Fanzine Arteficial 2018

Page 1

fanzine arteficial /// ano 2018

Pรกx.

1


Pรกx. 2

fanzine arteficial /// ano 2018


ÍNDICE

1

Portada. Baseada en Diente de león. Ilustración por Doa Oa

2

Manifesto. Arteficial libre de violencia machista

4

Facendo reconto. Por Carlinhos Conde

6-7

Arteficial 2017. Por Rosiña Rojo

8-9

Este ano no Arteficial: AMBRE e Big Ok

10

Ribadavia e a cultura cidadá. Por Alberto García

12

Fotografía. Sen título. Serie 1/4. Carlos Rodríguez

13

15 anos. Por David Pedrouzo

14

Sabes el camino que elegí. Por Iago Corral Feijoo

17

Iguanas Vivas. Por Rafa Otero

18 - 19 20

Este ano no Arteficial: Chalo Correia e Esteban & Manuel Fotografía. Sen título. Serie 2/4. Carlos Rodríguez

21

Leiria é uma cidade magnifica... Por Débora Umbelino (Surma)Δ

22

Fonograma Papuxa Arteficial. Por NachoIgmig - ParkourSonoro

23

Fotografía. Sen título. Serie 3/4. Carlos Rodríguez

24 - 25 26 28 - 29 30

Este ano no Arteficial: Guau e Isaac Pedrouzo Dj Lévame axiña, Señor. Por Antonio Pazos Pasatempos. Xogo da Oca versión Arteficial. Carlos Rodríguez Lume. Por Xacober García

31

Fotografía. Sen título. Ainhoa Viñuela Don

32

Top Festivais. Por Marta Gómez

35

Pasatempos. Sopa de letras

36

A música non importa. Por Miguel Valiña

38 - 39 40

Este ano no Arteficial: LaBaq e Oh Ayatollah De vilas e festivais. Por Alejandro Gándara

41

Ilustración de Pouvelle

42

Esperanza de renacer en la tierra pura... Por Maite Martí Vallejo

44

Los viajes del aluminio. Por Maite Martí Vallejo

45

Fotografía. Sen título. Serie 4/4. Carlos Rodríguez

46 - 47

Este ano no Arteficial: Sara Fontán e Whales

48

Gústame a xente que fai cousas. Por Luz Méndez

50

Fotografía. Brutalidade en pedra I, II, III e IV. Alba Doval

52

Horóscopo. Por Patricia Molina

55

Ao Arteficial eu viñen bailar. Por Uxía Esal fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 3


FACENDO RECONTO Carlinhos Conde

Como se soe dicir, ninguén é profeta na súa terra. E isto é un pouco o que lle sucede ao noso festival. Aínda que semella que a tendencia está a mudar. Xa pasaron uns cantos anos. Todo comezou cunha iniciativa liderada por un grupiño de xente nunha comarca onde sempre houbo moitas inquedanzas, sobre todo a nivel cultural, e onde a xente non pode estar quietiña. A partir deste punto, a asociación remangouse para que a idea inicial tivera unha continuidade. Polo medio moitos cambios e atrancos, crebaduras de cachola, cambios de emprazamento, cambios de directiva, cambios de posicionamento... Incluso momentos de plantexarnos a nós mesm@s quen eramos, cara onde iamos e que queriamos

Páx. 4

fanzine arteficial /// ano 2018

ser; ou mellor aínda: que era o que nos facía diferentes ao resto. Por todas estas razóns e contratempos, optamos pola esencia dos nosos inicios. Poñer en valor o noso patrimonio cultural tanto material coma inmaterial. Foi duro. Moitos quedaron polo camiño (aínda que seguen na nosa memoria). E outr@s atopámonos en diferentes etapas, de feito a miña está chegando á súa fin. Pero non vos preocupedes, estamos creando canteira e veñen pisando moi forte. O gran acerto foi apostar pola beleza dunha vila que non ten prezo e do inigualable capital humano. A mestura dun barrio cheo de maxia, un conxunto histórico espectacu-


Foto de familia. Arteficial 2017

lar e un grupo de xente moi riquiña e insuperábel fan que este festival non teña rival. E iso merece o respecto de tod@s. Esta asociación fai tempo que merecía un recoñecemento. Non por fachendear (que tamén nos gusta fachendear de festival), senón pola sinxela razón de que o camiño foi moi duro e cheo de atrancos. Nunca nolo puxeron doado. Levamos moito tempo loitando contra os elementos. O premio Rodolfo Prada é froito do traballo ben feito e sobre todo da paixón e adicación que poñemos por facer o que nos gusta. Non é que fixera falla gañar un premio, pero chegou no momento xusto e para nós supón unha bombona de osíxeno para encarar novos retos e aventuras no futuro. E

así asegurar a continuidade desta iniciativa. E velaquí vai a nosa 12º edición, quen o ía a dicir, cargada de propostas moi molonas a tódolos niveis. E se non che gusta, vai pasar o día a Samil, pillarás morenazo! Namentres, nós continuaremos a dalo todo por dinamizar a vida cultural da nosa comarca, porque facemos o que nos gusta, o que nos peta e o que nos dá a gaña. Longa vida ao Arteficial!

fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 5


Pรกx. 6

fanzine arteficial /// ano 2018


fanzine arteficial /// ano 2018

Pรกx. 7


este ano no arteficial A forma dun espello un paxaro azul un berrido de profundas estelas Páx. 8

fanzine arteficial /// ano 2018

AMBRE é unha banda madrileña de pop-rock progresivo que xorde no verán de 2016 coas diferentes ideas e sons cos que Antonio Trapote, Javier Oleaga e Jose Doel levan experimentando dende meses antes. Ao longo de 2017 compoñen os primeiros temas do seu repertorio e comezan a darlles forma coa incorporación Pablo Salmerón e Alejandro Leiva ao proxecto. Por que nos encantaron? Polo rock progresivo, kraut, psicodelia, pola electrónica. Porque apostan por texturas sintetizadas, ritmos arriscados e nada convencionais; cunha producción moi coidada na composición e os arranxos. Parécevos pouco? ;)


este ano no arteficial Cada cidadán un disidente, unha vangarda.

BIG OK é unha mestura, aparentemente imposible, de

tres fortísimas personalidades: - O cantautor e luthier - DIY Paul Fuster, con máis de 25 anos de carreira transoceánica, levando sempre a contraria e esquivando o acomodo. - A violinista - ruidista Sara Fontán, a que só actúa en directo, sen sacar discos en solitario, e que é ou foi parte de proxectos tan dispares como Manos de Topo, Árbol, a Orquesta del Caballo Ganador ou PIÑA. - E Edi Pou, 50% de ZA!, grupo que levou a súa proposta impredicible e autoxestionada polos 5 continentes. Por que nos encantaron? Porque os seus temas saen de longas improvisacións, partindo dun territorio común (o post-rock, o post-harcore, os 90, os 70, os 50), e a partir de aí as boas ideas púlense ata xerar o seu propio estilo. Eles descríbeno, entre risas, como “free-grunge para crooners”. Ou como “trinchar flores cun cortacéspede boca arriba”. Ou simplemente música para “chafalo todo”, como di Paul. fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 9


RIBADAVIA E A CULTURA CIDADá Alberto García. Técnico de cultura no concello de Boiro, cofundador de Nova Xestión Cultural e Pte. da AGPXC A caída das ideas do profesor Florida sobre as clases creativas, o pouco desenvolvemento das “industrias” culturais, as trampas que agocha a teoría do emprendemento en xeral e do creativo en particular e a gravísima e continuada precarización laboral á que se nos levou na última década ca escusa da chamada crise, fixéronnos remudar VALORES e formas de facer en cultura, voltando a poñer o foco de novo na proximidade, no colaborativo, no social e no relacional. E voltamos falar da cultura como un DEREITO máis que coma un recurso. E paramos as obras das grandes infraestruturas (de momento), e criticamos os macrofestivais e premiamos aos pequenos (de momento). Mais comecemos polo prinicipio. En 1959 André Malraux é a primeira persoa que dirixe un ministerio de cultura como hoxe o entendemos, nunha Francia que por intereses estratéxicos e non humanísticos (pero esa é outra historia) decidiu crear un ministerio e unhas políticas públicas que facilitasen á cidadanía o acceso universal á cultura. Desta maneira naceron as casas da cultura como rede de equipamentos descentralizados e pensados para achegarse ao pobo. E desta maneira o Estado convertiuse no actor principal do que emanaba a cultura. Páx. 10

fanzine arteficial /// ano 2018

A Malroux e a DeGaulle colleunos o maio do 68 en París, e non lles gustou nada, mais non puideron evitar que se convertira nun punto álxido de cidadanía, de implicación social e política, de activismo e participación. A década que inaugurou aquel Maio veu marcada dos Pirineos para abaixo polas nosas propias circunstancias. E morreu un dictador. E respirouse liberdade (igual máis que agora). E en cultura primaba o sociocultural, a base, as asociacións, o amador, a cidadanía. Que é o sociocultural? Pois dende aquelas décadas dos 60/70 e até hoxe é “o conxunto de prácticas sociais que teñen como finalidade estimular a iniciativa a participar das comunidades no proceso do seu propio desenvolvemento e na dinámica política na que están integradas” di a Unesco. O sociocultural é participar, é implicarse, é ser parte activa do proceso en vez de ser espectadoras das políticas culturais que o poder deseña para nós. O sociocultural é exercer a cidadanía. É xerar a cultura dende abaixo cara arriba e non ao revés. É facer unha cultura distribuída entre moitas persoas. O sociocultural é a cultura de base comunitaria, baseada nas teorías da educación social e popular que incidían en que o coñecemento (e o cultural) non debía ser só


