Louriña 58

Page 1

Nº 58 ANO V MARZO, 2009

O PORRIÑO - MOS - SALCEDA DE CASELAS

Mos

Reportaxe

“Mos, 1809–2009. Arde o Pazo” ou de como os O poeta cambadés Ramón Cabanillas na mosenses resistiron a invasión francesa Páxina 15 Terra de Mos. 1917-1921.

Páxinas 2 e 3

1€

Cultura

The Homens invaden a sala porriñesa Liceum o 17 de abril

Páxina 21

O Porriño

O Porriño acolle a primeira demanda de exhumación en Galicia Os familiares dos “catro da Picoña” agardan unha resposta da xustiza Páxina 9

Mos

Arévalo reuniuse cos afectados polo Polígono Empresarial Mos 1 Páxina 22

Foto Hernández

Veciños da Veigadaña seguen coas súas casas sen arranxar

Páxina 17


2

MARZO DE 2009

REPORTAXE

Ramón Cabanillas

na Terra de Mos. 1917-1921. LUÍS VÁZQUEZ

Os anos en que nos imos a centrar da rica e aparatosa biografía do poeta cambadés son de vital importancia para a súa traxectoria posterior. Son anos en que o poeta, despois do seu periplo cubano (1910-1915), ten que establecerse dalgunha forma no seu país. Con sete fillos e o oitavo por chegar e cos únicos dous libros publicados en Cuba (No Desterro, 1913 e Vento Mareiro, 1915), Cabanillas aínda que totalmente descoñecido para o gran público galego goza dunha grande fama entre os intelectuais máis achegados. Como escribiría Francisco Camba, xornalista vilanovés e irmán de Xulio, na primavera de 1917: “Acaso porque los libros de Cabanillas no se han puesto aún realmente a la venta. Llegaron aquí dedicados a los amigos, los intelectuales de la región, quienes conocen de cierto la enorme capacidad de este corazón y de esta inteligencia. El pueblo tiene, acerca de Cabanillas, las noticias que tendría de otro cualquier gallego extraordinario, vecino de tierras lejanas y de cuyas obras solo llegase el resplandor”. Da Terra asoballada é publicada no verán de 1917 como primeiro volume dun proxecto das Obras Completas, divididas por temáticas e xéneros literarios en cinco partes e que nunca verían a luz. Nela vai incluír poemas xa publicados en Vento Mareiro, poemas de carácter combativo e político, ademais doutros novos, facendo un total de de-

Cúmprense 50 anos do pasamento do poeta cambadés. Este ano escoitaremos falar moito da súa vida e obra. En A PENEIRA DA LOURIÑA non quixemos esquecernos do vencellamento do poeta coa nosa comarca.

C

abanillas a pesar de traballar en Mos reside no Porriño, concretamente nunha pensión que levaba a familia Cabaleiro chamada “La Jerezana”, onde lle deron moi bo servicio segundo as noticias que nos chegaron e que, segundo Luís Rei Núñez, “ficaría amiga para sempre do poeta e dos fillos do poeta que alí pasaron tempadas”. zanove. Ramón Cabanillas non incluirá neste libro un dos poemas que tivera máis difusión en diversos xornais do momento e que era unha clara referencia ao Marqués de Riestra, titulado “A un cacique”. Dous meses despois, o 30 de setembro de 1917, Cabanillas que se atopaba sen traballo e en primeira fila na loita anticaciquil é nomeado Secretario interino do Concello de Mos, precedido de bos informes, dos cales non temos constancia nin do seu contido nin da institución ou persoa remitente. Isto se vería como un acto de xenerosidade do marqués, que tiña man en todos os asuntos da provincia, e sería moi comentada pola alta sociedade do mo-

Durante un tempo o poeta viviu na fonda porriñesa La Jerezana, ao fondo da imaxe.

mento como recordaría José Filgueira Valverde da súa infancia pontevedresa. Esta actitude complexa, que podía parecer cínica e servil de Cabanillas foi moi criticada polos seus. En definitiva, o poeta da raza volve traballar nun posto burocrático durante catro anos nos cales establecerá novas relacións e se envorcará en novos proxectos. Quizais o feito máis sobresaínte destes anos foi o seu ingreso como membro na Real Academia Galega, feito que o conducirá a unha evolución máis complexa, rica e diplomática como escritor e como persoa. Cabanillas a pesar de traballar en Mos reside no Porriño, concretamente nunha pensión que levaba a familia Cabaleiro chamada “La Jerezana”, onde lle deron moi bo servicio segundo as noticias que nos chegaron e que, segundo Luís Rei Núñez, “ficaría amiga para sempre do poeta e dos fillos do poeta que alí pasaron t empadas”. Nunha peculiar entrevista que fai Jaime Solá, director-xerente da revista Vida Gallega, e por mediación de José (Pepe) Palacios, a Ramón Cabanillas, titulada “Ramón Cabanillas por el valle del Salceda”, fai unha breve referencia á pensión, “casi un hotel”, a cal Solá lle chama “El Jerezano” e que lle recorda o seu encontro co poeta na Habana en 1912 nun hotel do mesmo nome. É alí onde coñecerá ao mencionado José Palacios, boticario e empresario, irmán de Antonio, o ilustre arquitecto modernista. José Palacios organizaba unhas tertulias na súa botica, a “Botica Nova”. Alí coñecerá a Enrique Peinador Lines, fillo do co-fundador do Balneario de Mondariz, empresario emprendedor, mecenas, galeguista e filántropo, da mesma maneira que a Francisco Lloréns, e a súa esposa Eva Rodríguez, entre outros. Segundo Luís Rei Núñez, que en abril nos deleitará coa esperada biografía completa do poeta cambadés, da cal eu me fixen con parte dela mediante malas artes, e que en grande medida me baseo para facer este pequeno artigo: “Mos foi o lugar de traballo e O Porriño o de moradía, na pensión “La Jerezana”. Vigo converteuse en importante polo de relación cultural. A Tui desprazábase frecuentemente por cuestións administrativas e de amizade con Dario Álvarez Limeses. O Balneario de Mondariz converteuse en espazo para conversas amicais e para solemnidades. Tamén mantivo Cabanillas un forte


MARZO DE 2009

REPORTAXE

N

os anos nos que traballa en Mos, Ramón Cabanillas ademais da recén publicada “Da Terra asoballada”, escribirá os proxectos do que será a maior parte da súa obra dramática.

A

mediados de outubro de 1921 Ramón Cabanillas presenta a renuncia ao posto de secretario interino do Concello de Mos, que foi corroborada nunha sesión extraordinaria pola corporación municipal.

Arriba, en Mondariz, Cabanillas, Palacios, Peinador, Eladio Rodríguez, F.Lloréns e a súa muller, Eva Rodríguez. Abaixo, reverso da mesma foto na que o poeta escribiu un poema á muller de Llorés e que remata asinado “Terras de Mos. 15-09-1920”. IMAXE EXTRAIDA DO LIBRO DE MARIBEL IGLESIAS BALDONEDO, "RAMÓN CABANILLAS ENRÍQUEZ. BIOGRAFÍA EN IMAXES"

vencellamento con Pontevedra, lugar para a camaradaxe e para a colaboración intelectual con Castelao, máis non perdeu o vínculo con Cambados, onde seguía a súa “casa branca” e onde veu o mundo, en xaneiro de 1918, o seu último fillo, Pío, que naceu diminuído psíquico.” Nos anos nos que traballa en Mos, Ramón Cabanillas ademais da recén publicada “Da Terra asoballada”, escribirá os proxectos do que será a maior parte da súa obra dramática. Por un lado estrea en 1919 e dous anos despois publica “A Man de Santiña. (Farsada en dous pasos)”, obra da cal xa temos noticias en 1917; escribirá tamén o libreto para unha ópera baseada nun poema de Curros, “A Virxe do Cristal” (2002) e comezará o texto de “O Mariscal”(1927) coa colaboración de Antón Vilar Ponte. Neste tempo tamén comezará co que serán dúas obras poéticas: por un lado a primeira parte de “Na Noite Estrelecida” (1926), isto é “O Cabaleiro do Sant Grial”, e por outro “A Rosa de Cen Follas ” (1927) . En Agosto de 1920, o 30 e 31 para ser exactos, ten lugar no Balneario de Mondariz os actos de recepción como membros da Real Academia Galega de Antonio Rey Soto e Ramón Cabanillas Enríquez, presentados por Marcelo Macías e Eladio Rodríguez, respectivamente. Tamén nese mesmo se lle faría unha homenaxe a Manuel Murguía, primeiro presidente da Academia. Cabanillas, que entraba substituíndo na cadeira académica a Don Xosé Salgado Rodríguez, titulou o seu discurso de ingreso “A saudade dos poetas galegos”, inspirado nun texto de 1918 de Teixeira de Pascoaes, poeta “saudosista” portugués. Isto supoñía un achegamento ás teses nacionalistas das irmandades que defendían un achegamento cultural co país veciño fronte as teses rexionalistas máis achegadas ao catalanismo. Os actos de Mondariz foron moi loados pola prensa da época grazas ao gran anfitrión da cerimonia, Enríque Peinador, que organizou e dispuxo con grande devoción. Aínda que non todo o mundo estaba dacordo co sitio elixido para tal solemnidade xa que o balneario non deixaba de ser un centro va-

3

cacional. Cabanillas afianzaría lazos con xente como Francisco Lloréns, o pintor galego fillo dun industrial catalán e que Peinador lle encargara o deseño decorativo do local, e que tempo despois tería diversas colaboracións e afinidades con Cabanillas. Logo Cabanillas publicaría ao longo de esa década e da seguinte na imprenta do Balneario libros como “A man de Santiña”, “Na noite estrelecida” e “A rosa de Cen Follas”, entre outras publicacións e colaboracións. Un ano despois, no verán de 1921, Cabanillas pide un mes no concello de Mos para arranxar a edición do proxecto das obras completas, esta vez editadas e impresas en Madrid, na que colaboraría co artista mozo Álvaro Cebreiro, xa que Castelao se atopaba por terras europeas naquel momento. Cabanillas xa nunca volvería a Mos como secretario. A mediados de outubro de 1921 Ramón Cabanillas presenta a renuncia ao posto de secretario interino do Concello de Mos, que foi corroborada nunha sesión extraordinaria pola corporación municipal.

‘O Poeta da Raza’

C

alificado polos seus compañeiros xeracioaneis como Poeta da Raza e valorado como o lexítimo sucesor de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez, Cabanillas foi un autor de rápido recoñecemento popular e académico. No seu haber cóntase o ter conducido á poesía en galego para a modernidade e a súa obra foi considerada desde os primeiros momentos dentro do canon da literatura galega. Aínda que nos seus comezos adotou un ton radical no contexto das loitas agrarias dos anos 10, Cabanillas terminou por aliñarse no sector máis conservador e menos político das Irmandades, o coñecido como Grupo Nós. O seu tradicionalismo obsérvase en trazos como a súa relixosidade, a súa concepción ruralista de Galicia e o seu escepticismo crítico perante calquera sistema de goberno, sen facer distincións ideolóxicas esenciais entre eles. Seguidor do esteticismo ideolóxico de Vicente Risco, Cabanillas expresa coa súa poesía o culturalismo deste, elaborando mitos identificadores e buscando no pasado símbolos aglutinadores dunha conciencia nacional galega. O modernismo de Cabanillas é sobre todo formal: versatilidade métricas, tópicos nos contidos (ambientes aristocráticos, exotismo...), sensualidade, musicalidade, melancolía, preciosismo verbal, etc.; a súa aposta polo folclore, o narrativo e o léxico rural, e a súa orientación ética e concienciadora, sepárano de forma insalvable dunha maior aprofundamento na estética modernista. Finalmente, a súa obra de madurez mostra influxos das súas lecturas de William Butler Yeats, do pensamento da Irish Literary Society e de Alfred Tennyson, responsable este último do interese de Cabanillas pola mitoloxía artúrica.


4

MARZO DE 2009

OPINIÓN

e d i t o r i a l Edicións Val do Louro S.L.

Cambio de tercio

Sarmiento Rivera, nº 17 Teléfono e Fax: 986-660986 web: www.apeneira.com

F

oron tres anos de proxectos, de novas iniciativas, de formulacións diferentes na maneira de facer política. Tres anos durante os que un feixe de homes e mulleres conformaron un goberno que quixo demostrar que as cousas se podían facer doutro modo. Obviamente, contando con que as inercias e as malas mañas de gobernos anteriores tiñan lastrado dunha forma moi profunda as conciencias e os hábitos dos galegos e galegas. Non era fácil iniciar unha política diferente. Non había conciencia de que outro mundo era posible; o conformismo e aceptación do que se viña facendo era tan forte que pasaron os tres anos e pico e volvemos á mesma. Que vai pasar agora? Quen soubera a resposta!O que si coñecemos son os anuncios negativos que nos veñen ofrecendo. Todo en clave destrutiva. Todo indica que se van revisar os proxectos

e-mail: lourinha@apeneira.com 36860-Ponteareas (Galiza).

