gobernar para a cidadanía PSdG-PSOE Fene

Page 1

COA CIDADANÍA

COA CIDADANÍA

FENE


ANTÓN NOCEDA CANDIDATO DO PSdeG-PSOE Á ALCALDÍA DE FENE


COA CIDADANÍA

Antón Lois Noceda Carballo ten unha ampla experiencia política, xa que leva 12 anos como secretario xeral do PSdG-PSOE en Fene, formou parte do goberno municipal durante dous anos e leva os últimos catro defendendo dende a oposición outra forma de xestionar o Concello, máis eficaz e próxima aos veciños e veciñas. A súa é unha voz autorizada, xa que leva 20 dos seus 47 anos traballando na Administración pública coma xestor cultural, en contacto coa cidadanía.

_Por que quere ser alcalde de Fene? _Porque despois de levar 20 anos na Administración local, de coñecer o funcionamento dos concellos, sobre todo dos pequenos e medianos, e de tropezar coa cantidade de xente que forman parte dunha corporación durante catro ou oito anos e non sabe como funciona un só departamento ou como se fai unha retención de crédito, creo que tería moito que aportar. Ademais, despois da experiencia de ser concelleiro coñezo ben o Concello de Fene, como funcionan as áreas, as debilidades e as fortalezas. Pero á parte deses aspectos máis técnicos, máis puros de xestión, estou convencido de que as cousas en política teñen que cambiar e de que hai formas de traballar que teñen que cambiar. Conseguíramos consolidar unha serie de servizos e prestacións moi importantes que o PP está a desmantelar nos últimos anos. _Por onde empezará? _As administracións locais non poden quedar co papel de meros xestores dos baches, das farolas, de dar un certo apoio á educación, á sanidade ou á seguridade, senón que teñen que ir moito máis alá,

porque hoxe a xente ten problemas moi serios, que pasan, en primeiro lugar, por atender as súas necesidades básicas, que hai uns anos a ninguén se lle ocorrería dicilo pero que empezan pola alimentación, por garantir que todo o mundo teña un teito, por ter acceso real á sanidade e por ter acceso real á educación. Hoxe, todas estas cousas que hai uns anos viñan dadas non están nin moito menos garantidas, e menos en condicións de dignidade.

_Que papel deben cumprir os concellos ante esta situación? _As entidades locais, que son as máis próximas ao cidadán, teñen que ter un papel de vangarda en solucionar ese tipo de problemas, porque, ademais, economicamente somos capaces. É lamentable que en todos estes anos de crise non se fixera nada para adaptarnos ás circunstancias. Aínda que cambien as cousas, que ogallá cambien, a situación que temos de fractura social vaise manter anos, e mentres tanto hai que dar solucións. Por iso creo que a Administración local ten que actuar no ámbito dos servizos sociais dunha forma moi diferente á que se actuaba ata


agora, que hai que reformar en profundidade os servizos sociais, e no noso concello especialmente, porque ademais unha das carencias que hai no actual goberno do PP é que seguimos tendo os mesmos servizos sociais que antes da crise cando a situación que temos é completamente diferente.

_En que aspectos considera preciso actuar? _Creo que hai que cambiar a política fiscal para facela máis adaptala á esa nova realidade social. En segundo lugar, as administracións públicas non podemos conformarnos con que unicamente sexa dende a sociedade civil dende onde se atenda á xente que non ten nada para comer, senón que hai que seguir a senda daquelas administracións locais que xa dende hai uns anos actúan de coordinadores das entidades públicas e privadas que loitan contra a pobreza e a marxinación e actuar conxuntamente para ser capaces de reunir os recursos necesarios para atender as demandas que se xeran e facelo en condicións de absoluta dignidade para esas persoas. E temos un problema grave tamén de acceso á educación e á sanidade, de mozos e mozas que non poden acceder ao material escolar ou aos estudos universitarios e de maiores ou enfermos crónicos que non poden pagar os medicamentos. _Ten capacidade o Concello para intervir neses campos? _Non estamos falando de imposibles, porque hai

COA CIDADANÍA

exemplos de concellos que decidiron non deixar tirados aos seus cidadáns e hoxe aportan solucións. Hai concellos que crearon bancos de alimentos en colaboración coas entidades sociais onde se atenden todas as emerxencias, hai concellos que crean as súas propias bolsas de vivenda para poder ofrecer aloxamento nunhas condicións asumibles aos cidadáns que quedaron sen elas por culpa da crise... E, por tanto, ese ten que ser o primeiro pilar de calquera persoa que queira encabezar un goberno no noso concello: que estea disposto a gobernar a cidadáns que vivan en condicións de dignidade. Isto que hai dez anos que parecía garantido hai que volver a pelexalo, e no noso concello máis ca en ningún, porque nos últimos catro anos non se fixo absolutamente nada en ningún deses campos.

