Programa MIT2020

Page 1


venda de entradas Na sede da MIT. Venda anticipada: de 10:00h a 14:00h e de 18:00h a 20:30h. Venda inmediata diaria: a partir das 21:00h. Venda de abonos. na Casa da Cultura ou na oficina da MIT ata o 6 de xullo. Tel. 988 47 19 00 Información, venda de merchandising e sede da MIT. Rúa García Penedo, 3 (na entrada da Praza Maior). Tel. 988 47 20 56

información especial

Entradas non numeradas do Castelo (bloques 4 e 5): prezo único 5,00 €.

Espectáculos con prezo especial nos bloques 4 e 5 (Fariña e Doña Rosita anotada): prezo único 8,00 €.

espazos Picuxa Alameda

info@mitribadavia.com www.mitribadavia.gal

prezos

San Xoán

Espectáculos para público adulto no Castelo e na Picuxa. •

Xeral 7,00 €, reducida (persoas en situación de desemprego e estudantes) 5,00 €.

Espectáculos con prezo especial (Fariña e Doña Rosita anotada): •

Xeral 10,00 €, reducida (persoas en situación de desemprego e estudantes) 8,00 €.

Servizo de venda electrónica e telefónica - www.ataquilla.com NOTA: Para as entradas de prezo reducido é preciso presentar a documentación oficial acreditativa. páx. 2

Castelo

Praza Maior

Madalena

Programa SputMIT – satélites da MIT • Santo André a 5,9 km (dirección Ourense) • San Cristovo a 2,0 km (dirección O Carballiño) • Francelos a 2,0 km (dirección Cortegada) • Sampaio a 2,8 km (dirección Ourense)


Información para recordar - COVID-19 Medidas de hixiene e prevención O uso de máscara será obrigatorio no Castelo e nos demais espazos de representación da MIT.

Procura manter a distancia de seguridade interpersoal.

Presta atención ás indicacións do persoal acomodador.

Se tes síntomas asociados á COVID-19 evita asistir aos espectáculos.

Respecta as indicacións de acceso e as escaleiras de subida e baixada diferenciadas no Castelo.

Para acudir aos recintos de espectáculos gratuítos ao aire libre (SputMIT e Ruadavia) haberá cadeira preasignada, polo que é necesario recoller a invitación na Oficina da MIT con antelación ou no propio lugar de representación se quedan dispoñibles.

Ao entrar e saír dos espazos de representación, fai uso do xel hidroalcólico. Evita tocar a cara coas mans.

páx. 3


César Fernández Gil Alcalde de Ribadavia O día 17 de xullo bota a andar unha nova edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, o festival de referencia do teatro en Galicia e que ten conseguido e consolidado o feito de que Ribadavia se considere a capital galega das artes escénicas. Este ano iniciamos unha edición especial polas circunstancias que teñen envolto as nosas vidas nos últimos meses, xa que vimos de sufrir os duros efectos dunha pandemia que conseguiu cuestionar moitos dos nosos costumes e dos nosos hábitos en todo o que ten que ver coa nosa relación co medio e as nosas relacións interpersoais. Van xa trinta e seis anos dende que a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia botase a andar, e nesta ocasión podemos dicir que nin unha pandemia pode deter á MIT de Ribadavia. Dende o Concello de Ribadavia afrontamos esta nova edición con ilusión e tamén cun profundo sentipáx. 4

do da responsabilidade, xa que somos conscientes da necesidade de adicar un importante esforzo a garantir a seguridade de todas as persoas que, ben como público ou ben coma artistas ou membros do staff técnico, tomarán parte nesta nova edición da MIT de Ribadavia. Por iso nesta edición poremos todo o noso empreño en que a seguridade sexa o complemento ideal da excelente programación teatral á que xa dende hai moitos anos estamos afeitos en Ribadavia. É unha honra para Ribadavia que tan inconmensurable evento cultural teña lugar no noso concello para engrandecer, máis se cabe, a vizosa tradición histórica que fai de Ribadavia un lugar único no mundo. Por iso este ano, redobraremos esforzos para que esta nova edición cumpra con todos os estándares de calidade, pero tamén de seguridade. Xa para rematar quero convidar a toda a veciñanza de Ribadavia a disfrutar desta nova edición da Mostra Internacional de Teatro e tamén dar os parabéns a todo o grupo humano que fai posible este festival. Viva a MIT!! Viva Ribadavia!!


pรกx. 5


Roberto Pascual Director da MIT Ribadavia A ceo aberto. Ese é o noso lema para esta edición da MIT. Un lema que reflicte o momento, a necesidade de recuperación, o desexo, a ilusión e o reforzo da comunidade. Pero tamén expresa a nosa identidade, a do festival aberto, libre, diverso, que é capital, corazón e pulmón das nosas artes escénicas.

Esta MIT 2020 será o reflexo dos coidados mútuos, nun contexto de proxectos aprazados, incertidumes, pero tamén de acción, prudencia e optimismo. Unha M(i)T co i case entre parénteses, pola redución da súa habitual aposta de referencias internacionais imprescindibles, pero de esperanza e de proxectos en marcha de cara a vindeiras edicións. Agora a MIT é Mostra de Impulso Teatral galego, pero con acento posto en moitos puntos: nas terras mapuches, no universal concepto da maternidade, na biovidiversidade, no terreo do amor... E na linguaxe da danza e das artes do movemento, ese territorio dobremente esquecido, relegado e que tanto nos ofrece: a visión da migración coa compañía de Kirenia Martínez Acosta, a beleza do ámbito agrícola con Nova Galega de Danza e o directo de Rosa Cedrón, os novos valores con Pálido Domingo, a paternidade e as novas masculinidades de Pink Unicorns de La Macana, pero tamén a calidade coreográfica en pezas non excluivamente danzadas coma o traballo de Rut Balvís en Liberto, o da coreógrafa Laida Azkona en Tierras del Sud, o de Amaya Galeote en Hoy puede ser mi gran noche, a bailarina Marta Alonso Tejada en Dreaming Juliet, etc. Traballos ás veces invisibles pero que están aí fortalencendo a estrutura de comedias, dramas actuais, pezas híbridas de gran calidade. Hai uns meses recolliamos o Premio Adolfo Marsillach concedido pola Asociación de Directores de Escena de España e falabamos da xenealoxía das accións e dos esforzos como guía e da necesidade de páx. 6

ser orixinais mirando o que se fai ao noso arredor, pero sen ese espírito competitivo que tan poucos valores nos achega. A MIT progresa, non podía ser doutro xeito, innova, busca o pouso da calidade fronte ás luces cegadoras e os fogos de artificio, pero contando con todo o mundo. Espertamos admiración e seguro que ás veces desdén, pero estamos certos do noso rumbo de calidade, do esforzo, do amor pola escena liberadora, dos nosos compromisos e do noso desexo de acción. Cando nos pregunten que fixemos, sobre todo en tempos difíciles, saberemos que responder: traballar para o común e non paralizarnos nin buscar titulares que se derretan entre as mans. Grazas polos premios, pero sobre todo, grazas pola comunidade, polo camiño certo que facemos acompañando a dramaturxia actual: Pablo Remón dobremente presente e no foco desta MIT, Agnés Mateus e Quim Tarrida, Noemi Rodríguez e Andrea Jiménez, Santiago Cortegoso, María Torres e Gonçalo Guerreiro, Gemma Brió, etc. A MIT é única e en cada edición avanza cara novos horizontes. Este de 2020 será coas correspondentes medidas de prevención ditadas polas autoridades sanitarias, pero tamén coas medidas e receitas da creatividade, do orgullo galego das nosas creadoras e creadores, dentro e fóra do país. Coa receita da responsabilidade, coa receita da crítica construtiva, de oportunidade para mudar aquilo que nos estanca, coa receita da proactividade. A MIT terá outro gran foco esta 36ª edición, o da narración oral, con nomes tan poderosos coma Paula Carballeira, Quico Cadaval, Celso Sanmartín, José Luis Gutiérrez “Guti”, Isabel Risco, etc. A calidade dunha fala que nos fai tamén internacionais, únicos e máis abertos ao mundo ca nunca. Co noso acento, coa nosa identidade, coa nosa traballada calidade, máis abertos e universais ca nunca.


pรกx. 7


emigrantas cía. kirenia martínez acosta (galicia)

venres 17 de xullo 21.00h alameda Título do espectáculo: Emigrantas

Compañía: cía. Kirenia Martínez Acosta Dirección e coreografía: Kirenia Martínez Acosta Intérpretes: David Loira e Esther Latorre Texto: Branca Novoneyra Produción: Lucila Campos Vestiario: Jandro Villa Espazo sonoro: Babykatze e Bruno Baw Deseño gráfico: Niko Alvarellos Fotografía: Bruno Baw Traducións: Lía Pérez Domínguez Público recomendado: Adulto Tipo de espectáculo: Danza Duración: 55 minutos Web: www.emigrantas.me

páx. 8

Unha coprodución co Centro Coreográfico Galego e coa colaboración do Equipo de Sociología de las Migraciones Internacionales e da SGAE.


Una pieza que consigue ofrecer flexibilidad, impulso y poesía en un contexto de dureza. Esther y David mueven los fardos y los pesos de la emigración, en un desafío al suelo de hormigón sobre el que bailan. No hay una visión llorona ni rendida, sino reivindicativa y vitalista, incluso humorística. Afonso Becerra en ArtezBlai

Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero.

Emigrantas es una pieza de danza sobre la última diáspora gallega con perspectiva de género.

Dúas intérpretes en escena vivencian unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da derradeira diáspora, distintas das anteriores pero mantendo o pasado na memoria.

Dos intérpretes en escena dan vida a una experiencia central para su generación: la emigración y el retorno de la última diáspora, distinta de las anteriores pero manteniendo el pasado en la memoria.

A última vaga migratoria, debedora da crise, é multipolar e multicausal. Na pasada década 47.105 persoas entre os 20 e os 39 anos abandonaron Galicia na procura de contextos laborais máis favorables. A nosa pirámide de poboación empeorou, e o problema demográfico está no centro da axenda política galega. Hai unha necesidade urxente de modificar o discurso clásico das migracións, válido para entender os éxodos transoceánicos de principios do século XX pero non os presentes. Un grupo de mulleres creamos Emigrantas, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades; pezas coas que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega en compaña doutras comunidades de emigrantas, dentro e fóra da Galicia interterritorial. O motor destas Emigrantas é pensar a actual vaga migratoria presente en complicidade con comunidades galegas no exterior e outras emigrantas en Galicia, para así construírmos unha peza que nos leve xuntas diante do presente fenómeno migratorio.

La última ola migratoria, deudora de la crisis, es multipolar y multicausal. En la pasada década 47.105 personas de entre 20 y 39 años abandonaron Galicia en busca de contextos laborales más favorables. Nuestra pirámide de población ha empeorado y el problema demográfico está en el centro de la agenda política gallega. Hay una necesidad urgente de modificar el discurso clásico sobre las migraciones, válido para entender los éxodos transoceánicos de principios del siglo XX pero no los del presente. Un grupo de mujeres hemos creado Emigrantas, una pieza de danza para bailar datos, estadísticas, vivencias, intuiciones y posibilidades; piezas con las que tejer un ensayo bailado sobre la actual diáspora gallega en compañía de otras comunidades de emigrantas, dentro y fuera de la Galicia interterritorial. El motor de las Emigrantas es pensar la ola migratoria actual en complicidad con las comunidades gallegas en el exterior y también otras emigrantas en Galicia, para así construir una pieza que nos lleve juntas delante del presente fenómeno migratorio.

páx. 9


dreaming juliet elefante elegante (galicia)

venres 17 de xullo 23.00h auditorio rubén garcía do castelo Título do espectáculo: Dreaming Juliet Compañía: Elefante Elegante Creación: Gonçalo Guerreiro a partir de Romeo e Xulieta de William Shakespeare Dirección Artística: María Torres e Gonçalo Guerreiro Dirección actoral: Paco Sánchez Intérpretes: María Torres, Marta Alonso, Miguel Paz, Nacho Martín e Gonçalo Guerreiro Vestiario: Diego Valeiras Composición musical: Miguel Paz e Gonçalo Guerreiro (Música en directo. Percusións e teclados: Miguel Paz, contrabaixo: Nacho Marín e guitarra: Gonçalo Guerreiro.) Deseño de iluminación: Germán Gundín Escenografía: Gonçalo Guerreiro Estrutura escenográfica: Carolo Losada Atrezzo e deseño gráfico: Carolina Diguele Produción e tradución: María Torres Público recomendado: Todos Tipo de espectáculo: Teatro físico Duración: 70 minutos Idioma: Galego páx. 10

Web: www.elefanteelegante.net


Cunha linguaxe visual asentada no teatro de movemento, na música interpretada en directo e na danza, Dreaming Juliet crea unha poética universal da paixón.

