Fanzine Arteficial 2017

Page 1

fanzine arteficial /// ano 2017

Pรกx.

1


ÍNDICE

Páx. 2

3

A familia

4

Haiku Siberiano. Iguanas Vivas

4

Editorial. Principio de Mediocridade

6

First Breath After Coma

8

Mow

10

Soledad Vélez

12

Solo Astra

14

The Phantom Dragsters

16

MØURΔΔ

18

Bliusvai

20

Druso

22

Blaak Heat

24

Los Bengala

26

Juana Chicharro

28

Vai a Ribadavia e morre de amor. Por Patricia Molina

30

Galicia na “Escena Musical”. Por Penélope F. Carb

33

Poetas do Ribeiro

34

Genderless. Por Andrea Otero

36

Plástico, bachata e sexo cavernícola. Por Antonio Pazos

38

Top 10+1. Por Marta Gómez

41

Pasatempos

42

Series de luz. Por Alba Doval

44

Breve historia de Ribadavia. Por María Blanco

45

Ilustración. Por María Veiga

46

Regueifa cuántica. Por Silvinha

fanzine arteficial /// ano 2017


ARTEFICIAL

é unha asociación formada por un grupo unha familia de mozas e mozos da comarca do Ribeiro que nace co obxectivo de potenciar novas actividades e mesturar diversas formas de expresión cultural dende unha postura actual e innovadora, atendendo así á demanda da xuventude en xeral. Vale, este blablabla está moi ben como intro para as subvencións, pero realmente queredes saber que é o que facemos a xenteficial? Pois non ten maior segredo: ir a cantos máis concertos mellor, festivais, exposicións de calquera tipo, cine e saraos varios. A nosa actividade favorita? Cear no Papuxa (atendendo sobre todo á sobremesa e se é cantada moito mellor). E todo isto para inspirarnos e organizar a nosa actividade estrela: O FESTIVAL ARTEFICIAL, un festival musical e interdisciplinar en pleno conxunto histórico de Ribadavia e que este ano 2017 terá lugar o 2 de setembro. Se nos queredes, VENIRSE!

Foto de familia. Setembro do 2016 fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 3


Ilustración: Iguanas Vivas

PRINCIPIO DE MEDIOCRIDADE FESTIVAL ARTEFICIAL 2007-2017

Ola! Estabamos aquí. De feito aínda estamos. Con esta son xa once as edicións do Festival Arteficial, entendido agora como a romaría da música alternativa do barrio da Madalena! Sexa pois benvida. Baile, sorría, bique a amigxs, amantes, compañeirxs todxs, faga deste día unha lea de ondas brancas! Nesta vila somos así. Sabedes, Ribadavia é un concello miúdo. Agora xa por debaixo dos 5.000 habitantes. Vaia, o despoboamento, a falla de oportuPáx. 4

fanzine arteficial /// ano 2017

nidades, na diáspora moita da xente que queremos. Arteficial é só unha escusa para atopármonos, facer algo xuntas, devolver un chisco do que estas rúas nos deron cando de cativas. Así nós, Arteficial, pero tamén Noite Meiga, a Festa da Istoria, Teatro do Vilar, Carrilanas, Poetas do Ribeiro, clubes deportivos, etc. Colectivos, asociacións que ceden a súa maior propiedade, o tempo, persoal, único, valioso como poucas cousas e tantas veces mal vendido, para encher de vida as rúas de Ribadavia. Cousa de freaks. Pouca cousa.


Estabamos, estamos, si; mais estaremos? Somos por vontade inxenuas, e sen medida. Somos tan cativas que non lle debemos nada, a ninguén. Somos mediocres. E adoramos. Arteficial non importa, non ocupa categoría algunha, non xoga ningún papel. Só fala, enuncia, crea. Queremos ser unha república dos desexos satisfeitos. Unha TAZ, unha máis. Até cando? Podemos estimar o tempo que nos queda? Algún día, aquí, todo terá acontecido. Baleiro como está o ceo de vellos mitos soamente arte e ciencia calman o noso desacougo. Unha non ten por que ver, basta teñan visto outras, maiores, respectadas, e no descenso do outeiro, levando consigo as novas táboas, as novas leis, dean boa conta delas. Xa non é preciso comprender a arte, xa non é preciso comprender a ciencia, por outra banda inalcanzable para nós, comúns, como os universos que esta se atreve a intuír. Pero a beleza, a fermosura das ideas ten que ser universal. Hai algo na navalla de Ockham, na árbore de estranos frutos da Simone, algo que nos afecta, que nos conecta. Principio de Mediocridade. Calquera mente tende a situarse a si mesma no centro do espazo e do tempo. O Principio de Mediocridade convídanos a romper con este prexuízo. Foi J. Richard Gott quen, nun paseo ao longo do muro de Berlín, animouse a se preguntar: Até cando seguirá en pé? Partindo da premisa de que non existen observadoras privilexiadas no Universo (Pincipio de Copérnico) e que moitas outras persoas coma el se terían feito a mesma pregunta ao longo da vida do muro, e que non habería ningunha razón para supor que el se estaba facendo esa mesma pregunta

nun momento especialmente significativo da historia, enunciou este principio baixo unha sinxela inecuación:

