Louriña 59

Page 1

Nº 59 ANO V ABRIL, 2009

O PORRIÑO - MOS - SALCEDA DE CASELAS

25 anos de A PENEIRA

1€

O Porriño

Mos

A PENEIRA e A Mesa pola Normalización Lingüistica O Goberno porriñés esixe á Deputación que reciben os premios Moncho Valcarce´09 remate a estrada O Porriño-Mosende Páxina 5 Páxina 6

O Plan de Activación do Emprego dá os seus primeiros pasos en Mos Páxina 12

Mos

E o pazo ardeu... A primeira edición da festa 'Arde o Pazo' celebrouse no entorno do Pazo dos Marqueses de Mos cun importante índice de afluencia. Tan só a representación matinal do ataque das tropas napoleónicas foi presenciada por preto de 1.000 persoas. Páxina 16

Salceda

Besada, Froján e Cabaleiro inauguran a Senda dos Humidais de Salceda Ten unha superficie total de 834,17 hectáreas Páxina 19

Páxina 7


2

ABRIL 2009

OPINIÓN

DE

e d i t o r i a l Edicións Val do Louro S.L.

25 anos + 5

Sarmiento Rivera, nº 17 Teléfono e Fax: 986-660986 web: www.apeneira.com e-mail: lourinha@apeneira.com 36860-Ponteareas (Galiza).

Director: Guillermo Rodríguez Fdez.

Redactor xefe: Antón Fernández Escuredo

Coordinador: Diego Giráldez

Colaboradores: David Rollano Carlos Rego Marisa Alonso David Pérez Rego “Cato” Soledad Castro Jénnifer Castrovello Alberto Álvarez Gil Juancho Castaño

Fotografía: Hernández - Foto Barros

E

stamos de aniversario. A PENEIRA nai, nodriza -ou como queiran chamarlle-, vén de cumprir os seus primeiros 25 anos de vida. A PENEIRADA LOURIÑA cumpre cinco anos. Nai e filla están de festa. Os primeiros 25 anos do noso xornal matriz están cheos de vida, de ilusións, de anécdotas, de agradables acontecementos que sirven para afirmarnos máis no noso compromiso. Son unha morea de anos durante os que presenciamos ansiosos o desenvolvemento desta criatura, un tanto desvalida, que turraba día a día por abrirse paso entre os, para ela, monstros da información. Cun traballo de formiga teimosa foi quen de amosar a cabeza e facerse un sitio entre a prensa galega, en galego e de contidos galegos. Queremos ser honestos e confersarlles que non resultou demasiado complicado; non por que nós foramos uns fenómenos mediáticos, se-

nón porque Galicia acusa unha tremenda eiva de medios propios. Chamamos propios ós que nacen, viven e se reproducen en, por e para Galicia. Os outros clasificámolos como “medios” a secas, como moito “medios empresariais”. Este xornal viu pasar por diante da súa porta unha ringleira de medios que non foron quen de resistir a indiferencia, a apatía, a falta de compromiso dos que se din galegos de pro e, ó parecer, son galegos que traballan pro doma sua. Ao tempo de ir consolidando o noso proxecto e mostrárllelo a todos os galegos e galegas, éramos conscientes de que a prensa local, comarcal, da queA PENEIRA procedía, estaba chamada a desempeñar un lugar preferente no eido da información fresca, directa, familiar... Así foi como naceu a cabeceira de APENEIRA DA LOURIÑA. Esta comarca profundamen-

Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró publicidade@apeneira.com

Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza).

Depósito legal: OR / 57 / 84 A dirección do xornal non se responsabiliza das opinións emitidas polos seus colaboradores

Urxencias médicas Inform. toxicolóxica Incendios forestais

061 91 562 04 20 085

O Porriño Concello do Porriño

986 335 000

Policía Local

620 404 040

Centro de Saúde

986 337 320

BOMBEIROS

DE

GALICIA

Mos

986 349003

686 777 777

Protección Civil

660 600090

Centro de Saúde

986 486 667

Policía Local

639 821377

986 331 037

Centro de Saúde

986 349008

Xulgado

986 347825

Oficina de Correos

986349076

986 331 200

Policía Local

Taxis

986 330 014

Oficina de Correos

986 334 455

Taxis “Puxeiros”

986 487 343

Tanatorio Mos - O Porriño

986 336 719

Taxis Servizo Permanente

986 488 989

Oficina de Correos

986 487 921

Protección Civil do O Porriño 696 99 49 45

Salceda Concello de Salceda

Concello de Mos

Taxis “As Angustias”

Serv. Galego de Colocación 986 331 262

11 2

D

ende o Grupo Editorial A PENEIRA queremos agradecer a todos os comerciantes, industriais e colaboradores o seu apoio para que poidamos ofrecerlles, de momento unha vez por mes, este xornal que vostede, lector amigo, ten nas mans. te industrializada, cunha enorme capacidade de crear riqueza, precisaba un medio que tratara directamente e polo miúdo todo ese latexar social que en-

volve a vida dos veciños da Louriña. Esa vida social, cultural e deportiva (e por que non política) que se mostra nos milleiros de actos e actividades de todo tipo que durante o ano están presentes. Os veciños/as desta laboriosa comarca tiñan dereito a verse reflectidos nun medio que os tratara de ti a ti, directamente, con agarimo, confidencialmente. Así foi como naceu esta cabeceira que hoxe cumpre os seus primeiros cinco anos. Dende o Grupo Editorial A PENEIRA queremos agradecer a todos os comerciantes, industriais e colaboradores o seu apoio para que poidamos ofrecerlles, de momento unha vez por mes, este xornal que vostede, lector amigo, ten nas mans. Cando os tempos sexan máis doados para a lírica comprometémonos a estar con maior frecuencia con vostedes. Saude e sorte, amigos.


ABRIL 2009

OPINIÓN

DE

DENDE

O

SEIXO

ZONA TEMPORALMENTE AUTÓNOMA

Traxes, audis, sillóns e outras malas herbas Marisa Alonso

Fraga xa hai moitos anos. Tan ben se acomodan aos protocolos rancios da dereita que, ao final, parece como se os luxosos despachos e os Audis de toda a vida xurdiran no mesmo momento en que a esquerda chega ao poder. Todos sabemos da falsidade de xornais e xornalistas mercenarios, pero tamén é ben certo que nunca se viu a ningún dos nosos últimos gobernantes cun automóbil de gama baixa e un xersei a raias, un sinxelo e humilde xersei estilo Evo Morales.

Cartas ao director lourinha@apeneira.com

A homenaxe a Gabino, Vavá e Fel Pexegueiro O meu comentario vai encamiñado ao entrañable homenaxe realizado a Gabi, Vavá e Fel Pexegueiro por parte do Porriño Industrial; dicir que eu mesmo emocioneime aínda que non o exteriorizara; dicir que me sento orgulloso de que os tres, en maior ou menor medida me adestraran, non en van son familia de dous deles e case pode dicirse de Gabino tamén, porque entre o traballo, o fútbol e os fillos deste teño bastantes cousas en común. Parabéns tamén aos presentadores Diego Giráldez e María Díaz que o fixeron de fábula, con fotos históricas moi ben enmaquetadas e perfectamente coordinados Felicitar tamén aos Clubes implicados: Celta, Turista, Martin Codax, o propio Porriño Industrial, e algún que me pode quedar atrás. Por poñer un “pero”

David Pérez Rego “Cato”

O

A

dereita ten moi claro que a cara dura dá bos resultados nas campañas electorais. Son os grandes mestres da mentira, da insidia e do engano. Pero non é por capricho, os seus fins de gobernar para lucrarse e defender os intereses duns poucos, impídelles un discurso aberto e real sobre os seus propósitos. Pero para isto precisan ter uns voceiros enxordecedores que se fagan eco das súas demagoxias e, para conseguilo, dispoñen de boas baterías mediáticas dende as que bombardean as súas mensaxes, perseguindo un estado de desinformación que lles é vital para que as súas falsidades se traduzan en votos. Historicamente, a esquerda nunca recorreu a este xogo miserable pero, pouco a pouco e coa escusa de conseguir máis votos e máis non se sabe que, comezan a asomar xeitos de funcionar onde a ética e a verdade xa non son tan imprescindibles como a cosmética e os asesores. Esta deriva dos métodos e condutas segundo calco da dereita, lévanos deica unhas prácticas que, ao final, cando por fin se consegue chegar ao goberno, quedemos abraiados con esa esquerda afastada das clases traballadoras, que se senta e mimetiza tan rapidamente os mesmos xeitos, os mesmos sillóns e as mesmas excursións de vellos que inventou

Proxectos s humanos pasamos toda a vida facendo proxectos dos que moi poucos poderemos levar a cabo. Sometidos á necesidade do cambio, da evolución, do progreso constante. A nosa existencia non é máis que un grande proxecto, e quizais por iso cada neno que nace é visto como un “proxecto de vida”, e o humano, que non gaña todas as batallas ás que se enfronta, como un ser incompleto e inacabado. Cando as persoas non están sometidas á cousa da civilización a súa vida está condicionada polo rutineiro ritmo do día e a noite, das estacións do ano, do sol e da choiva; e as fases da súa existencia (adolescencia, matrimonio, descendencia…) repítense case identicamente e ao mesmo tempo en cada individuo: seguimos un ritmo natural que, como as plantas, florecen e xerminan cando toca. Daquela, os proxectos redúcense ao mínimo, porque tamén mínimas son as opcións de cambio, as esperanzas de modificar a evolución das cousas. Hoxe as persoas nacemos cunha grande interrogante sobre a cabeza: ninguén podería dicir a onde iremos a parar, que seremos, en que nos converteremos. Somos pedras sen esculpir e así nos mantemos gran parte da nosa vida. Os milleiros de posibilidades que temos enfronte pasan necesariamente polo establecemento de proxectos, e a vida é tan absurdamente curta que moitos deles quedarán no camiño, ás veces tinguidos dun sentimento de frustración. Un proxecta aprender algún idioma estranxeiro, viaxar ao Nepal, cambiar de traballo, montar o negocio que sempre quixo ter, irse a vivir á montaña, escribir un libro, facer ioga, estudar psicopatoloxía, converterse, cincelada a cincelada, nesa persoa que admiramos como modelo e que cada un de nós ten no seu interior: ese “nós” que queremos imitar a cada paso para sentirnos autorrealizados, para conseguir ser felices con palabras maiúsculas. Todos os nosos proxectos se encamiñan, dunha maneira ou doutra, a ese fin: a felicidade. Pero sempre nos atopamos cun muro diante en cada proxecto, construído cos recios

faltarón Clubes importantes como o Pontevedra onde Vavá xogou moitos anos.... O Guardés, onde Fel fixo grandes tempadas e máis equipos que quedan por aí atrás.... De todos modos na gala houbo un amplo abano de personaxes ligadas ao fútbol e que como ben dixeron os homenaxeados tamén se mercen unha boa homenaxe; grandes compañeiros seus, outros que non puideron asistir, etc... Felicitar desde aquí a Moncho Bastos e a súa xunta directiva, xa que é moi difícil levar un club modesto pero grande ao tempo como o Porriño Industrial, porque hai que loitar moito contra os elementos (política, economía, axudas). Xa postos, ao mencionar a política, aproveitar para dicir que houbo unha ampla representación política na cea, aínda que faltara algún que outro...Estiveron representados, PSOE, PP, Independentes Porriño... Agardo que os representantes políticos deixen a un lado a loita de “egos” para beneficio do Porriño Industrial, xa que é moi triste que unha vila como Porriño coa cantidade de

E

stá ben que os nosos proxectos se atopen con muros, porque senón non serían retos que nos axuden a crecer como persoas, porque poucas cousas que se conseguen con facilidade merecen verdadeiramente a pena ladrillos da rutina, da comodidade, das trabas morais, temporais ou materiais que temos que derrubar para chegar á nosa meta. E está ben que os nosos proxectos se atopen con muros, porque senón non serían retos que nos axuden a crecer como persoas, porque poucas cousas que se conseguen con facilidade merecen verdadeiramente a pena. Moitas veces nos quedaremos, pois, co noso proxecto escorréndose entre as mans. Sen embargo, paréceme bastante logro de por si, alcanzar ese punto no que xa nos déramos detido no camiño, nos preguntáramos “Que é o que quero da miña vida?” e conseguíramos atopar respostas, construír proxectos arredor delas e ter a valentía de emprendelos con ilusión. Debemos preguntarnos sempre “Que quero?”, escoitar a nosa resposta máis sincera e atopar a forza de vontade que nos permita perseguir ese desexo. Aínda teremos problemas, pero xa estaremos en movemento e teremos a oportunidade de resolvelos. Ademais, os proxectos son como as viaxes, das que un pode gozar tanto do camiño como do destino. Todo, se non queremos converternos en plantas, levados en volandas pola vida por una rutina allea a nós, que quizais non nos faga felices. Aínda que ser planta, realmente, tampouco debe ser mala opción si podes vivir fóra da civilización.