Director: Guillermo Rodríguez Fdez.

Redactor xefe: Antón Fernández Escuredo

Coordinador: Diego Giráldez

Colaboradores: David Rollano Carlos Rego Marisa Alonso David Pérez Rego “Cato” Soledad Castro Jénnifer Castrovello Alberto Álvarez Gil Juancho Castaño

Fotografía: Hernández - Foto Barros

Q

ue vai pasar agora? Quen soubera a resposta!O que si coñecemos son os anuncios negativos que nos veñen ofrecendo. Todo en clave destrutiva. postos en marcha; que se van cambiar estruturas que estaban funcionando a satisfacción dos destinatarios. Todo para non dar por válidas as políticas ata agora postas en marcha e que non conseguiron, por mor do tempo, unha implantación irreversible. Algúns políticos entenden que o pobo precisa de cambios que eles teñen na mente, sen preocuparse de saber se o pobo os acepta ou

Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró publicidade@apeneira.com

Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza).

Depósito legal: OR / 57 / 84 A dirección do xornal non se responsabiliza das opinións emitidas polos seus colaboradores

Urxencias médicas Inform. toxicolóxica Incendios forestais

061 91 562 04 20 085

O Porriño Concello do Porriño

986 335 000

Policía Local

620 404 040

Centro de Saúde

986 337 320

BOMBEIROS

DE

GALICIA

Mos

986 349003

686 777 777

Protección Civil

660 600090

Centro de Saúde

986 486 667

Policía Local

639 821377

986 331 037

Centro de Saúde

986 349008

Xulgado

986 347825

Oficina de Correos

986349076

986 331 200

Policía Local

Taxis

986 330 014

Oficina de Correos

986 334 455

Taxis “Puxeiros”

986 487 343

Tanatorio Mos - O Porriño

986 336 719

Taxis Servizo Permanente

986 488 989

Oficina de Correos

986 487 921

Protección Civil do O Porriño 696 99 49 45

Salceda Concello de Salceda

Concello de Mos

Taxis “As Angustias”

Serv. Galego de Colocación 986 331 262

11 2

non.Logo, se foi o partido adversario quen puxo en marcha políticas de novo cuño e os cidadáns demostran aceptalas de boa gana, entón a solución é cando chegados ó Poder darlle volta coma un calcetín. O malo é que non se consulta cos afectados para nada. Podería pensarse que temen unha resposta distinta á que eles soñan na súa megalomanía política. Todo para o pobo, pero sen o pobo. Galicia é unha nación de España que segue ancorada no pasado en moitas cousas. Unha delas é a cuestión orzamentaria. Madrid esquécenos. Aproban os presupostos para todo ano e non se importan de coñecer, aínda que sexa dunha maneira superficial, que nos falta para nivelarnos co resto do Estado. Temos que mendigarllo ó Goberno Central. Terán, os novos gobernantes, máis “mingos” que os anteriores para esixir que se nos faga xustiza?


MARZO DE 2009 CAFÉ

CON

OPINIÓN GOTAS

5

ZONA TEMPORALMENTE AUTÓNOMA

As claves do un de marzo

Trapallada

Carlos Rego

David Pérez Rego “Cato”

Unha imaxe pouco sólida.

O PPunha máquina de facer votos.

nha parte da sociedade galega estivo clamando ós deuses e durante moito tempo por un cambio de mentalidade, unha apertura de miras no seo da outra parte desa sociedade. O problema resulta que cando por fin se atisban indicios de espabilamento do galego meridiano, os que non espabilan son os que agora perderon o poder. O electorado progresista non perdoa que lle fallen, indiferente se se trata dun coche oficial ou dunha política social mal encamiñada, e dá o mesmo se os de enfrente son peores. A mala imaxe dada por un goberno dividido en dous bloques impermeables foi un dos acicates a que moito votiño se perdera nos partidos alternativos ou incluso no PP.

Unha campaña sinxela, basada en catro mobles, un coche oficial e unha crise económica na que o goberno dunha pequena rexión pouca ou ningunha responsabilidade vai a ter. Pero moito traballo de fondo, de barrio, de parroquia, de tecido social. O Partido popular é o partido que máis se parece a este país, iso sen dúbida algunha. Unha cuestión que deberían abordar ámbolos partidos saíntes do poder se queren volver a recuperar tal posición.

U

U

nha campaña sinxela, basada en catro mobles, un coche oficial e unha crise económica na que o goberno dunha pequena rexión pouca ou ningunha responsabilidade vai a ter.

Un goberno excesivamente tecnocrático

Sempre defenderei o perfil técnico para xestionar un país por riba do perfil político. Neste senso compre diferenciar entre xestión e dirección. Dirixir un país implica tomar decisións, emitir xuízos de valor e poñer prioridades por riba da mesa. A finalidade dun goberno non é xestionar recursos senón dirixir un proxecto. Non ten valor político algún facer 20 estudos de rendibilidade económica e social sobre un ente xestor de ferrocarrís, sobre un plan de transportes metropolitano ou sobre un programa de diversificación industrial; se pasados catro anos eses proxectos seguen metidos nunha carpeta non valerán de nada. E se cando tomas decisións e estableces prioridades se monta a que se montou no tema do consorcio de servizos ou no concurso eólico pois nada.

Cartas ao director lourinha@apeneira.com

Ao PP e Chicho, ex Alcalde de Salceda O PP de Salceda seica estourou bombas para celebrar a reconquista da Xunta de Galiza. A nova figura “emerxente” que o PP promove como o novo “leader”, sucesor de Chicho, xunto con algún “listo”, albiscan nos resultados unha vitoria electoral nas vindeiras municipais; é dicir reconquistar Salceda para o PP. Para logralo xa se encomendan a todo o que poden; tanto a poderes sobrenaturais, asentados na fe do ideario reaccionario, como aos mais mundanos feitos, como son enlamar todo o que poden con mentiras e demagoxia; seguen así a liña marcada tanto por Feijó09 e os seu asesores ultraconservadores, como a do que foi Alcalde en Salceda de Caselas durante máis de trinta anos, Chicho. En canto aos primeiros, Chicho mesmamente parece que dispuxo de poderes divinos; é dicir da capacidade de facer miragres; que como todo mundo sabe son fei-

N

on sei si compartirán esa sensación comigo. Esa impresión de que se lle foi a pinza ultimamente a moita xente. Esa marea de maltratadores, pederastas, pais que maltratan aos fillos e fillos que maltratan aos pais. Ese mundo de persoas, ás veces, e a maioría delas trapallada humana que ocupan os telexornais e que me provocan náuseas de estar a observar tanta senrazón no corazón desta sociedade. Uns adolescentes queiman a un vagabundo por diversión, un home demostra amor á súa parella con vinte puñaladas no abdome, un profesor abusa sexualmente do seu alumno de seis anos. Parecíame, ao principio desta especie de virus de tolemia que golpea á nosa sociedade, que se trataba doutro caso típico de sensacionalismo por parte dos medios. Casos illados empregados para crear xeneralizacións. Xa saben: o medo vende. Os americanos facíanse dóciles a través do medo a que calquera puidera ser un terrorista, e parecía un produto vendible o medo a que calquera veciño noso puidera ser un desgraciado. Parecíame, ao principio, ata decatarme agora de que nos estamos a meter nun camiño no que para que dúas persoas se relacionen sexa necesario un policía de por medio. Eu teño medo, pero non por crer que calquera persoa normal poida converterse nunha trapallada do calibre do que estamos a falar, senón porque teño a certeza de que, precisamente, non se trata de persoas normais. Por moito trastorno mental transitorio, por moito atenuante que sexa, por moito malabarismo interpretativo que se precie, non me pode coller na cabeza que un home normal poida facer dano á persoa que quere, non podo asimilar que un pai poida abusar sexualmente dun fillo, non me entra nas neuronas que alguén poida excitarlle a visión dun cativo ou calzarlle dúas hostias a un bebé por moito que chore. Non hai escusa posible. Nin importa calquera escusa que se poida poñer por medio. A

tos ou acontecementos extraordinarios, que non se explican polas leis da natureza. Ven isto ao fío do que dixo, no xuízo do pasado 27 de xaneiro e posteriormente en medios de comunicación, para defenderse da presunta falsidade documental para cobrar a subvención dunha obra de alumeado público que non se executara (da que resultou absolto). Afirmou nunha ocasión que se instalaron mais de 60 puntos de luz, nun proxecto de 26; noutra, que pasou de 54 a 92 puntos; o que se dí o milagre da multiplicación das “farolas” en troques dos pans e dos peixes. Tamén foi curiosa a instalación deses puntos de luz; desta vez “por arte de birlo birloque”, foi en sitios que nada tiñan que ver co proxecto de obra. Segundo dixo, motivado sempre por cumprir co “interese público”; como el lle chamou ao feito de cumprir con favores que, calculou, lle darían máis renda a vista dunhas eleccións. Total para que a Xunta pagara chegaba con que se lle remitira “un papeliño”, que se lle chama “Acta de recepción”; asinada o 15 de outubro do 2003. Como instalar a iluminación, no lugar proxectado, era requisito para manter a subvención; e a Xunta anunciou

min dáme medo, e non me dá medo soamente por saber que convivimos con este calibre de trapallada humana, senón pola certeza de que son tantos e cada vez son máis. No 2007 houbo 63.347 denuncias por malos tratos a mulleres, o ano pasado morreron 75 mulleres a mans das súas parellas, os casos de pederastia incrementáronse nun 1.246 % dende 2003 e estamos fartos de ver casos onde parece perseguirse o “máis difícil aínda” da demencia. Cara a onde camiñamos? Parece que estamos a volver á lei da selva. Tantos milenios de evolución humana para converternos de novo en salvaxes. O que está claro é que algo estamos a facer mal nesta sociedade para convivir con tanto horror en aumento. E, certamente, non me parece casual o feito de que na actualidade unha persoa sexa valorada socialmente pola súa beleza, o seu éxito ou polo poder que posúa, moi por diante das súas calidades morais. Ser moral máis parece unha carga que unha virtude. Que o valor de ser moral pase a segundo plano nas relacións humanas é o primeiro paso para que unha persoa normal se converta en trapallada. A moral como esixencia de vida deixou paso á necesidade dunha lei implacable para que non deamos acabado uns cos outros. E paréceme triste que poidamos chegar a ese punto no que facer o mal poida ser máis rendible, práctico e incluso divertido que facer o ben. Que déramos chegado a un punto no que milleiros de persoas neste país, cada ano, poidan ter trastornos mentais transitorios que rematen en manchas de sangue. Acenda vostede a tele e soamente verá a xente que insulta, critica e denigra a outra xente, envalentonada por risas e aplausos. Estamos a pisotear a nosa humanidade, e dáme medo que a palabra ética se inclúa dentro da palabra estética.

unha inspección non lle quedou mais remedio que acometer a obra no sito real, cinco meses despois de que a certificara e recibira “oficialmente”. Os feitos quedaron claramente explicados no xuízo cun resultado no que a Verdade e a Razón non sempre coinciden coa razón expresada no papel; ou o que o mesmo a verdade xurídica, admitida polo Tribunal, en ocasións pouco se asemella coa verdade do realmente acontecido. En conclusión, xa non cabe ningunha dúbida: tanto o PP como Chicho teñen “poderes” sobrenaturais e mundanos; poderes que tanto o absolven a el como lle dan vitorias electorais ao seu partido. Así é o xogo ao que nos enfrontamos, tanto os que participan como os que temos participado na actividade política, xa sexa no desempeño de cargos públicos ou como cidadáns de a pé. Agora ben, hai que resaltar as moitas diferenzas e que non vale a etiqueta de “que todos son iguais”; pois aínda que non o pareza o comportamento ético é o que nos distingue a hora de actuar. En primeiro lugar o respecto polas regras da democracia aceptando o resultado que a cidadanía decide con seu voto libremente. Aseguir, ir de fron-

Tamén podes ler a Cato en... www.taz-cato.blogspot.com

te e limpamente co ideario e actos que escapen da demagoxia e o anonimato, prácticas que en Salceda, desgraciadamente, non desapareceron e parecen alentarse como comportamento de acción política polos dirixentes populares. Finalmente actuar co compromiso de servizo público no desempeño das funcións encomendadas, que non é o mesmo que sevirse do cargo para asuntos que nada teñen que ver co mesmo. En definitiva os “poderes” do PP de Salceda e de Chicho, xa sabemos cales son pero fáltalles un: a capacidade de conseguir mudar a realidade dos feitos; e a realidade en Salceda é que o 27 de maio do 2007, tanto o PP como Chicho, sufriron a condena mais importante, perder a Alcaldía e o goberno municipal. Xosé Manuel Suárez Estévez (Salceda de Caselas)

As cartas non deben superar os 900 caracteres, deberán acompañarse dunha copia de documentación válida do autor/a, e remitiranse a R/ Sarmiento Rivera 17 baixo, 36860 Ponteareas (Pontevedra, Galicia) ou ben ao correo electrónico lourinha@apeneira.com


6

MARZO DE 2009

LOURIÑA

vAloRaciÓns Manuel Carrera, PP “Trátase dun resultado moi importante para o concello do Porriño, onde o Partido Popular non goberna dende hai seis anos. É un orgullo saber que O Porriño segue a ser un pobo de dereitas, onde tódolos veciños nos amosan o seu apoio.Pídolle aos veciños que reflexionen de cara ás municipais, é moi importante que cun goberno do PP na Xunta o concello do Porriño sexa tamén gobernado polos populares”.