Con un lenguaje visual asentado en el teatro del movimiento, en la música interpretada en directo y en la danza, Dreaming Juliet crea una poética universal de la pasión.

Na peza do dramaturgo inglés os seus protagonistas viven un amor prohibido e idealizado, condenado pola familia de ambos. A súa intensa relación ten unha curta duración e un funesto final.

En la pieza del dramaturgo inglés sus protagonistas viven un amor prohibido e idealizado, condenado por la familia de ambos. Su intensa relación tiene una corta duración y un funesto final.

Mais imaxinemos que Romeo e Xulieta non tivesen morto e que o principal obstáculo á sua relación non fose a oposición das súas familias senón as adversidades das rutinas do mundo contemporáneo.

Pero imaginemos que Romeo y Julieta no hubiesen muerto y que el principal obstáculo a su relación no fuese la oposición de sus familias sino las adversidades de las rutinas del mundo contemporáneo.

Cales serían os soños de Xulieta? En que tipo de home se transformaría Romeo? Que lugar nas súas vidas ficaría dispoñible para o amor?

¿Cuáles serían los sueños de Julieta? ¿En qué tipo de hombre se transformaría Romeo? ¿Qué lugar en sus vidas quedaría disponible para el amor? páx. 11


non hai que ser unha casa para ter pantasmas pálido domingo (galicia)

sábado 18 de xullo 13.00h praza da igrexa de san xoán 20.00h praza da madalena

páx. 12

Foto: Federica Peach

Título do espectáculo: Non hai que ser unha casa para ter pantasmas Compañía: Pálido Domingo Creación e interpretación: Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez Buceta Público recomendado: Todos Tipo de espectáculo: Danza Duración: 25 minutos aprox. cada pase


1º premio Xuventude Crea 2017 – Categoría Teatro Premio da Crítica no 32º Certamen Coreográfico de Madrid 2018

Non hai que ser unha casa para ter pantasmas é un espectáculo de creación escénica contemporánea baseado en dous eixes fundamentais: o Aikido (arte marcial xaponesa) e a danza contemporánea, complementados con outras técnicas corporais como son o teatro físico e a danza Butoh, esta última tamén de orixe xaponés. Interésanos experimentar cómo absorber, dende unha fisicalidade occidental, algúns preceptos físicos orientais sendo conscientes desta diferenciación cultural e investigando cómo facela nosa. Cada unha destas disciplinas deixa a súa pegada na peza, sempre ao servizo do que esta creación precisa para devolver a vida ás nosas pantasmas durmidas.

No hay que ser una casa para tener fantasmas es un espectáculo de creación escénica contemporánea basado en dos ejes fundamentales: el Aikido (arte marcial japonés) y la danza contemporánea, complementados con otras técnicas corporales como el teatro físico y la danza Butoh, esta última también de origen japonés. Nos interesa experimentar cómo absorber, desde una fisicalidad occidental, algunos preceptos físicos orientales siendo conscientes de esta diferenciación cultural e investigando cómo hacerla nuestra. Cada una de estas disciplinas deja su huella en la pieza, siempre al servicio de lo que esta creación necesita para devolver a la vida nuestros fantasmas dormidos.

Tomamos como punto de partida o concepto físico de resiliencia, entendido este como a capacidade dun corpo ou materia para recuperar o seu estado inicial una vez cesada a perturbación á que estaba sometido. Para isto apostamos por unha posta en escena que busque e reivindique o valor dos pequenos detalles, partindo do corpo como canal expresivo e comunicativo.

Tomamos como punto de partida el concepto físico de resiliencia, entendido este como la capacidad de un cuerpo o materia para recuperar su estado inicial una vez cesada la perturbación a la que estaba sometido. Para esto apostamos por una puesta en escena que busque y reivindique el valor de los pequeños detalles, partiendo del cuerpo como canal expresivo y comunicativo.

páx. 13


la madeja

irene de paz (andalucía)

sábado 18 de xullo 21.00h alameda

Título do espectáculo: La madeja Compañía: Irene de Paz Autoría e Interpretación: Irene de Paz Mirada externa: Lucio Baglivo Coreografía: Lucio Baglivo e Michelle Mann Colaboración Artística: Noelia Rosa e Leandre Ribera Deseño do espacio escénico: Fenoy Son / música: Varios Indumentaria-caracterización: Irene De Paz e Juan Prohibido Público recomendado: Todos os públicos Tipo de espectáculo: Circo páx. 14

Duración: 30 minutos


Irene de Paz comeza a súa formación artística no ano 2005, na Escola de circo Carampa de Madrid. Ao finalizar trasládase a Bos Aires para especializarse como equilibrista e establecer a súa residencia alí durante máis de oito anos. En 2008 participa no espectáculo “CRECE”, unha produción do Teatro Circo Price e Carampa. Tamén traballou en producións da Cía. La Arena (Bos Aires) e Imà Circo (Curitiba-Brasil), entre outros. Na actualidade tamén traballa con Vaivén Circo (Premio Nacional 2016) que tamén visitou a MIT. En 2011 crea a Cía. Cabezadepie xunto a Mariano Carneiro, coa produción do seu primeiro espectáculo “Harto de Ti”. A danza, a manipulación de obxectos e o teatro físico, están presentes na súa pescuda artística, creando unha linguaxe moi persoal. A partir de 2015 comenza unha nova investigación sobre o arame, na que incorpora o traballo con materiais textís e unha nova e persoal poética. É así como nace “La Madeja”, traballo que mereceu o seguinte conxunto de premios:

Premio PACA 2019 a Mejor Artista Femenina Premio PACA 2019 a Mejor Investigación Circense Premio del Jurado ARTESCENA ‘17 (Ávila) Premio La Cochera Cirquera ‘17 (CIRCADA, Sevilla) Premio Especial FEINCITA ‘17 (Tarifa)

A Madeixa é un traballo individual de equilibrio sobre cable arredor da arte de tecer.

La Madeja es un solo de equilibrio sobre cable entorno al arte de tejer.

Unha proposta delicada sobre a aceptación do enredo como parte de nós mesmos e nós mesmas, na que se nos mostra que a vida ten moitos fíos dos que tirar.

Una propuesta delicada sobre la aceptación del enredo como parte de nosotros, en la que se nos muestra que la vida tiene muchos hilos de los que tirar.

A capacidade de avanzar cos pés atados, de bailar coas dificultades, de rir ata chorar. A aceptación do enredo como forma de vida.

La capacidad de avanzar con los pies atados, de bailar con las dificultades, de reírse hasta del llanto. La aceptación del enredo como forma de vida.

páx. 15


fariña

ainé producións (galicia)

sábado 18 de xullo 23.00h auditorio rubén garcía do castelo

Título do espectáculo: Fariña Compañía: Undodez, Ainé e Oqueteño Media Dirección: Tito Asorey Dramaturxia: José Prieto a partir do libro de Nacho Carretero Intérpretes: Xosé Antonio Touriñán, María Vázquez, Cris Iglesias, Marcos Pereiro e Sergio Zearreta Vestiario: Ruth Pereira Espazo sonoro: Santi Jul Tema orixinal: Novedades Carminha Música en directo: Cris Iglesias, Sergio Zearreta e María Vázquez Deseño de iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde Escenografía: José Faro “Coti” Público recomendado: Adulto Tipo de espectáculo: Comedia Duración: 80 minutos Idioma: Galego páx. 16

Web: www.farina.gal


Un teatro accesible a un público muy amplio, bien hecho y en el que la esencia de la historia que cuenta la novela sobrevuela constantemente el espectáculo. Hugo Álvarez en Butaca en Anfiteatro

Finalista en 5 categorías dos Premios María Casares: Mellor espectáculo Escenografía Iluminación Música orixinal Actor protagonista

Unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século.

Una adaptación de la exitosa obra de Carretero sobre la historia del narcotráfico en Galicia en las últimas décadas del pasado siglo.

Fariña non permite ao espectador nin acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga suceden conversas entre rapaces e veciños das vilas falando, mercando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea.

Fariña no permite al espectador acomodarse en la butaca. A una imponente descarga le suceden conversaciones entre chicos y vecinos de los pueblos hablando, comprando, consumiendo y manejando con soltura el famoso Winston de batea.

O elenco de actores entran e saen da escea meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, os veciños máis novos probando a mercancía a escondidas…

El elenco de actores entran y salen de la escena metiéndose en la piel de decenas de personajes entre situaciones familiares: un alcalde corrupto dispuesto a financiar una verbena, los vecinos más jóvenes probando la mercancía a escondidas…

O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade.

El salto al narcotráfico ocurre en el escenario con la misma soltura con la que tuvo lugar en la realidad. páx. 17


tres vellas (polo menos) celso fernández sanmartín, josé luis gutiérrez “guti” e quico cadaval (galicia)

domingo 19 de xullo 20.00h praza de san xoán

Título do espectáculo: Tres vellas (polo menos) Autoría e interpretación: Celso Fernández Sanmartín, José Luis Gutiérrez “Guti” e Quico Cadaval Público recomendado: Adulto Tipo de espectáculo: Narración oral Idioma: Galego páx. 18

Duración: 110 minutos


No repertorio dos tres hai moitos contos que foron contados por vellas, a quen llos contaron outras vellas. Unha progresión xeométrica de vellas atravesando o tempo. Nunca se coñeceron as vellas de Guti, Quico ou Celso, mais poderían manter unha conversa entre si á luz do carburo ou sobre o hule das cociñas aldeás. Este espectáculo criouse para propiciar ese diálogo de mulleres descoñecidas ao pé do lar. Por iso, moitas veces, as nosas sesións de contos son sesións de espiritismo, e as vellas aparecen na axuda do narrador que se perdeu nun chiste, nunha cita académica ou nun comentario de actualidade, e guíao de volta ao rego do relato.

A comunicación directa coa pratea, a actualización sistemática do material narrativo e poético e a soberanía dos tres sobre o espectáculo logrou que Celso, Guti e Quico, fosen convidados a eventos alérxicos á tradición, como os vangardistas festivais AlkantaraFest (Lisboa) e o BAD de Bilbao, entre outros, co seu espectáculo anterior “Os contos de Joselin”, producido pola Central Folque. Sen deixarse cegar polo ouropel post-moderno e cultural, regresan unha e outra vez ás aldeas, pobos e tabernas e engraxan a língua e a memoria para continuar alimentando o espectáculo da palabra falada, o maior espectáculo do mundo.

As vellas que depositaran neles ensalmos, historias e receitas, pediron e lograron un lugar na escena, por iso, este espectáculo mutante se titula TRES VELLAS (polo menos). Neste exclusivo show, só para os gustos mais requintados, manifestaranse as olladas sagaces, as mans encalecidas de todas as labouras e o afiado sentido do gusto das vellas, e chegará un momento no que o auditorio sentirá o recendo dos honestos guisados do pasado. E ao rematar, os espectadores, coa boca encharcada, sairán a soñar co prato fumegante da memoria.

En el repertorio de los tres hay muchos cuentos que han sido contados por viejas, a quienes se los contaron otras viejas. Una progresión geométrica de viejas atravesando el tiempo.