A inecuación depende do tempo transcorrido dende o comezo do fenómeno e dun coeficiente de fiabilidade “f” (toma valores entre 0-1) que nós mesmas lle quereramos outorgar aos cálculos. Así, para unha fiabilidade moi baixa (0%, f=0), o noso evento comeza e remata agora mesmo. Se por outra banda outorgámoslle unha fiabilidade moi alta (100%, f=1) ,asumimos que non queremos errar e o noso evento durará dende agora mesmo até o infinito. Entón era 1969, o muro levaba 8 anos en pé. O propio Gott, cunha fiabilidade do 50%, estimou que o muro duraría máis de dous anos e oito meses pero menos de vintecatro anos. O Muro caería finalmente vinte anos despois desta predicción. Queimar as naves. Aceptamos o xogo e xogamos. Asumimos a nosa condición, non hai nada intrinsicamente especial en nós, este non é un momento significativo na historia. Calculamos. Transcorridos dez anos de andaina, cunha probabilidade do 50%, ao Festival Arteficial quedaríanlle pois entre tres anos e catro meses até trinta anos de vida. Hai esperanza. Desfrutemos destes tres anos que, como mínimo, nos garantiza a nosa propia mediocridade. “Porque sempre é posible naufragar e, en efecto, danse moitos naufraxios” Alguén deixou dito, algunha vez. FESTIVAL ARTEFICIAL 2007-20… fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 5


Pรกx. 6

fanzine arteficial /// ano 2017


FIRST BREATH AFTER COMA ENCHEN SALAS nas principais cidades portuguesas, e incluso tocaron o ano pasado no Festival de Paredes de Coura. O cruzamento da influencia post-rock co formato canción, fai do seu disco unha sorpresa auspiciosa que era apenas o inicio dunha viaxe que agora ten un segundo capítulo. Pecháronse meses para traballar da mañá á noite en experiencias. Gravaron sons de case todo o que os rodeaba, perdéronse nas discografías da evolución do rock e da música electrónica e o resultado chamado “Drifter” (2016) carrega o ADN dos First Breath After Coma mais apunta aínda máis camiños para o presente e para o futuro desta nova formación leiriense.

fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 7


Pรกx. 8

fanzine arteficial /// ano 2017


MOW

MOW é o proxecto musical de Gabriela Casero, unha rapaza madrileña de voz aterciopelada que combina elementos de pop e electrónica nunha proposta de desbordante personalidade. Despois de trastear durante anos coa guitarra, MOW evoluciona o seu son e comeza a xogar con elementos electrónicos. Dende o inicio da súa proposta buscaba uns sons referenciados por artistas como Angel Olsen, Margaret Glaspy, Sùcre, Sea Oleena, Lydia Ainsworth, Violents e algún remix hortera… fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 9


Pรกx. 10

fanzine arteficial /// ano 2017


SOLEDAD VÉLEZ

A PRENSA compáraa con PJ Harvey e Florence and the Machine, e non é para menos! Ela posúe o carisma, a maxia, a elegancia, a personalidade... Esa seducción salvaxe que só teñen as grandes. No 2016 publicou o disco “Dance and Hunt”, con SUBTERFUGE RECORDS, onde incorpora sons electrónicos ao seu folk escuro, creando un trance místico e hipnóptico que engancha pero ben. Soledad Vélez é cantante, música e compositora chilena, afincada en Valencia. Ten actuado en festivais como o FIB de Benicàssim, o Primavera Sound ou o Día da Música, ademais de tocar por toda a Península e México. fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 11


Pรกx. 12

fanzine arteficial /// ano 2017


SOLO ASTRA

SON CANARIOS, viven en Madrid e xa irrumpiron no circuito de rock psicodélico chamando a atención de moitos medios, un deles “Hoy Empieza Todo” de Radio 3, no que foron melocotonazo da semana! No seu primeiro disco “Exofase”, destacan unha mestura de sonoridades como as de King Crimson, Pink Floyd ou Tame Impala. Xa tocaron o ano pasado no FIB, no V de Valarés, no Monkey Week e moitos festis máis! fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 13


Pรกx. 14

fanzine arteficial /// ano 2017


THE PHANTOM DRAGSTERS DESDE UNHA PRAIA OCULTA en Ourense chega este trío formado por Diego Stringbreaker (guitarra) David Lone Crusher (baixo) e Abraham Nitro Bandit (batería) que executa un surf instrumental de alto octanaxe que propiciou que o locutor de radio Franky Zwiller os presentase no seu programa de Radiolux como “tremendo killer surf sound”. En pouco máis de dous anos desde os seus comenzos, a banda leva ás súas costas máis de 50 concertos por Galiza (Surfing the Lerez, Nordestazo) e polo Estado español, en festis como o Surforama de Valencia, o Motorbeach Fest de Asturias e moitos máis. O seu tema “bikini Beach” (2015), foi seleccionado como un dos mellores do ano 2015 por Diego Rj no programa “El Sótano de Radio 3”. De momento non hai moito máis que contar…. O resto está a punto de convertirse en historia! fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 15