Enrique Cabaleiro, PSOE “En Salceda o PSdeG-PSOE subiu un total de 114 votos respecto das anteriores eleccións autonómicas, ata acadar un total de 953.O feito de obter estes resultados nun contexto claramente desfavorable para os socialistas en toda Galicia, é un recoñecemento dos veciños e veciñas de Salceda a labor que os Concelleiros do PSdeG-PSOE estamos a desempeñar no goberno de Salceda”.

Os resultados electorais

Comarca da Louriña en gráfica

2009

2005

Comarca da Louriña 2009

2005

Partidos

Votos

Porcentaje

Votos

Porcentaje

PP

11955

52,13%

9823

47,85%

PSdeG-PSOE

6284

27,40%

5896

28,72%

BNG

4696

20,48%

4810

23,43%

Mos 2009 Partidos

2005

Votos

Porcentaje

Votos

Porcentaje

PP

4403

47%

3668

45%

PSdeG-PSOE

2834

30%

2673

32%

BNG

1583

17%

1708

20%

O Porriño 2009

X.R. Paz Antón, BNG “Normalmente as campañas electorais teñen pouca incidencia nos resultados pero neste caso é evidente que o PP conseguiu darlle a volta a tódalas previsións. O desánimo pola crise económica propiciou esa remontada que non sería posíbel sen unha campaña agresiva e suxa destinada a desmobilizar ao electorado nacionalista e socialista. Derrota, aínda que pola mínima: BNG e PSOE recibiron conxuntamente máis votos que o PP”.

Partidos

2005

Votos

Porcentaje

Votos

Porcentaje

PP

4957

49%

4091

46%

PSdeG-PSOE

2497

24%

2384

27%

BNG

2080

20%

2123

24%

Salceda 2009 Partidos

2005

Votos

Porcentaje

Votos

Porcentaje

PP

2595

54%

2064

52%

BNG

1033

21%

979

24%

PSdeG-PSOE

953

20%

839

21%


MARZO DE 2009

O PORRIÑO

breves

A partir do 18 de abril

O Concello pon en marcha en abril unha programación de Educación Ambiental REDACCIÓN/O PORRIÑO

Ao acto de presentación, que contou coa presenza da concelleira de Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso; acudiron representantes das distintas asociacións parroquiais do municipio onde se van levar a cabo os cursos. Entre os meses de marzo e xuño, celebraranse no Porriño cursos de viticultura en Cans, Torneiros e Mosende; un curso sobre consumo responsábel no Centro Cultural Municipal; un de conservas ecolóxicas en Chenlo e no Cerquido; un sobre aproveitamento ecolóxico de cogomelos no monte galego en Budiño; un de elaboración de pan ecolóxico en Carracido; e un curso de boas prácticas agrícolas en Pontellas e Atios. Desde a concellaría de Medio Ambiente preténdese con esta programación, que as persoas do municipio comecen a integrar nos seus actos cotiáns a compoñente ambiental, achegándose a un mellor coñecemento do medio. Todas as persoas adultas interesadas en participar nos cursos, así como en recibir máis información sobre os mesmos, poden dirixirse á concellaría de Medio Ambiente, sita na Casa do Concello, ou ben chamar para o 986 335 000. Editáronse folletos con información detallada do programa: temáticas, prazas ofertadas, horarios e prazos para formalizar a inscrición. Existen prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición. Miriam Martínez Troncoso quixo agradecer ás asociacións ve-

A concelleira de Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso, participou na presentación das xornadas.

ciñais, culturais, anpas e persoas participantes a súa colaboración no desenvolvemento deste ambicioso programa de educación ambiental. “Desde a concellaría de Medio Ambiente vimos facendo unha forte aposta pola educación ambiental. A grande novidade deste programa é que por primeira vez un número tan variado de cursos van chegar a todas as parroquias do municipio”, afirmou a concelleira. Iniciación á viticultura O programa de Educación Am-

biental do Porriño iniciouse este mes coa celebración dun curso de Iniciación á viticultura simultaneamente nos locais de asociación veciñais de Cans e Torneiros. Por volta de 60 persoas participaron neste curso formativo organizado polo concello porriñés en colaboración coa Asociación de Viticultores Val da Louriña. Tratáronse diversos aspectos do mundo da viticultura; como os sistemas de plantación e o fertilizado das vides, ou os enxertos e os diferentes tipos de poda. Rematouse

7

cunha práctica de poda. Os vindeiros cursos programados son: Aproveitamento ecolóxico de cogomelos no monte galego, que dará comezo no local da Asociación Cultural AForna de Budiño o 18 de abril (inscrición até o 15 de abril); Con(sumo) coidado. Redución do consumo, no Centro Cultural Municipal a partires do 21 de abril (inscrición até o 17 de abril); e Boas prácticas agrícolas, que comezará no CEIP de Atios tamén o 21 de abril (inscrición até o 17 de abril).

Abre o prazo de reserva e preinscrición de praza nas Galescolas do Porriño para o curso 2009-2010 A Concellaría de Benestar Social informa que as persoas interesadas poden formalizar tanto a súa renovación na actual Galescola en funcionamento en Torneiros, como a súa preinscrición para a nova Galescola da rúa Doantes de Sangue. Para as persoas que se inscriben por primeira vez, o prazo de preinscrición é do 15 de marzo ao 15 de abril. Todas as instancias deben presentarse na Galescola de Torneiros (rúa Ribeira-Torneiros s/n), de 10:00 a 14:00 en horario de mañán, e de 16:00 a 20:00 horas en horario de tarde.

O PP esíxelle ao Concello o arranxo inmediato dunha rúa no barrio de Outeiro O Partido Popular de O Porriño denuncia o mal estado dunha rúa no barrio de Outeiro, na parroquia de Pontellas, e esíxelle ó Concello que solucione o problema de inmediato. Trátase dun buraco no centro da estrada, a consecuencia das obras de saneamento, “que leva varias semanas no mesmo estado sen que o goberno local tome partida e o arranxe”, explica o voceiro popular Manuel Carrera.


8

MARZO DE 2009

O PORRIÑO

O destrozo no Centro de Interpretación da Natureza chega ao Parlamento Europeo REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Europarlamentario socialista Antolín Sanchez Presedo, ven de presentar unha pregunta no Parlamento Europeo para coñecer o alcance da investigación da Oficina Europea de Loita contra o Fraude (OLAF) sobre o destrozo do Centro de Interpretación da Natureza de As Gándaras. O Grupo Municipal Socialista do Porriño anuncióu tamén, que o seu grupo pedirá ao alcalde Raúl Francés que dea explicacións por escrito sobre a situación aberta a raíz da investigación europea. Declaracións do Alcalde A este respecto Raúl Francés, Alcalde do Porriño, afirmou que “o centro foi rematado no ano 2001, como ben sabe o grupo municipal do PSOE, membro do Goberno entre os anos 2003 e 2007. Descoñecemos os motivos que levan agora ao grupo socialista a activar accións no Parlamento Europeo, oito anos despois da construcción do centro; máxime tendo en conta que como membro do Goberno na anterior lexislatura, é coñecedor do asunto”.

Nace Budiñobike-Canteiros, o novo equipo de ciclismo de montaña REDACCIÓN/O PORRIÑO

Presentouse en público un novo equipo de ciclismo de montaña (BTT) na parroquia de Budiño (O Porriño). O equipo Budiñobike-Canteiros, está integrado por 23 ciclistas cun amplo abano de idades que van desde os 26 até os 50 anos. O acto de presentación, que se realizou no salón de actos da Asociación Cultural AForna de Budiño, contou coa presenza de Raúl Francés, Alcalde do Porriño; Marcos Rodríguez, Concelleiro de Deportes; e Mirian Martínez, concelleira e natural da parroquia porriñesa de Budiño. Asistiron tamén Marcelino Martínez e Alfredo Pérez como representantes da empresa patrocinadora, Canteiros Reunidos do Porriño. O acto contou tamén coa presenza do presidente e dos ciclistas do equi-

Un momento da presentación do equipo.

po, e de representantes de asociacións da parroquia e equipos ciclistas da comarca. O alcalde do Porriño Raúl Francés, mostrouse seguro do bo funcionamento do equipo. “Co-

ñezo a valía e o compromiso das persoas que puxeron as pedras básicas deste proxecto. Estas persoas son unha garantía de éxito”, afirmou o Alcalde. Raúl Francés comprometeuse a man-

ter unha estreita colaboración co equipo desexando que a ampliación das seccións deportivas da Asociación Deportiva A Forna de Budiño foran un feito a corto prazo.

O Porriño acolle a XXI edición da Feira Apícola das Rías Baixas R EDACCIÓN /O PORRIÑO

Celebrarase o vindeiro domingo día 29 de marzo, con conferencias no Centro Cultural Municipal e Feira do Mel na Praza do Arquitecto Antonio Palacios. O acto contou coa presenza do concelleiro de Festexos do Concello do Porriño, Marcos Rodríguez Novás; do Presidente da Asociación de Apicultores de Pontevedra, Diego Collazo; e do membro da Aso-

ciación de Apicultores de Pontevedra, Jose María Seijo. A Feira, organizada pola Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e pola Agrupación Apícola de Galicia, conta coa colaboración do Concello do Porriño. Como cada ano, aproveitarase a feira para recoller ceras vellas e entregar as novas, así como para informar sobre cursos ou solucionar calquera tipo de dúbidas a apicultores e

apicultoras. O completo programa de conferencias completarase coa presenza durante a toda a xornada de diversos expositores de venda ao público na Praza do Arquitecto Antonio Palacios. Na súa intervención, o concelleiro de Festexos amosou a súa satisfacción pola celebración, máis un ano, da Feira Apícola das Rías Baixas no Porriño. “Atopámonos ante

unha feira xa consolidada no municipio. A Feira Apícola do Porriño é todo un referente no mundo da apicultura en Galiza”, afirmou Marcos Rodríguez Novás. Pola súa banda, Diego Collazo e José María Seijo, despois de agradecer a colaboración do concello porriñés na organización da feira, debullaron as diferentes conferencias que compoñen as Xornadas Técnicas.

O Porriño celebra o Día Internacional do Teatro REDACCIÓN/O PORRIÑO

Desde a Escola Municipal de Teatro, xestionada por Xerpo Cultural, trabállase estos días na preparación do Día Mundial do Teatro (27 de Marzo). Co gallo desta celebración, o alumnado da escola tomará as rúas da vila na tarde do venres 27 de marzo para facer gozar á veciñanza do Porriño con pasarrúas, circo, esceas teatrais e muitas sorpresas máis. O obxectivo deste espectáculo de animación de rúa, é convocar ás veciñas e veciños do Porriño ao acto central que a Escola vai realizar no auditorio do Centro Cultural Municipal a partires das 20:00 horas. Neste

acto, o alumnado da Escola Municipal de Teatro anticipará ás veciñas e veciños asistentes un resumo das distintas montaxes nas que está a traballar cara a representación de fin de curso; ademáis de dar lectura á mensaxe do Día Internacional do Teatro 2009. A concelleira de Mocidade, Miriam Martínez Troncoso, amosou a súa satisfacción ante a boa marcha da Escola. “A Escola Municipal de Teatro é un proxecto que pouco a pouco imos consolidando. Este curso triplicamos o número de alumnas e alumnos respecto ao ano anterior, e mesmo unha montaxe da Escola foi premiada nun certa-

me teatral. Desde o Goberno do BNG pretendemos pular pola cultura desde a base, axudando a que a mocidade do Porriño teña oportunidade de iniciarse nun campo como o das artes escénicas sen ter que desprazarse fora do noso municipio”, afirmou a concelleira Dentro das actividades específicas organizadas desde a Escola Municipal de Teatro do Porriño ao longo do ano, os días 28 e 29 de Marzo terá lugar o obradoiro monográfico As artes plásticas aplicadas á escena; a cargo do artista e estilista porriñés afincado en Barcelona, onde traballa como director artístico de moda, Jorge Bolado Moo.

As actividades darán comezo o venres 27 de marzo.