Os contadores de historias e de contos que conflúen neste espectáculo son recoñecidos polo colectivo da narración oral como posuidores dun universo propio e unha voz singular, unha maneira especial de contar as historias. Estes eloxios son inexactos, o universo é común, pertence á sabedoría colectiva, e a voz é emprestada, as persoas que lles contaron os contos entregáronlles no mesmo saco as ironías, as pausas, a elegancia labrega, os palabróns e a autoridade. Todos proceden dunha biblioteca inmaterial, ágrafa e de custodia feminina.

Jamás se conocieron las viejas de Guti, Quico o Celso, pero habrían podido mantener una conversación entre sí a la luz del carburo o sobre el hule de las cocinas aldeanas. Este espectáculo se creó para propiciar ese diálogo de mujeres desconocidas al pie del hogar. Por eso, muchas veces, nuestras sesiones de cuentos son sesiones de espiritismo, y las viejas aparecen para ayudar al narrador que se perdió en un chiste, en una cita académica o en un comentario de actualidad, y lo guía de vuelta al hilo del relato.

páx. 19


rebota, rebota y en tu cara explota agnés mateus e quim tarrida (cataluña)

domingo 19 de xullo 23.00h auditorio rubén garcía do castelo

Título do espectáculo: Rebota rebota y en tu cara explota Creación e dirección: Agnés Mateus e Quim Tarrida Intérprete: Agnés Mateus Colaboradores: Pablo Domichovsky e un extra Espazo sonoro, audiovisual e fotografía: Quim Tarrida Iluminación: Carles Borràs Equipo técnico: Carles Borràs e Quim Tarrida Produción en xira: ElClimaMola

páx. 20

Foto: Quim Tarrida

Público recomendado: Adulto Tipo de espectáculo: Teatro Duración: 75 minutos Idioma: Castelán Coprodución: Festival TNT – Terrassa Noves Tendències, L’Antic Teatre e Konvent punt zero (Berga). Co apoio de: La Poderosa, Nau Ivanov e Teatre La Massa (Vilassar de Dalt).


Un espectáculo de dramaturgias y lenguajes diversos pero que con máscara o sin ella, entra como una bala directa al cerebro, un disparo certero de digestión lenta, pero cuya trayectoria te gustaría que fuera interminable. Pero lo mejor no es contarte lo que viví, lo mejor es vivirlo en primera persona. Persigue el espectáculo. No te arrepentirás. Elisa Díez

” Premio da Crítica 2017 Mellor Espectáculo de Novas Tendencias Premio FAD Sebastià Gasch Aplauso 2018 Premio Butaca 2018 ás Novas Aportacións Escénicas

As mulleres non “perdemos” a vida, ás mulleres asasínannos. Imos empezar a chamarlle ás cousas polo seu nome. Hai que perder o medo a palabras como asasinato, suicidio, morte, chiste fácil, merda seca, metástase, leucemia, calvicie, gordura, gran de pus, hemorroides, merda, asfixia, menosprecio, aborto, eutanasia, poligamia, ventre de alugueiro, adulterio, vómito, moco seco, colonoscopia e amor.

Las mujeres no “perdemos” la vida, a las mujeres nos asesinan. Vamos a empezar a llamar a las cosas por su nombre. Hay que perder el miedo a palabras como asesinato, suicidio, muerte, chiste fácil, mierda seca, metástasis, leucemia, calvicie, gordura, grano de pus, hemorroides, caca, asfixia, menosprecio, aborto, eutanasia, poligamia, vientre de alquiler, adulterio, vómito, moco seco, colonoscopia y amor.

Falar da nosa pasividade, da acción das xentes pequenas que está cambiando o mundo pouco a poco, do noso abandono, da esperanza que nos queda, do amor, do desamor, do meu despotismo que ninguén coñece e algúns sofren, da violencia, da miña violencia, da túa violencia...

Hablar de nuestra pasividad, de la acción de las gentes pequeñas que está cambiando el mundo poco a poco, de nuestro abandono, de la esperanza que nos queda, del amor, del desamor, de mi despotismo que nadie conoce y algunos pocos sufren, de la violencia, de mi violencia, de tu violencia...

… deberíanos explotar a vida na cara máis a miúdo.

… nos debería explotar la vida en la cara más a menudo. páx. 21


papar sen cancelas culturactiva (galicia)

luns 20 de xullo 20.00h sampaio (igrexa)

Título do espectáculo: Papar sen cancelas Dirección: Diego Rey Autores: Xurxo Barcala, Diego Rey, Avelino González e Jose Prieto Produce: Culturactiva Interpretación: Isabel Risco, Pedro Brandariz y Fran Rei Vestiario: Maquinaria Pesada Escenografía: Kukas

páx. 22

Foto: Cris Andina

Música orixinal: Jerry Noia Público recomendado: Adulto Tipo de espectáculo: Comedia Duración: 75 minutos Idioma: Galego


Novos espazos MIT. Teatro a ceo aberto. Igrexa de Sampaio.

Culturactiva ten o pracer de convidarvos a Papar sen cancelas, un delicioso espectáculo onde poderedes deleitarvos cunha exquisita selección gourmet dos mellores pratos da nosa lingua. Linguas soltas, linguas hábiles, linguas deslinguadas, linguas para todos os gustos! Poderedes presenciar as artes para a cociña cómica de tres xeniais chefs preparando o menú para personaxes entre o máis distinguido do panorama galego actual. Comedia de alta cociña sobre a cultura galega. Porque en Galicia cómese ben, e fálase mellor.

Culturactiva tiene el placer de invitaros a Papar sen cancelas, un delicioso espectáculo donde podréis deleitaros con una exquisita selección gourmet de los mejores platos de nuestra lengua. ¡Lenguas sueltas, lenguas hábiles, lenguas deslenguadas, lenguas para todos los gustos! Podréis presenciar las artes para la cocina cómica de tres geniales chefs preparando el menú para personajes entre lo más distinguido del panorama gallego actual. Comedia de alta cocina sobre la cultura gallega. Porque en Galicia se come bien, y se habla aún mejor.

páx. 23


hoy puede ser mi gran noche teatro en vilo (madrid)

luns 20 de xullo 23.00h auditorio rubén garcía do castelo Título do espectáculo: Hoy puede ser mi gran noche Compañía: Teatro En Vilo Dirección e Dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez Coreografía: Amaya Galeote Vídeo: Ro Gotelé Interpretación: Noemi Rodríguez e Darlene Rodríguez Vestiario: Paola de Diego, Sigrid Blanco e Candela Ibáñez Escenografía: Mónica Borromello Iluminación: Miguel Ruz Axudante de Dirección: Macarena Sanz Fotografía: Danilo Moroni Asesoría dramatúrxica: Eva Redondo Llorente Público recomendado: Todos os públicos Tipo de espectáculo: Comedia Duración: 60 minutos Idioma: Castelán e galego páx. 24

Web: www.teatroenvilo.com


Recentemente estreada no Niemeyer de Avilés, a última peza da puxante compañía Teatro en Vilo, Hoy puede ser mi gran noche, non puido continuar a súa exhibición no Teatro Fernán Gómez de Madrid por mor da pandemia da COVID-19. Agora estréase en Galicia a última mostra de talento de Noemi Rodríguez (Allariz, 1987) e Andrea Jiménez (Madrid, 1987), ambas á fronte da compañía que estes últimos anos leva colleitado varios e importantes premios: Premio Ojo Crítico de Teatro 2019, Premio do Público do Festival Presente-Futuro de Palermo 2018, Mellor compañía emerxente do London Mimetic Festival, etc. Hoy puede ser mi gran noche é unha festa teatral, un monólogo cómico e musical, un exercicio de autoficción que conta a fascinante historia dun cantante de orquestra na Galicia dos 90 e as súas fillas, cuxa máxima aspiración é ser coma seu pai. Neste espectáculo, unha actriz e a súa irmá música en escena despréganse en múltiples voces para facer unha emocionante viaxe ao pasado, a un mundo cargado de exotismo co fin de entender esa estraña amalgama que resulta do que un día quixemos ser e o que somos. Esta é unha obra divertida, valente e profunda, unha celebración do que xa non está, o que puido ser e non foi, un canto aos perdedores, aos que nunca deixan de esperar o seu momento.

Hoy puede ser mi gran noche es una fiesta teatral, un monólogo cómico y musical, un ejercicio de autoficción que cuenta la fascinante historia de un cantante de orquesta en la Galicia de los 90 y sus hijas, cuya máxima aspiración es ser como su padre. En este espectáculo una actriz y su hermana músico en escena se despliegan en múltiples voces para hacer un emocionante viaje al pasado, a un mundo cargado de exotismo con el fin de entender esa extraña amalgama que resulta de lo que un día quisimos ser y lo que somos. Esta es una obra divertida, valiente y profunda, una celebración de lo que ya no está, lo que pudo ser y no fue, un canto a los perdedores, a los que nunca dejan de esperar su momento. Una historia emocionante, un relato desgarrador donde Teatro En Vilo vuelve a desplegar toda la elocuencia de su poética teatral, la irreverencia, la ternura y el humor para acercarnos a la batalla de una mujer que se pelea entre lo extraordinario y lo ordinario, la hazaña y la derrota, el deber ser y la felicidad verdadera.

Unha historia emocionante, un relato desgarrador onde Teatro En Vilo volve a desatar toda a elocuencia da súa poética teatral, a irreverencia, a tenrura e o humor para achegarnos á batalla dunha muller que se debate entre o extraordinario e o ordinario, a fazaña e a derrota, o deber ser e a felicidade verdadeira. páx. 25


xampatito pato (galicia)

martes 21 de xullo 20.00h francelos

mércores 22 de xullo 20.00h san cristovo

Título do espectáculo: Só. Compañía: Xampatito Pato Autoría e interpretación: Jesús Velasco Dirección: Arturo Cobas e Jesús Velasco Deseño do espacio escénico: Cruz Velasco e Jesús Velasco Iluminación: Flavia Mayans de La Morena Son / música: Varios Indumentaria-caracterización: Alicia Tojo Público recomendado: Todos os públicos Tipo de espectáculo: Circo clown Duración: 50 minutos páx. 26


En 2019 a MIT quixo poñer o foco no novo circo galego, este ano na danza. O espectáculo que vos presentamos é un claro exemplo da calidade artística que temos no país, entre moitos outros artistas de novo circo.

Premio del Público Festival Malabharía 2020 2º Premio Panorama Circada Premio ¡Chucha! Festival De Circo y Clown De Úbeda Premio Festival Al Freskito Premio Festival Utebo Respira Circo Premio Festival Madn Circus Premio Festival Acambalachous Premio Festival Carabolas De Bronchales Premio Encuentro Zircozaurre Premio Kandengue Arts

Espectáculo de circo teatro que presenta un personaxe obsesivo, cuadriculado e meticuloso.

Espectáculo de circo teatro que presenta un personaje obsesivo, cuadriculado y meticuloso.

Un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo.

Un ser único en su especie rodeado de un sin fin de cajas que escapan a su control y con las que juega para dar forma a su mundo.

Do caos xorde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha tolemia cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.