Pรกx. 16

fanzine arteficial /// ano 2017


MØURΔ DO PRECELTA: marwo “morto”, do grego: moira “destino”, do celta: mori “mar”, mori-morwen “serea”, mahra “espírito” A MØURΔ é un dos seres mitolóxicos de orixe prerromana máis fascinantes do folclore galego. Fonte de múltiples lendas, a MØURΔ é portadora de poderes sobrenaturais e figura inspiradora para cinco druídas cósmicos que renden culto á liserxia pangalaica en forma de longas improvisacións, melodías psicodélicas, cantos pastorais e ritmos tribais envoltos en ecos de tempos pasados. A carón de ríos, pontes, pozos, cavernas e antigos lugares de culto, a MØURΔ peitea os seus longos cabelos louros coma o ouro ou negros coma a noite, a primixenia dualidade universal tamén presente na súa música. Ah, e veñen directos dende o Atlántico, dende A Coruña. fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 17


Pรกx. 18

fanzine arteficial /// ano 2017


BLIUSVAI BLIUSVAI é un proxecto artístico de música ecolóxica. A voz, coma elemento primitivo e ancestral, ten unha infinita capacidade para xerar texturas, e aquí constrúe os elementos melódicos e harmónicos básicos dunha sonoridade que convive cunha escenografía en sinerxia coa propia música. Da man do noso admirado Rubén Fernández, teclado e voz en WhyGo, e xunto a unhas compañeiras de moitísimo level, preséntannos unha performance musical orixinal e vangardista chea de forza e ritmo. Bliusvai representa o renacer do ser humano a través da pedra, a auga, a terra, a area e o vento da voz que o leva… Talento galego na diáspora! Voltei. Nunca partira. Alongarme somente foi o xeito de ficar para sempre Jose Ángel Valente

fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 19


Pรกx. 20

fanzine arteficial /// ano 2017


DRUSO DRUSO é a nova aposta de Subterfuge Records para 2017, un músico novo, cantante, compositor, multi instrumentista e letrista galego. Comenzou a facer música no instituto, case obsesionado cos grupos noventeiros como Pavament, Sonic Youth, Yo la Tengo, etc… Pasou por moitas bandas de todo tipo dende música experimental até folk pero sempre apoiando proxectos de/con outras persoas (Marem Ladson, Os Amigos dos Músicos). Despois de dar moitas voltas atópase a si mesmo: recoñécese coma un romántico e que o que quere facer son cancións de amor gravadas no local de ensaio. Así nace Druso que, non se sorprendan, é o seu nome real. A súa música está conectada coa dos Beatles, os Byrds, Modern Lovers, o ga-

rage que escoitas nos bares tomando un Ballantines con cola e os grupos de Burger Records, pero todo pasado polo filtro das súas propias obsesións na cultura pop como Loquillo, Sergio Dalma, Dinamita pa los Pollos, o rock arxentino dos 70… Se ben estas últimas influencias non se reflicten con toda claridade, no musical axudan a conformar o espírito da súa música. A música de Druso Band trata de celebrar o amor, o ser novo e non ter un peso e o propio feito de facer música. “Estou desexando ir ás vilas do mundo a cantar a miña canción”, confesa mentres se toma un Ballantines con cola.

fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 21


Pรกx. 22

fanzine arteficial /// ano 2017


BLAAK HEAT COMO UN SOÑO febril Anatolio, BLAAK HEAT absorbe a túa mente con imaxes de espellismos de castelos místicos, pechando corpo e alma nun océano de ecos distorsionados. “Mojave soundtracks” (Blabbermouth.net) está creado sobre unha rica historia de tradición musical, pasando dende o Medio Este ata as praias e desertos de California, cun pé aínda asentado nas rúas de París. O resultado final é unha vívida mestura de retumbante rock psicodélico e tonalidades árabes, un altar aos intensos riffs, á expansión mental e ás rebeldías sociais. Orixinados en París, Francia, a través do guitarrista e cantante Thomas Bellier (ex-Spindrift) en 2008, BLAAK HEAT movéronse a Los Ángeles en 2012 coa axuda do batería Mike Amster, uníndoselles posteriormente o antigo compañeiro de Spindrift Henry Evans no baixo. A banda tocou en Europa e nos Estados Unidos moi extensa-

mente. Despois de tres lanzamentos (dous álbums, un EP) e múltiples colaboracións entre as que se atopa o poeta nomeado ao Premio Nobel Ron Whitehead, BLAAK HEAT acaba de lanzar o seu terceiro longa duración, Shifting Mirrors, producido polo gañador do Grammy Matt Hyde (Slayer, Monster Magnet, Deftones) en Svart Records e TeePee Records. “Un estándar novo para unha xeración nova” (PopMatters) “Case demasiado bo para ser crido” (Loudwire) “Odas de culto á marihuana que tremen con fortes punteos de baixo e engaiolan cunha sensación mística que desafía a consciencia” (Prog Magazine).

fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 23


Pรกx. 24

fanzine arteficial /// ano 2017


LOS BENGALA LOS BENGALA son un rudimentario tándem formado por Guillermo Sinnerman (voz/guitarra) e Borja Téllez (voz/batería). Únicamente dous instrumentos e as súas voces. Unicamente ritmo e machetes. Cancións curtas, concisas, que buscan o festexo de quen as escoita. Co seu celebrado álbum debut “Incluso Festivos”, publicado conxuntamente por Dirty Water Records de Londres e Wild Lion Records, deron un golpe sobre a táboa e conságranse como unha das bandas de rocanrol máis estimulantes. Los Bengala no teñen inventado nada novo pero o certo é que non hai nada máis que sone como eles. Os simples e poderosos acordes de Guillermo na guitarra, respaldados polos complexos ritmos do baterista Borja e ambos a coro na voz principal, crean unha enerxía totalmente irresistible.

