O Anllóns 37

Page 1

Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 1

O ANLLÓNS boletín informativo do Bloque Nacionalista Galego de Carballo · nº 37 · marzo 2015

#dependedenós


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 2

“A medida que se acercan as eleccións hai grupos que intentan pescar en río revolto” Avalado pola xestión realizada á fronte da alcaldía, afianzado pola súa capacidade para seguir convertendo Carballo nun bo lugar para vivir malia gobernar en minoría e lexitimado pola cidadanía a través das Asembleas Abertas, Evencio Ferrero Rodríguez preséntase de novo ás eleccións municipais para seguir sendo o alcalde de todas e todos os carballeses. Fronte a unha oposición que estivo desaparecida ata agora, o alcalde de Carballo sempre deu a cara e está disposto a seguir dándoa. Como resultou a experiencia do goberno en solitario e en minoría? Malia todas as dificultades, Carballo sobreviviu ao sobresalto. Nesa inestabilidade hipotética dun concello gobernado por un grupo en minoría, creo que se foi levando o debate municipal con moita madurez por parte de todos os grupos políticos. Por parte do goberno intentouse sacar adiante as propostas, e na gran maioría dos casos conseguiuse. Pero tamén é verdade que neste último período do mandato acentuouse a necesidade dun goberno máis estable e reforzado. Creo que esa é a gran necesidade: un goberno con capacidade de actuación para o futuro, e o goberno do BNG sempre procurará seguir gobernando para mellorar Carballo.

“Se gobernase o PP hoxe estariamos pagando por aparcar, porque esa era a súa proposta cando se aprobou a zona azul”

Se tivese que destacar un único aspecto do mandato, cal sería? O balance económico do Concello, que é excelente, extraordinariamente bo, e iso conseguiuse a base de moito esforzo e moita xestión. Sobre todo tendo en conta as dificultades por parte do Ministerio de Facenda, que dificultou enormemente a capacidade de investimento das Administracións locais. Temos un Concello cun remanente de tesourería histórico para seguir acometendo as melloras necesarias, pero que por esas limitacións do Ministerio non se poden facer. E temos unha débeda que non chega aos 40 euros por habitante, mentres que cando o BNG chegou ao goberno no 2003 era seis veces máis. Non é doado entender que haxa cartos e non se poidan gastar... Efectivamente. Necesidades hai moitas, e ademais unha sociedade sempre ten que ter ese espírito de superación e mellora permanente. É evidente que temos que seguir avanzando, pero tamén é verdade que neste mandato houbo moitos problemas para facelo por culpa desas disposicións legais. Aínda así, no Concello de Carballo chegamos a eses excelentes resultados económicos sen facer recortes en educación, nin en servizos sociais, nin en cultura ou deporte. Nese aspecto Carballo é un referente de como se pode facer xestión pública sen ir ao recorte fácil. E a próxima corporación estará nunhas condicións económicas moi favorables para atender todas esas necesidades que nos seguen presentando.

Evencio Ferrero Rodríguez Alcalde de Carballo E todo iso sen subir os impostos. Carballo como cabeceira de comarca foi capaz de seguir medrando todos estes anos cunha baixísima presión fiscal e sen estar próximo ás áreas urbanas. Dentro dese novo marco legal do que falabamos está unha disposición do Goberno do Estado que obriga a que todos os servizos se autofinancien. Pero podemos comparar datos con calquera outro concello, máis grande ou máis pequeno, e concluiremos que Carballo ten cargas impositivas moi baixas. Non ten porque ser un valor en si mesmo cobrar pouco ou moito, o que si é un valor en si mesmo é que todos temos que contribuír, e esa universalización do esforzo é o que nos ten que facer máis fortes, que todo o mundo contribúa, porque do contrario é cando se producen as inxustizas. Cando a oposición critica a política fiscal está vendendo fume? Esa é unha irresponsabilidade por parte de quen fai determinados argumentos, porque goberne quen goberne o lixo hai que cobralo, o saneamento hai que cobralo, e o ingreso


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 3

ten que estar equilibrado co gasto. A propia lei obriga a facelo así, independentemente de que a algúns agora nos toque tomar esa decisión. E ao mesmo tempo é unha necesidade social, porque as sociedades non poden soportarse baixo o principio de que paguen algúns para beneficiar a outros. Eu creo que aí temos que intentar protexer aos máis desamparados, pero as obrigas todos temos que soportalas, e os servizos públicos, como o lixo ou o saneamento, teñen un custe e todos temos que asumilo.