_E unha vez atendidas esas necesidades básicas? _Un dos temas que máis me preocupan da nosa sociedade, á parte da situación dramática derivada da crise, son os abusos das grandes corporacións, grandes empresas e multinacionais sobre a poboación, abusos e tomaduras de pelo das eléctricas, telefónicas, mineiras... Dende as Administracións locais pódense facer cousas para evitalas. Nese sentido dende o PSOE empezáronse a introducir nalgunhas Administracións determinadas condicións éticas nas contratacións, por exemplo, as condicións nas que teñen aos seus traballadores as empresas que subministran. Eu


creo que hai que dar un paso máis alá e non só mirar iso, senón tamén mirar en que condicións atenden aos usuarios, e que saiban que se unha compañía eléctrica ou unha de telefonía está abusando dos cidadáns en Fene, vai ter máis difícil contratar co Concello. A Administración ten que actuar de exemplo para que todo o mundo cumpra.

_Fronte a iso, cal é a situación actual en Fene? _Acúsannos de alarmismo cando falamos de supostas irregularidades en obras ou servizos. Tampouco era nada o 3 % de Cataluña... Neste mandato estamos fartos de ver no noso Concello contratos onde non se cumpren as condicións pactadas na adxudicación, e iso obviamente é inxusto e supón un engano á cidadanía. O goberno do PP primou a entrada de multinacionais en detrimento das empresas locais que viñan prestando os seus servizos. E que empresas entran? Empresas coma Eulen, que ten como xerente en Galicia a unha familiar directa do presidente da Xunta, á parte das relacións históricas desta empresa co PP. _Como conciben os socialistas a xestión dos servizos? _Queremos construír un pobo onde teñamos os servizos que todos necesitamos para a vida cotiá: servizos de saneamento que progresivamente se vaian estendendo a todas as parroquias e a todos

COA CIDADANÍA

os lugares, igual que o abastecemento de auga, un servizo de recollida de lixo que responda aos problemas existentes nas distintas parroquias do noso concello, e que todo isto se faga con transparencia e equidade. Por iso propoñemos algo tan sinxelo como facer un censo con todas as zonas que aínda están sen abastecemento de auga e sen saneamento e a partir de aí establecer, de forma negociada coa cidadanía, as prioridades para cada ano. Sabemos que non imos solucionar en catro anos os problemas que ten o Concello de Fene, pero si saber o que se vai facer e cando, e coa tecnoloxía que hai hoxe todo iso pode facerse dunha forma transparente nun documento que estea dispoñible para todos os cidadáns.

COA CIDADANÍA


39

compromisos para

GOBERNAR COA CIDADANÍA


1

COmPROmIsOs DE RExENERACIóN éTICA

O goberno de Fene renderá contas anuamente ante a cidadanía. Os socialistas comprometémonos a dar conta da xestión municipal ante a cidadanía en xuntanza anual aberta a todos os veciños e veciñas.

2

Todas as facturas do Concello de Fene serán públicas. Os socialistas faremos públicas e accesibles á cidadanía todas as facturas que se aproben no Concello xunto co responsable que as teña autorizado. Todos os veciños e veciñas de Fene poderán saber que merca o Concello, a que prezo e a quen llo compra, e quen é o responsable político que autoriza o gasto.

3

O alcalde nunca cobrará máis que no seu traballo anterior. Os socialistas cremos que á política hai que ir con vocación de servizo á cidadanía e non para vivir dela. Os nosos compromisos son :

1) No caso de ser elixido alcalde, o candidato dos socialistas percibirá unha remuneración que nunca será superior aos ingresos que tivera na súa actividade anterior.