Industria e o nivel económico que manexa non teña antes un campo de herba sintética para eses máis de 300 nenos, futuros futbolistas ou non, que forma a canteira do Porriño Industrial, cando en sitios como Atios, Louro de Tameiga, Ribadelouro, Ponteareas, Mondariz, Tui, e outros 5000 que podería citar xa o teñen desde fai bastante tempo... Separemos a política do deporte, dos interese particulares, que o que serve de verdade é o ben común para todos os veciños, neste caso os nenos...Afortunadamente en breve, esperemos que así sexa, na pretemporada, o clube dispoñerá deste campo tan necesario para os rapaces. Unha última reflexión para que conste: este campo é un proxecto da actual Xunta de Galicia e non tristemente da actual Deputación de Pontevedra. Política si, pero ben feita por e para a vila. Deberíase agradecer este logro á actual Xunta Directiva do Porriño Industrial... Eladio González Luaces (O Porriño)

Tamén podes ler a Cato en... www.taz-cato.blogspot.com

As cartas non deben superar os 900 caracteres, deberán acompañarse dunha copia de documentación válida do autor/a, e remitiranse a R/ Sarmiento Rivera 17 baixo, 36860 Ponteareas (Pontevedra, Galicia) ou ben ao correo electrónico lourinha@apeneira.com

3


4

ABRIL 2009

OPINIÓN

CAFÉ

CON

DE

GOTAS

UN MUNDO FELIZ

Así non home, así non se arranxa isto... Carlos Rego

A

río revolto gañancia de pescadores. Aproveitando os malos datos de desemprego, nos últimos meses apareceron moitos interesados e moitos equivocados que fan mella nos debates públicos e no escenario político da necesidade dunha reforma no mercado laboral. Dúas palabras emerxen dun xeito case bíblico: "reformas estruturais" e "flexibilidade laboral". Algúns empresarios xa están aproveitando este debate mailo contexto de crise para ameazar con despidos, peches e deslocalizacións economicamente innecesarias. Podemos estar de acordo en que debemos afrontar innovacións no mercado laboral. E debemos facelo porque en España temos un importante diferencial de desemprego dende fai décadas verbo dos países do noso contorno. Pero lonxe da retórica que se nos amosa dende os medios, temos un serio problema técnico e ideolóxico: Que reformas e para que? Quero dicir, se a oferta e a demanda de emprego non se terminan de por de acordo no noso país. Débese a que os traballadores son demasiado caros ou a que estes non encontran un tecido empresarial adaptado as súas circunstancias? O problema reside no custe do traballo? Van solucionar por fin o problema da inexistencia das xornadas a tempo parcial? Pensan arranxar a incomunicación entre a universidade e a clase empresarial?

Outra cousa é que este debate non teña sentido nestes tempos de crise. As nosas empresas despiden traballadores non porque estes lles sexan moi caros ou porque non estean preparados senón porque non hai demanda e, se estas non deixan de comportarse por principios produtivos, xa non necesitan tantos traballadores. E canto maior sexa a recesión maior será o ritmo do axuste. Polo tanto para axudar a saires da crise que se deixen de gaitas. O carallo e recuperar o consumo das familias con políticas fiscais de redución de impostos e ampliación das prestacións por desemprego. Logo xa teremos tempo de falar das tan manidas "reformas estruturais" do mercado laboral.

Cousa de entendemento David Rollano

D

in que o ser humano evolucionou dende un lodo primixénio cheo de bacterías ata os nosos días. Din tamén, os entendidos, que o ser humano foi capaz de domar o seu medio, adaptando o seu entorno as súas circunstancias vitais. Iso por desgracia o sabemos moi ben. E din que un dos maiores éxitos da humanidade foi a consecución da linguaxe como instrumento inequívoco para comunicarse entre uns e outros, para evolucionar como especie¿?. Pero lonxe de botar foguetes de alegría, nas últimas semanas hai probas obxetivas de que o ser humano non é máis que un animal, que ten que orinar e evacuar como todo fillo de nai e que non diverxe demasiado dos reptís, das aves ou das pobres focas do norte, ás que por puro interese comercial lles chega o seu Sanmartiño neste mes, coa benevolente firma dos políticos que fan as leis para consevar o medio ambiente. Pero o tema non é ese. A cuestión é pura lóxica. O ser humano non entende de comunicación ou, en outras palabras, acostumouse tanto a comunicarse que agora, como torre de Babel, debe facer o contrario para chegar a un entendemento. Pero como dixo un filósofo, “ a los hechos me remito”: Proba 1: o Papa viaxa a Africa, continente devastado pola man do home occidental e olvidado “de la mano de dios”, para facer campaña en contra do uso de condón, dicindo que este sistema de prevención pode au-

mentar considerablemente o aumento das enfermidades de transmisión sexual entre a poboación. O tipo este ten gracia. Dixo isto diante de milleiros de persoas, no continente con maior número de enfermos de Sida, co maior número de famentos e onde a xente, ai que foderse, todavía morre de sede. Pero este gran hipócrita, títere

desa multinacional que é a igrexa católica, tivo que “retractarse” das súas palabras en forma dun comunicado vaticano, alegando que se malinterpretaron as súas verbas. Menos mal que esta eminencia “divina” sabe cen mil idiomas porque “comunicar o que é comunicar o xustiño”. Proba 2: España, un país nes-

tes días non belicosero e case pacifista, ainda que lle venda armamento a Israel que mutila os cidadans palestinos os que despois lles envía tiritas, anuncia que retira as tropas de Kosovo de xeito unilateral, a ver si o Obama ese se vai crer que Zapatero ía a ser o seu cadeliño como pasaba noutros tempos con outros individuos. Tras este anuncio, e coa presión internacional, o goberno ten que rectificar e utilizar o termo “equívoco”, para xustificar esta decisión ainda por concretar. ¿Equívoco?, que un ministro nos explique o que significa sen andarse polas ramas. Non poden. Conclusión: os ministros non se saben explicar. Non saben comunicar. Proba 3: (esta vai ser a derradeira por cuestión de espacio, porque por seguir enchía cinco libros gordos de “Petete”)os bancos está en crise. A xente pola súa culpa está en crise. As compañías de seguros están en crise. O goberno inxecta fondos públicos, ou sexa de tódolos cidadáns formigas, para revitalizar a economía e facer resurxir o mercado como na película “El amanecer de los muertos” (que boa por certo). Os culpables da crise, os grandes homes de negocios teñen multimillonarios contratos blindados en caso despido. Son despedidos e cobran eses contratos faraónicos cos fondos públicos. Non entenden?, non comprenden?, ou son soamente fillos da súa nai?. Todos eles saben, entenden e comprenden…pero os monos tamén.


ABRIL 2009

25

DE

ANOS

DE

A PENEIRA

A PENEIRA cumpre 25 anos P

arece que foi onte e xa van aló viradas 25 leiras. O tempo pasa que é un primor, dicía a canción daquela. Vinte e cinco anos que un fato de homes dunha pequena vila galega, Ponteareas, tomaron a decisión de romper co monopolio informativo deformado, unidireccional e politizado ata as cachas que se respiraba nestas terras do Condado/Paradanta. Vinte e cinco anos van que fixemos unha aposta decidida pola nosa língua, pola nosa cultura, polo noso País. Daquela falar de sacar á rúa un xornal en galego era visto como unha toleira; os estudos de mercado, polo visto, indicaban que non existía masa lectora para que a empresa fora rendible. As empresas editoras dos diarios que en Galicia se editaban daquela así o confirmaban; soamente alguén que non tivera un mínimo de siso podería embarcarse en semellante aventura. Efectivamente foi unha aventura, pero unha agradable aventura. Hoxe recibimos parabéns dende distintos ámbitos da vida cultural, política e aínda informativa galega. Comezamos a nosa andaina sen ter definido un norte concreto, sen determinar cal ía ser

a nosa postura. Na medida que o tempo pasaba iamos sendo conscentes de que Galicia precisaba poñer en marcha proxectos que só os tolos podían realizar; só os que non estaban pendentes da conta de beneficios a fin de ano serían quen de desenvolver obras que foran afianzando paso a paso ese sentimento aniñado no noso espíritu, pero sen portas e ventás que lle permitiran saír ó exterior, facerse visible, reiniciar aquel labor de formiga que os nosos devanceiros nos deixaron marcado no tempo. Así foi como dunha comarca deprimida, atrasada, con poucos azos para soster unha empresa deste calibre fomos extendéndonos polo sur de Galicia ata chegar a ocupar o espazo informativo que hoxe podemos ofrecer; practicamente toda Galicia, ademais de novas cabeceiras comarcais, unha edición dixital moi recoñecida, un suplemento de humor (O Farelo) e outro suplemento cultural, Kalaikia. Todo isto é froito do entusiasmo e da fe nos proxectos de todos os que cada mañán nos enfrontamos ao reto de mellorar o produto día a día. Pasaron 25 anos e seguimos

aquí loitando contra vento e marea para que este proxecto que tantas horas e suores custou teña outros 25 anos máis; despois contaremos. O tempo non perdoa. Os homes vanse pero as obras construídas coa súa aportación económica e moral teñen que seguir. Galicia necesítaas. Nós temos a obriga moral de continuar a viar esta leira, esta Galicia, que aínda lle queda moitos sucos que arar. Nestes 25 anos temos comprobado que, por unha banda non é certo que os galegos non lean prensa en galego; pero pola outra banda tamén temos comprobado que non existe un mínimo compromiso moral, con tradución económica, dos galegos que din amar a súa terra e os seus valores, pero que se negan a soster económicamente un proxecto como A Peneira e outros máis que hoxe turran por resistir os embates dos tempos que vivimos, para que poidan continuar sendo galegos, traballen por Galiza e sexan independentes dos poderes fácticos que todos coñecemos. Se non fora así outro galo nos cantaría. Por nós non ha quedar. Saúdos e 25 anos máis para A PENEIRA.

A PENEIRA e A Mesa pola Normalización Lingüistica reciben os premios Moncho Valcarce 2009 REDACCIÓN/A CORUÑA

AIrmandade Moncho Valcarce organiza con carácter anual unha cea na que, ademais de lembrar a figura do “crego das Encrobas”, entrega dous premios nacionais a aquelas persoas ou institucións que se caracterizaran na súa traxectoria pola defensa e a promoción da Terra. A edición 2009 tivo lugar o pasado 18 de abril no Hotel Avenida da Coruña e os premiados foron o xornal A Peneira (Premio promoción da Terra) e A Mesa pola Normalización Lingüística (Premio defensa da Terra). AMesa En representación da Mesa

recolleu o galardón o seu presidente, Carlos Callón, quen agradeceu o premio e animou aos organizadores a seguir con este tipo de iniciativas. “Non vamos a deixar que este novo goberno desfaga o camiño andado”, sinalou en referenza aos primeiros pasos que está a dar en materia lingüística Alberto Núñez Feijóo. APENEIRA Guillermo Rodríguez, director do xornal A Peneira, recolleu en nome do medio de comunicación o busto realizado polo artista Salvador Hernández. Agradeceu que se lembraran do xornal no

momento en que se cumpren 25 anos desde a súa fundación. Logo fixo un pormenorizado percorrido pola traxectoria do mesmo sinalando a importancia de defender “os medios de comunicación que se expresen no noso idioma”. Dende 1994 Os premios da Irmandade Moncho Valcarce entréganse dende o ano 1994. Dende entón teñen recibido este galardón, entre outros, A Quenlla, Isaac Díaz Pardo, Xosé Chao Rego, a Asociación sociopedagóxica "Chavós", a Coordenadora antiencoro do Umia (Caldas, Cuntis e Moraña), etc.

O presidente da Mesa, Carlos Callón e o director de A PENEIRA, Guillermo Rodríguez.

