Programa bng carballo 2015

Page 1

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

Carballo, un bo lugar para vivir

#

Carballo —Depende de nós



CARBALLO 15-30 A historia recente demóstranos que non se pode gobernar sen mirar ao futuro e sen aprender do pasado. Debemos fuxir do curto prazo, instalado, aínda hoxe, no funcionamento de demasiadas institucións. Neste momento da nosa historia, e coa experiencia de 12 anos de goberno, o BNG apostou por elaborar un plan de acción que vai moito máis alá dun mandato de catro anos. Carballo 15-30 é a síntese do deseño estratéxico do Carballo que queremos para os próximos tres lustros. Planificar, pensar o futuro e traballar cara a un novo horizonte é o que ten que definir a acción do goberno do noso concello. A xestión desenvolvida permitiunos sentar unhas bases sólidas para afrontar os retos do futuro nas mellores condicións. Nestes anos, mesmo nos máis duros, o goberno do BNG foi quen de manter a oferta cultural e deportiva, de reforzar axeitadamente os servizos sociais, de investir en grandes infraestruturas, de impulsar uns servizos públicos máis eficientes, de reducir o desequilibrio territorial e de planificar pensando no futuro. As novas infraestruturas e os equipamentos que deberemos desenvolver nos próximos 15 anos xa están deseñados no Plan xeral de ordenación municipal (PXOM). Os estudos directores da auga e o saneamento establecen a cobertura deses servizos básicos ao 100% do territorio nese mesmo horizonte. E anticipámonos ao incremento da demanda eléctrica cunha subestación que ten capacidade para abastecer un

polígono industrial de dous millóns de metros cadrados e unha poboación de 45.000 habitantes. Pero o que realmente nos vai diferenciar doutros territorios é o compromiso que manteremos todos con esta nova estratexia. Nese horizonte do ano 2030 teremos que adaptarnos a unha realidade económica sempre cambiante e asumir novas responsabilidades cara a unha maior calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. O Carballo do BNG seguirá sendo un concello transparente, accesible no político e no territorial, conectado coa modernidade, onde a creatividade seguirá tendo muros para derrubar e a innovación, espazos nos que dialogar, e onde o comercio, a industria, os servizos, o deporte ou a educación formarán parte desta nova estratexia colectiva. A necesidade de construír unha alternativa comprometida socialmente fai máis necesario que o proxecto político do BNG avance, que poida sumar máis representación e responsabilidade institucional como garante –que temos demostrado– da mellora dos servizos públicos básicos para toda a cidadanía. Agardemos, pois, darlle a benvida a ese Carballo do futuro e á nosa estratexia. Benvidos a Carballo 15-30.

Evencio Ferrero Candidato á Alcaldía de Carballo polo BNG


BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015 Carballo —Depende de nós

ASÍ ENTENDEMOS CARBALLO Para o BNG, Carballo é unha forma de entender a acción política, pegada ás persoas, sensible cos problemas e comprometida coas solucións. Ese é o noso modelo, a folla de ruta que trazamos hai 12 anos e que nos permite chegar ata o momento actual grazas ao apoio da maioría dos carballeses e carballesas. O noso compromiso permanente é o de traballar por un concello integrado territorialmente, sen exclusión sociais, con persoas participativas e motivadas no obxectivo sempre presente de facer de Carballo O MELLOR LUGAR PARA VIVIR. O ACHEGAMENTO Á CIDADANÍA é un dos nosos sinais de identidade. O Concello de Carballo ten sempre as portas abertas ás veciñas e aos veciños, e estamos a desenvolver o Regulamento de participación cidadá para que, ademais de facilitar a intervención na vida pública a través dos plenos, da xestión dos centros sociais ou do desenvolvemento de proxectos dinamizadores das parroquias, os nosos veciños e veciñas teñan un papel máis activo aínda á hora de decidir os investimentos municipais. Queremos ofrecerlle á veciñanza UN NOVO MODELO DE ADMINISTRACIÓN, áxil e fiable, que actúe con criterios de eficiencia, que facilite a actividade económica, a creación de empresas e o desenvolvemento de proxectos. Unha administración eficiente na tramitación e que se guíe pola presunción de confianza da cidadanía, que achegue criterios innovadores e que potencie a participación do persoal municipal na xestión dos novos proxectos estratéxicos. Impulsaremos o DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO do noso concello aproveitando os recursos nos que xa somos un referente e as oportunidades que nos ofrece a proximidade ao porto exterior de Punta Langosteira, apoiando e impul-

