funcionamento do Centro.fixera unha serie de advertencias que o Concello non tivo en conta. Os pais protestaban porque o local estaba en moi malas condicións. Estaba claro que non habían feito absolutamente nada, cando o que ten a obrigación de solucionar todos eses problemas de mantemento e incluso de estruturas é o Concello. Nos medios dicía o BNG que lle sorprendía que pechasen a Galescola, a min o que me sorprende é que eles se sorprendan, cando tiñan un montón de requirimentos ano tras ano e non fixeron absolutamente nada. É un problema de abandono. -Como cualificarías a política do BNG, en termos xerais, nos dous anos que leva gobernando? -A política do BNG é practicamente a mesma que fai dous anos, eu creo que incluso un pouco peor. Houbo algún concelleiro que se acostumou ao poder e fai o que lle dá a gana, conta cos grupos da oposición nada máis que para pedir diñeiro, que é outra cousa que non entendo, que aprobaran fai uns meses un orzamento de 4.000 millóns de pesetas e o único que se vexa en Porriño son as obras do Plan E, outra cousa non se ve, entón eu pregúntome se eles dicían que eran certos e que eran reais eses orzamentos de 4.000 millóns de pesetas, no Porriño non se están notando. -Será que o Concello ten débedas pendentes por pagar de anos pasados... -Si, pero iso non foi o que venderon, eles venderon os orzamentos, que ían facer moitas cousas no Porriño. -Como concelleiro ti sabes se hai débedas ou non... -Débedas teñen tódolos concellos, iso está claro, pero hai concellos que fan cousas e hai concellos que non fan nada. Iso é o que nós preguntamos. E logo, dicir que non contan cos partidos da oposición absolutamente para nada, están facendo unhas obras do Plan E que nós nos enteramos cando se iniciaron esas obras e que ían pechar as rúas o día que estaban na rúa, non sabemos que rúas van ir peatonais e cales non, e evidente que haberá uns expedientes e que nós deberiamos revisar eses expedientes, pero eu penso que tamén é obrigación do equipo de goberno falalo como falan doutras cousas de moito menos importancia que nos chama á xunta de portavoces para falar.solucionou ese problema, como outros problemas que estamos denunciando continuamente.


6

XULLO DE 2009

O PORRIÑO

breves O Concello realiza obras de humanización no casco urbano do municipio A concellaría de Vías e Obras está a realizar as obras de humanización previstas nas rúas Ramón González e Manuel Rodríguez, até o cruce coa rúa Xogo da Ola, na rúa Antonio Palacios, e na contorna da igrexa de Santa María. En concreto, as obras da rúa Ramón González conta cun orzamento de 673.549,82 €, e o prazo de execución é de seis meses. O Alcalde en funcións, Pedro Pereira, afirmou que “con este proxecto melloramos a accesibilidade coa supresión das barreiras arquitectónicas, e potenciando unha zona comercial e peonil xa existente no centro urbano do municipio”

Inícianse obras de instalación de parques infantís nas parroquias As obras consisten na creación de novos parques infantís nas parroquias que non contaban con este tipo de servizo, como é o caso de Mosende, Pontellas, Chenlo ou Cans; e a remodelación dos vellos parques de xogos existentes na Fase II e na Fase IV de Torneiros, e no barrio de Carracido. Nas parroquias de Cans e Chenlo instalaranse parques infantís perto da Igrexa, en Cans, e xunto ao local da Entidade Menor, en Chenlo.

´“Desde o Concello levamos anos reclamando esta solución”, afirmou Pedro Pereira

A Deputación de Pontevedra instalará unha rotonda en Torneiros REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Concello do Porriño informa, a través do seu Alcalde en funcións, Pedro Pereira, de que a Deputación de Pontevedra dará solución aos problemas de seguridade vial existentes na estrada de titularidade provincial O Porriño – Mosende, na altura da intersección co Bar Queta, mediante a instalación dunha rotonda. “Desde o Concello levamos anos reclamando esta solución, e despois de térsenos presentado por parte da Deputación outros proxectos, amosamos a nosa satisfacción por que se constrúa unha rotonda neste entorno”, afirmou o Alcalde en funcións, Pedro Pereira. O Concello do Porriño plantexou en todo momento esta solución á Deputación, mesmo entregando no ente provincial un estudo topográfico para a mellora da seguridade vial na zona. A última comunicación por escrito remitida a este respecto polo concello ao ente provincial, no que se instaba tamén a instalación de pasos elevados, instalados pola Deputación hai 15 días, e o pintado de vías no tramo entre o cuartel da Guardia Civil e a citada instersección, data do mes de setembro de 2008. Desde o concello porriñés infórmase, asemade, que a Deputación procederá en breve a executar a sinalización horizontal e ver-

Arriba, Pedro Pereira, concelleiro de Vías e Obras. Abaixo plano da futura rotonda de Torneiros.

tical do tramo Ponte do Valo – Mosende. “Desde o Goberno Municipal temos solicitado repetidamente

reunións co Presidente da Deputación, Rafael Louzán, para tratar sobre futuras inversións no Porriño. Agardamos que estas solicitu-

des teñan resposta para poder seguir colaborando con novos proxectos para o municipio”, afirmou Pedro Pereira.


XULLO DE 2009

O PORRIÑO

7

Preto de 600 persoas recibiron formación en novas tecnoloxías REDACCIÓN/O PORRIÑO

Curso de cociña en Torneiros.

O Concello asina un convenio coa Xunta para a realización dunha acción formativa REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Concello do Porriño, a través da súa concellaría de Emprego vén de asinar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación, para a realización dunha acción formativa dirixida prioritariamente a persoas desempregadas. Ao longo das 815 horas de duración do curso, que se prolongará até o vindeiro mes de decembro, as persoas participantes recibirán formación na manipu-

lación e conservación de alimentos, na preparación de pratos elementais e de pastelaría, ou na presentación dun servizo tipo “buffet” ou “self-service”, entre outras. Este curso de cociñeiro/a inclúe un modulo de 15 horas sobre técnicas de búsqueda de emprego, e un de 10 horas sobre formación en igualdade. As persoas interesadas deben dirixirse ao Servizo de Emprego do concello porriñés, no Edificio Multiusos de Torneiros. A concelleira de Emprego,

Obdulia Diniz, afirmou que “grazas á sinatura deste convenio levaremos a cabo unha acción formativa que se presenta como unha oportunidade para mellorar as posibilidades das persoas desempregadas á hora de atopar traballo. A máis da completa formación en cociña que contén o programa, ofrécese unha formación complementaria en técnicas de búsqueda de emprego, tan necesaria para inserirse no mercado laboral, e en igualdade”.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, con quen o concello porriñés ten asinado un convenio de colaboración, continuou en xuño co seu traballo decidido a prol da inmersión da cidadanía do Porriño nas novas tecnoloxías. No mes que ven de rematar, impartíronse un total de 3 obradoiros tecnolóxicos, de 36 horas de duración, a través dos que se formaron 24 persoas. Os obradoiros impartidos no mes de xuño foron Iniciación á Informática (en 2 ocasións) e Iniciación a Internet. Asemade, 14 persoas inscribíronse como usuarios da Rede para poder aproveitar, sempre de xeito gratuíto, as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas horas de aula

aberta, que foi utilizada nun total de 340 ocasións. En canto aos números xerais da Rede desde que botara a andar no Concello en xaneiro do 2007, destacar que foron xa 393 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da Rede de Dinamización da Sociedade da Información. Neste tempo leváronse a cabo 69 obradoiros nos que recibiron formación 595 persoas. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Obdulia Diniz, afirmou que “os datos de participación nas actividades organizadas desde a Rede no Porriño son moi positivos. Preto de 600 veciños e veciñas teñen pasado polas instalacións que o Concello pon á súa disposición no Edificioultiusos de Torneiros para poder achegarse ás novas tecnoloxías”

O Porriño Industrial celebra o VII campus de verán REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Concello do Porriño informa, da presentación do campus de verán do Porriño Industrial, que se está a celebrar do 6 ao 11 de xullo no Campo do Carballo, en Atios. Ao longo dunha semana, os nenos e nenas que participen no campus, practicarán diferentes conceptos futbolísticos acordes ao seu grupo de idade, ademáis doutro tipo de actividades, como unha visita á piscina ou unha

charla sobre regulamento a cargo dun colexiado. O Sábado disputaranse distintas competicións, nas que se aplicarán os coñecementos adquiridos durante a semana. O campus contará neste derradeiro día coa visita do xogador do Celta de Vigo, Iago Aspas. O acto de presentación contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Marcos Rodríguez Novás, e do presidente do Porriño Industrial, Moncho Bastos