The Guardian, un dos xornais máis grandes, antigos e recoñecidos do Reino Unido nombrounos como unha das bandas máis relevantes na escena do rock’n’roll. “Non me morderei a lingua: son do mellor que hai agora mesmo neste país. Mojo a tope, retrousos telúricos e moito ritmo do garaxe” Ruta 66 “O grupo presenta unha honestidade e credibilidade que, xunto ao irresistible das súas cancións e o seu bagaxe musical, derivan en media hora chea de himnos case instantáneos.” Mondo Sonoro.

fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 25


Pรกx. 26

fanzine arteficial /// ano 2017


JUANA CHICHARRO A NOVA MARTIRIO, a faraona da Celsa, Val do Kas e o Pozo do Tío Raimundo, a diva da xeringuiña do mercado dos xoves, a treboada marbellí… Son moitos os apodos que recibiu Juana Chicharro durante máis dunha década nos escenarios, pero ningún fai verdadeira xustiza ó seu legado. Copla-punk? Garaxe aflamencado? Rock urbán de raíz? Se cadra tampouco esta vez funcionen as etiquetas. Hai rock & roll, abofé, pero ningún atisbo de ortodoxia. A Juana e os seus escudeiros (Roberto, Cecilia e Miguel), as cancións sáenlles como lles saen: ás veces melódicas, outras ruidosas, pero sempre con personalidade. Non hai trampa nin cartón, nin exercicios de estilo. Resumindo: versións dos The Cramps, mestura entre Texas Terri e Juanita Reina.. En serio vola ides perder?? fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 27


VAI A RIBADAVIA E MORRE DE AMOR Patricia Molina Festivaleira xeitosa e máis

Dende o norte do país, Costa da Morte, eu cheguei a Ribadavia por amor; por amor ás persoas e por amor á música. Explíco(me), hai xusto agora un ano, por estas datas, coñecín unha marabillosa muller nun festival que se celebra na provincia de Pontevedra. Que queredes que vos diga, moito sol, moitos mojitos, moitos sorrisos, moita actitude e moita elegancia tropical. Aquel día gastamos toda a voz que levabamos berreando temas da Terbutalina e bebemos a toda felicidade. Por suposto, namoramos, foi inevitable (a típica historia de moza coñece moza e xa non se separa máis dela, vaia... unha serendipia en toda regra). Total, esta rapaza que vos digo é nacida na fermosa comarca do Ribeiro e, como é habitual nestes casos, cando a relación flúe de xeito tan encantador, a susodita convidoume a unha romántica escapada para

Páx. 28

fanzine arteficial /// ano 2017

que coñecese a súa vila natal, Ribadavia. Mes de setembro: Arteficial. A miña primeira e única edición deste festival, a décima de todas. Pode parecer pouca traxectoria para que dea o meu punto de vista como público, pero o xeito intenso en que foi vivido faime sentir dereito a facelo. Como dixemos moitas veces antes, despois e, sobre todo, durante, Arteficial é “un festival feito por e para xente goai e riquinha” Sen dúbida, o entorno en que se celebra contribúe á tremenda hostia de endorfinas que recibimos aquel día. Imaxinade ver bandas tan potentes como Guerrera, Bala ou os Blind Crows nun barrio xudeu. Ou verse envolto polos loops da Surma ou pola letanía do Emilio José na igrexa da Madalena. Oh! E hai pulpeira!! Un festi con pulpeira????? É unha p*** xenialidade!!!


O ano pasado xente de Carballo, Malpica, Rianxo, Vigo, mesmo de Granada... rematamos nun inmenso abrazo ao ritmo dos Igmig. Felices. Música e amigos! Familia festivaleira. Como consumidora habitual de ocio de concertos e festivaleira irredenta, podo asegurar que é unha das mellores experiencias musicais do país, feito polas rapazas e rapaces do pobo, que é todo un exemplo en canto a asociacionismo se refire. Un programa xenial, un esceario fermoso, de balde... e a xente, ghoder, debe ser a vila con máis xente guapa e bonita por metro cadrado que existe no mundo. A xoia da coroa dos festis do Sur. Como vedes, todo isto dito dende a máis fría obxectividade. Cheguei a Ribadavia por amor, e este ano voltarei. A rendir pleitesía aos Blaak Heat,

a desfrutar dos First Breath After Coma (dende o Primavera Sound ata o Ribeiro, o colmo do indie). A desfacerme cos Bengala. A flotar con Moura. Na mesma data fai data en Espanha un dos meus Deuses. E sabedes que? Déixoo para outra, ir ao Arteficial no canto de ver a Ty Segall en Miranda de Ebro #esdeguapas VAI A RIBADAVIA E MORRE DE AMOR

