A Peneira da Louriña 63

Page 1

Nº 63 ANO V AGOSTO, 2009

O PORRIÑO - MOS - SALCEDA DE CASELAS

O Porriño

1€

Entrevista: Jorge Bolado Moo

Deportes

A delegada da Xunta de Galicia en Vigo , Lucía “Recomendo vestirse co que te vexas Molares, visitou O Porriño Páxina 6 favorecido e así se fixarán en ti” Páxina 10

O ciclista mosense Óscar Pereiro prantéxase a retirada Páxina 22

Mos

A moción de censura de Mos considerada ‘caso de transfuguismo’ O apoio do ex-concelleiro socialista, Gerando Alonso, á moción de censura promovida por edís populares no concello de Mos constitúe un “caso de transfuguismo”. Isto foi o que se decidiu na Comisión de Seguimento do Pacto Antitransfuguismo que se reuniu en Madrid. Páxinas 12 e 13

Salceda

As obras de reforma no Pavillón Municipal xa están en marcha O orzamento total para a acometida das obras é de 52.000 euros Páxina 19

Salceda

Cultura ultima os detalles para a XVII Festa dos Callos Celebrarase o 6 de setembro Páxina 20

Páxina 5


2

AGOSTO DE 2009

OPINIÓN

e d i t o r i a l Edicións Val do Louro S.L. (do grupo editorial A Peneira)

A democracia incompleta

Sarmiento Rivera, nº 17 Teléfono e Fax: 986-660986

A

índa me lembro do primeiro contacto que tiven cunhas eleccións. Eran os tempos negros do franquismo, anos cincuenta e tantos, cando meu pai fora nomeado presidente dunha mesa electoral. Como aquilo era todo un “paripé” e meu pai non cría en absoluto naquelas andrómenas franquistas simulando unhas eleccións auténticas, mandoume a min para a mesa electoral. Tiña 18 anos recén cumpridos. Obviamente, cando fixemos o reconto dos votantes e comprobamos que foran a votar pouco máis dunha ducia, botamos, (botaron os expertos caciques da aldea), man das listas e todos os que non estaban mortos ou no estranxeiro, votaron. Así eran elixidos aqueles tercios familiares, sindicais e por empresas. Hoxe temos outro sistema con máis garantías (non queremos falar do voto emigrante); sen embargo os re-

web: www.apeneira.com e-mail: lourinha@apeneira.com 36860-Ponteareas (Galiza).

Director: Guillermo Rodríguez Fdez.

Redactor xefe: Antón Fernández Escuredo

Coordinador: Diego Giráldez

Colaboradores: David Rollano Carlos Rego Marisa Alonso David Pérez Rego “Cato” Soledad Castro Jénnifer Castrovello Alberto Álvarez Gil Juancho Castaño

Fotografía:

P

ola tranquilidade dos votantes e polo ben de todos os cidadáns, faise preciso un cambio de regras na lei electoral, sobre todo nas eleccións municipais, e quizais tamén nas autonómicas. sultados das eleccións polo sistema actual, sobre todo no caso das eleccións municipais, deixa bastante que desexar. Podemos atoparnos cun goberno local formado por tres, catro ou máis partidos (unha auténtica gaiola de grilos), ou ben podemos ver como un partido con catro ou

Hernández - Foto Barros

Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró- Suso Vieito publicidade@apeneira.com

Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza).

Depósito legal: OR / 57 / 84 A dirección do xornal non se responsabiliza das opinións emitidas polos seus colaboradores

Urxencias médicas Inform. toxicolóxica Incendios forestais

061 91 562 04 20 085

O Porriño

BOMBEIROS

DE

GALICIA

Mos

11 2

Salceda Concello de Salceda

986 349003

686 777 777

Protección Civil

660 600090

Centro de Saúde

986 486 667

Policía Local

639 821377

Taxis “As Angustias”

986 331 037

Centro de Saúde

986 349008

Taxis “Puxeiros”

986 487 343

Serv. Galego de Colocación 986 331 262

Taxis Servizo Permanente

986 488 989

Xulgado

986 347825

Protección Civil do O Porriño 696 99 49 45

Oficina de Correos

986 487 921

Oficina de Correos

986349076

Concello de Mos

986 331 200

620 404 040

Policía Local

Centro de Saúde

986 337 320

Taxis

986 330 014

Oficina de Correos

986 334 455

Tanatorio Mos - O Porriño

986 336 719

Concello do Porriño

986 335 000

Policía Local

cinco concelleiros, dunha corporación de 17 ou 21 en total, está gobernando por ser a lista máis votada. Nesta situación, cando os partidos que están na oposición non queren darlle folgos a esa minoría que goberna, pode ocorrer que o concello se paralice parcialmente no seu labor de xestión. Vímolo ultimamente no concello de Gondomar. De quen é a culpa. Ben, pode haber moitos culpables. Uns por non darlle auga a un partido adversario que está gobernando pola súa incapacidade de conformar un goberno alternativo con maioría; outros porque non acadaron aquelas prebendas políticas que buscaban cando de compoñer ese goberno se trataba. Total, uns polos outros e a casa sen varrer, ou mellor, mal varrida. O máis lóxico sería que, se nas eleccións correspondentes, ningún partido obtivo unha maioría suficiente para gober-

nar con tranquilidade, se proceda a unha segunda volta cos dous partidos máis votados. O que resulte gañador pasa a gobernar coa posibilidade de aprobar uns orzamentos, peza clave en calquera institución, ou de sacar adiante proxectos e acordos que a vida municipal esixa. Actualmente non é así; por iso dicimos que temos un sistema electoral deficiente. Non evita estas situacións atípicas e permite que un grupo de partidos, aínda sen afinidade ideolóxica algunha, se arrexunten e, por medio dunha moción de censura, descabalguen do poder ao partido que está alí porque a lexislación llelo permite, aínda que estea en precario. Pola tranquilidade dos votantes e polo ben de todos os cidadáns, faise preciso un cambio de regras na lei electoral, sobre todo nas eleccións municipais, e quizais tamén nas autonómicas.


AGOSTO DE 2009

OPINIÓN DENDE

O

SEIXO

ZONA TEMPORALMENTE AUTÓNOMA

As verbenas talibanizadas

“...quen bo te fará” Marisa Alonso

N

D

ende que o sector do ” virrete” copou os postos de dirección do Partido Popular, asistimos a cambios de posición moi significativos con respecto ao uso e normalización do noso idioma. Estes señoritos que chegan ao poder con aires de modernidade, que padecen complexos ancestrais que traducen en aotoodio, veñen agora a defender posicións que o PP nunca chegara a defender, quizais por ter que lavar a imaxe dun pasado claramente vencellado ao réxime franquista. Dende a época Fraga, era politicamente incorrecto posicionarse en contra do uso normal do galego en todos os ámbitos. Outra cousa era que se aplicaran as políticas que para a lingüa se tiñan aprobado; ou que houbera intención de facelo en algún momento. Agora, o cambio sustancial está na declaración de guerra contra todos aqueles sectores que defendan non só políticas de normalización senón que, dándolle volta ao pastel, pretenden “defender” o español fronte a todos estes talibáns (nos que me conto) que o están a pór en perigo. Dentro deste grupo de “talibáns” teño que dicir que tamén se atopan os meus pais, os meu fillos e tamén a miña veciñanza.

David Pérez Rego “Cato”

Onde eu vivo estiveron a pór en perigo o castelán durante séculos, e seguen, porque nin a señora Luz Divina, nin a Santa, o Manolo, a Fina do Seixo, a Sita da Vila ..., ningún deles fala noutra lingua que non sexa a de Castelao; pero agora xa todos eles falan o idioma de Camilo José, por esa banda estamos moi tranquilos, porque ademáis, moitos deles, xa non saben falar galego nin coas súas avoas.

o verán, con tanta festa patronal, andan os santos e santas do ceo toliños sorteando as bombas de palenque que lles tiramos dende abaixo para a súa honra, honor e homenaxe. Impresionados, comentan en círculos que parece que tiramos a dar, malo raio nos parta. Pensan os santos e santas do ceo, que unha cousa é un petardo amarrado a unha caña na festa e outra ben distinta é usar verdadeiros mísiles terra-aire. Esaxerados que somos. Dende as nubes, aniñados nas trincheiras, observan como se forman nos torreiros das parroquias as divisións de artillería - formadas polos membros da comisión de festas e os pirotécnicos -, recompóñense o casco e rézanse a si mesmos para que desta vez non se nos ocorrera cambiar a pólvora por unha cabeza nuclear. Parecerá excesivo, pero está demostrado que os humanos non temos límite - pensan no ceo -, e bombardeamos día e noite a estratosfera no canto de procurarlle boa saúde aos tímpanos do santoral para as nosas pregarias, que coa cousa da crise boa falta nos farían. Non lle encontran explicación a esa nosa teima de celebrar e anunciar as festas a base de gastarnos gran parte do seu orzamento en bombas, en ruído efémero; retumban os cristais das ventás, os cans corren coa cola entre as patas, e bum! (50 euros), bum (50 euros) BRUBUBUBUBÚMMMM!!!! (250 €), no canto dun silencioso e práctico folleto informativo ou dunha mensaxe SMS. Disque o uso de bombas de palenque para anunciar as festas non é moi antigo. Soamente nos valemos delas dende hai unhas décadas, cando comezou a consolidarse a opinión científica de que os rebumbios das bombas de palenque espantaban as nubes e o mal tempo. A mesma corrente erudita mantivo a opinión de que cantar e bailar a música de “A cabritinha” era sinónimo de bos augurios e contribuiría a presaxiar boas colleitas e tempos de bonanza. Logo hai xente máis teórica, defensores conceptuais que poderían argumentar que “as bombas convocan o espírito lúdico dos galegos e a súa potente carga de pólvora se xustifica porque a orografía de Galicia

precisa unha explosión que anuncie a festa aos habitantes de aldeas veciñas”. Olé. Pero para gran parte dos mortais, gastar miles de euros en bombas de palenque en cada festa soamente se xustifica por unha especie de instinto animal que temos os humanos de facer o máximo ruído posible cando estamos de festa e foder a quen non pode estar de festa e ten que levantarse á mañá seguinte para traballar. E punto. Logo podemos botar man da palabra “tradición”, que pode caer como unha lousa en toda conversa para xustificar o inxustificable, como botar a unha cabra dende un campanario, pero a verdade é que aos humanos gústanos malgastar, tirar os cartos, poñerlles unha caña e facelos explotar no ceo; facémolo nos nosos coches, facémolo nas fachadas pretenciosas de tanta casa galega con tanta columna e tanto mármore que máis que casas parecen Partenóns, e facémolo nas nosas festas. O importante na vida non é ter, senón aparentar que se ten. Se os da parroquia do lado gastan 4.000 euros en bombas, nós gastaremos 5.000; se os do pobo do lado gastan media hora en ruído nos gastaremos tres cuartos. Que carallo… Forma parte da mesma lóxica da “vergoña do galego”, pola que é psicoloxicamente imprescindible que quede en cada prato un anaco de comida aínda que morramos coa fame: con iso demostramos ao colectivo que non necesitamos nada máis, que xa temos de sobra. Coas bombas de palenque pasa un pouco o mesmo, coa diferencia de que un anaco de tortilla non custa miles de euros, deixa durmir ao resto da humanidade, non provoca incendios nos montes e os camiñantes inocentes non corren o risco de que unha lanza xusticiera caída do ceo lles atravese o pescozo de punta a cabo. Galicia sitio distinto. O galego, reflexivo por natureza, xa comezou fai tempo a darlle voltas á cabeza e inventarlle novos usos ao instrumento, reconvertido para a pesca da sardiña e as manifestacións do metal en Vigo. Para botarse a tremer. www.taz-cato.blogspot.com

Cartas ao director lourinha@apeneira.com

O “Parque do Cagacán” no Porriño Moitas veces pregúntome que será mellor, un lugar onde xoguen os nenos ou un lugar onde caguen os cans?.Os dous son útiles, un para o lecer e a diversión dos mais pequenos e o outro unha simple necesidade de calquera ser vivo. Nos últimos tempos está moi de moda o de humanizar as cidades e humanizar, como o di a propia palabra, é volver mais humano algo. Na urbanización Alameda existe unha gran praza na que xogan os nenos, pero resulta que na mesma praza cagan todo os cans do Porriño e iso paréceme repugnante e insalubre. Será tan difícil montar un parque para os máis pequenos ?. Nos meses de verán do 2008 o noso concello preparou unhas actividades moi interesantes para os nosos pe-

