Kalaikia Especial Cans 10

Page 1

maio’10

BitáKora

Toda a programación, todas as curtas, todos os clips...

10 e 12-13

Dúas estreas mundiais: “O mono Paco” e “Naipe de sangue”

17

Entrevistas

Ernesto Chao, M. A. Fernández, Rober Bodegas, Coque Malla, Moncho...

Di Elas porán o broche musical ao festival

Algo +

22-23

Miradas de Cans, Camiñada, Can Parade, Rock & Road...


2

maio´09

toda a programación MÉRCORES 19 18.30 h. Cans para os pequenos. Proxección de curtametraxes para público infantil Lelo e as estacións (2010), O soldadiño de chumbo (2009), A flor máis grande do mundo (2007) e O señor dos mosquis (2006). BIBLIOTECA MUNICIPAL (O PORRIÑO) 20.00 h. Inauguración do monumento Can de Pedra. ROTONDA DE ADROZA (CANS) 21.00 h. Día dos Veciños. BAIXO DO MONCHO (CANS) Proxección de Cans do futuro, de Juanma Lodo. Presentación do xurado dos veciños. Avance do making of. Actuación das Pandereteiras de Cans e Anxo e a súa banda.

XOVES 20 CÍRCULO RECREATIVO E CULTURAL DO PORRIÑO 19.00 h. Reestrea décimo aniversario Last Patrol, de Cora Peña. 20.30 h. Desfile de chimpíns con actores e equipo técnico de O mono Paco. 21.00 h. Estrea do documental O mono Paco, de Piño Prego. BAR TUBULART (O PORRIÑO) 22.30h. Can Parade.

23.00h. Proxección de videoclips do Norte de Portugal. 23.30h. Concurso de videoclips. Presentado por Ricardo de Barreiro. 00.30h. Sesión dj con Florent y yo (Los Planetas).

VENRES 21 BAIXO DO MONCHO (CANS) 11.00h. Cans de Futuro. Sesións para centros educativos. 16.00h. Proxección de curtametraxes de animación de Portugal, do Curtas Vila do Conde, Festival Internacional de Cinema: A Cor Negra, Paulo Sousa e Silvimo Fernades; A Meio da Noite, Fernando Saraiva; Annual Report, Cristina Braga; Melodia Amarga, Pedro Moura; e História Trágica Com Final Feliz, Regina Pessoa. 17.00h. Cine na Raia, presentación de longametraxes transfronteirizas: Chelo Loureiro con As aventuras de Xoán Sen Medo; Xosé Zapata con Dodu, o neno de cartón e Eloy Enciso con Arraianos.


3

maio´10

18.00h. Fillos de Cans, presentacións de longametraxes: Dani de la Torre con Mar Libre; Xosé Zapata con Linko; Luis Avilés con Retratos; Juan Galiñanes con Holy Night; Chelo Loureiro con A tropa de trapo. 19.30h. Estrea mundial de Naipe de sangue, o primeiro grelos-western, coa presenza do equipo e de Federico Lafuente (fillo de Marcial Lafuente Estefanía). 21.30h. Procesión de chimpíns e cowboys ata o torreiro, acompañada do grupo de bombos Os Zés Pereiras de Fragoso (Barcelos-Portugal). TORREIRO DE CANS 22.00h. Noite de estrea: Presentación dos xurados do festival e do making off da edición 2009. 22.30h. Entrega de premios do concurso de videoclips e proxección dos videoclips gañadores. 23.00h. Entrega dos Chimpíns de Prata a Víctor Fábregas e a Moncho Fortes. 23.15h. Entrega do Premio de honra Pedigree'2010 a Ernesto Chao. 23.30h. Actuación da Furancho Wester Band, con Silvia Superstar e Elodio. 00.30h. Concerto de Coque Malla. 02.00h. Sesión DiscoChimpín no Bar A Escola Vella, con Constan Chao.

SÁBADO 22 CANS (TORREIRO, SALAS, LEIRAS, CAMIÑOS) 09.30h. Ruta dos muíños polos camiños de Cans. 12.00h. Coloquio na leira. 13.00h. Ernesto Chao coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas. 13.00h. Sesión vermú coa Banda Municipal de Música. 15.30h. Procesión de chimpibuses, amenizada por Os Veraneantes. 16.00h. Chegada da procesión ao torreiro de Cans. 16.15h. Proxección de Botando por fóra na Sala Multiusos. Actuación de

regueifa con O Caruncho, B. Lobariñas e Josiño da Teixeira no Jaliñeiro Unplugged. 16.30h. Inicio das proxeccións nas salas: curtas a concurso e Jalpón Friki. 17.30h. Presentación de Naturalide Silvestre na Sala Multiusos. Actuación de Roger de Flor no Jaliñeiro Unplugged. 18.30h. Miradas de Cans: Creus e Carrasco dan a súa visión de Cans e introducen a David Rubín (debuxante). Na Sala Multiusos. 18.30h. Rock'n'Road: Baldosa Amarilla. Na estrada de Cans. 19.00h. Descanso das proxeccións. Luís Tosar coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas. 19.00h. Rober Bodegas presenta o libro Novedades, souvenirs, artículos de coña. Na Sala Multiusos. 19.30h. Concerto de Los Chavales. 20.30h. Reinicio das proxeccións. 20.30h. Rock'n'Road: Santos Morcegos. Na estrada de Cans. 20.30h. Juan Lesta e Belén Montero presentan Iconoscopio. Na Sala Multiusos. 21.15h. Iván Ferreiro presenta o proxecto audiovisual Picnic extraterrestre. La serie. Na Sala Multiusos. 22.00h. Presentación de La habitación de Felucas na Sala Multiusos. Actuación de Sr. Anido no Jaliñeiro Unplugged. 22.00h. Proxección de Naipe de sangue, no Jalpón Friki. 23.00h. Fin das proxeccións. 23.30h. Entrega de premios no torreiro. 00.00h. Concerto de Di Elas. 01.30h. Sesión Disco-Chimpín con Rober Bodegas.

MÉRCORES 26 22.00h. Proxección das curtas gañadoras no Bar Liceum do Porriño.


maio´10

4

Cansglam

N

o taxi, Holly comeza a cambiarse de roupa, a pórse medias e a encender cigarros. Paul infórmalle de que ten unha carta de José na que anula calquera posible compromiso. “Non se pode ler unha cousa así sen ter os beizos pintados”, di ela. Ela é Audrey Hepburn e a película “Desayuno con diamantes”. Din que Audrey é o símbolo eterno do glamour e na portada deste Kalaikia especial que tes nas mans queda claro que é certo. Incluso cun mandilón, con botas de goma e luvas de vendima, coma se viñese de sulfatar as patacas ou de munxir as vacas, Audrey non perde o seu encanto. Esa ollada lene e silandeira, ese chapeu algo torto, ese sorriso tímido e a medio formar, esa ramalla adormecida entre os beizos, esa postura sinuosa... Ten ou non ten o encanto do agroglamour? Por iso abrimos este especial con Audrey. Se sodes quen de non quedar engaiolados na súa silueta e pasades páxina, atoparedes todo o que hai que saber sobre o festival e os seus protagonistas. Nós falamos, para ofrecérvolo a vós, con Divina, a presidenta do xurado de veciños, que estreamos nesta edición; e tamén con Ernesto Chao, o premio pedigree; e con Moncho, flamante chimpín de prata... E tamén con Rober Bodegas, que vén de pinchadiscos; e con Miguel Anxo Fernández, codirector da película “Naipe de sangue”, que se estrea durante o festival; e con Coque Malla, artista invitado para facernos mover o esquelete na noite do venres; e con Di Elas, que farán o propio na noite do sábado. E tamén vos falamos doutra estrea que ten ao famoso Mono Paco como protagonista, e das novidades do festival: o jaliñeiro unplugged, o torreiro das estrelas, a colocación dun can xigante de granito Rosa Porriño para darlles a benvida aos participantes... Queredes máis? Pois aínda hai máis: temos a programación completa, temos unha reportaxe sobre Arela, entidade organizadora do festival, e temos colaboracións de nomes de prestixio: Eduardo Rolland, Camilo Franco, Andrés Mahía, Alba Lago, Tony Lomba, Manuel José Fernández Iglesias, Miguel Costas, Tonhito de Poi... Todos eles aceptaron escribir para nós. É dicir: para vós. Algo máis? Pois si: vai ás penúltimas páxinas. Credes que atoparedes algo mellor? Buscade e comparede. E se o atopades, xa sabedes: mercádeo. Nós seguimos sendo de balde. E, ademais, temos a Audrey. Sen permiso da organización, os de Kalaikia trouxemos a Audrey ao Festival do ano pasado. Subiuse a un chimpín e bicou a non sabemos quen; buceou entre as leiras logo de aguantar demasiado diante dos baños públicos ocupados. Din que a viron estirando a madrugada no torreiro e saúdando ao mencer cun café con leite e un par de madalenas na de Fortes. É que en Cans os diamantes provocan indixestión.

Coordinador: Diego Giráldez Maquetación e deseño: Manrique Fernández/ Xosé Ramón Couñago Ilustración de portada: Paco Quintas etsueña e Pilar Marcó Administración: Beti Gil Publicidade: Suso Vieito Colaboran: Miguel Costas, Camilo Franco, Sergio Lagartija, Alba Lago, Rober Bodegas, Etsueña, Coque Malla, Piti Sanz, Eduardo Rolland, Eladio Seres Queridos, Piño Prego e os amigos do mono Paco, Tony Lomba, Juancho Castaño, Moisés Álvarez Jorge, Miguel Anxo Fernández, Tonhito de Poi, Manuel José Fernández Iglesias, Andrés Mahía. Os nosos agradecementos para: Alfonso Pato, Asociación Cultural “Arela”, os responsables de prensa do Festival Moisés e Sonia, Divina, Moncho, Nando Godoy, Paco Candán, Sesi, María, Keka, Isaac, aos anunciantes e ao representante de Audrey Hepburn. kalaikia@apeneira.com v 986.660.986 v www.apeneira.com v

DP: VG 1253-2008 v

ISSN: 1889-464X


De 500 a 7.000 e non stop...