MARZO DE 2009

REDACCIÓN/ O PORRIÑO

Cando a finais do ano pasado o xuíz Baltasar Garzón Real se ocupou de abrir unha causa a represión franquista, entre a información coa que contaba estaba a da presunta foxa común no camiño de entrada do cemiterio de San Salvador de Budiño, no concello do Porriño. Alí foron enterrados, despois de ser detidos ilegalmente, desprazados e asasinados, os catro da Picoña, do concello pontevedrés de Salceda de Caselas: Manuel Domínguez, Benito Antonio Cabaleiro, Gabriel Besteiro Rodríguez e Ángel Cabaleiro. Con toda seguridade foron asasinados na madrugada do 21 de novembro de 1936 na estrada que vai de Salceda de Caselas ao Porriño. "Eran xente boa, moi queridos na Picoña", afirma María Domínguez Rodríguez, a única filla do primeiro deles, de Manuel Domínguez. "Traballaban nas canteiras do Porriño. Cando foi do golpe do 36, fóronos buscar cun camión para ir a Vigo a defender a República. Pero meu pai non foi, aínda que despois non lle serviu de nada", continúa o seu relato. Como perseguiron a moitos dos que traballaban nas canteiras do Porriño, "meu pai foi para o monte, como moitos deles". Sen embargo, o cura da

O PORRIÑO

9

E

sta foxa figura no sumario de Garzón, quen se inhibiu para que sexan os xulgados territoriais os que se responsabilicen do proceso de investigación, localización e exhumación.

parroquia coñecía os horarios de Manuel Domínguez, quen acostumaba baixar a comer a súa casa. Aquilo foi a súa perdición, porque esa información pasou axiña ás patrullas de falanxistas. Agora os familiares dos catro da Picoña, os alcaldes do Porriño e Salceda de Caselas Raúl Francés e Marcos Besadae a Asociación da Memoria Histórica do 36 de Ponteareas unen as súas forzas para conseguir a exhumación dos corpos dos catro da Picoña. O pasado mércores 18 de marzo, presentaron ás 12 horas da mañá, un escrito no xulgado do Porriño e na Xunta de Galicia para solicitar o proceso de exhumación. En realidade, esta foxa figura no sumario de Garzón, quen se inhibiu para que sexan os xulga-

Momento en que os alcaldes do porriño e Salceda asina a petición diante dos xulgados.

dos territoriais os que se responsabilicen do proceso de investigación, localización e exhumación. "É moi importante a presenza dos familiares, pero tamén dos alcaldes das dúas localidades implicadas, digamos emocionalmente, coa exhumación. Os asasinados eran de Salceda de Caselas e foron morrer a Porriño", afirma Ángel Rodríguez Gallardo, presidente da Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas. O secretario desta Asociación, Antón Fernández Escuredo, lémbranos a importancia do Sumario 53/2008 E que ditou

Garzón o 18 de novembro de 2008: "Garzón sinala que se deben buscar as probas materiais do delito de desaparición forzada. Hai que localizar a vítima de modo inmediato e recuperar o seu cadáver. O crime de detención ilegal con desaparición forzada continúa a cometerse hoxe ata que non se localicen os corpos dos desaparecidos". Un acto de xustiza O alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e do Porriño, Raúl Francés, estiveron en todo momento a carón dos familiares. "É un acto de xustiza", si-

nalou este último, "e as institucións temos que facilitar as exhumacións". Da mesma opinión era Marcos Besada quen foi máis alá ao asegurar que "non hai perdón sen xustiza". Os familiares dos catro da Picoña coinciden na indefensión absoluta na que viviron durante estes setenta e tres anos, desde o 21 de novembro de 1936. Varias xeracións agocharon o lugar de inhumación, conservado como un secreto entre os familiares. Por iso agora confían que de San Salvador Budiño podan regresar a Picoña. Unha especie de último viaxe.


10

MARZO DE 2009

PUBLIRREPORTAXE

Publirreportaxe

Un Grupo en plena expansión, con 142 anos de existencia Grupo Cuevas

Grupo CUEVAS inicia a súa singradura no ano 1867; unha historia a cabalo de tres séculos e catro xeracións da familia Das Cuevas contemplan o desenvolvemento deste Grupo empresarial netamente ourensán. A diversificación de actividades foi unha constante na evolución do Grupo. Trátase dunha realidade empresarial conformada por 5 sociedades que operan en distintos sectores da distribución alimentaria, industria agroalimentaria e automoción, con cifras salientadas da economía ourensana: 420 postos de traballo, cunha contratación indefinida superior ao 95 % do cadro de persoal, unha cifra de negocio global no ano 2007 de 82 millóns de euros anuais e unha presenza exterior en 27 países, son algunhas das principais magnitudes de Grupo CUEVAS. IGNACIO DE LAS CUEVAS, S.A., operou en súas 141 anos de historia basicamente a través de canles de comercialización maiorista. Na actualidade conta con 11 Cash and Carry -CUEVAS CASH- (Autoservicios maioristas) situados nas principais cidades e comarcas de Galicia. Tamén a través da canle maiorista, conta cun equipo de 15 comerciais que abarcan Galicia e norte de Portugal. E despois de máis de 130 anos dedicados de modo exclusivo a canles maioristas, desde o ano 2000 a estrutura comercial complétase coa liña detallista, conformada actualmente por 8 modernos supermercados baixo a marca AQUI. Segundo fito, 1944 No ano 1944, o neto do fundador e principal protagonista na evolución do Grupo CUEVAS, Ignacio de las Cuevas Moreno, pon en marcha un novo proxecto empresarial: a constitución da sociedade CUEVAS e CIA, S.A., que inicia a súa actividade coa comercialización en fresco de castañas, noces, cereixas, moras, … Esta actividade, coa intención de xerar maior valor engadido, evoluciona para o pelado de castaña e elaboración posterior de Marrón Glacé e distintos derivados da castaña: puré e crema de castaña, castaña en xarope e castaña ao natural entre outros. A materia prima adquírese principalmente no oriente da provincia ourensana, onde o froito acada as carácterísticas cualitativas máis apropiadas para a elaboración do "Marron Glacé".

Dos 25.000 metros cadrados de superficie que ocupa no Polígono de San Cibrao das Viñas, 6.000 albergan a planta de elaboración do seu produto estrella, o "Marrón Glacé", distribuídos en áreas de recepción, pelado a lume, pelado a vapor, cámaras e glaseado. Cabe destacar como principais destinatarios do mercado exterior a países como Francia, Italia, Alemaña, Inglaterra, Bélgica, Panamá, Brasil, a Arxentina, Estados Unidos, Xapón, Exipto, Checoslovaquia, Emiratos Árabes, México, Venezuela, Australia, …, a onde vai destinada algo máis da metade da produción. Terceiro fito, 1980

Manuel R. de la Fuente, director del Grupo Cuevas

No ano 1980 constitúese Tomóvil S.A., concesionario da marca FORD para a provincia de Ourense e única empresa do grupo que non opera no sector de alimentación. Tomóvil, S.A. conta con 6.000 m2 cadrados nas súas instalacións centrais de Ourense. Complétase a estrutura coas delegacións de Verín e Carballiño. Nos anos 2005, 2006 e 2007 TOMOVIL, S.A. recibiu o galardón "Chairman Award á satisfacción do cliente", o premio de maior prestixio que outorga Ford Europa aos seus concesionarios máis destacados.

Cuarto fito, 1995 Aproveitando a sinerxia xerada pola sociedade matriz do grupo, no ano 1995 constitúese FRUNATUR, S.A., plataforma maiorista de produtos vexetais frescos. A verticalización no abastecimento e comercialización, ademais dunha infraestrutura frigorífica estática e móbil configuráronse como os principais aspectos diferenciadores con respecto ao mercado e permitiron que actualmente FRUNATUR, S.A. represente unha das insignias referente do sector en Galicia. Quinto fito, 2003 Delisabor S.L. foi creada no 2003 para complementar e desenvolver inicialmente o lanzamento de novos produtos dentro da liña gourmet ou delicatessen iniciada co "Marrón Glacé", e neste caso, enfocadas principalmente no ámbito da améndoa, o chocolate e os seus derivados. Con esta marca ademais, é inminente o lanzamento dunha completa gama de pratos cociñados de primeira calidade, elaborados baixo os parámetros de alimentación sa, saborosa e equilibrada. Trátase dunha actividade desenvolvida cun alto compoñente de I+D e co obxectivo prioritario no lanzamento de novos produtos. Se aúna innovación e tradición, con senlleiros e saborosos resultados. Sexto fito, outubro 2008 Despois de dous anos de intenso traballo, ensaios e preparativos loxísticos, coa intervención de destacados expertos en varios campos, a finais do mes de outubro Grupo CUEVAS abrirá (de novo na canle detallista), o primeiro establecemento cun novo formato de supermercado: innovador, eficiente e saudable. Cátedra Grupo Cuevas Coa creación da Cátedra que leva o seu nome, no 2008, o Grupo Cuevas consolida a súa aposta deci-

dida pola Universidade de Vigo e o compromiso firme co coñecemento e a súa transferencia; a chamada terceira misión da Universidade permitirá o intercambio e a mellora das prestacións coas que o ámbito académico e a empresa contribúen ao sector da alimentación, e por extensión á calidade de vida dos ourensanos. Os proxectos que posibilitará n esta colaboración serán desenvolvidos por distintas vías, con especial incidencia no ámbito da nutrición e a saúde, piares básicos das novos e innovadoras iniciativas empresariais nas que traballa actualmente o Grupo. A súa aplicación é un piar básico na elaboración dos menús da cadea Aquié.

Apertura dun novo supermercado no Porriño Cuevas prosegue a expansión de AQUIÉ coa apertura dun novo supermercado no Porriño Nutricionistas da UVI e cociñeiros galegos elaboran cada día os menús saudables que ofrece Aquié.

supermercado porriñés está situado na rúa Piñeiral, número 2, e ponse en marcha con 18 traballadores

O

AQUIÉ, a primeira cadea de supermercados interactivos e saudables, prosegue o seu plan de expansión coa apertura dun supermercado de 1.000 m2 de superficie en Porriño. A inauguración terá lugar o próximo xoves, 26 de marzo. Para materializar a estrea de AQUIÉ na provincia de Pontevedra, o Grupo Cuevas investiu 2,55 millóns de euros. Esta cifra inclúe o investimento inmobiliario, que ascendeu a 1,8 millóns. O segundo establecemento da insignia ourensana que ten revolucionado o concepto clásico de supermercados está situado na rúa Piñeiral, número 2, e ponse en marcha cun patrón inicial de 18 traballadores, todos eles con contrato indefinido .


MARZO DE 2009

O PORRIÑO

11

Entre os asistentes á gala estaban o vicepresidente do Real Club Celta e Vlado Gudelj

Gabino, Fel e ‘Vavá’ Pexegueiro foron homenaxeados na Cea anual do Porriño Industrial. F.C. REDACCIÓN/O PORRIÑO

Preto de 300 persoas participaron na Cea anual do Porriño Industrial F.C. na que este ano foron homenaxeados tres futbolistas históricos do municipio: Gabino, Fel e “Vavá” Pexegueiro. Este recoñecemento chégalles non só polos seus logros deportivos, senón tamén polo labor realizado no fútbol base porriñés unha vez abandoada a súa carreira futbolística. O momento máis emocionante da noite chegou cando o Vicepresidente do Real Club Celta de Vigo, acompañado polo ex-xogador celeste “Vlado” Gudelj, agasallaron a Vavá, cuxa carreira deportiva está vinculada ao Celta, cunha camiseta do clube asinada polos xogadores e co seu nome impreso. O clube vigués tamén se acordou de Gabino e Fel, que recibiron senllos presentes. Da mesma maneira, a Agrupación de Veteranos do Celta, representados polo porriñés Toni Rodríguez e Waldo, recoñeceu a traxectoria dos irmáns, do mesmo xeito que a Federación de Árbitros de Vigo e o

Preto de 300 persoas estiveron presente no evento. Foto HERNÁNDEZ.

Os tres irmáns recibindo os agasallos do Celta. Foto HERNÁNDEZ.

equipo de fútbol sala Martín Codax. Á gala, que foi presentada polos xornalistas María Díaz e Diego Giráldez, asistiron os representantes de todos os partidos políticos do municipio. O presidente do clube., Ramón Bastos, pechou o evento, agradecendo a presenza dos asistentes e convidándoos a participar nos vin-

deiros anos na iniciativa do encontro anual na que se reúnen directivos, futbolistas, adestradores, afeccionados e personalidades do mundo do deporte, unidos por unha paixón común: o fútbol en xeral e o Porriño Industrial en particular. O presidente do clube, Ramón Bastos, pechou o acto. Foto HERNÁNDEZ.


