O anllóns 35

Page 1

O ANLLÓNS construíndo o novo Carballo boletín informativo do Bloque Nacionalista Galego de Carballo · nº 35 · xaneiro 2014


un proxecto vivo Evencio Ferrero, alcalde de Carballo

Carballo é a gran casa patrucial que nos acolle, e a todos nos gustaría que fose a casa máis sólida, máis bonita, máis segura e mellor equipada. Iso é o que pretendemos dende o BNG de Carballo e polo que vimos traballando arreo, porque sempre defendemos un proxecto baseado na participación de todos. Nestes dez anos de goberno quixemos asentar o Carballo do futuro nuns cimentos sólidos. No BNG sempre defendemos que é necesaria unha boa planificación. Despois de case dez anos de traballo, o novo PXOM de Carballo está a punto, e esperamos que a Xunta de Galiza, a única que pode aprobalo de forma definitiva, lle dea o visto bo o antes posible. Porque probablemente non será o mellor plan, nin o que nos gustaría, pero seguimos convencidos de que Carballo necesita unha ferramenta urbanística que ofreza seguridade xurídica aos propietarios e que garanta o desenvolvemento ao que todos aspiramos. Nos últimos dez anos conseguimos que a rede de saneamento chegase a máis do 80 % do territorio; temos en execución un dos proxectos máis importantes da nosa historia recente, a nova captación de agua do río Bardoso, que mellorará de forma substancial a cantidade e a calidade do abastecemento e que permitirá estender o servizo a boa parte do territorio municipal; vimos de adxudicar a xestión do alumeado público, o que nos permitirá aforrar en gasto público e mellorar en eficiencia; temos solo industrial dispoñible para os nosos emprendedores, ampliamos a rede de parques e zonas de esparcemento, aumentamos as prazas de aparcamento, melloramos os 1.000 quilómetros de estradas que ten o noso concello e ao mesmo tempo fomos gañando espazos para os peóns, porque o Carballo que queremos está pensado para as persoas.

Para o BNG, Carballo é unha forma de entender a acción política, pegada ás persoas, sensible cos problemas e comprometida coas solucións

As novas rúas semipeonís, os centros sociais nas parrroquias, o Fórum, a biblioteca, o centro de día, a Escola de Idiomas, a segunda escola infantil, as infraestruturas deportivas e culturais… Todo responde á necesidade de mellorar os servizos que consolidan o noso papel como cabeceira de comarca e que son, en definitiva, os que van convertindo Carballo nun lugar cada vez mellor para vivir. Pero nin sequera os cimentos máis sólidos poden resistir por si sós as políticas de recortes que afectan aos servizos máis esenciais e as políticas laborais que só nos están deixando desemprego e precariedade. Pola contra, o Concello de Carballo ten una excelente saúde económica que permite, ademais de realizar obras, que no orzamento deste ano incrementemos de novo as partidas destinadas a axudas para as familias con máis necesidades ou colaboremos cada vez máis no financiamento das entidades que desenvolven a súa actividade no eido social, e que tamén están a sufrir de outras administracións as consecuencias dunha política de recortes sen sentido. Para nós, o benestar é irrenunciable, como tamén o son a formación, o emprego e a promoción económica, áreas nas que estamos a centrar os nosos esforzos, porque detrás de todas elas están os nosos veciños e veciñas. Para o BNG, Carballo é unha forma de entender a acción política, pegada ás persoas, sensible cos problemas e comprometida coas solucións. Ese é o noso modelo, a folla de ruta que trazamos hai dez anos e que nos permite chegar ata o momento actual, grazas ao apoio dos carballeses, navegando por un mar moitas veces axitado e mesmo embravecido. E nestes momentos de fortes temporais estamos convencidos de que debemos seguir remando todos xuntos con rumbo a un futuro mellor.


33 xuntanzas A partir da aprobación inicial e da exposición ao público do documento os membros da

carballeses presentaron 1.923 alegacións, o que supón a aceptación de máis da metade

19 novos núcleos O recoñecemento destes asentamentos beneficiará a 159 vivendas

25.848 vivendas previstas na aprobación inicial Nestes momentos en todo o municipio existen 18.399 vivendas, o que supón que a capacidade residencial vaise incrementar como mínimo un 40%