5

Como sempre, os festivais de Cans arrancan cunha multitudinaria rolda de prensa e unha foto oficial que cada ano é máis numerosa. O VII tamén. Patrocinadores, organizadores, veciños, curiosos,... todos sincronizaron as axendas para estar na de Fortes durante a presentación do Festival de Cans máis intenso da historia. Como dixo Alfonso Pato, o seu director, o deste ano é un “Festival non stop”

N

elson Santos, alcalde do Porriño; Juan Carlos Fernández Fasero, director de Agadic; Santiago Miguélez, director de marketing de Estrella Galicia; María Tasende, actriz e membro do xurado do festival; Keka Losada, presidenta da A.C. Arela, organizadora do Festival; e Alfonso Pato, director do certame presentaron a edición “máis intensa” do Festival de Cans. “Catro días nos que non vai haber tregua”. A sétima será, en palabras de Alfonso Pato, “a edición con máis novidades da historia”. O responsable de marketing de Estrella Galicia, Santiago Miguélez, puxo o acento na colaboración existente entre a

xente de Cans e o Festival: “el pueblo pone todos sus recursos a disposición del festival”, salientou, “es un ejemplo de cooperación y de capacidad para generar riqueza para Cans y para el entorno”. Nelson Santos, pola súa banda, salientou o apoio do Concello do Porriño ao certame. Non só económico, senón tamén en infraestruturas e seguridade. O alcalde anunciou tamén que está a xestionar un “apoio cuatrianual”, para que “estea quen estea no conce-

llo do Porriño, o Festival de Cans reciba cando menos ese apoio”. E o director de Agadic destacou a importancia do festival dentro do Proxecto Creativa, que busca afondar no coñecemento e no intercambio cultural entre as dúas beiras do río Miño. “A actividade vai ser frenética”, anunciou Keka Losada, presidenta da asociación organizadora, “cada ano é un reto, pero este pode marcar un antes e un despois. Hai moitas novidades e a música terá un peso moi grande”. Escoitáronse moitas sentenzas referidas a este VII Festival. A que máis soou foi a de que será un certame fernético. “Aínda que non teña entrada para desfrutar das curtas, a xente terá todo o tempo ocupado. É un Festival non stop”. Por outra banda, algúns xorna-

listas preguntábanlle aos organizadores se agardaban máis afluencia de público que o ano pasado. O de Cans é un Festival que no ano 2004 xuntou a máis de 500 persoas na parroquia. O do ano pasado superou as expectativas: 7.000. Límites? Non hai. Así e todo, ao director do certame non lle preocupa tanto a afluencia masiva de público como que a xente que asista saia contenta. De todos os xeitos unha cousa está clara: a cousa está a medrar. Non será preciso ensanchar a parroquia nin abrir Cans ao mar, non chegaremos alá, pero todo apunta a que cada ano a masa de público será máis ampla. E vós que o miredes...

Non

será preciso ensanchar a parroquia nin abrir Cans ao mar, pero todo apunta a que cada ano a masa de público será máis ampla

maio´10

redacción


6 Tócaa, Sam! maio´10

Eduardo Rolland*

O

noso Hollywood de andar por casa, do parroquial ao planetario, non para de medrar. Tras o “Yes we Cans” do ano pasado, pensabamos que Pato e os seus camaradas non tiñan xa máis por inventar. Pero nin sete edicións poden con tanto enxeño. Desta volta, inauguran o Torreiro das Estrelas, réplica do Paseo da Fama de Sunset Boulevard. Luís Tosar estreará a primeira baldosa. Así que a Cans, para ser Hollywood, xa só lle falta poñer o nome en letras xigantes no Monte do Pianista. Algo tiña que ter de máxico unha aldea que, polas noites, escoita en pedra as sinfonías de Beethoven. De semellante banda sonora había de saír algo. E a asociación cultural Arela inventou un festival do que non hai galego que non se sinta orgulloso. Así que volveremos nesta edición, para asistir ademais á revisión dun clásico: King Kong, na súa versión galopina e viguesa co documental sobre o Mono Paco. Asinaremos para que a illa da Calavera, patria do gorila xigante, se integre no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Cans é un Hollywood no espello de Alicia, un Hollywood do revés: Andan en California na procura de ideas. Xa se rifan os dereitos da “Celda” de Tosar. Aquí, acontece o contrario: Imaxinación sobra; o que faltan son cartos. Pero antes de andar o camiño das queixas, vamos de festa, que é do que se trata. Alí estaremos, no torreiro. Á noitiña, escoitaremos o piano de pedra. Para festexar o cine, Beethoven deixará o seu sitio a Sam. E no cumio, como en “Casablanca”, soará: “As times goes by” . *Eduardo Rolland é escritor e xornalista

Divina presidenta Divina Campos ten 77 anos e exercerá de presidenta do recén estreado xurado dos veciños, unha das novidades máis salientables deste VII Festival. Díxonos que o criterio para valorar as curtas será moi sinxelo: “Direi se me gustan ou non”. ana_luque

O

“Cando

VII Festival de Cans presenta moitas novidades pero hai unha que consideramos das máis importantes: a creación dun xurado e dun “Premio dos Veciños”. Un premio sen dotación económica pero cunha enorme carga sentimental. O xurado está composto por Manuel Lorenzo (Manuel da Taberna) ten 76 anos. Carpinteiro. Foi emigrante en Alemaña e está xubilado da empresa de cociñas Xoane; Carmen Rodríguez (Carme da Carreira) ten 75 anos. Vendedora ambulante retirada, é asidua das proxeccións do Jalpón Friki; Telmo Pereiro ten 64 anos. Traballou en Zeltia e agora está retirado. É membro activo do grupo de pandereteiras e pandereteiros de Cans; Pedro Rodríguez Quintas (Pedro de Placer) ten 36 anos. É especialista en facer muros de pedra e canastros de xeito artesanal, coma os vellos canteiros e, por suposto, Divina Campos (Divina do Castillo) . Vendedora ambulante retirada, pandereteira e afeccionada á pintura, é unha das mulleres máis activas da parroquia, ten 77 anos e exercerá de presidenta do xurado. Divina comentounos que lle encantaba aquilo de ser vendedora ambulante: “Sempre me gustou moito falar coa xente e ese traballo permitíame estar con persoas distintas cada quince días”. “Agora aproveito todas as actividades que se fan aquí na parroquia; pinto, vou a pandeireta, escribo algún conto... gústame moito escribir a pesar de que pouco fun a escola, tamén a lectura”, dinos Divina. Cando lle dixeron que ía ser a presidenta do xurado dos veciños ela “non sabía para que era iso”. “Cando mo explicou Alfonso dixen “bueno, pois imos alá que aquí non comen a ninguén. Eu mirarei as curtas e direi a que máis me gusta, eu vou ser sincera...” Do Festival di que se nte admiración por como se “fixo famosa a parroquia e polo colorido e a xente que trae”. Divina, cos seus ollos cheos de humildade, remata a entrevista dicindo: “Eu son de Cans de toda a vida, nacín en Cans e, se a sorte é boa, penso morrer en Cans”.

mo explicou Alfonso dixen “bueno, pois imos alá que aquí non comen a ninguén. Eu mirarei as curtas e direi a que máis me gusta, eu vou ser sincera...”


Ernesto Chao, actor e premio de honra do Festival de Cans-Pedigree’10

“A primeira vez que estiven no Festival pensei que estaba vivindo nun mundo irreal” diego_giráldez - A QUE SABE O PREMIO DE HONRA DO FESTI-

en curto -QUE

PELI CHE GUSTARÍA TER PROTA-

VAL DE CANS PEDIGREE’10?

GONIZADO?

-O primeiro sabor que me vén á cabeza é o do viño. Por que será? E despois desta primeira impresión tamén me veñen outros sabores como o da satisfacción, a ledicia, o bo rollo, o compañeirismo... É un premio que me enche de orgullo por vir de onde vén, dunha xente tan extraordinaria e tan entusiasta. -FÁLANOS DESTE FESTIVAL. COIDO QUE O VIVICHES DENDE O PRINCIPIO... -A verdade é que coido que veño asistindo ó Festival dende a segunda edición, aínda que algún ano non puiden asistir por motivos de traballo, pero cando podo alí estou. A sensación que tiven a primeira vez que asistín era de que estaba vivindo nun mundo irreal, coma nun soño, as alfombras vermellas pola leiras, as proxecións nun cortello, a festa rachada ao remate do día...pero feito todo con rigor e profesionalidade. Digno dunha película de Tim Burton. -CAL É A TÚA RELACIÓN CO MUNDO DA CURTAMETRAXE? -Coido que os meus primeiros traballos no cine foron en curtametraxes A miña primeira curta foi como hai trinta anos con Milagros Bará como realizadora, e logo viñeron outras con Chano Piñeiro, Alex Sampayo... A miña última experiencia neste campo foi a semana pasada cos alumnos da Facultade de Comunicación Audiovisual de Pontevedra nunha curta chamada "Obsoleto". Eran uns chavales cojonu-

-Moitas. Por exemplo o papel de Paco Rabal en "Os santos inocentes". -PUXECHES XA AS GAFAS DE 3D NO CINE? -Puxen as gafas de 3d. Son un vicioso cinéfilo e non podía perder esa experiencia, pero que queres que che diga, prefiro velas en "normal". Teño que poñelas por riba das miñas e aínda por riba nos cines sempre as dan suxas. -SEGUEN A CHAMARTE MIRO POLA RÚA? -Si, si, si. -REMATA A FRASE: “SE NON FORA ACTOR SERÍA... ....funerario ou cociñeiro.

dos e moi serios no traballo. -ERNESTO, FUCHES O PRIMEIRO DIRECTOR DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL. COMO VES AGORA MESMO O PANORAMA DO AUDIOVISUAL GALEGO. -Véxoo bastante diáfano. Está demostrado que talento hai neste país, o que nos falta é apoio e unha boa distribución. Estou seguro de que o caso de "Celda 211" non vai ser anecdótico. É a punta do iceberg. Agora mesmo acaba de rematar a rodaxe de "Doentes", unha longametraxe baseada nun texto teatral de

Roberto Vidal Bolaño, e o mellor de todo, cun equipo totalmente galego. Teño moita confianza nesta película. -A OBRA O SEGREDO DOS HOFFMAN, DA TÚA COMPAÑÍA DE TEATRO LAGARTA LAGARTA ESTÁ A COLLEITAR MOI BOS RESULTADOS DE CRÍTICA E PÚBLICO. COMO SE LEVA A CRISE DENDE OS ESCENARIOS...? -A crise dende os escenarios lévase bastante mal. Modestia aparte creo que "Lagarta lagarta" é unha compañía bastante "talentosa" e o ten demostrado nos seus últimos espectáculos nos que afortunadamente contou co favor do público e da crítica. Pero no abonda con iso, hai que ter en conta que os nosos principais clientes (os que mercan as funcións, vaia) son a Xunta e os Concellos e nestes momentos as cousas non están para tirar foguetes, economicamente falando, aínda que eu penso que isto da crise tamén se está utilizando moito para deixar un pouco de lado a toda a cultura que xa sabemos que non é que interese demasiado á maioría dos políticos. -ALGÚN PROXECTO A MEDIO PRAZO RELACIONADO CO MUNDO DO CINE OU TV? -Proxectos varios, pero como son proxectos pois non hai seguridade de nada. Un novo espectáculo de Lagarta lagarta para o mes de setembro titulado "Cásting". Pero concretando máis na túa pregunta si que teño un proxecto para outono dunha tvmovie (que me faría moita ilusión que saíse porque traballarí a con tres actores máis da miña xeración) e un par de películas, unha delas de "prota". Non caerá esa breva.

maio´10

Ernesto Chao ten un currículo moi amplo e sobradamente coñecido, pero entre todos os méritos acadados para facerse co premio Pedigree desde ano hai un que, por agochado, non é o menos relevante: Ernesto Chao é un “Cans-adicto”. “Isto parece un mundo irreal”, asegura, “digno dunha película de Tim Burton”.