5


6

ABRIL 2009

O PORRIÑO

DE

O Goberno porriñés esixe á Deputación que remate a estrada O Porriño-Mosende Pedro Pereira: “Desexamos que o compromiso amosado polo Partido Popular non fique nun simple anuncio, ou nun remendo como o que se realizou con motivo do paso da Volta Ciclista a Galiza por esta estrada” REDACCIÓN/O PORRIÑO

O concelleiro de Vías e Obras, Pedro Pereira, amosou a súa sorpresa ante o recente interese amosado pola situación desta estrada, titularidade da Deputación de Pontevedra, por parte do presidente do Partido Popular no Porriño, Manuel Carrera, e polo ex-director de Vías e Obras do ente provincial, e recentemente nomeado conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. “O Partido Popular comprométese agora a mellorar o estado dunha obra que leva en fase de execución desde o ano 2003. Desde o Goberno Municipal levamos reclamando en numerosas ocasións o remate destas obras, tanto no que afecta ao firme, as beirarrúas ou a sinalización da mesma. A Deputación non respondeu ás nosas reclamacións, dando a entender que a obra non é unha prioridade para eles”, declarou Pereira. Respecto á instalación de pasos de cebra elevados e pintado das vías no tramo que trascorre entre o cuartel da Guardia Civil e o campo de Lourambal, o concelleiro porriñés informou que o Concello do Porriño, ademais de solitar da Deputación estas intervencións, comprometérase a realizar un estudo topográfico para mellorar a seguridade vial nesta zona, mediante a construción dunha rotonda na intersec-

P

ereira que quixo aproveitar a oportunidade para confirmar a disposición do Goberno do Porriño a establecer unha serie de reunións coa Deputación Provincial, nomeadamente co seu presidente Rafael Louzán

Oo alcalde do Porriño Raúl Francés e o concelleiro de Vías e Obras, Pedro Pereira.

ción do Bar Queta, desde onde tamén se da servizo ao colexio Antonio Palacios. “O estudo foi entregado sen recibir por parte da Deputación resposta”, afirmou Pedro Pereira. “Nunha recente reunión con

técnicos da Deputación, despois de máis dun ano solicitando audiencia para solucionar os problemas de seguridade vial da estrada á altura da intersección do Bar Queta, a Deputación comprometeuse a executar medidas plantexadas desde este

Goberno, como o repintado da vía ou a instalación de pasos de peóns elevados, se ben seguiron sen aportar unha solución definitiva para o tema da rotonda” proseguiu o concelleiro de Vías e Obras. “Desde o Goberno Municipal

alegrámonos de que a Deputación asuma as súas responsabilidades e acometa estas melloras. Desexamos que o compromiso amosado polo Partido Popular non fique nun simple anuncio, ou nun remendo como o que se realizou con motivo do paso da Volta Ciclista a Galicia por esta estrada. Consideramos que seis anos é un prazo máis que suficiente para ter rematado a obra”, concluíu un Pedro Pereira que quixo aproveitar a oportunidade para confirmar a disposición do Goberno do Porriño a establecer unha serie de reunións coa Deputación Provincial, nomeadamente co seu presidente Rafael Louzán, para tratar este e outros temas de interese para o conxunto dos veciños e veciñas do Porriño.


ABRIL 2009

O PORRIÑO

DE

DIEGO GIRÁLDEZ/IMAXE:X.R.COUÑAGO

O CONCELLEIRO DE VÍAS E OBRAS DO CONCELLO DO PORRIÑO, PEDRO PEREIRA, TEN POR DIANTE UNS MESES DE INTENSO TRABALLO. RECÍBENOS NO DESPACHO DA ALCALDÍA RODEADO DE PAPEIS NOS QUE FIGURAN OS ONCE PROXECTOS DE OBRAS QUE TEN PENSADO ACTIVAR NO MES DE XUÑO. A LECCIÓN A TEN APRENDIDA: ORZAMENTOS, EMPRAZAMENTOS, MATERIAIS,... LOGO DA PARTE TÉCNICA, A ENTREVISTA DERIVOU NAS

CONCELLO COA DEPUTACIÓN E O CAMBIO DE COR NO GOBERNO DA XUNTA.

RELACIÓNS DO

“N

-Dos once proxectos presentados ao Fondo Estatal de Inversión Local hai algún que xa estea en marcha? -En execución, a día de hoxe, non temos ningún. Temos xa adxudicados catro proxectos, tres deles de saneamento; un para a parroquia de Chenlo, outro para a de Mosende e outro para Cans, os tres das mesmas características. O cuarto proxecto adxudicado é o de sinalización viaria. Este último acometerase no casco urbano, concretamente coa construción de pasos elevados dende o Instituto hacia Cans, na rúa Domingo Bueno á altura da Guía e outro na rúa do Cando. Esta mesma actuación levarase a cabo tamén en Torneiros no último bloque da Fase 1 hasta Ribeira. Por outra banda, colocaremos sina-

obra relevante que ten un dos orzamentos máis altos dos prantexados. Como dicía, temos tamén en proceso un proxecto de saneamento para a zona de Costeira, Levada e Madorras. Tamén temos presentada unha obra para Domingo Bueno de cambio dos materiais das tuberías e outra de accesibilidade na zona de oficinas de Torneiros. Eu calculo que a finais do mes de maio, como moi tarde, todos estes proxectos estarán adxudicados de maneira definitiva e no mes de xuño parte delas estarán iniciadas. -Contemplan peonalizar ese tramo da rúa Ramón González ata o da rúa Xogo da Ola? -No proxecto non está contemplado. Estamos a valorar se se pode facer no primeiro tramo, dende onde remata a rúa peonalizada actual-

timos anos fixemos un importante traballo de adecentamento do acceso ás vivendas, iso está ben cuberto, e tampouco existe xa un problema de abastecemento de augas. Sigue habendo unha carencia importante no saneamento que xa viña de antes; fixemos un esforzo relevante durante estes anos, a maioría das subvencións chegadas da

lización vertical en todos os núcleos de poboación basicamente centrados nas intersecións. En proceso de adxudicación temos os tres proxectos máis importantes: dous de humanización e outro de saneamento. Como é sabido, un deles é a humanización dun tramo da rúa Ramón González, collendo xa a rúa Manuel Rodríguez, todo o entorno da Igrexa, ata a rúa Xogo da Ola. Trátase dunha obra importante; a súa tipoloxía é un pouco distinta á xa coñecida: levará pedra, levará adoquín e lousa, pero aquí si que habería un tránsito de vehículos en boa parte da rúa, dende Pio XII ata o Xogo da Ola. Outro proxecto que estarán a piques de adxudicar é o da humanización en torno das vivendas da Fase 1 de Torneiros. Facilitaranse os accesos eliminando escaleiras, construíndo rampas, é tamén unha

mente ata Pío XII, tan só ese tramo. Os técnicos están a valorar a situación xa que aí non existe problema de aparcamentos pero si o da entrada ao mercado. Isto levaría a cuestionarse o emprazamento do mercadiño. Non é algo que nos esteamos a prantexar de xeito inmediato pero tamén sabemos que non debe demorarse moito a apertura dese debate. Hai que buscar unha alternativa, non só polas obras de humanización senón tamén contando coas numerosas vivendas que agora hai na rúa Leandro Diz coas súas respectivas prazas de garaxe. -Ademais dos proxectos dos que falaba anteriormente, que queda por facer nas parroquias? -Queda moito por facer, tanto nas parroquias como no centro urbano, pero é certo que nas parroquias é onde se nota máis a carencia de servizos. É certo que nos úl-

Xunta e outras da Deputación foron investidas en proxectos de saneamento. Na actualidade, fora destes proxectos do Plan Estatal temos dúas iniciativas en curso: unha de saneamento na zona de Vitureira en Budiño, coa axuda da consellería de Medio Rural, e outra en Atios polo Plan de Cooperación Provincial da Deputación. -Cabe a posibilidade de que entre a Xunta e a Deputación, co apoio que se supón vai ter logo do cambio de goberno, se apropien da autoría das obras que se realicen no Porriño? -Nese senso non creo que exista ese perigo. É posible que a Deputación faga algún tipo de obra sen contar co Concello do Porriño, algo que xa fai e que levamos criticando dende hai bastante tempo. A Deputación tentou incluso “puentear” a este Concello, a este gober-

on é algo que nos esteamos a prantexar de xeito inmediato, pero tamén sabemos que non debe demorarse moito o debate do cambio de emprazamento do mercadiño”

7

no, con actuacións acordadas con distintos colectivos; nós non criticamos a obra pero si as maneiras. Nós non estamos tan só para asinar unha autorización para levar a cabo unha obra, obra coa que podemos estar de acordo, pero tamén estamos para debatir e discutir cales son as prioridades do municipio. A Deputación, a día de hoxe, nesta lexislatura e na anterior, non fixo ningunha obra a maiores das que lles correspondía a este Concello. Un trato peor? Dificilmente pode haber un trato peor. A día de hoxe non houbo ningún tipo de achegamento por parte da Deputación a este goberno para facer obras necesarias. Pechan as súas portas e nin sequera reciben ao Alcalde para tratar estes asuntos; nesta lexislatura produciuse tan só un encontro logo de estar case un ano pedindo a entrevista para tratar temas de importancia para O Porriño. Hai unha falla de respecto institucional brutal por parte da Deputación a este Concello. Hai un dato importantísimo que serve como exemplo: o campo de fútbol de Atios. Pode ser que este goberno non transmitira todos os datos en relación a esta obra e moita xente pense que o campo foi feito con fondos da Deputación. Pois ben, a Deputación puxo o mínimo que podía poñer no convenio con este Concello, algo que no fixo noutros municipios, onde sí financiou iluminación, obras estruturais, etc. O Porriño tivo que preparar os terreos, poñer a iluminación, servicios... En definitiva, o Concello investiu máis nesa obra que a Deputación. Quixéramos que no que queda de ano e de lexislatura, o organismo provincial se abra para tratar de proxectos importantes para o noso municipio, como está a facer con outros concellos. -Agardan ter bo trato coa nova Xunta? Hai algún proxecto previsto no que participe a administación autonómica que poida “caerse”? -Hai moitos proxectos que agora mesmo están en trámites coa Xunta. Que haxa risco de que caian?, non creo. Por exemplo, estamos a tramitar a transferencia da estrada PO-407. Mantivemos reunións coa Delegada Provincial de Política Territorial para falar dese proxecto e penso sinceramente que agora non teñen por que darlle marcha atrás. Nós estivemos gobernando durante un tempo da anterior lexislatura co PP na Xunta e houbo un bo entendimento en todas a áreas, primou unha relación institucional boa. Agora non ten porque ser doutra maneira. Non tiñan por que decaer os investimentos da Xunta no Concello do Porriño, non temos ese temor.


8

ABRIL 2009

O PORRIÑO

DE

breves A Biblioteca celebra o Día Internacional do Libro co concurso fotográfico O Pracer de Ler

Javier Rodríguez, proclamouse subcampión de España de ciclismo para policías e bombeiros

Dimiten dous membros da Comisión de Festas de San Benito do Porriño

A temática das fotografías a presentar ten que versar sobre calquera aspecto relacionado co mundo da literatura, da lectura ou do libro, primando a idea que emana do propio nome do concurso, O Pracer de Ler. A gran novidade desta edición, é que o concurso adquire un carácter totalmente dixital, as obras soamente poderán enviarse a través de Internet, e a exposición con todas as fotografías participantes este ano será virtual. Máis información en www.centroculturalporrino.com/BIBLIOTECA.htm

O axente porriñés obtivo a segunda posición na proba contarreloxo, que se disputou na localidade de Peralada (Girona), sobre unha distancia de 15 quilómetros, Javier Rodríguez ficou en segunda posición detrás do Mosso d ´Esquadra Miguel Angel Cherino. En terceiro lugar clasificouse o membro da Ertzaintza Sergio Crespo. Esta proba tivo que adiarse por dúas veces debido a intensa choiva, o que dificultou o labor dos participantes.

Dous membros da Comisión de Festas de San Benito do Porriño puxéronse en contacto con este xornal para anunciar a súa demisión. Os dous membros son: Cármen Suárez Cao, que ata o de agora ocupaba a secretaría da Comisión e Fernando Rodríguez Besada, que exercía de tesoureiro da mesma. Tal e como afirma no seu comunicado Fernando Rodríguez Besada, renuncian ao cargo “deixando de saldo a favor na conta 20.470,30 euros”.

O PP porriñés solicitou á Deputación melloras para a seguridade vial das parroquias REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Partido Popular de O Porriño realizou unha solicitude, xa comprometida por parte da Deputación, para a mellora de diferentes infraestruturas viarias. O pasado mércores, 15 de abril, o presidente do PP local, Manuel Carrera, e Agustín Hernández, antes director de Vías e Obras na Deputación e agora conselleiro de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, visitaron a parroquia de Pontellas acompañados por varios membros da Comunidade de Montes. Neste senso, Carrera e a Comunidade de Montes, a petición e consenso de tódolos veciños, transmitíronlle a Hernández a necesidade da co-

locación de pasos de cebra elevados e de sianis de tráfico con limitación de velocidade para unha maior seguridade dos viandantes. Así mesmo, tamén se solicitou a mellora de beirarrúas nos barrios da Iglesia e Arrotea e dotar das mesmas todo o tramo entre Pontellas e Torneiros. Os populares solicitan tamén a instalación de pasos de cebra elevados na zona que transcorre entre o campo do Lourambal e o Cuartel da Garda Civil de Tráfico en Torneiros, así como a mellora e cambio do pintado da estrada, que permita cruzar aos vehículos para ir en dirección O Porriño sen ter que buscar unha zona autorizada para realizar o xiro.

Últimas prazas para o Curso de monitor de tempo libre no Porriño REDACCIÓN/O PORRIÑO

A concellaría de Mocidade informa de que o venres remata o prazo para incribirse no curso de monitor/a de tempo libre organizado polo Concello do Porriño . O curso, que se inicia o vindeiro sábado 25 de abril, desenvolverase durante as fins de semana, rematando o 5 de xullo. En total, 200 horas teóricas, que se completan coa realización de 150 horas prácticas en institucións ou entidades relacionadas coas actividades de lecer e tempo libre, necesarias para a obtención do título oficial de monitor/a de tempo libre da Xunta de Galiza.