As cartas non deben superar os 900 caracteres, deberán acompañarse dunha copia de documentación válida do autor/a, e remitiranse a R/ Sarmiento Rivera 17 baixo, 36860 Ponteareas (Pontevedra, Galicia) ou ben ao correo electrónico lourinha@apeneira.com

O lector enviou esta imaxe para ilustrar a súa protesta.

quenos, unha das cales foi a montaxe dun parque de xogos na devandita praza. Pásarono de marabilla. Que gran desperdicio de espazo de lecer, señor alcalde! Vostede ten un fillo da idade do meu e é bonito verlo gozar ¿non?. Señores políticos do Porriño é tan difícil porse dacordo para que mellore o benestar da cidadanía? Amiña petición é que montedes un par-

que e se non é así valen as zonas verdes onde xogan os nenos, prohibir a entrada dos cans e pór unhas zonas nas que poidan facer as súas necesidades sen perxudicar a saúde dos nosos pequenos. Só desexo que reflexionen un pouco e me teñan en consideración. Miguel Angel Alvarez Rodriguez (O Porriño)

3


4

AGOSTO DE 2009

OPINIÓN UN MUNDO FELIZ

Torres Queiruga, teólogo galego universal

O tempo en agosto

* Victotino Pérez Prieto

E

nterabámonos a semana pasada que os bispos españois "preparan" a condena de Andrés Torres Queiruga. O chef dos informadores relixiosos libres da peníncula, o galego José Manuel Vidal, dicía en Religión Digital que o secretario da comisión episcopal que vixía a ortodoxia teolóxica, José Rico Pavés, tería preparado un informe xustificando a condena global da súa obra. A miña primeira reacción, tras mandarlle unha mensaxe de apoio ao mestre, colega e amigo, foi que non estraña a reacción do propio Queiruga ao ser informado da noticia, verbo de que se emitira un xuízo condenatorio sen falar con el; pero o que estrañaba era que dixera que isto lle resultaría "alleo ao máis elemental sentido democrático e totalmente contrario ao Evanxeo". El sabe moi ben que está desde hai tempo no punto de mira dos cancerbeiros da ortodoxia, que o teñen censurado en máis dunha ocasión, sempre veladamente pola seriedade do seu discurso teolóxico; pero a práctica xerárquica de non dialogar cos teólogos, senón só de comunicarlles a súa condena, é tristemente habitual. Por iso, é posible que tamén nesta ocasión se veñan atrás; aínda que, na deriva "estreita e dogmática" dos bispos españois que el mesmo recoñece-, non sería estraño que esta vez si o condenaran. Aínda non coincidindo teoloxicamente en todo, esta condena sería un absurdo e un suicidio eclesial máis (el non foi o primeiro). Un suicidio desde o punto de vista da experiencia cristiá da fe e do traballo teolóxico, polo moito que ten aportado e segue a aportar a xente relixiosa cristiá e tamén a xente non relixiosa. Especialmente, neste momento no que a Igrexa española está a vivir graves problemas na sociedade, particularmente no diálogo coa cultura, precisamente polas posicións máis ultras de algúns xerarcas. Queiruga ten aportado unha visión máis crible de Deus, una visión dun Deus no que mereza a pena crer; un pai-nai amoroso, todo amor, todo apoio incondicional na dura

David Rollano loita de cada día... sen rastro da maldade xusticeira, nin da arbitrariedade caprichosa que tantas veces se lle tena posto na historia e aínda se segue a apoñerse. Louis Evely, pensador e escritor relixioso francés, a quen o noso teólogo admira desde hai anos, ten dito sabiamente a este respecto: "Se non es mellor que os deus a quen adoras ¡pobre de ti!". Un Deus para os homes e mulleres hoxe, a quen non compre pedir axuda insistentemente para que nos escoite no noso desvalimento, senón que xa está "atento" ás nosas necesidades. Queiruga ten aportado tamén un concepto da revelación xudeo-cristiá e relixiosa en xeral non como un "ditado" exterior dun deus que está nas alturas, senón como a manifestación ao xeito socrático de Deus desde dentro da historia e desde o interior de cada persoa; do mesmo xeito que é un Deus que non impón unha moral particular para gañar o ceo, senón que esa moral é unha ética humanizadora que os humanos van descubrindo na súa vida diaria e histórica. Hai agora quince anos -con ocasión do seu título de "galego egrexio"- escribín que Torres Queiruga, era non só un teólogo e un intelectual de talla excepcional, senón un verdadeiro "luxo para Galiza", non porque non mereceramos persoeiros así e moito máis, senón porque non son habituais. Persoeiro e faro na actualización da reflexión teolóxica da fe real, a da xente concreta, e non un xogo intelectual dos profesionais da teoloxía; tamén no compromiso inquebrantable co galego, como lingua deste país, válida para o ensaio filosófico. Con todo, a xente non é parva e saberá situarse. Mesmo estou convencido de que condenas así o único que fan e promocionar a un pensador. Os escritos e o pensamento de Torres Queiruga acadará máis difusión, como se merece; una difusión que xa vai alén do espacio galego e mesmo español, para ser un teólogo de renome internacional.

P

arece que no mes de agosto por fín chegou o verán a Galicia. Tras días de treboadas, choivas e ventos propios de Finlandia, xa temos a Lorenzo pegando duro e achicharrando as costas a todoquisque na praia de Nerga. Os vellos do lugar din que estes veráns non son normais, que os pementos non lle crecen coa misma forza e que as colleitas de tomates se andan a retrasar unha ducia de días. O certo e que sí é normal, será pola teima do cambio climático ou porque xa non saen do mesmo xeito os ataúdes en Santa Marta de Riberteme, pero o tempo, ainda que o calendario zaragozano diga o contrario, vai por libre. Grande contradicción se lle chamamos libertade a unha situación creada única e exclusivamente pola man do ser humano, unha man alongada que cobre baixo de sí a todo ser, vivinte ou inerte, do planeta terra. O tema ten para rato. Fai días, o imperio norteamericano deuse conta do asunto. O gabinete de intelixencia, si é que neste país existe cousa tal, fixo un comunicado alarmando do problema que suporá en breve o cambio climático para os cidadáns das barras e das estrelas. Pero lonxe de se preocupar polo quecemento global, polo aumento do nivel do mar ou pola extincións das fanecas, este “señores intelixentes” aducen que o problema estriba en que o quecemento do planeta xerará, a non moi longo prazo, conflictos armados en distintos puntos do planeta, nos que o exercito de liberación dos Estados Unidos de America terán que intervir salvaguardar a orde do mundo libre (aplicar a definición anterior) coa consecuente pérdida de millóns ou trillóns

de petrodólares. Incribel pero certo, o obxetivo destas cabezas pensantes consiste exclusivamente en salvaguardar as súas arcas de Fort Nox do Tio Sam, unhas arcas xa de por sí maltreitas neste tempo de oscura crise, creada, valga a extraña coincidencia, polos mesmos banqueiros que pagan os proxectos secretos destes homes “intelixentes”. O mundo o revés, o egoísmo humano feito manifiesto. Nos están a tomar o pelo. Un dos principais países causantes do cambio climático, que nunca asinou nin ratificou ese lavado de cara que é o tratado de Kioto, asumindo a existencia dese cambio e mercantilizando as súas consecuencias para os seus propios cidadáns. Incrible. Non sei se todo isto será unha cámara oculta. Todo este sentido do humor retráeme a tempos non moi lonxanos aquí en Galicia. Todavía recordo aqueles “hilillos de plastilina”, ou ó agora presidente da Xunta de Galicia apagando cunha “manguerita de barbacoa” un daqueles misteriosos lumes que no verán do ano 2006 arrasaron a nosa comunidade e polos que inexplicablemente non hai ningún encausado…pero tamén me lembro do presidente do Goberno de España dicindo que non había crise, do señor Camps lucindo traxe novo, e de todos eles en “la fiesta nacional” de la tauromaquia… O verán é o que ten, cando mandamos moito tinto de verano no chiringuito, unha de dous, ou falamos de máis, ou esquecemos de máis. As veces e mellor buscar un punto de equilibrio. Menos mal que neste agosto parece que si se poderá ir bastante o chiringuito.


AGOSTO DE 2009

O PORRIÑO

-O Sr. Carrera fixo unhas declaracións en A PENEIRA DA LOURIÑA nas que dicía que había conversas cos Independentes para integrarse no PP, confirma ou desminte? -Efectivamente; temos algunhas conversas dende fai xa algún tempo pero creo que nestes momentos o prioritario era conseguir un goberno forte para O Porriño con independencia de integracións.

dura ata as seguintes eleccións case poderíamos dicir que estamos nun período pre-moción de censura. -A postura “dese señor” que non deixou ir adiante a moción de censura , segue igual ou cambiou o comportamento? -Eu ignoro calquera cambio; non sei se os demáis saben algo novo.Un señor que pide o voto para un gobeno de centro dereita e permite que goberne o BNG terá que dar contas ao seu electorado. -Hai rumores de negocia-

pediu que aquel goberno saira adiante; tamén digo que se o Partido Popular renuncia a ese dereito que lle corresponde e nos fai outra proposta diferente, estudarémola, pero neste momento a única proposta que temos é a que nós imos avalar, é dicir, que goberne o Partido Popular nesa opción de centrodereita. Diante da dificultade de que iso saira adiante houbo intentos dende o PSOE de facer coalición co BNG, ou polo menos de buscar apoios para sacar a O Porriño da situación de parálise parcial na que se atopa. O BNG négase a manter outra alternativa que non sexa eles sós. Polo tanto, diante desta situación atípica do Porriño ou se busca unha solución xa ou teremos que esperar a que sexan as urnas quen falen. -Estanos a indicar que os In-

O que si hai que facer é plasmar no concello do Porriño o que é a vontade popular e non simplemente andar con cuestións destas, que son máis do ámbito doméstico dos partidos. -Entón, hai nestes momentos algunha preparación ou preliminares para unha posible moción de censura? -Preliminares hai dende o mesmo momento que se constitúe un goberno que está en minoría, que se constitúe un goberno alterando a vontade popular por un grupo político, que se nega a levar ao poder aquela que foi a opción maioritaria do pobo de Porriño, por intereses particulares ou persoais dun señor. Evidentemente, unha situación como a que está non é unha situación ilexítima, porque evidentemente o BNG está gobernando porque a lei o ampara pero dalgún xeito cercenando a vontade popular. Dende o mesmo momento que se dá esa circunstancia, dende o mesmo momento que se produce esa investi-

cións entre Ordoñez e a Xunta para buscar unha saída á súa integración e tal vez voltar como candidato nas próximas municipais. Vostede que opina disto? -A pregunta é moi complexa porque son moitas preguntas nunha. O problema do Porriño, o problema para a gobernabilidade do Porriño, para nada depende de Gonzalo Ordóñez. Nós asumimos dende o primeiro momento cal era a cota de representación que nos deron os veciños e polo tanto en ningún momento reivindicamos máis representación que a que os veciños nos deron. Existe outro señor que primeiro dicia que tiña que ser a nº 3 do seu grupo a alcaldesa; cando lle aceptamos voltouse atrás e dice que ten que ser el. Nós consideramos que, en democracia, o grupo máis votado é o que máis mérito ten.O PP, é quen debe obter os réditos prioritarios; neste caso a Alcaldía do Porriño. Nós demostramos o noso compromiso votando ao Partido Popular. Alguen im-

dependentes de Porriño estarían de acordo en apoiar ao BNG se estiveran co PSOE para facer un goberno maioritario? -Nós reiteramos sempre o noso compromiso electoral para sacar adiante un goberno de centro dereita; se non é posible, en beneficio do pobo do Porriño, estudaríamos outras alternativas que posibilitaran unha maioría de goberno que dera estabilidade e sacara adiante unha serie de temas importantes que desta maneira non van sair. Así nos postulamos para outras alternativas; o BNG négase; non quere saber nada co PSOE; ainda máis, está vilipendiando a este partido na persoa do Sr. Vaqueiro, cousa que nos parece denigrante; un señor que na pasada lexislatura estivo gobernando co BNG. No últimos plenos fixemos constar o noso desgrado por esta actitude do BNG. Cremos que a situación actual non é a mellor para O Porriño; hai temas que non saen adiante por esa