“Carballo como cabeceira de comarca foi capaz de seguir medrando todos estes anos cunha baixísima presión fiscal e sen estar próximo ás áreas urbanas” Que pensa dos ataques á política de humanización? No seu momento algúns defendemos a zona azul, e creo que foi un gran acerto. Sen dúbida ningunha, se gobernase o PP hoxe estaríamos pagando por aparcar, porque esa era a súa proposta. Foi nunha situación de minoría, na que polas diferenzas internas do propio PP conseguiuse implantar un sistema alternativo que era o que nós propoñíamos, a zona azul, e agora comerciantes, sociedade... todos aplauden aquela decisión. E eu estou convencido tamén de que o modelo que se está implantando na actualidade é favorecedor para que a xente vexa Carballo como un bo lugar para vivir, pero tamén para que o comercio desenvolva con máis normalidade a súa actividade e amplíe a súa carteira de clientes. Estamos convencidos de que é bo para o conxunto da sociedade, e sobre todo para o comercio. Cal é a súa lectura da repentina aparición mediática dos partidos da oposición despois de estar agochados durante todo o mandato? A medida que se acercan as eleccións hai grupos que intentan pescar en río revolto, dicindo en dous meses o que non defenderon en tres anos, pero o que lle temos que trasladar á sociedade carballesa é que un goberno non pode estar pendente de vaivéns electorais, senón que as decisións hai que tomalas independentemente de que coincidan a dous, tres ou catro meses das eleccións. E ademais, como se dá a circunstancia de que estamos en minoría, hai grupos que intentan mover o avespeiro para ver se alguén pica por algún lado. Eu espero que a sociedade carballesa sexa o suficientemente madura para darse conta de que o Concello de Carballo está ben xestionado, moi ben xestionado. É certo que os tres primeiros anos foron moi tranquilos. Aí demostramos a capacidade do goberno do BNG de gobernar

en solitario, e agora mesmo a sociedade xa o percibiu. Esperemos que no próximo mandato teñamos máis estabilidade, pero estas polémicas alimentadas dende abaixo, estes movementos finais, creo que están moi relacionados con esa proximidade electoral. Como ve Carballo cunha maioría absoluta do BNG? Neste tempo déronse primeiros uns pasos para facer de Carballo un bo lugar para vivir. O centro xa é un lugar atractivo, e no próximo mandato temos o reto de irradiar ese dinamismo ao resto dos barrios. No mandato anterior fíxose o Fórum, que significou un exemplo de dignificación urbana na Milagrosa. Para o próximo está aprobado o proxecto do Chorís, e é evidente que o Barrio das Flores necesita tamén unha intervención e aí teremos que actuar. Pero, por suposto, tamén no conxunto do territorio. Seguiremos mellorando a calidade dos servizos no rural. Co proxecto Anllóns-Bardoso temos capacidade para abastecer de auga potable todos os lugares de máis de 50 habitantes, e no próximo mandato faremos o abastecemento ás parroquias da costa, que é unha necesidade para impulsar o seu desenvolvemento. E tamén outras actuacións como o centro social de Ardaña ou a mellora do entorno das Eiroas.

“A próxima corporación estará nunhas condicións económicas moi favorables para atender as necesidades dos veciños” Pero Carballo non só é un bo lugar para vivir, senón tamén para investir E a proba é que a última oferta de solo no polígono industrial foi un éxito e hai dez parcelas adxudicadas e grandes empresas que apostaron por Carballo. Polo tanto imos ver un gran impulso ao polígono industrial e iso será tremendamente positivo. Ao comezo do mandato tamén estará formalizada a adhesión de Carballo ao transporte metropolitano, tanto da Coruña coma de Santiago, e iso redundará en beneficio de todas as persoas que utilicen ese transporte colectivo. Antes A Coruña estaba a 33 km. de Carballo, esperemos que moita xente se dea conta de que Carballo tamén está a 33 km da Coruña e que sexamos capaces de atraer a moitas persoas que veñan a desfrutar, a pasear, a comprar, a vivir e a convivir nun sitio coma Carballo. É un deseño moi groso de por onde ten que ir o próximo mandato, pero sen descoidar as cuestións pequenas e sabendo que por moito que se planifique a persoa que teña unha necesidade dun punto de luz ou un bache vaino demandar, e por iso tamén estaremos nas cousas pequenas, por suposto, á parte de seguir traballando nese Carballo do futuro.


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 4

#unbolugarparavivir Unha vila renovada, dinámica e con mellores servizos

Carballo experimentou nos últimos anos unha transformación urbana sen precedentes. Ampliamos os servizos e descentralizámolos para irradiar dinamismo aos barrios, melloramos a mobilidade peonil apostando tamén polas persoas, seguimos reforzando a identidade do noso pobo con edificios singulares que nos reconcilian coa historia e ata empezamos a derrubar muros... con pintura. Agora temos outro Carballo: máis atractivo, máis cómodo, máis familiar, máis comercial, máis accesible, más limpo, máis activo... Agora Carballo é un lugar moito mellor para vivir.

O BNG quere que Carballo volva a ser esa “vila fermosa, alegre, ben trazada e con personalidade” que describía o escritor Eugenio Carré Aldao a principios do século XX. Carballo necesita o Plan Xeral de Ordenación Municipal no que vimos traballando nos últimos anos, dando voz e voto non só a todos os grupos políticos, senón tamén á cidadanía; un PXOM que vén de ser aprobado por unanimidade da corporación municipal, e que só está pendente do visto bo definitivo da Xunta de Galicia; un documento no que definimos as intervencións no territorio que van impulsar a nosa vida económica, social, cultural... O BNG cumpre. Os edificios e os espazos públicos da época de Carré Aldao que puideron marcar a diferenza sucumbiron ao paso do tempo, pero as novas tendencias arquitectónicas parecen concibidas para saldar esa débeda e rachar coa crenza de que o noso era un pobo sen personalidade. Dende o Concello de Carballo, o BNG está a buscar novos referentes. O mercado municipal, o Fórum ou a Biblio-