COA CIDADANÍA

2) Conxelaremos durante os 4 anos de mandato as remuneracións por asistencias a plenos e comisións.

4

3) En ningún caso poderán incrementarse os niveis salariais para os cargos políticos con dedicación exclusiva.

Defenderemos á cidadanía fronte aos abusos das empresas. Os socialistas poremos en marcha no Concello de Fene un servizo de atención ao consumidor pioneiro e integral, que estará do lado dos veciños e veciñas fronte aos abusos das corporacións enerxéticas, a banca, as empresas de comunicacións, etc...

5

Nas contratacións valoraremos o compromiso ético das empresas. A calidade e o prezo non serán os únicos factores á hora de contratar obras e servizos. O Concello de Fene tamén valorará nas súas licitacións o trato que prestan empresas aos seus empregados e aos clientes.


6

9

UN CONCELLO ABERTO A TODOs E TODAs

Os socialistas de Fene estamos convencidos de que das dificultades se sae mellor co esforzo de todos e todas, por iso crearemos fórmulas para a participación permanente da cidadanía.

7

Planificaremos a política cultural de cada anualidade no seo do Consello da Cultura, no que poderán participar todas as entidades culturais, escritores, actores, músicos, artistas plásticos, etc.

8

Definiremos a política deportiva no seo do Consello do Deporte, onde poderán participar todos os clubs e asociacións deportivas do noso concello.

COA CIDADANÍA

Deseñaremos un novo modelo de servizos sociais adaptado á realidade socioeconómica actual contando con todas as entidades que traballen neste ámbito.

10

Concretaremos os orzamentos do Concello e as obras a realizar cada ano coas achegas das asociacións veciñais e impulsaremos mecanismos de participación para o conxunto da cidadanía.


11

16

COmPROmIsOs COs mENOs FAvORECIDOs

O Concello de Fene non deixará a ningún veciño/a desamparado/a. A alimentación, a vestimenta, a vivenda, a educación e a sanidade son dereitos de todas e todos. É responsabilidade das institucións garantilas en condicións de dignidade.

12

Os socialistas definiremos un novo modelo de xestión dos servizos sociais adaptado á nova realidade social. Non podemos permitir que membros da nosa comunidade queden na cuneta desta crise económica.

13

Promoveremos un Centro de Recursos sociais de ámbito comarcal, cun centro operativo en Fene, e xestionado conxuntamente por todas as entidades sociais para garantir a cobertura das demandas básicas (alimentación, vestimenta, mobiliario, etc.) dos máis desfavorecidos pola crise económica.

14

Crearemos un Fondo de vivenda de Aluguer social co obxecto de dar alternativas ás familias que sufriron desafiuzamentos e outros colectivos en situación de precariedade.

15

Incrementaremos as axudas en educación para que ningún mozo ou moza de Fene teña dificultades para o aceso aos libros, o transporte e o material escolar.

COA CIDADANÍA

Complementaremos as axudas ao estudo universitario. Ningún mozo/a de Fene quedará sen ter as oportunidades do ensino universitario polos efectos da crise económica.

17 18

Facilitaremos o acceso aos medicamentos aos maiores con pensións máis baixas e ás familias sen ingresos por mor da situación socioeconómica.

Crearemos un Fondo municipal de Garantías de servizos Básicos que interveña garantindo o subministro de servizos básicos como a auga, a luz e o gas ás persoas sen recursos do concello.

19 20 concesión.

Axilizaremos a concesión de axudas de emerxencia social establecendo un prazo máximo de 15 días para a súa

Impulsaremos a creación dun servizo de Atención a Nenos e Nenas con Diversidade Funcional en colaboración con outros concellos, institucións públicas e entidades sociais.


21

24

O EmPREGO, UN OBxECTIvO COmPARTIDO

Crearemos unha mesa polo emprego con empresarios, sindicatos e entidades sociais para implicar a todos os sectores e traballar conxuntamente pola creación de emprego.

22

Impulsaremos a ampliación do Polígono de vilar do Colo. Cando saiamos da crise económica Fene debe ter os equipamentos necesarios para a facilitar a creación de emprego.