transmitido, senón xerado, popular e colectivamente. O sociocultural é ampliar, superar e desbordar o dereito de acceso á cultura recoñecido na constitución española. Máis alá dese dereito de acceso, do dereito a ser espectadoras, está o dereito a ser protagonistas, o dereito a participar, a facer cultura. A sociocultura é o exercicio activo dese dereito. Un exercicio transformador en canto incide na evolución social e política dos territorios. A capacidade de autoorganización cidadá e de espírito crítico que favorece o exercicio sociocultural non a acadaron os macroequipamentos nin os macrofestivais máis espectaculares aos que temos acceso pero dos que estamos tremendamente afastadas. O sociocultural é o motor fundamental da cultura en Ribadavia. Se non falamos do patrimonial, do paisaxístico e outras variables da cultura entendida en sentido máis amplo, podemos decir que os tres fitos máis importantes da cultura en Ribadavia a día de hoxe son produtos da sociocultura, da iniciativa cidadá, do impulso da xente. Dous dos fitos fundamentais, non só da cultura en Ribadavia, senón en toda Galicia, pola súa traxectoria e trascendencia, son iniciativas de cultura cidadá: A Mostra Internacional de Teatro e a Festa da Istoria, actividades

impulsadas e en algún caso aínda a día de hoxe xestionadas pola propia cidadanía. Isto non quere dicir que non haxa profesionalización detrás destos grandes e senlleiros eventos que moven milleiros de persoas. Claro que a hai. Mais sobre todo hai unha conexión coa xente impresionante, porque é a propia xente de onde emanan estas citas. A estas dúas citas históricas pola súa traxectoria e pola súa temática acompáñaas un terceiro festival que tamén sucede en Ribadavia. Un festival pequeno en volume e en orzamento pero cunha alma moi grande, alimentada por un grupo de mozxs que dende hai máis de dez anos quixeron que a contemporaneidade tamén fixera parte da “marca cultural Ribadavia”. O festival Arteficial é a terceira das Boas Prácticas en Xestión Cultural que a AGPXC recoñece neste lugar, algo inédito nunha vila deste tamaño, como inédito é que estas tres boas prácticas sexan iniciativas cidadás. Con apoio das administracións si, mais co impulso, o sustento e a emoción compartida que lles dá nacer da cidadanía, do propio pobo de Ribadavia que de forma autoorganizada, construíu e segue a construír a súa propia cultura. Bravo por vós!

fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 11


Sen título. Serie 1/4. Carlos Rodríguez

Páx. 12

fanzine arteficial /// ano 2018


15 anos David Pedrouzo. Café Pop Torgal, American Autumn, Voces Femeninas Nos encantaría invitar a David Summers a una copa después de estos quince años. Quince años se dicen pronto y lo peor es que pasan todavía más rápido. Al menos para nosotros, David e Isaac Pedrouzo. No hace mucho atornillábamos planchas de madera a las paredes de lo que hoy es el Torgal, tratando de cubrir y esconder el azulejo blanco mientras un calor asfixiante iba torturando Ourense. Recordamos que esa noche, mientras pensábamos en alto sobre lo que se nos venía encima, Hombres G tocaban en la ciudad. Ambos nos declaramos fans del grupo de Summers por varias razones; una de ellas es haber asistido al estreno de aquella pseudo película de serie B - titulada con mucho ingenio - “Sufre Mamón” en el Teatro Losada, hoy el ZARA de la ciudad. Podríamos apostar que sería 1989. Otra es haber vivido durante años con nuestra tía Luz María que cantaba sin descanso todas sus canciones en su habitación, en el pasillo, en el baño, mientras la mirábamos, allí, quietos, presenciando sin tener ni idea todavía lo que se denominó más tarde como efecto fan. Aquel día varios de nuestros amigos fueron a ese concierto, nosotros teníamos que seguir con la reforma interminable, o al menos la sensación de tener que hacerlo tomó la decisión. En realidad la mayoría iban a reírse de ellos, a tratar de ligar con alguna milf treintañera o solo por la necesidad hereditaria e inmortal que tiene nuestra ciudad de hacer algo diferente, de salir a la calle. Ninguno era fan de la banda, es más,