As interesadas e interesados nas últimas prazas deben dirixirse á oficina da OMIX do Porriño, no Centro Cultural Municipal, chamar para o 986 337 624, ou contactar no omix@centroculturalporrino.c om. “Con este curso, con gran demanda entre os mozos e mozas do Porriño e de toda a comarca, facilitamos unha formación que cualifica ás persoas participantes para traballar neste sector, ademais de axudar a fomentar a interrelación da nosa mocidade” , afirmou a concelleira de Mocidade, Miriam Martínez Troncoso.

Grupo Municipal Socialista do Porriño.

O PSOE quere que se aposte pola educación gratuíta en inglés REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, informou que o PSOE de Porriño presentará dentro do paquete de medidas anunciado para activar o labor do goberno local, dúas iniciativas encamiñadas a axudar ás familias do Porriño que desexen acceder ás novas tecnoloxías e a potenciar o coñecemento do inglés entre os escolares entre 10 e 13 anos do Concello do Porriño. O Grupo Socialista solicitará ó pleno da Corporación, que o Concello adique unha cantidade non menor de 60.000 euros, para a concesión de axudas de 200 euros ás familias para a merca de equipos informáticos para o acceso ás novas tecnoloxías. Esta iniciativa socialista, persegue entre outras cousas, apoiar ás familais que nestes intres, ven con dificultade acceder ás novas tecnoloxías ó tempo que segundo o

PSOE, persegue incentivar o consumo local na merca de equipos informáticos, algo necesrio nestes intres. A segunda iniciativa presentada polos socialistas, será a proposta de gratuidade dunha actividade extraescolar financiada polo Concello para os rapaces entre 10 e 13 anos, de ensino da língua inglesa. A iniciativa, persegue que o Concello xestione coas ANPAS e cos CEIP do Porriño, a posta en marcha dun curso gratuíto de inglés para os nenos de 10 a 13 anos, que permita ós rapaces, antes de acceder ó Bachillerato, chegar cun reforzo no coñecemento da lingua inglesa tan necesaria nos tempos actuais. Paquete de medidas O PSOE presentará varias iniciativas no vindeiro pleno ordinario da Corporación para facer fronte “á parálise que vive o

goberno local”. “É incomprensible, afirmou Vaqueiro, que dende fai máis dun mes e medio, non se producira unha soa reunión das comisións informativas, nin plenos, nin xunta de portavoces nin sequera Xuntas de Goberno Local coa cantidade de temas que Porriño ten que resolver” Os socialistas plantexarán na súa reunión semanal de traballo, un paquete de medidas que terán como obxectivo incentivar o labor do Goberno Local en tódolos ámbitos da vida municipal que presentarán os próximos días, e no que se recollerán as iniciativas de máis urxencia cidadá, entre as que adiantaron que se atoparán as propostas de xeración de emprego, o aumento das partidas destinadas á políticas educativas, o recorte de gastos supérfluos do Concello ou a estratexia municipal de sustentabilidade.


ABRIL 2009

O PORRIÑO

DE

9

Foto A. Hernández

O Concello edita un libro de receitas feitas no Porriño REDACCIÓN/O PORRIÑO

“A comer! receitas cociñadas no Porriño”, é un libro de cociña en lingua galega elaborado a partir das receitas achegadas polos veciños e veciñas do municipio O acto de presentación contou coa presenza do Alcalde do Porriño, Raúl Francés; do coordinador do proxecto, Marcelo Rodríguez Acosta; e de dous veciños do municipio que levaron á presentación os seus pratos para degustar entre os presentes; Margarita Santana, coa

súa torta do pai Pío, e Xosé Manuel Iglesias, co seu pan de noces. Entre o público asistente, atopábanse numerosos veciños e veciñas que participaron na elaboración do libro achegando as súas receitas. Esta iniciativa, que partiu do Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño, ten como obxectivo promocionar a lingua galega no eido culinario. Desde o servizo do concello porriñés convidouse á veciñanza do municipio a participar enviando por escrito

as súas receitas, que unha vez seleccionadas e, no caso de ser necesario, traducidas a lingua galega, ficaron plasmadas no libro. A edición de “A comer!, receitas cociñadas no Porriño”, cunha tiraxe de 1.000 exemplares, contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a través dunha subvención da Dirección Xeral de Administración Local. O libro compóñeno 132 re-

a imaxe

ceitas, estruturadas en entremeses, verduras, pastas e ensaladas, peixes e mariscos, carnes e sobremesas. O obra inclúe un completo índice e un pequeno glosario con vocabulario de cociña en lingua galega ao final. En cada receita especifícase o autor ou autora da mesma, os ingredientes necesarios para levala a

Presentouse o dvd ‘Lúa Conluvas’, un recurso electrónico de animación á lectura REDACCIÓN/O PORRIÑO

Centos de persoas encheron a Praza do Obradoiro en Compostela para acompañar ao novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na celebración pública da súa nova responsabilidade. E entre a muchedumbre sobresaía unha pancarta na que se podía ler “Porriño con Feijó09”. Unha comitiva de militantes populares porriñeses quixeron tamén estar no evento.

cabo, e aos pasos a seguir para a súa elaboración. Entre as numerosas propostas culinarias, podémonos atopar con receitas propias do municipio, como a bola do Porriño, os callos do Porriño (a receita das nosas avoas), ou as sardiñas con pementos asadas na Risca, entre outras. O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, destacou a ligazón existente entre lingua e cociña, “dous sinais de identidade cultural do pobo galego que enriquecen a diversidade do mundo no que vivimos”. Quixo destacar tamén o Alcalde a importancia da veciñanza do Porriño na elaboración do libro. “Este libro é unha obra colectiva, sen a achega dos homes e mulleres do Porriño este proxecto non se podería levar a cabo”.

Despois de 5 anos, a Biblioteca do Porriño decidiuse a editar un DVD interactivo onde se recolle a experiencia desenvolta por este popular contacontos. Unha experiencia didáctica e pedagóxica, que o concello porriñés ofrece agora en formato dixital para poñer en práctica noutras bibliotecas, nos centros educativos ou nos fogares. O DVD Lúa Conluvas contén fichas de 51 países, nas que atopamos unha completa información, e se propoñen elementos para desenvolver unha actividade de animación á lectura sobre os mesmos (con froita, baile, música, lecturas, imaxes...). O obxectivo é fomentar actitudes como a solidariedade, a empatía, ou o

multiculturalismo, a partir do coñecemento e o respecto por outras culturas e sociedades. A personaxe de Lúa Conluvas será a nosa guía polo mundo, acompañándonos a descubrir que hai outros mundos, e están neste. O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, afirmou que “O DVD que presentamos é un recurso educativo para o fomento da lectura de primeiro nivel. Iniciativas como Lúa Conluvas fai que o traballo da Biblioteca Municipal do Porriño sexa recoñecido fóra do noso municipio. Grazas a este particular contacontos, os nenos e nenas do Porriño coñecen a realidade doutros pobos, e aprenden a valorar e respectar a diversidade de linguas e culturas existente no mundo”


10

ABRIL 2009

PUBLIRREPORTAXE

DE

ofrece en O Porriño un novo xeito de facer a compra: acolledor e saudable Entrevista a Manuel Rodríguez de la Fuente, Director Xerente de Grupo Cuevas.

son importantes para eles. - A quen vai dirixido? A todos os que facemos a compra… desde mozos e estudantes ata familias e persoas maiores que viven soas. A todos aos que gustaríalles pasalo mellor cando fan a compra. A quen gustaríalles que as cousas fosen máis faciles, que tivesen sentido. É tanto para os que non gústalles cociñar como para os que simplemente non teñen tempo.

- Como e por que nace o concepto Aquíé? Aquíé nace froito do desexo de crear algo novo e innovador no mundo de "facer a compra". Para iso, traballamos intensamente desde o ano 2006 o mozo e inquedo equipo interno de CUEVAS xunto co liderado e colaboración externa de Lluis Martinez-Ribes e Rosa Franch, de m+f=!, especialistas en idear modelos innovadores de negocio en diversos sectores de retailing e expertos na creación de experiencias de compra (shopping experiences) significativas para os clientes. - Cal é o obxectivo desta iniciativa? Crear un supermercado que teña sentido para os clientes, que facilite a súa vida e que engada pequenas sorpresas diarias, que rompan co tedio de facer a compra, e todo iso, pivotando sobre catro variables que o consumidor actual valora especialmente, a economía, o aproveitamento do tempo, a saúde e o sabor. - Que ten de diferente (principais características)? A sección Que Facemos Hoxe (QFH), ofrece un menú distinto todos os días, creado desde a Cátedra que Grupo CUEVAS mantén coa Universidade de Vigo por un equipo de expertos nutricionistas, coa prioridade de gozar diariamente dun menú dietéticamente equilibrado, saboroso e natural; potenciando os produtos de tempada e os autóctonos, coidadosamente cocinados, sen ningún tipo de conservantes nin colorantes. O deseño da tenda simula unha

cebola, onde a primeira capa permite facer unha compra rápida e de conveniencia. A segunda capa, conta cos produtos da compra semanal, mentres que a terceiro capa, que chega ata os últimos corredores, é a que abarca os produtos de consumo menos frecuente. Non queremos que o noso clientes teñan que percorrer toda a tenda para comprar o pan ou o leite. O ambiente da tenda é anti-estrés, polo que substituímos os stoppers ou letreiros promocionais por música relaxante, un layout desafogado e confortable, cálida iluminación e unha estética colorista, desenfadada e poética. Todo iso non significa que en Aquié non faia promocións e un competitivo posicionamento de prezo, por que entendemos que en absoluto son excluíntes. Outro aspecto a destacar en relación co concepto de supermercado convencional, é a cola única na nosa zona de caixas, que evita colocarnos na fila que nunca avanza, así os nosos clientes gañan tempo para utilizalo nas cousas que realmente

- Como é a tenda Aquiè? Que ofrece aos clientes? É unha tenda con sentido, pensada para os clientes, que ofrece sorpresas todos os días, a bo prezo e incluso, cun pouco de poesía. Ofrecemos que gocen facendo a compra.

fonda transcendencia socioeconómica e medioambiental co contorno, unicamente a todo iso aplicamos unha prioridade para nós irrenunciable: que o equilibrio calidade-prezo para os nosos clientes nunca se senta penalizada xa que logo. - Como está respondendo o consumidor a esta nova proposta? Que resultados tivo nos seus primeiros meses de vida? A acollida do consumidor superou a máis optimista das nosas expectativas. O número de tíckets /día, despois de tres meses abertos supera nun 25 % a nosa previsión máis favorable, e o que para nós é máis importante, o cliente interpretou o enfoque da nova tenda con gran nitidez e entusiasmo.

- Outra das apostas da insignia son os produtos galegos. Cal é o compromiso da compañía cos provedores locais? Que relación se manteñen con eles? O compromiso é firme e nítido co noso territorio, a sostenibilidade e a calidade. Potenciando os produtos da nosa terra estamos asumindo unha Responsabilidade Social de

- Como compite unha empresa local nun contorno de grandes operadores nacionais e internacionais? En Grupo CUEVAS, composto por 5 sociedades que operan ademais de en Distribución, na Industria Agroalimentaria e na Automoción, estamos habituados a competir local e globalmente. O noso Marrón Glacé estámolo comercializando actualmente en 27 distintos países dos 5 continentes, o que significa que non nos resulta descoñecido competir globalmente. Con respecto ao ámbito local e en concreto en Distribución, a nosa área de actuación circunscríbese a Galicia. En relación ao volume, a capacidade competitiva marco nos apórtaa a nosa presenza en EUROMADI. AO noso xuízo, e aínda resultando obvio a transcendencia do volume no sector, a clave en empresas como a nosa estará na capacidade de "ler" correctamente ao consumidor, aportándolle respostas útiles e eficientes, dun modo moi dinámico e anticipativo.

- Cal é a política de prezos deste novo concepto? O noso formato, en relación ao cuantitativo poderiamos encuadrarlo no grupo dos supermercados de barrio de aproximadamente 1.000 m2 de sala de vendas, neste sentido, o posicionamento de prezo de Aquié en alimentación e non alimentación envasada está ao menos igualado, ou incluso sensiblemente inferior ao mercado, pero sobre todo nas nosas seccións de frescos noso posicionamento de prezo está acentuadamente por debaixo do mercado.

Así son as tendas do futuro: Máis perto e máis rápido

Que xantamos hoxe

Sen trucos nin reclamos

Respecto e máxima atención

A distribución da tenda está pensada para facilitar a compra. Os produtos importantes están a man e a primeira vista, por si se necesita unha compra rápida. Para unha compra de maior duración, o espazo está dotado de información abundante e transparente para facilitar a elección e evitar a rutina da compra diaria.

