A Peneira da Louriña 61

Page 1

Nº 61 ANO V XUÑO, 2009

O PORRIÑO - MOS - SALCEDA DE CASELAS

Deportes

1€

Entrevista: Alfonso Pato

Cultura

O Club de Natación Mos acada dúas medallas “Que ninguén pense que o Festival de no Campionato galego en categoría alevínPáxinas 22 Cans se fai do aire ou que anda a pedales”

Carlos Blanco presenta o seu novo espectáculo no Liceum Páxina 21

Páxina 9

Salceda

Besada di que a implantanción do Plan de Tráfico era unha ‘demanda histórica’ O Concelleiro de Tráfico, Martín Iglesias, informou de que tanto a sinalización vertical como horizontal da zonas de carga e descarga con horario limitado xa están rematadas. Son 10 espazos de entre 8 e 14 metros de lonxitude, dentro do casco urbano, habilitados para facilitar estas tarefas ós transportistas. Páxina 18

O Porriño

O Concello pon en marcha diferentes obras de saneamento e humanización As obras acométense en Chenlo e Torneiros Páxina 6

Páxinas especiais no interior


2

XUÑO 2009

OPINIÓN

DE

e d i t o r i a l Edicións Val do Louro S.L.

De que falamos cando falamos de Europa

Sarmiento Rivera, nº 17 Teléfono e Fax: 986-660986 web: www.apeneira.com

A

queles que peiteamos ruzas tempos ha lembrámonos dos tempos, anteriores á chamada Transición, en que era “vox populi” que Europa comezaba ou remataba, que o mesmo dá, nos Pirineos. A Península Ibérica (España e Portugal) estaban apartadas do mundo civilizado e libre baixo as botas dun tal Salazar e outro tal Franco, de mal lembranza os dous. O resto do continente europeo andaba artillando saídas acaídas aos seus intereses, sobre todo comerciais, fundando organismos que foron a dar no M.C,E.(Mercado Común Europeo). Aquel M.C. seguiu crecendo coa entrada de novos países e recuperando atribucións dos estados membros ata chegar ao que hoxe coñecemos, cambiado de nome aínda que non de espírito, como a nova U.E. (Unión Euro-

e-mail: lourinha@apeneira.com 36860-Ponteareas (Galiza).

Director: Guillermo Rodríguez Fdez.

Redactor xefe: Antón Fernández Escuredo

Coordinador: Diego Giráldez

Colaboradores: David Rollano Carlos Rego Marisa Alonso David Pérez Rego “Cato” Soledad Castro Jénnifer Castrovello Alberto Álvarez Gil Juancho Castaño

Fotografía: Hernández - Foto Barros

pea) que nin é nova, nin é europea. A Unión Europea, dotada dun Parlamento artífice de leis de ámbito europeo, ó que imos votar dentro duns días, ten unha estraña estrutura que pouca xente coñece. Ademais do Parlamento Europeo (en teoría o órgano máximo de decisión, encargado de lexislar para todo os países membros), en Europa temos a chamada Comisión Europea e o Consello de Ministros (formado polos representantes dos estados membros). Existen outros órganos de poder como poden ser o Tribunal de xustiza Europeo e o Banco Central Europeo. Teñen dereito a votar o vindeiro día 7 arredor de 490 millóns de europeos/as. É o segundo electorado democrático do mundo, despois da India. Neste momento poden ser elixidos 785 eurodeputados, repre-

Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró publicidade@apeneira.com

Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza).

Depósito legal: OR / 57 / 84 A dirección do xornal non se responsabiliza das opinións emitidas polos seus colaboradores

Urxencias médicas Inform. toxicolóxica Incendios forestais

061 91 562 04 20 085

O Porriño

BOMBEIROS

DE

GALICIA

Mos

986 349003

686 777 777

Protección Civil

660 600090

Policía Local

639 821377

Centro de Saúde

986 349008

Xulgado

986 347825

Oficina de Correos

986349076

986 331 200

Policía Local

986 335 000

Policía Local

620 404 040

Centro de Saúde

986 337 320

Centro de Saúde

986 486 667

Taxis

986 330 014

Taxis “As Angustias”

986 331 037

Oficina de Correos

986 334 455

Taxis “Puxeiros”

Tanatorio Mos - O Porriño

986 336 719

986 487 343

Taxis Servizo Permanente

986 488 989

Oficina de Correos

986 487 921

Protección Civil do O Porriño 696 99 49 45

Salceda Concello de Salceda

Concello de Mos Concello do Porriño

Serv. Galego de Colocación 986 331 262

11 2

sentando a 160 partidos diferentes. Cando se aprobe o Tratado de Lisboa o número redúcese a 750 máis o Presidente (751). En 2008 decidiuse que España tería dereito a elixir 54 eurodeputados, aínda que ata a aprobación do Tratado de Lisboa só se poidan nomear 50. Estas eleccións teñen pasado diante do electorado sen pena nin gloria. Pensamos, erroneamente, que Europa non vai connosco. Aínda temos metido nos nosos xenes políticos que Europa segue comezando nos Pirineos e así nos vai. Non queremos admitir que se Galicia non pode producir o leite do que é capaz, de que os estaleiros de Ferrol estean infrautilizados, de que a nosa capacidade pesqueira se vexa reducida ano a ano, de que os nosos viños sexan vistos como competidores doutros países máis fortes, de

que as nosas institucións galegas (léase Parlamento Galego) non poida lexislar sobre instalacións de áreas comerciais e de tantas outras cousas a culpa tena o Poder que os estados veñen delegando nas institucións europeas. Polo tanto, algo nos vai nestas eleccións. Podemos ter unha Europa (logo tamén unha Galicia) máis solidaria cos máis necesitados, co mundo laboral, social, etc., ou, pola contra podemos elixir unha Europa capitalistas, pura e dura, unha Europa onde as grandes fortunas (léase bancos e lobys empresariais) fagan e desfagan ao seu antollo. Todo vai depender de a quen lle entregamos o noso voto. Logo, pénseno dúas veces antes de meter o sobre na urna. Europa xa non comeza nos Pirineos; xa a temos aquí, nas nosas vidas, día a día.


XUÑO 2009

OPINIÓN

DE

DENDE

O

SEIXO

ZONA TEMPORALMENTE AUTÓNOMA

Esquéce-Me

Seica non hai cartos Marisa Alonso

D

espois do terrible esforzo mentireiro da campaña electoral que lle deu a presidencia da Xunta, PinochoFeijoo (quede claro que é polas mentiras, non polo nariz) non para. Cada día nos amosa a súa inmensa capacidade para alimentarse de falsidades, así como a súa carencia de escrúpulos para xustificar unha política oportunista que ten como último fin beneficiar aos grandes empresarios e ao sector privado, sacrificando os intereses das xentes do noso país. Non hai cartos, non hai cartos e non hai cartos. Esa é a súa frase favorita cando está a falar dos grandes proxectos deste país. Non hai cartos para construír o cuarto hospital, non hai cartos para reformar a ponte de Rande, non hai cartos para suprimir a peaxe da autoestrada Vigo-O Porriño, non hai cartos para seguir facendo escolas infantís, non hai cartos para seguir facendo centros públicos para a terceira idade,... a cada unha das demandas máis urxentes sempre di o mesmo: non hai cartos e non hai cartos. Despois de repetir con teima infinita a mesma música, virá a segunda parte da historia que é a máis sustanciosa e a máis pavera do conto; a mesmiña que xa se atreveron a sacar falando do cuarto hospital: hai que recorrer á iniciativa privada. Comeza a abrirse o melón e os grandes grupos em-

CAFÉ

CON

3

presariais póñense á cola afiando as unllas e os dentes. PinochoFeijoo empezará a pagar favores e prevendas; a vella receita dos neoexplotadores volve a estar na palestra.

N

on hai cartos. Esa é a súa frase favorita cando está a falar dos grandes proxectos deste país.

Ao mesmo tempo que PinochoFeijoo proclama como salvación o sector privado para realizar as máis urxentes obras públicas, o noso goberno autonómico tira de chequeira e regala sumas inxentes de diñeiro aos máis poderosos grupos empresariais; se lle regala diñeiro aos bancos, ás fábricas de coches, ás construtoras, e todo isto faise ao mesmo tempo que se nos di que non hai cartos, non hai cartos e non hai cartos.¿Pódese ter tanto morro e non tropezar con el ao camiñar? Que ben lles vén a crise a algúns, que lles vale para xustificar todo ! Se de verdade non houbera cartos eu son das que creo que ao final PinochoFeijoo chamaría polo Bigotes e polo señor Camps para se informar. E senón o conseguise, polo menos caerían algúns traxes e garavatas e algunha que outra xoia.

David Pérez Rego “Cato”

C

amiño pola rúa e todo son estímulos para min. Todas esas luces de neon que iluminan os meus pasos, esas cores pestanexantes que me aledan a alma; todos eses carteis nos que multitude de señoras estupendas en provocativas posturas te observan diante dun deportivo e parecen dicirche: chato, se compras este coche eu vou no lote… pirata. Porque sempre nos faltará algo máis para ser felices. Sigo camiñando pola rúa, e en cada porta unha alfombra de esparto exclama cortesmente “¡benvido! ¡benvido!”, e me alegra o día. “Pase sen chamar”, indica a porta dunha inmobiliaria, e a máquina de tabaco, mentres me vende 20 paliños de morte plastificados, non deixa de comportarse coa maior corrección “O seu tabaco, grazas”. Escoitei algunha vez que soamente existimos por canto alguén pensa en nós, que nos transformamos en realidade unicamente cando formamos parte do pensamento doutra persoa. E todos eses estímulos están aí para nós, por nós, para captar a nosa atención como consumidores potenciais. Sempre haberá alguén pensando en nós se nos tiramos ás fauces das avenidas. Sempre parece haber un ollo do Gran Irmán espiándonos, dirixindo os fíos para facernos as cousas máis cómodas sen darnos de conta. Tanto como para chegar a escoller os nosos gustos. Os produtos que me poden interesar colócanos no supermercado sempre á mesma altura e posición; os destacan por cores, para que os vexa ben, para que non me esqueza de levalos. Os políticos páranme na rúa cada catro anos e me aseguran que eles pensan en min, que me queren coidar, que non estou só; me acariñan suavemente, e eu a rosmar coma un gatiño co voto na furna despois de convencerme de que o que máis lóxico sería votar nesa liña, cabaleiro, de acordo ao meu estatus, aos meus desexos, á miña cor de calzóns. Para os músicos sempre son un público estupendo, para os presentadores son un espectador intelixente e para os vendedores son un cliente esi-