“un festival feito por e para xente goai e riquinha”

fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 29


GALICIA NA “ESCENA MUSICAL” Penélope F. Carb Colectivo de raro propósito @GlamourousBlack #SomosColectivo

“¿Eres gallega? ¡Menuda movida tenéis por ahí! Hay cantidad de bandas interesantes y hacéis festivales muy molones. Seguro que tenéis bolazos todos los fines de semana y las salas a reventar” Este podería ser un fragmento dalgunha conversa con persoas doutras rexións cando menciono que son galega. Polo xeral, Galicia é recoñecida como un fervedeiro musical, tanto por ideas como por inquedanzas ou pola gran cantidade de bandas e artistas que soan e que saen a amosar o seu talento fóra da terriña. Esa é a idea que teñen fóra da actividade musical pero, como ven sendo habitual, non é ouro todo o que relumbra. Co gallo deste “raro propósito” que nos guía polo mundo musical (e polo outro tamén) e tendo en conta que son a encargada de que nas nosas publicacións en castelán non se empreguen como se debera os tempos verbais por aquilo da miña procedencia, presentamos e entrevistamos a bastantes bandas e artistas galegos (sendo concreta, da zona de Vigo e arredores) sendo preguntas habituais “como vedes a escena musical Páx. 30

fanzine arteficial /// ano 2017

galega? ¿Hai todo o apoio necesario para tanta oferta?” Tendo en conta que nos gusta a música en termos xerais e que presentamos artistas e bandas de estilos diferentes, haberá quen pense que as respostas poden variar dependendo de se o artista ou banda en cuestión é máis ou menos coñecido ou do seu estilo musical. Pois o certo é que as respostas son todas elas bastante similares. Ante se se recibe o apoio necesario, na maioría das veces a resposta é negativa e xeralmente porque, en case tódolos casos, pénsase que hai máis oferta que demanda e porque a cultura musical alternativa ou underground non interesa. Tamén hai quen opina que os artistas e bandas entre sí non se apoian, no sentido de que as veces hai como pouca unión no colectivo musical e incluso que a presenza de músicos coma público nos concertos faise notar pola súa ausencia. E o que é tamén unha resposta frecuente é que, en Galicia, non hai unha industria discográfica potente que aposte polos proxectos galegos, sendo necesario


“non somos quen de crermos o talento que teñen os nosos artistas”

ter que estar presentes en Madrid ou Barcelona e, tendo en conta que vivimos nun recuncho do país, iso non sempre é posible para a gran maioría. Na miña opinión e no que me vai dando de si a miña curta experiencia neste mundiño, é certo que o que se está a facer a nivel no só musical, tamén noutros ámbitos culturais, é de gran interese en cidades tan diferentes como Bilbao, Málaga, Barcelona, Madrid ou Murcia, pero non somos quen de crermos o talento que teñen os nosos artistas e de facelo valer sobre todo dentro da nosa comunidade, porque fóra xa se recoñece. Non sei se é por esa condición intrínseca dos galegos de ser excesivamente humildes co noso ou desa toleira que nos dá con que o que ven de fóra sempre é mellor, pero o certo é que, tanto público coma medios ou institucións non valoramos suficientemente o talento dos nosos artistas. Xa non falo de grande cantidade de bandas, falo de variedade de estilos, de tal xeito que poderiamos facer un festival cunha programación de calidade sen necesidade

de contratar bandas de fóra. Por se pensades que estou botando por fóra, apuntade: Bala, Agoraphobia, Terbutalina, Superoito, Glitter & Litter, Tractor Troy, Diola, Inerttes, Puma Pumku, Linda Guilala, Dallasgracias, Sensacional, Malandrómeda, Dois, Presumido, Músculo!, The Trunks, Sen Senra, Wöyza, Caxade, Cró!, Villanueva, Aphonic, Kings of The Beach, Guerrera, Cora Sayers, Os Amigos dos Músicos... A maioría bandas emerxentes e nomes que se me foron ocurrindo, sen andar buscando. Xa tedes para tres días de festival e iso sen falar de cabezas de cartel, porque a Iván Ferreiro, Triángulo de Amor Bizarro, Xoel López ou Novedades Carminha xa se lles coñece de sobra. Logo podedes coller a Maryland, Igloo, The Soul Jacket, Eladio y los Seres Queridos, Escuchando Elefantes, Sés e todas as bandas das que me estou esquecendo, que non son poucas, e xa tedes a programación musical para todas as fins de semana dun mes, e se non me credes facede a proba. A verdade é que lendo os nomes de tan boas e variadas bandas dá moita mágoa fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 31