Gonzalo Ordóñez é un animal político, como diria Aristóteles, e sen embargo aínda non acadou a posición política que arela dende anos ha. Na entrevista que ofrecemos mostrouse coma sempre amable, disposto a respostar todo tipo de preguntas e extremadamente afable. Metido en fariña non deixa nada atrás; diríamos que non lle preocupa demasiado gardar a roupa cando se tira á piscina política. Ofrecemos o máis granado da entrevista que vimos de facerlle no seu despacho do Porriño. GUILLERMO RODRÍGUEZ/ FOTO: ANTÓN FERNÁNDEZ

especia de dictadura do BNG que rexeita calquera proposta que se lle faga; incluso se nega a consensuar nada que se lle propoña. O Porriño recibiu tres millóns de euros do “Plan Zapatero” e o BNG non aceptaou ningunha suxerencia por parte dos demais grupos. Fixeron o que eles decidiron e punto. Penso que esta situación terá fin moi brevemente. Se os grupos que estamos na oposición- lembro que somos 12 de 17- tivésemos a actitude de oposición e de obstrución que tivo o BNG estando na oposición, hoxe no Porriño sería practicamente imposible vivir. Unha actitude de obstrución total como mantivo o BNG nós non a temos, non só non a temos senón que estamos a colaborar practicamente todos os grupos en sacar adiante cuestións antepoñendo os intereses do municipio por diante de matices políticos. Pero, evidentemente, iso non quita que haxa unha actitude de arrogancia por parte do BNG, que haxa unha actitude de desprezar totalmente a colaboración dos demais grupos políticos. É un grupo de 5 concelleiros que, aínda sendo minoritario, quere demostrar que son quen de gobernar en solitario. Goberna en solitario porque hai quen, en base a uns compromisos que algún día terá que explicar,permite esta situación. O BNG ten unha absoluta falla de capacidade de xestión ante as diversas administracións. Pérdense moitos proxectos porque non teñen esa capacidade para chegar absolutamente a ningún tipo de administración, e por outra parte, rexeitan calquera tipo de apoio dos demais grupos, salvo a votación que nós facemos ao que eles propoñen. É unha actitude que non comprendo e que creo que non é de recibo nun sistema democrático e nun pobo como O Porriño. -Poderíamos pensar que Nelson Santos e o seu grupo está favorecendo máis ao BNG que unha alternativa de dereitas como antes apuntaba? -Aos feitos remítome. Dise que o movemento amósase andando. Aquí houbo un momento de investidura no que houbo uns compromisos electorais, e se alguén vai casa por casa dicindo “votádeme a min que eu vou ser quen de posibilitar que o Partido Popular chegue ao poder” e resulta que con eses votos

5

o que se permite é que goberne o BNG e impide que goberne a alternativa dos nove concelleiros que representan a vontade concreta da xente do Porriño, pois evidentemente, como dicía,aos feito me remito. Eu sabía perfectamente que cando o ano pasado o BNG propón a moción de confianza para a aprobación dos orzamentos, xa estaba negociado con este grupo, co apoio ben por activa ou por pasiva. Así se demostrou. -Xa, saíndo un pouco da refrega política partidista, como ves a proxección do Porriño cara ó futuro? -No Porriño hai dúas vertentes: hai o que é O Porriño como pobo, coa forza que ten O Porriño, coa capacidade enorme que ten, pero que é necesario tamén canalizar dende o propio Concello. O pobo en si marca un ritmo moi por diante do que vai a política municipal e as posibilidades que dende o Concello se lle dá aos veciños. Eu vexo que aínda que se estea nesas conversas para acadar un goberno estable, senón se consegue, nas proximas eleccións haberá tres opción políticas claras: PP, PSOE e BNG. Os grupos independentes foron unicamente movementos coxunturais; acabarán integrándose nestas plataformas políticas tradicionais. Se agora non hai acordo será o PP quen goberne na vindeira lexislatura se sabe acoller todo o panorama político de centro detreita que existe no Porrriño. -Gonzalo Ordóñez cre que dentro de dous anos esa maioría de dereitas das pasadas eleccións manterase indemne? Cre que o goberno do BNG non foi quen de modificar ese panorama? -As eleccións municipais son diferentes das eleccións autonómicas ou as xerais. O compoñente persoal nas eleccións municipais é moi importante, pero tamén pode ser importante de xeito positivo ou importante de xeito negativo. Eu penso que se o Partido Popular no Porriño é quen de levar nas súas candidaturas persoas que representan o sentir político ou ideolóxico deste segmento de centro, que é agora o Partido Popular, eu creo que o PP acadará a maioría absoluta; se non é así, daría sempre marxe a outras candidaturas alternativas que, evidentemente, ademais de restarlle votos, o que si farían é derivar votos cara a outras alternativas. Creo que nas próximas eleccións municipais esta situación vai a ter un cambio moi importante pero no xeito que digo, de non ser así o BNG seguirá gobernando; iso é o que eu considero, aínda que está soplando un vento a favor de Núñez Feijóo que se vai notar nas próximas municipais.


6

AGOSTO DE 2009

O PORRIÑO

O alcalde do Porriño durante a súa intervención xunto á delegada Lucía Molares e a concelleira de Emprego, Obdulia Díniz.

A delegada da Xunta de Galicia en Vigo , Lucía Molares, visitou O Porriño Xunto ao alcalde do Porriño, Raúl Francés, a delegada entregou os diplomas das accións formativas do ano pasado REDACCIÓN/O PORRIÑO

O alcalde do Porriño, Raúl Francés, a delegada territorial da Xunta de Galicia, Lucia Molares, e a concelleira de Emprego, Obdulia Diniz; entregaron nas instalacións do Centro Multiusis de Torneiros, os diplomas acreditativos dos cursos FIP realizados no Porriño durante o ano pasado. Obdulia Diniz destacou a im-

portancia de participar nos cursos de cara a mellorar as posibilidades das persoas desempregadas á hora de atopar un emprego. “A maior formación maior empregabilidade”, sinalou a concelleira de Emprego, quen resaltou a importancia de apostar desde as administracións públicas pola formación no momento de crise económica actual.

A delegada da Xunta afirmou que o obxectivo destas accións formativas non debe ser outro que axudar a que as persoas participantes podan atopar traballo. Lucia Molares quixo destacar o esforzo realizado polas persoas participantes nos cursos, que nalgúns casos mesmo superaron as 1.000 horas de duración. “Hoxe recolledes aquí os diplomas acre-

ditativos, unha xusta recompensa ao esforzo realizado durante meses”, sinalou Molares. Pechou o acto de entrega de diplomas o Alcalde do Porriño, Raúl Francés, quen despois de agradecer a presenza da delegada da Xunta no acto, e desexar que a colaboración entre as dúas administracións continúe a dar os seus froitos, quixo facer finca-

pé na necesidade de que as persoas que veñen de rematar a súa formación inicien agora a búsqueda activa de emprego. “Agora tedes que ser persistentes na búsqueda de emprego. Entre todos temos que conseguir que a formación recibida repercuta á hora de conseguir un traballo digno e estabél”, afirmou o Alcalde.


AGOSTO DE 2009

O PORRIÑO

O Concello do Porriño insertou laboralmente a máis de 50 persoas As persoas procedentes da Bolsa de Emprego supoñen o 95 % do total de persoas desempregadas inseridas laboralmente nos once proxectos que se están a executar no municipio polas obras do Plan E REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Emprego, dirixida por Obdulia Diniz, da inserción laboral de 54 persoas desempregadas, usuarias da Bolsa Municipal de Emprego, a través das obras que se están a executar no municipio con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local para o Emprego. O Servizo de Emprego do Concello do Porriño, ven de realizar un importante labor de intermediación entre empresas e persoas demandantes de emprego, coa presentación de 108 candidaturas de usuarios e usuarias da Bolsa Municipal de Emprego ás empresas adxudicatarias das obras. Grazas ao labor realizado, 54 persoas procedentes da Bolsa Municipal de Emprego están a traballar nos diferentes proxectos en execución. Desde o Servizo de Emprego favoreceuse, asemade, a coordenación de todo o proceso, informando dos diferentes requisitos legais do Fondo Estatal de Inversión Local para o Emprego a empresas e persoas contratadas, e facendo un seguimento personalizado das persoas usuarias da Bolsa Municipal empregadas nas obras.

7

breves Abriu o prazo para optar á concesión dos postos sen adxudicar na Praza de Abastos O Concello do Porriño informa, a través da seu concelleiro de Comercio, Marcos Rodríguez Novás, de que se iniciu o proceso de licitación dos postos libres existentes na Praza de Abastos. Rodríguez Novás, afirmou que “Este proceso de licitación dos postos sen adxudicar na Praza de Abastos forma parte da aposta deste Goberno por revitalizar o noso mercado municipal, regularizándoo e dándolle o pulo necesario para convertilo no corazón comercial do noso municipio”.

Entregáronse os premios do concurso ‘Depende de ti, depende de nós’

A concelleira de Emprego, Obdulia Díniz, conversando cos traballadores.

Lembremos que o concello porriñés presentou once proxectos ao Fondo Estatal de Inversión Local para o Emprego, aprobados na súa totalidade pola Administración Central do Estado. Estos proxectos supoñen un investimento total de 2.963.668 €, o máximo ao que podía optar o Concello do Porriño dentro deste programa estatal de fondos de inversión local. “O traballo de mediación re-

alizado polo Servizo de Emprego, fai que contemos con un importante compromiso de contratación por parte das empresas adxudicatarias das obras deste Fondo Estatal. Este compromiso permitiunos inserir laboralmente a máis de 50 persoas procedentes da nosa Bolsa de Emprego.” , afirmou a concelleira de Emprego, a nacionalista Obdulia Diniz, quen visitou as diferentes obras que se están exe-

cutando no casco urbano e nas diferentes parroquias do municipio. “A cifra de persoas inseridas laboralmente é moi importante, máxime no momento de crise económica existente. Desde o Concello do Porriño somos conscientes de que temos que seguir traballando na mesma liña, apostando polo emprego como alicerce das nosas políticas de benestar social”, concluiu Diniz.

Na campaña de reducción de residuos “Depende de ti, depende de nós”, organizada desde a concellaría de Medio Ambiente, repartíronse 3.000 cadernos informativos que incluían un cuestionario con 16 preguntas para participar nun concurso con premios para as persoas que máis coñecementos acreditaran na cuestión da reducción e tratamento do lixo. Obtivo o primeiro premio, a porriñesa, veciña de Atios, Beatriz Lago Valcárcel. O segundo premio foi para a veciña do Porriño, Consuelo Sousa Sío; e o terceiro foi para o veciño de Torneiros, Florentino Iglesias Alonso.


8

AGOSTO DE 2009

O PORRIÑO

Unha alumna do IES Ribeira do Louro premio extraordinario de FP REDACCIÓN/O PORRIÑO

En datas recentes saíu publicada non DOG a relación do alumnado gañador dous premios extraordinarios de formación profesional, que se conceden aos alumnos e alumnas máis destacados dás distintas familias profesionais. Andrea Carballido Balado foi a gañadora na familia profesional de comercio e marketing. Andrea cursou non IES Ribeira do Louro o ciclo superior de Comercio Internacional. Posteriormente participou na convocatoria anual de premios extraordinarios de formación profesional de Galicia. Aesta convocatoria achéganse outros méritos a parte dás cualificacións, como outros cursos de formación, experiencia laboral, etc. Andrea Carballido estudou a ESO e ou Bacharelato non IES de Mos.

Iván Vaqueiro anuncia un pacto para impulsar o Parque do Louro Nunha visita a O Porriño, o deputado socialista Luis Piña, comprometeuse a “impulsar en Madrid as necesidades do municipio” REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Deputado socialista Luis Gómez Piña, visitou , xunto cos membros do Grupo Municipal Socialista, o Concello do Porriño para coñecer de primeira man os problemas e demandas dos Porriñeses ante o Goberno Central e repasar a utilización dos fondos do Plan E no Concello do Porriño, que supuxeron 2,9 millóns de euros no Concello do Porriño. Segundo o Deputado: “ Grazas ó goberno Zapatero, Concellos como o de Porriño, poden acometer obras en todo o casco urbano e nas parroquias do Porriño. Iso demostra que os socialistas traballamos para o interese xeral, non para o partidista.” Piña aproveitou para visitar o paseo do río Louro e comprobar a necesidade de mellorar o seu coidado e impulsar unha obra que o PSdeG-PSOE do munici-

Luis Piña xunto a Iván Vaqueiro e o concelleiro Fernando Rodríguez durante a súa visita a O Porriño.

pio entende como prioritario. O portavoz municipal socialista, Iván Vaqueiro, aproveitou a visita do Deputado socialista, para ratificar que o goberno local tan só conta coa financiación que o PSOE aprobou para os

Concellos, porque o goberno local está a paralizar proxectos estratéxicos como o do Parque do Louro por falta de financiación. “Nos atopamos ante un goberno sen iniciativa, interino, que por falta de xestión é incapaz de con-

seguir fondos de ningunha outra entidade, e que só grazas ó PSOE, pode facer as obras que está a realizar cos fondos do Plan E. Un goberno incapaz en pleno mes de Xullo, de presentar uns orzamentos”.