8

XULLO DE 2009

O PORRIÑO

Medio Ambiente activa a campaña de residuos ‘Depende de nós, depende de ti’ A campaña consiste no reparto de cadernos informativos que inclúen un test co que se pode participar nun concurso con premios para as persoas que máis coñecementos acrediten na cuestión do lixo REDACCIÓN/O PORRIÑO

A concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Miriam Martínez Troncoso, activou a campaña de redución de residuos Depende de Nós, Depende de Ti. O obxectivo desta campaña é acadar un maior coñecemento sobre o tratamento e a prevención do lixo entre e cidadanía. A campaña consiste no reparto de 3.000 cadernos con consellos sobre redución, reutilización e reciclaxe tanto nos fogares, como nos centros de traballo ou educativos. Tamén se inclúe no folleto completa información sobre o punto limpo, o servizo de reciclaxe instalado hai dous anos polo concello poriñés no Polígono da Granxa para os residuos que non se poden depositar nos contedores convencionais ao recibiren un tratamento diferente (cascallos e entullos, mobiliario, electrodomésti-

Ana Domínguez, preparadora laboral de ACEESCA e a concelleira de Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso.

cos, aparellos eléctricos, etc); así como dos lugares habilitados polo concello para a reciclaxe de cd´s e dvd´s, pilas usadas ou aceite de cociña.

Para participar no concurso débese contestar un cuestionario de 16 preguntas, cada unha delas con 3 respostas posíbeis e só unha correcta. Unha vez respondido o test,

débense cubrir os datos persoais e depositar o mesmo nas urnas que se poden atopar na Casa do Concello, no Centro Cultural Municipal, na piscina, no pavillón, e nas de-

pendencias municipais do Centro Multiusos de Torneiros. Resultarán premiados os 3 cuestionarios con máis contestacións correctas. O primeiro premio consiste en dúas noites de fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural do Courel, a elixir entre os meses de xullo e agosto. O segundo e terceiro premio consiste en dous lotes de produtos de agricultura ecolóxica e comercio xusto respectivamente. O prazo límite para entregar o test remata o 20 de xullo. A concelleira de Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso, afirmou que “Un dos obxectivos da campaña Depende de Nós, Depende de Ti, é formar á cidadanía, a través da educación medioambiental, no correcto tratamento dos residuos que xeramos no día a día, así como na importancia de crearmos hábitos de consumo responsábel”.


XULLO DE 2009

O PORRIÑO

9

IVÁN VAQUEIRO, IMPULSOR DA REDE GALEGUISTA NO PSDEG

O concelleiro do PSdeG-PSOE no Porriño e ex-membro da Executiva Nacional vén de poñer en marcha unha iniciativa dende o seu blog (ivan-vaqueiro.blogspot.com) que camiñará na procura de darlle protagonismo ao pensamento galeguista dentro da formación na que milita. Máis de cen persoas uníronse xa ao proxecto na rede social facebook. Damián Villalaín, Ceferino Díaz, Isaac Díaz Pardo, entre outros, apoiaron a iniciativa de Vaqueiro. O proxecto presentarase o 18 de xullo en Compostela.

“A idea da Rede Galeguista non se fai ‘contra’, faise ‘para’” GUILLERMO RODRÍGUEZ

-Arede dá moito xogo. Vostede funda a Rede Galeguista a través dela precisamente para espallala? -A idea da Rede xorde dunha sensación compartida de que, debíamos potenciar o sentimento galeguista no PSdeG, porque o noso discurso galeguista ten importantes referentes históricos que debemos potenciar. Os Ramón Piñeiro, Celso Emilio Ferreiro, Carlos Casares, Quintanilla, Pereira, etc.; que impulsaron unha visión de defensa transversal na estrutura política de Galicia que forma parte da nosa alma política, máxime agora que na dereita actual, os referentes galeguistas ou rexionalistas, están sendo postos en solfa por un PP que se botou ao monte na súa cruzada irresponsable contra o galego. ARede Galeguista, naceu ao primeiro, como unha arela persoal, pero vexo con ilusión que somos moitos no PSdeG os que pensamos que é algo necesario. Arede por suposto, é o máis rápido para expandir ideas, pero penso que o obxectivo debe ser crear algo máis sólido. -Cre que o PSdeG-PSOE vai a aceptar de boa gana esta "cuasi disidencia"? -Eu non falaría de disidencia. A idea da Rede de Galeguistas non se fai “contra”, faise “para”. Anosa aspiración, non é outra que a de potenciar o galeguismo na nosa organización, como un valor propio. Como a asunción da

nosa identidade dentro dun discurso socialdemócrata e europeísta como é o que ten o PSdeG. Cando se fala da España Plural, falamos de sentimentos que existen aló onde se dá unha identidade propia, non excluínte, pero si distinta, que se debe amar, protexer e respectar. E por iso é necesario, sempre dende o respecto aos que non pensan así, potenciar o estudo e a defensa de todos aqueles elementos que nos caracterizan como galegos. O PPataca ao galego, porque a lingua non ten pés nin mans, pero corremos o risco de polarizar á sociedade nun tema que non debería xerar debate social. En Galicia todo o mundo coñece e fala o galego e o castelán sen problemas. Dicir que “o castelán está en perigo” ou que o famoso Decreto do galego que só afectaba ao 50% das asignaturas é unha imposición, é unha estratexia irresponsable.... -En que se diferencia o ideario da Rede Galeguista do P.G. ou do P.N.G. (hoxe no BNG)? -Penso que o ideario do P.G., de Coalición Galega ou do P.N.G era exclusivista, no senso que entendían que como partido representaban eles mesmos ao país. Ramón Piñeiro tivo a claridade de pensar que, ante a transición democrática, facendo unha similitude con Europa, socialdemocracia e democracia cristiá serían as forzas dominantes, e polo tanto, era mellor formar unha xeración de galeguistas,

PREMIOS CÍRCULO´09

E

UN ANO MÁIS O CÍRCULO RECREATIVO CULTURAL entregou os seus galardóns anuais. Nunha gala conducida pola xornalista Icía Alcalde, e ante preto de duascentas persoas, entregáronse os cinco premios que este ano recaíron en: no apartado de Música aos grupos dos 80 do Porriño. Recolleron o galardón representantes dos grupos Sobaco Negro, Supermiembro, Ratas de alcantarilla e Callos Louriña. No apartado de Cultura o premio foi para o Festival de Cans, o seu director Alfonso Pato, responsables da Asociación Cultural Arela e un representante dos veciños da parroquia agradeceron o xesto do CRC. O antigo grupo de ximnasia rítmica da sociedade recolleu o premio ao Recordo. Suso Silva en Deporte, pola súa aportación ao baloncesto da vila, e Urbano González en Mención Especial, foron os outros homenaxeados da noite. Fotos: C.P.

N

I

M

A

X

que se identificasen co país, á marxe das súas ideas. Nos anos oitenta, moitos integrantes do extinto PSG, incorporáronse dentro do chamado Colectivo Socialista ao PSdeG-PSOE. Daquela, persoas como Fernando González Laxe, Ceferino Díaz, Panchulo, Antón Louro,... apostaron, dentro da estratexia de transversalidade do galeguismo, por galeguizar o PSdeG e poñelo ao servizo do país. Foron os tempos nos que os chamados “catro fantásticos”, véxase, Ramón Piñeiro, Carlos Casares, Alfredo Conde e Benxamín Casal, incorporáronse nas listas do PSdeG-PSOE para potenciar ese sentimento. Temos tamén, os antecedentes de Aureliano Pereira e Xaime Quintanilla. Falar de galeguismo no PSdeG é, polo tanto, falar dun sentimento de compromiso de país, como a negociación estatutaria, para que Galicia tivese un estatuto á altura do País Vasco ou Cataluña. -Esta idea é súa, a título individual, ou xorde de contactos, conversas, con máis

E

S

xente dentro do seu partido? -Como dicía, a idea xurdiume fai unhas semanas, logo do último Congreso Galego do PSdeG, e de escoitar diferentes intervencións, entre elas as do propio secretario xeral, nas que se falaba de potenciar o galeguismo. Somos xa case cen na Rede, e organizando unha primeira xuntanza para darlle unha forma máis firme á Rede e trasladarlle ao partido esta inquedanza. Pensamos que sería bo para o PSdeG dotarse dunha entidade como a Fundación Campalans en Cataluña, co PSC, que se adica a estudar Cataluña dende unha óptica progresista e catalanista. Para ser unha forza maioritaria de país, temos que ter as ferramentas que nos permitan comprendelo o mellor posible, e para iso temos que introducir no noso partido maiores cotas de xestión do coñecemento, innovación e estudo da realidade do país para que poidamos defendelo con máis forza, e agora é o momento de reforzarnos neste campo.