xente que non se deixa enganar. Camiño pola rúa e a xente, os carteis, os anuncios, os políticos, os traficantes, as señoras con bolso das esquinas non deixan de ofrecerme cousas que quizais necesite. “Veña cabaleiro, tome isto, colla aquelo, probe o outro”. Compre, compre, compre. Porque saben que gastar faime máis humano, faime máis guapo, máis sabio e máis alto. Ás veces, cando teño a sensación de que me trepanaron a caveira cun abrelatas oxidado e conseguiron un touchdown co meu cerebro, saio á rúa para que a xente me ofreza cousas, para que as cousas me ofrezan cousas e para que eu as compre. Paso por un caixeiro automático, e na súa pequena pantalliña escondida e infeliz leo “Introduza a súa tarxeta, por favor”; paso por outro pequeno caixeiro e o pobre dime: “Por favor, introduza a súa tarxeta”; e como son tan sensible e dáme pena, ao terceiro non me aguanto e termino por introducila. Unha e outra vez. Recibo máis chamadas no móbil das “identidades ocultas” que dos meus amigos, e cada día son merecedor de ter na casa unha visita de comerciais que me informan amablemente dos produtos que quizás necesite. Sorríntes, eloxiándo-Me aínda que aparente ter sido atropelado por un tráiler. O meu buzón de correo está cheo de cartas de bancos, tendas, comercios e curandeiros senegaleses que me invitan a formar parte dos seus proxectos, do seu colectivo de usuarios, da súa gran familia de clientes; e a bandexa de entrada do e-mail colapsada por tantas e tantas mensaxes de empresas que se preocupan por comunicarme as súas novidades. Cada día recibimos entre 1600 e 3000 anuncios publicitarios case sen decatarnos, entre 1600 e 3000 notificacións de que o mundo nos ten en conta. Todos parecen dirixirse soamente a nós. Para cada un deles somos importantes. Non lles parece entrañable? A min paréceme realmente insoportable. Tamén podes ler a Cato en... www.taz-cato.blogspot.com

GOTAS

A ver quen xoga no Porriño Carlos Rego

P

robablemente o señor alcalde mailo excelentísimo presidente da Deputación posúen algunha pista de tenis, piscina ou cancha de basket particulares. Ou quizais non lles guste o deporte pero as teñen por snobismo. Tamén pode ser que non disfruten de ningunha pista privada e aínda así non se enteren do que está a pasar porque non lles interesa practicar deporte algún. En calquera caso dou por sentado que os nosos políticos andan ó seu en lugar de atender á sociedade que dirixen. Nun país supostamente desenvolvido, onde o peso do sector público supón a metade do seu Producto Interior Bruto, non deberíamos sufrir o nivel de precariedade que temos en materia de

infraestructuras deportivas a disposición dos cidadáns. Con independencia do patrimonio privado de cada cal.

Se un recurso é público mal asunto. E se é municipal peor todavía. Recentemente se terminaron de construír dúas pistas de

tenis que veñen a substituir outras que xa estaban en funcionamento, a razón: no seu lugar se decidiu contruir unha desas Galescolas que agora Feijóo non quere continuar. Durante un tempo as novas pistas estiveron abertas ó público, deteriorandose non polo uso da propia xente que alí entraba senón pola forma que temos de mal rematar as obras neste país, sempre rodeadas de grava e suciedade. O tema é que agora esas pistas están pechadas ata que se inaugure a devandita Galescola, para máis información futura Escola Infantil. Así a queren chamar os do PP, que son os que gobernan agora na Xunta. Namentres os usuarios en xeral e os do clube de tenis en particular te-

rán que esperar para utilizar unha infraestructura pública que xa está en condicións de ser disfrutada. Claro que os do Concello, que todavía non volven a ser os do PP pero xa veredes coma regresan, poderán dicir que no término municipal hai sete pistas de tenis. Por suposto que si, e unha de futbito e cero de basket. Dúas desas pistas de tenis están no polígono da Granxa en condicións de uso privativo. Das tres que temos en Torneiros, unha non ten rede e dúas teñen boquetes. E as restantes están sen inaugurar ata que decidan que facer coa Galescola, futura Escola Infantil, Gardería Autonómica ou gaitas. A ver quen xoga nesta vila!


4

XUÑO 2009

OPINIÓN

DE

UN MUNDO FELIZ

O galego no ensino

Anuncian choiva dourada

Yolanda Castaño

O

galego no ensino corre un enorme perigo se efectivamente, e como parece, se seguen os resultados dunha grande e absurda enquisa entre as familias galegas. A educación debe seguir a ser unha cuestión de estado e as materias curriculares ditaminadas polas autoridades competentes, aínda podendo ser obxectivo dunha sá crítica por parte da sociedade. Pero é que non sempre as masas son expertas en todo, e tampouco terían por que selo en materia pedagóxica. Do contrario, podería rematar por consultárselles tamén se queren que os seus fillos/as leven deberes para casa, podan suspender ou non, ou teñan máis ou menos horas de ximnasia, esa materia de dubidosa utilidade para os seus futuros. Leis galegas, estatais e eu-

David Rollano ropeas trataron ata agora de que os nenos/as de comunidades bilingües acadasen a competencia lingüística en ámbolos dous idiomas, favorecendo cun pulo extra ás linguas minorizadas fronte a esa lingua inevitable (por masiva nos medios de comunicación e nas cidades, nas novas tecnoloxías ou no mercado) que vén sendo -polo seu propio peso- o español. Polo exemplo impagable do inglés, sabemos que non abonda cun par de horas á semana para que se chegue a esa competencia lingüística, e daí que se propuxese un modelo con maior número de materias en galego, modelo que en moi raros casos estaba a seguirse. Con este novo paso atrás, o eufemismo da “liberdade” deixará a relucir o seu verdadeiro sentido: o do dereito a non empregar o galego xamáis. Reflexionemos.

A

democracia é unha especie en perigo de extición. Mexan por nós e decimos que chove. Cada día que pasa a grande masa social está menos preocupada polo xeito en que se rixe o seu destino, as súas vidas, a súas libertades. Unha mostra disto é o baixo interese que suscitaron os últimos comicios europeos, unhas eleccións na que quedaron patentes dúas cousas. A primeira, a baixada en número de votos da esquerda europea e o consecuente ascenso da dereita e ultradereita promulgadora de proxectos tan “interesantes” coma a xornada de traballo de 65 horas, e a segunda o descontento xeneralizado do pobo co sistema democrático que se transformou con axuda da crise, dos recortes de salario, da falla de traballo, etc., nunha actitude conformista de “impórtame un carallo quen goberne porque son todos iguais”. Aínda que a esta última afirmación non lle falta verdade, o problema é que con esta situación de pasotismo ilustrado o inmovilismo instaura pouco a pouco o seu reinado en tódolos recunchos da nosa sociedade. Este inmovilismo anula de xeito periódico a nosa capacidade crítica, o noso espazo para a observación e a reflexión social e favorece a perpetuación no poder de vomitivos enxendros como Silvio Berlusconi and company que aproveitan a súa privilexiada situación para pagar as facturas da Viagra nas súas festas con rapaciñas con fondos públicos.

“A

actitude é outra: abrir o paraugas cando mexan por nós e pechar a pitrina de golpe”

Está claro que na clase política europea (non nos podemos esquecer de que os políticos tamén son persoas), algo cheira a podre. Exemplo supino de tal afirmación atopámola dun xeito que raia co paroxismo no parlamento británico, onde os escándalos polo uso privado dos fondos públicos por parte dos parlamentarios, están a causarlle dor de cabeza a máis de un e ganas de mercar unha escopeta a máis de un cidadán. Lembramos: facturas por un pack de películas porno, facturas polo abono do xardín, facturas por revistas…. Pero o certo, e que aínda que toda esta panda de mamarrachos fagan das súas, o home de a pé non debe quedar durmido. Non debe deixarse levar como formi-

guiñas polo camiño recto, non debe deixar que o pisoteen. Non pode ter unha actitude inmovilista porque si a ten despois non terá dereito a protestar. George Orwell, Isaac Asimov e Aldous Huxley entre outros, xa nos contaron de xeito extraordinario mediante o uso da palabra do perigo do inmovilismo e de deixarse levar. “Só os peces mortos van coa corrente”. Cada día máis alienados, máis agobiados por todo o que nos rodea, inmersos no mundo feliz do consumo, na feliz falacia dun mundo feliz. Sempre protestando por todo sen facer nada o respecto. A actitude non é esa. A actitude e outra: abrir o paraugas cando mexan por nós e pechar a pitrina de golpe.


XUÑO 2009

DE

LOURIÑA

5


6

XUÑO 2009

O PORRIÑO

DE

As obras entran dentro dos once proxectos presentados polo Concello do Porriño ao Fondo de Inversión Local

O Concello pon en marcha diferentes obras de saneamento e humanización REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Vías e Obras, dirixida por Pedro Pereira, do estado de diferentes obras de saneamento e humanización no municipio porriñés. En concreto nas parroquias de Chenlo e Torneiros. En canto ao proxecto activado en Chelo, inclúe a execución do saneamento, acometidas e capa de rodadura no camiño veciñal dos barrios do Penedo e Abas. O orzamento da obra ascende a 217.711 ´99 €, e o prazo de execución da mesma é de tres meses. Esta obra está financiada polo Fondo de Inversión Local para o Emprego. Por outra banda, as obras de humanización en Torneiros inclúen o levantamento do firme nas terrazas que dan acceso ás vivendas; a reposición dos servizos de recollida de pluviais, completando a rede existente; o enlousado con granito “país” de prazas públicas e a pavimentación das beirarrúas do entorno das vivendas con granito e baldosas de terrazo; así como a instalación de rampas de acceso para persoas discapacitadas en todos os bloques de vivendas na primeira fase do polígono de Torneiros. O orzamento da obra ascende a 523.660´56 €, e o prazo de execución é de seis meses.

Arriba, obras de humanización en Torneiros. Á dereita, obras de saneamento en Chenlo

Ademáis das obras iniciadas en Chenlo, entre os once proxectos presentados polo Concello do Porriño ao Fondo de Inversión Local para o Emprego, aprobados na súa totalidade pola Administración Central do Estado, inclúense outras obras de saneamento nas parroquias de Cans, Mosende e Pontellas, próximas a executarse. Actualmente, atópanse tamén en fase de execución, obras

adxudicadas pola Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia, que conectarán diversos colectores existentes no municipio co colector xeral do Río Louro. Estas obras conectarán os barrios de Ribeira, Relba, e o Polígono de Torneiros, co colector xeral; os barrios da Rocha e Covelo en Atios, co aliviadeiro do río Louro; a prolongación do río Fonteliño na altura do Centro de Saúde cara Atios, para dar servizo aos barrios de Alvarín e Portela de Souto; e a conexión da rede de saneamento existente co novo colector no casco urbán. O Concello do Porriño ten presentados á Augas de Galicia, asemade, dous proxectos que están pendentes de adxudicación. Trátase do colector en torno ao río Laxes, na parroquia de Torneiros, que dará servizo aos barrios da Pereira, Contrasto e Gándara; e a conexión da rede executada polo Concello do Porriño co aliviadeiro da Serra da Auga, no barrio de Carracido. Estes dous proxectos teñen un orzamento de 157.869´45 € e 199.602´64 € respectivamente. En fase de redacción atópase o proxecto de conexión entre a rede existente nos barrios de Centiáns, Igrexa e Outeiro, na parroquia de Pontellas, e o colector xeral do río Louro.