teca Rego da Balsa, inaugurada neste mandato, son xa símbolos arquitectónicos do novo Carballo. Nese Carballo, o máis urbano, que pouco a pouco vai adquirindo aspecto de cidade, o actual goberno municipal puxo en marcha unha política de humanización directamente relacionada coa mobilidade. Apostamos polo tráfico calmado construíndo pasos de peóns elevados, instalando aforadores de velocidade, implantando direccións únicas e reducindo a velocidade. Queremos recuperar as rúas para os nen@s, os maiores, as persoas con mobilidade reducida... pero tamén para os carriños de bebé, para os miles de veciños e visitantes que se desprazan os domingos de feira entre a praza do Concello e A Milagrosa, para os ciclistas, para as persoas de todas as idades que se botan a andar a diario: no pedibús, seguindo as rutas do Metrominuto, explorando as sendas fluviais que estamos a acondicionar ou indo de compras por un centro urbano cada vez máis accesible, atractivo e comercial.

OBRAS URBANAS PERÍODO 2011-2014 Conservación do pavimento das rúas do casco urbano de Carballo 513.051 € Retranqueo rede de saneamento na rúa Perú 22.899,63€ Biblioteca Rego da Balsa 1.199.588€ Complementario nº1 ao proxecto de execución da Biblioteca Rego da Balsa 60.348,75€ Infraestruturas Fórum Carballo 56.640,00€ Recuperación enerxía solar para ACS na piscina Carballo Calero 34.672,18 € Climatización piscina Carballo Calero 104.532,87€ Reforma da sala de caldeiras da casa consistorial do Concello de Carballo 99.919,02€ Contrato obra menor para acondicionamento de local para vestiarios no pavillón do colexio Fogar 31.400€ Melloras na seguridade e accesibilidade nas gradas do pavillón Vila de Noia 12.886,50€ Adecuación e mellora contedores soterrados no mercado municipal 31.390,59€


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 5

Os proxectos de humanización esténdense polo casco urbano RÚA AMBULATORIO

RÚA VILA DE NOIA

O CHORÍS

O goberno do BNG saldou unha antiga débeda na rúa do Ambulatorio coa finalidade de mellorar a seguridade peonil nunha vía pola que circulan a diario centos de persoas. Cun investimento de 165.204 euros, financiados con fondos propios, foi posible renovar os servizos e construír unha beirarrúa pola marxe esquerda.

O Concello de Carballo realizou neste mandato unha primeira actuación no entorno do complexo educativo e deportivo Vila de Noia coa finalidade de mellorar a accesibilidade. Cos 27.577 euros investidos foi posible transformar e humanizar un espazo urbano utilizado a diario por máis de mil persoas.

Un dos próximos proxectos de humanización levarase a cabo no barrio do Chorís. O goberno do BNG investirá 466.605 euros na mellora das beirarrúas, a renovación dos servizos, a reordenación dos aparcadoiros e do tráfico rodado, a creación dunha pista perimetral deseñada para camiñar e correr e a plantación de árbores e céspede.

RÚA VALLE INCLÁN

RÚA COLÓN

RÚA MARTÍN HERRERA

Dende que se levaron a cabo as obras de reurbanización, a Valle Inclán é unha das rúas máis comerciais do centro. O Concello de Carballo investiu preto de 200.000 euros nun proxecto que incluíu a renovación dos servizos, a creación dunha plataforma única de prioridade peonil e a instalación de novo e moderno mobiliario urbano.

A obra de reforma da rúa Colón está a piques de rematar. A intención do goberno municipal é estender a esta céntrica vía o modelo utilizado na Valle Inclán co obxectivo de seguir humanizando o centro e favorecendo a actividade comercial e hostaleira. O proxecto, financiado con cargo ao plan DTC, ten un orzamento de 241.500 euros.

A humanización do centro urbano chegará moi pronto tamén á rúa Martín Herrera. O proxecto está valorado en 350.000 euros, que serán financiados polo Concello de Carballo con cargo ao orzamento deste ano, e inclúe a integración do adro da igrexa no deseño desa céntrica e histórica vía. As obras empezarán no verán.


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 6

#18boslugaresparavivir A transformación da zona rural de Carballo é un feito OBRAS REALIZADAS NO PERÍODO 2011-2015 OBRAS REALIZADAS OU EN CURSO Retranqueo de muros na Travesía de Fondal á igrexa de Bértoa 29.340,02€ Reposición de camiños nas parroquias do concello de Carballo 81.762,14€ Capa de rodadura en Xoane, parroquia de Goiáns 113.059,93€ Capa de rodadura no lugar de Añón, parroquia de Berdillo 136.509,81€ Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños das parroquias de Carballo, Goiáns, Oza, Lema, Rebordelos, Sofán, Berdillo, etc. 98.131€

Recuperación de espazos naturaios, na foto praza de Sofán

Rebacheo e mellora da capa de rodadura en varios camiños das parroquias de Rus, Artes, Bértoa, lema, Goiáns, Sísamo, Sofán e Carballo no Concello de Carballo 74.620,70€