10

XULLO DE 2009

O barrio de San Benito i m a x e s

Sábado 11 Procesión de San Benito Subasta de San Benito Ás 8 concerto da Banda de Música Municipal de O Porriño Verbena coas Orquestras Lamas e Meneito

Domingo 12 A partir das 12 Charanga Ás 8 actuación das pandereteiras Cheira Ghato Verbena coas orquestras Supercombo e Costa Blanca

Luns 13 A partir das 19 horas orquestra Naranja

Actos relixiosos Novena desde o día 1 ao 9 ás 8 da tarde na Capela Misas: 10,11,12 na Capela Día 12 Misa solemne no templo parroquial con procesión Día 13 misa ás 12 por todos os cofrades difuntos

p a r a

o

r e c o r d o


11

XULLO DE 2009 momento estase a respectar. Consideramos positivo que o goberno local estea procurando que non exista ningún tipo de frición. Pola nosa banda, nós xa lle fixéramos un prantexamento a goberno e oposición de trasladar parte do mercadiño para a zona. Sempre pensamos que revitalizaría os barrios e agora comprobamos que si.

“A

decisión de emprazar aquí o mercadiño é positiva e así nolo fixeron saber os veciños dos barrios”

D.G./O PORRIÑO

-Un ano despois da constitución da asociación que balanzo fai do percorrido feito ata o de agora? -En xeral podemos calificalo de rotundo éxito xa que a resposta da xente foi moi positiva. Unha asociación canto máis numerosa é máis forza gaña e para nós o apoio amosado pola xente foi un espaldarazo moi importante. Agora mesmo temos preto de 160 socios e sabemos que hai moitas persoas que están a achegarse, que queren integrarse. O balanzo é positivo, de todas maneiras, si ben é certo que estamos a conseguir moitas cousas, hai outros obxectivos marcados que aínda temos que tentar cristalizar. -A asociación nace porque queren facerlle fronte ás carencias que, segundo vostedes din, padecen os barrios...

EMBUSTES

-Efectivamente. Os barrios de San Benito, San Sebastián e tamén o barrio do Cruceiro, a zona da Carrola, a Pontenova, etc. teñen unhas carencias importantes en alumeado, beirarrúas, estado das rúas, saneamento, escasa vixiancia da policía municipal... Un grupo de amigos, falando deste abandono, decidimos que era importante constituirse como asociación para tentar paliar estas carencias. Marcámonos uns obxectivos e non cexaremos en levalos a cabo, a pesares de que vemos que o goberno municipal ten outras prioridades, non atende debidamente os prantexamentos que lle levamos feito. Esta situación non chegamos a entendela xa que non estamos a falar de asuntos que requiran dun orzamento especial; pensamos que calquera goberno municipal que se precie incluiría estes aspectos nunha axenda normal de actuacións. -Por que existe ese ácedo en-

frontamento co Concello dende os inicios do colectivo? Como están as relacións co goberno local agora mesmo? -Digamos que, si ben é certo que non son todo o cordiais que deberían ser, tampouco se pode dicir que esteamos en constante enfrontamento. Nós non buscamos enfrontamento con ninguén porque nós non miramos a cor política de quen está a gobernar. O único que buscamos é, dentro da cordialidade, conseguir aquelas cousas que cremos necesarias para os nosos barrios. Que ninguén pense que a asociación é un frente aberto contra ninguén. -Que tal acolleron os veciños o emprazamento do mercado na zona? -En xeral foi una decisión positiva e así nolo fixeron saber os veciños. Preocupábanos que a entrada aos comercios da zona se taparan cos postos dos ambulantes e de

“C

remos que non se están a dedicar todos os esforzos para acabar coa venda de droga na zona”

-Hai quen di que o mercadiño quedará instalado aquí abaixo permanentemente... -Pois non o sabemos. O goberno local díxonos que sería de maneira provisional. É certo que nas conversas abriron unha paréntese para dicir que si a decisión funcionaba podería permanecer aquí. No Porriño, por desgraza, todo está centralizado na zona do Concello e pensamos que esta zona da vila tamén é merecedora de que se lle dea vida. -Celebraron hai pouco o primeiro aniversario con varios actos. Que tal resultou todo?

- A participación foi marabillosa, foi un éxito total. Pensamos que o público saiu moi contento tanto da fogueira de San Xoán, coa primeira festa do Chouripán, como da fin de semana de actos de celebración. A xente divertiuse e participou moito, iso alédanos. -Que proxectos teñen a curto prazo? -Preocúpannos moitos asuntos pero sen dúbida o da venda de droga nos barrios é o que máis. Non hai que esquecer que tentar erradicar os puntos de droga na zona, foi unha das primeiras medidas que adotou o noso colectivo; chegamos incluso a facer unha manifestación. A día de hoxe a venda de droga non só non desapareceu senón que vai en aumento e así fixémosllo saber á Garda Civil, Subdelegado do Goberno e Concello do Porriño. Cremos que non se están a dedicar todos os esforzos para acabar con este gravísimo problema, seguiremos insistindo ao cen por cen. Por outra banda pedímoslle ao Concello unha maior limpeza de rúas e prazas, a rotulación das travesías da rúa Manuel Rodríguez ou da rúa Leandro Diz, que está sin identificar, unha maior presenza policial,... Parece que á polícia aquí só lle preocupa si están ou non correctamente os discos da hora. Parece que a presenza da polícia municipal nos nosos barrios está vetada por alguén. Si vas á zona do Concello podes ver a grupos de tres e catro municipais cando o resto do pobo está deixado da man de Deus. Nós tamén pagamos impostos e somos merecedores desa presenza policial que, de seguro, axudaría a disipar o asunto da venda de droga da que antes falabamos.

E OUTRAS VERDADES

Michael Jackson, devoto de San Benito Diego Giráldez

J

oseph Jackson, pai do recentemente falecido Michael Jackson, foi operario de grúa nunha fábrica de fundición de metal en Vigo. Segundo recollen as actas municipais do 13 de xullo do ano 1929 do Concello do Porriño, Joseph participou nunha desagradable liorta cos seus compañeiros o día 11. O documento di textualmente: “cuatro individuos, entre ellos uno de color, propinaron una brutal paliza al subastador dentro de la capilla haciendo que, entre el revoloteo de puñetazos, la imagen del Santo cayera al suelo y partiera en cuatro”. Co paso do tempo, Michael soubo desta historia e, atormentado pola imaxe do icono esnaquizado, prometeu suavizar a gravidade do asunto cumprindo dúas accións: facerse devoto de San Benito do Porriño de por vida e levalo algún día en procesión. 11 de xullo de 1984. O Rei do pop xa está no Porriño dende a noite anterior. É

festivo e atopar unha farmacia de guarda non é moco de pavo. Michael, que pasou a noite na Suite Imperio do Hotel Azul, emprende a búsqueda rodeado de gorilas baixo un paraugas prestado de Ici-Zeltia. Precisaba algo para almorzar, localiza a farmacia e compra un bidón de Clamoxil. Son as 10:30h. e media da mañán. Parte da comisión de festas de San Benito mantén un discreto encontro con Michael e Quincy Jones no bar Pontenova. Todo estaba preparado: faríase cunha das varas dianteiras do santo á altura do palco. Saen do bar. As da comisión, moi encopetadas e en sentida homenaxe, fanlle un anaco da coreografía de Thriller, Jacko aplaude algo confuso... E chegou o momento de saldar a débeda espiritual. Ás 12,45h. a procesión avanza ao ritmo da Municipal, chega á altura do palco e Michael, abríndose paso, faise cunha das varas dianteiras da ima-

xe. A xente enmudece; tan só se escoitou unha voz dunha señora despistada dicir “...que cedo chegaron os da Panorama...”. Se xa o momento era pura Historia, houbo un detalle que o rubricou: ao chegar diante da capela, Michael fixo o moonwalker cargado co Santo; os outros portadores e parte da procesión viuse na obriga de acompañar os pasos hacia atrás máis que nada por apelotonamento. San Benito entrou, Michael mirouno e lanzoulle un sorriso de misión cumplida. Os que sí o recoñeceron puideron ver como dúas bágoas con sabor a Demerol esvaraban pola súa pel asasinada polo vitíligo. A estampa da San Benito do Porriño acompañouno en cada concerto, en cada xuizo, en cada rinoplastia..., agochado na luva branca que inmortalizou a súa pinta xenial e relucinte. Brindemos por Michael Jackson, era dos nosos.