Aquí poderán encontrarse menús deseñados por expertos nutricionistas que garanten unha alimentación equilibrada todo o ano. Unha pantalla táctil permite imprimir e levarse a receita a quen opten por adquirir os ingredientes e preparalo na súa casa. Tamén se pode imprimir e coñecer a táboa nutricional do prato.

A etiquetaxe electrónica fai posible que os prezos se axusten sen posibilidade de erro. Os compromisos da tenda están visibles para os usuarios. Son a mellor oferta do supermercado porque achegan seguridade, confianza e transparencia. O rigor e a certeza aseguran que se está facendo unha compra rendible, aínda que non se anuncie.

Pantallas distribuídas pola tenda, atención profesionalizada e produtos de primeira liña fan que a compra se poida facer de distintas xeitos. É unha nova experiencia, que conclúe cunha cola única para eliminar tempos de espera e o desacougo que provoca unha mala elección de caixeira. E pagan por non utilizar bolsas de plástico!


ABRIL 2009

O PORRIÑO

DE

11

En colaboración coa Asociación Veciñal e Cultural “As Mimosas”

O AMI inicia unha recollida de fotos antigas en Carracido REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Concello do Porriño informa, que o Arquivo Municipal da Imaxe, xunto coa a Asociación Veciñal e Cultural “As Mimosas”, veñen de iniciar unha recollida de imaxes antigas polo barrio porriñés de Carracido. Todos os veciños e veciñas que o dexesen, poderán participar prestando as súas fotografías ou películas de lugares, festas, emigración, sociedade, familia, traballo, acontecementos, vida cotiá, etc. O Arquivo da Imaxe reproducirá os orixinais, que serán devoltos aos seus propietarios. As fotos recollidas pasarán a formar parte dos fondos do Arquivo da Imaxe e, ademais, empregaranse proximamente nunha exposición no Local Veciñal de Carracido. A recollida levarase a cabo durante todo o mes de abril. As persoas interesadas en participar poden contactar coa directiva da A. C. V. “As Mimosas de Carracido”, ou ben achegar as súas fotos directamente ao Arquivo Municipal da Imaxe, no Centro Cultural Municipal. Con esta nova actividade pre-

C

on esta nova actividade preténdese continuar o labor de recollida levado a cabo en todas as parroquias do concello, buscando a representatividade de todo o municipio porriñés

téndese continuar o labor de recollida levado a cabo en todas as parroquias do concello, buscando a representatividade de todo o municipio porriñés nos Fondos do Arquivo. Desde o Arquivo da Imaxe quérese lembrar, asemade, que ademais desta campaña organizada en Carracido, calquera persoa do municipio pode colaborar co Arquivo cedendo as súas imaxes; formando así parte dun proxecto que se fai grazas a colaboración de toda a veciñanza do municipio.

Á esquerda, grupo de veciños de Carracido. Primeiro cuarto do s. XX. José Moreira/ Arquivo Municipal da Imaxe. Concello do Porriño.

Abaixo, Alumnos e alumnas da escola unitaria mixta de Carracido coa mestra Francisca Nuñez. 1958. Autor descoñecido/ Arquivo Municipal da Imaxe. Concello do Porriño.


12

ABRIL 2009

MOS

Concello e Escravas da Virxe Dolorosa asinan un convenio de colaboración R EDACCIÓN /MOS

O Concello de Mos asinou un convenio de colaboración coas Escravas da Virxe Dolorosa. Ó acto de sinatura asistiron a Alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a irmá Dona María Piñas Sanguino, directora do centro, e a concelleira de Benestar Social, Ana Rodríguez. Este convenio financiarase cunha partida orzamentaria que ascende a 3.000 euros. Pola súa banda, as Escravas comprométense co organismo municipal a cederlle o seu auditorio para a celebración de eventos sociais e culturais, algo que xa veñen facendo dende hai moitos anos, e a encargarse da organización e confección de obradoiros didácticos como invernadoiros, manualidades, labores, pintura e outras actividades, “a fin de que a integración social e laboral das persoas diminuídas físicas e psíquicas sexa unha realidade”, segundo declarou esta mañán a edil de Benestar Social. A concelleira popular Rodríguez Cabaleiro fixo referencia durante o acto de sinatura á “fluída relación e estreita colaboración que, dende fai tempo, veñen mantendo o Concello e as Escravas da Virxe Dolorosa; relación que queremos manter durante moitos anos”.

DE

O Plan de Activación do Emprego dá os seus primeiros pasos en Mos Celebrouse no CDL a reunión de apertura do Plan de Activación do Emprego que naceu tras ser xestado polo Concello, Cogami e AEMOS baixo o marco do convenio de colaboración asinado por estas tres entidades en xaneiro deste ano REDACCIÓN/MOS

Celebrouse nas dependencias do Centro de Desenvolvemento Local mosense a primeira reunión do equipo que forma a mesa de traballo do PAE, Plan de Activación do Emprego, promovido polo Concello, a Asociación de Empresarios de Mos e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Estiveron presentes Gerardo Alonso Porto, tenente de alcalde e concelleiro de Formación e Emprego, Francisco Domínguez, xerente de AEMOS e José González Pérez, representante tamén da Asociación de Empresarios; Mª Elvira Carrera Gómez en representación do CDL, Elena Fernández e José Antonio Barreiro de Cogami e a axente de emprego e desenvolvemento local, Ana Vázquez Gil. Ademais destas persoas, participarán activamente no PAE persoal de AEMOS e da área de Formación e Emprego do Concello de Mos, así coma outros departamentos municipais interesados en facelo. Este programa, cunha duración de oito meses e medio dende estas datas ata finais de ano, busca segundo declararon os seus promotores “paliar o crecente desemprego nas empresas da localidade motivado pola ralentiza-

Nun momento da reunión.

ción da actividade industrial en sectores produtivos de carácter estratéxico e con alta representatividade no territorio”.O tenente alcalde, Gerardo Alonso, declarou durante o transcurso da xuntanza desta mañán que “hoxe é un día moi importante para Mos porque bota a andar un plan do que veremos as súas consecuencias positivas ó longo dos vindeiros meses”. Alonso Porto explicou que “a miña misión fundamental é a de manter unido ó equipo que integra a mesa de traballo, xa que o éxito desta iniciativa está garan-

tido sempre e cando nos manteñamos traballando por un obxectivo común, na mesma dirección” e calificou o PAE coma “unha gran oportunidade tanto para os mosenses demandantes de emprego coma para o Concello, que se basea nunha política de actuación proactiva”. Primeira reunión Os puntos abordados nesta primeira reunión foron o coñecemento entre os diferentes técnicos participantes, a creación dun protocolo de traballo, o inicio do

estudo do perfil dos usuarios beneficiarios deste programa e a demarcación dos labores fundamentais do equipo de técnicos, tales coma a prospección de mercado e o asesoramento tutelado na búsqueda activa de emprego. Francisco Domínguez insistiu en resaltar que “o PAE é un plan urxente, de choque, contra o paro en Mos, baseado na colaboración mutua das entidades promotoras e que persegue facer competitivos ós desempregados mosenses por medio da formación”.


ABRIL 2009

MOS

DE

A concellería de Benestar Social de Mos activa unha batería de actuacións Están destinadas a mellorar a calidade de vida dos veciños que máis o necesitan REDACCIÓN/MOS

A concellería de Benestar Social que dirixe a edil Ana Rodríguez Cabaleiro, está a pór en marcha unha batería de axudas que melloren a calidade de vida dos veciños de Mos que máis o precisan. Deste xeito, as accións previstas por dita concellería son: a aprobación da axuda municipal a pais mosenses polo nacemento de fillos, a subvención do 100% do custo do campamento de verán que a Deputación de Pontevedra realizará na Lanzada para 20 nenos do Concello, o incremento da partida orzamentaria dirixida ó Servicio Municipal de Axuda no Fogar e a adquisdición de 9 novas camas articuladas para persoas enfermas da localidade que as solicitaran. Respecto das axudas por nacemento, a concelleira Rodríguez Cabaleiro informou de que “as bases desta axuda municipal aprobaranse en Xunta de Goberno ante o interese existente entre os membros do equipo de goberno local por axudar ós novos pais en momentos dunha

A concelleira de Benestar Social, Ana Rodríguez Cabaleiro

crise económica agudizada”. Esta axuda, programada para todo o ano 2009, ascenderá á contía de 300 euros por cada neno nacido, inscrito en Mos, e cuxos pais leven polo menos 2 anos empadroados no Concello mosense. Outra medida que adoita a con-

cellería de Benestar Social é a de subvencionarlles o 100% do custo do campamento de verán da Lanzada, organizado pola Deputación, a 20 nenos do municipio beneficiarios ou usuarios dos programas Risga, de Educación Familiar e Integración do Menor.

Asimesmo Ana Rodríguez explicou que “vaise aprobar o novo regulamento do Servizo Municipal de Axuda no Fogar para apoiar a persoas ou familias que teñan limitada a súa autonomía ou sofran unha situación de desintegración familiar”. “O cambio máis importante deste novo regulamento”, continuou dicindo a edil, “é que se rexirá por un baremo diferente: antes computábanse os ingresos de toda a unidade familiar e agora contabilizaranse só os do beneficiario e a súa parella, se a tivera”. Segundo Rodríguez “esta normativa será máis beneficiosa para os usuarios deste servizo municipal”. Ademais, a concelleira de Benestar Social considerou importante resaltar que “a partida orzamentaria para o Servizo Municipal de Axuda no Fogar incrementouse en 75.000 euros, respecto da cantidade contemplada no orzamento do anterior goberno local”; “algo que era absolutamente necesario”, dixo, “xa que o número de persoas dependentes en Mos vai en aumento”.

13

breves O Concello continúa as xestións a prol dunha rede municipal de traída de auga AAlcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asinou xunto coa Presidenta da Comunidade de Aproveitamento de Augas de Puxeiros-Tameiga, Isabel Calvo, un convenio de cesión da rede de abastecemento de auga de dita parroquia a favor do Concello. Este acordo, materializado na sinatura do convenio, chega tras un arduo traballo conxunto e numerosas reunións entre Arévalo e a Comunidade de Augas.

María Magdalena emociona no acto polo Día do Libro A concellería de Cultura organizou con motivo do Día do Libro unha lectura declamada de literatura galega. Membros do grupo de teatro da asociación Asomamos leron textos de Antón Avilés de Taramancos, Álvarez Blázquez, Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Clodio González Pérez e María Mariño. Pechou o evento a poetisa María Magdalena.


14

ABRIL 2009

MOS

Arévalo visitou a igrexa de Pereira en compaña do párroco REDACCIÓN/MOS

A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou a igrexa de Pereiras acompañada por varios veciños da zona, fregueses de dita parroquia, que están inquedos polo estado do edificio. Arévalo achegouse a comprobar as deficiencias coas que conta a igrexa, localizadas fundamentalmente no tellado, o chan e o retablo, ademais dalgunhas necesidades a maiores no exterior. Os veciños que acompañaron á rexedora local na súa visita matinal informárona de que “os principais problemas desta igrexa son a humidade, dado que entra auga polo tellado que leva sen arranxar dende fai máis de corenta anos e as termitas que están a deteriorar o retablo barroco”. Pola súa banda a Alcaldesa comprometeuse a solicitar axudas para solventar estas necesidades tanto á Deputación de Pontevedra coma á Xunta de Galicia, axudas estas sobre as que lles dará ós interesados respostas ó longo do vindeiro mes de maio. Sen embargo, Nidia Arévalo pediulles ós presentes que traballen para conseguir que tódalas familias da parroquia colaboren na medida do posible no arranxo da igrexa.

DE

O Concello ultima a instalación de alumeado na zona de Santa Mariña OPSdeG-PSOE di que “Arévalo, dun xeito oportunista, acaba de facer a obra sen contar con orzamento para elo e sen saber como a vai a pagar” REDACCIÓN/MOS

A concellería de Alumeado que dirixe o edil Luis Alonso Seijo está a ultimar estes días os traballos de instalación da rede eléctrica municipal na zona de Santa Mariña da parroquia mosense de Pereiras. A partires de agora, contará con luz pública e non voltará a ter que recurrir a un xenerador eléctrico para poder celebrar a festa patronal. As actuacións no lugar, que suporán un importante desembolso para o Concello de Mos, inclúen a acometida de 2 Km de tendido eléctrico, dende O Agueiro ata a Capela de Santa Mariña, e a colocación de 20 luminarias ou farolas novas. A Alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, declarou esta mañán durante a súa visita ás obras acomapañada de Alonso Seijo que “a inversión que o Concello está a facer aquí, en Santa Mariña, merece realmente a pena xa que é inaudito que unha zona do municipio non contara aínda cun servicio tan básico coma o da luz”. Ademais a rexedora local amosouse satisfeita de poder compracer as reivindicacións que os veciños do lugar levaban facendo dende hai 20 anos, tal e como eles mesmos declararon. A Alcaldesa considerou importante lembrar tamén que o de

Nidia Arévalo supervisou as obras.