AGOSTO DE 2009

O PORRIÑO

Abelardo Otero, presidente da comisión de festas

“Tratamos de conseguir as mellores festas posibles”

9

Sardiñada e música nas Festas de San Sebastián do Porriño R EDACCIÓN /O PORRIÑO

REDACCIÓN/O PORRIÑO

Torneiros celebra as Festas de San Roque Día 15: A partires das 22:00 horas, orquestras Paraíso e Costa Blanca Día 16: A partires das 11:00 horas actuará no recinto da festa a Banda de Música Municipal do Porriño. Posteriormente orquestras Miramar e Gran Parada. Día 17: A partires das 11:00 horas, pasarrúas a cargo de Cornetas – Tambores e Gaitas Rías de Vigo. Posteriormente orquestras Charleston e Abanico.

Que tal se leva iso de ser presidente da Comisión dunhas festas con tanta tradición? -O ser presidente da Comisión de festas, sobor de todo é un orgullo para min. Este cargo lévase con moito traballo e esforzo pero coa boa colaboración dos membros da comisión de festas, aos que quero facer partícipes, tratamos de conseguir as mellores festas posibles. -É difícil facer a programación en tempos de crise? -Si é difícil, de feito atopámonos con donativos menores que outros anos debido aos recursos limitados polos momentos económicos nos que estamos inmersos tanto de particulares como de empresas. -Que lembras das festas de San Roque de antes? -Debido a miña xuventude non sería a persoa

“A

topámonos con donativos menores que outros anos debido aos recursos limitados polos momentos económicos nos que estamos inmersos tanto particulares como empresas”

máis indicada para contestar esta pregunta. Sen embargo según os comentarios da miña familia e coñecidos que xa levan moitos anos celebrando estas festas contan que son unhas festas cunha tradición moi arraigada donde moitos veciños se xuntaban na carballeira de San Roque a comer, bailar,etc. durante todo o día o que daba lugar a estreitar lazos de amizade entre a xente que alí se encontraba.

Volven as Festas de San Sebastián, unhas festas tradicionais que a concellería de Cultura do Concello do Porriño recuperou hai uns anos en colaboración coa Comisión de Festas deVeciñas/os do Barrio de San Sebastián, organizadores do evento. As festas comezan o día 22, sábado, ás 20:30h. A celebración comeza coa xa tradicional sardiñada acompañada de viño e pan. Para amenizar a velada actuará a Orquestra Caravana. Xa ao día seguinte, domingo, a festa comeza de mañán coa Misa Solemne ás 12:30h. Logo da misa, de novo o toque gastronómico: rosca, pan, polbo e viño mentres se baila ao ritmo da música da Asociación Floclórica Os Penediños de Atios. Ás 21:30h, a Banda Municipal do Porriño actuará para os alí presentes. Para rematar as festas, terá lugar, ás 23:15h. a tradicional Queima de Castelos, un espectáculo de fogos voadores e fixos que se remonta ás orixes destas festas porriñesas.


10

AGOSTO DE 2009

O PORRIÑO

Jorge Bolado Moo, estilista

“Recomendo vestirse co que te vexas favorecido e así se fixarán en ti”

SE O PORRIÑÉS JORGE BOLADO MOO non minte no seu perfil de Facebook naceu o 21 de noviembre de 1984. Logo de estudar Belas Artes en Pontevedra comezou probando sorte como fotógrafo de moda en Bruxelas, pero non se sentiu cómodo coa cámara como ferramenta de traballo. Fixo un master de estilismo en Barcelona e aí comezaron as oportunidades. Na actualidade é a media laranxa de Natalia Pérez na firma “American Pérez”, un proxecto que comeza a soar con forza dentro do mundo da moda. Natalia encárgase dos deseños, Jorge da posta en escena, da dirección de arte e o estilismo.

DIEGO GIRÁLDEZ

-A túa marcha a Barcelona foi un exilio, un arrebato, unha casualidade, unha búsqueda de oportunidades...? -En realidade, foi Barcelona como puido ter sido outro sitio. Sempre me gustou viaxar e vivín en diferentes sitios: Valencia, Bruxelas, Londres, Berlín..., agora estou en Barcelona, estou moi contento, pero de momento non penso quedarme aquí para sempre. -Unha vez alí como entras no mundo da moda e o estilismo? -A través de un Máster. En Barcelona é onde xorden posibilidades de facer contactos e coñecer a profesionais do sector. Tiven a sorte de poder traballar de axudante con moi bos estilistas, de feito continúo a facelo, é a mellor maneira de aprender. -Con Natalia Pérez creas a marca “American Perez” que tal vai? ¿que suxerides coas vosas coleccións? -En relidade é Natalia quen crea a marca, eu adhírome un tem-

Dous deseños de American Perez. Máis info en www.americanperez.com.

po despois. De momento vai moi ben, con moito traballo pero sen perder as ganas. Agora estamos en pleno desenvolvemento

da nosa páxina web www.americanperez.com. American Perez é ironía, diversión e todas as cousas que nos gustan.

-Que propoñedes para a tempada 2010? -De momento non podo contar moito. Podo adiantar que é unha

viaxe a unha cidade que nunca visitamos. Ateigada de xente guapa, cantantes con sabor latino, mozas loiras con saias moi curtas, paseos en bikini polo paseo maritimo... -Nunca pensache en voltar a Galicia para emprender aquí un proxecto? -Xa formo parte dun proxecto en Galicia! e teño a sorte de poder colaborar desde Barcelona. Son un dos socios da empresa de xestión cultural Xerpo Cultural, con sede en O Porriño. Xunto cos meus compañeiros fixemos xa basantes cousas, entre elas o Festival de Artes escénicas do Porriño Coiro de Pita, que xa vai pola súa segunda edición. Síntome moi a gusto traballando con Xerpo Cultural. -Móllate... que tal viste a xente do Porriño? que lle recomendarías? -Como en todos os sitos, hai de todo, pero en xeral vístese ben, tanto xóvenes como adultos. Como recomendación, vestirse co que te vexas favorecido e así se fixarán en ti.


AGOSTO DE 2009

PUBLICIDADE

11


12

AGOSTO DE 2009

MOS

A moción de censura de Mos considerada ‘caso de transfuguismo’ Gerardo Alonso: “A acta dos Concelleiros é persoal, non lle pertence aos partidos políticos”

REDACCIÓN/MOS

O apoio do ex-concelleiro socialista, Gerando Alonso, á moción de censura promovida por edís populares no concello de Mos constitúe un “caso de transfuguismo”. Isto foi o que se decidiu na Comisión de Seguimento do Pacto Antitransfuguismo que se reuniu en Madrid. No caso de Mos, a resolución chegou da man dun informe do comité de expertos que asesora á Comisión, xa que cando os integrantes do pacto trataron o caso o pasado mes de decembro, o representante do PP negouse a que fora considerado transfuguismo. A falta de acordo levou a solicitar o informe, que agora determinou que o acontecido na localidade pontevedresa si constitúe un caso de transfuguismo, do que é responsable o edil socialista que abandonou a disciplina de grupo para votar cos populares e tamén os integrantes do grupo do PPpor ser beneficiados desa ruptura. O informe ten carácter vinculante. O que está claro é que o futuro político do municipio pasa por esta decisión. Dentro de dous anos chegarán as eleccións municipais e con elas a estruturación de candidaturas. Segundo a determinación tomada en Madrid, os actuais membros do Goberno municipal non poderían presentarse polas siglas do PP. Hai unha pregunta que flota no ambiente do municipio: presentaranse eles como independientes, o PP por outra banda cunha candidatura nova e farán un pacto precociñado?. Todo se verá.

Gerardo Alonso enviou un comunicado defendéndose da decisión tomada en Madrid e das declaracións dos partidos da oposición de Mos. Reproducímolo integramente.

É incrible que ao mesmo tempo que se potencia un Estado descentralizado, desde Madrid se tomen decisións por unha Comisión de Expertos sen saber realmente que pasou en Mos. O artigo 24 da Constitución Española sinala literalmente que todas as persoas teñen dereito a obter a tutela efectiva dos Xuíces e Tribunais no exercicio dos seus dereitos e intereses lexítimos, sen que, en ningún caso, poida producirse indefensión. Que lexitimidade ten un Órgano - como o Pacto Antitransfuguismo – que non notifica nin cita ás persoas afectadas, que non hai audiencia, que produce indefensión tendo en conta que non existe Tutela xudicial efectiva ao non ser un acto que poida ser revisable en vía xurisdicional. Que lexitimidade e que futuro ten un Pacto que xera indefensión e que é Anticonstitucional. Nos próximos días presentarei un recurso ante o Defensor da Vila pola total indefensión que provoca o Pacto Antitransfuguismo. Se para o voceiro do BNG, tránsfuga é aquel que antepón os seus intereses persoais aos xerais, coincide plenamente coa actuación tanto do BNG como do PSOE en Mos; o primeiro porque despois de investir a unha Alcaldesa a través dun pacto supramunicipal lle fixo a vida imposible a un Goberno en minoría durante 14 meses e o segundo por permitir esta situación durante tanto tempo e non someterse a unha moción de confianza. Onde estaban os intereses dos veciños e veciñas de Mos durante os 14 meses do Go-

berno en Minoría? O art. 23 da Constitución Española dinos que os cidadáns teñen o dereito a participar nos asuntos públicos, directamente ou por medio de representantes, libremente elixidos en eleccións periódicas por sufraxio universal, polo que a Acta dos Concelleiros é persoal, non lle pertence aos partidos políticos. Se a clase política quere respectar as Regras Electorais, non lle queda máis remedio que ampararse no poder que lle dá a Constitución Española, a través das mocións de censura xustificadas e da liberdade da Acta de Concelleiro que é Persoal e intransferible. A miña Acta de Concelleiro púxena a disposición dun proxecto crible, que pensa realmente máis nos intereses xerais dos veciños e veciñas de Mos que nos persoais, polo que non me considero un tránsfuga. PSOE e BNG non poden xustificar a mala Xestión dun Concello, en minoría durante 14 meses ou con dous Alcaldes, dous Gobernos, durante 3 meses, apoiandose nun Pacto Antitransfuguismo, que nin sequera está amparado pola Carta Magna. Só me queda lembrarlle ao PSOE de Mos que non foi capaz de garantir nunha Sociedade libre unha convivencia amable e tolerante, desde o diálogo, onde caben todos, agás os violentos, porque practicou a ameaza, o insulto, a calumnia e a violencia, polo que non poden representar os intereses dos veciños-as de Mos, nin desde o Goberno nin desde a Oposición”. GERARDO ALONSO, CONCELLEIRO E TENENTE DE ALCALDE DO CONCELLO DE MOS


AGOSTO DE 2009

MOS

PSdeG-PSOE e BNG satisfeitos

Logo da determinación tomada pola Comisión de Seguimento do Pacto Antitransfuguismo, os socialistas mosenses marcaron o seu posicionamento que quixeron dividir en diversos puntos: “1-O Grupo Municipal Socialista solicitará un pleno extraordinario monográfico para tratar este asunto. Consideramos que Mos está gobernado por 9 tránsfugas; de modo que nos referiremos “a partir de agora á alcaldesa tránsfuga e aos concelleiros tránsfugas sin que ninguén se poida ofender”. 2-Os socialistas consideramos que Gerardo Alonso ten que devolver os cartos da súa dedicación exclusiva. “Los partidos políticos se comprometen a no aceptar en sus equipos de gobierno municipal a miembros de la corporación que se hayan convertido en tránsfugas con respecto a sus grupos de procedencia y rechazan la posibilidad de que por parte del alcalde se efectúe cualquier nombramiento político que implique atribuciones de gobierno o delegación genérica de las mismas, con los consiguientes derechos políticos y económicos a favor de los tránsfugas” .(Codigo de conducta aprobado por todos los partidos políticos con representación parlamentaria). Ademais a lei recolle que os concelleiros “non adscritos” non poderán ter

mais dereitos políticos e económicos que os que tiña no grupo político de procedencia. 3-Arévalo e o seu equipo non poderá utilizar as siglas do Partido Popular e tampouco poderán cobrar como grupo municipal, polo terán que devolver o que cobraron como grupo dende que se aprobou a moción de censura. 4-O Partido Socialista de Mos advirte de que calquer voto en contra da legalidade supón que cada concelleiro terá que asumir a responsabilidade penal ou administrativa que de elo se derive, e anuncia que recurrirá á vía xudicial. 5-O Grupo Parlamentario Socialista presentará unha Proposición non de lei para que todas as formacións políticas representadas no Parlamento de Galicia se ratifiquen no acordado no pacto antitransfuguismo; ningún concelleiro tránsfuga poderá utilizar as siglas do seu partido político de procedencia e ningún concelleiro tránsfuga poderá presentarse ás próximas eleccións municipais baixo esas siglas. 6-Desta maneira e partindo de que en Mos temos un goberno de 9 tránsfugas, a dirección do Partido Popular non poderá permitirlles utilizar as súas siglas e non os presentará como candidatos ás vindeiras eleccións municipais”.