12

XULLO DE 2009

MOS

breves O PSOE de Mos quere as Escolas de Verán máis baratas O Concello de Mos pon en marcha as Escolas de Verán creadas durante o anterior goberno. O grupo socialista declarouse en contra do prezo que o actual goberno marcou para as mesmas, de 30 € cada 15 días. Segundo fontes socialistas non é de rigor este aumento xa que cando gobernaba o bipartito o prezo era de 12 € tamén cada 15 días. O argumento utilizado polos non adscritos foi que esta suba estaba xustificada polo incremento de tempo diario, que pasa de 3 a 5 horas. “Neste caso”, apunta Isabel Lago do PSOE mosense, “tendo en conta o argumento dado, o prezo tería que pasar de 12 a 20 € cada quincena, e non os 30 decididos”.

Iníciase a derradeira obra do Plan Estatal en Mos A última obra do Plan Estatal en Mos xa está en marcha. O denominado popularmente “Plan Zapatero” facilitará economicamente o asfaltado e humanización da estrada de Sanguiñeda dende a Avenida de Sanguiñeda ata a Ponte do Senlle. A inversión estatal é de 700.000 euros. O proxecto, segundo a alcaldesa, tivo en conta varias peticións veciñais.

R EDACCIÓN / MOS

O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou por unanimidade na sesión ordinaria mensual celebrada o pasado 25 de xuño, o convenio de colaboración coa Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra para a construción dun pavillón deportivo na parte posterior do colexio Castro-Mos. PP, PSOE e BNG ratificaron deste xeito unha das mellores novas coas que podían contar neste centro de ensino. Inversión A Alcaldesa mosense, Ni-

O

75% do custe total do pavillón, que se ubicará detrás do colexio, será financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra, que fará un desembolso de máis de 600.000 euros. dia Arévalo, informou de que dito polideportivo suporá unha inversión de 800.632 euros dos cales a Deputación financiará o 75% da cifra total, que ascende a 600.474 euros. Negociacións Arévalo declarouse no pleno "satisfeita, tras só seis me-

ses na Alcaldía, de ter cumplido a promesa que lle fixera sendo concelleira aos veciños da zona de conseguir un pavillón para a parroquia de Mos". A rexedora municipal e o Secretario Xeral de Educación, José Luis Vázquez Fernández, visitaron o pasado día 17 de xuño as obras do novo

colexio Castro Mos acompañados pola edil mosense de Educación, Julia Loureiro, e por técnicos municipais e autonómicos. Durante a visita, o Secretario Xeral autorizou a construción, por parte do Concello de Mos, do novo pavillón municipal que se ubicará na zona traseira da escola; e comprometeuse coa Alcaldesa a que a Xunta de Galicia acometa e asuma o custe dun novo muro de peche para o centro. Polo de agora non se falou de prazos nos que podería estar rematada esta obra tan necesaria para este colexio.


XULLO DE 2009

MOS

O xerente de Xestur reuniuse cos afectados polo Polígono da Veigadaña Domínguez mantivo un encontro coa Asociación de Veciños da Veigadaña e os responsables do campo de fútbol das Baloutas REDACCIÓN/MOS

O novo xerente de XesturPontevedra, Javier Domínguez Lino, visitou o pasado venres, día 26 de xuño, e tan só tres días despois de acceder ó seu posto, ós diferentes colectivos afectados polo polígono empresarial da Veigadaña. Domínguez entrevistouse, xunto coa Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Urbanismo, Sandra Temes, coa Asociación de Veciños da Veigadaña, con veciños afectados da Veigadaña e Castro, e coa xunta directiva da Unión Deportiva Mos no campo de fútbol das Baloutas. A Alcaldesa destacou da visita que “a menos dunha semana de tomar posesión do seu novo cargo, Domínguez reuniuse con tódolos colectivos afectados polo polígono para informalos da situación na que se atopa a súa problemática”. O xerente de Xestur manifestoulles ós afectados a total vontade de colaboración da entidade á que representa e a súa intención de cumprir cos compromisos adquiridos pola anterior Xunta que lle competan; e nos que non sexan responsabilidade súa, a facer de intermediario perante a consellería, “a pesares de

J

avier Domínguez pediulles paciencia ós afectados polo polígono “xa que a nova Xunta acaba de tomar posesión e non vai ser posible arreglar nuns días o que o goberno previo non foi capaz de solucionar nun ano e medio”, dixo.

que os anteriores dirixentes autonómicos non deixaron soporte orzamentario para levar a cabo ditos compromisos”, asegurou. Asimesmo comprometeuse, pola súa banda, a acudir a Mos unha vez ó mes para comprobar, a pé de obra, as condicións reais do polígono industrial. Javier Domínguez pediulles paciencia ós afectados polo polígono “xa que a nova Xunta acaba de tomar posesión e non vai ser posible arreglar nuns días o que o goberno previo non foi capaz de solucionar nun ano e me-

dio”, dixo. A alcaldesa Nidia Arévalo, deulle un ultimátum a Domínguez Lino deixándolle claro que “ata que non estean solucionados os problemas dos veciños e do campo de fútbol o Concello non lle vai a dar a Xestur a licencia de parcelación para que poida venderlle os terreos ás empresas interesadas en ubicarse no polígono da Veigadaña”. “A pesares da amizade que nos une non me queda máis remedio que porlle esta condición polo ben dos intereses dos veciños”, dixo a rexedora local. No caso das vivendas o novo Xerente de Xestur recoñeceu que “os catro peritaxes que se fixeron das casas afectadas foron excesivos tendo en conta que non se lles deu resposta nin solución algunha ós veciños que habitan nelas”, e informou de que o vindeiro día 13 de xullo celebrarase a primeira reunión técnica para proceder á evaluación dos danos en ditas vivendas. Sobre as melloras de urbanización, de acceso, nos taludes e no campo de fútbol das Baloutas, Javier Domínguez comprometeuse coa Alcaldesa e cos afectados a polas en marcha canto antes.

13

O PSOE de Mos critica no pleno a supresión da gratuidade dos libros de texto REDACCIÓN/MOS

Por outra banda os socialistas de Mos presentaron unha moción ao pleno do pasado xoves 25 en relación co anuncio da Xunta de Galicia de suprimir a gratuidade dos libros de texto. Os socialistas queren recordar que a gratuidade dos libros “foi iniciada por un goberno de Fraga Iribarne, ampliándose a tódolos cursos de primaria e secundaria polo goberno de Pérez Touriño”. Segundo apuntan “na comisión informativa mantida para tratar esta moción, tal como é preceptivo, os representantes do goberno, asbtivéronse argumentando que querían saber as condicións que ía marcar a Xunta, é dicir” querían saber que dí o PP, partido que estes non adscritos

O

Grupo Socialista entende que o pronunciamento sobor de este importante tema tense que facer antes de que estea aprobado este “desastre”. na Corporación de Mos, abandonaron recentemente”. Para os socialistas esta é “unha mostra máis do “paripé” de Arévalo e os seus compañeiros”. O Grupo Socialista entende que o pronunciamento sobor de este importante tema tense que facer antes de que estea aprobado este “desastre”.

O BNG pensa que o goberno de Mos non aporta nada novo REDACCIÓN/ MOS

“Constantemente estamos a ver na prensa novas sobre proxectos e inauguracións de obras, que o tránsfuga do PSOE, Gerardo Alonso e a súa valedora Nidia Arévalo, están a realizar”, asegura Miguel Anxo Aldea Moscoso, responsable local do BNG en Mos. “Todas se venden como novas e de grande valor, pero o que non se di, é que sinxelamente, están a levar cabo os proxectos que o BNG non puido facer ao ser expulsado do goberno”,

apuntou o nacionalista. Nesta ocasión o branco das críticas por parte do BNG é o proxecto da Alfacuca. Para Aldea o proxecto que estaba á espera de subvencións “era moito máis ambicioso que o presentado estes días”. Este conxunto etnográfico, situado perto da urbanización San Antoíño, “debería albergar unha aula de interpretación da natureza e ser un revulsivo para a parroquia de Louredo, atraendo para esta zona visitantes que a dinamicen”, asegurou Aldea.


14

XULLO DE 2009

MOS

breves Participación Cidadá organiza unha viaxe ao parque temático A Botica do Lazer, Portugal A concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro organiza para os días 17, 18 e 19 de xullo, unha viaxe ao parque temático A Botica do Lazer, en Portugal. A excursión está pensada para mozas e mozos de Mos a partir de 18 anos. O parque temático consiste nun espacio de ecoturismo ambientado na época dos castros que oferta actividades coma paintball, rutas 4x4, rocódromo, kayak, parapente, rafting, obradoiros medioambientais e sendeirismo, entre outras.