XUÑO 2009

O PORRIÑO

DE

“Bilingüismo cordial”

Celébrase o obradoiro Memoria dos Oficios

O BNG di que o PP quere dividir á cidadanía a través da lingua REDACCIÓN/O PORRIÑO

O grupo municipal do BNG do Porriño, ante a moción en defensa dun “bilingüismo cordial” aprobada no Pleno Municipal a instancias do Partido Popular, e co voto afirmativo de Independientes de Porriño e Ciudadanos por Porriño, declarou, a través dun comunicado, que “o PP quere dividir e confrontar á sociedade galega a través da lingua, xa que traslada unha confrontación importada en busca de réditos partidistas e electorais, rompendo o acordo unánime dos partidos políticos e da inmensa maioría da sociedade galega no tocante a normalización do noso idioma”. Segundo apuntan os nacionalistas “o PP quere a destrución do galego como lingua de uso normal en todos os ámbitos”. “É un deseño xestado en Madrid e promovido po-

7

REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Novas Tecnoloxías, dirixida por Obdulia Diniz, da celebración, entre o 23 de xuño e o 8 de xullo, do obradoiro Memoria dos Oficios. Esta iniciativa, ten como obxectivo crear documentos audiovisuais atendendo ao esquema dunha video montaxe para dixitalizar todo o coñecemento posible sobre oficios tradicionais a través das lembranzas directas das nosas persoas maiores, ou outros colectivos interesados nesta temática. Ademáis, tratarase de aproveitar este compromiso coa recuperación do pasado para achegar as redes ás franxas de idade con máis risco de exclusión dixital. Para levar a cabo este proxecto, precísanse artesáns ou profesionais de oficios tradicioanais, ou calquera outra persoa que teña interese ou coñecementos sobre o tema elixido. A iniciativa desenvolverase, cun obradoiro onde as persoas asistentes aprenderán a combinarimaxes, música e voz para realizar unha fotomontaxe sobre os distintos oficios.

los poderes mediáticos, económicos e políticos que negan a existencia dentro do Estado de realidades culturais e nacionais diferentes. Estes sectores fundamentan o seu argumentario nunha gran falsidade: a imposición do galego”, sinalan. Desde o BNG afirman que o galego segue a ser unha lingua subordinada, discriminada e en retroceso, así como as persoas que o falan. “O PP quere rematar co estatus de mínima legalidade que ten a nosa lingua, sobre todo no ensino e na administración pública”, din. En Galiza non precisamos “bilingüismo cordial”, o que precisamos é o compromiso dos poderes públicos galegos na potenciación do noso idioma, como establece o Estatuto de Autonomía de Galiza no seu artigo 5º”conclúen. Raúl Francés.


8

XUÑO 2009

O PORRIÑO

DE

breves O Concello do Porriño participa no programa de cursos para a xente moza Actívate O Concello do Porriño informa, de que ven de adherirse ao programa de acción social da Deputación de Pontevedra Actívate. Cursos Xuventude 2009. O programa ten como obxectivo potenciar a inserción da mocidade no mundo laboral, e proporcionarlle un maior enriquecemento cultural e persoal. A concelleira de Emprego ,Obdulia Diniz, afirmou que “Grazas a nosa adhesión a este programa, os mozos e mozas do municipio poden acceder a cursos de formación que farán mellorar as súas posibilidades de atopar un emprego”

Aberto o prazo de inscrición para a Campaña de Outono do Programa Diurno de Balnearios da Deputación de Pontevedra

Celébranse obradoiros de novas tecnoloxías en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información

Grazas a esta colaboración entre Concello e Deputación, os usuarios e usuarias do programa desfrutaran de cinco visitas a un balneario da provincia por un prezo moi reducido. Os interesados e interesadas en participar nesta actividade deben dirixirse ao Centro Sociocomunitario (antigo Centro Social) ou ao Departamento de Servizos Sociais, sito no terceiro andar das dependencias do Concello do Porriño, para inscribírense (até o 20 de xuño).

A concellaría de Novas Tecnoloxías activou diferentes obradoiros de achegamento ás novas tecnoloxías durante o mes de xuño no Centro Neural de Torneiros.Do 15 ao 19 de xuño, en horario de 11:00 a 13:00 horas, celebrarase o obradoiro Iniciación á Internet. O obxectico desta actividade é capacitar ás persoas usuarias para empregar, de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede Internet.

O PSOE porriñés pide tres novas paradas de taxi REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Voceiro Municipal Socialista, Iván Vaqueiro pediu ao goberno que se “poña as pilas” nos temas de mellora da mobilidade no Concello. Vaqueiro anunciou que o seu grupo pedirá no vindeiro pleno tres novas paradas de taxis no Porriño, unha na parroquia de Torneiros, outra diante do Centro de Servicios do Polígono de A Granxa e outra a carón do Centro de saude de Porriño, situacións que os socialistas consideran estratéxicas para os veciños e veciñas que necesitan ese servizo. O PSdeG-PSOE, presentará esta moción dentro dunha serie de medidas que teñen como obxectivo dar cumprimento ás demandas do sector dos taxistas do Porriño, e que estas se poidan plasmar na Ordenanza Municipal

de Taxistas, que naceu como proposta dos taxistas e que leva parada dende o ano 2007 a pesar de que xa o PSdeG no ano 2008 pediu á concelleira Obdulia Díniz que se reunise co sector, e retomara a idea. Taxímetro Outra das demandas dos taxistas é a aprobación da Ordenanza de Taxis para poder regular a implantación dos taxímetros nos taxis. Na actualidade, os taxis do Porriño non teñen implantado este sistema de medida do coste dos servizos. Algo que segundo os socialistas, é unha necesidade urxente que garante ós clientes a transparencia no prezo. Por elo instan ó goberno a retomar o diálogo coa Asociación de Taxistas do Porriño.

O PP local quéixase do ‘abandono’ no que se atopa o Parque do Lindano REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Partido Popular de O Porriño denuncia a situación de total “abandono” do parque de Lindano por parte do goberno local. Xa fai agora un ano, os populares amosábanse indignados pola situación lamentable desta zona de ocio e recreo en Torneiros, de uso e disfrute de tódolos veciños da parroquia e do concello en xeral, que cada vez vai máis en aumento. “Trátase dunha mostra, de entre as moitas que existen, do abandono ó que este goberno está sometendo ós porriñeses”, sinala o voceiro popular Manuel Carrera; “este é o mellor reflexo da triste actuación do equipo de Francés, que se dedica a facer novas obras e a deixar de lado outras”,

subliña Carrera. Asituación está a supor a indignación dos veciños de Torneiros, xa non só polo estado no que se atopa esta área de ocio senón polo abandono que están a sufrir outras zonas da parroquia. Manuel Carrera, visitou persoalmente o parque de Lindano e puido comprobar de primeira man “os múltiples desperfectos cos que se atopa calquera viandante que pasea polas súas inmediacións”. “Esta non é máis que unha das mellores imaxes de deixadez coa que está sendo tratado o municipio de O Porriño, gobernado por un equipo que en situacións como esta mira para outro lado”, asegura Carrera.

AAsociación participou na organización da I Mostra de Espantallos no barrio de San Benito.

A Asociación de Veciños San Benito e San Sebastián celebra o seu primeiro aniversario As celebracións comezan o día 23 coa tradicional fogueira de San Xoán e continúan a fin de semana do 26 e 27 REDACCIÓN/O PORRIÑO

A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián con motivo da celebración do seu primeiro aniversario ten programados varios actos culturais coa colaboración do Concello de Porriño, Grupo Coren, Panadería Mercedes, Panaderia Chinchina e Imprenta Rofer. Os actos realizaranse no paseo da Capela de San Benito onde a organización instalará unha taberna, “todo a 1 euro” e os asistentes poderán disfrutar da primeira edición do Chouripán. A Asociación invita a todos os

O

sábado 27 o colectivo celebrará o día grande dende a mañá. Haberá polbo, inchables, charanga e, pola noite, verbena Asociados e veciños do Porriño a disfrutar dos actos programados durante a semana cultural e á degustación gratuíta do Chouripán (pan e chourizo), a Noite de San Xoán coas actuacións

dos grupos de Pandereiteiras de “Fonteliño” e “Cheira a Ghato” do Porriño. O venres 26, esta programado como acto cultural, teatro na rúa coa participación do grupo Fontevella do Porriño, ás 22:00h, e xa como remate o sábado 27 celebrarase a Festa Aniversario da Asociación haberá polbo, inchables e verbena. Pola mañá a sesión estará amenizada pola Charanga “Divertida” e os mais pequenos poderán disfrutar na festa Infantil. Xa pola noite para tódolos públicos peche coa verbena amenizada polo Trío Chevere.