23

Defenderemos a viabilidade do sector naval no concello e na comarca, a carga de traballo e as infraestruturas necesarias para o seu desenvolvemento. En ningún caso renunciaremos a dispoñer dun dique das dimensións axeitadas para competir nos mercados internacionais.

COA CIDADANÍA

Potenciaremos as escolas taller e os obradoiros de emprego e a formación ocupacional como mecanismos de integración laboral dos mozos/as e das persoas desempregadas do noso concello. Nos orzamentos municipais, que elaboremos coa participación dos veciños e veciñas, reservaremos os fondos suficientes para contratar durante períodos de 6 meses a persoas desempregadas de Fene que traballarán ao servizo do Concello.


25

29

Os servizos básicos (vías, auga, sumidoiros e iluminación) serán os investimentos prioritarios. Planificarémolos da man das entidades veciñais e a cidadanía.

cional.

UN ENTORNO URBANO PARA TODOs E TODAs

Fene merece unhas infraestruturas e uns equipamentos mellor coidados. A nosa prioridade será o correcto mantemento de rúas, pistas, alumeado, xardíns, parques infantís, etc... Crearemos plans anuais de conservación das infraestruturas e os equipamentos existentes con dotación orzamentaria suficiente.

26 27

Desbloquearemos o Plan xeral de Ordenación municipal, que posibilitará novas oportunidades para o desenvolvemento de Fene.

28

Restableceremos a xestión pública do servizo da auga e sumidoiros no horizonte do ano 2017, en canto remate a concesión de viaqua, para conseguir un servizo eficaz e de calidade no que os veciños e veciñas paguen o xusto.

COA CIDADANÍA

Impulsaremos a apertura do cauce do río Cádavo entre as vivendas sindicais e as vivendas de Astano para dar unha solución definitiva aos problemas de inundacións.

30

Iniciaremos a dotación dos parques do concello de elementos accesibles para os nenos e nenas con diversidade fun-

31

Eliminaremos as barreiras arquitectónicas en todas as instalacións públicas.


32

33

A xUvENTUDE, O FUTURO DE FENE Promoveremos que a mocidade quede en Fene incentivando o emprego dos máis novos a través de:

Incentivos fiscais para as empresas que contraten a persoas de entre 16 e 30 anos.

COA CIDADANÍA

Crearemos aulas de estudo con horarios flexibles e nocturnos adaptados aos estudantes que precisen destes espazos públicos.

A redución de taxas e a implantación de incentivos fiscais para emprendedores durante os primeiros anos de actividade.

A creación unha ventá única para asesorar a emprendedores e fomentar o autoemprego.

34

35

A IGUALDADE, UN OBxECTIvO PERmANENTE

No seo da mancomunidade proporemos a creación dunha oficina permanente para a prevención e atención ás vítimas da violencia machista na que se implique financeiramente a Xunta de Galicia. Promoveremos a recuperación do convenio coa Asociación ALMAT para atención ás mulleres maltratadas.

Potenciaremos e facilitaremos a conciliación da vida familiar, laboral e profesional, adoptando medidas que impliquen a adaptación dos horarios de atención cidadá das oficinas públicas municipais de Fene.

36

Dende as áreas de educación e servizos sociais impulsaremos, en colaboración cos centros escolares, itinerarios formativos en temáticas de educación en igualdade, violencia machista e educación sexual e reprodutiva.


37

38

UNHA POLÍTICA FIsCAL xUsTA E EQUITATIvA

Promoveremos unha reforma de todas as ordenanzas fiscais co obxecto de adaptalas á situación económica e promoveremos unha redistribución impositiva que reduza as cargas aos colectivos máis desfavorecidos pola crise económica.

COA CIDADANÍA

COA CIDADANÍA

Iniciaremos a redución da presión fiscal nesta lexislatura co horizonte a medio prazo de volver a situala nos niveis anteriores á crise económica.

39

No marco da reforma fiscal, definirase un tratamento específico para as sociedades parroquiais de Fene.


CANDIDATURA

1. Antón Lois Noceda Carballo. Militante socialista. Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Fene. Mestre e educador social. Técnico superior en Animación Sociocultural. Traballa dende hai 20 anos na administración pública, os últimos 15 como responsable técnico do Departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica.