1.007 alegacións estimadas Durante a exposición do PXOM ao público os

Avda. de Razo

0m

Fonte da 0 in Cristina 4 4 m

Muíño do Quinto

0m 50 min 5

11 min

200 m

Concello

2 min

300 m 3 min

50 0

5m m in

500 m

Praza do Outeiro

800 m 9 min

A Revolta

O Bosque do Añón

A Lagoa 5 min

San Martiño

A Casilla CEIP A Cristina

9 min

800 m

ZONA SEMI PEATONAL

Estación de autobuses

Anllóns

1.400 m 16 min

Xardíns

11 min

Pazo da Cultura

0m 70 min 8

1.000 m

14 min

CEIP Fogar IES Alfredo Braña

Rego da Balsa

Praza de Galicia

1.200 m

O Choris

7 min

Biblioteca

Praza Hospital

IES Monte-Neme

600 m

7 min

70 0 8m m in

7m

A Ponte -Bértoa

9 min

0m 60 in

600 m

San Cristovo

Eduardo Pondal

14 min

800 m

4 min

7 min

Mirón

1.200 m

8 min

300 m

Praza San Cristovo

in

400 m

600 m

Centro Comercial Bergantiños 650 m 7 min

Centro de Saúde

750 m 4 min

Escuela Infantil As Landras

400 m

18 min

75 0

CEIP Bergantiños

5 min

IES Parga Pondal

1.500 m

8m m in

m

3 min

Avda. de Malpica

500 m

Escola Infantil A Braña

Avda. dos Abetos 50 0m 5

8 min

4 min

As concellerías de Tráfico e Planificación e Desenvolvemento Urbano teñen entre mans un proxecto de mobilidade que tamén vai contribuír ao obxectivo de facer de Carballo unha vila máis habitable, segura e saudable. A próxima posta en marcha do Metrominuto, unha iniciativa que naceu na cidade de Pontevedra e que están a copiar urbes de todo o mundo, suporá un paso máis cara ese obxectivo. O Metrominuto é, basicamente, un plano parecido ao do metro de calquera cidade, pero no que se indican as distancias entre distintos puntos e o tempo aproximado que se tarda en recorrelas a pé. O mapa incluirá as rúas semipeonís, os paseos ao longo do Anllóns, os tramos de carril-bici, os parques públicos, as áreas de estacionamento gratuíto e os centros educativos, puntos de orixe e de destino doutro proxecto de mobilidade que se está a desenvolver con gran éxito, o Pedibús.

700 m

CPR Artai

400 m

o Metrominuto chega a Carballo

1 .2 0

14 0 m m in

600 m 7 min

· Reurbanización da rúa Valle-Inclán (fondos propios) 199.705 €

1.000 m

· Construción de beirarrúas e mellora da avenida do Ambulatorio (fondos propios) 165.204,35 €

A Ponte 800 m

300 m FórumCarballo CEIP San Luis Romero

3 min A Milagrosa

9 min As Labradas

Cementerio 18 min

comisión de urbanismo celebraron 33 xuntanzas de traballo

Despois de renovar todos os servizos da Valle Inclán, o Concello de Carballo vén de investir preto de 200.000 euros de fondos propios nas obras de reurbanización desta emblemática rúa. Unha actuación integral que acabou cos continuos problemas que provocaba a vella rede de saneamento, pero que ademais de mellorar a calidade de vida dos veciños, permite dinamizar a actividade comercial e seguir humanizando a nosa vila.

1.500 m

16 anos Horizonte de vixencia previsto para o PXOM. O planeamento é un documento vivo, que debe e pode adaptarse ás necesidades de desenvolvemento do municipio

· Conservación do pavimento en 20 rúas do casco urbano (fondos propios) 194.741 €

nova vida para a rúa Valle-Inclán

8 min

o PXOM en cifras

· Rebacheo e mellora de rodadura en varios camiños das parroquias de Razo, Sofán, Berdillo, Lema, Aldemunde, Goiáns e Carballo (POS

2013) 273.613 € · Rebacheo e mellora de rodadura en varios camiños das parroquias de Sísamo, Cances, Oza, Razo e Lema (fondos propios) 188.155 €

750 m

Arte urbana contra o feísmo Converter Carballo nese bo lugar para vivir ao que todos aspiramos non é cousa dun día nin dunha única actuación. O goberno do BNG leva dez anos dando pasos encamiñados a modernizar e mellorar o municipio, unhas veces creando foros dos que xurdan ideas, como ocorreu no curso de verán sobre urbanismo organizado no Fórum pola Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña, e outras plasmando esas ideas. A finais do 2013 púxose en marcha unha iniciativa que permite, por un lado, poñer en valor a arte urbana, e, por outro, combater o feísmo.

Manter en bo estado os 1.000 quilómetros de rede viaria municipal supón un importante esforzo, pero para o goberno do BNG é unha prioridade. Por iso destinaremos os 700.000 € íntegros do POS 2014 a conservación de vías e por iso estamos a investir unha considerable partida de fondos propios a ese fin. Facemos balance das últimas actuacións.

8 min

Equipamentos O Carballo do futuro ten a reserva de solo necesaria para un novo colexio de infantil e primaria, un segundo centro de saúde e un novo pavillón polideportivo, entre outros equipamentos

a conservación da rede viaria é unha prioridade

750 m

Ordenación e protección O novo PXOM ordena a edificación, permite rematar o crecemento desenvolto ata agora, aposta pola renovación das edificacións existentes e pola consolidación dos núcleos rurais, garantiza a conservación das nosas aldeas máis tradicionais, protexe os edificios máis singulares do casco urbano e preserva os nosos valiosos recursos naturais

Mellorar a fluidez do tráfico e aumentar a seguridade son os obxectivos da reordenación do tráfico que acometeu o goberno municipal nos últimos meses, e que supuxo a implantación da dirección única nas rúas Pintor Luís Seoane, Lirios, Montevideo, Río Sil e Río Ulla, unha medida que se estenderá a outros puntos da vila.

14 min

Zonas verdes O PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) prevé un gran parque urbano de 550.000 metros cadrados que se estenderá ao longo do río Anllóns, dende O Fondal ata a depuradora da Cepeira, o que permitirá paliar o déficit actual de espazos libres, que é só de 7,5 metros cadrados por cada 100 metros de uso residencial

No último mandato seguimos traballando por facilitar o aparcamento. Nestes momentos temos 590 prazas na zona azul, despois das preto de 200 incorporadas nos últimos dous anos. E seguimos habilitando, grazas á colaboración dos propietarios, novos espazos de estacionamento gratuíto moi preto do centro urbano e nos que teñen cabida máis de 1.500 vehículos.