Santa Mariña “é un dos entornos naturais máis importantes e belos do Concello de Mos, de ahí a relevancia de dotar de alumeado a esta zona da parroquia de Pereiras”. As críticas do PSdeG-PSOE Dende o grupo municipal socialista critican as maneiras de levar a cabo esta actuación por parte do Concello. Segundo informan “a lexislatura pasada non foi posible a súa instalación, xa

que o goberno marcaba como prioritario dar servizo ante todo ás vivendas; sendo un compromiso ca Asociación de Veciños de Pereiras e ca Comisión de Festas para esta lexislatura”. “Para elo-din-, o que era Concelleiro delegado de alumeado, José Campo, visitara o lugar acompañado de membros da Comisión de Festas e a empresa que ia rematar o proxecto. Proxecto que quedara listo e que executarían os Socialistas de non ser a

presentación da moción de censura do PP apoiándose nun tránsfuga.Arévalo, dun xeito oportunista acaba de facer a obra, sen contar con presuposto para elo e sen saber cómo vai a pagar”. “Resulta inaudito que de novo Arévalo volva a utilizar o sistema clientelar que viña usando anos atrás o PP e “venda como favores” a colocación de puntos de luz, cando a realidade son dereitos dos veciños”, rematan.


ABRIL 2009

MOS

DE

O BNG pide que se apuren as obras da Ponte da Barxa en Petelos

15

O PSOE quéixase de que non lle permitiran participar nunha excursión REDACCIÓN/O PORRIÑO

O BNG non entende “as molestias que se están causando aos veciños e aos usuarios do vial por deixadez” REDACCIÓN/MOS

O portavoz do BNG en Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, maniféstase contrariado pola tardanza na execución das obras da Ponte da Barxa na parroquia de Petelos, “dado que houbo moita presa na foto para o comenzo das mesmas e sen embargo agora hai unha auténtica parálise na execucións das obras”. Dende o BNG informan que “non entende que non se estea facendo nada e que estea o tráfico cortado dependendo do día da semana. Algunhas veces, chega unha máquina a mover terras e esta o tráfico cortado e despois vólvese a abrir o tráfico en condicións lamentables, facendo pasar ós vehículos, incluso de transporte escolar, por auténticos socavóns de barro e lodo”. Tamén afirman que “outras veces o tráfico está desviado

Xosé Manuel Martínez Ojea.

por camiños veciñas de apenas dous metros de ancho que o Partido Popular asfaltou no seu

día, sabendo que esos camiños non reúnen as condicións dun desvío de tráfico alternativo”.

“O Transporte escolar está usando un vial con numeroas curvas e estreito demasiado para este tipo de transporte con nenos e nenas”, sinalan. O Bloque pide celeridade e axilidade na execución das obras, pide presencia dos concelleiros que están cobrando do concello sen que se lles vexa no concello ante os problemas dos veciños e veciñas de Mos, e pide que se lle urxa á empresa a que executen as obras dentro dos prazos razoables. Asimesmo, o BNG asegura que non está disposto a asumir custos de perigosidade pola neglixencia do goberno municipal. Por esta razón, o BNG critica a este goberno dormido e só pendente da fotografía para que atenda as verdadeiras necesidades dos veciños e veciñas de Mos.

Hai uns días o Concello organizou unha excursión a O Carballiño e a Lalín. Dende o grupo socialista informan que dúas concelleiras, Isabel lago e Delfina Rodríguez, querían participar da iniciativa “xa que había prazas baleiras e unha de elas pagando, xa que se decidira que o Concello invitaba só a un representante de cada grupo”. Segundo din “dende o goberno non lle permitiron ir ás dúas concelleiras alegando que xa iba a alcaldesa e unha traballadora do Concello (a súa secretaria)”. Quéixanse ademais de que “ para colmo, Arévalo non se subiu a ningún dos dous autobuses e si apareceu a comer dicindo que tiña que marchar ao acto de patinaxe ao que tampouco apareceu” “Os socialistas sempre estivemos nos actos cando estabamos no goberno e tamén agora que estamos na oposición”, din. “O goberno ilexitimo sendo 9 concelleiros co tránsfuga , non é capaz de estar en 2 actos nun día”, rematan.


16

ABRIL 2009

MOS

DE

breves O Concello de Mos asina un convenio de 20.000 euros coa Fundación Óscar Pereiro Óscar Pereiro, a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e o concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, asinaron no salón de plenos da Casa Consistorial un convenio de colaboración entre o Concello e a Fundación que leva o nome do ciclista mosense. Este convenio, que terá vixencia ata finais de 2009, supón unha axuda municipal para a Fundación Óscar Pereiro de 20.000 euros máis un local no que poder realizar as actividades organizadas pola Fundación e onde poder trasladar todo o seu material.

E o pazo ardeu... Nobres e campesiños mosenses uníronse para combatir ás tropas napoleónicas. REDACCIÓNMOS// IMAXES: A. HERNÁNDEZ

A primeira edición da festa 'Arde o Pazo' celebrouse no entorno do Pazo dos Marqueses de Mos cun índice de afluencia “moi satisfactorio”, segundo declarou a concelleira de Cultura, Sandra Temes. Tan só a representación matinal do ataque das tropas napoleónicas ó Pazo foi presenciada por unhas 1.000 persoas. Esta primeira edición contou cunha oferta moi completa tanto de gastronomía, coma de artesanía, música e espectáculos. Foron 25 os postos que se instalaron no recinto reservado para a celebración, entre os que se atopaban os establecementos de comida e bebida, os de venda de artesanía e os obradoiros nos que os máis pequenos puideron aprender oficios tradicionais coma os de ferreiro, fiandeira ou ceramista. 'Arde o Pazo' constitúe unha festa conmemorativa do paso das tropas francesas por Mos, o seu ataque e intento de ocupación do municipio, que foi freado polos veciños mosenses. Este é o primeiro ano que se celebra, coincidindo co bicentenario dos feitos históricos representados. As entidades organizadoras que fixeron posible que a festa 'Arde o Pazo' sexa xa unha realidade son o Concello de Mos, a asociación xuvenil Mos-Keo Colectivo, o Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, a Deputación de Pontevedra e a Fundación Pazo de Mos. A culminación da celebración no entorno do Pazo de Mos consiste na escenificación da queima do Pazo dos Marqueses por parte das tropas francesas de Napoleón Bonaparte. Dita representación realizouse a partires das 20.00 horas mediante un espectáculo pirotécnico de gran calidade e vistosidade. A amenización musical do evento correu a cargo dos grupos Quempallou e O Son do Castelo, que tocaron tras o espectáculo pirotécnico.

V programa de Compostaxe Caseira en Mos Un ano máis dende a concellaría de Medio Ambiente, dirixida pola concelleira Ana María Rodríguez Cabaleiro vaise pór en marcha o V programa de Compostaxe Caseira, cuxa finalidade é o tratamento dos residuos orgánicos no fogar (na horta, xardín ou garaxe) sendo esta unha alternativa ecolóxica e de futuro. É un proxecto de educación ambiental comunitaria no que poden participar de maneira activa todos os veciños e veciñas de Mos.

O domingo 26 de abril celébrase o III Concerto O Son dos Cantares no Multiusos O vindeiro domingo 26 de abril ás 17:00 horas no Multiusos de Mos, a Asociación Cultural O Son dos Cantares de Mos vai celebrar o III Concerto O Son dos Cantares de canto coral no que participarán: Coral Polifónica Agarimo de Porriño, Agrupación Coral Xuntanza de Covelo, Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán, Orfeón Val Miñor e a Coral Polifónica O Son dos Cantares de Mos. A entrada para asistir ao evento é de balde.


ABRIL 2009

SALCEDA

DE

DE

CASELAS

17

REDACCIÓN/SALCEDA

O martes, día 14 de abril de 2009 o alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, o Concelleiro de Tráfico, Martín Iglesias, o Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez e o Enxeñeiro Director de Obra, Alberto Moreno presentaron no auditorio do Concello de Salceda de Caselas o proxecto de humanización da Rúa Dr. Zunzunegui e o novo plan de tráfico de Salceda de Caselas. O Concello de Salceda vai executar en breve o proxecto de “Humanización da Rúa Dr. Zunzunegui”, primeiro obxectivo do plan de humanización que está a deseñar o goberno municipal para mellorar a calidade de vida e urbanística da vila. Este proxecto está financiado pola Consellería de Innovación e Industria nun 70% e polo Concello no restante 30%. En total a actuación conta cun orzamento de 300.000 €. A humanización que vai executar a empresa Construcciones Vale, supón a recuperación da Rúa Dr. Zunzunegui para os viandantes e a ampliación da actual Praza do Concello nun total de 1.500 m2., un 43% máis da actual superficie. Vaise instalar nova iluminación e mobiliario urbano acorde coa nova imaxe da zona. A ampliación vai consistir na pavimentación con granito GrisMondariz de 1.500 m2. estruturándose en tres zonas diferenciadas. Unha primeira parte onde o obxectivo é resaltar a presenza

V

eciñanza, compradores e comerciantes beneficiaranse ademais das máis de 350 prazas de aparcamento dispoñibles dende hai un meses na propia Rúa Dr. Zunzunegui e na Rúa Victoriano Pérez Vidal

O alcalde de Salceda, Marcos Besada, intervén durante a presentación do proxecto.

das árbores existentes, tilos prantados algúns deles no ano 1941, en torno os cales se farán bancadas aproveitando o granito dos actuais bancos que pechan a praza actual. Unha segunda parte vai ter como obxectivo relacionar visualmente os dous edificios que presidirán a nova praza, a antiga Casa do Concello, do ano 1917, que vaise convertir na Casa da Cultura e a actual Casa do Concello. Unha terceira parte, no entronque coa Rúa Pontevedra, vai mellorar o acceso principal ó Auditorio Municipal,

abrindo un espazo que na actualidade se atopa abandonado e pechado. Neste lugar se instalará un novo parque infantil, moi necesario na zona moi concorrida por nenos e nenas. Un dos obxectivos fundamentais é convertir a zona nun lugar máis amplo para o lecer e o esparcemento dos cidadáns e transformar a nova Praza do Concello no punto de refencia de ocio e actividades culturais da vila. As obras e a posterior peonalización impulsarán o comercio e a restauración e servirán pa-

ra potenciala como zona comercial. Veciñanza, compradores e comerciantes beneficiaranse ademais das máis de 350 prazas de aparcamento dispoñibles dende hai un meses na propia Rúa Dr. Zunzunegui e na Rúa Victoriano Pérez Vidal moi cercana á zona a humanizar. Isto fará que os comumidores poidan acercarse á praza dunha forma rápida e cómoda para facer as súas compras ademais de facer as xetións no Concello, na futura Casa da Cultura e nas entidades finan-

cieiras próximas. Tamén se presentará o novo plan de tráfico que será fundamental para axilizar a circulación nas rúas máis céntricas e mellorará a acesibilidade de turismos, habilitando zonas de carga e descarga, zona azul e rúas de dirección única. “O goberno municipal aposta por convertir a Salceda nunha vila máis atractiva para os veciños e veciñas de Salceda e para os que nos visitan, protexer os edificios máis históricos e emblemáticos, favorecendo ó mesmo tempo o sector do comercio e a restauración. Marcos Besada, alcalde de Salceda, aposta por unha “nova vila” para vivir, mercar e desfrutar, fronte ó anterior modelo que pretendía unha absurda vila dormitorio. “A humanización da Rúa Dr. Zunzunegui é o primeiro paso nese obxectivo”.


18

SALCEDA

Salceda renova o Catástro de Rústica REDACCIÓN/SALCEDA

A Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra a partires do próximo luns, 27 de abril de 2009, vai realizar a atención o público na exposición municipal definitiva da renovación catastral de fincas rústicas do Concello de Salceda de Caselas nas dependencias do centro de desenvolvemento local (O Torrón, s/n. entenza. Salceda de Caselas), durante un plazo de 15 días. Dita exposición veu precedida dun traballo de campo onde se recolleu información diversa sobre titularidade, paraxes, infraestructuras, deslindes administrativos, de montes, cultivos, intensidades, etc. Os interesados poderán comprobar os datos das súas propiedades rústicas obtendo gratuitamente unha cédula coa relación das que figuran no catastro ao seu nome, e tamén comprobar nos planos e ortofotografías a representación gráfica das mesmas. Dende o concello enténdese fundamental a participación dos interesados pois é o momento de achegarse ó catastro de Salceda de Caselas e ter a oportunidade de facer comprobacións, aportar documentos e presentar alegacións.