A transformación da zona rural de Carballo é un feito

Mellora da capa de rodadura nos lugares de Ferradal (Bértoa) e Paraíso (Berdillo) 102.971,00€

Dende que chegou ao goberno no ano 2003, o BNG propúxose acabar coas enormes diferenzas que existían ata ese momento entre unhas parroquias e outras co obxectivo de convertelas en 18 bos lugares para vivir. Hoxe a transformación da zona rural de Carballo é un feito, e nos últimos anos demos pasos de xigante para seguir equiparando as infraestruturas e os servizos que reciben as carballesas e os carballeses á marxe do lugar no que residan. Nós non cremos na política de asfaltados e puntos de luz tan propia doutras épocas. Queremos que as nosas parroquias teñan unha rede viaria acorde aos novos tempos, por iso non nos conformamos con bachear as pistas, senón que as ampliamos e acondicionamos para mellorar a mobilidade de peóns e condutores. Queremos que as nosas aldeas teñan un alumeado á altura das grandes cidades, eficiente e intelixente, e por iso substituímos 7.500 lámpadas de vapor de sodio por leds en todo o territorio municipal. Queremos que toda a cidadanía teña acceso á educación, ao deporte, á cultura, aos servizos sociais... E por iso melloramos as escolas, fomentamos o uso das instalacións deportivas e creamos unha rede de centros socioculturais que seguiremos estendendo por todo o concello.

Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños nas parroquias de Sísamo, Cances, Oza, Razo e Lema 188.155€ Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños das parroquias de Razo, Sofán, Berdillo, Lema, Aldemunde, Goiáns e Carballo 84.458€ Mellora accesos ao cemiterio de Berdillo 28.619,78€ Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños das parroquias de Oza, Entrecruces e Rus, no Concello de Carballo 44.672,35€ Plan de Mellora de camiños 2013. Mantemento de camiños públicos nas parroquias de Rus, Entrecruces, Ardaña e Berdillo 101.050€ Ampliación e reparación en varias vías estruturantes das parroquias de Noicela, Lema, Oza, Bértoa, Sísamo e Goiáns 220.153,45€ Rebacheo e reparación en varios camiños das parroquias de Carballo e Sofán 214.353,23€ Reparación de vías forestais municipais danadas polos temporais no Concello de Carballo (en tramitación) Reparación das vías secundarias do Concello de Carballo nas parroquias de Razo, Lema, Noicela, Vilela, REbordelos, Cances, Goians, Sísamo, Oza, Bertoa e Carballo 107.422€ Subministro sinalización turística 47.140€ Construción de sobreanchos e mellora do firme en varios camiños das parroquias de Berdillo e Sofán 203.866,85€ Sobreanchos e reparación de pistas nas parroquias de Berdillo, Sofán e Rus 151.190€ Aglomerado con MBC de varios treitos de estradas locais nas parroquias de Oza, Razo e Lema 76.859€

antes

Mellora de pistas en Cances Grande 189.765€ Retranqueo da liña de baixa tensión na travesía de Fondal á Igrexa de Bértoa 41.417,17€ Soterramento de infraestruturas eléctricas en A Piña (Sofán) 108.344,03€ Substitución das lámpadas de vapor de sodio por leds en 7.500 puntos de luz do municipio incluído no contrato de xestión do alumeado público Praza de Sofán 160.219,37€

agora Cambio das antigas lámpadas por leds na Brea

Reparación danos temporais en Razo e Baldaio 40.361,69€


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 7

Saneamento e abastecemento de auga ao 100% do territorio Nos últimos oito anos implantamos o saneamento na maior parte da zona rural grazas a un investimento de máis de 14 millóns de euros. Antes do 2007 non existía ningunha grande depuradora na zona rural, pero hoxe hai 5 EDAR, 17 pequenas depuradoras e 23 bombeos que dan servizo a case 4.000 vivendas, rematando así co grave problema medioambiental que supoñía a inexistencia dun tratamento axeitado das augas residuais. Grazas ás novas infraestruturas postas en marcha polo Concello de Carballo, o saneamento chega hoxe ao 90% da poboación, que xa non ten que depender de pozos negros ou custosos sistemas alternativos. O noso obxectivo é estender ao 100% da poboación a rede de saneamento, pero tamén a de abastecemento de auga. Grazas ao proxecto Anllóns-Bardoso, que vimos de rematar, garantiremos o subministro en cantidade e calidade non só ao casco urbano e as parroquias limítrofes, senón ao resto do territorio. No próximo mandato estenderemos o servizo a todas as parroquias costeiras, e nunha terceira fase cubriremos a zona do interior ao longo das estradas de Santiago e Ordes.