12

MARZO DE 2009

MOS

breves Arévalo alédase de que, ‘aínda que con retraso’, Fomento cumprise cos afectados da N-550 A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, manifestou a súa satisfacción ante o anuncio do Ministerio de Fomento de que xa licitou o arranxo do firme na estrada N-550, que vai do Porriño a Redondela, concretamente dos 14 kilómetros comprendidos entre o punto kilométrico 142,200 e o 156,200. A rexedora local declarou que “dende o Concello aledámonos de que, aínda que con moito retraso, Fomento atendese ás peticións dos veciños afectados facendo ver que as súas movilizacións serviron para algo”.

Presentouse o programa ‘Mos alegre’ A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sandra Temes e o humorista Popín Maguna presentaron e o novo plan municipal, ‘Mos Alegre’. Trátase dun programa co que se persegue, segundo declarou a rexedora local, incentivar o espíritu de optimismo no Concello. Deste xeito, e coa posta en marcha desta iniciativa pioneira, Mos convertirase no primeiro municipio de España en por en marcha un plan conxunto e coordinado para conseguir que os seus veciños e veciñas vivan máis alegres e contentos.

Afectados polo Polígono Empresarial Mos 1

Os veciños da Veigadaña seguen coas súas casas sen arranxar REDACCIÓN/MOS

A Alcadesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Urbanismo, Sandra Temes Arnosi e técnicos municipais do Concello de Mos reuníronse cos veciños afectados polas obras do polígono da Veigadaña e cos responsables da empresa contratista encargada de realizar as excavacións de terreo na zona, que foron enviados por Xestur á xuntanza en representación súa. O motivo da reunión foi o estado no que permanecen, dende fai xa case un ano, as vivendas afectadas polas obras. “No mes de Maio de 2007 os veciños fixeron as primeiras denuncias neste senso e a día de hoxe aínda non se lles arranxou nada”, declarou a rexedora local, quen considera a actitude de “pasotismo” de Xestur “inadmisible, xa que hai familias que teñen as súas casas abertas polas gretas, ou que se lles inundan cada vez que chove, chegando nun caso a caer a campá extractora de obra da cociña na vivenda dun dos afectados”. Os veciños presentes na reunión aseguran que no entorno das excavacións “hai ata 50 casas afectadas por gretas”. Arévalo esixiulle ós tres responsables da empresa contratista que se persoaron na Veigadaña “que se lles preste aten-

A alcaldesa, Nidia Arévalo, reuniuse cos veciños afectados.

ción ós veciños afectados e que se lle dean solucións inmediatas ós problemas nas súas casas”, “no caso contrario adoitaremos as medidas legais que sexan necesarias”, advertiu a Alcaldesa, quen de permanecer estancada esta situación non dubidará en denunciar en comisión de goberno. Os veciños síntense “ninguneados” por Xestur e esíxenlle que se fixen as súas indemniza-

cións de contado. A Alcaldesa apoia incondicionalmente a súa postura e, debido a que na reunión os representantes da contratista non foron quen de darlles respostas nin solucións ós afectados, Arévalo emplazounos para o martes da semana que vén, “data na que espero que traian información dos casos e algo resolto, dicindo que medidas se van a adoitar, se non queren que dende o Concello

emprendamos medidas legais”, declarou. A rexedora municipal, Nidia Arévalo, manifestou tamén a súa esperanza de que acoda á vindeira reunión a xerente de Xestur, “que non se dignou a vir hoxe”, dixo; e pediulles ós representantes da empresa contratista que intenten pola súa banda que o martes que vén haxa na xuntanza cos afectados representación de Xestur.


MARZO DE 2009

MOS

O Concello de Mos pon en marcha un Plan de Parques A Alcaldesa visitou as instalacións da Pesqueira, unha das primeiras actuacións incluídas nesta iniciativa municipal REDACCIÓN/MOS

A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou as recén rematadas instalacións do novo parque da Pesqueira, na Gándara. Dita actuación supón a primeira, xunto coa recentemente realizada en Amieirolongo, dun Plan de Parques que o Concello está a levar a cabo. Este plan contempla a realización de, alomenos, unha actuación en zonas verdes e de ocio de cada unha das parroquias mosenses. Arévalo considera este tipo de melloras “fundamentais, xa que supoñen un incremento e optimización do capital humano do municipio”, e así o manifestou durante a súa visita desta tarde ó parque da Pesqueira. A rexedora local considera estas obras “unha inversión nas persoas e un xeito de incidir directamente en beneficios para a súa calidade de vida” segundo declarou. Asimesmo, a Alcaldesa mosense quixo agrade-

13

breves Obras para o abastecemento de augas en San Antoíño O Concello de Mos adxudicou fai uns días a obra de instalación do abastecemento de agua na urbanización de San Antoíño. O prazo para a acometida dos traballos, que conta cun orzamento de 122.604,53 euros, é dun mes. a concelleira de Urbanismo, Sandra Temes sinalou que “a ausencia de traída de augas era a principal causa de denegación de licencias de construcción no Concello”

Asomamos celebra o seu 'II Xantar dos Maiores, Pensionistas e Xubilados'

O vindeiro 29 de marzo celebrarase a inauguración oficial deste espazo de ocio.

cerlle tamén á Fundación Pazo de Mos a cesión do terreo no que agora se atopa o parque da Pesqueira ó Concello para poder ubicar nel as novas instalacións que

alí se topan. E para rematar a súa visita, Nidia Arévalo informou ós nenos e nenas que estrearon o parque, de que o vindeiro día 29 de Marzo,

domingo, celebrarase a inauguración oficial deste espazo de ocio infantil na Gándara coa instalación de xogos hinchables e a actuación do paiaso Popín.

Asomamos, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, organiza en colaboración co Concello de Mos e a Deputación de Pontevedra, o 'II Xantar dos Maiores, Pensionistas e Xubilados', que terá lugaro vindeiro 26 de abril no Pavillón Óscar Pereiro.


14

MARZO DE 2009

MOS

breves Alumnas do colexio de Sanguiñeda crean unha cuña de radio sobre Mos Cinco alumnas do colexio de educación infantil e primaria da parroquia mosense de Sanguiñeda, Mestre Valverde Mayo, foron as encargadas de redactar e gravar unha cuña publicitaria para radio que promocionará ao Concello en diversas emisoras de ámbito local, autonómico e incluso nacional.A edil de Educación, Julia Loureiro declarou que “iniciativas coma esta complementan moi positivamente a formación dos rapaces e lles abren os ollos ante os diferentes campos profesionais.

As Escravas conseguen un novo triunfo para o atletismo mosense A atleta das Escravas da Virxe Dolorosa, Eva Fresco Cascallar, eríxese campiona do ‘Campeonato de España de Campo a Través para Discapacitados Intelectuales en Edad Escolar, Cadete y Juvenil’. Pena Sánchez, o adestrador declarou, tralo triunfo da súa alumna, que “as nosas deportistas están a levar o nome de Mos ó máis alto en tódolos seus desprazamentos por España”.

O BNG apoiará a ordenanza do prezo da auga si se inclúen as súas propostas Os nacionalistas mosenses están satisfeitos de que non lles suba o recibo aos veciños de San Eleuterio REDACCIÓN/MOS

O portavoz do BNG en Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, maniféstase satisfeito por terse incluida a pretensión do seu grupo de que a creación da nova ordenanza municipal que regula o prezo da auga non supoña un incremento a maiores para os susarios que xa contan actualmente con auga pública. Os veciños que xa son usuarios do servizo de auga pública no concello de Mos e que son suministrados directamente a través de Aqualia, sufriron a sorpresa de ver aumentado o seu recibo por poñerse ó cobro o canon de saneamento, unha cuota que establece a Xunta e que cubre os custes de depuración de augas residuais. Esto supuxo un incremento nos seus recibos. Estos veciños acudían ó concello onde,ademàis de non darlle resposta, decíanlles que tiñan que perguntar en Aqualia. O BNG protestou esta ausencia do Concello no problema porque o servizo da auga é público e os veciños deberían estar asesorados, máxime cando os recibos sufriron un aumento do custe. Agora, o goberno leva unha nova tarifa e o BNG pedíu comparar os recibos pasados para que os usuarios non sufriran un aumento con respecto ó ano 2008, cousa que xa se acordou en comisión. De todos xeitos, o BNG pide ta-

Denuncian os verquidos de residuos da depuradora en fincas particulares

Xosé Manuel Martínez Ojea.

mén que a nova ordenanza contemple a posiblidade de que as comunidades de augas teñan uns prezos únicos regulados e que non teñan que pagar os seus consumos por tramos de penalización, dado que abastecen a comunidades de usuarios formados por moitas vivendas. Esta pretensión non contou coa aprobación do PP que decidíu sacar adiante a ordenanza tal e como a levaban na proposta inicial. O BNG entende que sería algo positivo para moitos veciños o feito de poder surtir os depósitos das comunidades a un prezo razoable, algo que agora non acontece. O BNG pedíu asimesmo que se explicaran ben os custes de mantenemento da rede para establecer os custes da auga, sabendo qué tramos de canali-

zación son municipais, son da Xunta ou poden ser de Aqualia ou de particulares, algo que a presidenta da Comisión, Ana Cabaleiro, non supo responder por total descoñecemento. Asimesmo, o BNG pide que cando a ordenanza se aprobe, tódolos veciños e veciñas que contan con auga municipal paguen a auga ó mesmo prezo, algo que non se contempla por parte da concelleira de Facenda na actualidade e algo que ocasionaría un trato diferente en función da data de enganche, algo que non se pode consentir, porque no mesmo barrio algúns veciños pagarían a Aqualia a un prezo e outros pagarían ó concello a outro prezo. E iso non pode manterse. De ser así, o BNG non pode votar a favor.

O BNG pide que se actúe na política medioambiental e pide á alcaldía que poña outra persoa no seu lugar, que a cambie de tarefas porque “é un custo importante para o concello de Mos que esta persoa que ten salario de todos non teña siquera un mínimo control dos verquidos que se realizan desde o propio concello”. “Hoxe en día existen empresas especializadas en recollidas de residuos e homologadas pola Xunta para o depósito destos verquidos en lugares controlados. Mentras os particulares teñen que pedir permiso para cortar unha árbore para leña ou para vendela, a administración de Mos verte residuos dunha depuradora sin ningún tipo de control”, sinalan.


MARZO DE 2009

MOS

“Mos, 1809–2009. Arde o Pazo” de Mos, na que compareceron a Alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultur a , San-

dra Temes e ación representantes da elebr c a d cial i f o Asociación Xuvenil Mosl rte do ca a d Keo Colectivo e do Círculo Culí a REDACCIÓN e extr Imax tural e Deportivo Santa Eulalia No Campo da Feira de de Mos, Marcos Escudero e Juan Puxeiros realizouse a presenta- Carlos Lago, respectivamente. ción oficial de "Mos, 1809 Estás dúas asociacións están 2009. Arde o Pazo", a conmemo- traballando conxuntamente na ración do bicentenario do paso organización desta festa que tendo exército de Napoleón polas tará conmemorar e recrear os terras de Mos, escenificouse a acontecementos históricos que emboscada que os guerrilleiros tiveron lugar no concello de Mos da Louriña lle prepararon a unha e “especialmente os que se despartida do exército francés que envolveron na nosa parroquia” se dirixía cara a Vigo dende O entre marzo e abril de 1809, hai Porriño. De seguido tivo lugar a agora 200 anos. Referímonos a presentación do cartel e do pro- invasión das tropas francesas grama da festa, que se celebrará que ó seu paso, arrasaron igreo 18 de abril no entorno do Pazo xas, saquearon aldeas e prende-

ron lume a edificios de grande importancia na época, como o Pazo dos Marqueses de Mos, acelerando así a súa ruína. Logo permaneceu abandonado durante case dous séculos ata que os veciños da parroquia decidiron recuperalo. Pensamos que "esta efeméride era unha boa escusa para poñer en valor o Pazo e o seu entorno, recentemente urbanizado. Puxémonos mans á obra para organizar unha recreación histórica dos acontecementos de 1809 e a nosa proposta foi ben recibida no Concello, que apostou por apoiar un proxecto no que van estar implicadas todas as parroquias de Mos". A celebración ten un dobre obxectivo. Por unha banda, darlle un novo pulo á parroquia de Mos recuperando o mercado que antigamente se celebraba no lugar da Rúa. Pola outra, facer memoria e dar a coñecer entre os veciños aos heroes locais da Guerra de Independencia. Moitos coñecen a Cachamuíña, a Carolo e aos outros protagonistas da Reconquista de Vigo e non sa-

ben nada do Padre Giráldez ou de José Benito Bermúdez, que lideraban as forzas da Louriña no asalto á Porta da Gamboa. Dende as dez da mañá estará aberto un mercadiño de artesanía e produtos ecolóxicos no entorno do Pazo e ao longo de toda a xornada haberá actuacións musicais, animación de rúa e repre-

15

sentacións teatrais dos principais episodios da Guerra da Independencia en Mos.