recordar a cantidade de concertos ós que fun nos que a sala ou estaba mediada, no mellor dos casos, ou practicamente baleira ¿Por que sucede isto? Eu penso que hai moita máis oferta que demanda e que os demandantes teñen pouca información sobre a escea local. Sendo realistas, ós medios de masas non lles interesa o máis mínimo a escena alternativa, nen sequera adicarlle un espazo na súa programación e deste xeito, sempre chega e se vende o mesmo produto sen opción a comparar con algo diferente. Nas televisións non se atopan programas adicados á música nos que se amose tanto o máis solicitado como aquilo máis innovador e alternativo, e o mesmo sucede na prensa escrita. Que nun quiosco se poidan atopar sen dificultade revistas de caza e resulte case unha miragre dar cunha publicación musical, é para chorar e non parar. Sendo concreta, a cultura musical nin se cuida nin se fai por cuidala. No referente ó apoio de institucións... Estariamos falando un pouco do mesmo. Hai moi pouco interese polo alternativo. Atendendo á programación cultural, en moitos casos dá vergoña, xa que dan unha imaxe de pobo que só quere escoitar gaiteirada, e non o digo coma unha falla de respeto porque ata na música tradicional galega hai clases, tendendo a pensar que non hai máis vida alén da muiñeira cando o abano do folclore abrangue moito máis ca iso. E deixando a un lado o folclore, séguense os ditados dos medios de masas á hora de facer unha programación musical, sen apostar polo local nin polo alternativo. A nada que un se interese pódese saber a dificultade de moitos festivais que tratan de ofrecer unha programación que fuxa do habitual para atopar apoios e financiación. Falla de apoio institucional que tamén afecta a que Páx. 32

fanzine arteficial /// ano 2017

se poida establecer unha industria musical, xa non digo potente, senón coa suficiente base e estabilidade para que tanta oferta poida chegar aos medios e deste xeito a un público máis amplo. Si, os de fóra teñen razón. Temos unha grande oferta musical. Temos boas salas e festivais e temos persoas e organizacións interesadas en amosar todo isto e facelo valer pero falta o máis importante, apoio. Non de fóra senón dos da casa, institucións e empresas galegas que aposten pola diversidade da nosa cultura musical. Apoio noso coma público, tratando de ampliar as nosas miras máis aló do que nos chega de maneira sinxela, facendo por buscar información sobre as bandas da nosa cidade, indo ós seus concertos e tratando de apoiar todas esas iniciativas locais que nos ofrecen todo isto con moitísimo esforzo e poucas recompensas. En resumo, saíde ós bares, socializade, escoitade música, iso dá máis cultura, vida e alegrías que a wikipedia e os documentais da dúas e, con algo de sorte, un día escribirei sobre a fervellante actividade cultural e musical galega, como se dun Berlín celta se tratase.


Onde cae o tempo Que das minhas mans se desxea Morre como o planeta Nun sinfin de xiros que non paran? Ou é acaso que son eu Que orbitando ao seu redor Escapo Nunha caida eterna Sen parada? Cando morra hei ter tempo Mais non o quero Prefiro o pouco que hoxe das mans Escapa.

por Xacobe García Souto

Fotopoema por Xaime Moreda Santamaría

fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 33


GENDERLESS por Andrea Otero

Pรกx. 34

fanzine arteficial /// ano 2017


fanzine arteficial /// ano 2017

Pรกx. 35


PLÁSTICO, BACHATA E SEXO CAVERNÍCOLA Antonio Pazos Señor

Cando era un mozo fun un par de anos a clases de batería nunha academia en Compostela. Un día que estabamos nunha aula, mentres eu petaba torpemente nos tambores, entrou un dos profesores e, con moita xenerosidade, comentoulle ao meu mestre, en referencia á miña destreza aporreante: “a este para o verán xa o enchufamos nunha orquestra”. Sinceramente, non sei se o dicía en serio ou de broma. Sei que as súas palabras tiñan vontade de ánimo, pero a min, mergullado como estaba no espírito punk teenager propio da idade, caéronme os xenitais ao chan. Ao acabar o curso xa non volvín máis. “Se é isto o que me espera, é mellor ghindarse por un barranco”, pensaba eu, bébedo de dramatismo postadolescente. O tempo todo o muda e acabei atopando certa estraña beleza no mundo da verbena. Sobre todo nas actuacións a plena luz do día das orquestras máis humildes e cativas, que empregan o playback sen ninPáx. 36

fanzine arteficial /// ano 2017

gún tipo de pudor. Esas sesións vermú con escenarios decrépitos bañados en chapa barata! Eses equipos de son máis rebentados que Ángel Cristo nos seus últimos días televisivos! E que me dicides dos voluntariosos intérpretes intentando emular rupestremente ás estrelas do momento? Oh, trátase dunha expresión artística rebordante de decadencia que me fascina. A indumentaria dos e das protagonistas tamén adoita ser arrebatadora e o que impera é a estética LUXO-FUTURISTA-DE-XIMNASIO-ARRABALERO. Aí dan escape libre ás tendencias máis atrevidas no mundo das diminutas prendas de colorinchis vetadas pola Asociación Española de Epilépticos; os peinados con fixación a base de cemento armado nunca deben faltar; e tamén locen moito as falidas tatuaxes inspiradas en retratos de seres queridos, aínda que o resultado final acostuma parecerse máis a un prato de zorza con patacas que ao propio