Alumnos do CUVI poderán facer prácticas en Mos O Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván C. Area, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asinaron, en representación dos organismos aos que pertencen, un convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas preprofesionais por parte de estudantes universitarios. O obxecto deste convenio é a regulación dun programa de prácticas preprofesionais para mellorar a formación dos estudantes, antes de seres titulados universitarios, de cara á futura inserción laboral.

Faal Mohame Lamin, de 9 anos, é o cuarto ano que pasa en Mos. Xunto a el a súa irmá galega Carlota de 4 anos.

Mos de novo co pobo Saharaui REDACCIÓN/ MOS

Outro ano máis a solidariedade mosense deixase ver. A resposta desta edición do proxecto “Vacacións en paz” organizada pola Asociación Solidariedade co Pobo Saharaui, fixo que sete nenos do Sahara pasen este verán en casas de acollida do municipio. Chegaron a principios de mes grazas á colaboración da concellería de Benestar Social. Este departamento financia o pago dos billetes de avión de ida e volta de cada un dos cativos. Recepción oficial Ana Rodríguez, concelleira de Benestar Social de Mos, informou de que o vindeiro día 10 de xullo ás 12:00 horas se lles fará a estes rapaces saharauis unha recepción oficial de benvida no Concello. Tras este

acto os nenos dirixiranse á Biblioteca Municipal onde poderán desfrutar dunha sesión de contacontos e se lles dará tamén un agasallo. Experiencia única A delegada e coordinadora da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui en Mos, Sara Cebreiro, contounos da súa experiencia de catro anos neste cargo e tamén das súas vivencias como nai de acollida. "Algúns dos nenos que viñeron este ano levan vindo xa varios veráns. Cada ano levámolos ao Centro de Saúde de Mos para que lles poñan as vacinas que lles corresponden segundo a súa idade e lles fagan unha análise de sangue; e tamén aproveitamos para facerlles revisións no oculista, no dentista e no outorrino. Levámolos á praia e á piscina e, este

ano, dous deles están inscritos nas Escolas de Verán que organiza o Concello", dixo Cebreiro. Acoordinadora destacou tamén nas súas declaracións a importancia que ten o feito de que este ano repitan todas as familias, "o que significa que as sete que acolleron a un neno ou unha nena saharaui o pasado verán fixérono este tamén; e isto débese a que a experiencia é inmensamente gratificante". "Grazas a elo, por exemplo, a miña filla aprendeu dende bebé que hai nenos con outras culturas e con carencias que nos fan ver que realmente non valoramos todo o que temos", asegura Sara Cebreiro, quen insiste en desmentir a idea preconcebida de moitas persoas de que cando os cativos teñen que regresar ó seu país é un momento triste: "eles aquí son felices pero te-

ñen ganas de regresar coas súas familias a pesares de que durante dous meses tiveran unha vida máis fácil", insiste. Un pobo oprimido O pobo saharaui segue a padecer a colonización. Primeiro foi España e dende 1976 Marrocos aproveitaron a súa superioridade militar para controlar o seu territorio. Os seus habitantes teñen que vivir en condicións pésimas e dependen da axuda internacional para subsistir. Varias ONG´s, entre elas algunhas que traballan en Galiza, levan anos enviando material e alimentos ademais de realizar experiencias de acollida como a que cada verán facilita a chegada de nenos e nenas que poden gozar dunhas vacacións decentes.


XULLO DE 2009

MOS

15

O BNG de Mos prepara o Día da Patria cun xantar nacionalista REDACCIÓN/ MOS

O Bloque Nacionalista Galego de Mos celebrou o pasado 5 de xullo un xantar de confraternización en Santiaguiño (Guizán). Esta xuntanza é o preludio da gran mobilización que terá lugar o 25 de xullo, día da Patria Ga-

lega. “Non podemos quedar indiferentes ante o desastre que está a supor o goberno do PP para o noso país, sendo o exemplo máis destacado, o ataque que está a sufrir o noso idioma”, sinalaron nunha nota aos medios de comunicación.

Cela redescubre as escaleiras e as Pías de San Pedro As melloras acometidas no entorno da igrexa foron inauguradas pola Alcaldesa e o Vicepresidente da Deputación REDACCIÓN/ MOS

O pasado sábado, día 27 de xuño, inauguráronse na parroquia de Cela unha serie de melloras realizadas no entorno da Igrexa de San Pedro. Trátase dunhas escaleiras centenarias que unen dita igrexa co Centro Cultural e que levaban soterradas varias décadas e das Pías de San Pedro, que tamén teñen centos de anos e, ao igual que as escaleiras, estiveron ocultas baixo terra durante décadas. Ademais inaugurouse a restauración do entorno da igrexa consistente no remozamento do chan de pedra e a acometida de xardíns.

A

s actuacións levadas a cabo supuxeron unha inversión de 47.000 euros financiados pola Deputación Deste xeito quedou remozado o paso que une e comunica o Centro Cultural coa igrexa e polo que os veciños do lugar lembran camiñar cando se dirixían, de cativos, á catequese. Actuacións As actuacións levadas a cabo supuxeron unha inversión de 47.000 euros financiados pola Deputación de Ponteve-

dra, que fixeron posible, gracias á organización da comisión de veciños creada para este fin, a fase de restauración realizada. Sen embargo, tal e como informou a rexedora local, esta obra non rematará aquí e a Deputación e o Concello pensan xa nunha segunda fase na que se restaure o resto do tramo de escaleiras que chegan ata o barrio de Arufe.

Imaxes da comida do 5 de xullo en Guizán.


16

SALCEDA

DE

XULLO DE 2009

CASELAS

As piscinas municipais de Salceda abren as súas portas REDACCIÓN/SALCEDA

Salceda pon en marcha a segunda Escola de Verán REDACCIÓN/SALCEDA

O Concello de Salceda de Caselas ven de por en marcha a segunda Escola de Verán, que se está a celebrar durante este mes de xullo nas instalacións do CEIP Altamira. Un total de 15 nenas e nenos participan durante todo o mes en xogos, excursións, demostracións… Con un horario que se extende de 9:30 a 13:30, o obxectivo fundamental do proxecto é o de ofrecer unha solución ás nais e pais para deixar os seus fillos durante o mes de xullo, xa que este é un pro-

blema que xurde cada ano cando as escolas pechan as portas pero as nais e pais teñen que seguir traballando e non saben onde deixar os fillos. Ademáis da aportación que fixeron os participantes na mesma, a Escola de Verán conta coa financiación do Concello de Salceda de Caselas, ao traverso das Concellarías de Benestar Social e Cultura, que dirixen Mónica Vizcaya e Teresa Pérez respectivamente, e que van facer unha aportación duns 1.000 €. No tempo que leva xa transcurrido dende o co-

mezo da actividade, as nenas e nenos participantes amósanse contentos e ilusionados coa mesma. Dúas monitoras son as encargadas de atendelos e divertilos, e o resultado está a ser todo o positivo que se esperaba. Mónica Vizcaya e Teresa Pérez manifestaron a súa satisfacción polo desenvolvemento que está a ter a Escola de Verán, amosando o seu interese por que esta sexa unha actividade que se manteña ao longo dos anos vindeiros, con todas as melloras que se vaian podendo levar a cabo.

O Concello de Salceda de Caselas ten en marcha dende o 1 de xullo os cursos de natación para todas as idades en horario de 10 a 15 horas. Os cursos están a desenvolverse nas instalacións das Piscinas Municipais. Máis de sesenta persoas dende os catro anos participan nestes cursos, postos en marcha dende a Concellaría de Cultura e Deporte, que dirixe Teresa Pérez. Entre as 15 e as 21 horas as piscinas están abertas ao público en xeral, para todo aquel que queira acudir a elas. “Os cursos de natación son agardados durante todo o ano, e sempre teñen unha grande acollida. Resulta moi satisfactorio ver a nenos e maiores aproveitando as actividades organi-

T

eresa Pérez: “Os cursos de natación son agardados durante todo o ano, e sempre teñen unha grande acollida”

zadas dende o Concello”, manifestou a concelleira. Este ano ademais as piscinas van recibir a visita dos nenos e nenas que participan na Escola de Verán. Así pois, tamén estes nenos e nenas terán oportunidade de disfrutar dunha mañá nas instalacións das Piscinas Municipais.


XULLO DE 2009

SALCEDA

DE

CASELAS

17

Un aspecto das obras.

Comenzaron as obras de saneamento de Picoña R EDACCIÓN /SALCEDA

Besada visitou a carballeira xunto ao concelleiro de Vías e Obras e os responsables d as obras de recuperación.