apostaríamos a ciegas que ninguno de todos ellos se sabía ni un estribillo, y eso, si has vivido en España entre el 84 y el año actual, era muy, muy difícil. En realidad Hombres G eran la antítesis de todos los tipejos y tipejas de nuestra pandilla. Porque nosotros éramos eso: unos tipejos. Decidimos poner el grandes éxitos de la banda mientras seguíamos trabajando entre puntas, maderas, cisternas y taladros. Desde que empezó a sonar no cruzamos una palabra entre los dos pero ambos cantamos todas y cada una las canciones en nuestra cabeza, sí, nos las sabíamos todas, las habíamos cantado mil millones de veces en aquella habitación adolescente de mi tía en la calle Padre Feijoó, y ahora, muchos años después, allí estábamos, montando un BAR, el BAR, donde cada día podríamos poner todas las canciones que nos gustaban y nunca nadie pinchaba, donde podríamos cantar con amigos todos los himnos, todas las canciones de nuestra vida entre cerveza y Ballantines con cola. 15 años después podemos decir que casi lo hemos conseguido, que aquella reforma no fue interminable, sobre todo gracias a la ayuda de muchos seres queridos, que llevamos cantando desde aquel día, pero nunca, nunca, nunca le hemos contado a nadie que no era la voz de J ni la de Jack Black la que escuchamos aquellas noches. En el fondo todos tenemos placeres culpables y el nuestro se llamaba David Summers. Ojalá pudiésemos invitarlo a una copa después de estos quince años.

fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 13


SABES ELEGÍ

EL

CAMINO

QUE

Iago Corral Feijoo. El Pueblo Café Cultural Dende pequeno sempre tiven interese pola cultura e en especial pola música. Crecín nunha aldea de gran tradición musical, Sober, onde toda a vida social e cultural xiraba en torno á banda de música, unha das máis antigas de Galicia. O meu avó sempre me levaba a ver os ensaios, lémbrome que alí se xuntaban os vellos, os músicos, os nenos e todos pasabamos o tempo escoitando aquela maxia do directo a través de pezas clásicas e populares que aquelas músicas tocaban para nós, interrumpidas de cando en vez polas anotacións do director. Foron anos xeniais naquela casa da cultura. Por alí pasaban actuacións de bandas, solistas, compañías de teatro e ata magos. Co paso do tempo e a despoboación, aquela casa da cultura foise apagando coa nosa adolescencia, o interese do “público” dirixíase a outras cousas pero aquel xerme que plantaran en nós crecía con forza e buscamos outras alternativas para seguir desfrutando do que nos gustaba. Comenzamos a tocar instrumentos de maneira autodidacta ocupando casas abandonadas no monte, no río, no parque. Con 16 anos montamos o noso primero festival, o Castaña Rock. Aquilo que vendimos á xente da aldea coma un magosto foi a proba piloto do que nos tiñamos por dentro, un afán de mostrar e poñer en valor a expresión artística que berraba por saír de nós e da que queriamos facer parte o resto das veciñas. Aquilo foi o debut da banda do noso grupo de amigos, e pola miña parte, xa que non Páx. 14

fanzine arteficial /// ano 2018

era tan agraciado coa faceta de músico, foi o comezo da miña vida de produtor. Nós sentiamos adoración polas xeracións superiores, viámolos coma referentes. No meu caso comecei a fixarme nun dos “maiores” con especial interese. El facía concertos, tiña unha pequena sala de concertos en Sarria, o Planeta. A min o dese Planeta soábame tan interesante coma os do espacio exterior. Tentabamos achegarnos a el, escoitar como falaba das bandas que programaba, anotar os grupos e buscar información para escoitalos. Naquel momento todo o noso mundo xiraba en torno a Nirvana, Radiohead, Red Hot Chilli Peppers, The Mars Volta... ata que nunha desas conversas case roubadas escoitamos o nome de Holywater. Sempre pensei que esa banda foi o punto de inflexión mais grande da miña vida neste mundo da música, e sobre todo o día que nos lanzamos a coñecer aquel Planeta que rexía Iván para ver tocar a Holywater. Aquilo, xunto a outra das actividades que programou en Sarria por aquela época na que vimos tocar ao Columpio Asesino foi unha catarse para nós. Dende aquel momento pasamos do internacional, do lonxano, a unha serie de bandas que vivían cerca, que podías escoitar en directo, e que tiñan o mesmo nivel ou máis que o que levabamos anos divinizando nas nosas minicadenas. Alí comezou a nosa peregrinación a todos os concertos de Holywater e demais festivais e concertos en Galicia e fora de Galicia. Recordo un Sinsal en Santiago onde Mono case nos


aplasta contra a butaca co seu muro de son e un concerto de Stanstill debaixo dunha ponte na Coruña no que vivimos a experiencia mística de encontrarnos con Montefusco comendo un bocadillo sen mediar mais que un par de miradas intensas nas que parecimos intercambiar o noso mundo interior sen coñecernos. Mais tarde chegaron o Liceo Mutante, A Casa Tomada, e unha serie de espazos e colectivos que facían pensar en que isto era unha escena real, un mundo no que xa todos nos coñeciamos e cunha aceleración cultural imparable no que comezamos a operar dende Discos Porno. Estas son as cousas que nos movían, e que nos moven. Experiencias, sensacións, expresión artística que te leva a disfrutar da cultura na súa totalidade coma un encontro social de intercambio no que sempre te vas con máis do que chegas. Coma en moitas facetas da vida na nosa xeración tocounos experimentar un deterioro. No clima, no mundo laboral, nas relacións sociais coa chegada da tecnoloxía e tamén na cultura. A sensación de chegar a un punto no que nada vai a ser mellor que o pasado e só nos queda lidiar coa resistencia ao que impera na actualidade.