Abre o prazo de inscrición para o II Concurso de Curtas da Prehistoria O certame presentouse nunha rolda de prensa na que compareceron a edil de Educación e Participación Cidadá, Julia Loureiro, e representantes da Asociación Cultural Festa da Prehistoria e da Asociación Xuvenil Mos-Keo Colectivo. Este concurso surxiu como complemento da Festa da Prehistoria que se leva celebrando cada verán no Concello de Mos dende fai oito anos, e da que a vindeira edición terá lugar os días 7 e 8 do mes de Agosto. O prazo de presentación e inscrición de curtametraxes rematará o venres día 3 do próximo mes de xullo. O día 11 de xullo ás 19.00 horas proxectaranse no Pazo de Mos tódalas películas participantes no concurso e un xurado seleccionará as finalistas que serán exhibidas no parque da Penacova, en Mos, os días 7 e 8 de Agosto durante a VIII Festa da Prehistoria. Durante estas datas o xurado decidirá cales son as tres gañadoras e, polo tanto, beneficiarias dos premios que consistirán: o primeiroen 300 euros, para a segunda clasificada serán 200 euros e a terceira finalista levará 100 euros. A entrega de ditos premios producirase o sábado 8 de Agosto, día grande da Festa da Prehistoria. Os interesados poden solicitar información na dirección de correo electrónico: festadaprehistoria@gmail.com, ou no 647 00 59 10.


16

MARZO DE 2009

MOS

Noites Vivas en Mos

REDACCIÓN/MOS

Trala positiva experiencia noutros concellos este proxecto de lecer alternativo nocturno para mozos e mozas presentarase como experiencia piloto neste Concello Enfrontándose ó xa moi estendido “Botellón”, o proxecto de “Noites Vivas” pretende apartar ós mozos e mozas dos roles de consumo de alcol e outras substancias; ofertando, para iso, distintas actividades en horario nocturno coma malabares, percusión, funk ou capoeira, entre outros. A concellería de Participación Cidadá de Mos presenta este proxecto como unha experiencia piloto que tomará forma entre os meses de Marzo e Xuño, cunha sesión un sába-

do de cada un dos meses e en horario nocturno entre as 19.00 horas e as 00.30 horas. Todas as actividades concentraranse nas instalacións públicas coas que conta o Concello: Multiusos, Biblioteca Municipal, Pavillón Oscar Pereiro e Piscina Municipal; estando dirixidas fundamentalmente a mozos e mozas de Mos de 14 anos en diante (ata os 40 anos de idade). O proxecto ten como finalidade última promover un cambio cara a un lecer nocturno saudable, mellorando así a calidade de vida da xuventude e fomentando novos modelos de socialización non baseados no núcleo temático do alcol e outras substancias perigosas.

Daga de 2 puntas son do Porriño e comparten o cartel das Noites Vivas de Mos con Baldosa Amarilla e a Turre´s Band. Quixemos falar con eles antes do concerto.

“Acabamos de rodar o noso primeiro videoclip, "Que más da", e vaise presentar no VI Festival de Cans”

D.G.

-A que andades. Hai proxectos? - Acabamos de Rodar o noso primeiro Videoclip, "Que más da", e vaise presentar no VI Festival de Cans do 20 ao 23 de Mayo. - Definídevos en catro palabras... -Grupo de pop-rock fusión. -Que disco non se compraría nunca Daga de 2 puntas? -Aquel que busque como único fin o lucro das macrocompañías discográficas. -A que película vos encantaría facerlle a Banda Sonora? -A calquera na que o seu director estea interesado en nós. -Animade á xente de Mos a que veñan ao concerto, vai... -A xente de Mos e alrededores, que se anime a vir ao Concerto que será de balde, e unha boa ocasión para vibrar e saltar con grupos emerxentes da zona como son Baldosa Amarilla e Turre´s Band, que farán soar diferentes estilos fusionados para dar unha festaza!


MARZO DE 2009

SALCEDA

DE

CASELAS

Facerlle fronte á crise

O equipo de goberno conxela os seus salarios no orzamento municipal REDACCIÓN/SALCEDA

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas aprobou inicialmente os Orzamentos presentados polo goberno municipal para o ano 2009 cos votos a favor do BNG e do PSOE e en contra do PP. Unha vez publicados no Boletín da Provincia estarán 15 días a exposición pública para posibles alegacións. Estes orzamentos contemplan 5.500.000 € de ingresos e 5,177,000 € de gastos, o que supón un superávit de 330,000 €. O capítulo de inversións que ascende a 815,000 €, o que supón un incremento de 80.793,00€ con respecto ao 2008, contempla obras como a humanización da rúa Dr. Zunzunegui, a mellora da cuberta do pavillón de deportes, o remate do Concello Vello, o parque etnográfico dos muíños do Río Caselas, entre outras. Estas inversións veranse complementadas polas contepladas no Fondo Estatal de Inversión Local (1,360,332€) e outros plans provinciais e autonómicos. No apartado de persoal cabe salientar que se conxelan os salarios das adicacións exclusivas do equipo de goberno non incrementando o IPC

Un momento do pasado pleno. FOTO HERNÁNDEZ.

como sería o normal nunha situación de bonanza. Por outro lado, neste apartado tamén é resaltable a creación de tres novas prazas no cadro de persoal: a de arquitecto municipal (funcionario), a de axente de desenvolvemento local (laboral fixo) e a de técnico da OMIX (laboral fixo). O concelleiro Martín Iglesias aclara que vaise empezar a re-

gularizar situacións laborais irregulares herdadas do anterior goberno e vaise comezar polas categorías máis altas. “Apretarse os cintos” Segundo, Marcos Besada “é momento de apretarse os cintos, de contención do gasto e unha mellora na xestión de cobro dos ingresos xa que a crise chega a tódolos sitios,

O BNG apoia as previsións para regularizar o persoal ao servizo do Concello REDACCIÓN/SALCEDA

A Asemblea Local do BNG, entre outros asuntos, avaliou o proceso para a elaboración dos orzamentos para este ano 2009 e a súa aprobación polo Pleno do concello.. En relación co capítulo de persoal, a Asemblea Local valorou que nunha situación de crise como a que se está a vivir é fundamental contar cun cadro de persoal efectivo, tanto funcionarios como laborais, que desenvolva a súa actividade diaria con eficiencia e clara vontade de servizo aos cidadáns, principais destinatarios dos servizos que o Concello lles debe prestar coa máxima calidade e en óptimas condi-

cións. Neste contexto, o BNG de Salceda considera necesario mellorar a produtividade individual e de conxunto dos servizos,. Un exercicio profesional e sen privilexios debe levar a que o persoal adscrito aos diversos servizos municipais sexa efectivo nas súas actividades diarias. Nesta liña o BNG pídelle ao Alcalde de Salceda que estableza o cumprimento efectivo do horario semanal, atendendo as previsións legais vixentes, é dicir, para o persoal funcionario 37 horas e ½ semanais, e 40 horas semanais para o persoal laboral.

incluidos os concellos” Tamén se aprobou a ordenanza reguladora do estacionamento de horario limitado (zona azul) que será gratuíta e que busca a finalidade de crear prazas de aparcamento para xestións puntuais en certas rúas, “tal e como fixeron concellos veciños e que tan bo resultado está a dar” recalcou o alcalde.

Por último aprobouse o decálogo do viño de calidade en Galicia e unha moción que insta á Xunta de Galicia a cambiar o Regulamento do Xogo para regular dunha maneira máis concreta e adaptada á realidade do xogo do bingo “social” que realizan algunhas asociacións e comisións de festas sen ánimo de lucro.

O PP califica de irreais os orzamentos aprobados REDACCIÓN/SALCEDA

O Partido Popular de Salceda de Caselas critica e califica de “irreais e rocambolescos” os orzamentos previstos para 2009 aprobados, con cinco meses de atraso, na sesión plenaria do pasado 14 de marzo. Emma Pereira, voceira do PP local, explica que “estamos ante dous informes desfavorables, un por non cumprir o plan financeiro 2009-2001 e outro por non acatar os requerementos totais do propio orzamento”. Os orzamentos do exercicio 2009 teñen previsto uns ingresos de 5.507.586 € e uns gastos de 5.177.406 €, o que supón un superávit de 330.180 €, a metade do que o equipo de Goberno BNG-PsdeG tiña esti-

mado, incumprindo deste xeito co informe económico-financeiro 2009-2011 no que, en materia de superávit, deberíase acadar os 688.000 €. “Trátanse duns orzamentos ficticios nos cales os ingresos nunca se cumprirán”, asegura Pereira. Entre outros moitos exemplos, atópase a irregularidade das previsións na recadación polos impostos de carácter urbana: no ano 2008 obtivéronse uns ingresos de 270.000 € dos 800.000 previstos, rexistrándose un déficit de 530.000 €. Para o exercicio de 2009 prevén recadar 700.000 €, “unha cifra que, unha vez máis, incumprirán xa que é imposible, dun ano a outro, elevar tanto este ingreso”.

17


18

SALCEDA

DE

MARZO DE 2009

CASELAS

Comeza o saneamento do barrio da Serra REDACCIÓN/SALCEDA

O Concelleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible do Concello de Salceda de Caselas, o socialista Enrique Cabaleiro manifestou que se están a executar as obras de saneamento do barrio da Serra en Salceda de Caselas. As obras están financiadas pola Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra, tras o compromiso adquirido polo Concelleiro Enrique Cabaleiro e o Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra Juán Froján. O orzamento das obras e de cento dezaseis mil euros, dividido en dous proxectos de cincuenta e oito mil, e unha vez finalizadas darán servizo de saneamento a unhas vinte vivendas. Segundo o Concelleiro de Medio Ambiente, a realización de este proxecto e fundamental para sanear un dos barrios, que a pesar da súa proximidade ao casco urbano de Salceda, ainda estaba sen sanear. Aproveitando esta obra de saneamento, se está a proceder tamén, a cambiar a tubería de abastecemento de auga no citado barrio, toda vez que a existente era muy antigua e se atopaba bastante deteriorada, o que estaba a ocasionar múltiples avarías co conseguinte prexuizo para os veciños afectados, que soportaban unha rede de distribución bastante defectuosa.

O Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e o Presidente da Comunidade de Montes de San Xurxo, Serafín Sanjuán , asinaron a cesión.

O Concello asina o dereito de superficie para o novo depósito de augas REDACCIÓN/SALCEDA

O Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e o Presidente da Comunidade de Montes de San Xurxo, Serafín Sanjuan Sanjuan, asinaron a cesión do dereito de superficie a 30 anos a favor do Concello para a construción do novo depósito de augas para o abastecemento ó centro urbano. O 22 de abril de 2004 aprobárase no Concello do Porriño a cesión de auga a Salceda procedente do Oitavén e que chegaba ata a parroaquia de Atios.. Pero non foi ata o ano 2008 cando houbo un compro-

miso da Xunta de Galicia para executar esta obra. Despois viñeron os trámites administrativos, entre os que se inclúen os das Comunidades de Montes de San Xurxo e Parderrubias para o deslinde da zona, asambleas para a súa aprobación, etc, ademais dos correspondentes ós Concellos de Porriño e Salceda e ós da Xunta de Galicia. Finalmente, con esta sinatura e a aprobación polo próximo pleno da cesión á Xunta de Galicia dos terreos, rematarán os citados trámites, co que este organismo xa pode licitar a obra para a súa posterior execu-

ción. O orzamento total da obra ascende a 2.099.759,19 €, aportado nun 83,33% pola Xunta de Galicia e no 16,67% restante polos Concellos de Salceda de Caselas e O Porriño, correspondéndolle 200.030 € ao primeiro e 150.000 € ao segundo, a pagar en duas anualidades. Trátase dun proxecto de vital importancia para Salceda, onde se vai construír un depósito de 3.000 metros cúbicos no lugar chamado Alto da Forca, así como o ramal de abastecemento aos depósitos municipais de San Xurxo.

Marcos Besada agradeceu a colaboración das Comunidades de Montes e a súa implicación no proxecto. “A construción deste depósito vai servir de base para a creación dunha verdadeira traída municipal, podendo dar servizo á parroquia de San Xurxo xa que hai un compromiso de conexión á súa traída”. “Mellorase e auméntase así a cobertura e calidade do abastecemento de augas, deixando de depender das traídas parroquiais, que durante tantos anos tiveron que loitar por conseguir este servizo básico.”