Xabarís, a carballeira recuperada REDACCIÓN/SALCEDA

A carballeira de Xabarís, na parroquia de Santa María de Salceda, está sendo recuperada para o desfrute dos veciños e veciñas. Esta obra promovida polo Concello de Salceda de Caselas está financiada polo Plan E para o fomendo do emprego cun importe de 47.761,58 €. Esta carballeira é un lugar emblemático, con car-

ballos centenarios, situada preto do Pazo de Pegullal, a poucos pasos do regato Ameixoa, entre os barrios de Barreiro e A Feira, un lugar de paso, moi frecuentado nos días de entroido ademais de formar parte Sendeiro das Greas (GR-58). A obra, levada a cabo pola empresa Obras e Reformas Castiñeira, ademáis da construción de muros e taludes

vexetais para a contención de terras, consiste na posta en valor de todos os seus elementos naturais e etnográficos, plantando novos carballos, colocando mesas, bancos de madeira , recuperando a fonte e o lavadoiro, etc. A superficie obxectivo de actuación, de 1.610 metros cadrados, contará tamén cunha zona de aparcamento.

A Picoña está de noraboa, non só polas festas que acaban de celebrarse na parroquia, senón tamén, porque despois de moitos anos de retraso, por fin comenzaron as obras de saneamento da rede principal do lugar. Estas, son unhas obras que xa deberían estar feitas fai máis de 6 anos, pero que por distintos motivos (disposición de terreos, dificultades técnicas, quebra da anterior empresa encargada da súa execución) non se poideron executar. A empresa Espina, vai levar a cabo a conexión da rede de saneamento dende o lugar de o Rubal (colec-

tor xeral) ata o lugar do Rioseco na parroquia de A Fraga, co que se unirán as zonas xa executadas dos barrios máis ó norte do Concello (Loureiro e Fraga). Esta obra é fundamental, xa que será onde se enganchen os ramais dos barrios pendentes de sanear. A tubería transcorrerá polas marxes do Río Caselas, xa que o proxecto inicial que as situaba no camiño das Besadas era inviable executalo, pois non ten suficiente caida nalgúns tramos e existía un gran perigo de desplome dos balados pegados a el. O orzamento desta obra ascende a 198.634,98 €.


CristO Salceda09

FESTAS

do

18 D.G./SALCEDA

de

-Como vive o alcalde as festas? Nestes tempos complicados é capaz de desconectar do traballo? -Con moita intensidade. As festas do verán en Salceda abarcan os meses de xullo, agosto e setembro: neste mes de xullo coas Festas do Cristo, en agosto coa Semana Musical Internacional, e en Setembro coa Festa dos Callos. Este ano estamos executando obras por

de? -Vivín na Esfarrapada, na hoxe Avenida de Galiza, entre os anos 1976 e 1980, moi preto da praza e o Cristo representou sempre as vacacións de verán e para un neno iso é a mellor noticia. Lembro ademáis, que a familia non durmía nestes días, xa que sempre colocaban a megafonía na fachada da nosa casa. Estes días son días de ledicia, festa e tamén de reencontro cos que están fora.

Estamos no inicio do proceso de recuperación para os veciños e veciñas dos espazos públicos. Queremos unha vila para vivir, traballar e para disfrutar. Por iso hai que elaborar propostas que pasan pola recuperación dos anos perdidos en facer un urbanismo especulativo por outro ó servizo da xente, con dialogo constante, pero con firmeza nos obxectivos. Non queremos facer miragres, pero sí soñamos cunha nova

un valor de 2 millóns de euros o que supón un enorme esforzo, pero de tódalas maneiras, sempre atopamos tempo para desfrutar das actividades. En Salceda sabemos, como ninguén, traballar e tamén disfrutar. -Que lembranzas ten das Festas do Cristo antes de ter este cargo de responsabilida-

-A humanización da Rúa Dr. Zunzunegui cambiará o aspecto e incluso a vida do centro urbano. Esto implica obras, cambios no tráfico,... Están os veciños implicados no proxecto? -A humanización da rúa Dr. Zunzunegui supón a ampliación en máis de 1.500 m2. da Praza do Concello, o corazón da vila.

Salceda orgullosa de seu. -Como será a nova Casa de Cultura? -A Casa da Cultura está dentro do proxecto de posta en valor do cerne da vila. Estamos a recuperar o noso patrimonio, o pouco que nos deixaron. Neste caso a antiga casa do Concelo, construída no ano 1917, vaise convertir no primeiro

XULLO DE 2009 centro cultural da vila, cunha auténtica biblioteca municipal, unha sala de exposicións polivalente, a oficina da OMIX, etc. e para iso creamos emprego, un obxectivo fundamental. Vai conformar, xunto co auditorio municipal e a futura casa da música os equipamentos culturais imprescindibles no corazón da vila: traballar e disfrutar da cultura e da música, os nosos sinais de identidade. -Cambiou o trato da nova Xunta con Salceda? -Polo de agora o que houbo é unha parálise provocada polo cambio de goberno. Tíñamos moitos proxectos en marcha, froito do traballo conxunto entre Concello e Xunta durante o primeiro ano e medio de goberno municipal, que están paralizados. Imos traballar para gañar este tempo perdido en beneficio do Concello de Salceda. Veremos se se cumpren os compromisos adquiridos polo ente autonómico. -Continúan adiante os proxectos previstos antes do 1 de marzo? -O 1 de marzo, Salceda xogabáse máis de 10 millóns de euros comprometidos. Neste momento algúns deses proxectos están no aire: o Plan Sectorial de Vivenda nas Ribeiras do Caselas ( 6 millóns ), o abastecemento de augas dende O Porriño (2 millóns), o saneamento de Budiño, Soutelo e Entenza (3 millóns), as obras das traídas de San Xurxo e Picoña (0,2 millóns de euros), etc. Espero que a actitude do novo goberno da Xunta e do PP en Salceda sexan de colaboración e non utilicen o sectarismo en prexuizo dos veciños e veciñas de Salceda.


CristO Salceda09

FESTAS

do

XULLO DE 2009

de

Teresa Pérez, concelleira de Cultura

“O das vacacións de verán na miña concellería sona un pouco a chiste” D.G./SALCEDA

-Como se presentan as Festas do Cristo deste ano? Que destacarías? - Eu creo que acadamos unha programación interesante a pesar do ano complicado que estamos a vivir económicamente falando. Grazas ás aportacións de institucións e entidades financieiras conseguiuse unha programación variada e atractiva para todos os públicos. -Salceda caracterízase, entre outras cousas, por ter unha programación de verán contundente... -O mes de xullo é importante na vida cultural da vila. A programación exténdese a diario dende o día 3 ata as festas, que van ser o 18, 19 e 20 de xullo. Son datas agardadas por todos, e sen dúbida o punto forte da programación cultural do Concello. Ademáis é o arranque do verán, xa que en agosto chega a Semana Musical da Asociación Amigos da Música, outro prato forte da programación cultural, e despois estamos xa na festa dos Callos, ou sexa que dende agora xa non hai descanso ata setembro. O das vacacións de verán na miña concellería sona un pouco a

chiste. -Cal é o prato forte desta programación de verán? -Hai varias citas importantes. Por destacar algunha falarei do certame de bandas de música o venres 10. Estamos xa na XVIII edición, e o listón está cada vez máis alto. Nesta ocasión, ademais da Banda Cultural de Salceda estarán a Unión Musical de Ponteledesma e a Banda de Santa Cruz de Rivadulla. Este certame congrega sempre a numerosísimo público, e estamos seguros de que este ano non vai ser menos. Outra cita importante vai ser o mércores 15, a Noite das Culturas. Vai ser unha noite latina co Ballet Folclórico de Monterrei (México) e con batukada e capoeira da man da escola de samba Zumbón. É a primeira vez que se fai algo deste estilo, e está a crear bastantes expectativas na vila. E despois están os concertos folk, que tamén atraen a gran cantidade de público, as actividades infantiles, os monólogos de Cándido Pazó, o teatro… non sabería decir cal vai ser o mellor día. -É complicado sacar á xen-

te á rúa nunha época na que todo o mundo escapa ás praias? -Para nós non é complicado. Amaioría da programación é pola noite, e resulta agradable saír a tomar algo a unha terraza mentres disfrutas das actuacións. A verdade é que non hai día que non se encha o aforo, sexa cal sexa a actuación prevista. Nese aspecto non temos ningún tipo de queixa. -Que papel xogará a nova Casa de Cultura na dinamización da vila? -A nova casa da cultura vai ter un papel fundamental. Por fin os veciños e veciñas do centro van ter un lugar de referencia na cultura. Este era unha carencia histórica. As parroquias foron conseguindo facer os seus propios centros culturais, pero no centro quedaba esa demanda, que por fin se vai ver satisfeita. Vai ser un punto de referencia para información e actividades de todo tipo, así como un punto de encontro para a xuventude. Alí vai estar a OMIX, a biblioteca, sala de lectura, sala de exposición, sala de ordenadores… Estamos seguros que será un edificio moi visitado.