Cando me poño a repasar estas cousas e o porqué de que esté aquí, a darlle voltas a este novo paradigma, sempre chego ao mesmo primeiro punto: son un vello de 30 anos. Jódeme o feito de caír no que tanto odiaba, o non entender o novo e rexeitalo sendo un froito máis da inadaptación e a falta de conexión coas propostas emerxentes. Logo de sufrir ese trance e negarme a recoñecerme como un vello inadaptado, continúo profundizando no problema, analizando as cousas que pasan na música, nas programacións, nas redes sociais, nos intereses dos sectores financiadores da cultura e chego ao seguinte punto, a moda. A moda sempre existiu, sempre formou parte da sociedade nun inconsciente colectivo que cada certo tempo seguía unhas pautas moitas veces asociadas ao estilo de música e ás clases sociais que representaba, como actos de resposta, de liberación, de loita, etc. Pero sempre había un fondo, unha base ideolóxica, unha mensaxe, do tipo que fora, pero existía un contido asociado a eses movementos sociais e estéticos. Agora a moda é o negocio, se non estás dentro do negocio non eres moda, e sen non estás de moda non entras no negocio. Un círculo de mercado que pasa por moitas cousas, e ninguna delas relacionada coa cultura.

fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 15


Todo é mercado, estándar e mediocridade, propostas baleiras, imitadas, repetitivas, cortadas por un patrón mercantil que a base de diñeiro público e privado modifica e dirixe comportamentos sociais baseados na imaxe, aproveitándose da necesidade enfermiza de autodivulgación das novas xeracións. Vale máis a foto co influencer de turno que o que aporta a proposta e se antepón a “fanbase” ao nivel da creación. Esa é a cultura que se apoia, a que vende tickets e baleira cabezas. Alguén me dixo que era o novo punk, e pode que teña razón, pero medo dá o futuro dun movemento que eleva ao Olimpio musical a produtos sen contido, a followers, e visitas zombies no YouTube. Un movemento que baleira as rúas e os espazos de cultura para encher centros comerciais, que bloquea mentes con pantallas apagando o espírito crítico e reducindo a realidade a unha historia de Instagram. A xestión da cultura e as expresións creativas son a columna que sustenta unha sociedade digna, educada, libre, crítica. Un país que non apoia a arte e a súa sensibilidade está ferido de morte e nesa morte lenta nos atopamos, rodeadas de figuras que van comendo dende o interior as nosas ilusións, a nosa forma de vida acabando coa enerxía vitalista da creación, da educación, da cultura, da xuventude, impulsando o gran

Páx. 16

fanzine arteficial /// ano 2018

negocio e presionando a acción local dinamizadora das aldeas, dos barrios, e cidades ata absorberlle a enerxía. Nesa loita nos atopamos, nese cruce de camiños onde a xente dá a volta, tira cara a mediocridade por diñeiro ou loita na precariedade indefensa por vocación. Ningunha é boa, todas son reflexos da merda na que vivimos, que nos enfrenta e nos resta forza como colectividade, que para min é a única saída a esta situación. Se non loitamos por achegarnos, por recuperar o espírito que nos moveu a lazarnos a facer concertos, obras de teatro ou o que sexa que nos guste e queiramos mostrar, se non lembramos que o que nos move é a proposta, o fondo e a forma, achegar o público á obra e non a obra ao público e educar no valor que ten este sector penso que estamos relegados ao formato monetarizador que impera e non aporta nada. O que é seguro é que seguiremos traballando por un país no que programar, actuar, cantar e recitar, compoñer e danzar. Un futuro difícil para nós pero do que non podemos prescindir. A cultura non é unicamente unha saída laboral, é unha forma de vida, unha forma de educación, unha forma de mellorar en conxunto e de seguro unha fonte inesgotable de vivencias que contar e recrear na nosa vellez. ¿De que falarán os influencers cando teñan 60 anos?


IGUANAS VIVAS Rafa Otero

quién duerme

quién sueña roca lagarto sobre una roca descansa el lagarto se fue a partir la roca bajo un ensueño de lagarto en dos partió la roca soñando lagarto pobre roca un lagarto otra

el lagarto

o la roca

Vai tanto frío adentro a memoria esquiva o seu reflexo e na súa sombra algo coma un vapor amarelo Fuxida sempre cara adiante e a sede

- Non hai quen abrace esta sedeToda esta sede!