1.200 m

O traballo está feito. Agardemos agora que a Xunta permita que o novo PXOM sexa unha realidade neste 2014 e que entre todos poidamos seguir construíndo un concello ao servizo das persoas.

O único interese que move ao BNG é converter Carballo nun bo lugar para vivir. Dende que chegamos ao goberno municipal no ano 2003, un obxectivo foi mellorar a mobilidade urbana pensando tanto no tráfico rodado como, sobre todo, nos peóns. Dez anos despois xa é posible percibir a transformación do centro urbano: novas rúas semipeonís, beirarrúas máis anchas, máis prazas de aparcamento gratuíto, nova sinalización, máis metros de carril-bici, vías de sentido único, pasos de peóns elevados… E nesa liña imos continuar.

6min

O futuro non ten forma, e por iso o goberno municipal de Carballo e os grupos todos da corporación temos traballado neste documento para que, dentro da legalidade vixente, sexa todo o ambicioso que a

situación actual nos permite, e que ao mesmo tempo sexa respectuoso co territorio. Un PXOM que nos permita seguir facendo de Carballo un bo lugar para vivir, cos equipamentos necesarios para cubrir as necesidades educativas, sanitarias, culturais e deportivas; co equilibrio xusto entre o urbano e as nosas parroquias; con zonas verdes para camiñar e descansar, con rúas vivas, empresas dinámicas… Para que a industria e o comercio teñan tamén posibilidades de desenvolvemento e que todos poidamos gozar do territorio.

500 m

O Carballo que estamos a construír precisa dun Plan Xeral de Ordenación Municipal que planifique, defina as intervencións do territorio e impulse a nosa vida económica, social, cultural… Conscientes desa necesidade, dende o goberno municipal promovemos a elaboración do PXOM, un proceso longo e laborioso que foi un exemplo de participación política e social, porque sempre defendemos que as achegas axudarían a mellorar o documento, como así foi, e porque estabamos e estamos convencidos de que canta maior sexa a participación máis nos identificaremos todos co PXOM.

unha vila en transformación

9 min

un novo urbanismo ao servizo das persoas

humanizamos Carballo

800 m

planificamos o futuro

A Brea


reforzamos os cimentos

xestionamos os recursos

servizos á altura dun concello moderno asegurar que o goberno do BNG acertou coa nova concesión do servizo de recollida e xestión dos residuos sólidos urbanos, non só porque ofrece un servizo integral que abarca tamén o punto limpo e a canceira, senón porque se mellorou a recollida en todo o territorio, e dunha forma especial na zona rural coa ampliación das frecuencias ou a implantación de illas verdes.

Despois dun ano de funcionamento xa podemos

Coas mesmas expectativas vimos de resolver o contrato para o

subministro e mantemento do alumeado público, que entrará en vigor en breve. Con esta nova concesión conseguiremos un aforro de preto de 150.000 euros ano ano na factura da luz, pero tamén afondaremos no noso compromiso coa eficiencia enerxética ao substituír os 7.500 puntos de luz que hai no municipio por lámpadas LED de baixo consumo ou a instalación de sensores de presenza de viandantes nos semáforos, entre outras medidas.

Zonas verdes ben coidadas. No proceso de recuperación do territorio para os cidadáns, o BNG ten realizado un importante esforzo na creación e no mantemento de novos espazos libres. Na actualidade existen 45 zonas verdes repartidas por todo o territorio, a metade delas habilitadas nestes dez anos de goberno. A última (na imaxe), na ribeira do Rego da Balsa, xunto ao IES Parga Pondal.

a nova captación mellorará o abastecemento de auga Por segunda vez na historia do Concello de Carballo, o goberno do BNG foi quen de acadar financiamento europeo para unha obra que mellorará o subministro e a calidade da auga que chega aos nosos fogares. O Proxecto AnllónsBardoso, que suporá un investimento de case 4 millóns de euros, será unha das principais actuacións deste mandato non só no municipio de Carballo, senón en toda a Costa da Morte. A primeira fase, que xa está en marcha, inclúe a construción dun depósito regulador de 5.000 metros cúbicos no Seixo Branco que conectará co actual do Paraíso. Pero tamén está en marcha o procedemento de licitación da segunda fase por un orzamento de 2.687.034,74 euros para construír a nova captación no río Bardoso, que permitirá eliminar o depósito de Carballo, duplicar as reservas diarias de auga e estender o servizo a outras zonas, empezando, como establece o plan director que temos elaborado, pola costa. Ademais de mellorar o subministro actual, o proxecto Anllóns-Bardoso permitirá anticiparse ao futuro incremento da demanda de auga e garantir o caudal ecolóxico do río Anllóns.

a ordenanza de saneamento, preguntas e respostas -¿Por que o goberno municipal presenta unha nova ordenanza de saneamento? A ordenanza non é nova. De feito, foi elaborada no seu día polo Partido Popular, que estableceu a obriga da recepción obrigatoria do servizo para as vivendas situadas a menos de cen metros da rede. O único que fai agora o goberno do BNG é adaptala ás circunstancias actuais. Cando gobernaba o PP non existía ningunha grande depuradora na zona rural, pero hoxe temos 5 EDAR, 17 pequenas depuradoras e 23 bombeos que dan servizo a 3.710 vivendas.

-¿Quen ten que pagar o servizo de saneamento? Hai que ter en conta que, segundo a lei, o saneamento é un servizo de recepción obrigatoria, é dicir, alí onde exista os veciños están obrigados a conectarse á rede. Por descontado, non se vai cobrar o servizo a quen non poida dispoñer del.

evitar ese investimento aos veciños, o goberno do BNG optou por unha fórmula alternativa, que consiste na estimación dun consumo medio por fogar. Neste sentido, a ordenanza establece a mesma ratio de 14 metros cúbicos por vivenda e mes que determina tamén a Lei de Augas de Galicia.