Del caos surge un universo delirante donde inventa la risa, creando una locura cómica y transformándose en un nuevo ser con una nueva figura.

páx. 27


liberto

rebordelos teatro (galicia)

martes 21 de xullo 23.00h auditorio rubén garcía do castelo Título do espectáculo: Liberto Dirección, tradución e adaptación: Tamara Canosa Autora: Gemma Brió Compañía: Marelas Teatro Interpretación: Cris Iglesias, Rocío González e Lucía Aldao Espazo escénico, iluminación e técnica en xira: Jose Faro “Coti” Produción executiva: Luisa Romeo Música orixinal: Lucía Aldao Coreografías: Rut Balbís Grafismo e vídeo en desenvolvemento: Lucía Estévez Auxiliar en preprodución: Carla López Asesoría desenvolvemento: Juan Carlos Corredoira Grafismo: Alba Sáenz de la Cuesta Proxecto pedagóxico: Laura Campos Espazo sonoro: Jas Processor Produción en ensaios e axudantía de dirección: Cris Dieste Público recomendado: Adulto Tipo de espectáculo: Teatro Duración: 80 minutos Idioma: Galego páx. 28

Web: www.rebordelos.com


Liberto non é unha oda ao amor maternal tal e como o deseñan o imaxinario dominante e o prime time. É unha revisión dos límites socialmente acordados. É un relato fiel e cru de como xestionar a dor e de como seguir avanzando. Un proceso pegado ao primitivo, á conexión co noso animal, que non repara en postas en escena cando está en xogo o benestar da manda. Liberto reivindica que non somos as nais que se espera que sexamos. Somos boas e malas, humanas e fortes. E somos quen de aceptar que a vida non edulcora as súas arremetidas. A renuncia da protagonista é xigantesca, antisocial, mamífera. Ada asume a morte de Liberto para loitar pola vida. Rebordelos Teatro

Marelas Teatro bota man dun texto que sabe expoñer, coa emoción necesaria, o conflito e as personaxes, sen caer no sentimentalismo edulcorado nin no morbo lutuoso. Iso conségueo a base dunha estrutura fragmentaria que, cando a espectadora xa está prendida emocionalmente nunha escena, córtaa e salta a outra escena diferente. Afonso Becerra. O Galiñeiro -Praza Pública.

Finalista a sete Premios María Casares: Mellor espectáculo, Dirección, Adaptación-tradución, Actriz protagonista e secundaria, Iluminación e Música orixinal. Premio Butaca ao mellor texto teatral

Cando nace Liberto a vida de Ada frea en seco. Dende unha sala de espera vivirá a experiencia máis determinante da súa vida.

Cuando nace Liberto la vida de Ada frena en seco. Desde una sala de espera vivirá la experiencia más determinante de su vida.

Liberto é un canto á vida dende a primeira persoa interpelando directamente ao público. Unha reivindicación do imperfecto, do humano.

Liberto es un canto a la vida desde la primera persona interpelando directamente al público. Una reivindicación del imperfecto, del humano.

Un texto e unha proposta formal asentada nas atmosferas sonoras que falan da vida, do sensorial e instintivo.

Un texto y una propuesta formal asentada en las atmósferas sonoras que hablan de la vida, del sensorial e instintivo.

Un espectáculo que revisa os límites socialmente acordados, un relato honesto de como xestionar a dor e de como seguir avanzando. Un proceso pegado ao primitivo, á conexión co noso animal, e por iso, contra todo pronóstico, cheo de vitalidade.

Un espectáculo que revisa los límites socialmente acordados. Un proceso pegado a lo primitivo, a la conexión con nuestro animal, y por eso, contra todo pronóstico, lleno de vitalidad. páx. 29


o mel non caduca ibuprofeno (galicia)

mércores 22 de xullo 23.00h auditorio rubén garcía do castelo Título do espectáculo: O mel non caduca Compañía: Ibuprofeno Dirección e Autoría: Santiago Cortegoso Interpretación: Marián Bañobre e Avelino González Movemento escénico e axudante de dirección: Carmela Bueno Espazo escénico e imaxe: Diego Seixo Iluminación: Salvador del Río Vestiario: Marián Bañobre Espazo sonoro: Davide González

Foto: Diego Seixo

Técnico de luz e son: Héctor Pazos Caracterización: Baia Fernández Comunicación e produción: Fátima R. Varela Vídeo: José V. Estonllo Público recomendado: Adulto Tipo de espectáculo: Teatro (comedia e teatro contemporáneo) Duración: 80 minutos Idioma: Galego páx. 30

Web: www.ibuprofenoteatro.com


A pasada edición da MIT, Marián Bañobre e Santiago Cortegoso realizaron un obradoiro de creación actoral. Esta edición celebran con nós 10 anos como compañía presentando o seu novo espectáculo. Marián Bañobre, ademais de recoñecida actriz, vén destacando os últimos anos como puxante directora escénica, Santiago Cortegoso é un dos dramaturgos máis relevantes do teatro galego contemporáneo. Gañaron varios premios dentro e fóra de Galicia e coa súa compañía consolidáronse como un referente da nosa escena, apostando por unha creación independente e conectada coa sociedade actual.

O mel non caduca é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas. Dous científicos/apicultores, en 2173, levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos, nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. Tratan de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva na historia. Constrúen unha árbore no seu laboratorio para tratar de recuperar os ciclos naturais, que se perderon hai tempo. Dous irmáns volven á casa familiar na aldea pola morte da súa nai. O conflito aflora cando deben xestionar as pertenzas familiares. O irmán máis vello opta por vendelo todo. A rapaza, máis nova, entra nunha crise vital porque se debate entre a súa acomodada vida nunha cidade afastada e a nostalxia que lle produce volver entrar en contacto cos obxectos e os recordos que marcan a súa historia vital. Estas dúas tramas compleméntanse con outros textos (monólogos e diálogos) e con escenas xestuais e de movemento escénico en relación coa versatilidade do espazo escénico, composto por colmeas e outro material de apicultura. O mel non caduca ten forma de collage en todos os sentidos: temático, estético e na

linguaxe. É unha mestura de claves, un espectáculo moi aberto que toma elementos do teatro xestual, da imaxe, da instalación, do clown, da narración, do realismo, do texto contemporáneo, que vai saltando do máis poético ao máis cru, do realismo ao onírico. E todo en clave cómica, empregando a ironía e o humor, en múltiples e diferentes formas. Non o humor fácil e condescendente co público, senón un humor reflexivo, crítico, con toques surrealistas, con reminiscencias do universo dos clowns. O mel non caduca é unha obra para emocionar e concienciar, e tamén para rir e reflexionar. Rir de nós mesmos, como individuos e como especie. Cuestionarnos como puidemos, como humanidade, ter chegado ata aquí.

La miel no caduca es un espectáculo biodegradable y ecosostenible gestado a partir de un proceso de creación colectiva, alrededor de la relación del ser humano con los objetos, de la degradación ecológica del planeta por culpa de la perversa lógica consumista del capitalismo y de la obsolescencia programada, tanto de productos como de las personas.

páx. 31


Día 19 // DOMINGO

Día 17 // VENRES da

13.00h Sesión vermú. Presentación do libro Asfixia. Entrada Oficina de Turismo, Praza Maior.

20.45h Entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas.

20.00h Praza da Igrexa de San Xoán (Ruadavia) – Tres vellas (polo menos) – Celso Sanmartín, José Luis Gutiérrez “Guti” e Quico Cadaval – Galicia.

20.00h Inauguración Madalena.

oficial

da

MIT

2020.

Praza

21.00h Alameda (Ruadavia) – Emigrantas – cia. Kirenia Martínez Acosta – Galicia. 23.00h Auditorio Rubén García do Castelo – Dreaming Juliet – Elefante elegante – Galicia.

Día 18 // SÁBADO 13.00h Praza da Igrexa de San Xoán – Non hai que ser unha casa para ter pantasmas – cía. Pálido Domingo – Galicia. 20.00h Praza da Madalena – Non hai que ser unha casa para ter pantasmas – cía. Pálido Domingo – Galicia. 21.00h Alameda (Ruadavia) – La madeja – Irene de Paz – Andalucía. 23.00h Auditorio Rubén García do Castelo – Fariña – Ainé Producións – Galicia.

páx. 32

23.00h Auditorio Rubén García do Castelo – Rebota Rebota y en tu cara explota – Agnés Mateus e Quim Tarrida – Cataluña.

Día 20 // LUNS 20.00h Sampaio– Papar sen cancelas – Culturactiva – Galicia. (Programa SputMIT – satélites da MIT). 23.00h Auditorio Rubén García do Castelo – Hoy puede ser mi gran noche – Teatro en Vilo – Madrid.

Día 21 // MARTES 20.00h Francelos – Só – Xampatito Pato – Galicia. (Programa SputMIT – satélites da MIT). 21.00h Foro MIT: Teatro documento, realidade e ficción. Entrada Oficina de Turismo, Praza Maior. 23.00h Auditorio Rubén García do Castelo – Liberto – Rebordelos Teatro – Galicia.


Día 22 // MÉRCORES

Día 25 // SÁBADO

20.00h

San Cristovo – Só – Xampatito Pato – Galicia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

13.00h Sesión vermú. Presentación do libro Melancoholemia. Entrada Oficina de Turismo, Praza Maior.

21.00h

Igrexa da Madalena – Residencia Paraíso. Encontro aberto na Praza.

20.30h Alameda (Ruadavia) – Pink Unicorns – La Macana – Galicia.

23.00h

Auditorio Rubén García do Castelo – O mel non caduca – Ibuprofeno – Galicia.

23.00h Auditorio Rubén García do Castelo – Doña Rosita anotada – Pablo Remón / Comunidad de Madrid e Buxman Producciones coa colaboración de La Abducción – Madrid.

Día 23 // XOVES 20.00h

Santo André– Contos de dragóns e leóns – Paula Carballeira – Galicia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23.00h

Auditorio Rubén García do Castelo – Leira – Nova Galega de Danza – Galicia.

Día 24 // VENRES 20.30h

Alameda (Ruadavia) – Copyleft – Nicanor de Elia – Francia-Arxentina.

23.00h

Auditorio Rubén García do Castelo – Tierras del Sud – Azkona&Toloza – Cataluña + Chile.

01.00h A Picuxa – Melancoholemia – Antón Reixa – Galicia.

Día 26 // DOMINGO 13.00h Sesión vermú. Presentación de Mundoescenico.gal. Entrada Oficina de Turismo, Praza Maior. 20.30h Alameda (Ruadavia) – Distans – Vol’e Temps – Andalucía. 23.00h Auditorio Rubén García do Castelo – Sueños y visiones de Rodrigo Rato – Buxman e Teatro Kamikaze – Madrid.

Día 27 // LUNS 12.00h Alameda - Resolución XV Premio comunicación do Premio do Público.

Abrente

12.30h Alameda – Foro DramaturGA. páx. 33

e


contos de dragóns e leóns

paula carballeira (galicia)

xoves 23 de xullo 20.00h santo andré

Título do espectáculo: Contos de dragóns e leóns Autoría: Paula Carballeira Público recomendado: Todos os públicos Tipo de espectáculo: Narración oral Duración: 60 minutos Idioma: Galego

páx. 34


Con máis de 25 anos de experiencia profesional no teatro e na narración oral, Paula Carballeira foi convidada aos festivais e encontros internacionais máis importantes neste eido, ademais de impartir cursos de formación e realizar sesións de contos regularmente en bibliotecas de toda Galicia. Actriz e directora, tanto na compañía de teatro Berrobambán, á que pertence desde 1996, como noutras compañías en colaboracións puntuais, entre as que cabe destacar o espectáculo “A cabana de Babaiagá” para o Centro Dramático Galego no ano 2006, así como en distintos espazos e series de ficción da Televisión de Galicia (as series: “Libro de familia”, “Viradeira”, “Pepe o inglés”, “Rías Baixas”, “Pequeno hotel”...; os programas: “O clan dos impostores”, “O sofá”, “Contando estrelas”, “A noite en branco”...). Como autora de literatura, leva máis de trinta libros publicados de narrativa, poesía e teatro, a maior parte de literatura infantil e xuvenil, algúns deles premiados e traducidos a diferentes linguas.

De cando en vez, un dragón esperta do seu sono de pedra. Pode saír do interior da terra ou do fondo do mar, pero o máis seguro é que esperte con fame, e non hai nada máis terrible que a fame, por iso o mellor é levar sempre un anaco de pan para calquera viaxe.

De vez en cuando, un dragón despierta de su sueño de piedra. Puede salir del interior de la tierra o del fondo del mar, pero lo más seguro es que despierte con hambre, y no hay nada más terrible que el hambre, por eso lo mejor es llevar siempre un trozo de pan para cualquier viaje.

Cos leóns non hai que perder a calma, especialmente coas leoas, que son quen cazan. Polo xeral, viven en África, pero hai quen ten topado con leóns (máis ben cunha leoa) na China. Todo é posible nos contos, cómpre esperar sorpresas.