XUÑO 2009

O PORRIÑO

DE

Alfonso Pato, director do Festival de Cans

“Este festival empeza a ser algo importante, e que ninguén pense que se fai do aire ou que anda a pedales” DIEGO GIRÁLDEZ/O PORRIÑO

-Hai quen di que o VI Festival de Cans foi unha das mellores edicións... Que balanzo fas como director do certame? -Penso que foi a mellor de todas as edicións celebradas ata o de agora. Cada ano dicimos o mesmo, pero é que cada ano melloramos moito, en afluencia e en reestructuración organizativa interna. O corte de tráfico foi determinante, e só nesa cuestión o festival deu un paso enorme. Outro gran avance foron as actuacións musicais, logrando un festival musical de calidade paralelo, e as curtametraxes e as seccións novas responderon as expectativas. -Cada ano máis medios de comunicación lle dan cobertura ao Festival, máis xente se achega a Cans, máis curtas participan.... Quedarase pequena a parroquia? -O Festival de Cans non o organizamos con ánimo de bater records de afluencia de público. Só pensamos en facer as cousas ben e en medrar sen perder a identidade do que é este festival. O importante non é medrar en miles de espectadores, senón medrar con cautela, e tratar de conservar o público marabilloso que temos. Todos os actores e os famosos que pasan por aqui louban a actitude amable e educada do público con eles, como piden fotos ou autógrafos sen agobiar. Apesar da multitude, os convidados séntense cómodos entre o noso público. Pensamos mais

en manter ese tipo de público que en medrar. Os veciños de Cans e o perfil de público que ten este festival son dous tesouros a conservar. Se medrar significa perder eses tesouros, entón é preferible non medrar. -Crear unha Fundación para darlle máis pulo ao certame?... Cóntanos. -O Festival de Cans é agora unha marca coñecida, e sería interesante facer mais actividades ó longo do ano, ó acubillo desta marca. Facer unha fundación para protexer o festival é unha idea, pero non estamos falando a curto prazo. Os procesos son lentos e a súa posta en marcha pode ser mais complexa do que parece. É unha idea que se falou, pero non é unha prioridade inmediata. Pero o que si igual precisamos é unha sede social en Cans, independente do local parroquial, para uso continuo ó longo do ano.Precisamos ir poñendo en marcha pouco a pouco infraestructuras que consoliden o festival, e precisamos asinar coas institucións e con patrocinios privados convenios de colaboración a medio prazo, de tres ou mais anos. o éxito, os parabéns e os premios que nos dan están moi ben, pero detrás hai momentos moi duros, de vivir coa incertidume de saber que vai ser da seguinte edición do festival e quen está disposto a apoiarnos de novo. Buscamos convenios a medio prazo, para evitar esta situación de angustia económica, e poder facer plans de futuro. Este

César Lourido, Alicia, Alfonso Pato e Moisés Álvarez logo de recoller o Premio da Crítica-Galicia´09

“P

recisamos ir poñendo en marcha pouco a pouco infraestructuras que consoliden o festival, e precisamos asinar coas institucións e con patrocinios privados convenios de colaboración a medio prazo, de tres ou mais anos”

festival empeza a ser algo importante, e que ninguén pense que se fai do aire ou que anda a pedales. Se queremos ser un festival que teña futuro, precisamos mais apoio público e privado. -Vides de recibir o Premio da CríticaGalicia. Unha cousa así ten que dar folgos... -O Premio da Crítica é o premio cultural mais relevante de Galicia nestes momentos. Non teñen mais que ler o listado de galardonados deste premio para ver a súa importancia. Recibir a noticia deste premio nun fin de semana intenso de curro preparando o festival en Cans, foi algo que nos deu moitos folgos. E agora acaban de comunicarnos o Premio Círculo no apartado de Cultura, co cal outra alegría mais.Os premios serven para consolidar un traballo. Os premios non dan de comer, pero alimentan. -Como foi a entrega? Que tal o pasou Alicia? -O Festival de Cans non sería nada sen a Asociación Cultural Arela e, por suposto, sen os veciños de Cans. Iso todo o mundo o ten moi claro na organización. Toda a xente sabe que os veciños son o primeiro, son un tesouro que hai que coidar, e toda a xente se esforza por mimalos todo o que poidamos. A presenza de Alicia nos Premios da Crítica é un premio a súa persoa, pero sim-

boliza algo mais. Alicia ten 82 anos e é a colaboradora de mais idade do festival, co cal pensamos que ninguén mellor ca ela para representar o orgullo dunha parroquia enteira. Todas as personalidades que había na cea dos Premios da Crítica a trataron con moito cariño, desde Superpiñeiro ata Camilo Nogueira (que tamén estaba entre os premiados) que sempre a poñía á beira dela nas fotos dos premiados. Por certo, que Camilo Nogueira apareceu este ano por sorpresa no Festival de Cans, e deunos a noraboa na cea dos premios, porque dixo que disfrutara moitísimo. -Pois nada máis, a nosa sincera noraboa...Algo máis que engadir? -Case un cento de persoas colaboran no festival de Cans, desde Arela, ós veciños que prestan as casas, os que poñen os chimpíns ou as empresas que colaboran aportando o que poden. Este ano incorporáronse ademais os rapaces de Comunicación Audiovisual de Pontevedra, que foron importantísimos na organización. Quixera desde APENEIRA, dicirlles a todos, que me gustaría que se sentisen identificados cos premios que nos dan, e que saiban que os premios están configurados por pequenos anacos do seu esforzo. Sen eses anacos de esforzo e de traballo, o Festival de Cans non existiría nin levaría premios. O meu agradecemento a todos.

9


10

XUÑO 2009

O PORRIÑO

DE

O grupo de playback “A Pedra Moura”, da Asociación Cultural Os Penediños de Atios, organiza este ano o Centrovisión, un espectáculo para o que agardan que se acheguen á parroquia preto de 3.000 persoas. Será na esplanada do Centro Cultural de Atios o vindeiro sábado 20 de xuño. O espectáculo está garantido

P

D.G/O PORRIÑO

Dende hai uns anos vemos como na comarca estase implantando unha nova moda: a creación de grupos de playback. Unha moda que arrastra a milleiros de persoas que acuden a pasar un bó rato da man de artistas anónimos que imitan aos que xa están no estrelato. A iniciativa colleu tanto auxe que levou a diferentes centros culturais da zona a crear un concurso, o Centrovisión, onde centos de persoas dos diversos grupos, dende diversas categorías, compiten co seu particular espectáculo. Participan nenos e maiores recreando os movementos e os xestos daqueles que enchen os estadios e os teatros,

seguindo unha coreografía e incluso caracterízandose cun vestiario apropiado. O primeiro Centrovisión celebrouse na parroquia de Budiño (O Coto) e no ano 2008 foi en Salceda (Parderrubias) onde acudiron máis de 1.500 persoas. Este ano o Centrovisión organízao un dos grupos de playback máis importantes da zona, “A Pedra Moura”, da Asociación Os Penediños de Atios. Quixemos falar con algúns dos responsables da organización do evento e deixáronnos abraiados. Jonathan Rodríguez, profesor do grupo de playback, Luis Bianchi, directivo da Asociación e Lito Troncoso, compoñente do grupo, deixábannos

ara o Centrovisión deste ano Atios conta cun escenario de plataforma, dous pantallas xigantes aos laterais, unha pantalla no escenario, máis de 30.000 watios de son, claro, a medida que avanzaba a conversa, que organizar un espectáculo destas características non é doado. A organización calcula que o 20 de xullo, esa é a data do Centrovisión´09, achegaranse ata a esplanada do Centro Cultural de Atios preto de 3.000 persoas (hai que pensar que tan só entre os grupos participantes suman un total de 400 persoas). Nove grupos conformarán o espectáculo deste ano: o de Guizán e o de Santa Eulalia de

Mos, O Coto de San Esteban de Budiño en Salceda, Xunco de Parderrubias, Soutelo tamén de Salceda, o de Areas en Tui, A Forna de Budiño do Porriño e tamén de Rebordáns en Tui, estes últimos fora de concurso. A conversa continuaba e chegamos ao capítulo das infraestruturas. Para este ano a organización conta cun escenario de plataforma, dous pantallas xigantes aos laterais, unha pantalla no escenario, máis de 30.000 watios de son, un grande equipo de iluminación, fogos artificiais, tres cafeterías, plazas de aparcamento, etcétera. En fin, o espectáculo está garantido. Achéguense a Atios o vindeiro sábado 20 de xuño, será unha das poucas oportunidades que teñan de ver actuar aos seus ídolos . E si algunha das estrelas internacionais canta en playback ¿por que non o van facer as nosas?. Sorte.


XUÑO 2009

MOS

DE

11

breves O Concello de Mos financia o 25% dos traballos na vía Peinador-Louredo

O concello solicita melloras á Xunta para o Colexio Castro Mos

Saneamento anuncia obras en Cela para realizar o alcantarillado

En canto ás obras de mellora da seguridade vial na estrada Peinador – Louredo, a Alcaldesa, Nidia Arévalo, informou no último pleno de que o orzamento total destinado a estes traballos ascende a 1.207.481,64 euros, do cal a Deputación Provincial asumirá o 75%: 905.611,23 euros; e o Concello de Mos farase cargo do 25% restante, que supón unha cantidade de 301.870,41 euros que serán pagados en tres anualidades: unha no presente 2009, outra no 2010 e a terceira no ano 2011.

O asunto principal que centrou o encontro, segundo explicou a Alcaldesa mosense á saída do mesmo, foi a necesidade dun novo muro de peche para o centro educativo, xa que “o que actualmente ten está nunhas pésimas condicións, oxidado nalgunhas partes e noutras incluso roto”, declaraba Nidia Arévalo. E é que a rexedora local asegura que “o colexio Castro Mos non pode abrir en setembro, cunhas instalacións totalmente novas e de gran calidade, e cun peche que se está caíndo”.

A concellería de Saneamento e Abastecemento está a realizar estes días a acometida da rede nas zonas de Coto, Cabanelas, Graxín, Carballeira, Sequeiros e Arufe. Todo o sistema de alcantarillado que a concellería de Saneamento e Abastecemento está a instalar en Cela será financiado con fondos propios municipais procedentes dun préstamo bancario concedido en 2005 ao anterior equipo de goberno e que este deixou sen gastar, segundo informou Nidia Arévalo.

A Comisión de Seguemento da autovía Vigo-O Porriño reuniuse co conselleiro de Infraestruturas O novo titular de Infraestruturas na Xunta de Galicia, Agustín Hernández, reuniuse coa comisión xunto coa delegada Lucía Molares no seu despacho da delegación de Vigo REDACCIÓN/MOS

Reuníronse na delegación da Xunta de Galicia en Vigo, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a superdelegada Lucía Molares coa Comisión de Seguemento mosense da nova autovía Vigo-Porriño, integrada pola Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, os concelleiros Ana Rodríguez e Gerardo Alonso, o voceiro do BNG, Xosé Manuel Martínez Ojea, e representantes da Plataforma DefendeMos. En representación de DefendeMos acudiron ao encontro Gervasio Lemos Besada e Mª Pilar Rodríguez Miralles. O tema central desta reunión, segundo explicou Nidia Arévalo á saída da mesma, foi a futura nova autovía Vigo-Porriño, aínda que se abordaron tamén, durante a conversa, outras infraestruturas polas que o Concello de Mos se ve, ou podería verse afectado. Tal é o caso do tren de alta velocidade, a ampliación do aeroporto de Peinador ou a autovía A-57. En xeral a Alcaldesa mosense destacou “a actitude en todo momento positiva e atenta do conselleiro ante todas estas cuestións que lle plantexamos e que deberían de ter sido escoitadas fai xa moito tempo” e agradeceulle a Hernández “a rápida resposta que lles está a dar a tódolos colectivos con inquedanzas, xa que tan so leva un mes no goberno, e entre eles, á comisión de seguemento da nova autovía VigoPorriño”. Arexedora local declarou que “a homóloga de Agustín Hernández neste cargo anteriormente, María Xosé Caride, a única vez que escoitou aos membros de Defende-

Nun momento da reunión co conselleiro de Infraestruturas Agustín Hernández.