OBRAS REALIZADAS NO PERÍODO 2011-2015 OBRAS HIDRÁULICAS Proxecto Anllóns-Bardoso. Posta en valor dos ríos 4.145.796,56€ Rede de saneamento en Bas (Goiáns) 65.947,67€ Rede de saneamento en San Lois (Ardaña) 51.382,27€ Rede de pluviais en Queo (Bértoa) 50.740,00€ Rede de saneamento en Queo (Bértoa), 3ª fase 46.846,00€ Ampliación da rede de saneamento en As Torres (Oza) 23.784,00€ Rede de saneamento en San Miro (Berdillo) 28.104,89€ Mellora de saneamento augas residuais en A Brea 18.862,23€ Rede de saneamento en Rus 79.201,60€ Separativa fecais – pluviais polígono de Bértoa 89.873,73€ Rede de saneamento en Artes 57.092,64€ Mellora da rede de saneamento nas parroquias de Ardaña e Rus 74.052,00€ Rede de saneamento en Pedra Furada (Sísamo) 31.460,00€ Rede de saneamento en Castelo (Vilela), 2ª fase 112.827,65€ Rede de saneamento en A Brea 19.426,50€ Mellora do abastecemento en Xoane (Goiáns) e Carracedo (Ardaña) 91.925,55€

Sustentabilidade e calidade para un proxecto turístico que se estende a todo o concello A creación da marca Carballo a un paso permitiu artellar as ferramentas necesarias para desenvolver unha política turística baseada na aposta pola sustentabilidade, a calidade dos servizos, a identificación dos nosos recursos con sinais convencionais pero tamén con códigos QR , a presenza online grazas á web turismocarballo.com e ás redes sociais e a presenza física en feiras, congresos e eventos culturais e deportivos, a mellora da formación dos profesionais do sector e a posta en marcha de iniciativas coma Carballo Inter Play ou Derrubando Muros con Pintura, que nos converten nunha referencia para artistas e creadores de todo o mundo. Na procura dos obxectivos de sustentabilidade e calidade, neste mandato elaboramos a primeira ordenanza de usos para as nosas praias, nas que tamén implantamos dous certificados de calidade medioambiental e de servizos que van moito máis alá da bandeira azul. E como somos conscientes do enorme potencial que ten o noso litoral, puxemos en marcha os proxectos Carballo Senda do Mar e Carballo Mirando ao Mar coa intención de converter o turismo nun motor de desenvolvemento económico e xeración de emprego.


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 8

36 ANOS DE COMPROMISO CON CARBALLO Esta fotografía representa 36 anos de compromiso cun proxecto chamado Carballo. As mulleres e os homes do BNG que veñen defendendo os intereses das carballesas e carballeses dende 1979 renovaron ese compromiso nunha emotiva xuntanza á que tamén se sumaron os dous novos candidatos que axudarán a darlle continuidade a ese proxecto a partir das eleccións municipais de maio. Para o BNG, Carballo é unha forma de entender a acción política, pegada ás persoas, sensible cos problemas e comprometida coas solucións. A todas e todos os que estiveron, están e estarán dispostos a comprometerse con Carballo, moitas grazas.

De pé, de esquerda a dereita: Mar Eirís, Benedicto Viña, Manuel Pan, Xosé Souto, Juan Ramón García del Río, Jos Xosé Regueira, Inés Rodríguez, Primitivo Reguera, Adela Rodríguez, Daniel Pérez, Leonardo Fariña, Luis Lam Milagros Lantes, Miguel Vales, Mª Carmen Regueira, Maica Ures, L


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 9

José Antonio Periscal, Xosé Nogueira, Esther Rodríguez, Manolo Nogueira, Evencio Ferrero, Pepe Salvadores, amas, Belén Lendoiro. Sentados, de esquerda a dereita: Dores Silveira, Marcos Trigo, José Ramón Fraga, , Lourdes Rei Fau (Na nosa lembranza, Balbino Lamas Rodo).


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 10

#transparenciaencarballo Un concello forte e saneado para afrontar os retos do futuro A xestión económica do BNG á fronte do Concello de Carballo é un exemplo. Cos pagos ao día, unha débeda case inexistente, un nivel altísimo de ingresos e un remanente de tesourería de case 6 millóns de euros, o noso concello está nas mellores condicións para afrontar os retos dos próximos anos.

pronto pago a provedores, a redución da débeda, a escasa carga financeira e o altísimo nivel de ingresos. Acadamos a estabilidade económica e soubemos adaptarnos ao novo contexto de crise, caracterizado pola merma dos ingresos procedentes do ICIO e a suba escandalosa do IVE, que repercute en todos os gastos correntes e servizos que presta o Concello de Carballo. E todo iso mantendo unha presión fiscal moi baixa.

Cal foi o resultado económico do 2014?

Como é posible que o Concello de Carballo teña unha das presións fiscais máis baixas de toda a zona e mesmo de Galicia?

O Concello de Carballo pechou o ano cun remanente de tesourería de 5.989.656 euros. Esta é a cantidade que terá dispoñible a próxima corporación para gastos xerais a maiores do orzamento. A liquidación do 2014 pechouse con 21,15 millóns de ingresos e 20,13 de gastos, cumprindo así o plan de estabilidade que houbo que facer ao principio do mandato debido ao retraso dos fondos europeos para proxectos como o Fórum Carballo. A 31 de decembro, os fondos líquidos en caixa eran de 7,24 millóns de euros. Cal é a débeda do Concello? A débeda é de 40 euros por habitante, cinco veces menos que no ano 2003. En que baseou o BNG a súa xestión económica para acadar estes resultados? Unha das claves foi o control do gasto, que se traduciu no

Dende o BNG sempre defendemos que a suba dos impostos ten que ser progresiva, e pois iso sempre aplicamos incrementos asociados ao IPC. En canto ás taxas, a lei di que os servizos públicos deben autofinanciarse. Por exemplo, a suba escandalosa do canon de Sogama implica que o Concello de Carballo ten que pagar un 34% máis polo tratamento dos residuos. Como podemos compensar esa suba? Ou ben incrementamos a taxa que pagan todas as vivendas ou ben incluímos no padrón todas aquelas vivendas nas que se poida vivir, que ata o de agora non contribuían ao sostemento do servizo. Como se presenta o próximo mandato? O novo goberno municipal terá un escenario envexable, cun Concello saneado, ao día nos pagos e solvente.