-Quen abraza esta sede-

Non hai quen abrace esta sede

Abro a xanela na súa espera Desenvólvese nace chove sóñase un espazo estreito e nervioso coma un alento de impala coma un neno que xoga coa súa navalla e canta

Quen abraza esta sede

A paisaxe diante ou detrás do círculo unha xanela unha voz aberta todas as dúbidas e até o máis estupido

fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 17


este ano no arteficial Agora un vaído de sombras agora unha copa de salitre Mareas todas de beliscos todas lea de ondas brancas Páx. 18

fanzine arteficial /// ano 2018

CHALO CORREIA.

A sonoridade das cancións deste cantautor angoleño está influenciada pola música de Angola dos anos 60 e 70, inda que deixa ver o seu propio estilo. Adquiriu coñecementos cos grandes mestres e a súa música bebe das raíces tradicionais do Samba, da Kazucuta, da Rumba, Rebita e do Caduque. Non ficades co cú “torcío”? Afincado en Lisboa, en marzo de 2018, o seu álbum AKUÁ MUSSEQUE, foi nomeado para os premios do ANGOLA MUSIC AWARDS 2018. Por que nos encantou? Porque somos bailongas, porque a súa música nos transporta a un estado de felicidade-éxtase-calor, porque cheira a África e porque se non se pode bailar non é o noso festival-revolución. Buscade parella de baile antes do concerto, avisadas ficades.


este ano no arteficial Confeso algún prato rato. Inevitable entropía. O malo. Gústame.

ESTEBAN & MANUEL. Armados coa súa caixa de ritmos, teclado e guitarra, Esteban & Manuel xiraron co seu primeiro disco, “La Banda Sonora de tu Día a Día”, no verán de 2017 por toda a xeografía galega e chegando a tocar no emblemático Cámping Camaleón nos Caños de Meca (Cádiz). Participaron na terceira edición do ciclo de concertos Encarta (Bilbao, Meyo Records) e tamén presentaron o seu primeiro disco en Santiago de Compostela xunto a Novedades Carminha. Tras dous memorables concertos en Sevilla no festival Monkey Week en outubro de 2017, a repercusión da banda empezou a medrar exponencialmente. A banda gusta a públicos de todas as idades, facendo bailar por igual a mozas e maiores cun estilo que bebe de ritmos latinos como a cumbia ou o merengue. Por que nos encantaron? Porque non é que nos guste bailar, é que nos encanta. E ao fin e ao cabo non somos alleas ao que se oe nos turreiros e isto é así: Esteban e Manuel van poñer a bailar a todo o moderneo peninsular. Non foron poucas as persoas que nos falaron deles e con razón, estos mozos saben o que fan. fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 19


Sen título. Serie 2/4. Carlos Rodríguez

Páx. 20

fanzine arteficial /// ano 2018


Leiria é uma cidade magnifica com pessoas de outro MUNDO! Débora Umbelino (Surma). Música Ainda não sei bem se estou a sonhar ou se isto tudo está mesmo a acontecer... Tenho tido a maior sorte do Mundo e as melhores pessoas do Universo a meu lado, sem elas nada disto seria possível. Como tudo começou, como tudo foi evoluindo, como tudo se foi solidificando, não tenho mesmo palavras para descrever a gratidão e a felicidade que sinto todos os dias por estar a fazer uma coisa que tanto amo e que tanto me dá prazer!

o caos de cabos na estrada, como falar e em como estar em entrevistas, são eles que me ajudam em tudo e são eles que estão sempre lá para mim! Leiria é uma cidade magnifica com pessoas de outro MUNDO! Sem estas pessoas incríveis não era nada!

Tenho passado por tantos lugares que nunca na vida sonhei em ir lá enquanto “turista” quanto mais enquanto artista! América, Espanha, França, Alemanha, Itália, Polónia, Suécia, Reino Unido, Portugal de Norte a Sul... tenho vivido num sonho constante, tem sido tudo perfeito! Tenho uma equipa comigo que não troco por nada neste Mundo... a começar pela minha editora do meu coração | Omnichord Records | liderada pelo meu segundo Pai | Hugo Ferreira | Já conheço o Hugo há 9 anos, sempre me deu imensos conselhos como deveria estar neste Mundo enquanto pessoa e enquanto Música, sempre foi um mentor para mim! Nuno Rancho, Paulo Pereira, Casota Collective, Sofia Teixeira... nem tenho palavras! São os meus irmãos e irmãs de estrada que estão sempre comigo e que me ajudam em tudo isto! Electrónicas que não percebo nada, como reduzir

fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 21


FONOGRAMA PAPUXA ARTEFICIAL NachoIgmig-ParkourSonoro

Pรกx. 22

fanzine arteficial /// ano 2018


Sen título. Serie 3/4. Carlos Rodríguez

fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 23


este ano no arteficial Theremonias Alerta Sitarciones Páx. 24

GUAU. Guillermo e Dani (granaínos de adopción xa que Dani é do Ribeiro e Guillermo de Cantabria) arrincan este proxecto durante o verán de 2015, baseado na psicodelia e a experimentación sonora nunha aposta escénica atrevida, ao xogar in situ con diversos instrumentos acústicos e eléctricos (guitarras, sitar, theremin, loop station, gaita, beat box...), así como bases electrónicas e samples, para xerar sons orgánicos, atmosferas delicadas, espaciais; ritmos sutís ou trepidantes que transitan ao redor da música popular, ás veces próximos ao funk, folk-rock progresivo, indie pop, country, músicas latinas e mediterráneas... e noutras difíciles de clasificar.