19


CristO Salceda09

FESTAS

do

20

de

XULLO DE 2009

Programación cultural de xullo Venres 3: 20:30 Inauguración da exposición “Anacos da terra” de Kike Corbacho Auditorio Municipal 22:30 Grupo de playbacks Xunco (Parderrubias) Praza do Concello

Teresa Pérez González, concelleira de Cultura, Xuventude e Deporte e Marcos Besada, alcalde de Salceda presentado a programación

Venres 10: Sábado 4: 21:30 Aula Municipal de Teatro Infantil Auditorio Municipal

Luns 6: 22:30 Grupo de playbacks de Soutelo Praza do Concello

Martes 7: 22:30 Grupo de playbacks O Coto (Budiño) Praza do Concello

Mércores 8: 23:00 Cine na Rúa: “Mamma Mía!” Parque Raíña Aragonta

Xoves 9: 22:30 II Certame de corais: - Orfeón Condado Paradanta - Coral de Santa María de Salceda - Coro Polifónico de Entenza Praza do Concello

21:30 XVIII Certame de bandas de música: - Banda de Música Unión Musical de Ponteledesma - Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla - Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas Presenta: Beti Rei Praza do Concello Sábado 11: 22:30 Concerto folk: Tarxa Praza do Concello Domingo 12: 20:00 Xogos para nenos con Rivel Animación Parque Raíña Aragonta Luns 13: 23:00 Cine na Rúa: “Kung Fu Panda” Parque Raíña Aragonta Martes 14: 22:30 Concerto folk: Avelaíña Praza do Concello

Mércores 15: A noite das culturas 22:00 Ballet folclórico Monterrey (México) 23:00 Escola de samba Zumbón: batukada e capoeira Praza do Concello Xoves 16: 17:00 Día do neno: hinchables, festa da espuma… Praza do Concello 21:30 Aula Municipal de Teatro de Adultos Auditorio Municipal 23:00 Cándido Pazó: “O falar non ten cancelas” Parque Raíña Aragonta Venres 17: Cultura en ruta 18:00 Pasarrúas dun grupo de gaitas 19:00 Espectáculo infantil: “dous paiasos en apuros” Praza do Concello 21:15 Concerto pop-rock 22:30 Música galega: Brath

FESTAS DO CRISTO Sábado 18: 20:00 Festival da muiñeira Parque Raíña Aragonta Verbena con Millenium e Magos de España Domingo 19: 12:00 Misa de campaña cantada pola Coral de Santa María de Salceda Praza do Concello 13:00 e 21:00 Concertos da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas Praza do Concello Verbena con Miramar e Emperadores Luns 20: 19:00 Partidos de fútbol amistosos masculino e femenino: Salceda – Salvaterra. Campo de fútbol Municipal da Gándara Verbena con Panamá e Nueva Generación. Praza do Concello


HISTORIAS

DO

TRANVÍA

Miña nai en tranvías Soledad Castro

M

O Porriño inicia a súa programación cultural para o mes de xullo Animación de rúa, teatro, música, cinema, maxia... R EDACCIÓN /O PORRIÑO

O Concello do Porriño informa, do inicio da programación cultural para o mes de xullo. Ao longo de todo o mes sucederanse espectáculos de animación de rúa, teatro, música, cinema ou maxia. Outras propostas do concello para este mes son as seguintes:o xoves día 9 o dúo de música clásica formado por Alfredo Varela e Daría González subiranse ao escenario do Centro Cultural Municipal para interpretar unha peza para trompa e percusión. Ao día seguinte, dentro do III Festival Multicultural, o prestixioso

O

xoves día 16 celebrarase na praza do Concello ás 22:30 h. unha fermosa actividade: unha proxección de cine mudo con música en directo. Mago Teto actuará na praza do Concello o venres día 10 ás 21:15h. Despois de tres días de celebración das Festas de San Benito organizadas pola comisión de

festas coa colaboración do Concello, o xoves día 16 celebrarase na praza do Concello ás 22:30 h. unha fermosa actividade; unha proxección de cine mudo con música en directo. Os filmes elixidos son “El chico” de Charles Chaplin e “Dr. Jekyll and Mr. Hyde” de John S. Robertson. Cabe destacar tamén que ata o 27 deste mes de xullo pódese disfrutar da mostra fotográfica “Ríos de Galicia, tesouros de vida” no Centro Cultural. Trátase dunha exposición elaborada por Caixanova a través de fotografías de José Luís González. A mostra avoga pola defensa do medioambiente.

iña nai subiu nun tranvía, sentou e sentiu o esvarar suave, tranquilo e lixeiro das rodas polas vías adiante mentres percibía ás xentes ensimesmadas, ausentes e silenciosas as máis ollando coa indiferenza que connotan os actos intranscendentes. Afíxose cun billete nunha marquesiña de deseño con máquinas expendedoras ao efecto: unha pantalla dixital que responde, ou non responde ás solicitudes segundo a eficacia do solicitante; se algún dato se revira, ou o dedo non acerta…os intentos desesperados só rematarán en cabreo e operación canceladamente fraudulenta: misterios da tecnoloxía intelixente,que enche de rara compracencia cando atinamos e acadamos o obxectivo a servir. Con pouca espera foise amosando o bico longo e corpo de reptil do tranvía . En un instante un bulir de xente, anodinamente, como cuspida,como engolida, intercambiou posicións cruzadas, sen máis: os de fóra dentro, os de dentro fóra e tamén os de dentro dentro; cadaquén anexionado ás súas circunstancias, guiado polos trazos dun esixido guión. Miña nai viviu ancorada en cultura tranviaria,: e avo-

ga polo tranvía de hoxe porque supón garantir as vantaxas que nunca considerou por non telas experimentado; as carencias e dificultades estigmatizaron un transporte até soterralo no máis fondo do olvido. Hoxendía seica vén sendo abandeirado das cidades limpas e comprometidas co medio ambiente, símbolo do progreso e aforro de moito CO2 emitido por coches e coches circulando por rúas urbanas. E neste ambiente con fondo de crise miña nai ampliou vocabulario e cultura tranviaria; descarrilamento, demora, balbordo, berros, conversas, cestos, piñas, leite e leiteiras, paradas multitudinarias…foron palabras daquela que se suplen por novas conxunturas, por avances e apreciacións alternativas. Aquí entón unha xusta resurrección, renovada e refeita. E miña nai é moitas nais que aínda levan o privilexio de poder comparar, de gardar a sabedoría que coa experiencia foi labrando, de ser memoria viva dun tranvía real.Claro aquí sempre queda as saudades dun tempo máis humano e agradecido, o romanticismo do tranvía que foi ; pero onde reside a verdade é no realismo sufrido e respirado.


22

XULLO DE 2009

EMPRESA

AEMOS organizou unha xornada informativa sobre “Sensibilización en medidas de prevención e seguridade a adoptar polos empresarios de Mos” Tivo unha grande aceptación entre os empresarios, xa que, acudiron máis de 90 representantes. Algúns dende sitios tan dispares como Ourense ou Vigo. REDACCIÓN/ MOS

AAsociación de Empresarios de Mos organizou o día 24 de xuño a xornada informativa sobre “Sensibilización en medidas de prevención e seguridade a adoptar polos empresarios de Mos”. A apertura das xornadas correu a cargo do Subdelegado de Goberno en Pontevedra, D. Delfín Fernández Álvarez. Interviu tamén D. José Mañas Gómez, presidente de AEMOS. Durante a xornada expuxéronse os temas ‘A seguridade privada nos Polígonos Industriais’ a cargo do Inspector Xefe do Corpo Nacional de Policía e Xefe de Seguridade Privada da Comisaría de Vigo, D. Manuel Adán; ‘Evolución dos actos delitivos no territorio. Situación actual, medidas preventivas e de protección recomendadas para garantir a seguridade nas empresas’, impartido polo Capitán da Garda Civil e Xefe da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, D. Joaquín Losada Suárez; e tamén ‘Servicios e dispositivos de uso na seguridade privada. Plan de actuación conxunto en vixilancia e seguridade. Descripción e calendario de implantación’, a cargo de técnicos da empresa Se-

gursystem Europa. O tenente de alcalde do concello de Mos, D. Gerardo Alonso Porto foi o encargado de clausurar as xornadas. As xornadas foron todo un éxito de asistencia pois estiveron secundadas por 90 empresarios entre os que estaban principalmente os pertencentes aos distintos centros industriais do conce-

llo mosense, aínda que tamén acudiron representantes de outros lugares como Ourense ou Vigo interesados polas posibilidade de aproveitar a información alí exposta e aplicala nas súas respectivas zonas. Características favorecedoras O concello de Mos posúe pe-

culiaridades que favorecen o aumento de actos delitivos no seu territorio como son a grande dispersión poboacional e alta diseminación de empresas, o feito de que as industrias non están inseridas en zonas claramente delimitadas e identificadas, a baixa presión hacia a delincuencia, a inexistencia de protocolos de actuación e de cooperación en ma-

teria de vixilancia e seguridade, a carencia de efectivos dos corpos e forzas de seguridade e de recursos asociados, e tamén o trasvase de actos delitivos cometidos por persoas procedentes de zonas onde as medidas de control e vixilancia son moito maiores como pode ser o concello de Vigo ou o de O Porriño.