7


8

As curtas

maio´10

FICCIÓN COSER E CANTAR (2009) Drama histórico. 15’ Dirección: Rubén Riós. Arancha Rodríguez, Camila Bossa, Monti Castiñeiras, Roberto Porto, Luis Dopeso, Nuncy Valcárcel, Avelino González... Elena quere cantar, quere entrar no circo, quere voar. A férrea educación franquista de súa nai córtalle as ás. DUELO (2010) Thriller sentimental. 20’ Dirección: Víctor Pedreira. Manuel Morón, Antonio Durán. "Non culpes a Manuel", dille Inés a Alfredo desde o pasado e el vai buscar a redención a unha casa illada en Galicia. INSTALACIÓN (2010) Comedia postmoderna. 15’ Dirección: Xosé Díaz. César Cambeiro, Guillermo Carbajo, Mónica García, Tomás Lijó. O concelleiro de Cultura está farto de tanta exposición de arte contemporánea que non entende ninguén. O ELIXIDO (2009) Psico-thriller. 16’ Dirección: Chema Gagino. Sonia Castelo, Antonio Mourelos, Jesús A. Rosado “Gelos”. Tres persoas pechadas nunha habitación trazan un mapa de confianzas e desconfiazas no que todo é posible. Quen é o elixido? O 9º PRINCIPIO (2009) Thriller histórico. 20’ Dirección: Iván Seoane. Antonio Durán “Morris”, Roberto Vilar, Marcos Viéitez, Miguel Pernas, Monti Castiñeiras, Isabel Vallejo, Gonzalo Uriarte, Luis Iglesia. Logo do atentado contra Adolf Hitler, dous mandos das SS chegan á casa dun oficial cun estraño prisioneiro.

DEPETROSA (2010) Drama-comedia telefónica. 8’ Dirección: Senín Porto. Vicente de Souza,María Mera,Marisa Pasarón, Juan Carlos Alonso. Cos contestadores, non é doado telefonar a alguén real. A VIAXE (2009) Road-movie experimental. 16’ Dirección: Xosé González Varela. Carlos Vila, Evaristo Calvo. Un director de cine retrasa o remate da súa película a forza de darlle voltas ao emprazamento do plano final. EL VENDEDOR DEL AÑO (2010) Thriller laboral. 13’ Dirección: Coté Soler. Fernando Cayo, Javier Gutiérrez. Como sobrevivir nunha multinacional sen escrúpulos. RODILLA (2009) Biopic de coleccionista. 17’ Dirección: Juanjo Giménez. Jacob Torres, Fernando Rodilla, Josep Julien, Vicente Gil e Daniela Feixas Conte. 35 anos despois, segue habendo un baleiro no álbum de cromos. EL CUMPLEAÑOS (2009) Telethriller. 9’ Dirección: Daniel Cid Sánchez. Teté García, Iago López. Ana celebrará o seu aniversario soa diante da tele. DIES DEI (2009) Drama social. 18’ Dirección: Nani Matos. Xan Cejudo, Mela Casal. Avelino vive pendente de coidar a súa muller enferma. PADRE MODELO (2009) Comedia branca. 13’ Dirección: Alejandro Marzoa. Miguel de Lira, Roger Princeps. Podes esquecer o aniversario do teu fillo ou non saber da súa vida persoal, así non vai ser doado ser un “pai modelo”.

ANIMACIÓN NEGGY COÑECE A SAMMY (2010) 9’ Dirección: Benjamin Carter. Había unha vez unha casa ao lado do mar, grande, estraña e vella... PEQUENA GRAN AVENTURA (2009) 3’ Dirección: Juan Carlos Abraldes Din que cando o gato non está, andan os ratos de festa. E se gato e rato montan a festa xuntos...? A NENA QUE TIÑA UNHA SOA ORELLA (2009) 5' Dirección: Álvaro León Todos os nenos teñen dous ollos, un nariz, dúas orellas . Ou non? ANIM 01 (2009) 2’ Dirección: DSK Os videoxogos arcade traspasan a barreira das dúas dimensións. STOP. EXPLOTACIÓN INFANTIL (2008) 16’ Dirección: D.Méndez e D.Linares Na era da globalización, a explotación infantil afecta a 200 millóns de nenos en todo o mundo. MI VIDA EN TUS MANOS (2009) 7’ Dirección: Nuno Beato Pedrito viaxa a España co seu pai. NOUTURNIO DE CELANOVA (2009) 6’ Dirección: Raúl García. Un vello ten que abandonar o seu fogar no “nouturnio” da súa vida.


osvideoclips

9

A colleita pop

Pato, bótalles unha man Andrés Mahía*

moisés_álvarez *

S

ementa boa música, recollerás mellores clips. O pop-rock galego atravesa un momento especialmente inspirado, e os directores galegos entenderon esa efervescencia como un reto. O resultado é que ao calor da boa música madurou a mellor colleita de videoclips posible, como demostra a selección deste ano no concurso do Festival de Cans. Entre os autores dos catorce lostregazos figuran directores de curtas xa coñecidos en Cans, que trasladan ao territorio clip algunhas das súas claves creativas. Aí está Jairo Iglesias, retomando o tema da Guerra Civil e a represión franquista no seu traballo para Ruxe Ruxe, ou Javi Camino, que fabrica para Franc3s un traxe a medida, tan gore coma sempre, pero máis elegante que nunca. Pachi Baranda regálalle a Fanny + Alexander un clip saudoso do súper 8, e Rafa de los Arcos, premiado o ano pasado por Uruguay 2030, imaxina para Portrait unha fantasía naif cun aire a Michel Gondry. O de Portrait é un deses clips que che alegran a mañá, ao igual que o cocktail na casa rosa que preparou Alberto Baamonde para Juan Rivas ou o vídeo de Miguel Mariño para Nouvelle Cuisine, duplicados e frenéticos nunha peza debedora do APunk de Vampire Weekend. Sentido do humor desborda o clip de Gaspar Broullón e Matías Tarrío, no que os Kastomá percorren

de sketch en sketch a ruta do Grelo 66. Rubén Domínguez entrou na selección por partida dobre: a súa estética colorista e punk cáelle que nin pintada a Novedades Carminha (hit de karaoke bizarro) e Cudevaso (un minuto de espléndido horror vacui). Na selección non faltan os clips que captan a esencia do directo. Víctor e Jairo Moreno volven traballar para Igloo nunha peza dolorosamente intensa e, no rexistro oposto, Manolito Portolés convídanos a un concerto familiar no saloon de Arthur & The Writers, reencarnación dos Niño y Pistola. Portolés, que xa ten dous Cans de Pedra, non é o único músico que dirixe os clips do seu grupo. Adrián Pérez faino para Catpeople, nun prodixio de ritmo, plasticidade e pericia técnica. O mesmo que o novo xoguete visual de Kike Maíllo para Manos de Topo, con coreografías en pixama e un bucle aínda máis complexo que o que lles deu o premio do público en Cans'09. Tamén apela á técnica Ramsés Rivera, que tira de stop motion para o canto á amizade de Som do Galpom. A colleita foi tan boa que fóra da selección quedaron un feixe de clips tan interesantes como os de Samesugas, Safari Orquestra, Stereotipos, Wöyza, The Tronka Jazz Quartet ou Rose Mary Miranda. No Tubulart ou no Youtube, non vos perdades estas píldoras de pop audiovisual: no ocaso da MTV e enterrados Banda e Onda Curta, en ningures atoparedes algo tan bo. *Moisés Álvarez é xornalista

maio´10

N

a praza da Quintana de Santiago, un par de furgonetas azuis da Policía Nacional cobren as saídas e varios axentes, tamén azuis, axudan a organizar as colas de peregrinos. Enfílanos cara a Porta Santa axudándose desas vaias de obra que tanto serven para limitar un desmonte como para perfilar a liña de meta nunha carreira ciclista. Alí, no corazón de Compostela, asistín o outro día ó espectáculo daniño e vergonzoso de ver como tipos armados organizaban os derradeiros pasos do Camiño a base de arrastrar vaias de cinc polas lousas da Quíntana. (Non vexo forma máis traumática de remover ós espíritos dos mortos soterrados máis abaixo: policías rabuñando na pedra con vaias de metal ruín). Mirando para os dóciles visitantes rodeados de uniformes, só se me ocorreron dúas explicacións para o despropósito: ou ben ninguén contaba coa chegada este ano de moitos peregrinos, ou ben escolleuse a opción policial e as vaias de cinc fronte a posibilidade de voluntarios políglotas e indicadores, poñamos, de madeira. As dúas posibilidades son inquietantes. Cento e pico de quilómetros ó sur, unha aldea organízase para recibir a miles de visitantes. Voluntarios e contratados asumen as súas funcións sen levar armas de fogo ó lombo. As sinalizacións, o transporte, a limitación de espazos, os horarios e a organización toda é, coma sempre, modélica. O Festival de Cans fronte ó Xacobeo. Velaí a diferencia entre o sentidiño e o pailanismo descerebrado. Non quero pensar o ataque de nervios que sufrirían os xenios de Santiago se tivesen que montar en catro días medio cento de proxeccións, unha ducia de concertos e varios actos paralelos. Eles, que non dan organizado unha ringleira de cristiáns sen axuda das forzas armadas. *Andrés Mahía é guionista


maio´10

10

O mono Pa... ahh... mmm... ahh... co Érase unha vez un mono que, aburrido como estaba na súa gaiola da Alameda redondelá, mataba o tempo investigando na parte máis sensible da súa anatomía ata descubrir o pracer do “amor propio”, que diría o erudito. O que representaba unha auténtica catarse para o animal, provocou a irada reacción das mentes máis puritanas dando pé á traxedia. manrique_fernández

E

n Redondela é un deses personaxes peculiares e irrepetibles que forman parte da memoria colectiva. Agora, a súa fama saltará ao resto do mundo. Culpables? A produtora audiovisual Falso Orgullo. Pero antes de nada, coñezamos a Paco. Entre o ano 88 e 89 chegaron a Redondela dous monos que máis tarde serían chamados Paco e Coco. Estes monos foron trasladados á Alameda para entretemento das xentes. Nalgún punto o mono Coco falece e Paco deprímese. A depresión do mono Paco unida ás tendencias naturais da súa especie lévano a masturbarse de xeito compulsivo causando un gran escándalo. Por estas datas a organización ecoloxista Xea organiza unha protesta polas condicións nas que vive o mono Paco. A depresión do mono, as protestas de Xea e as das nais escandalizadas, levan ao alcalde, Xaime Rei, a mandar unha carta ao concelleiro de Vigo Leri, co fin de buscar unha compañeira para o mono Paco.