sando o COMERCIO e as nosas FEIRAS E MERCADOS con iniciativas dinamizadoras; favorecendo a implantación de empresas no POLÍGONO INDUSTRIAL con medidas fiscais e de apoio á contratación; con novos PROXECTOS TURÍSTICOS que contribúan a desenvolver o enorme potencial do noso litoral, da nosa vila e do conxunto do territorio. Deseñaremos un PLAN DE FORMACIÓN E EMPREGO vinculado ao Fórum Carballo que permita dar resposta ás necesidades de persoal cualificado por parte das empresas mediante un programa formativo continuado e axustado á realidade do mercado laboral, tendo como principal obxectivo a redución do desemprego; que fomente e apoie o emprendemento dende idades temperás, e que contribúa á actualización constante dos/as nosos/as comerciantes, hostaleiros/as e empresarios/as en xeral a través de iniciativas formativas sectoriais e de calidade. Seguiremos reforzando o papel de Carballo como MODELO DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS para as persoas en situacións de emerxencia social, mocidade, maiores, empresari@s, persoas con diversidade funcional, infancia, turistas, familias, labreg@s, para veciñ@s do centro urbano ou da zona rural, para @s deportistas, mariscador@s, estudantes, afeccionad@s ao deporte, hostaleir@s, vendedor@s ambulantes… Para tod@s, un bo lugar para vivir.

O NOSO MODELO URBANO Carballo experimentou nos últimos 12 anos unha transformación urbana sen precedentes. Pero non é suficiente. O BNG quere que Carballo volva a ser esa “vila fermosa, alegre, ben trazada e con personalidade” que describía Eugenio Carré Aldao a principios do século XX. Por iso nos últimos anos empeñámonos en buscar novos referentes, de xeito que o mercado municipal, o Fórum ou a Bi-


PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015 Carballo —Depende de nós

blioteca Rego da Balsa son xa símbolos arquitectónicos da nosa vila. E por iso plasmamos no PXOM o noso concepto de HUMANIZACIÓN. • Continuaremos cos proxectos que dotan de identidade propia o CENTRO URBANO. Precisamos rúas das que todas e todos poidamos gozar, dende os/as máis pequenos/as ata as persoas maiores, espazos sen barreiras, accesibles, con servizos axeitados ao século XXI, materiais e mobiliario urbano que lles dean un plus de calidade. Unha vez rematada a rúa Colón acometeremos o proxecto de humanización doutra rúa emblemática da nosa vila: a Martín Herrera, para que o centro sexa un espazo público vivo cun comercio local dinámico. • Estenderemos o plan de humanización aos BARRIOS, sempre adaptándonos ás circunstancias e ás necesidades de cada un deles: mellorando a accesibilidade, creando plataformas únicas, ampliando as beirarrúas, creando espazos axardinados ou novas áreas de aparcamento. O proxecto de reforma integral do Chorís xa está en marcha, e permitiranos dar resposta ás necesidades dunha zona de uso masivo. Como tamén o é todo o contorno do CEIP Bergantiños e o complexo deportivo Carballo Calero, que é outro dos nosos obxectivos para o mandato. Renovaremos a faciana urbana do dinámico barrio da Milagrosa e levaremos a primavera ao barrio das Flores.s a primavera ao barrio das Flores. • Potenciaremos o METROMINUTO como o principal sistema de mobilidade urbana e introduciremos RUTAS ACCESIBLES que permitan que calquera persoa cunha diversidade funcional poida desprazarse dun punto a outro do centro urbano por beirarrúas sen barreiras, sen pendentes excesi-