A

révalodeclarou que “María Xosé Caride, a única vez que escoitou aos membros de DefendeMos sobre este tema foi á entrada dun mitin no noso municipio”. Mos sobre este tema foi á entrada dun mitin no noso municipio”. Precisamente sobre este asunto da nova autovía, Arévalo informou

de que na reunión desta tarde “lle pedimos ao concelleiro que interceda ante o Ministerio de Fomento para que nos fagan chegar ao Concello documentación sobre o trazado definitivo e sobre o estudio da eliminación da peaxe no tramo da AP-9”. “Manifestámoslle o noso convencemento de que unha nova autovía Vigo-Porriño é evitable xa que se podería explotar a autopista, que nestes momentos está infrautilizada”, dixo a Alcaldesa, quen se manifestou satisfeita por ter sido recibida polo conselleiro declarando que “xa é hora de que Mos deixe de ser un municipio ignorado e dende

a Xunta se nos trate como merecemos, como a un Concello con 15.000 habitantes que é o que somos”; e insistiu en que “como sabemos que Fomento desatende a Mos e aos mosenses, pedímoslle ó conselleiro que interceda por nós”. En canto ao AVE, os presentes na reunión solicítanlle á Consellería o soterramento da variante cara a Redondela e o tramo Vigo-Oporto. E respecto do enlace da A-57, Peinador-Os Valos, Hernández informoulles de que carece de conexión co polígono de Arrufana, ante o que Arévalo manifestou que “sen dita conexión ese polígono empresarial

non pode existir”. E é que a estrada provincial non podería soportar toda a afluencia de tráfico pesado que xerará dito parque industrial. En resume, trala reunión, AAlcaldesa mosense expresou que “hoxe é un día grande para Mos e tódolos aquí presentes saímos contentos porque ó fin o goberno autonómico recibiunos”; e anunciou que próximamente o conselleiro Agustín Hernández visitará Mos para coñecer de preto toda a problemática que a localidade padece por mor das infraestructuras e para visitar o polígono da Veigadaña e aos veciños afectados polo mesmo.


13:00h. Fallo concursos 13:30h. Banda de Música Xuvenil de Torroso

venres 12 de xuño 20:00h. Actuación de “Peter Punk” no centro cultural de Torroso

sábado 13 de xuño Lugar: Concello (Petelos) 10:00h. Apertura da exposición Parroquias 12:00h. Misa Solemne acompañada pola Coral Polifónica Santa Eulalia de Mos 12:45h. Pregón por Patricia Martínez

Lugar: As Pozas (Petelos) 14:30h. Xantar Popular. 16:30h. Rosalandia. Inchables para os nenos e nenas “Mos Alegre” Lugar: Pazo (Mos) 21:00h. Concerto do Coro Polifónico Apóstol Santiago no salón de actos do Pazo. 23:00h. Orquestras Miramar e Charlestton en APesqueira

domingo 14 de xuño 18:00h. Día da Muiñeira en Sanguiñeda

sábado 20 de xuño 17:00h II Encontro de Palilleiras de Mos en Costoyas- Tameiga 22:00h. Cine ao aire libre en Dornelas 22:00h. Cine ao aire libre en Cela

domingo 21 de xuño 18:00h. Festival de Patinaxe do Concello de Mos en Petelos 19:00h. Baile da Rosa en “Queen” (Sanguiñeda). Entrada gratuíta a retirar no Concello.

venres 19 de xuño 22:00h. Cine ao aire libre en Louredo 22:00h. Obra de teatro “Un morto moi vivo” na AAVV Nosa Terra en Pereiras 23:00h. Concerto de “El Sueño de Morfeo” no campo de fútbol de Guizán. Entrada de balde.


Festa da Empanada e do Vi単o de Mos en imaxes


A obra ‘Vai de rosas’ gaña o concurso de murais para o cartel da Festa da Rosa´09 REDACCIÓN/MOS

vaiderosasvaiderosasvaiderosasvaider

Produciuse o fallo do xurado do concurso de murais do que saíu a imaxe para o deseño do cartel oficial da Festa da Rosa deste ano. Nesta ocasión os participantes do concurso foron os alumnos de terceiro curso de primaria dos colexios do municipio. O mural gañador foi o confeccionado polos escola-

res do CEIP de Sanguiñeda, Mestre Valverde Mayo, que titularon a súa obra como ‘Vai de rosas’. Os rapaces recibirán como premio unha viaxe en grupo ao zoo de Madrid, algo que, segundo a directora do centro, “estaban desexando porque queren ver os elefantes, un animal que lles esperta moita curiosidade e sobre o que agora están a facer unha lectura”.

O xurado do concurso estivo composto por Gerardo Alonso, tenente alcalde mosense, en representación do Concello; Roberto Zapata Rodríguez, do CEIP de Atín; María Luísa García Moreno, directora do Mestre Valverde Mayo; Elisa Fernández Guisande representando ao Colexio Pena de Francia e Delfina Rodríguez en representación do grupo municipal do PSOE.

vaiderosasvaid


XUÑO 2009

PUBLIRREPORTAXE

DE

M

oitas veces, cando buscamos comer ben e económico, optamos polos tan coñecidos bocadillos ou as populares hamburguesas. En Bocados atopamos estes dous pratos a un prezo asequible e en abundancia. Tanto nas súas especialidades máis características (hamburguesas caseiras de polo ou mixtas, bocadillos, pratos combinados ou ensaladas) o gran tamaño e a boa calidade fan que a comida entre polos ollos.

65 variedades En Bocados a primeira característica é o tamaño pero a segunda é a extensa variedade a elixir. Pepe é o encargado de realizar unhas auténticas marabi-

llas gastronómicas onde o pan é un elemento fundamental. “Traemos un pan especial polo sabor e o tamaño”, coméntanos. Así, ademais do menu de mediodía, contan con 65 variedades de bocadillos e hamburguesas, pratos combinados (10 a escoller) e ensaladas. Coa intención de ofrecer o mellor aos seus clientes, en Bocados mercan a carne a diario en Guizán. Ademais dispoñen de variedades especiais para celíacos que non conteñen nin fariña nin ovos). Neste último caso o único que ten que poñer o cliente é o pan. Xantar e diversión Bocados é perfecto para quedar cos amigos ou amigas. Ade-

15

mais de contar cos explendidos bocadillos e hamburguesas dispón dunha sala con pantalla xigante e karaoke. Nela podes preparar celebracións, xuntanzas ou ver o partido do teu equipo favorito con total comodidade e a prezos moi económicos. Ten capacidade para 60 persoas. Para os que non podar estar sen o seu ordenador ou queiran consultar internet, Bocados dispón de sistema wifi gratuito para os seus clientes. Agora que chega o verán Bocados abrirá a súa terrada exclusiva onde poderás degustar os pratos do local co natural teito do ceo. Para os que prefiran o interior Bocados dispón dun moderno sistema de ar condicionado.

Menú diario En Bocados atoparás un menú diario* todos os días laborables con tres primeiros pratos e tres segundos a elixir, bebida, pan e café ou postre por só 6,60 euros (*mediodias). A variedade dos pratos podes consultala calquera día na nosa carta ou preguntarlle a Carme, a maga dos fogóns. Para este verán teñen prevista unha sorpresa aos seus clientes: bacallau e churrasco feito ao momento na barbacoa. Iso sí, previo encargo no teléfono 986 341 174.

Horario extenso Se tes problemas de horario, Bocados é o teu sitio. Abre a partir das 8:30 da mañá para ps máis madrugadores e pecha á noite cando marcha o último cliente. O día de descanso semanal é o martes. Bocados está en Louredo, Mos , a pé da estrada N-550.


16

XUÑO 2009

MOS

DE

breves Presentáronse no CDL tres cursos de formación ocupacional para parados

Abre o prazo de inscrición nas actividades para maiores do 2009/2010

Medio Ambiente desenvolveu unha campaña de sensibilización co medio natural

Celebrouse no CDL (Centro de Desenvolvemento Local) mosense a presentación de varios cursos de formación para persoas que se atopan no paro. Ó acto acudiron a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Formación e Emprego, Gerardo Alonso, o representante na provincia de Pontevedra da Confederación Galega de Persoas con discapacidade, Cogami, Anxo Olguera Domínguez; e o vicepresidente de AEMOS (Asociación de Empresarios de Mos), Carlos Galiñanes.

A concellería de Benestar Social do Concello de Mos, que dirixe a edil Ana María Rodríguez Cabaleiro, informou da apertura do prazo para a presentación das instancias necesarias para participar en actividades destinadas a maiores do municipio, no período 2009/2010, e que consisten nun programa de vacacións do IMSERSO e un programa de balnearios da Deputación de Pontevedra na quenda de outono. O prazo de inscrición en ambos rematará o vindeiro 20 de xuño.

O Concello de Mos dende a Concellaría de Medio Ambiente desenvolveu nestes días co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebrou o 5 de xuño, unha campaña de sensibilización co medio natural dirixida a todos os colexios e instituto do concello. Consiste na distribución de información e material, relacionado co consumo enerxético e sostibilidade no ámbito doméstico, enerxías renovables, aforro no transporte privado, a reciclaxe, boas prácticas na condución, etc...

Arévalo asegura que o anterior goberno deixou máis de 4 millóns de euros de débeda REDACCIÓN/MOS

Un total de 4.539.833,53 euros brutos é a cantidade total que o anterior equipo de goberno municipal mosense deixou a deber, segundo informou a alcaldesa, Nidia Arévalo. A rexedora local especificou que “destes máis de catro millóns e medio de euros, 1.237.727,98 euros corresponden á débeda do ano pasado recoñecida no presente 2009; 120.749,54 euros son de facturas, tamén do ano pasado, pendentes de recoñecer e presentadas con posterioridade no Concello ata o día de onte; e os 3.180.833,53 euros restantes son os que había contabilizados e pendentes de pago con data de 31 de decembro de 2008”.

Ademais a alcaldesa comunicou que “o bipartito gastou 77.300 euros máis dos que tiña presupostados en actividades culturais que a concelleira Sandra Temes tivo que asumir con cargo ao seu orzamento para Cultura do 2009”. Neste sentido e, “tendo en conta todo do que teñen que avergoñarse os exdirixentes deste municipio”, Arévalo extráñase de que “critiquen as iniciativas culturais deste ano facendo referencia aos gastos en publicidade de programas como Mos Alegre, por exemplo, aportando ademais datos que son falsos como os 15.000 euros que din que custou promocionar dita iniciativa”.