O grupo político do BNG de Mos manifestou en rolda de prensa a súa satisfacción polo acordo tomado na Comisión Especial sobre Transfuguismo creada no Congreso dos Deputados en Madrid. Compareceron en rolda de prensa Olaia Fernández Davila, deputada, Manuel Caride, viceresponsable do BNG na comarca de Vigo, o responsable local do BNG de Mos, Miguel Aldea, e o portavoz municipal que suscribe. Ante os medios de comunicación valoraron positivamente o acordo acadado en Madrid, no senso en que ben a deixar claro que o goberno de Mos é un goberno de trásnfugas, porque califica como tránsfugas, non só a Gerardo Alonso, senón tamén a tódolos concelleiros do PP que apoiaron a moción de censura co cambio de partido de Gerardo Alonso. Olaia Fernández manifestou que “o PP avala estas actuacións, porque son decisións de todo o Partido, máxime despois do anuncio realizado por Figueroa no Pleno da Mancomunidade de Vigo dicindo que aínda íban existir máis mocións de censura na comarca”. Según Olaia, “para o Partido Popular non é unha preocupación a dignidade da política e válese de persoas sin dignidade para acceder ó poder”, “incentivando tránsfugas e pagados”

Pola súa parte, o responsable do BNG na comarca tamén suliñou a doble moral que ten o Partido Popular para respaldar en Madrid unha cousa e actuar aquí de forma diferente en concellos como Moso u Gondomar”. Ojea dixo que a política ten que ser transparente e digna e non pode valerse de persoas indignas para facer gobernos de intereses. A decisión de Madrid ven a confirmar que en Mos temos un goberno de tránsfugas, basado en compra de voluntades de persoas sin ningún tipo de valor político ou dignidade persoal. Tamén Ojea criticou o pronunciamento do PP no Pleno da Mancomunidade onde non quixo respaldar unha condena ás mocións de censura de Mos e Gondomar votando en contra, e pediulle ó Partido Popular que se manteña á marxe dos concelleiros de Mos que son considerados tránsfugas en Madrid. Por parte do BNG, pensamos que o mellor para Mos e para os veciños e veciñas de Mos é saber que en Madrid tódolos partidos dixeron que o goberno de Mos está composto de tránsfugas, polo que agora en Mos a veciñanza xa sabe que pode elixir entre quén defende o pobo ou quén defende os intereses particulares ou o feito de cegar ó poder a calquera prezo, comprando a vontade dunha persoa débil e sen dignidade.

13


14

AGOSTO DE 2009

MOS

breves O departamento de urbanismo conta con catro novos traballadores que xa están en activo A concelleira de Urbanismo, Sandra Temes, anunciou que xa están ocupadas e en funcionamento as tres prazas para este departamento que levaban sen cubrir dende que se creou a RPT (Relación de Postos de Traballo) no ano 2006. Trátase dun arquitecto técnico, un enxeñeiro técnico industrial e un técnico en admistración xeral que actualmente se atopan xa ocupando o seus respectivos cargos e desenvolvendo o seu labor. Amaiores, o goberno municipal incorporou no 2009 unha nova praza para o posto de xerente de Urbanismo; praza que está cuberta tamén por un traballador que xa se atopa exercendo.

O cíber da Biblioteca Municipal estrea normativa Temes explicou que esta normativa permitirá unha maior seguridade e un uso máis equilibrado e igualitario das instalacións. Para Temes, unha das normas máis salientables é “que a partir de agora tódolos usuarios do cíber terán que facerse socios da Biblioteca, de xeito que a través dos carnés de socio obteremos información estatística sobre o número de usuarios e o tipo de uso que fan dos ordenadores, se é un emprego lúdico, profesional ou por estudios e formación”.

A débeda do Concello de Mos ascende a catro millóns e medio de euros O Consello de Contas vén de facer públicos os datos sobre a realidade económica da administración local mosense REDACCIÓN/MOS

O Consello de Contas acaba de facer públicos os datos sobre a situación económica de 38 concellos galegos que se atopan a piques da insolvencia, entre os que se atopa o municipio de Mos. A débeda acumulada da localidade mosense supera os catro millóns e medio de euros. O órgano fiscalizador recomenda extremar a vixiancia sobre a xestión financeira do Concello.

E

ste derradeiro informe do Consello de Contas revela que a fiscalización correspondente ao ano 2006 sitúa ao Concello de Mos en risco de insolvencia tanto a curto como a longo prazo

Este derradeiro informe do Consello de Contas revela que a fiscalización correspondente ó ano 2006 sitúa ao Concello de Mos en risco de insolvencia, tanto a curto como a longo prazo, debido a que carece de re-

Arévalo anunciou que as contas faranse públicas no pleno.

cursos suficientes para facer fronte á débeda acumulada. Para a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, “a información difundida polo Consello de Contas ofrece o ditame fiscal do 2006, que xa reflectía unha situación moi grave pero que hoxe, tres anos despois, é aínda peor, xa que a liquidación do pasado 2008 deu un resultado de -1 millón de euros e nunca unha liquidación en negativo

dera un resultado tan elevado na historia do noso Concello”. Ante esta situación, Arévalo anuncia que proximamente farase público nun pleno o estado das contas do municipio, “para que tódolos veciños sexan coñecedores da realidade económica na que o bipartito deixou á localidade mosense”. A rexedora local especificou que “destes máis de catro millóns e medio de euros,

1.237.727,98 euros corresponden á débeda do ano pasado recoñecida no presente 2009; 120.749,54 euros son de facturas, tamén do ano pasado, pendentes de recoñecer e presentadas con posterioridade no Concello ata o día 8 de xuño de 2009; e os 3.180.833,53 euros restantes son os que había contabilizados e pendentes de pago con data de 31 de decembro de 2008”.


AGOSTO DE 2009

MOS

O Concello incorpora un servizo de recollida de aparellos eléctricos A edil de Medio Ambiente anunciou que este novo sistema de xestión de residuos non suporá un gasto municipal a maiores REDACCIÓN/MOS

No último pleno ordinario da Corporación Municipal mosense, celebrado o pasado xoves 30 de xullo, foi aprobada a adhesión ó Convenio Marco de Colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e as Entidades Xestoras dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX.s) de Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE), un feito considerado de gran relevancia pola concelleira de Medio Ambiente, Ana Rodríguez, quen considera “fundamental” asumir a recollida de ditos aparellos no Concello de Mos. A edil informou hoxe de que a adhesión a este Convenio Marco suporá o abono ó Concello, por parte dos Sistemas Integrados de Xestión, dos custos derivados da recollida dos devanditos residuos, mentres que a administración local deberá asumir a xestión dos mesmos ou ben contratarlla a unha empresa xestora. Rodríguez Cabaleiro fixo fincapé ademais en que “coa adhesión municipal a este convenio establécense os mecanismos axeitados para levar a cabo unha xestión idónea de aparellos vellos coma lavadoras, televisores,

Ana Mª Rodríguez.

etc., cuxos compoñentes e resíduos son altamente contaminantes”. “E é que os aparatos eléctricos e electrónicos requiren unha recollida selectiva e un posterior enfoque de xestión singulares para evitar por tódolos medios que sexan incinerados ou depositados en vertedoiros incontrolados, tendo en conta as nefastas consecuencias que ditas accións poderían ter para o sistema medioambiental”, aclarou a conce-

lleira. A edil responsable do departamento municipal de Medio Ambiente declarou tamén esta mañá que “a implantación deste novo servizo na nosa localidade é esencial, xa que existe moita demanda” e rogoulles ós futuros usuarios do mesmo que, para optimizar os traballos de recollida e xestión dos residuos, os depositen no interior dos contedores e nunca fóra ou xunto a eles. Asi-

mesmo, lembrou que “continúa vixente e activo, mediante este mesmo procedemento, o servizo municipal de recollida de enseres, coma mobiliario etc., que se realiza o primeiro e terceiro martes de cada mes e para o que os veciños demandantes de dito servizo, deben de chamar previamente ó Concello para indicar o lugar de ubicación do contedor no que van depositar os seus desperdicios”.

15

A Concellería de Emprego activa varios cursos de formación ocupacional REDACCIÓN/MOS

O Concello de Mos, a través da Concellaría de Emprego, que dirixe Gerardo Alonso Porto, seguindo coa política activa de emprego que está desenvolvendo e tomando en consideración as necesidades do mercado laboral, e o incremento do paro no municipio, que provoca situacións de desprotección e de dificultades de inserción, pretende ofrecer á poboación accións formativas que lles ofrezan unha aprendizaxe activa e mellora na capacitación para o traballo. Tódalas accións formativas terán un período de prácticas preprofesionais que lles facilitará o contacto coas empresas e entidades colaboradoras. Cursos variados Os cursos que se van a levar a cabo a través desta campaña de formación ocupacional son de atención a persoas dependentes, soldador con máquinas semiautomáticas MAG- MIG, auxiliar de axuda a domicilio, de inglés e tamén de galego.


16

AGOSTO DE 2009

MOS

breves A Asociación Española contra o Cancro de Mos pon en marcha novamente o Programa Vitalia – Estancias Terapéuticas Este programa nace por iniciativa da Asociación Española contra o Cancro Galicia que busca plena recuperación daquelas mulleres que sufriron unha intervención ou tratamento oncolóxico. O seu obxectivo é ofrecer a aquelas mulleres que sufrisen algún tipo de intervención ou tratamento oncológico un apoio integral. O programa levarase a cabo os días 24, 25, 26 e 27 de setembro na residencia de tempo libre de Panxón en Nigrán, dirixido a mulleres con diagnóstico de cancro en xeral.

Participación Cidadá oferta xornadas multiaventura para a mocidade mosense A concellería de Participación Cidadá de Mos que dirixe a edil Julia Loureiro organiza novas actividades de lecer para a mocidade de Mos. Serán dez días de xornadas de ocio didácticas, deportivas e multiaventura que se realizarán a partir do día 3 de setembro. Realizaranse actividades como Skate, Break Dance, Graffittis Area, Rimadero, Hip-Hop, etcétera.

O BNG mosense di que o Concello ‘despilfarra’ os cartos en horas extras dos traballadores REDACCIÓN/MOS

O BNG de Mos quere denunciar publicamente “o despilfarro que se está facendo do diñeiro público, respecto ó reparto indiscriminado dos traballos do persoal municipal”. Segundo din, nos últimos meses, o Concello de Mos pagou 3.172 horas extraordinarias, delas 2.769 normais, 230 nocturnas e 173 en festivos, supoñendo para o concello un desembolso de máis de 63.000 euros. O BNG critica ademais que o reparto se faga segundo un criterio discriminatorio, pois non todos os traballadores e traballadoras teñen as mesmas posiblidades de realizar estes traballos. Os nacionalistas lamentan “este enorme gasto para as arcas municipais, sabendo que a este gasto hai que sumar maquinaria, mantenementos, roupas, materiais, etc, así como empresas particulares que traballan conxuntamente cos traballadores do concello sen que exista ningún seguimento ou control por parte dos concelleiros responsables”. ”Queremos deixar claro que denunciará este tipo de actuacións irregulares ante a maxistratura de traballo, dada a

Xosé Manuel Martínez Ojea.

inseguridade que crea para o persoal que realiza estos traballos”, sinalan. Asimesmo, o BNG entende que non é ético que nos tempos de crise en que estamos non se creen postos de traballo ou non se dea traballo a outras persoas en vez de cargar sempre ós mesmos traballadores e traballadoras con estos horarios continuados.

Por outra parte, o BNG fará un seguimento dos traballos que se realizan por parte dos concelleiros e concelleiras con adicación exclusiva. No mes pasado, o BNG meteu por rexistro un escrito no que denunciaba o caso do concelleiro Angel Pereira, “que estaba repartindo o pan da súa empresa e cobrando ó mesmo tempo do

concello”, aseguran os nacionalistas. “Por parte do goberno deuse a explicación de que estaba de vacacións no concello, pero sen embargo no mesmo día e unhas horas máis tarde acudíu ó concello a unha Comisión Informativa, tirando por terra a explicación dos seus compañeiros de goberno”, denuncian.