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

vas e o suficientemente anchas para que tamén nas rúas de Carballo tod@s teñamos cabida. • Impulsaremos o PEDIBÚS como sistema de mobilidade escolar que fomenta os hábitos de vida saudable, as relacións sociais entre os nenos e nenas e a autonomía infantil, e seguiremos a traballar na aplicación de medidas que contribúan a acadar ámbitos escolares máis saudables. • O BNG considera que Carballo non precisa un aparcamento soterrado. Nin é o momento nin a Praza do Concello é o lugar axeitado. Seguiremos a mellorar os espazos de aparcamento gratuíto que temos no centro urbano grazas á colaboración dos/as propietarios/as, seguiremos fomentando os convenios con donos/as doutros terreos que poidan utilizarse para ese fin e para cando sexa preciso elaboraremos un proxecto de CONSTRUCIÓN DUN APARCAMENTO EN ALTURA en terreos de propiedade municipal. Deste xeito teremos garantida a resposta ás necesidades que poidan xurdir a medio ou longo prazo. • Elaboraremos un plan plurianual de CONSERVACIÓN DE RÚAS E BEIRARRÚAS dotado cos fondos suficientes para garantir o axeitado mantemento tanto das calzadas coma das beirarrúas ao longo de todo o ano, e fomentaremos a participación veciñal para que unha porcentaxe dos recursos destinados a este tipo de actuacións sexa fixada directamente pola cidadanía a través dos mecanismos previstos no Regulamento de participación veciñal. • Demandaremos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a execución da CIRCUNVALACIÓN ou ronda leste, de maneira que poidamos desviar o tráfico pe-


BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015 Carballo —Depende de nós

sado das rúas do centro de Carballo e gañemos en calidade de vida ao reducir a contaminación, os ruídos e os problemas de tráfico que ocasionan os vehículos de gran tonelaxe. Ao mesmo tempo esixiremos a urbanización dos accesos á vila, dando prioridade ás travesías de Bértoa e da Avenida de Fisterra, de titularidade autonómica. • Crearemos unha gran ZONA VERDE no contorno do Muíño da Pintura e o Rego da Balsa, e poremos en valor as súas ribeiras cunha senda que enlazará o polígono industrial de Bértoa co centro urbano. • Apostaremos polo proxecto do BOSQUE ANIMADO, dándolle continuidade ás actuacións iniciadas mediante unha oferta pública de adquisición de terreos, co obxectivo de convertelo nun lugar de ocio para toda a familia. • Continuaremos coa modernización dos PARQUES INFANTÍS, adaptándoos tamén aos nenos e nenas con diversidade funcional e crearemos un PARQUE DE SKATE nos terreos municipais situados xunto á Biblioteca Rego da Balsa para dar resposta á demanda deste tipo de instalacións por parte das mozas e mozos. • No Carballo para tod@s tamén queremos que teñan cabida os animais de compaña que contribúen a mellorar a nosa calidade de vida e que, segundo diferentes estudos, teñen efectos beneficiosos para a saúde das persoas, ademais de axudar a mitigar a soidade das persoas maiores ou de axudarlles a sentirse útiles. Crearemos un PARQUE CANINO na zona do San Martiño para que os animais dispoñan dun espazo de recreo do que gozar en liberdade e sen provocar molestias á cidadanía.

A TRANSFORMACIÓN DO RURAL Dende o ano 2003, o BNG vén traballando por acabar coas enormes diferenzas que existían ata ese momento entre unhas parroquias e outras co obxectivo de convertelas en 18 bos lugares para vivir. Hoxe a transformación do rural carballés é un feito. Nos últimos anos temos dado pasos de xigante para seguir equiparando os servizos que reciben os nosos veciños e veciñas á marxe do lugar no que residan, como fixemos ao implantar en todo o territorio un sistema de iluminación con tecnoloxía led que nos sitúa á vangarda de Galiza. Carballo 15-30 suporá o impulso definitivo para definir o lugar que queremos que ocupe a nosa zona rural. • Nos 12 anos de goberno do BNG conseguimos que o 91% da poboación dispoña de rede de SANEAMENTO e dun sistema axeitado de tratamento das augas residuais. O noso compromiso co medio ambiente reforzarase no vindeiro mandato incrementando a cobertura do servizo ata chegar á totalidade dos núcleos, ademais de actualizar e optimizar o funcionamento das instalacións máis antigas. • A nova captación do río Bardoso, executada neste mandato, permitiranos iniciar a extensión do ABASTECEMENTO DE AUGA potable de calidade a todos os núcleos de máis de 50 habitantes. Dentro dese obxectivo estratéxico, o plan director que temos elaborado recolle as actuacións concretas para o vindeiro mandato. As máis importantes serán: - Abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo cun investimento de 1.268.500 euros. - Abastecemento de auga ás parroquias de Lema, Noicela, Rebordelos e Vilela por importe de 1.065.000 euros.


PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015 Carballo —Depende de nós

• Reforzaremos os programas de mellora da REDE VIARIA, habilitando canles de participación veciñal. Queremos que as nosas parroquias teñan vías acordes aos tempos actuais; por iso non nos conformamos con remendalas, senón que as ampliamos e acondicionamos para mellorar a mobilidade de peóns e condutores/as. • O BNG fixo un importante esforzo nos últimos anos para crear unha REDE DE CENTROS SOCIAIS e ESPAZOS PÚBLICOS que están a dinamizar a vida social das nosas parroquias. No vindeiro mandato seguiremos incrementando esa rede coa construción do centro social de Ardaña, un proxecto no que, a través das canles de participación que temos establecidas, o Concello de Carballo irá da man das veciñas e dos veciños da parroquia. • Cremos firmemente na potencialidade económica do noso territorio no seu conxunto. Ao mesmo tempo que estamos a impulsar o POLÍGONO INDUSTRIAL DE BÉRTOA con medidas que incentivan a instalación de empresas, dende o Concello de Carballo comprometémonos a apoiar o desenvolvemento de PROXECTOS PRODUTIVOS vinculados aos sectores primarios que contribúan a fixar poboación a través do aproveitamento sostible dos nosos recursos naturais.

AS PERSOAS, O NOSO PRINCIPAL VALOR No BNG sabemos que o principal valor da nosa vila, do noso concello, son as persoas. Con máis de 31.000 habitantes, Carballo precisaba dar un salto, tanto cualitativo coma cuantitativo, na prestación de servizos. E así o fixemos. Os centros sociais das parroquias, o Fórum, a piscina-spa Vila de Noia, a biblioteca Rego da Balsa, os parques biosaudables, o centro de día, o novo polígono indus-

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

trial, a segunda escola infantil, a transformación do antigo ambulatorio nun centro de recursos sociais, o mercado municipal, os novos parques infantís, a recuperación do circuíto do motor…, transformaron Carballo nun bo lugar para investir, para vivir e para gozar. • O FÓRUM CARBALLO é un espazo único, un centro de formación permanente e dinámico que nos últimos anos tense convertido nun servizo municipal de referencia en Galicia. Consciente de que as competencias en materia de emprego superan o ámbito municipal, no BNG queremos poñer o acento na formación para mellorar as posibilidades de inserción laboral das persoas desempregadas, para dotar aos emprendedor@s dunhas bases sólidas que fagan viables as súas ideas de negocio e para favorecer a reciclaxe de empresarios e traballadores dos diferentes sectores produtivos. - A Bolsa de Traballo Municipal posta en marcha neste mandato tense consolidado como unha ferramenta moi útil de conexión entre a demanda e as ofertas de emprego que se xeran en Carballo e toda a súa contorna. Dotaremos o servizo de máis recursos e consolidaremos o plan anual de formación adaptándoo as necesidades do mercado laboral. - Seguiremos apoiando o emprendemento, con programas de sensibilización dende idades temperás, e con accións concretas de asesoramento, apoio e formación que contribúan á viabilidade dos novos proxectos empresariais. - A boa saúde económica do Concello de Carballo permitiranos manter incentivos fiscais para a creación de empresas, entre as


BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

01. Evencio Ferrero Rodríguez 02. María Belén Lendoiro Esmorís 03. Xosé Regueira Varela 04. Milagros Lantes Seara 05. Luis María Lamas Álvarez 06. María del Carmen Ures García 07. Miguel Ángel Vales Mallo

08. María del Mar Eirís Villar 09. Marcos José Trigo Facal 10. Mª do Carmen Regueira Baldomir 11. Inés Rodríguez Muiño 12. José Daniel Pérez López 13. Begoña Moscoso Varela 14. Juan Manuel Seoane Collazo

15. Raquel Rodrígu 16. Antonio Rodríg 17. Verónica Naya R 18. Agustín Varela Á 19. Eva Rodríguez 20. José Antonio B 21. Zaira Caamaño


uez Pose guez Porteiro Rama Álvarez Portos Bello Fraga Remuiñán

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

Candidatura do BNG por Carballo Suplentes 01. Ángel De la Fuente Subiela 02. Diana Suárez Ferreiro 03. Javier Francisco Graña Añón 04. Lidia María Cambón Periscal 05. Santiago Ramiro Domínguez

06. María del Pilar Trigo Suárez 07. Benedicto Viña Costa 08. Irene García Areosa 09. Jessica María Calvo Martínez 10. José Manuel Buño Suárez


BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015 Carballo —Depende de nós

cales figura a bonificación do 95% do ICIO, e para a contratación de traballadores/as formados no Fórum.

marcal e esixirémoslle á Consellería de Educación que asuma a súa responsabilidade no sostemento das ensinanzas musicais.