O BNG responde ás declaracións Ante estas declaracións, o voceiro nacionalista, Xosé M. Martínez Ojea di que “o anterior goberno de Mos deixou orzamento para mercar os terreos donde construír unha nova casa consistorial, tal como acordara a corporación, diñeiro que foi empregado polo goberno actual para outras obras. Amesma sorte correu o diñeiro que tiña comprometido para obras imprescindibles como o vial de As Pozas en Petelos. Tamén deixou orzamento para as obras que tiña previstas realizar este ano 2009, e do que o actual goberno dispuxo ao seu antollo”. No comunicado apunta tamén que “o anterior goberno, ademais, levou a cabo grandes obras das que non había nada feito: un Multiusos no que tivo que investir 1 millón de euros; un Plan Xeral xa encamiña-

do, e todo isto, cun grande esforzo polo continuo bloqueo da Deputación”. “Este grande esforzo veuse apoiado pola axuda da Xunta, que empezou a investir en Mos,” sinala o nacionalista. Martínez Ojea asegura que o anterior goberno deixou o concello cunha débeda dun 57%, cando a lei permite chegar a 110% de endebedamento. “Ademais, a débeda non pode ser tanta cando se poden permitir 6 salarios a concelleiros e concelleiras a cargo das arcas municipais, un aumento das festas gastronómicas no noso concello, inauguracións e “cuchipandas” a cotío, contratar a empresas externas para traballos que terían que ser feitos por traballadores municipais, e pagar por un só concerto 36 000 €”, remata.

Nun momento da inauguración.

Inaugúrase en Agueiro unha nova zona de lecer As melloras no entorno incluíron un parque infantil e o acondicionamento de xardíns REDACCIÓN/MOS

O barrio do Agueiro, na parroquia mosense de Sanguiñeda, foi esceario o pasado sábado, día 6 de xuño, da inauguración dunha serie de melloras no entorno do local social que, segundo o concelleiro de Parques e Xardíns e Alumeado, Luis Alonso Seijo, “era unha zona que se atopaba totalmente abandoada”. Ao evento inaugural acudiu a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que estivo acompañada, ademais de polo

edil Luis Alonso, por outros concelleiros do equipo de goberno, así como pola directiva da asociación veciñal incluído o seu presidente. O edil responsable, Alonso Seijo, informou durante o acto das melloras acometidas “que consistiron no acondicionamento dun muro, instalación de alumeado público, acondicionamento de xardíns e ubicación dun novo parque infantil”. As obras foron custeadas íntegramente con fondos municipais.

S

egundo o concelleiro de Parques e Xardíns e Alumeado, Luis Alonso Seijo, “era unha zona que se atopaba totalmente abandoada”. As obras foron custeadas íntegramente con fondos municipais.


XUÑO 2009

MOS

DE

17

breves A Comisión San Liborio 2009 celebra a VII Festa Gastronómica do Polbo o 21 de xuño

Ponse en marcha o programa Actívate para a mocidade mosense

A Asociación Mulleres Rurais Val da Louriña celebrará un rastriño benéfico

A Comisión San Liborio 2009 celebra a VII Festa Gastronómica do Polbo. Unha festa que ano tras ano demostra a súa solidez congregando a centos de persoas. O evento celebrarase na parroquia de Cela, en concreto no alto de San Cosme, o vindeiro domingo 21 de xuño a partires das dez da mañán. Este ano a organización prevé unha grande afluencia de público para o cal programou actuacións de música tradicional e folk, ademáis da degustación das racións de polbo e pan. Contan coa colaboración do Concello de Mos.

O programa de acción social, Actívate, da Deputación de Pontevedra chega a Mos da man das concellerías de Participación Cidadá e Formación e Emprego, dirixidas polos edís Julia Loureiro Campo e Gerardo Alonso Porto, respectivamente. Este programa oferta cursos de formación dirixidos a xóvenes de entre 16 e 35 anos. Trátase de cursos de 30 horas de duración que se impartirán durante os meses de setembro, outubro e novembro do presente ano 2009.

A Asociación Mulleres Rurais Val da Louriña organiza, dentro do seu programa de actividades, un rastriño benéfico para colaborar na reconstrución da casa de Dorotea. Serán os días 20 e 21 na Casa restaurada do Mesón Argentino o sábado de 18h a 21h, e o domingo de 11h a 13h e de 18h a 21h. Os traballos que se poñen á venda son realizados polas socias nos distintos talleres que se levan a cabo na asociación (coiro, labores, pintura e manualidades, doces).

O PSOE de Mos acusa a Arévalo de participar na campaña electoral do PP REDACCIÓN/MOS

Os socialistas de Mos denunciaron que os concelleiros que marcharon do PP seguen a realizar actividades dentro do partido. “É todo un paripé”, asegura María Jesús Escudero, “na pegada de carteis vimos como a propia Nídia Arévalo e varios exconcelleiros do PP participaban no inicio de campaña ás europeas”. Estas afirmacións realizounas en conferencia de prensa acompañada de Abel Losada, deputado e viceportavoz no Parlamento galego, e varios concelleiros do seu grupo municipal. “O PP é o partido da mentira”, dixo Abel Losada, ”e demóstrase con este desembarco ilícito en Mos”, engadiu. Os socialistas lembraron o pacto antitransfu-

guismo do que este caso, para eles, é “de manual”. Emprazaron a Feijoo e a Louzán a que digan que lles parece a situación que está a vivir agora Mos xa que para eles “son consentidores do que está pasando”. Máis gastos Escudero asegurou non entender como “Arévalo falaba dun concello en bancarrota e agora contrata músicos como El Sueño de Morfeo por cifras extraordinarias e paga cursos que nós ofertábamos a 120 euros ao dobre do seu prezo”. Sobre o tema de inversión acusou aos actuais gobernantes de non repercutir na xente de Mos os máis de 60.000 euros que dá o Polígono da Veigadaña ”e só

ter como inversión 16.000 euros”. O Polígono da Veigadaña Logo da visita do conselleiro Agustín Hernández a Mos, na que o goberno municipal pediulle solucións para resolver os problemas no Polígono da Veigadaña, os socialistas mosenses quixeron deixar claro, a través dun comunicado, que “é necesario que os veciños e veciñas da Veigadaña manteñan aquela revindicación sobre as obras do Polígono, que foi apoiada pola anterior Alcaldesa e que Arévalo e todos os concelleiros non adscritos, defendan na Xunta, como o facian dende a oposición a reivindicación dos veciños e veciñas”.

Abel Losada e Mª Jesús Escudero logo da conferencia de prensa.


18

SALCEDA

Os veciños terán que asumir parte do custo dos arranxos nas vivendas de protección social

DE

XUÑO 2009

CASELAS

DE

Dez novos espazos para carga e descarga

Besada di que a implantanción do Plan de Tráfico era unha ‘demanda histórica’ REDACCIÓN/SALCEDA

REDACCIÓN/SALCEDA

Aconcelleira Mónica Vizcaya, xestionara co anterior Director do IGVS, Eudosio Álvarez, unha visita que se produciu en setembro do 2008 ás vivendas de protección oficial da Rúa Arxentina acompañados por un arquitecto da unidade técnica. Froito desta visita e como consecuencia da situación das vivendas acometeuse un anteproxecto de arranxo valorado en 120.000 € a executar durante o 2009. Co cambio no goberno da Xunta, Vizcaya insiste na necesidade de que estas vivendas deben ser arranxadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo xa que son visibles os graves defectos estruturais, ademais de problemas de filtracións de auga e humidades. A intención é que estas familias sexan escoitadas polo IGVS e se lle arranxen os problemas mais graves de estrutura. Trala reunión, o Alcalde e concelleira lamentan que agora os arranxos teñan que ir por unha orde de subvención que sairá en breve e que sexan os veciños quen as tramiten cambiando así o criterio do anterior responsable o que supón que os veciños van ter que asumir unha parte do custo do arranxo.

O Concelleiro de Tráfico, Martín Iglesias, informa de que tanto a sinalización vertical como horizontal da zonas de carga e descarga con horario limitado xa están rematadas. Son 10 espazos de entre 8 e 14 metros de lonxitude, dentro do casco urbano, habilitados para facilitar estas tarefas ós transportistas. A carencia destes puntos, producía atrancos na circulación do tráfico, por estacionar en lugares inapropiados ocupando os viais e provocando situacións perigosas. As sinais verticais indican os intervalos horarios e os días nos que están reservados para carga e descarga, quedando no resto para aparcadoiro libre.

C

oordinado coa Concellaría de Vías e Obras, procedeuse ó repintado de varios pasos de peóns e complementación de sinalización, conseguindo unha cómoda mobilidade. Créanse 3 novas prazas de aparcadoiro, reservadas para dicapacitado/as, repartidas homoxeneamente, e tamén se repintaron as xa existentes, cumprindo os ratios que establecen por lei.

Resultado da implantación do novo Plan de Tráfico.

Este tipo de usuarios, disporán de vantaxes, ca próxima posta en marcha da Zona Azul, onde terán o dobre de tempo, 3 horas, dada a súa especial condición. Coordinado coa Concellaría de Vías e Obras, procedeuse ó repintado de varios pasos de peóns e complementación de sinalización, conseguindo unha cómoda mobilidade . A partires do mes de xullo a parada de autobús que está na

Praza do Concello, pasará a Praza da Devesa. Xa que é imprescindible mellorar a fluidez neste punto, onde actualmente teñen serios problemas de xiro os vehículos máis longos. Sendo a nova parada unha ubicación moito máis axeitada polo espazo que dispón para absorber as necesidades actuais. Martín Iglesias aclara, que en ningún momento se lle prohibe ós autobuses circular polo centro urbano, senón

que o que se fai é unicamente cambiar as marquesiñas e paradas. Marcos Besada, Alcalde de Salceda salienta que estas actuacións eran unha demanda histórica da cidadanía de Salceda e que houbo que esperar ó traspaso das estradas da Xunta de Galicia (Rúa Victoriano Pérez Vidal e Rúa Joaquín Fernández Sestelo) para levalas a cabo no seu conxunto.


XUÑO 2009

SALCEDA

DE

DE

CASELAS

19

Trinta nenos están en tratamento con terapias de apoio no Servizo de pedagoxía e logopedia do Concello REDACCIÓN/SALCEDA

O Servizo de pedagoxía e logopedia municipal do Concello de Salceda de Caselas con dirección na Rúa Arxentina , nº 9 1ºC ten actualmente mais de 60 solicitudes e son cerca de 30 nenos en tratamento con terapias de apoio e estimulación da linguaxe, principalmente na área de lectura e escritura. Para elo, o servizo encargase de traballar en coordinación con outros departamentos e con profesionais dos centros escolares. En terapia, actualmente, hai cerca de uns trinta rapaces que reciben todo este apoio en aspectos relacionados co vocabulario a lectura a expresión oral e a escri-

ta, todo isto en horario de tarde para evitar que os rapaces teñan que faltar ás clases en horario escolar. Problemática de fai anos Con este gabinete municipal de logopedia o goberno municipal resolve unha problemática de fai anos, demandada dende os centros escolares e dende as propias ANPAS dos colexios. Por outra banda, púxose ó servizo dos veciños unhas instalacións que permanecían pechadas sen ningún tipo de uso polo goberno anterior durante os catorce anos que permaneceu pechado, dato que descoñecían moitos dos veciños

de Salceda. A concelleira, Mónica Vizcaya, responsable do departamento fai un balance positivo da creación de novos servizos de calidade para Salceda. Para Mónica Vizcaya é importante a mellora nos departamentos de servizos sociais e con esta nova incorporación á esta área pretendese dar maior eficiencia os cidadáns. Os nenos do Concello de Salceda de Caselas teñen preferencia neste servizo e veñen derivados polo servizo de pediatría ou ben polos orientadores dos centros escolares dirixindo a súa solicitude ó departamento de benestar social.