-¿Como se vai calcular o consumo? O consumo real calcúlase mediante a lectura trimestral do consumo de auga naqueles lugares nos que existe traída municipal. No resto, só se pode calcular coa instalación de contadores individuais. Para

-¿É unha ordenanza discriminatoria para os veciños do rural, como di algún grupo da oposición? Todo o contrario. O feito de aplicar a ordenanza supón que hoxe os veciños da zona rural dispoñen dun servizo que ata a chegada do BNG ao goberno só

existía no casco urbano. Equiparamos a vila coas parroquias, e todos temos que contribuír na mesma medida ao mantemento dun servizo que supón un gasto de preto de dous millóns de euros ao ano. -¿Que deben facer as persoas que recibiron notificacións erroneamente? O procedemento é o mesmo que na elaboración de calquera outro padrón fiscal. Os veciños que foron notificados erróneamente só teñen que presentar unha alegación, como xa fixeron, e en ningún caso se aplicará a taxa ás vivendas que non poidan dispoñer do servizo.

A distribución dos 23.284.114,41€ de gastos que figuran no orzamento deste ano amosan cales son as prioridades políticas do goberno do BNG en Carballo. ·Servizos sociais e promoción social: 1.219.638,17€ As axudas a particulares en situacións de emerxencia social, que xa subiran un 100% no 2013, volven a aumentar un 20% ·Educación: 496.334,78€ Mentres os gobernos do PP reducen as axudas, en Carballo as becas de estudo increméntanse un 43%

Óscar Pedrós (arquitecto) Héctor Santos-Díez (fotografía)

A modernización dos servizos é un dos piares da xestión municipal. Ademais de reforzar as canles de comunicación entre os veciños e o Concello, o que fixo posible que calquera incidencia sexa atendida dun xeito rápido e eficaz, neste mandato estamos a dar importantes pasos cara a excelencia en servizos coma Carballo Limpo.

¿en que se gasta o diñeiro dos carballeses?

·Cultura: 684.354,32€ Este ano entrará en servizo a nova biblioteca municipal, que pretende ser un centro de referencia para a mocidade ·Deporte: 1.271.270,64€ Tras a integración do Padroado no organigrama municipal, este ano continuaremos coas medidas de aforro enerxético instalando unha nova caldeira na piscina Vila de Noia (150.000€) ·Promoción económica e fomento do emprego: 906.805,36€ Seguimos apostando por unha oferta formativa que contribúa a cualificación das persoas desempregadas e pola dinamización de sectores económicos que están a xerar postos de traballo ·Seguridade cidadá e mobilidade: 1.057.618,81€ Aumentar a plantilla da Policía Local e seguir gañando espazos para os peóns son dous dos obxectivos para este ano

Os orzamentos do 2014 inclúen os recursos necesarios para a posta en funcionamento da nova biblioteca

un orzamento realista, rigoroso e responsable

·Vivenda, vías públicas e urbanismo: 2.951.994,52€ O 100 % do POS irá destinado a mellorar a rede viaria na zona rural, e o novo plan da Deputación DTC tamén dedicará investimento ás rúas urbanas

O orzamento é o reflexo do proxecto político do goberno dende a perspectiva dos ingresos e da distribución do gasto. É, polo tanto, o documento que marca a diferenza entre unha xestión baseada nos recortes sociais, como fan os gobernos do Estado e da Xunta de Galiza, e unha xestión que pensa no benestar das persoas.

·Benestar comunitario e medio ambiente: 8.188.118,07€ O mantemento de servizos imprescindibles como o saneamento, o alumeado público, limpeza viaria, recollida e xestión de residuos ou abastecemento de agua teñen un peso moi importante no orzamento. A recente adxudicación do servizo integral de subministro e xestión do alumeado, ou a nova concesión do abastecemento de agua, prevista para este ano, son dúas das medidas previstas polo goberno municipal para buscar o aforro nos mantementos. Neste apartado figura tamén o proxecto Anllóns-Bardoso, que permitirá mellorar a calidade da auga e estender a rede de abastecemento.

Nese sentido, o orzamento do Concello de Carballo para o ano 2014 é REALISTA, RIGOROSO e RESPONSABLE, porque somos

prudentes na previsión dos ingresos, rigorosos co gasto e responsables coas necesidades dos nosos veciños. O BNG ten demostrado que hai outra forma de facer política. Xa no 2012 iniciamos unha serie de medidas que nos levaron a reducir aquelas partidas de gastos que non considerabamos prioritarias (publicidade e propaganda, representación e protocolo…) e a reforzar áreas fundamentais para favorecer un crecemento ao servizo das persoas.

boa saúde económica do Concello O orzamento do 2014 amosa tamén a boa saúde económica do Concello de Carballo. As cifras non deixan lugar a interpretacións.

· A carga financeira é do 5,97%, o que supón unha débeda de 84,86€ por habitante (a media galega é de 278€ e a do Estado, de 755€), e este ano tampouco recurriremos aos bancos.

· Pronto pago de facturas a proveedores, e sen necesidade de recurrir aos plans de rescate do Goberno central.

· O gasto de persoal figura entre os máis baixos dos concellos de máis de 20.000 habitantes.