COA CIDADANÍA 2. Claudia Patricia García Escobar. Independente. Recoñecida polo seu activismo social. Foi fundadora da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) en Ferrolterra, entidade que presidiu dous anos e da que segue a formar parte na actualidade.

3. Joaquín Julián Ayala Garrido. Militante socialista. Membro da executiva local do PSdeG-PSOE. Mestre de Educación Primaria e licenciado en Ciencias da Educación na especialidade de Intervención Socioeducativa. Traballa dende hai 31 anos no ensino público. Exerceu 12 anos como director no CEIP A Laxe e dende hai catro anos é orientador educativo no CEIP Cruceiro de Canido.

4. Amalia García Balado Militante socialista. Membro da executiva local do PSdeG-PSOE. Veciña de San Valentín, onde rexenta unha libraría. Foi concelleira os últimos oito anos. Durante o goberno socialista estivo ao cargo da Concellería de Medio Ambiente.

5. José Rico Rodríguez Militante socialista. Membro da Executiva local do PSdeG-PSOE. Traballador de Navantia Fene dende hai máis de 40 anos na rama eléctrica. Na actualidade é secretario da sección sindical MCA-UXT de Navantia Fene.


COA CIDADANÍA 6. Natalia Alvariño Romero Militante das Xuventudes Socialistas de Fene. Na actualidade está cursando o último ano académico do Grado de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo.

7. Yosua López Pereiro Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Fene dende 2013. Membro da Executiva local do PSdeG-PSOE. Diplomado en enfermería, profesión que exerce na actualidade.

8. matilde Castro García Militante socialista. Membro da Executiva local do PSdeG-PSOE de Fene. Poeta e membro da directiva do Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene.

9. Cosme varela Pena Militante socialista. Membro da Executiva local do PSdeG-PSOE. Foi traballador en Endesa e actualmente está xubilado.


COA CIDADANÍA 10. victoria maría Ayala Fraga Independente. Licenciada en Ciencias Económicas e Máster en Auditoría de Contas pola Universidade de Santiago de Compostela. Colexiada nº 3.957 do Colexio de Economistas de A Coruña e Auditora de Contas, inscrita no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC) de España co nº 21.871. Na actualidade exerce como asesora de PYMES e autónomos en Ferrolterra como empresaria autónoma.

11. Jaime Balsa vale Militante socialista. Membro da Executiva local do PSdeG-PSOE. Moi ligado ao movemento asociativo, é recoñecido polo seu activismo veciñal.

12. Tamara Pico López Ligada ao partido desde a súa militancia nas Xuventudes Socialistas. Moza emprendedora, rexentou varios negocios en Fene. Na actualidade traballa no sector do comercio.

13. José Carlos Rey García Militante socialista. Técnico Superior en Química Ambiental. Traballa no Servizo de Prevención e Extinción de Incendios do Concello de Ferrol. Foi promotor e presidente da Plataforma de Bombeiros de Galicia.


COA CIDADANÍA 14. Cristina Cillero Laborde Militante das Xuventudes Socialistas de Fene. Na actualidade traballa como axente comercial.

15. José Antonio López Rodríguez Militante socialista. Membro da Executiva local do PSdeG-PSOE. Licenciado en Farmacia, profesión na que traballa na actualidade. Foi concelleiro os últimos oito anos e durante o goberno socialista de Fene estivo ao cargo da Concellería de Obras e Servizos e foi tenente de alcalde.

16. maría verónica Calvo Caaveiro Independente. Auxiliar de Enfermería. Na actualidade traballa no sector da alimentación.

17. manuel Allegue González Militante socialista. Militante histórico e presidente da Agrupación Socialista de Fene, onde milita dende hai 42 anos. Foi traballador do sector naval e na actualidade está xubilado.


COA CIDADANÍA

sUPLENTEs 1. marina Pérez Freire Militante socialista. Traballou coma administrativa e secretaria. Na actualidade é empresaria e rexenta un negocio de hostalería no barrio de San Valentín.

2. manel martínez Arnoso Militante socialista. Traballador do sector naval. Sindicalista convencido, defendendo sempre os intereses dos traballadores, foi delegado sindical da UXT.

3. Isabel López Castro Independente. Traballou durante anos no sector servizos.


COA CIDADANÍA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.