Con los leones no hay que perder la calma, especialmente con las leonas, que son quienes cazan. Por lo general, viven en África, pero hay quien se ha topado con leones (más bien con una leona) en China. Todo es posible en los cuentos, es necesario esperar sorpresas.

Estes son contos de diferentes tradicións, porque o mundo é grande, pero tampouco tanto, para lembrarnos que, a miúdo, a intelixencia, a tenrura e o sentido do humor son as mellores ferramentas contra o que nos asusta.

Estos son cuentos de diferentes tradiciones, porque el mundo es grande, pero tampoco tanto, para recordarnos que, a menudo, la inteligencia, la ternura y el sentido del humor son las mejores herramientas contra lo que nos asusta.

páx. 35


leira

nova galega de danza con rosa cedrón en directo (galicia)

xoves 23 de xullo 23.00h auditorio rubén garcía do castelo

Título do espectáculo: Leira Compañía: Nova Galega de Danza Coreografía: Iker Gómez Dirección: Jaime Pablo Díaz Intérpretes: Inés Vieites, Estefanía Gómez, Iván Villar, Pablo Sánchez, Ricardo Fernández (Cover), Uxía Rivas (Cover) E Rosa Cedrón Deseño do espacio escénico: Jaime Pablo Díaz Iluminación: Antón Cabado Son / música: Sergio Moure De Oteyza – Rosa Cedrón Indumentaria-caracterización: Erica Oubiña Público recomendado: Todos os públicos Tipo de espectáculo: Danza con música en directo Duración: 1 hora páx. 36

Web: www.novagalegadedanza.com


Nova Galega de Danza foi Premio do Público da MIT 2017 co espectáculo SON Este ano presentan o seu novo espectáculo co acompañamento de Rosa Cedrón en directo

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.

El cuerpo y la tierra estrechan sus lazos en un espectáculo de danza y música que nos transporta a la dura belleza de las labores del campo. La mujer en el centro de esta conexión telúrica; día y noche, jornada tras jornada repetida en una sucesión inagotable de estaciones. El sol y la lluvia, el viento helado, crudos paisajes de intemperie habitados únicamente por una coreografía humana de aperos de labranza, de cuerpos que cargan y arrastran, que danzan entre los surcos arados en la tierra. Pero Leira es también la sencilla alegría del trabajo hecho con las manos, con la valentía del cuerpo a cuerpo. La celebración de una Galicia intemporal y mágica.

páx. 37


copyleft

nicanor de elia (francia-arxentina)

venres 24 de xullo 20.30h alameda Estrea en España

Título do espectáculo: Copyleft Compañía: Cie. Nicanor de Elia Creación e Dirección: Nicanor de Elia Intérpretes: Juan Duarte Mateos, Lucas Castelo Branco, Nahuel Desanto, Gonzalo Rodriguez Fernandez e Walid El Yafi Deseño do espazo escénico e indumentaria: Nicanor de Elia Público recomendado: Todos os públicos Tipo de espectáculo: Danza e malabares Duración: 45 minutos páx. 38


Copyleft é un tornado malabaristico de 45’ cunha boa dose de humor e varias evocacións deportivas, cun elenco artístico formado por un auténtico “dream team” de varias nacionalidades que son: Juan Duarte Mateos (Uruguai), Lucas Castelo Branco (Brasil), Nahuel Desanto (Arxentina), Gonzalo Rodriguez Fernandez (España) e Walid El Yafi (Francia).

Copyleft es un tornado malabaristico de 45’ con una buena dosis de humor y varias evocaciones deportivas, con un elenco artístico formado por un auténtico “dream team” de varias nacionalidades que son Juan Duarte Mateos (Uruguay), Lucas Castelo Branco (Brasil), Nahuel Desanto (Argentina), Gonzalo Rodriguez Fernandez (España) y Walid El Yafi (Francia).

Nicanor de Elia mestura nesta peza a técnica da danza «passing through» desenvolvida por David Zambrano cos malabaristas, e tras varias experiencias pedagóxicas, Nicanor reuniu un grupo de malabaristas/bailaríns cos que comenzou a profundizar e desenvolver esta nova maneira de facer malabares, na fronteira das dúas disciplinas, técnica hoxe chamada en si mesma «Copyleft».

Nicanor de Elia mezcla en esta pieza la técnica de danza «passing through» desarrollada por David Zambrano con los malabaristas, y tras varias experiencias pedagógicas, Nicanor reunió un grupo de malabaristas/bailarines con los que comenzó a profundizar y desarrollar esta nueva manera de hacer malabares, en la frontera de las dos disciplinas, técnica hoy llamada en sí mismo «Copyleft». páx. 39


tierras del sud azkona&toloza (cataluña-chile)

venres 24 de xullo 23.00h auditorio rubén garcía do castelo Título do espectáculo: Tierras del Sud Compañía: Azkona&Toloza Dramaturxia: Txalo Toloza-Fernández

Interpretación: Laida Azkona Goñi e Txalo Toloza-Fernández Voces: Sergio Alessandria, Agustina Basso, Conrado Parodi, Gerardo Ghioldi, Daniel Osovnikar, Sebastián Seifert, Rosalía Zanón e Marcela Imazio. Asistencia de dirección: Raquel Cors Banda sonora orixinal e deseño do espazo sonoro: Juan Cristóbal Saavedra Deseño de luces: Ana Rovira Deseño audiovisual: MiPrimerDrop Diseño do espazo: Juliana Acevedo e MiPrimerDrop Construción: Lola Belles, Mariona Signes e RotorFab-Espai Erre Estilismo: Sara Espinosa Coordinación do proceso de investigación: Leonardo Gamboa Caneo Selección musical: Marcelo Pellejero Deseño de produción: Elclimamola Coa colaboración de Sònia Gómez, Maite Garvayo, Ángela Fernández y Orlando y Jaime Carriqueo. Tierras del Sud é un proxecto producido por Azkona & Toloza e Antic Teatre en coprodución co Festival TNT.

páx. 40

Público recomendado: Adulto Tipo de espectáculo: Teatro-documento Duración: 90 minutos Idioma: Castelán Web: miprimerdrop.wordpress.com/


“¿Qué une al industrial textil italiano Luciano Benetton con el actual presidente de Argentina Mauricio Macri? ¿Y a Macri con los famosos pistoleros estadounidenses Sundance Kid y Butch Cassidy? ¿Y a Ted Turner, dueño de CNN, con el pequeño clan mapuche de los Curiñanco? ¿Y a la Corona Inglesa con Sylvester Stallone? La respuesta a todas las preguntas anteriores, poco evidente y muy pocas veces contada, se encuentra aquí. A miles de kilómetros de Estados Unidos, Italia, Inglaterra o España. Aquí, al sur del sur, en los límites australes de América, en el territorio conocido como Patagonia Argentina”, Azkona y Toloza

A medio camiño entre Barcelona, Pamplona e o deserto de Atacama, Azkona&Toloza son unha parella de artistas dedicada á creación de proxectos de artes vivas. Formada en 2015 pola coreógrafa navarra Laida Azkona e o videoartista atacameño Txalo Toloza-Fernández, centraron o seu traballo na utilización das linguaxes artísticas contemporáneas como unha ferramenta válida para a investigación documental. Ademais de levar a cabo os seus propios proxectos en parella ou por solitario, Azkona&Toloza colaboraron, entre outros, coa perfomer Sonia Gómez, o director de escena Roger Bernat ou a compañía de teatro documental mexicana Lagartijas Tiradas al Sol. Esta obra forma parte da súa triloxía Pacífico.

Tierras del Sud é a segunda parte da triloxía escénica documental PACÍFICO, de Txalo Toloza-Fernández e Laida Azkona Goñi, centrada na estreita relación existente entre as grandes fortunas estranxeiras e a barbarie sobre os pobos orixinarios latinoamericanos, o desenvolvemento de novas formas de colonialismo e as diversas expresións da cultura contemporánea.

Tierras del Sud es la segunda parte de la trilogía escénica documental PACÍFICO de Txalo Toloza-Fernández y Laida Azkona Goñi, centrada en la estrecha relación existente entre las grandes fortunas extranjeras y la barbarie sobre los pueblos originarios latinoamericanos, el desarrollo de nuevas formas de colonialismo y las diversas expresiones de la cultura contemporánea.

Como parte do proceso de investigación e creación, Toloza e Azkona trasladáronse á Patagonia para achegarse á paisaxe, ao territorio e á cosmogonía mapuche, mostrando especial atención á súa música e á súa danza ancestrais e detallando a relación deste pobo coa súa terra e o desenvolvemento do seu conflito coas grandes fortunas que definen o territorio. “Propuxemos Tierras del Sud como unha peza de carácter documental, enmarcada dentro das artes vivas e expandidas. A nosa idea é recuperar a danza, a performance e o movemento como ferramentas válidas para a entrega de información documental, achegando ao relato histórico toda a forza e a carga poética dos corpos en escena, servíndonos das súas formas de facer como unha maneira potencial de ordenar as distintas puntas dunha investigación tan complexa coma esta”, explican.

Como parte del proceso de investigación y creación, Toloza y Azkona se trasladaron a la Patagonia para acercase al paisaje, al territorio y a la cosmogonía mapuche, mostrando especial atención a su música y a su danza ancestrales y detallando la relación de este pueblo con su tierra y el desarrollo de su conflicto con las grandes fortunas que definen el territorio. “Planteamos Tierras del Sud como una pieza de carácter documental, enmarcada dentro de las artes vivas y expandidas. Nuestra idea es recuperar la danza, la performance y el movimiento como herramientas válidas para la entrega de información documental, aportando al relato histórico toda la fuerza y la carga poética de los cuerpos en escena, sirviéndonos de sus formas de hacer como una manera potencial de ordenar las distintas aristas de una investigación tan compleja como esta”, explican.

páx. 41


pink unicorns la macana (galicia)

sábado 25 de xullo 20.30h alameda

Título do espectáculo: Pink Unicorns Compañía: La Macana Dirección: Caterina Varela, Alexis Fernández e Samir Akika Interpretación: Alexis Fernández e Paulo Fernández Iluminación: Alfonso Castro Escenografía: Tilo Schreieck Público recomendado: Todos Tipo de espectáculo: Danza-Teatro Duración: 70 minutos Web: www.lamacana.es Coproducción con: CCG-AGADIC, THEATER IM PUMPENHAUS (Alemaña), THEATER BREMEN (Alemaña). páx. 42


Los creadores Caterina Varela, Samir Akika, Alexis Fernández, logran la mezcla exacta de sumar danza, gesto, teatro físico y bufón, con el toque guasón y optimista del caribe.Sobre el escenario Alexis y Paulo Fernández ofrecen un recital de posibilidades para transmitir todo un amplio abanico de estados y sentimientos, en una actuación hipnótica que te deja pegado a la butaca.Los dos artistas realizan un trabajo artístico extraordinario, que pone de manifiesto una preparación impecable, desafiando los límites del esfuerzo físico, hacen alarde de una vitalidad apabullante. Logrando una función vigorosa y divertida, que invita a vivir. Luis Muñoz Díez, en La Tarántula, Revista Cultural.

O punto de partida da nova creación de La Macana en colaboración con Samir Akika é un reto, o de poñer en escena a un pai co seu fillo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubana que na súa ampla experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis cercano. Pola outra banda, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva “millennial”co seu querido pai.