DE

ABRIL 2009

CASELAS

DE

Este proxecto conta cun orzamento de 45.336,75 €

Comezan as obras de ampliación da estrada Loureiro-Fraga na Picoña REDACCIÓN/SALCEDA

O pasado luns, día 13 de abril de 2009 a empresa adxudicataria, C.O.V.S.A. comenzou as obras de acondicionamento da pista que une os barrios de Loureiro e Fraga na parroquia de Picoña incluidas no Fondo Estatal de Inversión Local polo Concello de Salceda de Caselas. Este proxecto conta cun orzamento de 45.336,75 € que serán destinados ao ensanche da citada estrada. Concretamente dentro deste orzamento prevense desbroces, movemento de terras, contención de terras, tuberías e pavimentación da zona ensanchada. O obxectivo que se pretende con estas obras é que quede unha estrada o suficientemente ancha para que poidan circular con seguridade os vehiculos e nun futuro que o servizo do autobús escolar transite por ela e recolla ós nenos e nenas do barrio da Fraga para levalos á escola, poidendo aproveitarse tamén aquelas persoas que queiran subir nas prazas baleiras dispoñibles para acercarse ó centro urbán dentro do programa Tes+Bus. O Concelleiro de Vias e Obras, Fortunato Álvarez salienta o complicado destas obras xa que se contabilizan un total de 113 parcelas afectadas cunhas características orográficas complicadas, com moitos desniveis,

Unha pala comeza os traballos de ancheamento da estrada.

servidumes, etc. Para elo “estamos en permante contacto cos veciños e veciñas para que non xerar problemas, tanto de accesos, regadíos, servidumes de paso e para solucionar calquera outro que se poida producir” Marcos Besada, alcalde de Salceda, agradece aos propieta-

rios das númerosas parcelas afectadas a cesión dos terreos precisos para esta obra e celebra que depois de varios intentos se poida levar a cabo este proxecto, que considera importante para esta zona, á mais ao norte do concello, xa que vertebra o territorio e evita que tanto os nenos e nenas

como persoas maiores teñan que percorrer un largo traxecto para acceder a servizos tan básicos como o transporte público. “Por outro lado os veciños e veciñas da zona vanse ver favorecidos ao aumentar de valor as súas parcelas ao ter unha mellor vía de acceso.”


ABRIL 2009

SALCEDA

DE

DE

CASELAS

19

Renovación do alumeado no municipio REDACCIÓN/SALCEDA

Nun momento da visita á nova Senda dos humidais.

Besada, Froján e Cabaleiro inauguran a Senda dos Humidais de Salceda REDACCIÓN/SALCEDA

Inaugurouse no Concello de Salceda de Caselas a “Senda dos humidais”. Asistiron á inauguración Marcos Besada, Alcalde de Salceda, Juan Froján, ex-delegado da Consellería de Medio Ambiente, Enrique Cabaleiro, concelleiro de Medio Ambiente de Salceda e responsables de Helios, empresa que realizou os traballos, ademáis de representantes da Comunidade de Montes e da Asociación Cultural O Coto de San Esteban de Budiño. O Lugar de Interese Comunitario (LIC) “Gándaras de Budiño” é un dos humedais interiores máis intere-

santes de Galicia, tanto polos hábitats como polas especies que alberga. Ten unha superficie total de 834,17 ha e pertence a tres concellos: O Porriño, Tui e Salceda de Caselas. A “Senda dos Humedais” pasa por algúns dos hábitats de interese comunitario deste LIC, e ademais enlaza con outras rutas permitindo un coñecemento máis amplo deste e outros espazos naturais. Cómo chegar? A senda está ubicada na parroquia de San Estevo de Budi o. O máis doado é ir pola A-55 (saí-

da 165) e seguir ata a o Cerquido xa atopamos as primeiras indicacións que nos levan até o centro cultural “O Coto”, lugar de inicio e finalización da senda. Descrición do percorrido. A auga é o elemento que define esta ruta. Asúa presenza acompañará a nosa andaina, e verémola percorrer paseniño polo gran entramado de regatos, ríos, brañas, gándaras e regos. No primeiro tramo un conxunto de vellos muiños. Éstas augas xúntanse máis adiante ás do río Becerreira, do mesmo xeito que as filtradas pola braña da “rega da lama”, es-

pazo de gran importancia ecolóxica. O Becerreira, tamén coñecido como río Tinto, lévanos até o río que formou a depresión sobre o que se asenta este conxunto de hábitats de singular valor, o Louro. que agarda neste treito do camiño semella unha paisaxe encantada saída dun conto. Máis adiante chegamos a un un lugar antano ferido polo home - a natureza está a recuperar o que lle foi sustraído. Xa por último, e seguindo as augas que sucan os regos, chegamos aos campos de cultivo e prados, lugares que tamén axudan ao mantemento dunha interesante biodiversidade.

O proxecto de “Alumeado, centralización e redución do gasto enerxético en varias rúas do Concello de Salceda de Caselas”, incluido no Fondo Estatal de Inversión Local en cun orzamento de 103.373,39 €, está sendo executado pola empresa CAHE neste concello. Os traballos contemplan a substitución de 33 equipos de iluminación instalados actualmente (reactancia, arrancador e condensador) por modulos de reactancia electrónica con corrección do factor de potencia, a instalación de 28 novos equipos, o desmonte de 14 báculos metálicos instalados nas aceras e a instalación de 1.142 metros de cable por fachadas e subterraneos. As rúas onde se levan a cabo estes traballos son a Rúa Arxentina, Rúa Brasil, Avda. Galicia, Rúa Vigo, Rúa Joaquín Fernández Sestelo, Rúa Vigo e Rúa Victoriano Pérez Vidal. O Concelleiro de Vias e Obras, Fortunato Álvarez comenta que esta era unha obra moi necesaria, xa que había algunhas rúas mal iluminadas, equipos deteriorados, obstáculos nas beirarrúas, que as estreitaban ainda máis e un despilfarro enerxético com instalación totalmente obsoletas. Eran númerosas as peticións de veciños que vivían nestas rúas com edificacións de nova construcións.


20

SALCEDA

DE

breves A Banda de Música Cultural de Salceda acada o 1º premio do Concurso da zona sur

ABRIL 2009

CASELAS

DE

9-M,

II Festa Trezecatorzeadora

A Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas baixo a batuta do seu novo director José Varela gañou o primeiro premio do 2º Concurso zonal de Bandas de Música (zona Sur) organizado pola Deputación de Pontevedra na sección primeira.A Banda de Música Cultural de Salceda interpretou Tres Imaxes de Mudga de David Fiuza e Saga Maligna de Bert Appermont.

A Agrupación Cultural Xunco colabora co pobo saharaui recaudando fondos A Agrupación Cultural Xunco de Salceda de Caselas colabora con “Solidariedade Galega co Pobo Saharaui” organizando, para o vindeiro domingo 26 de abril un evento no Auditorio Municiapal da vila. O acto comezará ás 18:45h. coa representación teatral “Isto cambiou” da compañía Grupo de Teatro Xunco, do propio colectivo organizador. Seguidamente, ás 19:45h. haberá unha actuación do Grupo Play Backs Xunco. O recaudado irá integramente para a asociación de apoio ao pobo saharaui.

Festa do ano pasado.

D.G/ M.D./SALCEDA

O vindeiro sábado 9 de maio volve a tremar o concello de Salceda de Caselas, a comarca e parte do mundo: volve a festa Trezecatorzeadora con máis concertos, actividades, en fin, imaxinación, que é do que se trata nos amouchados tempos que corren. Segundo nos contaban o ano

pasado nunha entrevista a Asociación Treze Catorze créase como consecuencia das inquedanzas dun grupo de amigos que dende hai tempo demandaba máis actividades tanto en Salceda como nos seus arredores. O grupo xa estaba formado dende hai ben tempo e só faltaban os formalismos para constituírnos en asociación, cos seus correspondentes rexistros, etc. Sobre todo como un grupo de

amigos coas mesmas inquedanzas e preocupacións , sen outra pretensión que a de pasalo ben intentando facer o que nos gusta e o que nos parece máis correcto en tódolos eidos: cultural, deportivo, ecolóxico tal e como indica o nome da asociación e en outros que xurdan, estando abertos a integrar novos socios e propostas. Segundo nos dicían, os obxectivos do colectivo eran os de fomentar sobre todo a vida cultural nos concellos de Salceda e arredores, pero tamén todas aquelas actividades que ten por

fin a asociación, deporte, ecoloxía, actividades de lecer, etc. Somos tamén unha entidade prestadora de servizos á mocidade. Este ano a a festa é, se cabe, máis ineludible: Dakidarría, O Sonoro Maxín, Os Tres Trebóns e os Homes sen Medo e Leo i Arremecaghonaconá, unha sesión vermú co Mago Pablo, artesanía, obradoiro de percusión con Laura Oliveira, xogos populares e Óscar Rodríguez co seu espectáculo... E se chove: carpa. Non tes escusa...non ves?, pois alá ti...

nais da cultura galega, creados o ano pasado? Deixarase de promociona-la cultura galega no exterior, como na histórica Feira do Libro da Habana? Que será da cidade da cultura? Será definitivamente o mausoleo fraguiano, tal e como o foi a gran Pirámide de Giza para o faraón Queóps? Nunha das maiores tolemias individuais e colectivas da historia da humanidade vanse seguir tirando os cartos dos galegos, que ben se podían aproveitar para a cultura de verdade e non para o cemento? E no tocante á lingua, apostará Feijóo por facer un apartheid nas aulas e dividir á xente entre os que falan galego e os que falan castelán? É ese o

modelo bilingüe de Feijóo? Pola miña banda agardo que non, é triste que alguén pense que o bilingüismo é ter dúas sociedades que falan en dúas linguas distintas en troques de que a mesma sociedade as domine totalmente. Eu estou aterrecido ante a posibilidade de que o goberno anique ante determinados discursos de corte supremacista, discursos que, como unha onda, soubo surfear Feijóo para chegar a presidente. Non hai que apandar, e ademais cómpre comezar a avantar cara adiante. Nas mans de todos está o futuro, e cando menos isto non nolo poderán rispar nunca.

Incerteza Alberto Álvarez Gil

W

erner Heisenberg foi un físico alemán cuxa máis coñecida aportación foi o principio de incerteza. Este principio, expresado de xeito simple, di que é imposible determinar, con exactitude e ó mesmo tempo, a velocidade e a posición dunha partícula. Coido que nese estado de incerteza, atópase moita xente, nestes intres, coa toma do poder político por quen en realidade levan case a totalidade do pasado século gobernándonos. E é que o novo presidente, Alberte Núñez Feijóo, soubo gañar unhas eleccións sen achegar nin unha soa proposta que non pasara do puramente anecdótico ou

cosmético. E por iso agora, ante un goberno que amosa trazos de, cando menos, pouca preocupación pola nosa cultura e lingua propias (cando non recorren a discursos antigalegos que dificilmente se poden atopar con esa

violencia nos últimos anos), e por iso agora, dicía, atopámonos coma o observador da partícula: na máis completa incerteza. Medoñentos, incluso. A incerteza salta deseguida: que vai ser dos premios nacio-


HISTORIAS

DO

TRANVÍA

A xeito de requiem M. Soledad Castro Esvaraba polos ferros coas rodas encarreiradas en estrondo. Avanzaba trémulo, en son de lata vella, esfameado, ávido por tragar ás presas das xentiñas atafegadas por chegar …a algures.

Na web www.animaporrino.net pódese consultar toda a programación de maio e xuño.

O Concello do Porriño presentou a programación cultural para os meses de maio e xuño REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Concello do Porriño informa, a través da súa área de Cultura, dirixida polo Alcalde, Raúl Francés, da programación cultural para o mes de maio e xuño, unha información que a partir de agora se poderá consultar na web recén inaugurada www.animaporrino.net. Bibliopraza Todos os xoves e venres de maio e xuño, entre as 17:00 e as 20:00h. a Biblioteca Municipal instalará unha Bibliopraza na

Praza do Concello. Sacarán os seus libros á rúa para que a veciñanza goce da climatoloxía que anuncia o inicio do verán sen que por iso teña que deixar de aproveitar os servizos da súa biblioteca. Exposición Viaxando A OMIX do Porriño organiza esta exposición fotográfica sobre viaxes que se poderá visitar no Centro Cultural Municipal. Semana de Títeres Escolares do Porriño pode-

rán desfrutar os días 22, 25, 26 e 27 de maio dos espectáculos de diversas compañías que veñen de actuar no prestixioso Festival Internacional de Títeres de Redondela. Festa dos Cachos e serán A cultura e as festa tradicionais tamén teñen un espazo na programación cultural porriñesa. O día 3 de maio celébrase a tradicional Festa dos Cachos, cos centolos, rosca, pan, viño... O día 9 de maio celebrarase un serán no barrio de San Benito.

Pasaba en balbordos de corpos ateigados e voces superpostas de conversas cruzadas. Paraba demorado de saúdos grandes e pequenos, de protestas imprecisas e queixas convencidas. Viña en acontecemento dos días que se fan para vivirse

facendo algo de proveito. Insinuaba unha porta aberta sen ferrollos, adherida ás distancias necesariamente certas para construír a vida. Respiraba coas historias impregnadas no seu ser vertebrado, embebido de bafos somnolentos e palabras cansadas. Era a espera condenada de retrasos irremediables, a espera redentora de camiños por andar de tarefas por cumprir. Agora, descansa en confesión reiterando as inclemencias dunha morte ignota e anodina , non se sabe se en paz.