Leri intervén non sen certo conflito coas organizacións feministas de Vigo por unha serie de declaracións bastante polémicas. O 26 de marzo de 1991, Paco é trasladado á Madroa, onde compartirá gaiola cunha compañeira chamada Vigo. A idea era recolocalos aos dous en Redondela cando se lles preparase un fogar axeitado, pero o proxecto truncouse cando alguén lle deu a Paco carne cun imperdible dentro. Paco morrería o 19 de decembro dun desgarro estomacal. Esta curiosa e verídica historia, con todos os seus alicientes, encandilou á produtora Falso Orgullo, que decidiu facer un documental arredor de tan peculiar personaxe como resultou ser o mono Paco. En palabras dos seus responsables, o proxecto, tal e como fora deseñado nos seus inicios, era o de facer “un documental sobre o ano 1991, un ano de cambio que foi o ecuador entre os 80 e os 90. O ano 91 é a época en que estamos saíndo da movida e aínda non sabemos que definiría a nova xeración. Era unha época de cambios, a xente quería ser moderna e non sabía como. Estabamos entrando

A depre

sión do mono Paco unido ás tendencias naturais da súa especie lévao a masturbarse de xeito compulsivo causando un gran escándalo na España olímpica e España quería mostrarse ao mundo como un país de vangarda”. Ou esa era, cando menos, a idea inicial. Sobre a intención de tomar unha instantánea da vida dunha serie de personaxes sobre aquel ano, cruzóuselles por diante da cámara a figura senlleira do mono Paco. E aí atoparon o fío argumental do que turrar para construír a súa historia. “A trama do mono Paco será unha parte ficcionada do documental, no que o mono irá contando a súa historia e como foi coñecendo a cada un dos personaxes entrevistados”. Manoel Soto, primeiro alcalde da democracia en Vigo, o futbolista Michel Salgado, o músico Nicolás Pastoriza, o actor Manuel Manquiña, o xornalista e escritor Eduardo Rolland, o líder de Siniestro Total Julián Hernández, a cantante Silvia Superstar, o pintor Jorge Cabezas, o polifacético Antón Reixa, o músico Iván Ferreiro, e un longo etcétera de caras coñecidas -ou non tanto-, irán debullando o que foi aquel ano e maila particular historia do mono.


Moncho é Fortes

11

d_g -MONCHO, APROVEITA A OCASIÓN PARA FALAR DE TI ... - Bueno, teño 66 anos e son de Cans de toda a vida. Nos meus tempos mozos estiven no Liceum de camareiro, logo marchei a traballar para o matadoiro... (neste momento un can métese no medio da conversa, Moncho cabréase e bótao fóra...) ... cortoume o choio... Botei 11 anos no matadoiro e logo marchei para Alemaña onde botei 16 anos. Logo volvín a Cans no ano 69 e montei o bar, fixen a casa, as fillas se foron casando... - O TEU BAR XA É UN SÍMBOLO DO FESTIVAL... - Si, levamos uns anos sendo unha das salas principais... -COMO LEVAS O DE SER CHIMPÍN DE PRATA DESTE ANO... -Quérenmo dar a min... eu...non sei... Se cren que o merezo pois que mo dean... O outro día levounos Pato a Santiago ao programa do Tonecho... -OUTRO DOS QUE FORMABAN OS TONECHOS , V ÍCTOR F ÁBREGAS , É TAMÉN CHIMPÍN DE PRATA. QUE CHE PARECE? -É moi bo fulano, moi bo chaval, é moi atento e bo actor. -COMO VECIÑO E CANS QUE OPINAS DO F ESTIVAL ? -Agora Cans é moi famoso. Tiñas que ver a cantidade de xente que ha-

Eu teño

o recordo de ver a Antonio Molina actuando no Cine Capitol, aquí no Porriño bía no torreiro para ir comprar as entradas... -DE ONDE CHE VÉN A AFECCIÓN DE TOCAR A PANDEIRETA E A HARMÓNICA A UN TEMPO ?

- De cando estaba solteiro. Can do era un chaval comecei a tocar a harmónica e tal... Logo collín a pandeireta e deume por tocar as dúas cousas a un tempo... Quixen aprender a tocar tamén o acordeón pero xa non tiven tempo. -GÚSTACHE O CINE, MONCHO? -Si, eu fun moito ao cine de chaval. -QUE PELÍCULAS DAS DE ANTES CHE TRAEN MELLORES RECORDOS ? -Daquela había boas películas. Lembro “Lo que el viento se llevó” e tamén “Sandokán”. -E DE ACTORES? -Eu teño o recordo de ver a Antonio Molina actuando no Cine Capitol aquí no Porriño. -POIS VÉMONOS O SÁBADO CANDO RECIBAS O PREMIO ... -Vale, alí estaremos coa pandeireta e a harmónica. Mira, xa está? vén tomar algo...

Cubrir Cans

E

maio´10

Un dos veciños de Cans máis emblemáticos recibe este ano, xunto ao actor Víctor Fábregas, a distinción Chimpín de Prata´10. Moncho Fortes é un tipo corpulento, dono dun dos epicentros do Festival: o Bar Moncho. A conversa fluíu...

xperiencia extraordinaria deixarte embriagar polo espírito de Cans. Aiiiiiii!!! Canta retranca en tan pouco espazo… Falo da primeira e , de momento, a única vez, que fun cubrir o Festival de Cans. O mundo ao revés ao alcance de todos. Uns días antes, de somerxerme na burbulla das privilexiadas mentes da curta galega, analizaba as rebuscadas e ostentosas vestimentas que os actores e actrices, e os que non o son tanto, paseaban por unha alfombra vermella do Festival de Cannes. No noso Cans, non había alfombra vermella (máis que nada porque podería quedar bonita…)non fai falta, en calquera recuncho podías atopar unha estrela. E non me refiro só as que saen na gran

Alba_Lago*

pantalla ou na tele todos os días, senón as que fan posible que este Festival se leve a cabo, os habitantes de Cans. O seu acollemento e disposición é o motor. Pedro Alonso ou Morris comendo rosquillas ao lado do torreiro, Rubén Riós ou Camila Bossa montados nun chimpín e ata unha servidora aproveitando a amabilidade de Alicia, dona do galpón friki, para poder ir ao baño. Aí radica o verdadeiro éxito de Cans, un festival de curtametraxes no que te sintes como na túa casa. Sen adornos, préstase máis atención ao obxectivo do evento e a calor do ambiente (non polo tempo, senón pola festa, xa me entendedes…) faino máis confortable, apetecible, para repetir vaia.Na reportaxe que tiña que realizar,

para o programa “Acompáñenos” da TVG, había dúas partes. Unha cos actores e actrices galegos e outra coa xente do pobo. Na primeira parte, atopei a un Luis Piedrahita ou a un Gonzo moito máis próximos, desde logo, que os seus homólogos en Cannes e na segunda parte…en fin, comín empanada, bebín licorcafé, dín unha volta en chimpín, metínme nalgún galpón… ata o punto, queridos amigos, de non querer marchar… e estaba traballando!!!! Bicos e, como din os nosos artistas: moita merda. * Alba Lago é presentadora da Galega


12

Naipe de sangue o primeiro grelos western estréase en Cans

maio´10

Quen non imaxinou un día ao xerif do Condado (ou da Louriña) bebendo augardente nun furancho preto do Miño? Quen non imaxinou algunha das novelas de Marcial Lafuente Estefanía convertida en carne de celuloide? Pois todo iso chegou. E Cans vai ser testemuña de primeira orde.

eladio_santos *

P

Silvia Superstar e Eladio Santos protagonizan o filme

or suposto nunca se me pasou pola cabeza actuar como vaqueiro nunha película... Xamais pensei que un tío tímido, torpe e sentimental coma min podería facer de tío duro en un grelos-western.A clave, según Manxo e Pepe, estaba niso precisamente; Jonhy endureceuse polas circunstancias pero esencialmente é un home tenro, sensible e inseguro… Como Jonhy, xa fai bastantes años aprendín que os grandes pasos na vida danse case sempre cara a aquilo que máis medo ou reparo nos dá… Esta peli para min foi un pasiño cara a aceptarme tal como son, mirarme dende fóra sen medo, unha pequena psicoterapia en plena natureza. Se Manxo vén un día e me di se quero ser un vaqueiro e montar a cabalo nun corto, o peor que podería facer é decir que non me vexo e quedarme na casa. Non me vexo, podo fastidiar a película enteira ... pero vou cagando hostias! A rodaxe adoitaba comenzar a iso das 9 ou 10 da mañá.Podía ir no meu propio coche e chegar en apenas 15 minutos dende casa... pero ao chegar, vestiario, maquillaxe, cabalos…unha cousa moi de película (haha). En canto estaba subido a Furancho todas as imaxes tòpicas e poses do xénero afloraban na miña expresión corporal moi facilmente.O que máis me gustou (sempre o digo) da rodaxe foron as escenas a cabalo... Pensaba nos meus antepasados a cabalo polo monte durante miles de anos, inevitablemente tiña que aflorar ese subconsciente colectivo... Para min dende logo era moito máis fácil meterme no personaxe se tiña o meu queridiño Furancho entre as pernas. Parabamos a mediodía para comer, alí mesmo, para non perder tempo nin luz. O ritmo ía crecendo co paso das horas, aquelo que nos levaba un hora pola mañan despachabámolo en 10 minutos pola tarde...tamén crecía co paso dos dias… empezamos a ter todos máis claro o obxectivo, a sentir a historia, a movernos mellor, o monte a parecer cada vez máis bonito…Estou convencido de que houbo maxia e de que todo o equipo foi capaz de capturala. A iso das 8 da tarde chegaba a casa aínda con restos de maquillaxe, cansado e queimado polo sol pero cheo de enerxía e fantasía. A miña moza Eva, co seu olfato ultradesenvolvido polo seu estado de gravidez, enfrontábame docemente á realidade..."deberísas meterte urxentemente na ducha...cheiras a cabalo". *Eladio Santos é músico e actor

“A miña seu olfato

moza Eva co

ultradesenvolvido polo seu estado de gravidez enfrontábame docemente á realidade: "Deberías meterte urxentemente na ducha...cheiras a cabalo".