O Plan de Choque Por todo isto a Asociación de Empresarios de Mos leva tempo elaborando un Plan de Choque en Materia de Seguridade e Vixilancia para zonas industriais do concello en colaboración con empresas especializadas en servizos de vixilancia e seguridade privada. Esta iniciativa contempla xornadas técnicas en seguridade, campañas de sensibilización en materia preventiva, autoprotección e de técnicas de disuasión, un protocolo de comunicación e intervención áxil e coordinado entre o empresariado asociado, colocación de dispositivos de videovixilancia en zonas de acceso a áreas de concentración industrial e cruces de intersección viaria, creación dun posto de recepción, control e intervención rápida. Hai xa tres meses AEMOS presentou ante a Subdelegación de Goberno e ante as forzas do Estado un primeiro proxecto no que se incluía a colocación de cámaras en oito puntos concretos do concello. A iniciativa incluía o detallamento técnico e características da colocación dos elementos, así como un mapa indicativo da localización exacta de cada un dos puntos de vixilancia. Estaba especialmente ideado para a zona de O Rebullón e Peinador onde existe certa concentración empresarial. Finalmente o proxecto foi desestimado polas autoridades por tratarse de ubicacións públicas incumprindo isto as normativas existentes.

A partir de aquí AEMOS seguiu a configurar o Plan de Choque e actualmente está a ser difundido de xeito individual entre as empresas do concello de Mos por Segursystem Europa. Nesta exposición personalizada estase poñendo en coñecemento das empresas as ventaxas dun plan conxunto de actuación que poden supor para cada unha delas descontos de ata o 50 %.

O

actual Plan de Choque está a ser difundido de xeito individual entre as empresas do concello de Mos pola entidade Segursystem Europa Ademais o plan está ideado para conseguir crear unha rede de seguridade que estará centralizada nun punto de recepción de información o que posibilitará un mellor coñecemento da actividade conflitiva e unha maior rapidez na actuación no momento de neutralizar a acción delitiva dotando así a tódalas industrias dunha maior seguridade. O dispositivo de seguridade estaría formado por elementos de actuación pasiva como serían as alarmas, sensores e cámaras e por elementos activos que serían o persoal destinado a actuar no caso de incidencias e que grazas ao Sistema Acuda teñen unha demora mínima de asistencia á empresa damnificada.


XULLO DE 2009

EMPREGO

AXUDANTE DE COCIÑA: Restaurante de nova apertura, con especialidade en carnes, situado en Mos require un Axudante de cociña. Salario: Segundo convenio. Xornada laboral: Partida. Horario: de 10.30 a 16.00 horas e de 20.00 a 24.00 horas. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Requírese experiencia mínima dun ano en posto similar. Persoa con iniciativa, resolutiva e organizada. Permiso de conducir B-1 e vehículo propio. OPERARIAS: Empresa dedicada á recolleita de residuos, especialmente á recolleita de pneumáticos fóra de uso, require dúas Operarias. Funcións: Clasificación de plásticos. Horario: De 7.00 a 15.00 ou de 7.00 a 10.00 horas de luns a venres. Salario: Segundo convenio. Contrato por obra con posibilidade de permanencia na empresa. Requírese persoa con alta capacidade de aprendizaxe, con iniciativa, con capacidade de traballo en equipo e responsable. Incorporación inmediata. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. PERSOAL SERVIZO TECNICO: Empresa dedicada á venda e distribución de produtos, útiles e maquinaria de limpeza e hixiene industrial e profesional, situada en O Porriño, require persoal para o seu servizo técnico. Xornada labo-

ral: Completa. Salario: 1.200€ bruto/mes aprox. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Imprescindibles coñecementos de electrónica e fontanería. Experiencia mínima de dous anos en posto similar. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. ADMINISTRATIVO: Empresa dedicada á venda e distribución de produtos de alimentación de alta calidade, con denominacións de orixe recoñecida, require un administrativo. Xornada laboral: Completa. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Requírese muller de entre 24 e 30 anos. Diplomatura ou licenciatura en ciencias empresariais. Imprescindible experiencia mínima de seis meses en posto similar. Dispoñibilidade horaria e incorporación inmediata. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. OPERARIO/A: Empresa dedicada á fabricación e / ou distribución de novos materiais dentro do mundo da construción, situada en Mos, require un Operario/a. Xornada laboral: Completa. Salario: Segundo convenio. Contrato de formación con posibilidade de permanencia na empresa. Imprescindible ser menor de 21 anos. Posibilidade de incorporación inmediata. Persoa con gran capacidade de

aprendizaxe, con confianza en sí mesma, con iniciativa, capacidade de traballo en equipo e responsable. TELEOPERADORES/AS: ETT require teleoperadores/as para venda telefónica de servizos de internet e de telefonía móbil. Xornada laboral: 5 horas/día. Horario: de 11.00 a 15.00 horas, de 17.00 a 22.00 horas de luns a xoves e os venres de 16.30 a 21.30 horas. Formación a cargo da empresa. Imprescindibles coñecementos de informática. Valorarase experiencia en posto similar. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. COMERCIAL: Empresa dedicada á distribución de produtos de pastelería e panadería, situada no municipio de Mos, require un Comercial. Funcións: Venda de produtos de panificación. Fidelización e seguimento da carteira de clientes. Captación e ampliación da carteira de clientes existentes. Xornada laboral: Completa. Horario laboral: Partido. Salario: Segundo convenio. Experiencia mínima de seis meses en posto similar. Persoa con capacidade de autoorganización e traballar de forma autónoma, clara orientación a resultados, alta capacidade de negociación, capacidade de análise e adaptación a distintos tipos de clientes. Incorporación inmediata. Permiso de condu-

cir, clase B e coche propio. A D M I N I S T R AT I V O / C O M E R CIAL: Empresa dedicada á distribución de produtos de pastelería e panadería, situada no municipio de Mos, require un Administrativo/comercial. Funcións: Captación de clientes para promoción e comercialización de produtos. Elaboración de orzamentos e pedidos para clientes. Realizar seguimento e interlocución en xestión de incidencias. Tarefas administrativas propias do posto. Xornada laboral: Completa. Horario laboral: Partido. Salario: Segundo convenio. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Experiencia mínima de seis meses en posto similar. Persoa con vocación comercial, capacidade de iniciativa, boa presenza e habilidades sociais. Coñecementos nivel medio de ofimática (word e excel). Permiso de conducir e vehículo propio. ENXEÑEIRO/A: Empresa dedicada á seguridade privada, require un recente titulado/a en telecomunicacións ou enxeñería técnica industrial, na especialidade de electrónica industrial. Contrato en prácticas con posibilidade de incorporación á empresa. Titulación obtida nos últimos catro anos. Incorporación inmediata. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio.

As persoas interesadas: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS Estrada de Peinador, 41 - 36416 MOS (Pontevedra) Telf: 986 49 88 20 - Fax: 986 48 81 23 e-mail: ofertas@aemos.es www.aemos.es

23


Este Xornal faise con papel reciclado como contribución á conservación do Medio Ambiente

A Peneira na Rede Director: Guillermo Rodriguez Fdez. Edita: EDICIÓNS VAL DO LOURO S.L. Enderezo: Rúa Sarmiento Rivera, 17 - 36860 PONTEAREAS Tel e Fax: 986 66 09 86 - Colaboradores: Alberto Álvarez, Carlos Rego, David Rollano, Marisa Alonso, Jénnifer Castrovello, Diego Giráldez, Juancho, Soledad Castro, David Pérez Rego “Cato” Fotografía: Antón, Foto Barros, Foto Hernández Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró Montaxe e deseño: Diego Giráldez Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza). Depósito legal: OR / 57 / 84

lourinha@apeneira.com www.apeneira.com


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.