El punto de partida de la nueva creación de La Macana en colaboración con Samir Akika es un reto, el reto de poner en escena a un padre con su hijo adolescente. El primero, un gallego de origen cubano que en su amplia experiencia como bailarín nunca ha tenido que enfrentarse a un mayor desafío que bailar con un compañero más cercano. Por el otro lado, un espléndido, atlético y creativo chaval de catorce años, lleno de energía y de ganas de confrontar su perspectiva “millennial” con su querido padre.

páx. 43


doña rosita, anotada

pablo ramón/comunidad de madrid e buxman producciones coa colaboración de la abducción (madrid)

sábado 25 de xullo 23.00h auditorio rubén garcía do castelo Título do espectáculo: Doña Rosita, anotada

Compañía: Comunidade de Madrid e Buxman Producciones, coa colaboración de La Abducción Autoría e Dirección: Pablo Remón. Versión libre de Doña Rosita la soltera o El lenguaje de las flores, de Federico García Lorca Reparto: Fernanda Orazi, Francesco Carril, Manuela Paso Escenografía: Mónica Boromello Iluminación: David Picazo Vestiario: Ana López Cobos

páx. 44

Foto: Vanessa Rabade

Espazo sonoro: Sandra Vicente Axudante de dirección: Raquel Alarcón Produción executiva: Rocío Saiz Dirección de produción: Jordi Buxó Público recomendado: Adulto Tipo de espectáculo: Comedia dramática Duración: 80 minutos Web: www.buxmanproducciones.com


Esta é a primeira vez que Pablo Remón (Los Mariachis, El tratamiento, 40 años de paz) dirixe un texto non escrito por el. E elixiu a Lorca. E de Lorca optou por Doña Rosita la soltera o El lenguaje de las flores, unha das súas últimas obras, escrita en 1935, que conta a historia dunha muller provinciana que se promete co seu primo, que ten que emigrar a Arxentina. Ela espérao, sen máis. «Parece que non pasa nada –di Pablo Remón–, pero o que pasa é o tempo». O que imos ver na montaxe de Remón é unha versión libre, unha versión anotada, como reza o título, unha destilación na que o director carga as tintas precisamente sobre ese tempo suspendido e ese aroma de España de provincias á hora da sesta, esa España mesetaria que tan ben coñece. «É unha especie de cara B das traxedias lorquianas canónicas, onde o antagonista é o tempo, onde se ve cómo o tempo vai arrasando un pouco os ideais de xuventude».

Hay momentos memorables en un espectáculo que combina humor y ternura con mucha maestría y que permite el lucimiento interpretativo de tres estupendos actores como Fernanda Orazi, Francesco Carril y Manuela Paso. Asimismo, cabe destacar el espacio sonoro de Sandra Vicente, tan ligado a la variedad de estados emocionales que presiden la representación, como la escenografía de Mónica Boromello, que ocupa de manera sorprendente y repentina el espacio de acuerdo a la naturaleza de la evocación de acontecimientos que hace el personaje del narrador. Raúl Losánez

Outra das características desta tentativa está na redución de personaxes e na interpretación de varios deles por parte dos únicos catro actores. Rosita será Fernanda Orazi. Enfronte, todos os personaxes masculinos da obra serán interpretados por Francesco Carril, circunstancia orixinal, xa que sendo Carril o mozo, un personaxe que apenas aparece no orixinal, estará presente practicamente toda a obra no corpo doutros homes.

Lo que vamos a ver en el montaje de Remón es una versión libre, una versión anotada, como reza el título, una destilación en la que el director carga las tintas precisamente sobre ese tiempo suspendido y ese aroma de España de provincias a la hora de la siesta, esa España mesetaria que tan bien conoce. «Es una especie de cara B de las tragedias lorquianas canónicas, donde el antagonista es el tiempo, donde se ve cómo el tiempo va arrasando un poco los ideales de juventud».

Remón encontrou un fío profundo en común con Lorca, xa que o poeta escribiu sobre unha España de finais do século XIX, a España da súa infancia, e a Remón este aire provinciano conéctao coa súa propia infancia. Ese costumismo levado ao extremo, esa especie de comedia dramática, pode parecer tan chejoviana coma pinteriana, reflexo de que Lorca é unha ponte perfecta entre o autor de Tío Vania e Pinter.

Remón ha encontrado un hilo profundo en común con Lorca, ya que el poeta escribió sobre una España de finales del siglo XIX, la España de su niñez, y a Remón este aire provinciano le conecta con su propia infancia. Ese costumbrismo llevado al extremo, esa especie de comedia dramática, puede parecer tan chejoviana como pinteriana, reflejo de que Lorca es un puente perfecto entre el autor de Tío Vania y Pinter.

páx. 45


melancoholemia antón reixa (galicia)

sábado 25 de xullo 01.00h a picuxa sesión golfa

Título do espectáculo: Melancoholemia Dirección: Fernando Bernués Autor: Antón Reixa Interpretación: Antón Reixa e Pedro Brandariz Vídeo: Antonio Segade Escenografía: Tanttaka Teatro / Kachet Iluminación: Paco de Pink Vestiario: Tantaka Música: Cachopou Público recomendado: Adulto Tipo de espectáculo: Comedia satírica e poesía con audiovisuais Duración: 60 minutos Idioma: Galego páx. 46

Distribuidor Galicia: Paco Abelleira / Condetrespés S.L.


Estrea – Coprodución en residencia na MIT Ribadavia No 40 aniversario da “Movida viguesa” redescubriremos a outro Reixa, redescubriremos ao Reixa do teatro, ao Reixa actor. O público coñece ao músico, ao escritor, ao home do audiovisual, pero aquí está Reixa sobre o escenario, dirixido por un vasco que coñece ben a MIT: Fernando Bernués. A estrea vén acompañada da presentación do libro.

Sobre un texto propio, Antón Reixa, interpreta a un paciente dunha institución mental que recibe aos convidados nunha sesión de “portas abertas”. O texto, en clave satírica e na máis pura tradición do “teatro do absurdo” glosa o chamado estado de “melancoholemia”, a carencia de forma de ser.

Sobre un texto propio, Antón Reixa, interpreta a un paciente de una institución mental que recibe a los invitados en una sesión de “puertas abiertas”. El texto, en clave satírica y en la más pura tradición del “teatro del absurdo” glosa el llamado estado de “melancoholemia”, la carencia de forma de ser.

As imaxes do vídeo realizado por Antonio Segade, baseadas no tratamento de diversas obras da historia das artes plásticas, a música de Cachopou e a presenza do actor Pedro Brandariz conforman a posta en escena dirixida polo dramaturgo vasco Fernando Bernués (El Florido Pensil, El Hijo del Acordeonista).

Las imágenes del vídeo realizado por Antonio Segade, basadas en el tratamiento de diversas obras de la historia de las artes plásticas, la música de Cachopou y la presencia del actor Pedro Brandariz conforman la puesta en escena dirigida por el dramaturgo vasco Fernando Bernués (El Florido Pensil, El Hijo del Acordeonista). páx. 47


distans

vol’e temps (andalucía)

domingo 26 de xullo 20.30h alameda

Título do espectáculo: Distans Compañía: Vol’e Temps Dirección artística, musical e dramaturxia: Lapso Producciones Deseño de vestiario: Saray Angulo Interpretación: Sara Ortiz e Albert Moncunill Ferrer Escenografía: Carlos Monzón Música orixinal: Daniel Maldonado “Sam” Público recomendado: Público familiar Tipo de espectáculo: Teatro circo Duración: 50 minutos Web: www.voletemps.com páx. 48


Premio FETEN 2019 Premio Lorca Espectáculo de Circo 2019 Premios PACA mellor Direción, mellor posta en Escena e mellor Artista Masculino

Un pacto, un código secreto, unha cápsula do tempo, unha promesa... Dentro de vinte anos no mesmo sitio á mesma hora. A vella casa da árbore onde os dous amigos compartían as súas tardes de ocio entre xogos, risas, fantasías e complicidade. O tempo pasa e a distancia é inevitable pero non ten que supor o esquecemento. Como dicía a canción, vinte anos non é nada... E estes dous personaxes atoparon a forma de poder seguir xuntos na distancia aínda que a vida os leve por camiños diferentes. Distans é unha viaxe a través das emocións, nun espazo visual e sonoro que envolve escenas de circo acrobático e teatro xestual que conforman un espectáculo orgánico, sensible e divertido. Unha obra que fala da amizade, dos recordos que seguen vivos nos nosos corazóns máis aló dos anos. Fala da fraxilidade do ser humano, da ruptura, da soidade, e do amor capaz de rexenerar e reconstruír as nosas relacións cos demais.

Un pacto, un código secreto, una cápsula del tiempo, una promesa… Dentro de veinte años en el mismo sitio a la misma hora. La vieja casa del árbol donde dos amigos compartían sus tardes de ocio entre juegos, risas, fantasías y complicidad. El tiempo pasa y la distancia es inevitable pero no tiene que suponer el olvido. Como decía la canción, veinte años no es nada…Y estos dos personajes encontraron la manera de poder seguir juntos en la distancia aunque la vida les lleve por caminos diferentes. Distans es un viaje a través de las emociones en un espacio visual y sonoro que envuelve escenas de circo acrobático y teatro gestual que conforman un espectáculo orgánico, sensible y divertido. Una obra que habla de amistad, de los recuerdos que siguen vivos en nuestros corazones a pesar de los años. Habla de la fragilidad del ser humano, de la ruptura, la soledad, y del amor capaz de regenerar y reconstruir nuestras relaciones con los demás.

páx. 49


sueños y visiones de rodrigo rato

buxman e teatro kamikaze (madrid)

domingo 26 de xullo 23.00h auditorio rubén garcía do castelo Título do espectáculo: Sueños y visiones de Rodrigo Rato

Compañía: Buxman Producciones e Teatro Kamikaze (Premio do Público MIT 2019) Autoría: Roberto Martínez Maiztegui e Pablo Remón Dirección: Raquel Alarcón Reparto: Juan Ceacero e Javier Lara Iluminación: Paloma Parra e Juanan Morales Dirección de Produción: Jordi Buxó e Aitor Tejada Produción Executiva: Pablo Ramos Escola

páx. 50

Foto: Vanessa Rabade

Distribución: Caterina Muñoz Luceño Axudante de dirección: Carlos Pulpón Fotografía: Vanessa Rábade Deseño gráfico: Patricia Portela Público recomendado: Adulto Tipo de espectáculo: Comedia, teatro-documental Duración: 75 minutos Web: www.buxmanproducciones.com


Ingeniosa, diferente, aguda, divertidísima, mordaz... Todo eso y más es esta portentosa obra, sencillísima en apariencia y muy compleja en el fondo, que dirige de manera soberbia Raquel Alarcón sobre un texto escrito por Roberto Martín Maiztegui y el cada vez más aclamado Pablo Remón. Con un ritmo endiablado y en un escenario prácticamente desnudo –cinco sillas dispuestas de diferentes maneras conforman toda la escenografía–, dos únicos actores, haciendo un trabajo tan gamberro como sublime, recorren la vida del político Rodrigo Rato desde su infancia hasta su ingreso en prisión, incorporando para ello un sinfín de personajes relacionados con su biografía. Por si eso no fuera ya difícil, el relato, en un alarde de acrobacia dramatúrgica, se ubica dentro de una analepsis y se desarrolla de una manera fragmentaria en la que, incluso, se introducen voces narrativas que rompen caprichosamente la cuarta pared con referencias metateatrales y aclaratorias sobre qué es verdad y qué es pura invención en la historia que se está representando. Pero, ojo, todo se entiende y se sigue a la perfección desde la butaca sin hacer el más mínimo esfuerzo. Lo cierto es que esa doble naturaleza del texto, ese hermanamiento entre realidad histórica bien documentada y ficción cotidiana disparatada, no puede manejarse de manera más honesta artísticamente y más oportuna. Porque no se utiliza de forma tendenciosa o victimista para juzgar a unos personajes poderosos y ajenos al ciudadano corriente al que representa el espectador, sino que sirve como un satírico y eficaz recurso para meter al público dentro de la historia. Raúl Losánez

Obra gañadora do XXVI Premio de Teatro Jardiel Poncela 2017 da SGAE baixo o título El milagro español

Sueños y visiones de Rodrigo Rato retrata unha época de soños e espellismos, a festa dun país que creceu disparatadamente e a resaca que chegou despois. E faino a través do asecenso e a caída dun personaxe, Rodrigo Rato, desde a súa infancia, marcada polo arresto de seu pai, ata a súa propia detención tras o descalabro de Bankia.