Miguel Anxo Fernández, codirector de “Naipe de Sangue”

“Nos espaghetti western os vaqueiros non comen pizza e os nosos non comen polbo á feira”

d_g

Imaxes da rodaxe e cartel do grelos western

Furancho Filmes enviounos o story board da curta.

Eu Como comezou esta idea? Miguel José Ballesta comezou cun proxecto de investigación sobre Marcial Lafuente Estefanía que deu lugar a un documental sobre o escritor que comezou a escribir en Vigo na posguerra. Como Ballesta quería "ilustrar" dalgún xeito as noveliñas do oeste dentro do documental ocorréuselle meter unha pequena trama ao estilo Estefanía e convidoume a facela xuntos. Eu A verdade é que o de Lafuente Estefanía é un descubrimento auténtico... Miguel É alucinante. Fora xeneral de artillería na fronte de Toledo, comisario político, anarquista e tivo que escapar de Madrid porque o perseguían os falanxistas. En Vigo estaba nos Carmelitas o que fora confesor do avó e deulle refuxio aquí. Eu Mira, seguro que visionaches moito espaghetti antes de comezar a rodaxe... Miguel Miramos durante meses moitas pelis do Oeste, moito clásico e tamén moito espaghetti. Os cinéfilos atoparán centos de referencias a pelis como Raíces profundas, Río sin Retorno, Encubridora, Django... Eu Django encántame. O voso particular Luis Bacalov é Paco Serén, de Los Piratas. Aínda non escoitei a BSO que tal quedou? Miguel Paco é un crack. Propuxémoslle o reto de unir o universo Morricone e o Bacalov con instrumentación galega; o resultado é espectacular!!!

Eu Téñolle ganas si... Lin por aí que falades de grelo western como o estilo que marca “Naipe de sangue”. Miguel Pois si, era unha maneira de singularizarnos, lingua galega, paisaxe galega, actores galegos, equipo galego, música galega... ten que saír galego á forza, digo eu. Evitamos a parodia fácil, nos espaghetti os vaqueiros non comen pizza e os nosos non comen polbo á feira. O noso é realmente un drama romántico con algo de pólvora Eu E con Silvia Superstar e Eladio Santos como protagonistas. Por certo, chocoume bastante cando me enterei... Miguel Si? Eu Pareceume de puta madre porque non recurríchedes ás caras coñecidas das series de televisión Galega, enténdesme? Sorprendeume porque me pareceu refrescante. Miguel Encántame esa reflexión . Os dous apareceron dende o momento da escrita. Silvia era a nosa Lillie, claramente; canto máis crecía a personaxe máis claro quedaba. Eladio foi velo, unha vez máis, nun concerto, e saímos e os dous comentamos: "Coño, Eladio es Johnny!" Eladio é como Humphrey Bogart, ten esa mestura ideal de tenrura e dureza do noso personaxe. Siliva é plena Cardinale. Os dous arriscaron dende o principio e estámoslles moi agradecidos porque foi unha rodaxe moi dura. Eu Miguel, dende que souben da vosa peli sempre che quixen facer unha pregunta. Se vivira, John Balan tería un papel verdade? Miguel Evidentemente.

maio´10

Miguel Anxo Fernández (“Manxo”) e o codirector de “Naipe de Sangue” xunto a José Ballesta. Poderíamos ter quedado con el nunha cafetería, facerlle unha entrevista telefónica ou mesmo enviarlle un correo electrónico coas preguntas... ao final o chat do Facebook serviunos de canle para que nos falara deste proxecto.

13


maio´10

14

Un can de granito rosa A partir deste ano Cans ten un novo símbolo no seu rueiro. Ademais da capela, o Castelo e o ramo seco de San Estevo na casa dos “entrantes”, un can de granito Rosa Porriño adobiará a rotonda de entrada á parroquia. Este can de pedra é a rúbrica á realidade de que o Festival internacionalizou á parroquia. A idea e a elaboración é de Fernando Godoy e a súa empresa de manipulación de granito. Falamos con el. beti_gil

U

nha das moitas características das que pode presumir con fachenda o Festival de Cans é a implicación dos veciños da zona para sacalo adiante. Ademais de deixar as súas casas, airear os seus jalpóns ou acomodar os galiñeiros, algúns deles dedican o seu tempo libre a facer traballos manuais esenciais para o desenvolvemento do certame: Silvino fai as pantallas, Constante os cans de madeira que invaden a parroquia, Candán os cans de pedra que os gañadores se levan para a casa,... Son este tipo de xente que coa típica frase “veña, fágoo eu” facilitan o traballo á organización. Este ano hai que incluir outro nome á lista, o de Fernando Godoy, empresario da zona do sector do granito e responsable de que na rotonda de entrada a Cans quede para sempre exposto o símbolo de Festival en pedra. Fernando contounos que un día falando con Pato xurdiu a idea de facer este can de pedra e poñelo sobre un penedo similar ao Castelo, outro dos símbolos da parroquia. O material, como non podería ser doutro xeito, Rosa Porriño e as medidas 180x90x25 aproximadamente, sen contar a peza inferior. Cóntanos que elaboración non foi moi traballosa: “Está feito nunha máquina molduradora, así que o que ten e máis que nada horas de máquina, a iso hai que engadir as horas para o seu acabamento manual por un canteiro”. Godoy vive rodeado de máquinas transformadoras de granito pero defende a faceta artesanal do canteiro “aínda hai traballos artisticos que as máquinas non poden facer, e menos en pedra”, dinos. Godoy, con esta idea, entra xa na historia do Festival de Cans.

Se o can é o mellor amigo do home, Cans son os mellores Tony Lomba* amigos de dous homes (Tony & Elio)

O

ano pasado dixenme: “De 4 a 9 atracón de curtas, encontrarme con persoas que admiro e aprecio e para casiña que trouxen o coche”. Coche e noche(scottish-swimming) non camiñan xuntas conmigo, fai uns 20 anos. Cando me dirixía cara ao utilitario encontreime con Mr. Duck, aborixe e un más de lo más, e contoume que puñan unha retrospectiva da pasada edición na que aparecíamos o netísimo de Ese amor de la abuela e o lerenda. Pero máis xustificada foi a miña permanencia cando atopei a Sir Henry Muffin, Mr. Lira Sterlina & friends. Ostiaputa, Os Crebinsky!!!, esa cinta que como a fe-

rramenta de Nacho Vidal pasa de curto a algo tremendamente grande. Foi unha noite fantástica. Bueno, ata que xa de volta, vín ao lonxe un pirulo fluorescente. Díxenme: isto si que mola, están gravando un curto de ciencia ficción de madrugá. Unha merda, un agresivo axente da “desorde” fixo o que lle tocaba, non pusen ningunha pega, pero as formas… Este ano preocupareime de informarme de si as terminais de Peinador e a do Torreiro de Cans non as pechan pola nube de cinza ou se fan os chimpíns de lanzadeiras como os autobuses da Discoteque Queen. A ver, que ocorre.

Nesta VII edición hay grandes acontecementos: “O mono Paco”, o primer actor porno galego. Docu que … de Cans al infinito y más allá. Grande Piño. Outro é o grelo-western onde aparece meu partenaire artístico que dá moi bien o pego con ese aire mestura de Freddy Mercury e Victor Mature almeriense. Aínda que o do cabalo lle vén de atrás. Elio remángate para que sepan do que falo. Disfrutar de novo con Last Patrol e tantas cousas máis que... Odisea no Torreiro 2.010, ata sempre. *Tony Lomba é showman.


E non fan falta gafas

15

Camilo Franco *

maio´10

S

on coñecidos os traumas que as gafas causaban na adolescencia. Porque houbo un tempo no que as lentes eran un obxecto de sólida enxeñería que, ademais de recolocar a visión, atraía como unha antena as iras dos peores compañeiros de clase. Todo cambia, incluso sen crise, ou sen fusión das caixas. E agora as lentes son un sinal de dobre modernidade aínda con polaridades opostas. Sinal de que dende Avatar só vas ao cine en 3D ou sinal de que fas exactamente o contrario: só vas a ese cine en 2D que é capaz de manter un plano fixo sobre un lago sen que se mova unha onda. Ou Borges ou bailable. Pero que difícil é bailar con gafas. Unha das vantaxes de Cans e que todo é en tres dimensións. As hortas, os carreiros, a empanada, mesmo a chuvia cando cae molla nesas durísimas tres dimensións nas que nos tocou vivir e que o festival non agacha con ningún tipo de lanolina para o coiro nin invitando a Russel Crow a durmir nun hotel de Vigo mentres tapa as lorzas cunha americana de mil euros. No 3D de Cans as lorzas nótanse e por iso polo festival só pasan aqueles que non teñen nada que ocultar. Porque non fixeron nada ou porque non lles importa que se saiba.

Son

tres dimensións asequibles porque non é necesario estár moreno para participar, nin pensar na roupa apropiada para cruzar a alfombra.