· No 2013 tivemos un remanente de tesourería de 5 millóns de euros que nos permitiu afrontar importantes actuacións e dar resposta a moitas necesidades. Sen dúbida, un bo colchón que esperamos manter este ano.

· A presión fiscal figura entre as máis baixas de Galiza. Mentres empresas públicas coma Sogama anuncian para este ano subas do 34%, o goberno municipal de Carballo opta por unha estabilización da carga tributaria progresiva.



cremos no turismo sostible Un destino con marca propia A creación de CARBALLO A UN PASO marca un antes e un despois na promoción do noso concello como destino turístico. O deseño das ferramentas necesarias, a aposta pola calidade nos servizos turísticos e a mellora da sinalización son as bases para a posta en valor dos nosos importantes recursos patrimoniais e naturais. Pero Carballo é, ademais, un espazo dinámico, onde sempre hai algo que facer, onde as propostas culturais, deportivas e de ocio para mozos e familias esténdense ao longo de todo o ano e de todo o territorio. Para o goberno do BNG, hai razóns máis ca sobradas para visitar Carballo.

O proxecto turístico mellor valorado O Concello de Carballo acadou a máxima valoración de Agader co seu proxecto turístico. Iso permitiunos crear un amplio catálogo de material promocional do destino Carballo: web turística, folletos promocionais, banco de imaxes, vídeo promocional do municipio, instalación de códigos QR nos principais recursos turísticos do municipio, adquisición dun stand para asistencia a feiras, montaxe da sala de recepción de visitantes para turismo de congresos no Fórum (na imaxe) ou a publicación do libro Guía de Carballo, de Xan Fernández Carrera. Carballo a un paso está en todas as redes sociais, patrocina os equipos deportivos locais, colabora en actividades promocionais como Carballo por Etapas ou Dálle un bocado ao FIOT, en festivais como Rockin, Pop Up e Sereas e Piratas, e o noso stand xa puido verse na feira de turismo do Eixo Atlántico, nas festas de San Froilán en Lugo ou na feira Culturgal de Pontevedra.

Novas infraestruturas e formación No ano 2013 puxemos en marcha un plan de sinalización turística en todo o municipio que terá continuidade ao longo do mandato. Pero para o goberno do BNG tamén é fundamental a formación do sector, porque só así conseguiremos mellorar a calidade e a competitividade. Nos últimos meses desenvolvéronse cursos de redes sociais, alimentación saudable ou achegamento á calidade turística, e mesmo a Universidade da Coruña elixiu o Fórum Carballo como sede dos seus cursos de verán sobre turismo.

Praias con certificados de calidade O litoral é un dos nosos principais recursos turísticos. O goberno do BNG vén traballando dende o 2003 na mellora dos servizos que se prestan nas praias, e a recompensa a ese esforzo son as tres bandeiras azuis que volveron a ondear o verán pasado en Razo, Pedra do Sal e As Saíñas. Pero un patrimonio tan valioso merece ser preservado. Por iso estamos a traballar na consecución dos certificados de calidade ISO 14001 e EMAS, e por iso decidimos elaborar unha ordenanza que regulase os usos nas praias. O obxectivo do regulamento, que entrou en vigor no mes de decembro, é establecer unhas condicións que fagan compatibles os dereitos dos usuarios coa preservación do medio natural. Neste sentido cobran especial importancia as medidas encamiñadas a manter as condicións hixiénicas axeitadas e a garantir a máxima seguridade para todos.

priorizamos a formación e o emprego o Fórum, un edificio cheo de vida O goberno do BNG ten demostrado o seu compromiso coa formación e o emprego, dun xeito especial coa colaboración activa na construción do novo polígono industrial e do viveiro de empresas de Bértoa ou coa posta en marcha da Oficina de Promoción Económica de Carballo (OPE). Pero, sen dúbida, a principal aposta do goberno municipal é o Fórum Carballo, un gran centro de formación ocupacional concibido para mellorar a cualificación da forza de traballo e impulsar a difusión, información técnica e mellora da capacidade empresarial.

Só no 2013 desenvolvéronse no complexo da Milagrosa un total de 85 actividades, a maior parte delas de carácter formativo sinatura do convenio entre o Concello e a Asociación de Empresarios do Polígono de Bertoa

Grazas ao esforzo realizado nos últimos anos, o Fórum xa é un edificio cheo de vida. Ao longo do 2013 desenvolvéronse nas súas instalacións un total de 85 actividades, máis da metade delas de carácter formativo e dirixidas tanto a persoas desempregadas coma a emprendedores, en todos os casos de forma totalmente gratuíta.

cursos para desempregados Neste sentido é de subliñar o labor desenvolvido pola Bolsa de Traballo Municipal (BDT) no seu primeiro ano de vida, cun programa formativo específico para os seus usuarios que incluíu cursos de Busca de emprego e novas tecnoloxías, Redes sociais profesionais, Xestión dun comercio e Plan xeral contable, nos que participaron 120 persoas. Ás actividades organizadas directamente dende o Concello de Carballo sumáronse os cursos da Rede Xiana 2 e as Accións Formativas para Desempregados (ADF) financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar, que permitiron a formación teórico-práctica de 45 persoas nos módulos de cociña, soldadura e operación auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios.

entrega de diplomas aos alumnos de cociña e soldadura

apoio aos emprendedores O goberno do BNG considera que os futuros empresarios deben ter á súa disposición as ferramentas necesarias para iniciar a súa actividade nas mellores condicións posibles. Nese sentido, leváronse a cabo no 2013 cursos de Escaparatismo, Introducción á calidade turística, Etiqueta e protocolo e Redes sociais, así coma un total de sete módulos dun Plan de Reactivación e Dinamización Empresarial e de Formación Integral para Emprendedores que aínda está en marcha.