MARZO DE 2009

SALCEDA

CASELAS

19

breves

Orzamento total de 21.736,64 €

Iniciáronse as obras de reforma no Auditorio Municipal REDACCIÓN/SALCEDA

Iniciáronse xa as obras de reforma do Auditorio Municipal de Salceda de Caselas. Nesta primeira etapa procederase á renovación dos equipos de son e de proxección instalados na sala, con un orzamento total de 21.736,64 €, nunha obra adxudicada a SPICA, S.L. Tras rematar esta primeira fase procederase ao cambio de ubicación dos motores do aire acondicionado, que actualmente están ubicados no mesmo escenario, o cal imposibilita a súa utilización durante os actos debido ao enorme ruído que producen. A este problema váiselle dar solución cun orzamento de 19.546 €, e neste caso a empresa adxudicataria foi Choloklima, S.L., que procederá á colocación destes motores no exterior do auditorio, coa colocación dos correspondentes silenciadores. Ambas obras están incluídas dentro do fondo estatal de inversión local para este ano 2009. Teresa Pérez, Concelleira de Cultura do Concello de Salceda de Caselas, defendeu a importancia destas obras para o desenvolvemento dos diversos actos culturais que

DE

xito dos talleres de prevenci n A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e La Caixa en colaboración coa Concellería de Benestar Social do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Mónica Vizcaya están levando a cabo dende o 2007 os Talleres de prevención da Dependencia, dirixidos a persoas maiores, que se están desenvolvendo no Centro de Igualdade e Benestar do Concello de O Porriño. Nesta cuarta edición do programa denominado “O Reto da Autonomía” participaron 16 persoas de Salceda que fan un total de 68 usuarios deste programa dende o seu comezo.

Salceda celebra un ano máis a Festa do Xabarín o 5 de abril A concelleira Teresa Pérez supervisando as obras.

se poñen en marcha dende a Concellaría. “Resultaba urxente o cambio dos equipamentos, que se quedaban insuficientes e que ademais estaban demasiado deteriorados para unha sala tan grande”. Así mesmo, definiu a obra de cambio de ubicación da climatización do auditorio como “imprescindible”, pois “no inverno resultaba imposible organizar actos no audi-

torio polo frío que tiña que soportar o público durante os actos, e no verán pasaba o mesmo co calor”. Así mesmo, a concelleira quixo salientar que, no caso da climatización, esta é unha obra que non tería sido precisa se as cousas se tivesen feito ben desde un principio. “Resulta incrible que se ubicaran os motores no mesmo escenario, cando tería si-

do o mesmo traballo ubicalos no exterior do auditorio. Desde a súa colocación nunca se pu0ideron empregar os equipos durante os actos por causa do ruido”. Con estas obras conséguese mellorar considerablemente as condicións dun espazo que, en palabras da propia Concelleira “resulta fundamental para o desenvolvemento da actividade cultural no concello”.

A comisión de festas Virxe da Concepción, coa colaboración do Concello de Salceda, organiza por segundo ano consecutivo a Festa Gastronómica do Xabarín, unha festa que está a consolidarse no municipio de Salceda. O evento celebrarase no torreiro de festas de Santo Domingo de Salceda a partir das 11:00h. o vindeiro domingo 5 de abril. En caso de choiva celebrarase no Centro Social da Devesa.


20

SALCEDA

DE

MARZO DE 2009

CASELAS

REDACCIÓN/SALCEDA IMAXES:HERNÁNDEZ Imaxe histórica na que se pode ver o edificio do Concello “vello”.

O Concello ‘vello’ será a nova Casa de Cultura REDACCIÓN/SALCEDA

res.

O “vello” Concello de Salceda de Caselas, que data do 1917, estase transformando nunha moderna e funcional Casa da Cultura intentando conservar os valores históricos da construción. Un edificio histórico no centro da vila, que según os expertos, ten influencias do valorado “neo-barroco galego” de principios do seculo XX. Nas fotos antigas do centro urbano pódese observar este edificio, xa caleado dende os seus inicios, xa que é unha característica inconfundible deste estilo de arquitectura, do que hai innumerables exemplos tanto en igrexas como en edificios en Galicia e no norte de Portugal. A proposta dos arquitectos encargados da rehabilitación do citado edificio foi tida en conta polo goberno municipal co obxectivode manter o espírito rixinal da obra e dos seus creado-

Os traballos de recuperación comezaron en 2007 a través dun obradoiro de emprego que durou un ano. Os compoñentes deste obradoiro foron os artífices das obras que hoxe están realizadas. O orzamento destinado polo concello para esta obra a través deste obradoiro ascendeu a uns 300.000 €. Dende a Concellaría de Cultura, Teresa Pérez informa que se espera que ao remate das obras, que o obradoiro non tivo tempo de finalizar, Estean listas antes do verán. “Parece que queda moito, pero hai traballo de carpintería adiantado pendente da súa colocación.” Coa inversión destinada no Fondo Estatal de Inversión Local, que ascende a uns 90.000 €, vanse rematar os traballos pendentes de execución, como a colocación da carpintería e o cambio do tellado.

Celebrouse en Salceda a primeira mostra-exposición da camelia, que vén a substituir ao antigo concurso que se facía sobre esta mesma flor. A mostra contou con 40 expositores chegados de toda Galicia, e foi organizada dende a Concellaría de Cultura de Salceda de Caselas, que dirixe Teresa Pérez contando coa colaboración da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda, que se encargaron de toda a decoración da mostra, e que ademais participaron na mesma. Teresa Pérez, Concelleira de Cultura do Concello de Salceda de Caselas, amosou a súa satisfacción polo éxito da convocatoria. “Nos anos en que había concurso o número máximo de participantes foi de 15, polo que os 40 cos que contamos este ano son a mellor mostra da boa acollida que está a ter a iniciativa entre os afeccionados ao mundo da camelia”. A Concelleira quixo tamén agradecer a colaboración que en todo momento está a prestar a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda.

Salceda celebrou a mostra da camelia

Chumbo sobre Palestina Alberto Álvarez Gil

E

scribiu Mahmoud Darwish, poeta palestino (e dende 2006 Poeta Galego Universal grazas ó premio da AELG) nun poema de seu o desexo para a súa patria en cativerio da liberdade de finar consumida de amor. Desgraciadamente este escritor, considerado o poeta nacional ou poeta da resistencia deixounos o 9 de agosto pasado, e canda el tamén se foi un referente, un símbolo da loita palestina no eido cultural. Quero tamén salientar, nestes tempos de chumbo, como o foron sempre, a novela gráfica de Joe Sacco titulada "Palestina. En la franja de Ga-

za", froito da viaxe do autor a Israel, Cisxordania e mais Gaza durante a Primeira Intifada. Aterrecedora crónica dun pobo asoballado, que foi expulsado dos seus pobos (os cales na súa meirande parte foron destruídos), obrigados a vivir coma refuxiados, condenados a te-lo fillo no cárcere e o irmán morto, a que as súas oliveiras sexan cor-

tadas, a que as súas casas sexan atacadas por colonos, a vivir nun recuncho da súa terra

afogada economicamente sen poder saír da súa casa despois do toque de queda. Se algún autor intrépido entrara hoxe en territorio palestino, vería o mesmo que Sacco e aínda peor: agora vería un muro en Cisxordania, un bloqueo económico, alimenticio e médico á faixa de Gaza terrible, que a converte nun enorme campo de concentración ó aire libre (de feito é o territorio máis densamente poboado

do planeta). E agora, o estado de Israel, cuxos representantes se pasean con total impunidade por Europa, decide bombardear o campo de concentración coas miras ben postas nas eleccións israelís de febreiro, nas que xa foi prohibido que os partidos árabes concurran a elas. Non quero terminar sen recomenda-lo imprescindible libro "Fin de século en Palestina", de Miguel-Anxo Murado, marabilloso relato de opresión e abafamento. Aproveitemos estes días para coñece-los horrores que, mesmo nos libros de ficción, son tan dífíciles de acadar.


The Homens invaden o Liceum o 17 de abril Cornelius o 27 de marzo, Guezos o 3 de abril e Vozes da Rádio o 25 completan a nova programación da sala REDACCIÓN/O PORRIÑO

Despois dun pequeno descanso vacacional voltan a nosa sala The Homens reforzados cun novo integrante nado na vila do Porriño, canteira inagotable de músicos. The Homens desenvolveron o seu talento creativo entre a humidade das paredes da Casa Xurásica de Santiago de Compostela, retroalimentándose doutra flora autóctona como Samesugas, Fame Neghra ou Redullos. Eles fanse chamar The Homens... e son unha banda de power pop. Maman do post-core de Hüsker Dü ou Fugazi, e decláranse namorados dos grupos da nova onda británica de finais dos setenta. Veñen armados de guitarras ruidosas pero tamén de sensibilidade melódica. Amárranse a un repertorio positivo e enérxico nos seus directos.O seu primeiro EP (The Homens, 2005), cheo de retrousos de intensidade bailable. Despois de percorrer escenarios, na primavera de 2006 sacan á rúa o seu segundo EP, con máis pop, máis intenso e no que ás súas influencias súmanse con máis forza ás de Teenage Fanclub, Barracudas, Pixies, Shins… e outros grupos de post punk.Apartir de aí, curtíronse nos escenarios con bandas de igual denominación de orixe (festeira e festivaleira) e, en moitas ocasións, lideradas por eles

The Homens ao estilo MC Escher. www.thehomens.com

mesmos. Estamos a falar de Fame Neghra, Stay Pretty ou Street Fighter, formacións coas que percorreron salas de/e festas de toda Galiza.The Homens marcharon aos estudios ‘Ultramarinos Costa Brava’ por onde xa pasaran outros grupos da escena alternativa catalá... O resultado foi… Tres. O seu videoclip Calamar, xa foi finalista do Musi-

clip, un certame de vídeos musicais catalán que premia ás iniciativas máis orixinais no eido audiovisual, e gañador do concurso de vídeoclips do Festival de Cans (Pontevedra). Estarán no Liceum o 17 de abril. Cornelius o 27 de marzo, Guezos o 3 de abril e Vozes da Rádio o 25 completan a nova programación da sala.

HISTORIAS

DO

TRANVÍA

Factor C M. Soledad Castro

P

ode…supoñamos que poida ser Factor Coche,Factor Citroën, FactorCrise, Factor Credibilidade… Supoñamos que a suma de tódolos termos condiciona o produto…entón haberá que botar contas e reflexionar a hipocrisía, reformular hipóteses e saber rirnos un chisco de nós mesmos… Neste universo de pantalla, non todos queremos ser presidentes, pero si aspiramos ao luxo que tal estatus acarrexa, e un Coche imprime o prestixio necesario para moita autoestima, vén sendo un sinal de identidade que nos clasifica e estigmatiza. A2, C2, A8, C6, C8…non son combinacións aleatorias e gratuítas, elas aluden a un escalafón que o capital concede. Quizais un presidente sexa un ser superior e leve o dereito a elevarse sobre o resto dos mortais disfrutando dun produto diferenciado desprazando o seu corpo en aoitos e Ceseis mentres nós aplaudimos co convencemento que non reportaría un cdous ou un adous porque o guión así o require. Polo de agora entre presidentes só bailan as letras, os números pouco oscilan. Neste Universo de economías fraudulentas aconteceu un monstro que asusta a estabilidade e rouba a confianza de

traballo e benestar. A Crise é un feito anunciado e consolidado. Pronúnciase co temor certo da involucración involuntaria que atrapa inesperadamente e precipita nun oco incerto. Un monstro que vai esmagando aos poucos e medra coa impotencia dos que a padecen. Neste universo de falacia e corrupción existen palabras que van esvaecendo pola súa inoperancia; a Credibilidade ao mellor xa vai vacía de sentido, porque ao mellor non hai razóns manifestas onde aplicala. Algo pois vai esmorecendo nunha sociedade farta de palabras e promesas oportunistas. Resolvendo a suma dos factores consideramos un produto posible: Absurdo, porque nin un Coche, nin un Citröen minguará a Crise nin medrará a Credibilidade. A anécdota superou a realidade e ofuscou un acontecemento primordial. Escribo o Factor C dende este Tranvía porque o horizonte anúlase se o albiscamos dende cristais opacos de bafo anecdótico, e viaxando en Tranvía as letras e números que combinan o capital, para afacernos cun coche, carecen de significado: entón a Crise e Credibilidade albíscanse coa nitidez que pode mobilizarnos para superar a unha e non perder a outra .


22

MARZO DE 2009

EMPRESA

O Plan Experimental de Emprego supera as espectativas Antes de rematar xa están traballando 28 persoas das 75 que comezaron REDACCIÓN/ MOS

Todas as iniciativas son poucas na procura de emprego a día de hoxe. En Mos a Asociación de Empresarios AEMOS xa leva tempo tentando facer de ponte entre os seus asociados, ao redor dunhas 500 empresas, e os potenciais demandantes de emprego do municipio. A última destas actividades foi o Plan Experimental de Emprego INSERE 2008 que rematará o 31 de marzo. Co obxecto de facilitar a entrada no mercado laboral de 75 desempregados de Mos, AEMOS leva dende o mes de xuño de 2008 desenvolvendo este proxecto novidoso e que con moi bos resultados. Boa acollida A iniciativa, financiada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, levantou moita espectación en Mos. Presentáronse un total de 400 candidatos e realizáronse, en primeira instancia, 150 entrevistas individuais co obxecto de formar un colectivo de 75 participantes finais. No mes de xullo identificáronse as preferencias profesionais dos candidatos e se esbozaron os itinerarios de inserción. Dende setembro púxose en marcha varias accións encamiñadas á empregabilidade destas persoas co fin de mellorar as súas competencias profesionais e favorecer a súa competitividade laboral.