E as lorzas, tan criminalizadas pola publicidade como as gafas polos últimos da clase, son como a vida mesma: en tres dimensións e están aí por motivos biolóxicos que Punset debería explicar se non estivese perdido entre os misterios do xenoma. Pero estes misterios andan á busca de solucións máis humanas que científicas e, unha parte deles, están ben explicados no cine que se proxecta en Cans. Porque somos unha especie animal que busca desculpas para reunirse. Boas disculpas podería engadir alguén no fondo. Pero non. Non

fai falla poñerse exquisito citando as boas causas. As tres dimensións de Cans son o cine, a música e esoutras cousas que quedan polo medio e que a pesar de ser principais as máis das veces son intanxibles. Son tres dimensións asequibles porque non é necesario estár moreno para participar, nin pensar na roupa apropiada para cruzar a alfombra. E non, tampouco fai falla gastar gafas porque en Cans o 3D é realístico e todo está moi, moi cerca, a distancia da man. *Camilo Franco é escritor e xornalista


maio´10

16

Arela: fusionando as caixas diego_giráldez

O

s bancos son incómodos, dan sensación de inestabilidade e foden o cu, exactamente igual que os de sentarse. En Cans os bancos de sentarse son importantes e tamén son quen de organizar a xente en fileiras para ofrecerlle ficción e prantexamentos frikis. Arela, a asociación cultural que tunea a parroquia, é lista, práctica: para soster os bancos utiliza caixas. Antes de saber onde van estar emprazadas as fusionan e acto seguido comezan o reparto. Sóavos? As caixas de bebidas son tan esenciais en Cans como as outras para un discurso de Abel Caballero. Arela é imaxinación, traballo e funcionalidade. Todo isto xunto. Leva sete anos currando ao ritmo dun Festival que nunca se lles escapou das mans. A organización de toda a parafernalia non é doada, só eles o saben; todo ten que estar a punto porque, tal e como nos comentou a presidenta do colectivo, Keka Losada, “para nós o máis complicado é cumprir as expectativas da xente que se achega a disfrutar do Festival”. Por outra banda, César Lourido “Sesi”, un dos fundadores de Arela e presentador do Festival, non o dubida: “O máis complicado é a montaxe das salas xa que ao ser espazos de traballo dos veciños non podes entrar un mes antes a ocuparllo. Sen que se dean conta, quince días antes, vas levando as cousas aos poucos.Tamén é un coñazo ir a polas alfombras, xa que debes ir cando che deixe o IFEVI”. María Posada, unha das compoñentes de Arela, di en troques que para ela a situación máis dificultosa é a do sábado pola mañá cando chegan os imprevistos e pasas eses momentos de nerviosismo que se van convertindo nunha agradable sensación de benestar cando ves á xente contenta”. “Estamos a falar dun festival que dura catro días, cun cartel moi extenso que require moito esforzo sacalo adiante e coordinalo”, dinos Isaac Campos, outro dos compoñentes do colectivo e responsable da produción musical do certame. Para calquera membro de Arela os veciños da parroquia son esenciais: “Cando chegamos o primeiro ano mirábannos con cara

de “están tolos”. Agora, os clásicos como Pepe Puime e Alicia son como os nosos avoíños... Pepe traballou moitísimo con nós dende o primeiro ano. É xa coma un arelito!!!!, coméntanos María. “Sesi” lembra que incluso algúns veciños pasaron a formar parte da propia organización como por exemplo Anxo “un neno pequecho que o primeiro ano xa nos axudou a pendurar as bandeirolas e coleccionaba camisetas asinadas polos actores”. Dos imprevistos dos que falaba María xurden as inevitables anédcotas que quedan para o recordo. Keka lembra, por exemplo, a calor abafante que fixo no Festival de hai tres anos e que obrigou aos membros de Arela a subir ao tellado do Jalpón Friki a botar auga cunha mangueira; “non funcionaban nin os DVDs!”, lembra Keka. Pola súa banda, Isaac ten na cabeza ese momento de Tonhito de Poi agardando a que rematara a misa para probar o son. Pero, logo de meses de traballo e tempo persoal investido, recoñéceselles aos compoñentes de Arela a súa dedicación?. Contestáronnos dende unha visión persoal: Keka di que non se poden queixar xa que a xente res-

As fotos pasóunolas Sesi.

posta “de marabilla”. Pola súa banda “Sesi” di que persoalmente, cando remata a entrega de premios, “ levo un subidón de adrenalina grazas á xente que te saúda e que che di que todo estivo ben”. María, máis crítica, resposta: “Sinto o recoñecemento dos meus amigos e amigas aos que lles encanta o festival e saben que traballo para que se leve a cabo. Sen embargo, a Arela non vexo que se lle recoñeza o seu labor. Aínda por riba teño escoitado críticas: que se estamos politizados, que se somos un grupo pechado... e moitísimas máis barbaridades que prefiro esquecer”. Algo parecido pensa Isaac: “Persoalmente creo que

non se recoñece como é debido o traballo de Arela dentro do festival… Coido que moita xente só vé un bo Festival sen pensar en todo o traballo que Asociación leva a cabo sen ánimo de lucro, de maneira desinteresada, perdendo moito tempo e incluso cartos”. Arela é un dos motores ineludibles do Festival de Cans. O traballo de organización que realizan é tan brutal que alguén debería denuncialo a algún sindicato. De seguro que se Gayoso e Méndez comprobaran en Cans como se leva a cabo a fusión das caixas e a estabilidade dos bancos saberían o que é traballar e deixarían, por fin, de dar o coñazo.


17

maio´10 Comezaron chamándose “The Ellas”. Pronunciado “Di Elas”, dicían. E ao final remataron por darlle a volta e deixar de complicarlle a vida ao crecente número de seguidores. Comezaron facendo versións. De grupos e cantantes femininas, dicían, de aí o nome. Agora preparan disco con temas propios. E veñen a Cans, como non, para ofrecernos un adianto. Donas e cabaleiros, con todos vostedes: DI ELAS!! a._pedreira

H

aberá quen o recoñeza e se pregunte se este non era o grupo aquel de Luís Tosar. É certo só a medias. Di Elas non é o grupo de Luís, senón o de Luís Tosar (voz e guitarra), o de Piti Sanz (guitarra), o de Iván Laxe (baixo), o de Suso Alonso (teclados), e o de Ro Muñoz (batería). Xente que vén de lonxe nisto da música, con experiencia máis que demostrada en distintas facetas, como a composición de bandas sonoras ou de espectáculos musicais teatrais, xente que ten gravado con Siniestro Total, Los Enemigos, Susana Seivane, que participou en Mutenroi, Belladona, Nordés, Los Contentos, que creou Skornabois ou A Psicofónica de Conxo, por enumerar só unhas poucas bandas. O resultado é un grupo que, co paso do tempo, demostrou con creces que viñeron para quedarse. Convido aos incrédulos a que acudan a un dos seus directos, mesmo este de Cans o día 22, para verificalo. De seguro que me darán a razón. De calquera xeito, as vinculacións entre cine e música non son algo estraño, e un festival como o de Cans non pode ser alleo. Aquí mesmo teremos outra proba coa presencia de Coque Malla, pero así, de súpeto, véñennos outros nomes á cabeza como Marlango, Nawja Nimri, e tantos outros. Poderiamos seguir ata encher este artigo con nomes de aquí e de fóra, pero non van ir por aí os tiros. O que que-

remos é falar de Di Elas. Di Elas é un grupo de rocanrol. Para os neófitos, convén explicarlles que este nome é a transcrición fonética do que antes ostentaban: The Ellas. Comezaron facendo versións de grupos femininos, liderados por mulleres, ou de vocalistas femininas. Sempre se dixo que o rocanrol era machista, que o papel das mulleres era máis ornamental que outra cousa. Eles demostraron que non é certo interpretando temas dun abano tan amplo que vai dende Cindy Lauper a Gloria Gaynor, dende Blondie a Four Non Blondes, dende No Doubt a Suzanne Vega, dende The Bangles a The Breeders, ou Patti Smith... Agora, o grupo modifica o seu rexistro, e o seu nome, como xa dixemos. Di Elas anda a argallar un primeiro disco con

Serán

cancións curtas e directas, poderosas, contundentes, ao estilo do power pop, con pingas do rocanrol dos 60 e 70 e moita caña

temas propios. E escolleron o marco impagable do festival de Cans para amosarnos unhas pingas das súas arelas musicais. O disco, en fase de produción, contará con once temas (dez en castelán e un en galego), escritos maiormente por Tosar e por Piti. Sabemos de primeira man que non vai ter nome, que se chamará, simplemente, “Di Elas”, e que de cumprírense os plans previstos verá a luz ao remate do verán, aló por setembro. Sabemos que serán cancións curtas e directas, poderosas, contundentes, ao estilo do power pop, con pingas do rocanrol dos 60 e 70 e moita caña. E que terán títulos como “Café”, “Las cosas que dejé”, “Ruleta”, “Olvidarte”, “Contra ti”, “Échate a un lado” ou “Volver”. E que falarán da loita pola vida: “Con vinte anos cóntanse as experiencias de outros, pero agora xa temos idade para contar experiencias propias”, afirma Piti. Coido que esta confesión dalle ao disco un celme de autenticidade. En Cans teremos oportunidade de asistir a un adianto dese disco. Intuímos que o concerto non vai ser tan distinto do que ata o de agora facían, pero o feito de presentar cancións novas sempre é un aliciente engadido. A noite do sábado saberemos algunha cousa máis do futuro do grupo. O que Di Elas queiran darnos a coñecer, que neso estamos nas súas mans.


18

Jaliñeiro Unplugged

maio´10

Se non vas, non o verás Miguel Costas*

O

Festival de cine de Cans, que, como ben sabedes, está inspirado no festival francés, é o máis orixinal, ademais de rural, que eu coñezo. O meu paso por alí tocando co meu grupo foi do máis gratificante, e asisto de público cando as miñas obrigas mo permiten. Na edición na que fun convidado, ademais do meu concerto, houbo outro de Víctor Abundancia, nun hórreo! Claro que o aforo foi limitado. Cómese e bébese ben, lévante ao concerto en chimpín e podes ver películas e curtas que non resultan doadas de ver en calquera outra parte. Iniciativas e ideas como esta bótanse en falla en Galicia. O audiovisual galego, a música e outros actos pseudoculturais, están copados por uns poucos. Polos de sempre. E así nos luce a cabeleira. Porque Cans non só é cine. Tamén é música. E, sobre todo, é un trato exquisito tanto por parte da organización (isto é para que me leven outro ano) como por parte das xentes da vila que lle dá nome ao devandito evento. O público que vai, repite. É unha experiencia que eu recomendo, xa que a este festival pásalle como aos meus concertos: se non vas, non o verás. * Miguel Costas é cantante www.miguelcostas.com

(ou as bágoas da replicante) pris

A

min tamén me pasou. Eu tamén vin cousas que vós non seriades quen de crer. Pero para iso non me fixo falla ir alén de Orión nin achegarme á porta de Tannhäuser. Abondou con internarme nas interioridades de Cans. Outro planeta. Outra galaxia. Outro mundo. Abondou con subir a unha nave esp(e)cial, unha John Deere que alí chaman “chimpín-bus” e percorrer carreiros esquecidos entre os pregues do tempo, cómaros ensilveirados, leiras enchidas de vida, terras mestas de verdor e paixón, camiños de celuloide e semicorcheas. Alí foi onde vin cousas que vós non seríades quen de crer. Como un “jaliñeiro unplugged”, poboado de curiosos personaxes que fachendeaban de prescindir da electricidade. Que vos parece? Imaxinades vivir sen electricidade? Personaxes que se movían entre o público axitando as ás e esparexendo sentimentos. Como aquel gaiteiro ao que chamaban Caruncho, botando regueifas con outros dous galos aos que a xente chamaba polos nomes de Lobariñas e Josiño, armados de bom-

bo e tamboril. Liortas pacíficas ao abeiro da gargallada e da música de sempre. Ou aqueloutro ao que coñecían como Roger de Flor, que exhibía con fachenda a súa particular cocteleira de sons “posmodernos”, seica. Mesmo aquel tipo ao que chamaban Sr. Anido, que era quen de insuflarlle un sopro de vida ás sombras que se espallaban pola contorna, entre o resío da noite e o luscofusco que se desprendía de galpóns ateigados de xente. Si. Foron momentos especiais os vividos naquel estraño mundo ao que chaman Cans que me fixeron emocionar ata as bágoas. Xente leda e vigorosa disfrutando das ledicias da vida, que camiñaban por un torreiro poboado de estrelas, que agochaban nos camiños bandas de rocanrol, que se tuteaban entre si prescindindo de castes ou distingos sociais. Momentos moi especiais. Pero xúrovos que ningún destes momentos se vai perder no tempo. Que ningún deles se perderá como se perden as bágoas entre a chuvia.