22

ABRIL 2009

DEPORTES

DE

A Volta a Galicia parou no Porriño REDACCIÓN/DEPORTES

O ciclista ruso do Spol Caixanova, Dimitry Puzanov, gañou a cuarta etapa da VIII Volta Ciclista a Galicia entre Cuntis e O Porriño, de 132 quilómetros, tras entrar en meta con catro segundos de vantaxe sobre os seus perseguidores. Aser Estévez, compañeiro de equipo do vencedor, foi o segundo en entrar, seguido de Jorge Martín Montenegro, do Andalucía Cajasur, co mesmo tempo, a catro segundos do vencedor. Outros corredores entraron tamén a catro segundos, entre eles o líder na xeral da Volta e vencedor definitivo, Enrique Salgueiro, (Estremadura Spiuk) e o segundo clasificado Carlos Oyarzun (Supermercados Froiz). No momento de finalización de etapa o tempo de Salgueiro era de 13:05:00, a 20" atopábase Oyurzun e a 1:08" Gustavo Rodríguez, do Cidade de Lugo. Así foi a etapa A etapa comezou con bo ritmo e o pelotón circulou unido ata que na subida ó primeiro porto da xornada, o alto de San Antoniño de Penalba (11 km), atacaron dous corredores que alcanzaron en solitario o cumio: Gustavo Rodríguez e Artem Ovechikin (Selección Rusa). Posteriormente, frutificou a fuga do corredor da Selección Rusa Arkimedes Argüeyes que pasou primeiro en solitario a meta voante de Soutomaior (55 Km) e despois o alto de Moreira (62 km), con 50 segundos de vantaxe do grupo perseguidor e mais de dous minutos do pelotón. Os perseguidores deron caza a Argüeyes e formouse un pelotón de cabeza composto por 21 corredores que chegaron a ter 2:30 de vantaxe sobre o pelotón que puxeron en risco o liderado de Salgueiro. Houbo despois varios intentos de fuga e o líder Enrique

Entrega do premio ao vencedor da etapa,.

Salgueiro, logrou unirse ó grupo de cinco corredores que lideraban a carreira. Ó pasar baixo a pancarta de 3 quilóme-

tros para a meta, formouse un grupo de 20 unidades que circulou unido ata a liña de chegada, na que o vencedor foi o

ruso do Spol Caixanova Dimitry Puzanov, seguido a catro segundos por un grupo de seis ciclistas.

Perfil da proba

Pto.

Dorsal

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

53 55 131 143 1 133 2 106 182 122

Corredor Puzanov, Dimitry Estévez Cividanes, Aser Montenegro, Jorge Martin Salgueiro Alonso, Enrique Rodríguez Hernández, Alexis Toribio Alcolea, José Vicente Oyarzun Guiñez, Carlos I Mora Ortiz, Arturo Ershov, Artur Antón Marín, Francisco

Equipo Spol Caixanova Spol Caixanova Andalucía - Cajasur Extremadura - Spiuk Supermercados Froiz Andalucía - Cajasur Supermercados Froiz Cueva del Soplao Selección rusa Ccn - Valencia TerraIMar

País RUS ESP ESP ESP ESP ESP CHI ESP RUS ESP

Tempo 3:19:38 +04 +04 +04 +04 +04 +04 +08 +08 +08

Mos acolle o Campeonato Galego de Full Contact REDACCIÓN/DEPORTES

Foi presentado en rolda de prensa o Campeonato Galego de Full Contact Amateur, que este ano se celebrará no mosense Pavillón Oscar Pereiro. No acto, que se realizou na sala de xuntas do Concello de Mos, estiveron presentes a Alcaldesa, Nidia Arévalo, Manuel Planas, presidente da Federación Galega de Full Contact, o concelleiro de Deportes, Alberto Méndez e Simón González, principal organizador do campeonato e 13 veces campeón do mundo deste deporte máis coñecido coma Kickboxing. O acontecemento terá lugar o vindeiro 9 de maio no xa mencionado pavillón. As fases eliminatorias disputaranse entre as

12.00 e as 14.00 horas, e as finais celebraranse durante a gran velada que dará comenzo ás 21.30 horas e incluirá exhibicións de Capoeira e Danza do Ventre. Durante a rolda de presentación, Alcaldesa e concelleiro agradeceron tanto a Simón González Salgado coma ó presidente da Federación Galega de Kickboxing, Manuel Planas, o feito de teres escollido a Mos como enclave para levar a cabo a celebración de tan relevante acontecemento deportivo. E é que o día 9 de maio participarán neste Campeonato Galego de aficionados un total de 22 clubes que suporán preto de 50 competidores. O público presente no Pavillón Oscar Pereiro poderá presenciar

uns 30 combates. Segundo explicou o presidente da Federación "tódalas finais están aseguradas, non haberá ningunha vacante, e o éxito do espectáculo está garantido xa que o 70% dos deportistas participantes son da provincia de Pontevedra". Planas asegura tamén que "o campeonato deste

ano vai ser moito mellor que o do ano pasado, xa que en cada edición imos progresando". "Incluso estamos intentando que poidan participar 6 mulleres organizando un apartado feminino na competición, xa que cada vez son máis as interesadas no Full Contact", engadiu o presidente da Federación Galega, quen ade-

mais asegurou que "a espectacularidade dos combates estará garantida nas eliminatorias masculinas de 71 e 75 Kg, onde haberá moita rivalidade demostrando a boa saúde da que goza este deporte". Pola súa banda, o 13 veces campeón do mundo de Kickboxing e principal organizador do Campeonato Galego Amateur, Simón González, declarou en rolda de prensa estarlle "moi agradecido ó Concello de Mos, en especial á súa Alcaldesa, Nidia Arévalo, e ó concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, por permitirnos desenvolver aquí esta competición; e pola súa colaboración nos labores de organización".


ABRIL 2009

EMPREGO

DE

ADMINISTRATIVO CONTABLE: Organización Empresarial Integral dedicada á comercialización e distribución da maior e máis extensa variedade de pescados e mariscos frescos, situada en Vigo, require un Administrativo contable. Contrato: Temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Salario: Segundo valía. F.P. Administrativo ou Diplomatura en Ciencias Empresariais. Coñecementos do novo Plan Xeral Contable. Imprescindible experiencia mínima de dous anos como administrativo contable. Valorarase experiencia en empresas de distribución ou comercialización. Permiso de conducir e vehículo propio.

xinar afeccións deportivas e desenvolvemento profesional. Idade: entre 18 e 22 anos. Orientación ao cliente. Afán polo logro. Dispoñibilidade xeográfica. Permiso B-1 e coche propio. ADMINISTRATIVA: Empresa dedicada á distribución de viños, conservas e aceites así como á confección de Lotes de Nadal, situada en Mos, require un Administrativa. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Xornada Laboral: Completa. Idade: entre 24 e 30 anos. Ciclo superior en Administración ou Diplomatura en Económicas ou Ciencias Empresariais. Flexibilidade horaria. Permiso de conducir B-1 e vehículo propio.

DECATHLON RESPONSABLE: DECATHLON, Multinacional do deporte, busca para a súa tenda de próxima apertura en Centro Comercial Gandariña Responsables de Universo de Deportes. Incorporación inmediata. Formación a cargo da empresa. Plan de carreira. Xornada laboral flexible. Titulados Universitarios, preferiblemente en ADE, Empresariais e/ou Económicas. Idade: entre 22 e 29 anos. Valorable experiencia demostrable en posto similar. Orientación ao cliente. Afán polo logro. Capacidade de liderado. Iniciativa e responsabilidade. Dispoñibilidade horaria e xeográfica. Permiso B-1 e coche propio.

CALDEREIRO: ETT require para empresa recoñecida, con máis de 12 anos de experiencia no sector naval e formada por un equipo de grandes profesionais un Caldereiro. Requírese experiencia contrastada, mínima de 5 anos, no prefabricado de bloques en aceiro. Experiencia na lectura de planos, rectificación, coñecementos de aplicación de calores, nivelado de bloques, cortar e descoser con soprete así como experiencia no trazado e marcado. Coñecemento no manexo de máquinas e ferramentas asociadas ao oficio: máquina de electrodos, gatos, pull-its, nivel óptico...

DECATHLON VENDEDOR: DECATHLON, Multinacional do deporte, busca para a súa tenda de próxima apertura en Centro Comercial Gandariña Vendedores Deportivos. Incorporación inmediata. Formación a cargo da empresa. Plan de carreira. Contrato a tempo parcial. Xornada laboral flexible. Estudantes Universitarios, que busquen compa-

ENXEÑEIRO DE CAMIÑOS OU ITOP: Empresa dedicada á Consultoría, Enxeñería, e Servizos Integrados da Construción, tanto no ámbito da Edificación como no das Infraestruturas situada en Vigo require un Enxeñeiro de Camiños ou ITOP. Xornada laboral: Completa. Salario: 24.000 - 30.000 €/bruto ano. Contrato temporal. Requírese licencia-

tura en Enxeñería de Camiños, Canles e Portos ou Enxeñería Técnica de Obra Pública. Experiencia mínima de 2 anos como Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e de 4 anos como Enxeñeiro Técnico de Obra Pública. Coñecementos altos no manexo do Paquete Office e de Autocad. Permiso de conducir B-1. DOCENTE INGLÉS: Centro de ensino require Docente, con experiencia, para a impartición de cursos de inglés. Tarefas: .- Elaboración de contidos. .- Custodia de documentación. .- Integración de alumnos/as no desenvolvemento da acción formativa. Licenciatura en Filoloxía Inglesa. Experiencia en docencia. Actitudes pedagóxicas e docentes. CONDUTOR: Empresa de transporte con domicilio social en Mos require un Conductor para cubrir a ruta Benavente- Vigo- Benavente. Experiencia mínima de seis meses en posto similar. Imprescindible residencia en Benavente ou periferia. Imprescindible posuír os permisos de conducir C+E. XESTOR COMERCIAL: Empresa dedicada á distribución de peixe fresco require un Xestor Comercial para o porto pesqueiro de Vigo. Funcións: captación e fidelización de clientes así como venda telefónica. Horario: de 6.00 a 15.00 horas ou de 8.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 de luns a sábado e de 4.00 a 5.00 horas puntualmente na lonxa. Requírese titulación media con altos coñecementos de informática, experiencia mínima de seis meses en posto similar, preferiblemente no sector da alimentación. Posibilidade de incorporación inmediata, dispoñibilidade xeográfica e horaria. Persoa

dinámica, con vocación comercial e con capacidade de traballo en equipo. Imprescindible nivel alto de portugués, francés e inglés. PERSOAL DE LIMPEZAS: ETT require Persoal para limpeza de oficinas. Xornada laboral: completa. Salario: segundo convenio. Horario: de 5.00 a 13.00 horas. Experiencia mínima dun ano en posto similar. Persoa seria, autónoma e responsable. Incorporación inmediata. Permiso de conducir B1 e vehículo propio. PERSOAL DE SUPERMERCADO: Cadea de supermercados a nivel nacional, require para a súa delegación situada en Vigo Persoal de Supermercado. Horario: 15 horas distribuídas entre venres e sábado. Salario: 593 € bruto/mes aprox. Requírense estudantes en activo, en primeiros anos de carreira, con dispoñibilidade para traballar a fin de semana. valorarase experiencia en posto similar. COMERCIAL: Medio de comunicación con delegación no Porriño require un Comercial para o seu departamento de publicidade. Salario: 400 € bruto/mes. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Requírese experiencia mínima de seis meses en posto similar. Permiso de conducir B1 e vehículo propio. DEPENDENTE: Floristería situada en Mos require unha Dependente. Funcións: elaboración de produtos florais e atención ao público. Xornada laboral: completa. Contrato laboral temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Experiencia mínima de seis meses en posto similar. Persoa agradable, boa presenza. Permiso de conducir B-1.

As persoas interesadas: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS Estrada de Peinador, 41 - 36416 MOS (Pontevedra) Telf: 986 49 88 20 - Fax: 986 48 81 23 e-mail: gestion@aemos.es www.aemos.es

23


Este Xornal faise con papel reciclado como contribución á conservación do Medio Ambiente

A Peneira na Rede Director: Guillermo Rodriguez Fdez. Edita: EDICIÓNS VAL DO LOURO S.L. Enderezo: Rúa Sarmiento Rivera, 17 - 36860 PONTEAREAS Tel e Fax: 986 66 09 86 - Colaboradores: Alberto Álvarez, Carlos Rego, David Rollano, Marisa Alonso, Jénnifer Castrovello, Diego Giráldez, Juancho, Soledad Castro, David Pérez Rego “Cato” Fotografía: Antón, Foto Barros, Foto Hernández Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró Montaxe e deseño: Diego Giráldez Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza). Depósito legal: OR / 57 / 84

lourinha@apeneira.com www.apeneira.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.