"E

staría ben que estes plans se poideran alongar no tempo a través de convenios de colaboración"

O Plan experimental de emprego Para saber como se desenvolveu este Plan falamos con José González Pérez, técnico de orientación laboral e responsable do INSERE de AEMOS. "Despois de facer todas as seleccións previas quedámonos cos 75 usuarios finais que son os que participan no Plan", indica José González a xeito introductorio. "Procuramos darlle prioridade á xente comprometiva activamente a na súa busqueda de emprego". E non e doada esta primeira peneira. Para o responsable do Plan a seguinte fase, a do diagnó-

tico para configuar o seu itinerario, é fundamental. "Coñecendo ben aos usuarios pódese buscar onde dirixirse", sinala, "pero se a persoa non ten claro cara onde tirar estará dando tumbos dun lado a outro. Cun bo diagnóstico e estudo de situación camiñamos cara o itinerario de inserción". Neste punto é cando o desempregado ten que formarse se o precisa. Por último o usuario entra no Círculo activo de búsqueda de emprego ou crea o seu propio proxecto empresarial. Empresas satisfeitas Nestes momentos das 75 persoas que comezaron o Plan, 28 xa están traballando. "Tíñamos que conseguir o 35% como obxectivo mínimo e xa está superado", indica José González". Cáseque ao principio do Plan, no mes de agosto, xa empezou a traballar xente. Tanto empresas como desempregados encheron solicitudes que logo foron estudadas no INSERE. A partir deste punto os técnicos avaliaron as posibilidades traballo segundo as necesidades e procederon a propoñer un Plan de formación. Así aconteceu, por exemplo, na empresa LINORSA (Limpiezas del Noroeste S.A.). Catorce persoas participaron nun curso previo elaborado conxuntamente e a medida: experto/a en limpeza de mobles. Participaron dez mulleres e catro homes. Foron 78 horas de curso, práctico e teórico. "Para iso solicitamos á Xunta autorización para que poideran realizar prácticas pre-laborais.das que catro xa están traballando. Temos un compromiso de que van contratar catro máis", asegura González. Pola súa parte dende a propia empresa o seu director de R.R.H.H., Fernando González, asegura estar "satisfeito" coa experiencia. Usuarios satisfeitos Grazas a este Plan os seus usuarios consiguen contratos dun mínimo de seis meses. Entre os que xa atoparon traballo hai casos verdadeiramente especiais. Por exemplo o de Adriano que cun 84% de discapacidade conta agora cun emprego na Ciber-Biblioteca de Mos despois de ser contratado polo Concello. Ou o de José Manuel que traballa dende hai pouco como xardinero grazas a un acordo co Centro Especial de Emprego de ACEES-

CA. Dos que aínda non conseguiron traballo pero participan no Plan falamos con Clara. "Paréceme unha experiencia interesante", asegura, "Obrígache e axúdache, da opcións que non mirabas ou non pensabas". No seu caso está a procurar emprego dende o verán e busca outras posibilidades fóra da hostelaria que xa coñece. No transcurso do Plan xa tivo cinco entrevistas de traballo. O futuro pasa por un convenio "O importante destes plans é a colaboración entre institucións", asegura José González. Tal e como están deseñados hoxe hai que presentar a proposta anualmente co risco de que non haxa continuidade en edicións vindeiras. "Estaría ben que estes plans se poideran alongar no tempo a través de convenios de colaboración", apunta. E non parece que se lle falte razón. Segundo a última convocatoria da

Consellería de Traballo para programas experimentais de emprego, AEMOS conseguiu a máxima puntuación todos os proxectos presentados en Galicia. Neste

que está a piques de rematar xa solicitaron rematalo a mediados de abril, aínda queda tempo para crear traballo e posibilidades de levalo a cabo.

Cursos de Formación Ao longo do Plan realizáronse varios cursos na acción formativa. En setembro realizouse un de iniciación á informatica coa participación de 15 persoas. Logo virian o de Carretilleiro (novembro, 15 persoas), Desenvolvemento de accións persoais (outubro, 8 persoas), Búsqueda activa de emprego (novembro, 10 persoas), Manipulador (novembro, 15 persoas), Informatica I e II (decembro, 10 persoas cada un), Limpeza de inmobles (xaneiro, 10 persoas), Búsqueda activa de emprego (febreiro, 10 persoas) e Comercial de seguros (marzo, 3 persoas).


MARZO DE 2009

EMPREGO

DEPENDENTE/AS - CONSELLEIRO/A DE VENDAS: Grupo téxtil internacional, busca 18 Dependentes/as para apertura de nova tenda en Centro Comercial na área de influencia de Mos. Contrato temporal, a tempo parcial, con posibilidade de permanencia na empresa. Funcións: facilitar a máxima satisfacción de clientes, asesorando, atendendo e encamiñando as súas demandas e preguntas, preparando as pezas para facelas atractivas e accesibles (alarmado, colocación, coordinación, reposición, etc.), e traballando en equipo para coordinar esforzos e mellorar o ambiente de traballo. Menor de 35 anos. Coñecementos de Merchandising, Atención ao Cliente e Cobramento en caixa. Persoas con interese pola moda e as súas tendencias, e clara orientación ao cliente. Xente dinámica, flexible, con ganas de aprender. Requírese experiencia demostrable en posto similar. Dispoñibilidade horaria para traballar a quendas. Permiso de conducir B-1 e vehículo propio. OPERARIO GRÚA-TORRE: ETT require un Operario para Grúa-Torre para empresa de construción. Contrato temporal. Salario: segundo convenio. Xornada laboral: Completa. Experiencia e formación acreditada no manexo de Grúa-Torre. Incorporación inmediata. ENCARGADO/A DE TENDA: ETT require para tenda situada no Outlet de

Tui un Encargado/a de tenda. Xornada laboral: Completa. Horario: a quendas de luns a sábado. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Funcións: Xestión de equipos, xestión de almacén, cobramento e arqueo de caixa, atención a clientes e reclamacións. Titulación académica: F.P. ou COU. Nivel medio de ofimática. Imprescindible experiencia mínima dun ano en posto similar. Persoa activa, resolutiva, proactiva, responsable e con capacidade de comunicación. DEPENDENTE: ETT require para tenda situada no Outlet de Tui seis dependentes. Xornada laboral completa a quendas de luns a sábado. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Funcións: atención ao cliente, reposición, cobramento e arqueo de caixa. Imprescindible experiencia mínima dun ano en posto similar. FP ou BUP. Posibilidade de incorporación inmediata. Persoa dinámica, con capacidade comunicativa e extravertida. Permiso de conducir B1 e vehículo propio. XESTOR COMERCIAL: Empresa dedicada á distribución de peixe fresco require un Xestor Comercial para o porto pesqueiro de Vigo. Funcións: captación e fidelización de clientes así como venda telefónica. Horario: de 6.00 a 15.00 horas ou de 8.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 de luns a sábado e de

4.00 a 5.00 horas puntualmente na lonxa. Requírese titulación media con altos coñecementos de informática, experiencia mínima de seis meses en posto similar, preferiblemente no sector da alimentación. Posibilidade de incorporación inmediata, dispoñibilidade xeográfica e horaria. Persoa dinámica, con vocación comercial e con capacidade de traballo en equipo. Imprescindible nivel alto de portugués, francés e inglés. PERSOAL DE SUPERMERCADO: Cadea de supermercados a nivel nacional, require para a súa delegación situada en Vigo Persoal de Supermercado. Horario: 15 horas distribuídas entre venres e sábado. Salario: 593 € bruto/mes aprox. Requírense estudantes en activo, en primeiros anos de carreira, con dispoñibilidade para traballar a fin de semana. Valorarase experiencia en posto similar. COMERCIAL: Medio de comunicación con delegación no Porriño require un Comercial para o seu departamento de publicidade. Salario: 400 € bruto/mes. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Requírese experiencia mínima de seis meses en posto similar. Permiso de conducir B1 e vehículo propio. DEPENDENTE: Floristería situada en Mos require unha Dependente. Funcións: elaboración de produtos florais

e atención ao público. Xornada laboral: completa. Contrato laboral temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Experiencia mínima de seis meses en posto similar. Persoa agradable, boa presenza. Permiso de conducir B-1. TELEVENDEDORES: ETT selecciona para Call Center situado en Vigo Televendedores. Formación a cargo da empresa. Horario: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 de luns a venres. Salario: fixo + variable. Nivel alto de informática, especialmente no manexo de bases de datos. Valorarase experiencia en posto similar. ENXEÑEIRO SUPERIOR: ETT selecciona para importante grupo empresarial de explotación minera un Enxeñeiro Superior de Minas. Experiencia mínima dun ano en traballos de campo. Nivel alto de inglés. Dispoñibilidade total para viaxar. TELEOPERADORES: ETT require para empresa situada en Vigo Teleoperadores para captar clientes para a venda de produtos software. Horario: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Formación a cargo da empresa. Salario fixo + dietas + comisións. Experiencia en posto similar ou en atención ao público. Dominio do paquete office. Fluidez verbal, persoa dinámica e resolutiva.

As persoas interesadas: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS Estrada de Peinador, 41 - 36416 MOS (Pontevedra) Telf: 986 49 88 20 - Fax: 986 48 81 23 e-mail: gestion@aemos.es www.aemos.es

23


Este Xornal faise con papel reciclado como contribución á conservación do Medio Ambiente

A Peneira na Rede Director: Guillermo Rodriguez Fdez. Edita: EDICIÓNS VAL DO LOURO S.L. Enderezo: Rúa Sarmiento Rivera, 17 - 36860 PONTEAREAS Tel e Fax: 986 66 09 86 - Colaboradores: Alberto Álvarez, Carlos Rego, David Rollano, Marisa Alonso, Jénnifer Castrovello, Diego Giráldez, Juancho, Soledad Castro, David Pérez Rego “Cato” Fotografía: Antón, Foto Barros, Foto Hernández Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró Montaxe e deseño: Diego Giráldez Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza). Depósito legal: OR / 57 / 84

Publirreportaxe

Café Forum, o lugar de encontro no Porriño Na antiga Roma o Forum era o centro da vida social, aquel lugar onde se trataban os asuntos públicos. Con esta idea, a de ser un lugar de encontro social agradable e cálido no Porriño, nace o café Forum (rúa Domingo Bueno, a carón do Centro Cultural). Atendido con extraordinaria simpatía por Marta, Susana e Antonio, este local dispón dunha interesante carta de cervexas nacionais e de importación ademais dunha extensa adega con viños do Ribeiro, Mencías, Albariños, Riojas e tamén crianzas de varias denominacións de orixe. Amplo, espazoso e ben decorado, o Forum pode, ademais, presumir de contar cunha coqueta terraza privada aberta á rúa que, de seguro, estará moi disputada coa chegada do bo tempo.

Entre as vantaxes deste novo local está o seu extenso horario. Abre de luns a sábado de 8 da mañá ao peche pola noite e os domingos dende as 16 horas ata a noite.

O

café Forum dispón do mellor café italiano de importación e unha ampla variedade de infusións. Almorzos, a especialidade da casa Para comezar o día nada mellor cun bo desaiuno. O café Forum dispón do mellor café italiano de importación e unha ampla variedade de infusións. Para acompañar, ademais dunha diversa lista de bollería (croissants, napolitanas e donuts), pódense degustar pasteis e as tradicionais torradas con manteiga e marmeladas variadas. Desde a súa apertura ofrece dúas ofertas moi interesantes: o café con leite grande e unha torrada ou bollería por 1,70 euros ou engadíndolle un zume de laranxa natural por só 2,20 euros. Pinchos exquisitos Este novo local mantén a tradición porriñesa dos pinchos. Con cada con-

sumición de refresco, cervexa ou viño o cliente poderá probar un delicioso pincho. Salmón, queixo, xamón, tortilla, sabores de antes e de hoxe preparados co cuidado que se ten para os mellores pratos de cociña.

E

ste novo local mantén a tradición porriñesa dos pinchos. Con cada consumición de refresco, cervexa ou viño o cliente poderá probar un delicioso pincho.

Wifi e televisión por cable O Forum do Porriño dispón de servizo wifi para todos os clientes que queiran empregar o seu ordenador mentras degustan un café, unha cervexa ou un bo viño. E no caso dos amantes dos deportes (fútbol, baloncesto, ciclismo, etc) este novo local ten televisión por cable e Dixital Plus para gozar con comodidade do espectáculo do seu equipo favorito nunha pantalla de grandes dimensións.

lourinha@apeneira.com www.apeneira.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.