Por que nos encantaron? Porque non hai cousa que nos faga sentir máis fachendosas que ter a un ribeirán no escenario. Sempre tentamos ter algunha representación no festival e este ano poderiamos dicir que é por partida triple: Dani de Arnoia, Guillermo de adopción e o Ledo, o noso can-ficial, coprotagonizando o videoclip tamén realizado aquí na casa. Pasen e vexan, señoras, que no Ribeiro temos arte pra exportar!

fanzine arteficial /// ano 2018


este ano no arteficial Nesta vida hai que facer de todo e como Isaac, facelo ben... até para odiar hai que saber odiar. Odiar con gusto.

ISAAC PEDROUZO DJ. Residente actual do Pub

Black e o Café & Pop Torgal, na súa traxectoria non só pinchou nun gran número de locais de Ourense, a súa cidade natal, senón que tamén participou en grandes acontecementos musicais como o FAX Festival, o Backbeat Weekend de Salamanca, o extinto Festival Do Norte de Vilagarcía, o Record Store Day, ou o ICC WEEK en Ourense e levou as súas sesións a salas de toda Galiza como Karma e O Pequeno en Pontevedra, Moon en Santiago, 14! Club na Coruña ou La fábrica de Chocolate, O manco, ou o desaparecido Monstruo de un solo ojo en Vigo. Por que nos encantou? Porque a parte de que é un home que vale un potosí: escribe que dá xenio lelo e ten a capacidade de aturar xente nun bar pero non como parroquiano, senón coma camareiro/dono; sabe un montonazo de música. E sabe o que queremos escoitar. Isaac, péchanos o chiringuito como merecemos!

fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 25


Lévame axina, SENor. Antonio Pazos. Señor que peta en Familia Caamagno.

A peor sensación que se pode ter cando estás tocando nun sitio é a de desexar que o concerto remate o máis axiña posible. Os motivos que levan a ese desacougo existencial poden ser do máis variado: que o público non che faga nin caso, que os técnicos sexan unha manda de inútiles malencarados, ou simplemente que te sintas realmente incómodo e máis fóra de lugar ca Ramón Sampedro nunha convención internacional de contorsionistas. A primeira vez que tiven esa sensación foi tocando con Flash Flan (os protoChavales), aló polo ano 2006 ou 2007. Un familiar dun amigo meu requiriu os nosos servizos para tocar nunha concentración de coches 4X4, ou todo terreos, ou como Cristo motorizado bendito sexa, alá pola zona de Guitiriz, non me lembro en concreto do sitio. Alí andaban facendo pequenos circuítos, subíndose con moito tino cos seus vehículos mastodónticos por uns penedos, non sei ben con que divertidísima finalidade. Síntoo moito, pero a min, que nunca na vida me interesaron os coches nin as motos, aquilo todo pareceume surrealista e dun ungaunguismo galopante. Iso si, tensión habíaa a presadas: cando intentaban superar un deses obstáculos paseniñamente, os autos adopPáx. 26

fanzine arteficial /// ano 2018

taban unha inclinación nun dos laterais que rozaba o envorco, e aí era cando facía aparición algún espontáneo que se situaba no lado que estaba máis preto do chan, intentando evitar, só coa súa forza bruta e cos superpoderes que lle daba o seu mesto entrecejo, que unha mole desas con rodas acabara co bandullo cara arriba. En fin, que non morreron alí esmagados tres ou catro premios Nobel de Física de milagre. Despois da cea lanzámonos con entusiasmo a amenizar a verbena da noite coa nosa amorosa selección de versións dos Sírex, Albert King ou Rufus Thomas, pequenas xoias do pop e do rhythm and blues interpretadas coa alegría que nos caracterizNON NOS FACÍAN NI PUTÍSIMO CASO. Todo cristo estaba contra a barra da cantina e nós os catro facendo o subnormal a 50 metros, subidos a un escenario que consistía nun remolque dun tráiler baleiro e iluminados pola potencia de dúas bombillas de merda de 60 W. Virxe do Carme, que noxazo e que ganas de suicidarme. Lembro que estabamos tocando “Talkin’about you”, a versión que facían os Yardbirds, e aí, aí foi. Nese preciso momento tiven por primeira vez a sensación de… por favor, que isto remate xa! E foi longo,


pero rematou sen incidentes. Bueno, o técnico de son dunha vez caeu do escenario embaixo, e unha perna non a partiu, pero case, porque andou coxeando unha boa tempada. Iso si, o trato por parte dos organizadores foi exquisito e quedamos moi agradecidos. De feito, aínda nos pagaron máis do acordado, a lo “tengo el dinero por castigo”. Di ti que os honorarios tampouco é que foran unha cousa desorbitada: non sei se lle pedimos 40 000 pesetas e ao final nos deron 50 000, ou algo así foi. Si, daquela xa eran euros, pero as pesetas parece que lle dan ao relato un extra de cochambrosidade que me vén moi guai para rematar. fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 27