ser que se quere representar. E carne á vista que non falte, por favor. Só hai que botarlle unha ollada ás fotografías promocionais destes conxuntos: non se sabe ben se o que publicitan é a orquestra Estalaxada Show ou a primeira edición do Salón Erótico de Boimorto. No fondo, e pasado o tempo, sinto unha envexa desmesurada pola xente que traballa nas orquestras e que se sente realizada. Poñamos que os teus piares no mundo da música (ou incluso da cultura, en xeral) son Pitbull, Anastacia e Manolo Escobar. Se es a ou o cantante dunha orquestra, iso ten que ser o puto máximo. Que máis lle podes pedir á vida? Vale, que un grupo de borrachos incontrolados non intenten facerche un centro á cabeza cunha botella de kalimotxo de dous litros; ou que, ao final dunha actuación, e en vista de que os artistas non van saír máis, un COMANDO DE PUEBLERINOS EXALTADOS non cumpra a súa ameaza, mil veces entoada, de “SE NON TOCADES OUTRA, VOLCAMOS O CAMIÓN”. Pero, salvando esas nimiedades, a vida pode ser marabillosa se es un fanático da música lixeira.

“se é isto o que

me espera, é mellor ghindarse por un barranco”

Maldigo o momento en que caeu nas miñas mans de infante unha recompilación en formato cassette de Siniestro Total, coa profunda carga emocional de cancións coma “La caca de colores” ou “Los esqueletos no tienen pilila”. Aí foi onde se jodeu todo. Aí foi onde se volveu imposible para o Antonio do futuro poder ser parte protagonista dese mundo de PLÁSTICO, BACHATA e SEXO CAVERNÍCOLA dun xeito satisfactorio. Cachis.

fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 37


TOP 10 + 1 Marta Gómez Xornalista cultural en TV (especie en peligro de extinción) Eu tamén vivo na lea...

Neste top 10 só hai mulleres, vaia... non era a miña intención discriminar, pero é que algúns dos discos que máis escoitei este ano veñen firmados por estas artistas. Nos concertos nos que máis vibrei os últimos meses tamén recuncan algúns destes nomes. Outras delas tamén xiraron (e triunfaron) noutros continentes, aínda que seguen a vivir en Galicia. Augúrolles un futuro prometedor a algunhas novísimas, con debuts polos que todos estabamos xa devecendo... E hai tamén estrelas moi moi “top”, que nos seguen a sorprender nos seus últimos traballos. Aí vai unha manchea de nomes... pero poderían ser moitas mais.

BALA A súa receita é efectiva, un mix de estilos noventeiros que nunca pasarán de moda: stoner, grunge, metalcore ou crust.. pero cunha actitude que deixa o corpo e (as gorxas) desfeitos. Como di o seu último disco, Lume, e que non se apague nunca...

ARIES Capas e capas de electrónica que nos van levando a un terreo harmónico, psicodélico e natural, no que a celebración do baile produce un efecto de bálsamo inmediato. Para tódolos males: Aries. Páx. 38

fanzine arteficial /// ano 2017


BFLECHA Elegancia suprema no seu último disco: un tratado de synth pop, R&B contemporáneo e electrónica que nos fan penetrar en territorios descoñecidos da nosa mente. O universo de Bflecha é inabarcable, un xogo de xanelas e portas que nunca quereremos pechar.

MAREM LADSON Moitas ganas tiñamos xa de que o folk espido e delicado desta moza, metade ourensá, metade americana se arroupase en formato banda e cuns arranxos de luxo. Imposible non namorar da súa voz rasgada.

FEE REEGA É puro nervio, instinto e visceralidade. Tanto en solitario ou como frontwoman de Captains, esta alemá que reside en Asturias ten moito que dicir enriba do escenario, onde se transforma nunha pulsión animal turbia e tormentosa.

CORA NOVOA Unha top dentro do mundo da electrónica. Acaba de remesturar ás mesmísimas Chicks on Speed. Traballa dende o seu Ourense natal para espallar a súa misa negra de soul, techno e trance por todo o mundo. Todas as súas sesións son para enmarcar...

MOUNQUP É un gozo permanente. Unha ponte de unión entre París e Saumede, no interior do interior de Ourense. Ten unha voz que se retorce e que nos leva de paseo entre hortas, loops e biscoitos. Pura vida.

fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 39


GLITCH GIRL Asturiana, pero residente en Galicia, Alicia Aix aliméntase dos oito bits e do electro-hardcore. Puro terrorismo musical a través dos códigos erróneos e das desviacións á lóxica. Ollo á súa faceta de vj coas Mulheres na Batida.

LAS BISTECS Triunfando con “electrodisgusting” en pleno 2017. Letras “feístas”, feministas e con crítica social que chegan a tódolos públicos, aínda que non é doado ser señoras ben, loitar contra o “faloegocentrismo” e facernos rir ó mesmo tempo.

LAS ODIO Non son as noivas, non son as managers, son as artistas... Deixen pasar estas catro madrileñas que denuncian os micromachismos no mundo da música, e que pertencen a colectivos como Sisterhood ou os lembrados Dúo Divergente.

JUANA CHICHARRO Juana Chicharro reaparece tras seis anos perdida no extrarradio e volve con catro cancións de copla punk e garaxe “de raíz” que contan o día a día deste país mellor que calquera telexornal. A filla bastarda de Martirio é quen de cantarlle a Eurovegas con música dos Cramps. Aquí si que hai duende.