colaboración co tecido empresarial A colaboración cos distintos sectores empresariais é unha das premisas do BNG, comprometido co desenvolvemento económico do concello e consciente das dificultades engadidas que supón o actual marco económico. Neste sentido, o goberno municipal ten suscritos convenios anuais coa Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) e o Centro Comercial Aberto (CCA), dous importantes colectivos que contribúen á dinamización económica do noso municipio, e por primeira vez no 2013 ampliou esa colaboración á asociación As Eiroas, que agrupa aos empresarios do polígono industrial de Bértoa e que ao longo deste ano trasladará a súa sede á OPE. O obxectivo da Concellería de Promoción Económica é apoiar a todos os sectores que están a xerar emprego en Carballo, tanto con axudas directas para a organización de actividades como mediante a cesión de espazos nas instalacións municipais.

clausura dun dos cursos organizados pola bolsa de traballo municipal

Balance da Bolsa de Traballo Municipal O 19 de novembro do 2012 botou a andar a Bolsa de Traballo Municipal (BDT), un servizo promovido pola Concellería de Formación e Emprego co obxectivo de facer un verdadeiro labor de mediación entre empresas e traballadores. Os números falan por si sós: 808 persoas inscritas 1.018 solicitudes de demandantes de emprego 30 empresas adheridas 60 postos de traballo ofertados 192 currículos remitidos a empresas 16 ofertas de traballo cubertas con usuarios da BDT

séguenos en Twitter @bdtcarballo


apostamos pola educación a ampliación do CEIP Bergantiños xa é unha realidade

un Concello en plena forma A política deportiva do goberno do BNG ten un claro obxectivo: posibilitar o acceso de toda a poboación a unha práctica deportiva de calidade.

Para o BNG a educación é unha área estratéxica, na que vimos traballando arreo dende o goberno e na que nunca escatimamos esforzos. O Concello de Carballo ten asumido con fondos propios importantes melloras en todos os centros públicos, porque para nós a educación é unha prioridade e unha responsabilidade, pero sendo conscientes de que as competencias en materia educativa corresponden á Xunta de Galiza.

Para conseguilo vimos na renovación das instalacións municipais, e aí están a piscina Vila de Noia (na imaxe), o Circuíto de Motor ou o complexo das Eiroas, convertidos xa en referentes dentro e fóra do noso concello.

Dentro do noso compromiso co ensino público e respectando a imprescindible lealdade institucional, o goberno do BNG demandou unha e outra vez o investimento preciso da Consellería de Educación para a ampliación do CEIP Bergantiños, que permitirá paliar os problemas de escolarización que se repiten curso tras curso como consecuencia das elevadas taxas de natalidade que, por sorte, temos no noso concello.

Os investimentos realizados permitíronnos, ademais, incrementar a oferta de actividades para chegar aos carballeses e as carballesas de todas as idades, dende os bebés que teñen o seu primeiro contacto coa piscina ata os centos de maiores que asisten ás sesións de exercicio físico na vila ou nas doce parroquias nas que xa está implantado o programa.

A ampliación do colexio Bergantiños era unha necesidade, pero hoxe xa é unha realidade, con 9 aulas, un patio cuberto e todos os servizos necesarios para acoller a 225 nenos e nenas de tres a cinco anos a partir deste mesmo curso. No entanto, nunha vila dinámica e en constante crecemento coma Carballo hai que pensar no futuro, e por iso no PXOM que estamos a tramitar reservamos o solo necesario para a construción dun novo colexio de infantil e primaria.

máis de 50.000 euros para becas Mentres os gobernos do PP fan recortes en educación, o goberno municipal do BNG incrementa este ano un 43 % os fondos para bolsas de axuda ao estudo e transporte e do Conservatorio Profesional de Música. O Concello de Carballo concedeu o ano pasado 312 becas por un total de 33.380,07 euros. Conscientes das necesidades de moitas familias, no 2014 incrementaremos esa cantidade ata 50.500 euros.

Carballo en movemento O goberno do BNG pensa tamén nos mozos que teñen ante si un futuro laboral incerto. Por iso o Concello de Carballo participou activamente, xunto con Axober e os tres institutos de secundaria da vila, no I Foro da Formación e da Empresa que se celebrou no Fórum, e no que os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer diferentes saídas profesionais. O Fórum Carballo tamén se converteu nos últimos anos nunha sede fixa dos cursos de verán da Universidade da Coruña. Ademais do curso sobre dinamización lingüística, que acadou no 2013 a súa novena edición, as instalacións da Milagrosa acolleron por terceiro ano un interesante obradoiro sobre turismo e mesmo foron o marco no que os estudantes da Escola de Arquitectura abordaron as estratexias do sector para estes tempos de crise. Por primeira vez, o Concello participou tamén neste mandato no programa europeo Leonardo da Vinci co proxecto Carballo en movemento: fomento da mobilidade no proceso de formación da xuventude local, que permitiu a máis de vinte mozos titulados mellorar a súa formación con estadías laborais de doce semanas de duración en Alemania, Italia, Polonia e Reino Unido, aumentando así as súas posibilidades de inserción no mercado de traballo e permitíndolles adquirir novas habilidades e experiencias profesionais.