- Continuaremos promovendo e apoiando a formación permanente de traballadores e empresarios dos diferentes sectores produtivos con presenza no noso termo municipal para mellorar a competitividade das empresas locais e seguir consolidando Carballo como o gran centro empresarial da comarca de Bergantiños e da Costa da Morte.

- Impulsaremos a Escola Oficial de Idiomas, e demandarémoslle á Consellería de Educación a creación dun centro con entidade propia en vez da sección actual.

• O noso compromiso co ensino público de calidade é irrenunciable. Para o BNG a EDUCACIÓN foi, é e será sempre unha prioridade. Por iso non escatimaremos esforzos en reclamar á Xunta de Galicia que asuma as súas competencias, tendendo sempre a man como parte da necesaria lealdade institucional. Así o fixemos coa ampliación do CEIP Bergantiños: o Concello de Carballo asumiu as obras de ampliación do comedor e da biblioteca, o que permitiu recuperar espazos que o centro fora perdendo durante anos por atender as necesidades de escolarización. - Seguiremos tendéndolle a man á Consellería de Educación para solucionar definitivamente os problemas de escolarización que se repiten cada ano en Carballo –e que son competencia exclusiva da Xunta de Galicia–, e poñeremos ao seu dispor os medios ao noso alcance para atender nas mellores condicións a crecente demanda de prazas derivada da elevada natalidade. - Potenciaremos o Conservatorio Profesional de Música como centro educativo de ámbito supraco-

- Dotaremos dos fondos necesarios as bolsas de comedor, estudo, transporte e conservatorio para que as posibles dificultades económicas das familias non impidan o acceso á educación de ningún carballés ou carballesa. • O importante aumento do número de entidades que traballan no ámbito do DEPORTE nos últimos anos e o bo labor que están a desenvolver, sempre co apoio do BNG dende o Concello de Carballo, converten o noso municipio nun modelo de xestión deportiva a imitar mesmo máis alá de Galiza. A mellora da calidade no servizo, a actualización da oferta de actividades, o compromiso co deporte de base e federado e a mellora das instalacións deportivas serán as grandes liñas de actuación no próximo mandato. - A entrada en vigor do PXOM permitiranos acometer a construción dun NOVO POLIDEPORTIVO para complementar a oferta actual dos pavillóns Vila de Noia, Carballo Calero, IES Monte Neme, IES Parga Pondal, CEIP Fogar, CEIP GándaraSofán e CEIP Nétoma-Razo e cubrir as necesidades das entidades deportivas de Carballo. - Continuaremos coa mellora das instalacións deportivas dos centros educativos, en concreto co peche do pavillón do CEIP San Luís Romero e a construción de


PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015 Carballo —Depende de nós

novos vestiarios e melloras no campo de fútbol e no pavillón do CEIP Gándara- Sofán. - Continuaremos co modelo de xestión participativa do Circuíto Municipal aberto ás entidades do motor de Carballo para que desenvolvan actividades de promoción e competición de calquera especialidade. - Poremos en marcha o Consello Deportivo Municipal, un espazo de participación dirixido ás entidades deportivas do concello. - Melloraremos o Estadio Municipal das Eiroas, coa substitución do céspede por outro de última xeración e mellorando as prestacións deste, mellorando a iluminación e as instalacións anexas. - Promoveremos a utilización de espazos ao aire libre e no medio natural para a realización de actividade física mediante a creación e homologación de novas rutas de sendeirismo, a construción dun parque de skate na zona da biblioteca Rego da Balsa e a mellora das instalacións deportivas descubertas. • A posta en marcha da Biblioteca Municipal Rego da Balsa, o festival Carballo Interplay (CIP) e iniciativas como Derrubando Muros con Pintura, xunto coa continua e estabilizada política de programación, creación e difusión cultural, conseguiron situarnos nos últimos anos na vangarda cultural galega. A CULTURA en Carballo está máis viva ca nunca. - Seguiremos apoiando iniciativas clásicas, coma o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), un referente indiscutible da escena