* Todas as fotografías foron sacadas das páxinas de Facebook das artistas Páx. 40

fanzine arteficial /// ano 2017


PA S AT E M P O S Busca os 10+1 de Marta nesta ensalada de letras. Porque habelas, hainas.

fanzine arteficial /// ano 2017

Pรกx. 41


SERIES DE LUZ.

PONTEVEDRA E COMPOSTELA por Alba Doval

Pรกx. 42

fanzine arteficial /// ano 2017


fanzine arteficial /// ano 2017

Pรกx. 43


BREVE HISTORIA DE RIBADAVIA por María Blanco

Páx. 44

fanzine arteficial /// ano 2017


ILUSTRACIÓN por María Veiga

fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 45


REGUEIFA CUÁNTICA Silvinha Regueifeira [Entóese esta regueifa co Cantar de Cego (ou se prefiren coa Saia da Carolina, Catro Vellos Mariñeiros ou moitas outras cántigas tradicionais)] Sempre che fun moi flipada xa o era de pequena o cerebro a dar mil voltas barrena que te barrena

A materia dun lugar había que desmantelala para noutra ubicación logo poder reintegrala

Tería que ir até o centro case unha hora gastar iso tenche outro nome non é teletransportar

Nunca tiven eu acougo moita imaxinación había un tema recorrente a teletransportación

Pero para conseguilo destrúese o orixinal e así un novo ser pódese logo crear

O que eu quería lograr o que a min me daba azos era viaxar con quen quero quen me collera nos brazos

Eu mireino pola tele uns tipos cuns traxes guais tiñan un transportador a bordo do Enterprise

Eu non vos teño reparo en servos, ai!, unha réplica se vou seguir sendo igual e ficar coa miña ética

Así que seguín buscando sempre firme na procura de faceren realidade todas as miñas loucuras

O trebello abraioume e fiquei con obsesión do atallo espazo-tempo que usaba o Dr. Spock

Ademais digo unha cousa na vida hai que pasar fases non vexo nada de malo no tema de reinventarse

Había outras referencias que chegaran dende o manga pois movíase o Son Goku no universo ás súas anchas

Informeime como puiden a través de enciclopedias neses tempos non había nin google nin wikipedia

Nada podía pararme eu xa estaba ben disposta e marchei ao videoclub axiña a alugar “A mosca”

Ai!, quería eu tentalo pero non sen anestesia mellor sería probar primeiro a telekinesia

Dereitiña á biblioteca comecei eu a laiarme non quería ir a pé senón teletransportarme

Peli pouco alentadora non lograron ese reto acabou sendo deforme medio home medio insecto

Apliqueime moitos anos estudei as matemáticas e doutoreime en física especialidade cuántica

Alí lin sobre a materia sobre as leis do universo dos átomos e electróns de toda a física en verso

E tampouco me gustaba iso de usar cabinas nós eramos das aforas para nós non habería

Avancei eu nas pescudas case non o podía crer conseguira o que buscaba pero a ninguén dixen ren

Páx. 46

fanzine arteficial /// ano 2017


As vantaxes eran moitas non era quen das obviar pero algo tiña claro non ía ser universal

Logo lembreime de algo seica ter un gran poder implica ser responsable e chamábame o deber

Seguinte punto da lista lévome a terras de Moria machirulos, violadores e a toda esa escoria

Dinlle voltas decotío a todo o tema moral se o saben os poderosos mal uso lle ían dar

Empecei a urdir mil plans o primeiro, con certeza, ía ser, tíñao moi claro, redistribuír a riqueza

E téñovos moitas máis ideas de xusticeira que combino como podo coa vida de regueifeira

Isto ten que ser segredo poucos o poden saber só a xente máis selecta que non me vaia vender

Non vai ser todo loitar e xa estudei dabondo agora aproveitarei este don que é redondo

Pero antes de contalo tiña que facer uns tests para ver se non perdía a cachola ou os pés

Tería eu que ir coller do FMI e Banco Central os cartos que esas ratas non nos deixan nin cheirar Isto non che queda aquí aínda non é suficiente o que teño que facer é desterrar algunha xente

Elixín momento clave que levaba anos pensando e despois dun festival a casa marchei flotando

De cabeza aos corruptos duques, reis e máis infantas vounos transportar ben lonxe e van vivir nunha cuadra

É parada obrigatoria un grandioso festival, que máquina é esta xente! Intelixencia “Arteficial”?

Xa comeza o verán non penso coller o carro pero serei moi discreta vou seguir no anonimato

Chegueivos eu enteiriña a Cabral dende Bueu sen resaca e con pixama como mola a nova eu Na seguinte experiencia aumenteivos a distancia escollín como destino a vila de Ribadavia Isto xa estaba marchando vai funcionarme o plan de non coller Ryanair, de gratis poder viaxar Fun visitar a colegas non parei un so momento a Dúrcal, a Ecuador en verán ou en inverno fanzine arteficial /// ano 2017

Páx. 47


Pรกx. 48

fanzine arteficial /// ano 2017


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.