os escolares “montan” no Pedibús No BNG cremos que a educación ten que ser transversal, e por iso este curso puxemos en marcha un proxecto de educación viaria co que, ao mesmo tempo, pretendemos fomentar hábitos de vida saudables entre os escolares e a implicación de toda a comunidade educativa na mellora da mobilidade urbana. O Pedibús botou a andar con 37 alumnos do CEIP Fogar, e hoxe son máis de 60, entre o Fogar e o Bergantiños, os nenos que van e volven do colexio a pé, un éxito que nos anima a seguir traballando para promover iniciativas que permitan recuperar as rúas de Carballo para os peóns.

promovemos o deporte e a cultura

obras de construción das novas aulas do CEIP Bergantiños

Así mesmo, o Concello de Carballo mantén un compromiso firme co deporte de base e federado, garantindo o acceso das entidades ás instalacións municipais, facilitando a celebración de torneos e apoiando á súa xestión. Pero ese compromiso tamén se reflicte nos orzamentos municipais, nos que este ano están consignados

A nova biblioteca empezará a funcionar este ano Xa empezou a conta atrás para a posta en marcha da nova biblioteca de Carballo, un novo éxito nas xestións dos parlamentarios do BNG no Congreso dos Deputados. A obra, financiada íntegramente polo Ministerio de Cultura, está rematada, e nestes momentos estamos a traballar para enchela de vida. A nova biblioteca, ubicada entre as rúas Bos Aires e Ecuador, porá os seus 1.500 metros cadrados ao servizo de nenos, adultos e, sobre todo, dos mozos, que contarán cun espazo de referencia en tecnoloxías e novas formas de ocio. O edificio, que servirá para reforzar o crecemento da zona do Rego da Balsa, convértese tamén nunha

130.000 euros para axudas ao deporte, o que supón un incremento do 16 % con respecto ao 2013. O goberno do BNG quere dar aínda un paso máis, e xa estamos traballando na creación do Consello Deportivo Municipal, un órgano consultivo que seguirá garantindo a participación das entidades na xestión deportiva.

Récord de ingresos nas instalacións municipais

os únicos que contan. O obxectivo de fomentar o deporte tamén se está a cumprir, xa que a día de hoxe as instalacións

municipais teñen 4.269 abonados e hai 1.875 persoas inscritas nas actividades que se levan a cabo nelas.

Carballo precisa outro pavillón O dinamismo de Carballo tamén se reflicte na actividade deportiva. O abano de entidades e de modalidades é cada día máis amplo, o que provoca que as instalacións municipais teñan un nivel de uso cada vez máis elevado. O goberno do BNG considera que chegou o momento de dar resposta a esa gran demanda, e no novo PXOM incluíu a reserva de solo necesaria para a construción dun novo pavillón polideportivo.

Dende o 1 de xaneiro deste ano, tras a disolución do Padroado Deportivo Municipal, a actividade deportiva é xestionada directamente pola Concellería de Deportes. A desaparición do ente autónomo despois de 30 anos responde a un proceso destinado a simplificar a administración e a optimizar esforzos, pero na práctica non suporá unha variación da xestión pola que apostou o BNG dende que chegou ao goberno e que tan bo resultado está a dar. No ano 2003 os ingresos propios do Padroado non superaban os 30.000 euros. Dez anos despois, no 2013 acadouse unha cifra récord de 645.000 euros. Pero os resultados económicos non son

aposta pola modernización da linguaxe urbanística de Carballo.

Manuel Facal, un profesor de luxo para a Aula de Gravado O goberno do BNG está decidido a apoiar a creación cultural, como ten demostrado coa posta en marcha la Aula Municipal de Teatro, a cesión de locais de ensaio, a promoción da formación musical ou a difusión da obra dos artistas locais. Nesa liña, o pasado mes de novembro empezou a funcionar a Aula de Gravado cun profesor de luxo, Manuel Facal Ponte. O artista carballés, recoñecido a nivel internacional, está a compartir a súa experiencia cos novos creadores, que xa teñen á súa disposición un espazo propio no Fórum Carballo.

a concelleira Mar Eirís con Manuel Facal na aula de gravado do Fórum


estamos coa veciñanza Un goberno non pode permanecer alleo ás necesidades da sociedade nin tampouco ás súas demandas. Mentres dende outras administracións o Partido Popular fai oídos xordos, o BNG de Carballo ten demostrado o seu compromiso coas causas que considera xustas.

R. López

comprometidos coas causas xustas

Apoiamos a demanda dos afectados polas participacións preferentes e subordinadas. O BNG non quere dar as cóstas aos milleiros de galegos, moitos deles carballeses, que perderon os aforros de toda a vida porque foron vítimas dunha estafa cometida polas entidades bancarias e consentida polos Goberno do Estado. Por iso apoiamos as concentracións que a plataforma de afectados organiza todos os xoves na nosa vila e por iso puxemos á súa disposición o Regulamento de Participación Veciñal para que tiveran voz no salón de plenos do Concello.

defendemos ás persoas o benestar dos carballeses é o primeiro Para o BNG, o benestar dos veciños e as veciñas de Carballo é o primeiro. Fronte á política de desmantelamento dos servizos básicos que están a practicar os gobernos do Partido Popular no Estado e na Xunta de Galiza, valoramos as dificultades polas que atravesan moitas familias, e nos últimos anos fomos incrementando o diñeiro destinado a servizos sociais para paliar os enormes recortes. O Servizo de Axuda no Fogar constitúe a aposta máis clara do goberno do BNG por mellorar o benestar das máis de 100 persoas dependentes no municipio de Carballo, malia que a Xunta de Galiza reduciu de 25.000 a 9.000 euros a súa

achega para atender o SAF de libre concorrencia. Para o BNG, as políticas sociais son prioritarias. Por iso pasamos das dúas auxiliares de axuda no fogar que había no 2003, cando empezamos a gobernar, a 16. Ademais, seguimos incrementando as subvencións a entidades sociais, que pasaron dos 15.000 euros do 2011 aos 25.000 que figuran no orzamento deste ano, e o programa de emerxencia social, que cobre necesidades tan básicas das familias como a alimentación, e que está financiado exclusivamente polo Concello de Carballo, rexistrou o aumento máis significativo, ao pasar de 12.544 euros no 2011 aos 60.000 deste 2014.