Cadro comparativo dos impostos municipais Concellos

Recollida lixo

Imposto sobre vehículos

IBI

A Coruña

128,35 €

66,86 €

0,60 - 0,60

A Laracha

86,33 €

63,64 €

0,40 - 0,30

Arteixo

110,25 €

122,88 €

0,40 - 0,65

Carballo

64,28 €

79,10 €

0,416 - 0,40

Coristanco

107,91 €

76,71 €

0,55 – 0,80

Fene

117,16 €

91,19 €

0,678 – 0,64

Malpica

86,33 €

73,51 €

0,60 – 0,45

Narón

129,76 €

86,04 €

0,70 - 0,70

Ordes

100,72 €

80,88 €

0,60 – 0,60

Ponteceso

89,93 €

76,50 €

0,55 – 0,65

Ribeira

123,74 €

93,12 €

0,40 – 0,40

Santiago

121,40 €

74,04 €

0,57 – 0,57

datos exercicio 2015

A Lei de Transparencia aprobada o 9 de decembro do 2013 obriga a publicar os bens e o patrimonio dos altos cargos na súa toma de posesión e ao remate do mandato. En cumprimento desta disposición, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, fai pública a súa declaración da renda en www.carballo.gal. Na imaxe da dereita, nómina correspondente ao mes de febreiro do 2015.

TOTAL LÍQUIDO 2.108,75€


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 11

#unbolugarparasernen@

Carballo é un lugar moito mellor para os nenos e nenas que hai 12 anos. Pero ao longo deste último mandato non só seguimos mellorando as escolas e os parques de xogos, reforzando programas coma o Concilia, e organizando actividades coma a Semana do Libro e a Lectura ou os obradoiros de nanas, senón que ademais puxemos en marcha novas iniciativas e infraestruturas educativas, sociais e culturais e demos importantes pasos cara a autonomía infantil. No BNG cremos que un lugar que sexa bo para os nen@s será bo para todos. Coa posta en marcha da ESCOLA INFANTIL A BRAÑA incrementamos un 160% as prazas públicas para bebés de 0 a 3 anos. Pero as 164 prazas que ofrecemos entre os centros de A Braña e As Landras seguen a ser insuficientes para un concello en constante crecemento, o que nos marca un novo reto para o futuro. A AMPLIACIÓN DO COLEXIO BERGANTIÑOS tamén contribuíu a paliar o histórico problema de escolarización que viñamos padecendo en Carballo. A Administración autonómica respondeu, por fin, ás nosas insistentes demandas coa creación de nove unidades para alumnos e alumnas de 3 a 5 anos. Dende o goberno municipal de Carballo seguiremos reivindicando a construción dun novo centro de infantil e primaria. Os alumnos do CEIP Bergantiños, ao igual ca os do Fogar, empezaron neste mandato a ser un pouco máis autónomos. A posta en marcha do PEDIBÚS o curso pasado marcou un antes e un despois nos hábitos de desprazamento dos nenos ao cole. Seguiremos traballando na creación de novas rutas e na implicación non só da comunidade educativa, senón da sociedade carballesa no seu conxunto, nunha iniciativa que pretende converter as rúas en ámbitos máis seguros para os peóns, fomentar unha mobilidades sostible e saudable, favorecer a aprendizaxe da educación viaria e contribuír ao

contacto directo dos pequenos coa súa contorna, o seu barrio e as súas xentes. Nese camiño cara a autonomía infantil tamén xoga un papel importante outro dos proxectos que botaron a andar neste mandato: o HORTO INFANTIL ECOLÓXICO, unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica na que participan máis de 1.000 nenos e nenas do CRA Ponte da Pedra, os colexios Nétoma-Razo, Gándara-Sofán, Artai, San Luís Romero e Bergantiños e a escola infantil As Landras, e aos que pronto se unirán 60 nenos de A Braña. Pero non se trata unicamente de que os rapaces entren en contacto coa terra e a agricultura, senón tamén de promover a alimentación saudable, a mobilidade sostible (moitos van a pé ata o horto situado na rúa Nardos) e o consumo responsable, e mesmo de empezar a crear conciencia emprendedora. Moi pronto veremos aos pequenos vendendo as súas colleitas na PEQUEFEIRA.


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 12

#unbolugarparasermoz@ Co BNG en Carballo non hai espazo para o aburrimento. Se es moz@ tes ao teu dispor unha multitude de recursos municipais cos que pretendemos satisfacer as túas expectativas nos ámbitos da cultura, o medio ambiente, o deporte, a música, o emprendemento, a creatividade... Neste mandato puxemos en marcha novas infraestruturas, coma a biblioteca Rego da Balsa, e novas propostas, como Carballo Inter Play, Carballo Mirando ao Mar ou Derrubando Muros con Pintura, nos que queremos que ti tamén teñas cabida. Moi pronto reunirémolos todos na primeira GUÍA DE RECURSOS PARA A MOCIDADE CARBALLESA.