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

en Galiza, e propostas innovadoras coma o festival de contidos dixitais e webseries Carballo Interplay (CIP), que en só dúas edicións acadou sona internacional. - Impulsaremos a creatividade dos/as artistas locais poñendo á súa disposición espazos coma a Aula de Gravado do Fórum Carballo ou a Aula de Teatro do Pazo da Cultura, e seguiremos ofrecéndolles, coa colaboración das veciñas e dos veciños, novos muros para derrubar con pintura. - Completaremos a oferta escénica actual, plenamente consolidada, coa organización dun festival de teatro afeccionado. - Descentralizaremos a programación cultural para estendela á ampla rede de centros sociais que fomos tecendo nas nosas parroquias. - Reforzaremos a Biblioteca Municipal Rego da Balsa coma un espazo dinámico pensado para todas as idades con actividades continuadas, e reorganizaremos os horarios das dúas bibliotecas para adaptalos ás necesidades dos usuarios e das usuarias. - Continuaremos co apoio e impulso ás novas formacións musicais para que os grupos locais teñan proxección e visibilidade así como integración na actividade cultural-municipal. - Potenciarase a programación e difusión musical para todas as idades, ofrecéndolle á cidadanía de Carballo en diferentes ámbitos e espazos o mellor da creatividade musical galega moderna de todos os estilos.


BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015 Carballo —Depende de nós

- Seguirase a fomentar a lectura e a creatividade literaria como medio fundamental de formación, desenvolvemento e lecer, para o que se reforzarán e actualizarán programas xa consolidados como a Semana do Libro e a Lectura e a Praza dos Libros. • Nun mandato marcado pola crise, o goberno municipal do BNG de Carballo foi quen de dar resposta ás crecentes necesidades sociais artellando os programas e os fondos necesarios para garantir unhas condicións de vida dignas a toda a poboación. A POLÍTICA SOCIAL sempre será prioritaria para o BNG. A ampla carteira de servizos que presta xa o Concello verase incrementada nos próximos anos con novas propostas. - Reforzaremos os convenios de colaboración con Cáritas para o sostemento do comedor social e ampliarémolos á xestión do albergue para transeúntes e ao centro de mulleres, porque as iniciativas sociais necesarias deben ter o apoio das administracións. - Fomentaremos a inclusión social das persoas con diversidade funcional con medidas coma a eliminación de barreiras, na que demos xa importantes pasos nos últimos anos; pero tamén con contratos de prestación de servizos específicos para centros de emprego. - Seguiremos a potenciar os hábitos de vida saudables entre as persoas maiores, estenderemos o programa de exercicio físico a todos os núcleos nos que exista demanda e ampliaremos as actividades que fomentan a mobilidade e o envellecemento activo. - Apostaremos por un servizo de mediación cidadá, establecendo

pontes de comunicación entre persoas en conflito que favorezan a resolución dos problemas. - Potenciaremos o servizo de atención ao/á consumidor/a que vén de empezar a prestar a UCGAL como parte do compromiso do BNG de defender os dereitos dos veciños e das veciñas fronte aos posibles abusos das empresas. • No BNG queremos seguir ampliando a CARTEIRA DE SERVIZOS que reciben os nosos cidadáns e cidadás, mesmo naqueles casos nos que as competencias non corresponden ao Concello de Carballo, senón que dependen directamente de institucións coma a Xunta de Galicia. - No próximo mandato materializarase a inclusión de Carballo no transporte metropolitano tanto da Coruña coma de Santiago de Compostela, o que facilitará e abaratará a utilización do transporte público por parte dos nosos veciños e veciñas. - Demandaremos da Axencia Galega de Igualdade e Benestar a necesaria construción dunha nova escola infantil. - Continuaremos a reivindicar a dotación de ambulancia medicalizada e melloras nos servizos de atención médica. - Estableceremos como prioritaria a mellora das comunicacións con Santiago de Compostela para que a actual vía provincial pase a ser de titularidade autonómica. - Os avances nas obras do porto exterior obrigan a formular a necesidade de liberalizar peaxes entre


PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015 Carballo —Depende de nós

o polígono de Bértoa e punta Langosteira para fomentar o transporte fluído de mercadorías. - Dende o Concello de Carballo licitaremos os contratos dos servizos públicos de abastecemento de auga e saneamento, limpeza viaria, limpeza das praias e dos edificios municipais, sempre buscando a máxima garantía de calidade e a maior eficiencia. • A normalización lingüística procura a xustiza e a igualdade a respecto do idioma, para que os galegos e as galegas poidamos manter a visión do mundo desde a óptica que só nos pode dar a lingua propia do noso territorio. É responsabilidade de todos e de todas contribuírmos a manter a diversidade e a riqueza lingüística e cultural que fomos herdando, para que poidamos manter esas visións e chamarlles ás cousas cos nomes xenuínos que aquí lles damos. Por iso, a posta en valor da LINGUA de noso foi, é e será un obxectivo do goberno. - Seguirase a fomentar o uso e o prestixio do galego en todas as accións que desenvolva o concello e en todos os ámbitos do municipio, para o que se potenciará e consolidará o Servizo de Normalización Lingüística (SNL). - Desenvolverase o proxecto Apego, para apoiar e axudar á socialización en galego desde a primeira infancia, achegándolles ás familias recursos, materiais, actividades, obradoiros, dinamización social, etc. - Poñerase en valor o uso do galego no ámbito socioeconómico, asociativo e na hostalaría, con accións de apoio aos comercios, empresas, asociacións de todo

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

tipo, bares e restaurantes que queiran empregalo. - Reforzaranse e actualizaranse accións de fomento do galego desenvolvidas ata o momento como os obradoiros de acollemento lingüístico, a formación en lingua galega para persoas adultas ou sectores específicos, o Club de Debate, o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, a festa da lingua, campañas de dinamización, etc.

UN TERRITORIO EQUILIBRADO O BNG defende un modelo de ordenación que garanta o equilibrio territorial, o desenvolvemento urbanístico sostible e a protección dos nosos recursos naturais. A aprobación provisional do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) supón un paso adiante definitivo na construción do Carballo 15-30. A aprobación definitiva que debe realizar a Xunta de Galicia será un dos obxectivos prioritarios do novo mandato. • O PXOM é un documento fundamental para o desenvolvemento económico do municipio de Carballo, tamén para o TURISMO. Nos últimos anos impulsamos unha serie de medidas integrais para poñer en relación os recursos turísticos dos que dispoñemos no noso territorio, e nesa liña queremos continuar. - A creación da marca CARBALLO A UN PASO permitiu artellar as ferramentas necesarias para desenvolver unha política turística baseada na aposta pola sustentabilidade, a calidade dos servizos, a identificación dos nosos recursos, a promoción, a formación dos/as profesionais do sector e a posta en marcha de iniciativas que nos converten nunha referencia.


BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015 Carballo —Depende de nós

- No último mandato apostamos tamén por incrementar as esixencias de calidade medioambiental e de xestión de servizos nas nosas praias, e no vindeiro centrarémonos na consolidación da ISO 14.001 e do Esquema Europeo de Ecoxestión e Ecoauditoría (EMAS), moito máis esixentes que a bandeira azul. - Melloraremos os accesos ás praias e ampliaremos as zonas de aparcadoiro, estenderemos o subministro de auga a todas as praias, e estenderemos os servizos de salvamento e socorrismo e outros complementarios á praia de Arnela. - Seguiremos potenciando Carballo como destino para congresos e encontros empresariais, actividades culturais e deportivas e como centro de referencia do turismo termal e vinculado ao golf na Costa da Morte. • As FEIRAS E MERCADOS son un claro referente que ten que servir para dinamizar o concello, atraer xente e reactivar e impulsar a economía local. Ademais, constitúen un elemento integrador do territorio, ao converter o centro urbano no escaparate máis importante para os produtos da nosa horta e contribuír a estimular o COMERCIO local tradicional. - Recuperaremos as actividades de promoción das feiras e os feiróns de tempada, con propostas que contribúan á posta en valor dos produtos da horta local. - Promoveremos un plan de promoción que incluirá o redeseño e a difusión da marca pan de Carballo, a creación dunha ruta do pan e a organización de actividades vinculadas ao barrio panadeiro da Brea. - Impulsaremos unha campaña de