Mónica Vizcaya

a imaxe

breves Comezaron a levarse a cabo as obras no edificio da antiga Casa Consistorial de Salceda de Caselas. O antigo edificio, construído no ano 1917, será a nova Casa de Cultura e un dos eixos centrais do novo aspecto que, grazas ás obras de humanización, terá o centro urbano da vila. Nesta curiosa imaxe vemos ao alcalde, Marcos Besada, e a concelleira de Cultura, Teresa Pérez, no tellado do inmoble supervisando as obras.

Cabaleiro, visitou o inicio das obras de limpeza e desbroce do Río Caselas Estas obras teñen por finalidade preparar esa zona do Río para a posterior execución da senda peonil que se vai a levar a cabo nese tramo, e que se enmarca dentro do Convenio que no seu día firmaron o Concello de Salceda de Caselas e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.


20

SALCEDA

DE

Os responsables das Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) do Baixo Miño e a Louriña celebraron no Concello de Salceda a súa reunión periódica coordinada pola Casa da Xuventude de Tui. Na mesma trataronse asuntos que afectan aos seus servizos: actividades das distintas administracións, posta en común de recursos, cursos, subvencións, etc... Asistiron os Concellos de A Guarda, Tomiño, Baiona, O Porriño, Salceda de Caselas e a Directora da Casa da Xuventude de Tui. O tema estrela foi a posta en marcha dunha nova edición do certame de fotografía Viaxando, que xa vai pola terceira edición.

Éxito de ocupación no ‘V Curso Internacional Semana Musical 2009’ O martes, 19 de maio, abriuse o prazo de inscripción para o V Curso Internacional Semana Musical 2009 de Salceda de Caselas, nas especialidades de clarinete, trompeta e tuba. O éxito foi rotundo nas especialidades de clarinete e tuba, quedando cubertas a totalidade das prazas de activo á media tarde. No caso de trompeta a ocupación é dun 80% das prazas ofertadas. O curso será do 3 ao 8 de agosto.

DE

Medios básicos de supervivencia

breves As OMIX do Baixo Miño e Louriña coordínanse en Salceda

XUÑO 2009

CASELAS

Voluntariado pon en marcha un Banco de Alimentos para persoas necesitadas REDACCIÓN/SALCEDA

A Concellería de Voluntariado, que dirixe Mónica Vizcaya está a desenvolver o primeiro Banco de Alimentos do Concello de Salceda de Caselas. 0 proxecto Banco de Alimentos xorde co propósito de distribuír alimentos de primeira necesidade ós casos derivados dos servizos sociais ou a persoas que veñen por iniciativa propia. Consideraranse como beneficiarios da axuda a todas aquelas persoas ou grupos familiares en precaria situación económica, que teñan dificultade de acceso ós medios básicos de supervivencia. Darase prioridade a aqueles individuos ou grupos familiares especialmente vulnerables pola súa dificultade para afrontar por si mesmos a situación de precariedade na que se atopen, como son: grupos familiares con nenos e/ou anciáns ó seu cargo, familias monoparentais, diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, persoas incapacitadas para o traballo ou incursas en toxicomanías ou sida, menores en situación de desamparo, mulleres maltratadas, minorías étnicas, inmigrantes, refuxiados, asilados, exreclusos, transeúntes e anciáns perceptores das pensións máis baixas. Os alimentos consisten en galletas, pasta alimenticia, produtos lácteos, etc., procedentes das existencias de excedentes comunitarios de produtos de intervención (arroz,

A concelleira Mónica Vizcaya no Banco de Alimentos.

mantequilla, leite en po, etc.). As cantidades distribuiranse ós beneficiarios en función da necesidade tanto do numero de persoas da unidade familiar como das rendas da unidade. Esperase proporcionar alimentos de primeira necesidade a máis de 60 familias ó mes. Acordarse dos desfavorecidos Mónica Vizcaya sinala que “é moi importante que nesta situación de crise que estamos a vivir, as institucións se acorden dos máis desfavorecidos” . Apunta tamén que en Salceda hai unha concellería que loita polos intereses dos que máis

REQUISITOS INDISPENSABLES -Estar empadroados con residencia efectiva no Concello ; exceptuando a transeúntes. -Non superar os ingresos establecidos no baremo segundo o número de membros que integran a familia ou casos derivados directamente polos servizos sociais do Concello. Trala recollida de documentación o equipo técnica fará valoración e ós beneficiarios entregaráselles un carné numerado para a recollida de alimentos o día que se determine. Farase unha única entrega por mes ata o mes de setembro.

os precisan e que está continuamente traballando para traer para Salceda todos aqueles servizos que melloren a calidade de vida dos seus cidadáns. Marcos Besada, alcalde de Salceda, salienta que conseguíronse sete mil quilos gracias ó Fondo Español de Garantía Agraria mediante a Cruz Vermella e quere agradecer a estas institucións esta importante colaboración. Destaca tamén a importancia e esforzo da concelleira por entrar neste tipo de programas e comunica que “recibiremos mais na data de setembro xa que son tres entregas ó ano”.


Carlos Blanco actúa o venres 26 de xuño no Liceum porriñés Small Coffins o 12 e O Sonoro Maxín o 19 son outras das propostas da sala para finalizar o mes de xuño REDACCIÓN/ O PORRIÑO

O artista Carlos Blanco pecha o mes de actuacións do Bar Liceum do Porriño o venres 26 de xuño ás 23h. O polifacético vilagarcián ofrecerá na sala un novo espectáculo monologuístico Con máis de vintecinco anos de experiencia profesional en Teatro, Cine, Televisión e Radio, traballou recentemente como protagonista na película para televisión “Una bala para el Rey” (Globomedia) que foi emitida en Antena 3 e levantou moita expectación. Nos últimos anos ven desenvolvendo unha actividade continuada como Narrador Oral tanto na Galiza como en toda España ( Madrid, Barcelona, Zamora, Salamanca ou Avila ), asi como en Polonia, Holanda, Alemaña ou Portugal. Na actualidade ten en cartel o espectáculo “Humor Neghro” na compaña do músico guineano Manecas Costa. Unen os seus talentos nun espectáculo de humor e música onde a negritude e o humor danse a man. Pouco se pode engadir dun artista como Carlos Blanco máis que foi quen de traballar con directores do prestixio de Pedro Almodóvar, Gerardo Herrero ou o propio Antón Reixa, e que compartiu escenario e plató con actores e actrices de prestixio

Carlos Blanco.

E ademais... Este venres 12 o Liceum, acostumado a ofrecer ao público as novidades musicais que xurden no Porriño, presenta a Small Coffins. Esta formación toca un estilo musical que fusiona e alterna rock, indie rock, pop e pop rock. Entre as súas influencias, a súa música denota un grande abano de gustos musicais, estarían desde Pearl Jam, Kings of Lion ou Los Planetas, pasando por The Beatles, Rolling Stones, Muse ou Led Zeppelin.

O 19 de xuño subirase ao escenario O Sonoro Maxín. O sonoro Maxin. Comezar de novo e camiñar a modo, inventando o camiño... Esta é a consigna da que parte O Sonoro Maxín con convencemento. Sabendo que a creatividade é imaxinación e que para crear hai que camiñar, cóntannos como todo ten unha onda sonora que nos fai mover e actuar con toda a forza do corazón, unha onda que transmite directamente de peito a peito, sen intermediarios. Ésa é a máquina sonora, a imaxinación sonora.

HISTORIA DO TRANVÍA

Rotonda con tranvía?

A

Soledad Castro

lí onde o tranvía tiña unha parada, naceulle unha rotonda ao asfalto; redondamente redonda, insinuada no antes e despois con sinais de perigo precaución de cedas, e frechas brancas que xiran sobre o azul no sentido das agullas do reloxo; non por medir o tempo, senón por resolver a orientación común. Con trazos brancos elevándose do firme para dar prioridade a peóns que precisan de pasar de dereita á esquerda e viceversa, en connotacións políticas diríase políticamente incorrectos. Pero falamos de rotondas, paradas e tranvías, porque alí onde foi parada de tranvía, agora hai unha rotonda suxerindo un tráfico organizado. Unha rotonda rotundamente redonda, incrustada no asfalto, recén sementado, e no medio dela, nada só a terra que promete algún proxecto por rematar, que ha nacer? Dende esta columna de tranvías proponse situarlle, pois iso, un tranvía. Un tranvía fachendoso de estar, de residir por sempre parado na Parada, sen idas nin voltas, só contemplando a circulación en redondo orientado. Un tranvía saudoso, disposto a permanecer, a volverse retomar no tempo; aínda que sen balbordos, nin estrondo, calado e silencioso, oco de vida. Como estatua impertérrita, respirando os aires

novos dos Bos Aires que o alentaron sempre, camiño da Rans, camiño de Peinador… Entón habería rotonda con tranvía na Parada, ou un tranvía con rotonda ou a Parada con rotonda e tranvía... ou a memoria que se solidifica reivindicando un lugar de honra para aliviar saudades e satisfacer memorias caducas e perennes. Eu só sei facer tranvías de palabras, mais se máis alá fose, meteríame a escultora por erixir na rotonda da Parada un grande ou pequeno tranvía, se vostedes mo permiten.


22

XUÑO 2009

DEPORTES

DE

O Club de Natación Mos acada dúas medallas no Campionato Galego de categoría alevín REDACCIÓN/DEPORTES

Os pasados 6 e 7 de Xuño, na piscina do Carme de Vigo celebráronse os Campionatos Galegos Alevíns de natación. Neste evento, ao que acudían 3 nadadores do Club de Natación Mos, conqueríronse 2 medallas. Unha de ouro e outra de prata. As dúas medallas conqueriunas Alicia Dávila “Ali”, unha mociña nacida no ano 98 que, quedou campiona galega de 400 estilos, cunha marca de 6:38:13 e subcampeona nos 200 estilos cun tempo de 3:07:83. Os outros nadadores que conqueriron mínimas para os campionatos galegos foron Carlos García e Adrián Rodríguez, ambos do ano 96. Este feito podería pasar inadvertido se non tiveramos en conta os poucos medios cos que, ata o de agora, contaba o Club Natación Mos para desenrolalos entrenamentos.