Os socialistas aseguran que se lles impide acceder á documentación do Concello REDACCIÓN/MOS

Mª Jesús Escudero.

O grupo municipal socialista de Mos, a través de María Jesús Escudero, di sufrir impedimentos para acceder con facilidade á documentación pública do Concello. Aseguran que a pasada semana recibiron un escrito asinado polo tránsfuga Gerardo Alonso, como alcalde en funcións, comunicando a sua decisión de que para poder consultar calquer expediente se debe solicitar por escrito, así como explicar para e por que se pide. Escudero quixo lembrar que “nin co mandato de Ballesta, nin co de Ramón Alonso, os dous alcaldes do Partido Popular, tive-

mos ningún impedimento para ver ningún documento. A edil do PSdeG-PSOE di que nos anos nos que foi alcaldesa a oposición non tivo ningún obstáculo para fiscalizar ao goberno. “Calquera asunto que quixeran ver so tiñan que pedilo no departamento correspondente e entregábanllo no momento. E só se eran asuntos que estiveran no arquivo demoraba un día a súa entrega”, asegura Escudero. Gravación do pleno Por outra banda, a responsable socialista quixo denunciar que lle foi negada a gravación do pleno de finais do mes de xuño.

“Pedímola por escrito-di- e viu denegada polo actual alcalde funcións Gerardo Alonso”. “Nós preguntamos si Arévalo estará de acordo con estas decisións tomadas polo alcalde tránsfuga en funcións, xa que ela presume de ser transparente”, comenta a exalcaldesa “Os socialistas consideramos, que Mos ten un goberno antidemocrático, que esquécese de que é un dereito que ten a oposición de acceder a calquer expediente, e que estes feitos que son propios de épocas pasadas, fannos pensar que ocultan algo e que teñen medo a que o descubramos”, remata Escudero.


AGOSTO DE 2009

REDACCIÓN/MOS

Como vén sendo habitual en Mos, a Festa da Prehistoria (VIII edición) celebrouse na segunda fin de semana de agosto. Despois do primeiro día -día da Involución-, no que as tribos chegan ao poboado da Penacova, o sábado, 8 -día Grande- estivo cheo de actividades nas que participaron tódolos asistentes: Pola mañán os integrantes das tribos e público asistiron ós distintos obradoiros e demostracións (tiro con arco e tiro con propulsor, arqueoloxía, pintura corporal e fabricación de machados de pedra). A compañía de títeres Tanxarina representou unha das súas obras adaptada á época prehistórica. Despois do xantar tivo lugar a tradicional batalla entre as tribos da Parroquia de Mos e os restantes grupos participantes, que rematou coma sempre coa intervención do chamán que tranquilizou os ánimos, chegando incluso a casar a unha parella polo rito prehistórico. Máis tarde se celebraron os xogos nos que competiron tódalas tribos e colocouse a lousa de pedra que cubre o túmulo megalítico da Penacova. Os prehistóricos de Mos remataron a noite con música (Banda Potenkim, La Tuna Rastafari e Skándalo GZ). Nesta oitava edición, organizada por unha nova asociación (A. Cultural Festa da Prehistoria), aumentou o número de asistentes tanto de público coma de participantes, chegando a inscribirse 36 tribos. Os organizadores tamén destacan o éxito de outras actividades paralelas á festa, como a excursión realizada o día 2 de agosto ós lugares de interese arqueolóxico de Mos ( na que participaron 80 persoas), e a exposición A primeira industria da humanidade no Paleolítico Inferior, que aínda se pode visitar ata o 15 de agosto no Pazo de Mos (16:00-22:00 h).

MOS

17


18

SALCEDA

Transporte para dependentes en Salceda REDACCIÓN/SALCEDA

A concelleira de Benestar Social de Salceda de Caselas informa a toda a veciñanza do Servizo Galego de Transporte Adaptado 065. Trátase dunha posta en marcha do servizo de Transporte 065 para persoas con mobilidade reducida o discapacidade. É un programa promovido polo anterior goberno da Xunta de Galicia que xa entrou a funcionar neste ano no noso municipio. O Transporte 065 supón unha axuda para a mobilidade persoal de individuos con discapacidade ou dependentes. Estas persoas poderán viaxar cun acompañante e o servizo ofrece vehículos adaptados ás necesidades dos pasaxeiros, con coidador os 365 días do ano, para calquera tipo de traslado. As persoas interesadas en ser beneficiarias deben ter recoñecido un grao de minusvalía do 65% ou superior e a imposibilidade de utilizar o transporte urbano. Os demandantes do Concello de Salceda de Caselas do servizo Transporte 065 deberán pedir cita coas Traballadoras Sociais do Concello, quen lles entregarán un informe no que conste a imposibilidade de emprego do transporte colectivo e a súa vez lles facilitará o formulario de solicitude del servizo 065.

DE

AGOSTO DE 2009

CASELAS

O Concello de Salceda potencia o voluntariado con axuda da Xunta REDACCIÓN/SALCEDA

O concello de Salceda de Caselas vén de recibir unha subvención de uns 2705,14€ da Consellería de Traballo e Benestar Social mediante a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado sobre un proxecto presentado polo concello de Salceda de 6000 € do cal o concello fai unha inversión no eido do voluntariado de uns 3.295 €. A edil nacionalista, Mónica Vizcaya, destaca a importancia do voluntariado que esta a traballar no eido do social e nos festexos . Estes voluntarios fan as súas accións voluntarias sempre cubertos por un seguro que

vai a cargo da subvención. Ademais estes voluntarios continúan a realización de cursiños e formación. Destaca a Concelleira os cursiños que durante o ano 2008 se realizaron no noso concello para a formación mínima do voluntariado e o curso que durante o ano 2009 se realizou no centro de servizos sociais da Devesa e que tivo unha moi boa acollida por parte dos voluntarios nos meses que se desenvolveron os cursos de formación. Solidariedade “Actualmente no concello temos-segundo nos conta a concelleira- dous progra-

mas: o de festexos e o de voluntariado social”. Agora que se aproxima a festa dos callos é moi importante o labor e colaboración dos voluntarios. Xa que o ano pasado foron arredor duns 50 voluntarios rexistrados e cubertos co seguro correspondente de voluntariado os que participaron para que todo saíra perfecto e ofrecer aos visitantes e veciños unha festa activa e todo preparado para a festa que congrega unhas 10.000 persoas ao longo de toda a xornada festiva. Para a concelleira esta posta en marcha do voluntariado en Salceda vén destacar a solidariedade

dos nosos veciños e veciñas dende a xente máis nova ata a máis maior. O voluntariado social que hai aproximadamente neste programa é duns 15 voluntarios. Están xa facendo entrega dos alimentos a aquelas familias en situacións de precariedade ou necesidade transitoria. A entrega de alimentos ven determinada por un programa que barema en función de situacións económicas e tendo prioridade aquelas emerxencias sociais e perfís determinados de inclusión social. Son xa máis de 4000 quilos de alimentos os que se levan repartido.

a imaxe

Xa comezaron as obras de saneamento en diferentes parroquias do municipio. En Vendanova-San Xurxo, as obras deron comezo e contan cun orzamento total de 142.388,02 euros. A piques de rematar están as obras de seaneamento en Coto (Picoña) e Condide e Outeiro (San Xurxo) cun orzamento de 96.726,89 €. As obras son financiadas polo fondo estatal de investimento estatal.


AGOSTO DE 2009

SALCEDA

DE

CASELAS

19

Piña destacou as inversións do Goberno Central en Salceda REDACCIÓN/SALCEDA

O alcalde, Marcos Besada, e a concelleira de Deportes, Teresa Pérez, supervisando as obras.

52.000 euros de orzamento

As obras de reforma no Pavillón Municipal xa están en marcha R EDACCIÓN /SALCEDA

Están xa practicamente ramatadas as obras de reforma do Pavillón Municipal de Salceda de Caselas. Procedeuse á renovación da cuberta do inmoble, con un orzamento total de 52.000 €, nunha obra adxudicada a JUMAR, S.L. Para esta obra o Concello conta con unha subvención da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, que ascende a 25.000 €, e que fora xa aprobada polo anterior executivo o pasado ano 2008.

Así mesmo, aproveitáronse estas obras para realizar un lavado da fachada do pavillón, así como das paredes interiores, conseguindo mellorar notablemente o aspecto do inmoble, que co paso dos anos fora adquirindo grandes manchas, sobre todo debido ás choivas. Obras fundamentais Teresa Pérez, Concelleira de Deportes do Concello de Salceda de Caselas, defendeu a importancia destas obras para o desenvolvemento dos di-

versos actos deportivos que se poñen en marcha dende a Concellaría. “Resultaba urxente o cambio da cuberta, que estaba moi deteriorada, e no inverno moitos días o pavillón se quedaba inutilizable polas filtracións de auga”. Así mesmo, a concelleira quixo salientar que se trata de unha obra que non tería sido precisa se o pavillón tivese tido un mínimo de mantemento. ”As canaletas están totalmente obstruídas, algo que con un mantenemento anual se tería evitado”. Con

estas obras conséguese mellorar considerablemente as condicións dun espazo que, en palabras da propia Concelleira “resulta fundamental para o desenvolvemento da actividade deportiva no concello”. O Pavillón é utilizado a diario polo Colexio Altamira e polas Escolas Deportivas Municipais. Así mesmo, os diversos clubes deportivos do municipio empregan tamén regularmente as instalacións, polo que a súa reforma resultaba urxente.

A executiva do PSdeGPSOE do municipio pontevedrés de Salceda de Caselas reuniuse en sesión extraordinaria para facer balance do segundo ano do pacto de goberno municipal co B.N.G. en Salceda de Caselas, e en concreto, da xestión das súas áreas de goberno: Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Ensino e Emprego. Os socialistas de Salceda contaron nesta ocasión coa presenza do Deputado no Parlamento español Luís Piña. Na súa intervención Luís Piña destacou as inversións do goberno de Zapatero en Salceda, que na actualidade ascenden a un millón trescentos sesenta mil euros, e avanzou que no futuro se manterá esta liña de inversións e compromisos por parte do Goberno Central coas veciñas e veciños de Salceda, que segundo o Deputado irán orientadas a melloralas infraestruturas medioambientais e o fomento do emprego. O Secretario Xeral dos socialistas locais Enrique Cabaleiro fixo unha valoración positiva da xestión do goberno bipartito de Salceda, na que considerou que a aportación dos socialistas ó goberno está a ser fundamental. para acadar o nivel de investimentos en materia de infraestruturas.


20

SALCEDA

O BNG de Salceda renova o seu Consello Local REDACCIÓN/SALCEDA

O Consello Local do BNG de Salceda xa ten nova dirección tras un proceso de eleccións que concluíu co nomeamento de Miguel González González, como Responsable Local. O responsable de Organización será Enrique Besada Pérez, a responsable de Muller e Igualdade, María Dolores Castiñeira Alén, o responsable de Finanzas, Jose M. Piñeiro Domínguez, o responsable electoral, Diego Besada Pérez, a responsable de Xuventude, Sonia Martínez Domínguez e o responsable de Participación Veciñal, Pedro González González. Con esta renovación, a organización do BNG de Salceda de Caselas pretende mesturar veteranía e experiencia na política municipal con xuventude e novas forzas. O novo responsable Local, Miguel González, sentiuse moi orgulloso de que os compañeiros do BNG de Salceda se fixaran nel como cabeza visible da organización e promete que traballará arreo para que o BNG volva a gañar as próximas eleccións en Salceda. “Vamos a apoiar ó goberno municipal, que está traballando con moitas ganas e adicandolle moito tempo para cambiar e mellorar o noso concello e que este sexa máis habitable e xusto, tratando a todo o mundo coa mesma vara de medir, cousa que antes non pasaba”

DE

AGOSTO DE 2009

CASELAS

Día 6 de setembro

Cultura ultima os detalles para a XVII edición da Festa dos Callos REDACCIÓN/SALCEDA

A Concellaría de Cultura do Concello de Salceda de Caselas ultima os últimos detalles para a XVII edición da Festa dos Callos, que se vai celebrar o vindeiro 6 de setembro na Praza do Concello. Os actos comezarán na noite do sábado 5 coa celebración do III Serán dos Callos, polo que dende a Concellaría se quere convidar a todos aqueles grupos de gaiteiros, pandeireteiras e demáis que se acheguen a Salceda a participar deste serán.