Sueños y visiones de Rodrigo Rato retrata una época de sueños y espejismos, la fiesta de un país que creció disparatadamente y la resaca que llegó después. Y lo hace a través del auge y la caída de un personaje, Rodrigo Rato, desde su infancia, marcada por el arresto de su padre, hasta su propia detención tras el descalabro de Bankia.

Dous actores interpretan a Rodrigo Rato e ao resto de personaxes, á vez que actúan como narradores da historia. Moito do que contan é histórico e está documentado: son feitos reais; e as palabras que din os seus personaxes, palabras textuais. Pero moitas outras non. Porque moitas veces os feitos non son suficientes para coñecer a verdade, Sueños y visiones de Rodrigo Rato é unha obra a medio camiño entre o documental e a fantasía, entre a verdade dos acontecementos e outra verdade: a da ficción.

Dos actores interpretan a Rodrigo Rato y al resto de personajes, a la vez que actúan como narradores de la historia. Mucho de lo que cuentan es histórico y está documentado: son hechos reales; y las palabras que dicen sus personajes, palabras textuales. Pero muchas otras no. Porque muchas veces los hechos no son suficientes para conocer la verdad, Sueños y visiones de Rodrigo Rato es una obra a medio camino entre el documental y la fantasía, entre la verdad de los acontecimientos y otra verdad: la de la ficción.

páx. 51


actividades paralelas

pรกx. 52


2ª edición das Residencias Paraíso na MIT Do 6 ao 18 de xullo Igrexa da Madalena Presentación pública: 22 de xullo na Praza da Madalena Despois da primeira edición en 2019 con Irene Cantero, a MIT continúa o programa de residencias en apoio ás artes do movemento promovidas polo colectivo RPM. Un exercicio de diálogo entre as diferentes partes para ofrecer unha rede de espazos de distinta natureza que favorezan a acollida das diversas fases dun proxecto artístico. Este ano a artista seleccionada é Laila Tafur. Naceu en Granada, foi estudante de intercambio do departamento de danza na Universidade de Arte de Reykjavik e na Politécnica de Lisboa e finalmente licenciarase en Coreografía no Institut del Teatre de Barcelona. En 2017-18 cursou o Máster MPECV do Museo Reina Sofía coa Universidade de Cuenca,

onde comeza o seu interese pola canción e a aproximación amateur á produción de coñecemento. Esta investigación continúa no PEI do MACBA desde fai un ano, onde a súa implicación co pensamento crítico foi medrando. Este estudo tomou o nome de Carne de Canción facendo convivir a aproximación amateur á produción sonora, co oficio de bailarina profesional no que si predomina a especialización e a aspiración á maestría. Paralelamente e xunto a Alba Rihe, coa axuda do TNT, CA2M, Casa Encendida e Graner, fabricaron Cobalto, unha peza, un kit de artes zombies para instituto, unha práctica de meditación, un delirio. En solitario e moi de danza contemporánea existen: Mi Arma, un western flamenco; Susobras, o traballo meta sobre a propia danza; e Monstruo, o indecible o inominable, o abominable, indomesticable ou salvaxe. Grazas a Masdanza, Certamen Coreográfico de Madrid, Graner, G.R.U.A, Sismograf, Escena Poblenou, La Caldera,CC Barceloneta, Leal Lav, Espaço do Tempo, ADF e Movement Research fixéronse estas tres pezas materialmente. Como intérprete traballou para Xavier Le Roy, Janet Novás, Jerome Bel, Albert Quesada, Carmelo Fernández, Lipi Hernandez, Vero Cendoya e Taiat Dansa. páx. 53


Carne de Canción. O proxecto. Unha pode ensinar aquilo que non coñece, asociando o que si sabe co que aínda está por saber, imitando, relacionando, copiando, directamente roubando. Neste estudo, a figura do amateur é usada polo seu potencial creativo e político, fronte ao de experto. Ao primeiro lexitímao o seu amor e devoción polo que fai, que se traduce nunha práctica continuada e retroalimentada polo pracer do propio facer. Ao segundo lexitímao a academia, e esta protéxese a si mesma: a distancia que a sociedade pedagoxizada pretende reducir é aquela da que viven e necesitan reproducir infinitamente, a distancia entre mestre e alumno, entre o profesional e o amateur, entre o que sabe e o que non sabe. O baile é o meu oficio, a cousa que eu practico, onde aspiro a certa maestría. A danzante experta desexa a aparición dunha forma nun corpo, baila na brecha dunha ou doutra posibilidade. Móvese entre a abundancia e a falta, con todo, a chicha e a ficción. Aprende a sosterse na desestabilización. No encontro coa canción, a danzante lánzase tamén ao que aínda non produciu pero desde unha lóxica aínda máis distante. É unha ousada, fai coma se soubese e consegue facelo. Coma o ignorante de Rancière, titila entre o saber e o non saber coándose en ambos, mestura cousas estando atenta aos afectos e a súa brúxula é o pracer contido no facer. Deste xeito calquera plan ou teoría é susceptible de ser actualizada pola súa práctica, manténdose sempre e aínda por definir.

Prácticas expandidas Laila Tafur gusta de presentarse como unha danzante-cantante que busca outras prácticas de producir coñecemento, poñendo en crise os estatus e as disciplinas, dende un punto de vista lúdico. Nesta mostra aberta do proceso de creación que realiza no contexto da Residencia Paraíso que acolle a MIT de Ribadavia, lanzarase ao encontro coa canción dende o pracer contido no facer, non tendo a certeza de saber pero sempre dende aquilo que temos moi próximo, ó alcance da nosa man. Tamén teremos unha achega online do seu proceso creativo, que, dependendo do devir da súa residencia na Igrexa de Santa Magdalena pode sorprendernos ofrecéndonos tanto unha entrevista, un concerto ou ata unha “misa” contemporánea! páx. 54


escola do espectador e Foros da MIT A MIT seguirá desenvolvendo e adaptando ás novas circunstancias os seus foros e a súa veterana escola de espectadores. Antes e despois dos espectáculos, o festival ofrecerá: entrevistas co equipo artístico e vídeos antes e despois das representacións, tanto nas redes sociais da MIT, grazas ao traballo de Rosinha e A&B Comunicación e Deseño, como nos Foros do Castelo ao remate de cada función e en formato reducido. Ademais, contaremos con novas iniciativas como as seguintes:

concurso “a miña primeira MIT”

e/ou a recepción dalgún espectáculo ou varios espectáculos que formen parte da programación da MIT de Ribadavia, apoiado por unha imaxe. Deberán enviarse ao seguinte enderezo electrónico con data límite do 27 de xullo: concurso@laregion.net

Xornalismo, cultura e xuventude

Os gañadores/as escolleranse entre unha persoa designada por La Región e unha persoa designada pola MIT.

A MIT pon en marcha un programa específico para público adolescente.

O acto de entrega terá lugar nas instalacións de La Región, con representantes da MIT e do grupo de comunicación ourensán.

O proxecto nace coa intención de fomentar a participación da xuventude nos ámbitos cultural e periodístico.Tamén o fomento dos valores culturais, do uso da lingua galega e do patrimonio..

As entidades organizadoras resérvanse o dereito de declarar deserto total ou parcialmente o presente concurso.

Trátase dun concurso destinado a público adolescente, entre 15 e 18 anos. 3 Premios: 1º – 100 €, unha estadía para 4 persoas (unha noite en réxime de aloxamento e almorzo, e acceso ó SPA para as catro persoas) nun hotel de Galicia e publicación do artigo en La Región.

foro MIT “As novas relacións entre ficción e realidade na escena actual.”

2º – 50 €, un lote de produtos Coren valorado en 50€ e publicación do artigo en La Región.

Presentan: Manuel Xestoso e Vanesa Sotelo (Erregueté).

3º – Un lote de produtos Coren e publicación do artigo en La Región.

Día: 21 de xullo ás 21h

Poderán participar todas as persoas que reúnan os requisitos de idade, cun texto escrito en lingua galega non superior a 3.000 caracteres e acompañado dunha fotografía orixinal da MIT 2020.

Lugar: Entrada da Oficina de Turismo

Os textos deberán expresar unha reflexión orixinal sobre algunha experiencia

Coa Intervención de: Tito Asorey e Ana Carreira.

O novo teatro documento, as solucións escénicas e as novas formas de representación da realidade a debate. A MIT propón unha reflexión con motivo da edición do texto Resaca, levado a escena pola compañía Il páx. 55


Maquinario, no nº 99 da Revista Galega de Teatro. Aquel espectáculo presentábanos unha ficción baixo a apariencia dunha realidade ou con elementos da historia e da propia actualidade política. Na MIT levamos varias edicións presentando pezas que abordan esta tendencia en colectivos escénicos de todo o mundo, dende aquela Clean City realizada polas propias mulleres migrantes da limpeza en Grecia e dirixidas por Anestis Azas e Prodromos Tninokoris da man do colectivo almán Rimini Protokoll, ata Curva España (coprodución da MIT con Chévere). Ou este ano de xeito significativo Tierras del Sud e Sueños y visiones de Rodrigo Rato, por poñer algúns exemplos. A modificación do canon, dos preconceptos e ideas de interpretación asentadas de xeito maioritario no público (parece que non están actuando, pode dicir alguén) ata a utilización paródica ou fabulada de feitos reais que poden provocar debate en torno a preceptos morais como a fidelidade, o respecto ou o engano, son cuestións de moito interese para a arte, pois as finalidades de calquera ámbito creativo non son as mesmas cás finalidades do xornalismo, da xustiza, da Historia ou da política, aínda que a arte beba de todas elas. Este será un encontro moi interesante para achegarnos dun xeito moito máis crítico e informado, da man de quen indagou moito neste ámbito, a unha tendencia moi relevante, rica e transformadora que sempre nos pode sorprender. Diso se trata, non? De abrir a mente e explorar.

Sesións vermú na MIT Presentación do libro Melancoholemia, de Antón Reixa Día: sábado 25 de xullo ás 13h Lugar: Entrada da Oficina de Turismo (Praza Maior) A editorial Kalandraka edita o libro co cal redescubriremos ao Reixa máis escénico, un texto con pouso de Beckett e dos antecedentes poéticos de quen foi un referente daquel movemento chamado movida viguesa e que este ano celebra o seu 40 aniversario. páx. 56

Presentación do libro Asfixia, de José Luis Baños de Cos Día: domingo 19 de xullo ás 13h Lugar: Entrada da Oficina de Turismo (Praza Maior) Presentamos o último título da nosa colección teatral en Difusora, O Premio Abrente 2019, con prólogo de Xavier Castiñeira quen reslata a grandeza da sinxeleza do texto, que bota man doutras tradicións escénicas, dende o teatro de rúa ata a simboloxía dos contos. Presentación do portal Mundoescenico.gal Día: domingo 26 de xullo ás 13h Lugar: Entrada da Oficina de Turismo (Praza Maior) Unha plataforma aberta para as Artes Escénicas Galegas, para poñer en contacto a todos os axentes, axudar á divulgacióne crear comunidade. Achégate se es compañía, creadora, público, a coñecer esta iniciativa.