Como tamén a tiveron os veciños de Corcoesto e de toda a comarca que están a mobilizarse contra a explotación dunha mina a ceo aberto, un proxecto destructivo para o municipio de Cabana e para toda a comarca, un proxecto altamente contaminante promovido por unha empresa que, novamente baixo o paraugas das Administracións do PP, está disposta a destruír un pobo por uns poucos quilos de ouro.

Marema

Inés Rodríguez Muíño, veciña de Sofán e diplomada en Ciencias Empresariais, incorpórase ao grupo municipal do BNG tras a renuncia de Silvana Castro por motivos persoais. O relevo será completo, xa que a nova concelleira asumirá as competencias nas áreas de Benestar e Igualdade que con tanta responsabilidade e eficiencia desempeñou a súa antecesora. Este é o segundo cambio na composición do grupo nacionalista despois da marcha, en outubro do 2011, de Xosé Manuel García Guillín, que cedeu o seu posto no salón de plenos a Daniel Pérez.

vivendas para familias con necesidades Consciente do aumento das necesidades sociais como consecuencia da grave crise económica, promovemos a constitución da Mesa de Coordinación Social do Concello de Carballo, da que forman parte, ademais dos representantes de todos os partidos políticos da corporación, membros dos servizos sociais municipais, de Cáritas e da Cruz Vermella.

R. López

relevo no grupo municipal

FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS (SAF+PROGRAMAS 2012) 442.465 €

A concelleira de Sanidade, Carme Regueira, nas novas dependencias da UAD

a UAD estrea instalacións A Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD), que presta servizo a toda a Costa da Morte dende hai case vinte anos, vén de trasladarse á planta principal do edificio do antigo ambulatorio. O cambio foi, sobre todo, cualitativo, pero tamén cuantitativo, xa que as novas instalacións reformadas polo

Concello permitiron ampliar a carteira de servizos aos usuarios. A UAD pechou o 2013 con máis de 1.100 historias clínicas abertas, un dato que avala a aposta do goberno do BNG por seguir reforzando o servizo malia que ano tras ano a Xunta de Galiza segue recortando as axudas para esta finalidade.

centro de día para maiores e nova escola infantil O BNG tivo que remar contracorrente, pero iso non lle impediu poñer en marcha neste mandato a segunda escola infantil de Carballo. Aínda que a Xunta de Galiza rompeu unilateralmente o convenio asinado no ano 2008, o goberno municipal acadou o financiamento necesario para a construción da escola A Braña, un centro que está a paliar a elevadísima demanda de prazas para nenos de 0 a 3 anos, pero que segue sendo insuficiente para un municipio en constante crecemento e cunha poboación moi nova, o que nos plantexa novos retos de futuro.

Rexeitamos a reforma da Lei do Aborto O grupo municipal do BNG de Carballo expresou no pleno de decembro o seu rexeitamento á modificación da Lei do Aborto promovida polo goberno de Mariano Rajoy e que supón un inaceptable retroceso nos dereitos sociais. Os concelleiros do goberno quixeron que a súa postura fora visible para toda a sociedade, e por iso asistiron á última sesión plenaria do ano con camisetas reivindicativas.

Pero igual que a lista de agarda pon en evidencia que a reivindicación da segunda escola infantil estaba plenamente xustificada, o feito de que no centro de día da praza de Vigo, inaugurado tamén este mandato, tampouco haxa prazas libres demostra que en Carballo facían fallan servizos para as crianzas, para as familias e para as persoas maiores como os que se foron conseguindo, malia as trabas da Xunta de Galiza, nestes anos de goberno.

A última medida adoptada pola Mesa de Coordinación Social foi a creación dunha BOLSA DE ALUGUER que permitirá garantir a familias desafiuzadas o seu dereito constitucional a unha vivenda. O Concello de Carballo ofrece alugueres a prezo tasado, que nunca superará os 150€ ao mes, e recompensa aos propietarios que ceden as

súas vivendas con 250€ para que asuman o seu pago do IBI e da taxa de lixo; ademais, o Concello suscribe dous seguros, un multirrisco e outro de impagos, para cubrir calquera posible continxencia. Mentres a banca se nega a ceder as vivendas que ten en propiedade, e a Xunta de Galiza está a denegar dun xeito sistemático a renda de integración social (Risga) ás persoas paradas sen subsidio de desemprego co argumento de que non son un colectivo en risco de exclusión, o goberno do BNG está priorizando accións de responsabilidade e soliedaridade que respondan as crecentes necesidades sociais derivadas da crise.


BNG Carballo Hórreo 14-16, 3ºesquerda 15100 Carballo 981 704 063 www.bng-galiza.org/bergantiños www.facebook.com/bng.carballo @bng_carballo


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.