T

eresa Pérez: “Esperamos de novo unha afluencia masiva de xente, que veña non só a degustar os callos senón tamén a disfrutar da programación cultural que acompaña a festa, polo que tentaremos ofrecerlles unha ampla gama de actividades”

O domingo 6 será o día grande, con reparto de callos dende primeiras horas da mañá, amenizando a festa a Charanga NBA da Coruña. Ás 12:00 será a lectura do Pregón, que este ano correrá a car-

Imaxe da Festa dos Callos do ano pasado.

go do actor e humorista Carlos Blanco. O actor volverá a subirse ao escenario a partir das 6 da tarde, neste caso para presentar o seu espectáculo cómico. Ás 20:00 horas será o turno de Quempallou, que ofrecerá un concerto na Praza do Concello como peche a estas festas. Tamén os comerciantes de Salceda teñen previsto saír á rúa para celebrar o seu mercadiño de opor-

tunidades. A ubicación do mercadito está aínda sen determinar, pero saberase nos próximos días. A día de hoxe, dende a Concellaría de Cultura séguese a traballar na programación complementaria da festa, polo que de seguro serán máis as actuacións e sorpresas previstas para a fin de semana. Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, destacou que “coa Festa dos Callos remátase o ciclo de ac-

tos do verán, tras as Festas do Cristo e o Curso Internacional de Música”. Así mesmo sinalou que “esperamos de novo unha afluencia masiva de xente, que veña non só a degustar os callos senón tamén a disfrutar da programación cultural que acompaña a festa, polo que tentaremos ofrecerlles unha ampla gama de actividades que esperamos sexan do agrado de todos e todas”


VENTO FRESCO

HISTORIAS

DO

TRANVÍA

Os veráns soñados

Un tranvía de lonxe

Manuel Miragaia

Soledad Castro

A

chegada das vacacións converten ao verán na época habitual para a imprescindíbel fuxida da rutina. A grave crise que se padece e que se alonga no tempo impide a moitos antigos dispendios. Porén, aínda que sexa para disfrutarmos duns días de acougo, irmos á aldea ou a unha das numerosas festas gastronómicas e patronais que cobren a pel de gaita da nosa Terra, todos procuramos cambiar a vida durante uns días, esquecérmonos dos problemas e sermos, en definitiva, un pouco máis felices. Se cadra, cando academos o momento vital de recapitular e xustificar toda nosa existencia, o que máis haxa que valorar dela será ese conxunto de episodios felices, a miúdo vividos nos veráns pretéritos. No occidente desenvolvido trabállase a destallo cada vez máis. O estrés, a competitividade e o esgotamento cotiáns dificultan as actividades de lecer e as relacións humanas, fundamentais para contarmos cunha vida saudábel e satisfactoria. Ocúpase moito tempo coa televisión e con internet, e saése pouco da casa, recuperándose no sofá para a seguinte xornada. As tradicionais rúas dos viños, no pasado ateigadas ata altas horas, áchanse a miúdo baleiras en boa parte das vilas e cidades. O mesmo sucede cos cafés e locais de restauración antes moi concurridos. E é que o desemprego, a eventualidade, o mileurismo e a vida hipotecada obrigan a conter os gastos. Están no proceso de transformarnos para sempre en autómatas para o traballo, e de apampar e frustrar a nosa condición de cidadáns, por mor das crecentes limitacións que se impoñen á democracia. Mudáronos xa en consumidores, tentando satisfacernos coa breve alegría da compra de produtos maiormente superfluos, que ademais serve para levantar a economía. Quizá ante un mundo tan adverso e falto de ilusións só queda esperar ao verán para vermos realizada esa viaxe coa que tanto soñamos, que nos afastará por uns días da nosa condición de engrenaxes produtivas ao servizo da máxima rendibilidade empresarial. Quizá cada vez será máis complexo cambiarmos

F

a orde das relacións produtivas e sociais establecidas, que agora por medio da globalización se tenta espallar ao resto do mundo. Máis, polo menos, que a ninguén se lle ocurra sacar estes días oníricos no paraíso, que aportan enerxía para o resto do ano. Uns coñecerán a Venus sen actuaren como Cupido. Outros buscarán a relación sentida e entregada, como paso para un desexado cambio de estado civil. Os máis, lugares de gula, troula ou mesmo éxóticos. Algúns, a paz emotiva da familia e o café de pota dunha casa galega de turismo rural, a intimidade co ser querido nunha praia tranquila da Mariña luguesa ou o encontro ilusionante coa xente sorprendente, sociábel e altruísta, que circula polos camiños de Santiago. As ferias e viaxes veranegas achéganos ao improdutivo e irresponsábel tempo da nenez, a aqueles irrepetíbeis días cálidos de xogos na praza cos amigos, de paseos pola natureza e de baños na praia. Recuperemos o dolce farniente unha vez máis. En todas as ocasións e lugares resulta tonificante e revitalizador.

inlandia é unha terra que se escribe de auga e de verde; auga dos mil e pico lagos que a encharcan, verde dos non sei cantos picos de bosque que a tapan. A luz do estío prolóngase máis alá da noite e a caída do sol vai incendiando o horizonte para permanecer adurmiñada e ir sucumbindo aos poucos, por un pequeno anaco de tempo, porque axiña volve a alba para facer espreguizar un novo día. Helsinki é a súa capital, sementada de edificios de índole neoclásia e modernista, presenta a singularidade dunha cidade orixinal e sorpresiva, a influenza rusa que a historia lle foi deixando imprímille un carácter máxico e misterioso a un tempo. E Helsinki leva no seu ventre as idas e vidas do tranvía; brincando polas rúas , a súa fi-

gura vólvese paisaxe acolledora e imprescindible, gardan a prestancia dos vellos tranvías e sábense útiles. Quizáis todo veña motivado polas nostalxias, pero a súa presenza volve a cidade diferente e privilexiada. Eu sentino, un chimpo e brincadeira do contento cando saíndo dende a impoñente e fermosa estación de tren, a primeira contemplación foi un tranvía, como se un vello coñecido viñera saudar e recibirte. Por iso aquí se escribe un tranvía máis que vén de lonxe, pero coa cercanía suficiente como para engadir máis historias. E seica os tranvías de Finlandia, contan historias, versos do Kalevala, o poema cerne da épica nacional finlandesa, e de certo que eu souben de Vinemoïnen e da súa namorada Pohjola. ¡Misterios dos bosques tranvías e lagos!!


22

AGOSTO DE 2009

DEPORTES

Pereiro prantéxase a retirada REDACCIÓN/DEPORTES

Oscar Pereiro ten o reto de encontrar nos próximos meses a motivación perdida polo ciclismo, do contrario, estaría disposto a colgar a bicicleta despois dun ano frustrante, no que a retirada no Tour de Francia lle fixo aborrecer o ciclismo no que debutou como profesional no 2000. Finalizou na oitava etapa da grande boucle, ao comprobar que non podía estar cos mellores. Pereiro sinalou: "Non teño nada que ocultar. Acabo contrato co Caisse D'Epargne e teño tres posibilidades: renovar, cambiar de aires ou deixaro. Esta última posibilidade contémploa se non encontro a motivación para seguir, as ganas de montar en bici. Se non se dá o caso o pique". O abandono no Tour 2009 Con tres postos entre os dez primeiros no Tour de Francia, á parte do seu triunfo no 2006, e abandonos nas dúas últimas edicións, Pereiro entrou en crise de confianza ao ver que o seu traballo desde a súa estrea o pasado mes de xaneiro no Tour Down Under de Australia non lle ofrecía o rédito desexado. O ciclista de Mos admite que

REDACCIÓN/DEPORTES

se encontra "sen ilusión pola bicicleta, aínda que persoalmente ben", polo que depende del seguir ou non no pelotón. De mo-

P

erderase La Vuelta ao non poder repoñerse a tempo da fatiga mento, pactou co equipo que non estará presente na Volta a España que comeza o 29 de agosto en Assen (Holanda). Óscar Pereiro perderase La Vuelta ao non poder recuperarse a tempo da fatiga que o obrigou a abandonar no pasado Tour de Francia. Caisse

d'Epargne non o incluíu na lista provisional. Recuperar a motivación "Dependerá de min. Son sincero e non querero enganar a ninguén. Se me pagan é para devolver co meu traballo e a miña entrega o investimento que fan en min. Eusebio Unzue (director do Caisse D'Epargne), quere que me recupere eu. Se consigo observar o meu nivel podo ser importante para o equipo, pero se non é así prefiro non seguir", asegurou Pereiro. O obxectivo inmediato de Pereiro será "liberar o cabeza, dar de baixa e estar tranquilo". Só así, asegura, podería "recuperar a motivación".

Grande actuación dos policías da comarca nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros REDACCIÓN/DEPORTES

Dous foron os policías locais que realizaron unha magnífic actuación durante o transcurso dos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros que se celebraron en Canada. Grande actuación do mosense Alberto Costas O concelleiro de Deportes, Alberto Méndez Lago deulle a benvida no aeroporto de Peinador ao atleta mosense e bombeiro do Corpo de Bombeiros de Vigo, Alberto Costas, que regresou de disputar as Olimpiadas de Policías e Bombeiros que este ano se celebraron na cidade canadiense de Vacouver. Costas acadou o mellor palmarés de dita competición logrando: Catro medallas de plata nas seguintes modalidades de10.000 metros, 5.000 metros, 800 metros e na modalidade de ‘country’ en 10.000 metros. Además alzouse con ouro nos relevos 4x400 metros. Tamén tivo boa actuación en 1.500 metros onde quedou cuar-

Adestradores do Balonmán Porriño para a vindeira tempada

to clasificado, en 400 metros foi quinto e por equipos quedou cuarto clasificado en 10.000 ‘country’ Dous metais para o porriñés Javier Rodríguez O Concello do Porriño informa, de que Javier Rodríguez, policia local do municipio, gañou dúas medallas nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros que se veñen de celebrar en Vancuver (Canada). Trátase das medallas de bronce nas probas ciclistas de contrareloxo e criterium. O policía local porriñés xa partipara en anteriores mundiais celebrados en Cataluña, no Quebec e en Australia, acadando,

nesta derradeira cita desputada na cidade de Adelaida, unha medalla de bronce. Javier Rodríguez participará en tódalas probas de ciclismo en estrada: contrareloxo, cronoescalada, velocidade e fondo en estrada. A súa participación iniciarase o día 3 e rematará o día 7 de Agosto. No seu palmarés neste tipo de eventos, caben destacar, ademáis destos dous bronces, un bronce máis obtido no mundial de Australia, un Campionato de Europa en 2006 e dous bronces no 2008, dous subcampionatos de España no 2005 e 2007, e dous bronces no 2008. Este ano acadou o subcampionato de España contrareloxo en Figueres.

O balonmán Porriño, fichou como adestrador do primeiro equipo masculino, para a tempada 2009-10, a Luis Montes Pallares, para realizar a función de entrenar ao primeiro equipo e coordinar ao resto dos equipos masculinos. Luis Montes Pallares, na actualidade atopábase adestrando na Comunidade de Castilla-La Mancha. Desde o ano 2003, é licenciado en Pedagoxía pola Universidade de San-

tiago. Durante os anos 20032004, realizou o Ciclo Nacional de Adestrador de Balonmán en Madrid. Na tempada 2007-2008, adestrou ao Club Balonmán Cisne de 1ª Estatal. Coa incorporación de Luis Montes Pallares e o nomeamento de Abel Estévez Carrera, para levar ao primeiro equipo feminino e coordinar ao resto do feminino. O Balonmán Porriño, completou a dirección deportiva para a próxima tempada.

O Porriño Baloncesto Base organizou a onceava edición do seu campus de verán REDACCIÓN/DEPORTES

Un total de 304 nenos e nenas, xunto a adestradores e monitores de tempo libre configuraron a lista de participantes neste evento. No campus desarrolláronse un feixe de actividades novedosas, que tiveron gran aceptación. Varios grupos practicaron Paintball nas instalaciones del IES Pino Manso, tendo a oportunidade de experimentar con esta actividade tan atractiva. Durante o XI Campus de Baloncesto P.B.B., organizáronse tamén competicións na modalidade de campeonato de 4x4. Cada día, cinco equipos formados por 4 xogadores organizaron unha liga de todos contra todos para dirimir os postos do1º ao 5º. Segundo a clasificación obtida por cada equipo, os seus integrantes sumaron puntos para elaborar una clasificación individual. Os campeóns foron: Martes 23 de xuño: Javi Domínguez, Borja Bernárdez, Nacho García y Xabier Del Riego.

Unha xogadora do Balonmán Porriño convocada estatal A xogadora do Balonmán Porriño, Estela Doiro Rodríguez, forma parte da lista de internacionais que acudirá ao Campionato de Europa Junior Femenino, a disputarse en Hungria do 14 ao 23 de Agosto. Antes do 3 ao 13 do mesmo mes, xogase un torneo internacional en Montenegro.