MÚSICA Xa sabes que no Pazo da Cultura de Carballo ten a súa sede o Conservatorio de Música. Poñemos á túa disposición seis locais de ensaio para solistas e grupos que che sairán totalmente gratis. E quen sabe se participarás no próximo Son Carballo, o disco que imos sacar con 18 grupos do noso concello.

ARTES Carballo é unha excelente canteira de artistas, como están a demostrar os participantes en iniciativas coma Contos de Taberna (este ano serán Contos do Comercio Tradicional) ou Derrubando Muros con Pintura. Xa estamos pechando o programa do Festival Rexenera, no que mesturaremos música e artes plásticas, e á volta da esquina temos o segundo Carballo Inter Play, o festival de webseries que nos situou no mapa internacional da creación audiovisual. Neste NOVAS mandato tamén puxemos a andar a Aula TECNOLOXÍAS de Teatro e a Aula de Gravado do A Biblioteca Rego da Fórum. E se queres expoñer, Balsa, marcou un antes e un traenos o teu proxecto. O BNG despois na oferta xuvenil do apoia aos artistas locais. Concello de Carballo. Agora tes unha FORMACIÓN E EMPREGO Neste mandato o Concello de Carballo participou no programa europeo Leonardo da Vinci, sempre poñendo os medios ao noso alcance para combater o paro e paliar os escasos investimentos das Administracións que teñen competencias en materia de emprego. Se estás desempregad@ acude á Bolsa de Traballo (BDT), un servizo municipal de inserción laboral que tamén che ofrece formación adaptada ás túas necesidades. E se queres dar o paso do emprendemento, na Oficina de Promoción Económica (OPE) guiámoste nese camiño.

sección específica para ti, con libros, wi-fi, zona de estudo, tablets, películas, vídeoxogos... Tamén segues tendo a túa disposición a outra biblioteca, xunto ao museo de Bergantiños. Se pertences a algunha entidade e precisades un aula con ordenadores para impartir cursos, solicita a Aula de Informática do Pazo da Cultura.

DEPORTE Carballo Deporte xa é unha marca de referencia, tanto polo labor que desenvolven as entidades coma pola oferta de instalacións e servizos municipais. Dous pavillóns, dúas piscinas climatizadas, dúas salas fitness, campos de fútbol, circuíto de radio control, circuíto do motor... Seguimos mellorando os recursos deportivos, facilitando o acceso das entidades ás instalacións e ampliando as actividades, accesibles para tod@s grazas a unhas tarifas moi reducidas. O noso próximo obxectivo: construír un terceiro pavillón.


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 13

#unbolugarparabotarraíces O benestar social é o noso obxectivo prioritario O orzamento do Concello de Carballo é o indicador máis obxectivo e fiable do tipo de políticas que está a desenvolver o BNG. O diñeiro dos carballeses invístese, sobre todo, no benestar comunitario, é dicir, no mantemento de servizos públicos indispensables coma o saneamento, a recollida do lixo, a limpeza viaria, o abastecemento de auga, a rede viaria ou o alumeado. Pero o noso concepto de benestar vai máis aló. Á hora de xestionar os recursos públicos, dende o goberno municipal facemos un importante esforzo na protección social, a promoción económica e o fomento do emprego, o deporte, a cultura e a educación. Todo para que Carballo sexa ese lugar no que todas e todos queremos botar raíces.

Benestar=emprego En materia de emprego, o goberno municipal actúa dende dúas frontes. Por unha banda, a través da Oficina de Promoción Económica, mellorando a formación de sectores estratéxicos da economía local coma o comercio ou a hostalería, promovendo o emprendemento dende idades temperás, apoiando as iniciativas das entidades empresariais e asesorando aos emprendedores. Por outra, dende o servizo de Formación e Emprego, cunha Bolsa de Traballo na que xa están rexistradas máis de 1.500 persoas e un completo programa formativo orientado a fomentar a inserción laboral das persoas desocupadas. O groso da actividade municipal en materia de emprego concéntrase no Fórum Carballo, que o ano pasado acolleu 225 xornadas formativas e informativas.

Benestar=ocio A oferta de ocio multiplicouse nestes últimos anos. Dende o Concello puxemos creamos a marca #quedamosencarballo para apoiar propostas de colectivos sociais e organizar directamente actividades como Dálle un bocado ao FIOT. Ocio en Carballo é sinónimo de teatro, música, exposicións, fotografía, literatura, arte, creación audiovisual... Como espectadores ou como actores, as carballesas e os carballeses gozan cada vez máis dunha forma de ocio estreitamente ligada á cultura. A posta en marcha da Biblioteca Rego da Balsa, que non só ofrece distintos espazos, senón tamén actividades diferenciadas para nenos, mozos, adultos e maiores, reforza o noso concepto de benestar.