Lagartija entrevista a AFECCIÓN POLA MÚSICA ENCAIXAN PERFECTAMENTE NA DIVERSIDADE

-ÉS SOBRADAMENTE COÑECIDO POLA TÚA FA-

CULTURAL QUE PRESENTA CANS. TA-

CETA COMO CÓMICO, PERO MOITA XENTE SORPREN-

MÉN ÉS SEN DÚBIDA UN DOS REPRE-

DEUSE O ANO PASADO POLA TÚA PRESENZA NO

SENTANTES DA CULTURA GALEGA FÓ-

FESTIVAL DO NORTE

COMO DJ.

CÓNSTAME

QUE

RA DAS NOSAS FRONTEIRAS.

CALES

NON FOI A TÚA PRIMEIRA VEZ, PODERÍAS EXPLICAR-

SON AS CARACTERÍSTICAS ESENCIAIS

ROBER BODEGAS CO

QUE, SEGUNDO O TEU CRITERIO, NOS

NOS CAL É A RELACIÓN DE MUNDO DJ?

DIFERENCIAN AOS GALEGOS?

-A relación nace de que son un friki da música e de que antes de ser cómico, fun Dj, ou “pincha” que soa máis amateur e creo que expresa mellor o que eu fago, que é picar temas. Non me curro unhas sesións súper mesturadas cunha chea de loops nin bootlegs nin movidas de profesionais, por iso sentinme un pouco intruso picando no Festival do Norte, de feito levaba dous anos negándome..., por toda esa xente que o traballa de verdade e para a que estar nun cartel dun bo festival pode supor un empujoncito na súa carreira. Pero por outra banda, creo que tamén pode resultar interesante coñecer a proposta musical dunha persoa que non é Dj, cómico no meu caso, pero que está moi vinculada ao mundo músical. Igual que cando pica un locutor de radio ou un músico, que poden controlar mogollón de música, pero tecnicamente tampouco son Dj´s. -O ANO PASADO TIVEN A HONRA DE ESTREAR O "DISCO CHIMPÍN", UNHA MOSTRA MÁIS DO PECULIAR QUE É O FESTIVAL DE CANS. A IDEA ORIXINAL ERA LANZARME COSTA ABAIXO MENTRES PICABA. ESTE ANO PREPARARON MOITAS MÁIS SORPRESAS, ESTÁS PREPARADO PARA O RETO? -Preparadísimo. Pero por favor, se teño que levar casco, que alguén me avise. Ou un salvavidas, por se a min me lanzan costa abaixo e acabo pedindo auxilio na ría de Vigo. -OS TEUS TRABALLOS EN TELEVISIÓN E A TÚA

-En realidade eu creo que os galegos, como todos os pobos, somos moi diferentes uns doutros como para marcar unha pauta. Pero é verdade que a idiosincrasia da nosa terra fainos tender a ser irónicos e retranqueiros e sobre todo, serenos (non serenos no sentido de que non bebamos, que nos pillamos uns cegos do copón, de feito é probable que sexamos os máis bébedos de España, digo serenos no sentido de tépedos, acougados, xente que non se precipita facilmente) -VOLVENDO Á TÚA FACETA COMO DJ, EU NON TE PUIDEN ESCOITAR O ANO PASADO EN VILAGARCÍA, PERO ALGUÉN ME CONTOU QUE SOOU ABBA, PEDRO MARÍN OU THE TING TINGS, QUE PODEMOS ESPERAR DUNHA SESIÓN DE ROBER BODEGAS? DESDE LOGO NON CREO QUE O PÚBLICO SE ABURRA... -Abba non soou, ¡pero podería ter soado perfectamente! Cando estou picando unhas veces tírome polo indie e outras polo ye-yé e outras polo dance oitenteiro e o petardeo. Tamén hai que ter en conta que non é o mesmo facer unha sesión dunha hora que estar catro horas pinchando nun club, que poderías acabar vomitando de escoitar tanto tempo a Raf-

faella Carrá e cousas polo estilo. Pero si, a premisa sempre é pór á xente a bailar. -PARA TERMINAR, GUSTARÍAME AGRADECER O APOIO QUE MOSTRAS Á MÚSICA EN GALICIA, TANTO POLA TÚA PRESENZA EN MÚLTIPLES EVENTOS COMO POLA DIFUSIÓN QUE DÁS AOS MESMOS NAS DIFERENTES REDES SOCIAIS.

DESDE O TEU COÑECE-

MENTO DA ESCENA, CRES QUE A MÚSICA GALEGA ESTÁ TAN EN FORMA COMO PARECE?

-Gustaríame apoiar á música con cancións, pero como teño un talento musical bastante nulo, pois confórmome con escribir arti-

gos, nomear a nosa escena en entrevistas e facer toda a promo que podo dos nosos eventos. En canto á situación da escena, sempre houbo grupos, pero cada vez hai máis salas que lles permiten rodar e saír adiante e iso demóstrase na cantidade de grupos emerxentes que soan a nivel nacional. Obviamente non se pode competir con Madrid nin Barcelona, nin con Granada, que é como a aldea Gala dos grupos indies, pero aí está o novo disco de Triángulo de Amor Bizarro que é candidato a ser un dos mellores do ano e hai moita máis xente dando caña, The Blows poñen música a Pepe Jeans, a Emilio José alábano en Rockdelux que iso é ser guay entre os guays, os Igloo non paran de facer festivais, Franc3s ficharon por “Los Enanos Gigantes”, Munich telonea a Dorian sen nin sequera ter disco e hai moitos máis exemplos que fan que desde a capital teñan sempre un ollo posto sobre a esquiniña do mapa. Ademais o nivel das programacións cada vez é mellor, en Madrid as miñas coleguitas de Pamplona, Santander, León e de por aí sempre me contan que nos seus respectivos lugares non teñen tantos concertos nin festis como aquí. Algo que é fundamental para que a escena se abra cada vez a máis xente e non se volva unha cousa endogámica de xente duns grupos indo ver aos outros. *Sergio Lagartija é dj

19

maio´10

sergio_lagartija *

Bodegas

O ano pasado inaugurou o DiscoChimpín o dj Sergio Lagartija. Este ano tócalle subir a Rober Bodegas. Falaron entre eles, nós limitámonos a publicar a conversa. Rober, o mesmo sábado ás19:00h. no Multiusos, presenta o seu libro: “Novedades, souvenirs, artículos de coña”.


Constelación Cans

20

maio´10

A miña experiencia en Cans? Tonhito de Poi*

E

u sempre dixen, “non me chamedes can que non son tan nobre”. Pois tiven a honra de participar na primeira edición do festival, na primeira roda de prensa que se fixo anunciando o evento e no primeiro concerto no adro da igrexa, onde compartimos co Sr.Cura a hora da actuación e así confirmamos que a música é a linguaxe dos deuses. Con estes precedentes é lóxico que me sinta da manada de cans. O espírito de Cans nace do coñecemento instintivo que temos todos de que os animais son divinos e a bestialidade humana, así que é normal que os de Rasa Loba nos sintamos en Cans como na casa. A migración a Cans é obrigada cando chega esta época, é onde nos apareamos os do mundo audiovisual e os que veñen botar unha visual. En Cans todo sucede dunha forma completamente natural e harmoniosa, nas conversas sobre a profesión xorde a paixón que flúe coma os regatos da aldea. As pedras, a xente, o monte, os ghalpóns, os chimpíns … é marabilloso. Claro que tamén se proxectan curtas, hai concertos e espectáculos curiosos, pero son actores de reparto que axudan a aumentar a magnitude destes protagonistas. Persoalmente procuro levar sempre unha tenda de campaña e durmir no monte ese día. Dixen ben, día, porque a noite no Porriño é para saboreala a pleno rendemento. Se o Festival de Cans morre algún día será de éxito, xa que namora tan masivamente este evento que pode ser que haxa que darlle un alce ós ghalpóns algún día. Teño amigos que veñen de Pola de Lena tódolos anos, precisamente chamáronme onte para confirmar as datas. Estar ledo en cans é obrigatorio. Lambetadas xenerosas ós que acudan á chamada deste ano. *Tonhito de Poi é músico e actor

Segundo os dicionarios, a tradución máis axeitada de “Sunset” sería algo así como “solpor”, a posta do sol, a caída da tarde. Aló en Hollywood, poboaron o seu solpor, o Sunset Boulevard, de rutilantes estrelas do firmamento cinematográfico. Aquí, como somos máis enxebre, fixemos o propio co torreiro de Cans. O noso Torreiro’s Boulevard cobra vida nesta edición do festival. A futura incorporación de estrelas non tardará en darlle forma a unha nova constelación: a constelación Cans. casilda_costa

P

asear por Hollywood e atopar unha estrela no chan resulta normal. Mesmo acaído. (Non, “acaído do ceo” non. Só “acaído”). E que esa estrela leve incrustado no seu interior o nome do noso actor ou actriz favorito, ou dalgún vello mito vido a menos e esquecido no tic-tac do tempo, ou dalgún personaxe real ou ficticio fillo do celuloide, xa non estraña a ninguén. Máis ben resulta habitual ver unha manchea de fans á procura dunha estrela especial, coma se fosen os Reis Magos no camiño de Belén. Sunset Boulevard converteuse co tempo e por méritos propios (e das estrelas)

nun dos referentes máis coñecidos da Meca do Cine. Pero que pasaría se no medio de todas as estrelas aparecesen as de Luís Tosar ou Ernesto Chao? É probable que en Hollywood nunca o saiban. Pero nós poderemos comprobalo durante o festival, porque Cans estrea o seu propio Paseo

das Estrelas con estes dous actores. Chao, Premio Pedigree deste ano, será o que se encargue de inaugurar o particular firmamento de Cans á mañá do sábado. A iso da unha e como preámbulo da sesión vermú. Pola tarde, arredor das sete, será Tosar, o primeiro Pedigree de Cans, o que corresponda coa súa propia estrela. As lousas que levarán as estrelas e os correspondentes nomes non poderían saír doutro obradoiro que o de Paco Candán, parte esencial do festival. Non é de balde que tamén sexa el o responsable das figuriñas en pedra do coñecido can, mascota oficial do certame, que todos os anos son entregados como trofeo ás cintas gañadoras. De maneira que a partires de agora, os interesados na astronomía poderán dirixir os

seus telescopios ao firmamento de Cans e ver reflectidos no ceo os nomes dos nosos actores e actrizes máis representativos, máis sobranceiros. Polo de agora só serán dous, pero non tardarán en irse sumando, ano a ano, unha chea de nomes senlleiros ata dar lugar a unha nova constelación: a constelación Cans.