Mércores 24 de xuño: Alberto Amoedo, Xabier Del Riego, Javi Domínguez, Martín Bartolomé y Gonzalo Méndez. Xoves 25 de xuño: Saulo Pereiro, Martín Sánchez, Pedro Fernández y Nacho García. Venres 26 de xuño: Javi Domínguez, Martín Sánchez, Cristian Ares y Boris González. A clasificación individual quedou deste xeito: 1º Javi Domínguez (17 pts); 2º Martín Sánchez (16 pts.); 3º Borja Bernárdez e Íker Besada (15 pts.); 5º Xabier Del Riego y Nacho García (14 pts.); 7º Martín Bartolomé, Gonzalo Méndez y Cristian Ares (13 pts.); 10º Saulo Pereiro, Miguel Rey y Boris González (12 pts.); 13º Miguel Crespo y Manuel Garrido (11 pts.); 15º Sergio Da Vila, Pedro Fernández y Dani Punzón (10 pts.); 18º Alberto Amoedo y Dani Villar (9 pts.); 20º Xoán Sequeiros y Elliot Bacelo (8 pts) y 22º Kevin Stratmeyer (6 pts.).

Unha xogadora de categoría alevín do C.Baloncesto Caselas, entrou na preselección alevín galega A xogadora do C.B. Caselas Andrea Vaqueiro entrou na Preselección Galega Alevín Feminino. Concentráronse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra do 20 ao 24 de xullo.


AGOSTO DE 2009

EMPREGO

PERSOAL VENDIMA: ETT require Persoal para unha vendima na zona de Taborda (Tomiño). Salario: Segundo convenio. Alta na Seguridade Social polo Réxime Agrario. Valorarase experiencia en posto similar ou en traballos de campo. Residencia en Tomiño, O Rosal, A guarda ou Tui. Permiso de conducir B-1 e vehículo propio. PEÓNS VENDIMA: ETT selecciona douscentos Peóns para a campaña da vendima en diversas adegas da zona de O Rosal, Tui e Tomiño. Funcións: As propias do posto de traballo. Horario: De 7.30 a 13.15 horas e de 14.30 a 19.30 horas. Contrato: Temporal por obra ou servizo determinado. Cotización a través do Réxime Especial Agrario. Experiencia mínima de seis meses en posto similar ou en labores agrarias. Requírese persoal con ganas de traballar, capacidade de traballo en equipo e dispoñibilidade horaria. Permiso de conducir, clase B1 e vehículo propio. CAMAREIRAS/LIMPIADORAS: Residencia privada dedicada ao coidado de persoas maiores situada en Vigo require tres Camareiras/Limpiadoras. Funcións: limpeza de habitaciones, limpeza de zonas comúns, servizo de comedor e esporadicamente servizo de lavandería. Horario: Quendas de mañá ou tarde. Xornada laboral: 2-3 horas diarias. Salario: 350€ aprox. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Requírese persoa con gran capacidade de aprendizaxe, con clara orientación ao cliente, con capacidade de traballar baixo presión e con iniciativa. Imprescindible experiencia mínima dun ano en posto similar. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. OFICIAL 1ª CARPINTERIA: Empresa de carpintaría de madeira, dedicada ás montaxes, vigas laminadas, construción e reparación vivendas require un Oficial de 1ª Carpintaría. Salario: Segundo convenio. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Horario: de 8.00 a 13.00 e de 13.30 a 16.30 horas de

luns a venres. Funcións: montaxe de portas, tarima flotante, rodapé, armarios... Imprescindible experiencia mínima dun ano nas tarefas descritas. Dispoñibilidade horaria e incorporación inmediata. Permiso de conducir, clase B-1 e vehículo propio. ASESOR/A COMERCIAL: ETT selecciona para importante empresa consultora, líder no mercado da Propiedade Industrial e Intelectual un Asesor/a Comercial. Responzabilizarase de: - Fortalecer relacións cos clientes. - Prospección comercial nas provincias de Pontevedra e Ourense. - Seguimento continúo de clientes. Salario segundo convenio + dietas + portátil + móbil + quilometraxe. Posibilidade de promoción e desenvolvemento. Formación contínua desde a empresa. CS en Administración e Finanzas, CS en Comercio Internacional, Licenciatura en Dereito ou en Dereito Económico. Experiencia mínima de seis meses como Comercial no sector da banca e / ou consultoría. Imprescindible: - Experiencia en xestión de cobramentos, control de axenda, seguimento de clientes. - Dispoñibilidade para viaxar pola zona de Pontevedra e Ourense. Valorarase dominio de inglés. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. COMERCIAL: Empresa de seguridade situada en O Porriño require para o seu departamento de vendas dous Comerciais de venda directa de alarmas e sistemas de seguridade. Xornada laboral: Completa. Salario: 1.115,15€ + Comisións. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. F.P. II Electrónica ou Informática. Experiencia mínima de seis meses en posto similar. Coñecementos de office a nivel usuario. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. OPERARIO/MOZO DE ALMACÉN: Empresa dedicada á recolleita de residuos, especialmente á recolleita de pneumáticos fóra de

uso, require un Operario/Mozo de almacén. Xornada laboral: Completa. Salario: Segundo convenio. Contrato por obra con posibilidade de permanencia na empresa. Imprescindible: -Formación acreditada no manexo de carretillas elevadoras. - Experiencia mínima dun ano no manexo de carretillas elevadoras. - Posibilidade de incorporación inmediata. Requírese persoa con alta capacidade de aprendizaxe, con iniciativa, con capacidade de traballo en equipo e responsable. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. MAQUINISTA TEARES: ETT require un Maquinista de Teares para realizar traballos no sector do granito. Salario: segundo convenio. Requírese experiencia mínima de cinco anos en posto similar. Dispoñibilidade horaria. Incorporación inmediata. Permiso de conducir b-1 e vehículo propio. AXUDANTE DE COCIÑA: Restaurante de nova apertura, con especialidade en carnes, situado en Mos require un Axudante de cociña. Salario: Segundo convenio. Xornada laboral: Partida. Horario: de 10.30 a 16.00 horas e de 20.00 a 24.00 horas. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Requírese experiencia mínima dun ano en posto similar. Persoa con iniciativa, resolutiva e organizada. Permiso de conducir B-1 e vehículo propio. PERSOAL SERVIZO TECNICO: Empresa dedicada á venda e distribución de produtos, útiles e maquinaria de limpeza e hixiene industrial e profesional, situada en O Porriño, require Persoal para o seu Servizo Técnico. Xornada Laboral: Completa. Salario: 1.200€ bruto/mes aprox. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Imprescindibles coñecementos de electrónica e fontanería. Experiencia mínima de dous anos en posto similar. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio.

ADMINISTRATIVO: Empresa dedicada á venda e distribución de produtos de alimentación de alta calidade, con denominacións de orixe recoñecida, require un Administrativo. Xornada laboral: Completa. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Requírese muller de entre 24 e 30 anos. Diplomatura ou licenciatura en ciencias empresariais. Imprescindible experiencia mínima de seis meses en posto similar. Dispoñibilidade horaria e incorporación inmediata. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. OPERARIO/A: Empresa dedicada á fabricación e / ou distribución de novos materiais dentro do mundo da construción, situada en Mos, require un Operario/a. Xornada laboral: Completa. Salario: Segundo convenio. Contrato de formación con posibilidade de permanencia na empresa. Imprescindible ser menor de 21 anos. Posibilidade de incorporación inmediata. Persoa con gran capacidade de aprendizaxe, con confianza en se mesma, con iniciativa, capacidade de traballo en equipo e responsable. TELEOPERADORES/AS: ETT require Teleoperadores/as para venda telefónica de servizos de internet e de telefonía móbil. Xornada laboral: 5 horas/día. Horario: de 11.00 a 15.00 horas, de 17.00 a 22.00 horas de luns a xoves e os venres de 16.30 a 21.30 horas. Formación a cargo da empresa. Imprescindibles coñecementos de informática. Valorarase experiencia en posto similar. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. ENXEÑEIRO/A: Empresa dedicada á seguridade privada, require un recente titulado/a en Telecomunicacións ou Enxeñería Técnica Industrial, na especialidade de electrónica industrial. Contrato en prácticas con posibilidade de incorporación á empresa. Titulación obtida nos últimos catro anos. Incorporación inmediata. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio.

As persoas interesadas: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS Estrada de Peinador, 41 - 36416 MOS (Pontevedra) Telf: 986 49 88 20 - Fax: 986 48 81 23 e-mail: ofertas@aemos.es www.aemos.es

23


Este Xornal faise con papel reciclado como contribución á conservación do Medio Ambiente

A Peneira na Rede Director: Guillermo Rodriguez Fdez. Edita: EDICIÓNS VAL DO LOURO S.L. Enderezo: Rúa Sarmiento Rivera, 17 - 36860 PONTEAREAS Tel e Fax: 986 66 09 86 - Colaboradores: Alberto Álvarez, Carlos Rego, David Rollano, Marisa Alonso, Jénnifer Castrovello, Diego Giráldez, Juancho, Soledad Castro, David Pérez Rego “Cato” Fotografía: Antón, Foto Barros, Foto Hernández Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró Montaxe e deseño: Diego Giráldez Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza). Depósito legal: OR / 57 / 84

lourinha@apeneira.com www.apeneira.com

Publirreportaxe

Navuxil, centro de atención social No Porriño un Centro de Día, Escola infantil e Academia

O Porriño dispón dunhas novas instalacións de Centro de Día para maiores, Escola infantil e Academia.Cunhas modernas instalacións, inauguradas este mesmo ano, e persoal especializado e altamente cualificado ofrece servizos de calidade para toda a comarca. Rúa Navuxil, 6 - info@navuxil.es O Porriño

Centro de día Abre as súas portas un centro de atención socioterapéutico que presta atención personalizada a persoas maiores de máis de 65 anos, aínda que excepcionalmente acolle tamén a persoas a partir dos 60 anos. As instalacións teñen capacidade para 50 persoas e contan con tres baños xeriátricos, ximnasio (na fotografía), sala de pscoestimulación, área de descanso e comedor. Como servizos opcionais ten perruquería e podoloxía. Servizo de comedor con menús adaptados en función dos seus usuarios. Cociña propia. O Centro de día Navuxil procura mellorar a vida dos usuarios, fomentar a autonomía persoal, po-

Academia Un lugar privilexiado para realizar actividades extraescolares e de loita contra o fracaso escolar , actividades culturais e formativas ademais de ampliar novos coñecementos. Pensada para todas as idades está dividida en dúas áreas: unha para usuarios de 4 a 12 anos e outra desta idade en

tenciar as relacións persoais e orientar e asesorar ás familias. Acolle usuarios validos ou asistidos que estarán distribuídos segundo as súas características (demencias, accidente cerebro vasculasr, etc)despois dunha valoración previa . Nel realízanse obradoiros de estimulación cognitiva, psicomotricidade e rehabilitación física. O persoal está altamente cualificado e proporciona un servizo integral, personalizado, humanizado e de calidade. Transporte privado. Navuxil é un centro privado incluido dentro do rexistro único de entidades prestadoras de Servizos Sociais co número E-2112. posibilidade de solicitar axudas a través da Lei de Dependencia. Teléfono 986 348 325

adiante. Impártense aulas de informática (ofimática, internet, deseño, páxinas web, programación), inglés e outras materias. As instalacións teñen trece ordenadores e contan con profesores titulados. Realízanse tamén actividades de lecer como obradoiros (maquetas, papiroflexia, malabarismo ou xogos) e reforzo escolar. Teléfono 986 348 325

Escola Infantil A escola Infantil Navuxil, para usuarios de 0 a 3 anos, é un servizo de atención integral aberto os 12 meses do ano en horario de 7:30 a 20:30 horas. Consta de 74

prazas distribuídas en cinco aulas: unha de 0 a 1 anos, dúas de 1 a 2 anos e dúas de 2 a 3 anos. Ten tamén unha sala de úsos múltiples e un xardín exterior. Nun lugar acolledor e seguro, conta con cámaras de seguridade no recinto, ofrece servizos de almorzo, xantar e merenda xa que dispón de cociña propia. Persoal especializado e titulado potencia a autonomía persoal dos cativos e cativas. Dentro das instalacións hai un gabinete pscopedagóxico. A atencións dos usuarios é constante e regular ao longo de todo o curso. posibilidade de empregar o cheque infantil a través das subvencións da Xunta. Teléfonos 986 332 255- 679 992 424


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.