Benestar=saúde Dende o Concello de Carballo promovemos a saúde a través do deporte e o contacto coa natureza. Despois da creación da Ruta das Férvedas, neste mandato botaron a andar novas sendas estreitamente vinculadas aos nosos ríos, pero tamén xurdiron proxectos coma o de humanización do Chorís que inclúe un carril biosaudable en todo o perímetro do complexo deportivo Vila de Noia, o IES Alfredo Brañas e o CEIP Fogar. O propio Metrominuto, con sinais que marcan as distancias entre puntos e o tempo que se tarda en percorrelas, cubre tamén ese aspecto, ao igual que o pedibús no caso dos escolares. E ademais estamos a modernizar as instalacións deportivas municipais con investimentos que abranguen dende a climatización da piscina Carballo Calero ata a ampliación da oferta de actividades.


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 14

#unbolugarparatod@s Carballo é un concello dinámico porque a súa poboación tamén o é, dende os centos de nenos e nenas que enchen os parques e os colexios ata os seus avós e avoas, que participan activamente en todas as actividades programadas para eles tanto no casco urbano coma nas parroquias. Os maiores, de feito, constitúen unha importante porcentaxe dos usuarios das

instalacións culturais, deportivas e sociais municipais. Pero teñen outras necesidades que tamén estamos a atender dende o Concello de Carballo. Este mandato entrou en servizo o centro de día da Praza de Vigo e reabriu as súas portas o antigo ambulatorio reconvertido nunha sede moito máis cómoda e accesible dos Servizos Sociais municipais.

O centro de día, un servizo necesario

Cincocentos maiores no programa de exercicio físico

O 2 de xaneiro do 2012 empezou a funcionar o centro de día situado na praza de Vigo, anexo á residencia de maiores. O servizo arrincou con 10 usuarios, pero non tardaron en cubrirse as 45 prazas das que dispón, o que avala a necesidade dun servizo impulsado dende a Xunta de Galicia na etapa do goberno bipartido BNG-PSOE.

Este ano participan no Programa de Exercicio Físico para Maiores un total de 498 veciñas e veciños das diferentes parroquias de Carballo. Os participantes están repartidos en 18 grupos: 7 no casco urbano e 11 nos centros sociais de Artes, Berdillo, Cances, Entrecruces, Imende, Noicela, Oza, Outón, Razo, Sísamo e Sofán.

Nova sede para os Servizos Sociais municipais

A rede de centros sociais esténdese polas parroquias Os maiores contribúen a dinamizar o Pazo da Cultura, onde dispoñen dun espazo á súa medida, e os centros sociais das parroquias. A rede chega xa a moitas parroquias do noso cocnello e pronto se estenderá tamén a Ardaña, onde temos adquirido un compromiso cos veciños para construír un novo edificio.

Lembras?

Dentro da política de descentralización das áreas municipais para revitalizar os barrios, o goberno do BNG de Carballo materializou neste mandato o traslado dos Servizos Sociais ao edificio do ambulatorio vello. Nun único espazo concéntranse as oficinas de atención ao público, o Centro de Información á Muller (CIM), a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) e unha das tres Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (Udiaf) de Galicia, onde son atendidos os nenos e neas de 0 a 6 anos con discapacidades ou dificultades no seu desenvolvemento.


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 15

#unanteseunagora

#unbolugarparaofuturo Evencio Ferrero marca como obxectivo ser o primeiro alcalde de Carballo que acada un cuarto mandato e que, polo tanto, rompe cos ciclos políticos de 12 anos que se veñen sucedendo dende 1979. O BNG xa conseguiu cambiar determinadas tendencias, de maneira que en todos os procesos electorais dende o ano 2003 foi incrementando apoios ata conseguir os dez concelleiros actuais. Pero agora toca dar un paso máis para lograr a maioría absoluta, que daría moita estabilidade ao goberno na toma de decisións para que as persoas que cremos que Carballo é o mellor lugar para vivir teñamos os mellores servizos e a mellor calidade de vida posibles. Os carballeses e carballesas saben que o goberno do BNG actúa pensando no conxunto da cidadanía. Os nacionalistas

carballeses estamos a poñer o noso grao de area dende hai 12 anos para construír o lugar no que queremos que medren os nosos fillos e fillas. No próximo mandato, no que estamos convencidos de que contaremos co Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado de forma definitiva, por máis atrancos que poidan poñer nestas datas preelectorais, empezaremos a darlle forma ao futuro cunha planificación a 15 anos vista. Nos próximos catro anos empezaremos a ver medrar o polígono industrial coas dez novas empresas que xa teñen adquirido solo e coas que sigan crendo que Carballo é tamén un bo lugar para investir. Porque Carballo xa é un bo lugar para vivir e vai ser un mellor lugar para traballar. E coa adhesión ao transporte metropolitano, que se formalizará ao comezo do mandato, será tamén un mellor lugar para comprar, desfrutar, e visitar.


Anllóns 37.qxp_o anllóns 36 25/3/15 8:33 Página 16

Presentación en Asemblea Aberta dos 12 primeiros postos da candidatura do BNG para as vindeiras eleccións municipais de maio

BNG Carballo Hórreo 14-16, 3ºesquerda 15100 Carballo 981 704 063 www.bng-galiza.org/bergantiños www.facebook.com/bng.carballo @bng_carballo


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.