15 aniversario do novo PREMIO ABRENTE O novo Premio Abrente de Textos Teatrais chega á súa 15ª convocatoria. Nestes 15 anos, este galardón significou moito para a dramaturxia galega contemporánea. Converteuse no certame que máis apostou pola innovación da escrita dramática e contribuíu notablemente á incorporación de voces novas ao teatro galego. Xurado do 15º Premio Abrente: - Fina Calleja, actriz e membro de Sarabela Teatro - Rosa Puga, actriz e profesora da Escola Municipal de Teatro de Ribadavia - Fernando González, actor Lugar: Alameda de Ribadavia Día: 27 de xullo Hora: 12h00 Interveñen: Director da MIT, autor/a premiada co 15ª Premio Abrente e Alcalde de Ribadavia. A MIT quere destacar no programa a dramatuxia contemporánea, a que nos fala do aquí e do agora, a que constrúe os relatos e as escenas do presente e así visibilizar ás autoras e autores teatrais de Galicia. Despois do acto oficial de comunicación dos Premios, a MIT convida á Asociación DramaturGA a un foro de debate sobre a situación da escrita teatral galega na actualidade. O acto consistirá na Entrega do Premio do público ao mellor espectáculo da MIT 2020 e o Premio Abrente de textos teatrais 2020. Día: 27 de xullo Hora: 12h30 Interveñen: Membros de DramaturGA e persoas convidadas.

páx. 57


obradoiro de creación escénica con Voadora

a partir de Othello de W. Shakespeare “CELOS. Nivel usuario.” Que relación ten a violencia de xénero e a posverdade no S.XXI? Como se constrúen as mentiras? Conseguirá Iago un ascenso na axencia de fakenews para a que traballa? Teñen Othello e Desdémona revisado a súa relación coa terapeuta de parella? Bianca vive nunha relación poliamorosa? Reflexionan Rodrigo, Cassio e Brabantio sobre a construción das novas identidades no círculo de homes? Quedou sen pilas o altofalante de Emilia na manifestación do 8M?. Neste taller, impartido pola compañía Voadora, trataranse os temas que aparecen no Othello para observar como evolucionaron ata o noso presente ou como cristalizaron no tempo. Desde unha perspectiva diametralmente oposta a esta tráxica historia e, empregando a comedia como xerador de discurso sobre a dor e a carraxe, investigarase en escena durante catro días compartindo materiais que caracterizan a linguaxe da compañía. Sobre Voadora Voadora consolidouse coma unha das compañías de referencia da vangarda escénica española. A ollada irreverente e a coidada posta en escena caracterizan o seu traballo. Baixo a dirección de Marta Pazos, a compañía galega (Santiago de Compostela, 2007) aposta pola investigación na creación contemporánea cun equipo formado por artistas complementarios de diferentes disciplinas (artes plásticas, música, escena, audiovisual...) e cuxa hibridación resólvese, en cada peza creada, nun acto de profundo e verdadeiro amor pola arte. páx. 58

Lugar: Casa da Cultura de Ribadavia – Auditorio Manuel María Enderezo: Avenida de Redondela, s/n. Ribadavia Datas: do 18 ao 21 de xullo Horario: de 10 a 14h. (16 horas) Dirixido a: Artistas de todas as áreas, criaturas creativas interesadas en investigar nas relacións amorosas e a posverdade. Non é necesaria experiencia escénica previa. Nº de participantes: 12 Solicitudes: Envía un email co teu C.V. e unha historia persoal de celos en 140 caracteres a solicitudesvoadora@gmail.com Prazo de inscrición: do 20 de xuño ao 10 de xullo.


A danza en Galicia – no foco A MIT ten posto o foco na diversidade creativa das artes escénicas galegas, na súa calidade, na súa proxección, na súa situación e no apoio institucional que reciben. O ano pasado foi o novo circo e este ano queremos prestarlle unha especial atención á danza. Entrevistamos para este programa da MIT 2020 á directora e actriz Gena Baamonde, coordinadora da sección de danza na Erregueté, coa finalidade de engadir material que axude a contextualizar a todas as persoas espectadoras da MIT a situación da danza de xeito conciso e claro. Ademais da súa especializada análise do mundo da danza, Gena Baamonde tamén forma parte da Plataforma de Afectadas polo centro Coreográfico Galego, un colectivo amplo que leva reclamando en varias ocasións nos últimos anos unha resposta da Consellería de Cultura e da AGADIC ante o esmorecemento dos programas de dinamización e promoción da danza e das artes do movemento en Galicia. -Pódese considerar a danza un sector minorizado no noso país a diferenza doutras realidades cercanas coma Portugal? Sector minorizado, para quen? Talvez a diferenza sexan os continuos borrados e o menosprezo que se fai no noso país. Penso na perversión do poder para borrar a memoria. Empezar de novo sempre, crear xenealoxías de xeito continuo, empezar de cero unha e outra vez. Desgaste intelectual, emocional e corporal. Desfacer un proxecto de casa posible sen aínda ter chegado a habitala de todo. Penso nas sombras do Teatro Galán, da Sala Nasa, En Pé de Pedra, Festival ALT, Danesga, Empape, 15 gotas e nas esgotadoras e continuas tentativas actuais de seguir abrindo ocos nos muros das institucións: bolsas de aire, raios de luz, migas de pan. Quero crer que soprarán e soprarán até tentar derrubalo pero o corpo-casa galaico convertido en eterno Sísifo seguirá bailando. páx. 59


-Que consideras prioritario mellorar na xestión cultural das institucións públicas en Galicia con respecto á danza? A necesidade de repensar os lugares de enunciación, os asentos na mesa de diálogo, a asignación de papeis na representación e a linguaxe escollida. A filósofa Spivak pregunta se poden falar as subalternas e igual de importante resulta saber, se alguén as escoita? Ou se poden falar no seu idioma? Ou se están obrigadas a falar nun idioma alleo que só entende de cifras, burocracia, leis e datos económicos? Talvez habería que facer gala desa faceta plurilingüe que se nos supón e abrazar como viable a linguaxe artística, corpo e palabra de artista como interlocutora válida nos foros de debate e tomas de decisión do sector. -Por que non hai unha presenza normalizada da danza se a sociedade mostra interese por ela xa dende as escolas infantís e as actividades extraescolares? Máis que a unha presenza normalizada apelaría a unha convivencia irrefutable, resulta estraño pensar nos procesos de desenvolvemento e aprendizaxe dunha sociedade sen a presenza das artes e, sobre todo, do corpo. Curioso que se desatenda o soporte principal que nos conforma como seres humanos, talvez debamos indagar nas herdanzas históricas e tradicións relixiosas que tanto medo lle teñen ao corpo. Coñecer o corpo é tamén saber desfrutalo e quizais iso mete medo a quen basea o seu sistema en páx. 60

negar a carne, en negar que os corpos importan. -Que podería facer o propio sector para conectar máis coa sociedade? Talvez a conexión, a ligazón, o nexo, o enlace, o vínculo entre as partes dun sistema precisa da vontade de tódalas partes implicadas. Conectar é bailar na Quintana, falar co corpo, suores, unllas e dentes, romper os zapatos, estar na butaca, escoitar e continuar bailando. -Como valoras o momento a nivel artístico da danza en Galicia? Está superada esa barreira tradicional/contemporáneo? Non entendo esa barreira tradicional- contemporáneo, parece máis ben un tema de intereses creados e fomentados por xerar polémicas que desgastan e cansan. Nun sistema artístico con boa saúde, a diversidade debera ser un dos sinais de identidade. Non deberan ter cabida persoas a cargo de institucións que representan a toda a danza e que entendan que só existe un estilo de danza válido, que se gaben de que hai só unha danza de verdade. O momento actual en Galicia así o demostra: a variedade e calidade de propostas nas artes do movemento supera con moito as expectativas, apoios e previsións dun contexto institucional que parece insistir en desbaratar un sector que semella resultarlle incómodo. A danza en Galicia resiste e persiste nun dos mellores momentos creativos do sector, está por ver quen, como e de que xeito, queren bailar con nós.


acta do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” 2020

concedido pola MIT Ribadavia ao mérito nas artes escénicas a Marta Pazos, da compañía Voadora Actriz, directora escénica, escenógrafa, Marta Pazos é unha das creadoras escénicas máis puxantes do panorama teatral contemporáneo. Fundou Voadora en 2007 con Hugo Torres e Jose Díaz, propiciando a consolidación dun equipo interdisciplinar no que priman a música e a suxerente plástica escénica como principais sinais de identidade. Antes de Voadora, Marta Pazos foi actriz en producións do CDG, Teatro Oficina, Chévere, Belmondo e xa no ano 2000 comeza a firmar postas en escena a medio camiño entre España e Portugal. Entre outros, recibiu os Premios María Casares á mellor Dirección e mellor Escenografía, o Premio Nacional de Teatro para Directoras de Escena de Torrejón de Ardoz ou o de Mellor actriz no IX Indifest. A actividade crecente, as investigacións constantes na linguaxe artística contemporánea e a fulgurante proxección desta pontevedresa licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona maniféstase na cantidade de convites que recibe para dirixir, estrear ou coproducir proxectos con diversas institucións de prestixio no ámbito escénico coma o CDG, CDN, Festival de Almada, Teatro Español, etc. Coa MIT coproduciu dous espectáculos a partir da obra de William Shakespeare, Soño dunha noite de verán e A Tempestade, cuxa triloxía se completará cunha versión de Otelo, axustada ao foco conceptual e ao selo estético particular da linguaxe de Voadora. Recentemente, Pazos tamén fixo unha moi sorprendente incursión no terreo da lírica, levando a cabo adirección de Je suis narcissiste, unha ópera bufa para o Teatro Real, composta por Raquel García-Tomás a partir dun libreto de Helena Tornero, con notable éxito por parte da crítica.

Marta Pazos, unha das mulleres de gran talento, traballo e entusiasmo da cultura galega actual. Alimenta o noso espírito con pezas que nos fan vivir plenamente a festa da vida, os sabores doces e tamén o ácido existir actual. Este premio é a constatación dos valores que fomos descubrindo, do acompañamento que este festival foi realizando, das portas que nos fomos axudando a abrir e do moito que lle queda por voar a esta creadora galega universal. páx. 61


20 aniversario da FEGATEA

extensión da MIT – apoio ao teatro afeccionado

A FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) celebra 20 anos de existencia. É a entidade que máis grupos de teatro amador acolle e o organismo de referencia da actividade amateur en Galicia, entre os moitos outros que nutren o tecido de base e o amor polo teatro en Galicia. A MIT quere colaborar coa FEGATEA, sobre todo nun momento onde todos os ámbitos, profesional e amador, empresas e persoas autónomas, técnicos e artistas, debemos estar xuntos, unidos e colaborando máis ca nunca. Por ese motivo, despois da MIT, o teatro volverá a Ribadavia, entre o 30 de xullo e o 2 de agosto, cun festival de teatro afeccionado que inlúe actividades internas dos federados e tamén espectáculos abertos ao público xeral cun prezo único de 5 euros. Programa espectáculos XX aniversario FEGATEA páx. 62

Xoves 30 de xullo 23.00: Representación do grupo Teatro do Vilar de Ribadavia: “Squash” – Auditorio Rubén García do Castelo. Venres 31 de xullo 23.00: Representación do grupo Tiruleque do Carballiño: “A farsa de Maitre Pathelin” - Auditorio Rubén García do Castelo. Sábado 1 de agosto 23.00: Representación do grupo Petanaporta Teatro de Marín. “O pequeno poni” - Auditorio Rubén García do Castelo.

NOTA. Prezo das entradas para as actuacións do programa Fegatea: 5 € á venda na Oficina da MIT.


Dirección: Roberto Pascual Responsable do servizo de billeteira e coordinación de persoal voluntario: Bea Domínguez Cendón Responsable de contratación e servizo de venda de entradas: Fran Muñiz Ferro Responsables do servizo de prensa: Tere Rivela e Luisa Castiñeira (The Office co.) Produción: Sheyla Fariña Responsable do servizo web: Manuel Montesinos Miguélez Deseño do cartel e programa: A&B Comunicación e Deseño Deseño dos Premios: Diego Valeiras Fotografía e redes: Rosinha Rojo Loxística (iluminación e son): RTA Montaxe: Saguay Venda de entradas on-line: http://ataquilla.com Imprenta: Rodi Artes Gráficas Agradecementos: Fina Calleja, Rosa Puga, Fernando González, Fabrice Corrons, Francesc Casadesús, Grial Montes, Sara Rey, Antía Vidal, Antonio Amil (Oficina de Turismo de Ribadavia), persoal do Centro Dramático Galego, Fundación Festa da Istoria, Erregueté, Manuel Araújo Montero (OMIX Ribadavia), Supermercados Froiz, The Boot Coffee, Teatro do Vilar, GRUMIR Ribadavia, Policía Local, Cruz Vermella, persoal do Concello, voluntarios/as da MIT e a todas as persoas que apoian e colaboran na realización da Mostra. Co agradecemento ao patrocinio de:

páx. 63


pรกx. 64


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.