Segunda edición do trofeo de fútbol sala “Vila de Salceda” os días 10, 11 e 12 de xullo Celébrase en Salceda a segunda edición deste torneo de fútbol sala que afronta a súa segunda edición. Desta volta a organziación decidiu aumentar a contía dos premios. Estes serán: 1º Clasificado 1.500 euros 2º Clasificado 800 euros 3º Clasificado 400 euros

4º Clasificado 200 euros As inscripcións están aberta ata o 5 de xullo. A organización pon a disposición dos participantes unha zona de acampada. Para reservar praza a organización conta co número de teléfono: 639 976 666

Campionato de fútbol sala no pavillón Oscar Pereiro os días 4 e 5 de xullo

Alicia Dávila “Ali” recibindo a medalla como ganadora

O Club Natación Mos agarda, vendo os resultados acadados nestes campionatos, que o pobo de Mos e as administracións,

deixen de ver para outro lado cando se fala de deportes que non sexan considerados "de masas".

II Marcha Cicloturista Raíña Aragonta homenaxe a Abraham Olano

A comision de festas Virxen do Libramento de Pereiras organiza un campionato de fútbol sala no pavillón Oscar Pereiro os dias 4 e 5 de xullo. Os premios serán: 900 euros primeiro + trofeo 400 o segundo + trofeo 250 o terceiro + trofeo Ademais tamén haberá trofeo ao xogador mais gole-

ador e trofeo ao porteiro menos goleado. O prezo de inscripción é de 120 euros máis 20 euros de fianza. Para inscribirse hai que facelo no teléfono 629336887 ou no Bar Xeito en Pereiras. O sorteo dos partidos farase o día dous de xullo ás 22:30 h. no Local Social Os Castros de Pereiras en Mos.

Os benxamíns e alevíns do Club Baloncesto Caselas participaron nun torneo en Compostela

REDACCIÓN/DEPORTES

Os próximos días 13 e 14 de xuño vaise celebrar a II Marcha cicloturista Raíña Aragonta homenaxe a Abraham Olano. O sábado 13 a partires das 20:00 no auditorio municipal o C.C. Aragonta de Salceda organizará unha gala homenaxe a Abraham Olano co seguinte programa: - Presentación da 2ª marcha cicloturista - Presentación dos compoñentes do C.C. Aragonta para o ano 2009 - Repaso da tempada 2008 - Homenaxe a Abraham Olano - Proxección de vídeos cos seus mellores momentos - Firma de autógrafos por parte de Abraham Olano Ademais asistirán Marcos Serrano e Gustavo Domínguez entre outros. O Domingo 14 as 09:30 darase a saída á marcha, cun percorrido de 117 km pasando polos seguintes concellos, Salceda, Salvaterra,Tui, Tomiño, O Porriño e regreso a Salceda, pasando

Os benxamíns do Club Baloncesto Salceda , adestrados por Natalia e Rubén, e os alevíns, dirixidos por Carlos, estiveron nun torneo de Minibasquet Santiago organizado por un medio de comunicación local. Os participantes pasaron un gran día con xogos, concursos, partidos, compartindo con outros nenos e nenas vidos de toda Ga-

polo parque natural do monte Aloia, sendo tramo libre dende o quilómetro 81 ata o final, particparán tamén neste percorrido Marcos Serrano,Gustavo Domínguez e como o homenaxea-

do Abraham Olano. Para mais información http://www.freewebs.com/clubciclistaaragonta/ ou nos teléfonos 655461776 ou 600414645 preguntanado por Roberto.

licia. Os resultados foron os seguintes: Benxamín mixto: S.Pelayo (Santiago) 33 Caselas 22 Caselas 26 - La Salle (Santiago) 25 Alevín mixto: Caselas 32 - Ludy Recimil (Ferrol) 58 Caselas 45 - Jaime Balmes "A"(Noia) 56


XUÑO 2009

EMPREGO

DE

COMERCIAL: Empresa dedicada á distribución de produtos de pastelería e panadería, situada no municipio de Mos, require un Comercial. Funcións: Venda de produtos de panificación. Fidelización e seguimento da carteira de clientes. Captación e ampliación da carteira de clientes existente. Xornada laboral: Completa. Horario de traballo: Partido. Salario: Segundo convenio. Experiencia mínima de seis meses en posto similar. Persoa con capacidade de autoorganización e traballar de forma autónoma, clara orientación a resultados, alta capacidade de negociación, capacidade de análise e adaptación a distintos tipos de clientes. Incorporación inmediata. Permiso de conducir, clase B e coche propio. A D M I N I S T R AT I V O / C O M E R CIAL: Empresa dedicada á distribución de produtos de pastelería e panadería, situada no municipio de Mos, require un Administrativo/comercial. Funcións: Captación de clientes para promoción e comercialización de produtos. Elaboración de presupostos e pedidos para clientes. Realizar seguimento e interlocución en xestión de incidencias. Tarefas administrativas propias do posto. Xornada laboral: Completa. Horario de traballo: Partido. Salario: Segundo convenio. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Experiencia mínima de seis meses en posto similar. Persoa con vocación comercial, capacidade de iniciativa, boa presenza e habilidades sociais. Coñecementos nivel medio de ofimática (word e excel). Permiso de conducir e vehículo propio. ASESOR COMERCIAL - PC CITY: PC CITY, empresa líder na

venda de produtos informáticos require vinte Asesores Comercial para as súas novas instalacións en Vigo. Funcións: Acollida de clientes na tenda e identificar as necesidades dos mesmos. Coñecer as ofertas vixentes. Garantir a correcta implantación e exposición dos produtos. Asegurar que os prezos sexan os correctos, actualizados e visibles. Contrato: indefinido. Posibilidade de promoción interna. Imprescindible coñecementos de últimas novidades tecnolóxicas. Valorarase experiencia en posto similar. Persoa con clara orientación ao cliente, organizada, dinámica, resolutiva, con habilidades sociais e con capacidade de traballo en equipo. Residencia na área de influencia. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. TECNICO EN INFORMATICAPC CITY: PC CITY, empresa líder na venda de produtos informáticos require dez Técnicos en informática para as súas novas instalacións en Vigo. Funcións: Diagnosticar, presupuestar e solucionar as incidencias técnicas xurdidas nos equipos dos nosos clientes, levando a cabo un rigoroso seguimento. Ofrecer servizo postventa, axuda e asesoramento técnico. Contrato: indefinido. Posibilidade de promoción interna. Formación profesional de grao superior en Administración de Sistemas Informáticos. Experiencia mínima de seis meses en posto similar. Coñecementos en redes de microsoft, dominio en sistemas operativos así como coñecementos técnicos en ordenadores a nivel de software ou hardware. Residencia na área de influencia. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio.

CAIXEIRO/A - PC CITY: PC CITY, empresa líder na venda de produtos informáticos require dez Caixeiros/as para as súas novas instalacións en Vigo. Funcións: Atención a clientes, manexo e cuadre de caixa, e labores administrativas (realización de facturas, abonos,...). Contrato: indefinido. Posibilidades de desenvolvemento profesional. Experiencia mínima de seis meses en posto similar. Posuír coñecementos de informática. Residencia en área de influencia. Persoa con clara orientación ao cliente, organizada, dinámica, resolutiva, con habilidades sociais e con capacidade de traballo en equipo. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. MOZO ALMACEN- PC CITY: PC CITY, empresa lider na venda de produtos informáticos require dez Mozos de almacén para as súas novas instalacións en Vigo. Funcións: Xestión do almacén, control de entradas e saídas de mercancía, control dos niveis de stock, asegurar que os produtos estean dispoñibles no salón de vendas que os prezos sexan correctos, actualizados e visibles para os clientes. Contrato: indefinido. Posibilidade de promoción interna. Experiencia en posto similar e de cara ao público. Valorarase formación e experiencia no manexo de carretillas elevadoras. Posuír altos coñecementos de informática (criterio excluínte). Residencia en área de influencia. Persoa organizada, dinámica, resolutiva e con habilidades sociais. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. CONDUTOR C: ETT selecciona para empresa de electricidade un conductor con permiso de condu-

cir C, para reparto na provincia de Pontevedra. Horario: de 9.00 a 19.00 horas. Imprescindible experiencia mínima de seis meses en posto similar. Imprescindible permiso de conducir C. Persoa agradable e con boa presenza. Incorporación inmediata. PERSOAL LIMPEZA: ETT require Persoal de limpeza para a zona de Mos. Salario: 7,93 € bruto/hora. Xornada laboral: parcial (12 horas ao mes). Experiencia en posto similar. Residencia en Mos ou periferia. ENXEÑEIRO/A: Empresa dedicada á seguridade privada, require un recén titulado/a en Telecomunicacións ou Enxeñería Técnica Industrial, na especialidade de electrónica industrial. Contrato en prácticas con posibilidade de incorporación á empresa. Titulación obtida nos últimos catro anos. Incorporación inmediata. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. AUX. ADMINISTRATIVA: Empresa dedicada ás actividades de lecer e tempo libre require unha Aux. Administrativo. Funcións: Atención ao público e xestión administrativa. Xornada laboral: Completa. Ciclo Superior en información e comercialización turística ou Ciclo Superior en animación sociocultural. Imprescindible experiencia demostrable en xestión de eventos, valorarase experiencia vinculada á xestión de actividades de tempo libre. Menor de 30 anos con capacidade de aprendizaxe, clara orientación ao cliente, responsable e con alta capacidade de comunicación. Residencia en Mos ou periferia. Permiso de conducir B1.

As persoas interesadas: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS Estrada de Peinador, 41 - 36416 MOS (Pontevedra) Telf: 986 49 88 20 - Fax: 986 48 81 23 e-mail: gestion@aemos.es www.aemos.es

23


Este Xornal faise con papel reciclado como contribución á conservación do Medio Ambiente

A Peneira na Rede Director: Guillermo Rodriguez Fdez. Edita: EDICIÓNS VAL DO LOURO S.L. Enderezo: Rúa Sarmiento Rivera, 17 - 36860 PONTEAREAS Tel e Fax: 986 66 09 86 - Colaboradores: Alberto Álvarez, Carlos Rego, David Rollano, Marisa Alonso, Jénnifer Castrovello, Diego Giráldez, Juancho, Soledad Castro, David Pérez Rego “Cato” Fotografía: Antón, Foto Barros, Foto Hernández Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró Montaxe e deseño: Diego Giráldez Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza). Depósito legal: OR / 57 / 84

lourinha@apeneira.com www.apeneira.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.