promoción do mercado de abastos e faremos unha oferta pública dos locais e espazos dispoñibles coa intención de seguir dotando o edificio municipal dos elementos necesarios para que exerza como locomotora do comercio. - Apoiaremos as iniciativas de agricultura ecolóxica e produción de produtos de horta alternativos que reforcen as nosas feiras e mercados como centros de referencia da alimentación saudable. • BNG seguirá a aplicar unha POLÍTICA MEDIOAMBIENTAL guiada por dous obxectivos: a preservación e a protección dos recursos naturais e a súa posta en valor como garantes da calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. - Reforzaremos as campañas de educación ambiental vinculadas ao ciclo integral da auga e á adecuada xestión dos residuos sólidos urbanos, con iniciativas dirixidas aos diferentes sectores da poboación. - Ampliaremos o mapa de rutas de sendeirismo polas diferentes parroquias, aproveitando recursos coma o litoral, os ríos ou o patrimonio histórico-artístico para fomentar prácticas saudables vinculadas ao medio. - Seguiremos estendendo aos núcleos rurais as illas verdes para facilitar a separación dos residuos sólidos urbanos e mellorar a súa xestión, ademais de ampliar o programa de compostaxe doméstica que tan bos resultados está a dar. - O control do gasto e a implantación de medidas de aforro enerxético nos edificios e as instalacións municipais será unha das prioridades para o vindeiro mandato.


GRAZAS AO BNG, CARBALLO É… …Un concello aberto Carballo é un concello aberto e democrático, con paredes de cristal, onde toda a cidadanía pode participar da vida política sen trabas nin censura. O goberno do BNG abriu as portas da casa do Concello e deu voz á veciñanza nun proceso de participación que seguiremos a impulsar para que se consolide como modelo de convivencia social. …Un concello emerxente Carballo é hoxe un bo lugar para vivir e para investir, unha vila dinámica dende o punto de vista cultural, deportivo, social, comercial… Ampliamos os servizos para as familias e para as persoas maiores, apoiamos as iniciativas sempre creativas dos/as máis novos/as, protexemos as nosas feiras e o comercio de proximidade, e impulsamos a integración de todas as diversidades. Deseñamos unha cidade para as persoas. …Un concello equilibrado Dende o BNG vimos traballando para equiparar a zona urbana e a rural en servizos básicos, levando o abastecemento e o saneamento ao 100% da poboación, estendendo a rede de centros sociais, implantando illas verdes e unha iluminación pública máis eficiente, mellorando a rede viaria… Transformamos o rural carballés porque para nós Carballo son 18 parroquias. …Con calidade de vida Unha das prioridades do goberno do BNG é facilitar o acceso da poboación a unhas condicións de vida dignas. Por iso non só non recortamos nos servizos sociais, senón que impulsamos políticas de apoio ás persoas en situación de desemprego e ás persoas que queren desenvolver un proxecto empresarial. Protección social e emprego son dous eixos fundamentais que seguiremos a potenciar.

…E cunha excelente saúde económica A xestión económica do BNG á fronte do Concello de Carballo é un exemplo: pagamentos ao día, débeda case inexistente, unha presión fiscal das máis baixas de Galiza, ratios de recadación elevadísimas e un alto remanente de tesouraría que fai posible que acometamos novos investimentos… Despois de 12 anos de xestión do BNG, o Concello de Carballo goza dunha excelente saúde económica que nos permite: • Ter capacidade económica e de xestión para a prestación, con calidade e eficiencia, dos servizos da nosa competencia e para garantir a cobertura dos servizos básicos nos que se están a producir recortes por parte dos gobernos do PP. • Asumir novas competencias, o que favorece novas potencialidades. • Xestionar con eficiencia e optimizar os investimentos doutras administracións. • Reforzar o noso liderado na comarca de Bergantiños e na Costa da Morte. • Mellorar os niveis de calidade de vida da cidadanía mediante a prestación de máis servizos e de maior calidade. • Optimizar a capacidade de recadación propia para seguir aumentando os recursos municipais sen incrementar a presión fiscal.

Carballo, un bo lugar para vivir

#


facebook.com/bngdecarballo twitter @bng_carballo


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.