Longa vida

21

Manuel José Fernández Iglesias* dos forasteiros. Lugares que, nun alarde de xenerosidade, unha vez ao ano prepáranse para decirlle ao mundo que tamén están aí, e que a diversión, a arte, a cultura, non son patrimonio exclusivo das grandes capitais. Ninguén dubida que Cans se ten convertido, por dereito propio, nunha referencia internacional no panorama das mostras e festivais cinematográficos, situación que trascende a anécdota inicial da cercanía do topónimo deste lugar do concello de Porriño co da sede dun dos grandes festivais cinematográficos mundiais. Porque Cans acadou polos seus propios méritos unhas marcas de identidade que o converten nun dos eventos de referencia no calendario curtametraxístico mundial, como a coidada configuración do seu programa oficial, resultado do traballo dun equipo de persoas que, ademais de bo criterio, dispoñen de coñecenementos e experiencia audiovisual de primeiro nivel. Para moitos dos seleccionados, independentemente de se compiten ou non por un deses canciños de pedra, ter sido escollido xa é algo do que estar orgullloso, unha vitoria en sí mesma. Outra desas marcas de identidade é

maio´10

Q

ue teñen en común Almagro, Siena ou Punxsutawney? Probablemente a moitos de nós non nos digan moito estes tres nomes de pequenas vilas espalladas polo mundo. Non obstante, seguro que algunha vez ouvimos a historia dunha marmota que, dependendo de se é ou non capaz de ver a súa sombra ao salir do seu letargo, nos indica se o inverno vai durar máis ou menos tempo. Ou escoitamos noticias sobre unha dura carreira de cabalos montados a pelo que ten a súa orixe na idade media. Ou ouvimos falar do festival de teatro mais importante de España. En calquera caso, trátase de pequenos lugares que teñen un devir máis ou menos anónimo ao longo do ano para se espertar de repente, e convertirse durante unhas datas no foco de atención no seu contorno máis inmediato, pero tamén nunha referencia internacional. Cans tamén é un bo exemplo deste selecto club de lugares fermosos onde a vida se desenvolve con tranquilidade, allea á presión dos medios de comunicación e protexida da curiosidade incesante

sen dúbidada a singulardidade do escenario, onde un contorno xeográfico organizado arredor das tarefas agrícolas convértese nunha rede de salas, nunha Gran Vía moi especial onde se disfruta do traballo dos creadores, pero tamén se comparte, se experimenta, se aprende, e se xera novo coñecemento.

Estamos de noraboa, porque ese milagre da transformación de Cans no centro do audiovisual galego e internacional vai ter lugar outra vez. E esperemos que sexa así por moitos anos. Longa vida ao festival de Cans. * M.J. Fernández Iglesias é profesor


Can Parade

22

maio´10

A imaxe do Festival de Cans, o Can de Cans, é intervido por novos creadores emerxentes. Esta é a esencia da Can Parade, a versión canina da popular Cow Parade. Nesta ocasión convocamos a artistas da comarca da Louriña e da zona de Vilanova da Cerveira, alumnos da Escola Universitaria Gallaecia desa localidade. A exposición inaugurarase o xoves 20 ás 22.30 h na rúa Pío XII do Porriño, e poderá verse o sábado 22 en Cans.

Miradas de Cans: Creus e Carrasco David Rubín Os arquitectos Creus e Carrasco ofrecen a súa mirada de Cans e do Festival. Unha mirada de bosquexos e medidas, de espazos habitados e deshabitados, de rituais e de catarses. Despois, pasarán o relevo ao debuxante David Rubín, Premio Nacional de Cómic, que recollerá nesta edición a súa Mirada do festival. Cando: Sábado 22 de maio ás 18.30h. Sala multiusos.

Camiñada:

a ruta dos muíños Sábado 22 de maio Saída ás 9.30 horas desde a igrexa de Cans Tempo estimado: 2 horas Dificultade: media Este ano propoñémosvos unha preciosa ruta de sendeirismo, remontando o río de Cans cara a Couso, onde está o límite dos Concellos do Porriño e Ponteareas. A ruta pasa por nada menos que 18 muíños, uns acabados de restaurar, outros a piques de caer e outros completamente en ruínas. Muíños de auga, muíños destinados a aserradeiros, ata chegar á sorprendente Molinera de Couso, un muíño espectacular. Polo camiño poderedes gozar dos ruídos da auga, dos cantos de diversos paxaros e dos cambios de vexetación: de carballos a loureiros pasando por un frondoso paseo entre as xestas. Veredes muíños, pero tamén lugares de interese, como a antiga boca do túnel do tranvía ou outros espazos de contido emotivo para a parroquia.


Rock´n Road

Merchandising

maio´10

Consiste en actuacións de grupos novos da comarca na estrada de Cans, patrocinadas pola marca de roupa Merc. Tamén o sábado pola tarde, Baldosa Amarilla, do Porriño, achegará pop-rock alternativo con marca da casa e Santos Morcegos, da Guarda, un estilo inclasificable que eles chaman ‘surf fedorento’.

23


maio´10

24

Coordina: Diego Giráldez :: Maquetación e deseño: Manrique Fernández/X.R. Couñago

Coque Malla, músico

‘Unha canción sobre Cans? Nunca se sabe...’ Fillo de actores e roqueiro vocacional, Coque Malla liderou Los Ronaldos e agora grava en solitario. Do seu paso polo cine, unha ducia de cintas. Con este currículo, o seu paso por Cans era cuestión de tempo. Será o venres, á medianoite, no torreiro. E vén coa guitarra para facernos mover as pernas. a._pedreira -COÑECÍA O FESTIVAL DE CANS? -Só por referencias de amigos meus que me falaban del, pero nunca estivera. Nin con película, nin cantando. -QUE COUSAS LLE CONTABAN ESES AMIGOS? -Que é un festival moi peculiar, sobre todo moi divertido, e que ten todo o que ten que ter unha festa adicada ao cine e á música. Faláronme dos tractores, das películas proxectadas nos alboios, de que o pasaban fenomenal... Supoño que son os grandes clásicos do festival. -SEN PRETENDER SER ORIXINAL, CONSIDÉRASE UN CANTANTE METIDO A ACTOR OU UN ACTOR METIDO A CANTANTE? -O certo é que nin un nin outro. Considérome un músico que sinte unha gran paixón polo cine herdada dos meus pais e alimentada por min mesmo. Son cinéfilo, amo o cine e a experiencia en rodaxe crea uns vínculos moi especiais que non se volven repetir, pero o que máis me gusta é facer discos e tocar en directo. A carreira de actor é moi seria e tes que estar entregado a ela de maneira total. E eu esa entrega téñoa pola música. -A VINCULACIÓN ENTRE MÚSICA E CINE SEMPRE FOI MOI ESPECIAL. QUE TEÑEN EN COMÚN O VINILO E MAILO CELULOIDE PARA CONSEGUIR ESA CONEXIÓN? -Pois non o sei, pero algo debe de haber; poderíase facer unha análise moi profunda e sesuda sobre a cuestión. Son emocións que van xuntas, que se levan ben. O cine sen música é difícil de imaxinar e a música é unha arte que evoca imaxes... -A SEPARACIÓN DE LOS RONALDOS VEU DESPOIS DO SEU ACHEGAMENTO AO CINE E, SOBRE TODO, DA REPERCUSIÓN DE “EL EFECTO MARIPOSA”. TIVO ALGO QUE VER?

-Non, só foi unha coincidencia no tempo. “El efecto mariposa” foi importante para min, pero aínda o foi máis “Todo es mentira”. En calquera caso non tivo nada que ver coa separación. -LOS RONALDOS, DESPOSI DUN PARÓN DUNS DEZ ANOS VOLVERON AO ESTUDIO EN 2007 E Á ESTRADA EN 2008, PERO VOSTEDE SEGUE SACANDO DISCOS EN SOLITARIO. NON VOLVERON PARA QUEDARSE? -Los Ronaldos separáronse no seu momento e o do disco foi porque necesitabamos esa reunión, poñerlle a guinda ao pastel. E foi marabilloso, pero rematou e non tería sentido retomalo. -QUE QUEDA EN COQUE MALLA DAQUEL RONALDO GAMBERRO E ROMPEDOR DE FINAIS DOS 80? -Gamberro dis? Eu non me vía gamberro. -NON O TOME NO PEOR SENTIDO DA PALABRA. PREFIRE “DESCARADO”, “VACILÓN”? -Non sei como nos verían dende fóra, pero nós só faciamos rocanrol, e nada máis. Coido que os catro o viamos dese xeito. Se rachabamos co que se facía daquela ou non, que o digan outros. De todos os xeitos, por suposto que queda unha parte xigantesca dos Ronaldos en min porque é o meu pasado, un pasado ao que non estou disposto a renunciar. -TROCARÍA O VELLO LEMA DE IAN DURY “SEXO, DROGAS E ROCANROL” POLO DE “SEXO, CINE E ROCANROL”, OU PREFIRE PROPOÑER UN NOVO? -Está tan asentado que non me atrevería a propoñer outro. Para iso habería que botar unha instancia ás autoridades máis altas do rocanrol e seguir unha burocracia á que non me quero enfrontar. Acéptoo tal e como está e dedícome ao meu, que é

facer cancións contando as miñas experiencias. -FARALLE UNHA CANCIÓN AO FESTIVAL DE CANS? -Pois non o sei, a ver que pasa. Se atopo algo que me deixe pegada non che digo que non poida facer unha cancións inspirada no que me aconteceza no festival. -ENTÓN ESTOU SEGURO DE QUE TEREMOS ESA CANCIÓN. -Bueno, xa veremos. Nunca se sabe...


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.