Pรกx. 28

fanzine arteficial /// ano 2018


Xogo da Oca versión Arteficial. Carlos Rodríguez fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 29


LUME Xacobe García Mútanos Tecleando as teclas corrompidas Gastadas da graxa duns dedos esqueléticos Pretenden arrebatarnos A identidade Mudar o codigo xenetico Aporrean con lume as teclas Cravan nelas a súa idea Pretenden borrarte Homoxenizarnos Escrever un novo ADN Un DNA de imprensa negra mais Non chega As ratas comerán Desfarán a memoria desa nova idea Da tinta creada polo azar Desfarán a nosa herdanza Molestamos Mais nós mutamos Esquecemos a nosa letra Perdemos a secuencia do alfabeto A linealidade temporal ate nos E pensamonos outro Un só Sen eles sen nós Sen poboación Morte Mutamos para desaparecer Ser masa sen forma Sen destacar Sen aportar Para ser reconhecido Sen existir Mutamos Somos a radiación autóctona A mortal enfermidade de nos mesmos E rasgamos Cortamos a identidade Páx. 30

fanzine arteficial /// ano 2018

E morremos Morremos para seguir mutando E do recesivo Ao dominante e da morte a un novo fénix mutamos para renacer Pra crear unha nova fouce mais afiada mutamos para vencer. Apocalipse infernal berros de negras tebras que asulagaron o val vesubio Edna a nova Pompeia que va non é natural tanto ten non hai bágoas pois a xenreira evapóraas ao mesmo tempo que saen do orbe que as fai non hai tempo pro lamento e a xenreira fai de nós un só man a man de novo 15 anos negros 10 incandescentes e volta a pasar cortamos para leña os carros de traballo esquencemos o uso do arado a hermo quedaron as leiras e os montes os montes a pasto non da vaca que levaba o carro que ficou esquecida non da ovella que nos abrigaba se non do lume infesto da inovación pasto do progreso errado do afán do pobre por escapar do afan do rico por devorar.


Sen título. Ainhoa Viñuela Don

fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 31


Top Festivais Marta Gómez, xornalista. Os “festivalers” sempre estamos na busca do santo grial, do concerto das nosas vidas, ou polo menos de novas experiencias e amizades. Para outros, os festivais, son simplemente o chiringuito máis lucrativo do verán. Agora que cada vila e parroquia ten o seu, é o momento de reivindicar aqueles nos que público e bandas sentímonos ben a gusto. Aqueles programados co corazón e non coa billeteira, e onde non nos consideran só o target das marcas patrocinadoras. Seguro que vós tendes tamén o voso festival favorito… 1.- Esmorga fest (O nome non engana) Un clásico de inverno, cando Sarria aínda non está “sold out” polos peregrinos. Todo comezou como unha festa de aniversario… e a esmorga foi tal, que segue a ter continuidade, tamén cunha miniedición no verán. Podemos descubrir espazos incribles como a discoteca Litmar, de estilo medieval pero cun sonidazo. Por aí pasaron Belako, Nueva Vulcano, TAB, Za!….. 2.- Prestoso fest (Entre osos e cachopos) En Gédrez, na Reserva Natural de Muinellos, onde viven os últimos osos da cordilleira cantábrica. É como se os teus amigos te invitan a ir á aldea. Todo é caseiro e espectacular, dende a festa de benvida nun mosteiro con queixo e viño do país ata o último solpor tralas montañas, fondo de escenario mellor que calquera videoproxección de Muse. Marchas cun sorriso e un bidueiro para plantar onde queiras. Pasaron por aí Carolina Durante, Rufus. T.Firefly, El mató a un policía motorizado, The Limboos… 3.- Desconcerto na praia (Romería a pé de ría) Un festival secreto nunha das illas máis especiais de Galicia. O colectivo Desconcierto fai unha festa anual para amigos, socios e colaboradores que cada ano é máis multitudinaria. A proposta é concerto, chapuzón, concerto… porque se cePáx. 32

fanzine arteficial /// ano 2018


lebra xusto á beiriña do mar e incluso podemos escoitar a música dende os kayaks que se alugan aí mesmo. Non podemos dicir máis. Se vos facedes socios quedaredes máis que desconcertados, deslumbrados pola contorna e a selección de bandas emerxentes galegas. Por aí pasaron: Estrambote, Perpetuo Socorro, Blanco Palamera, Álex Casanova… 4.- Osa do Mar (Dende Burela para o mundo) Nesta última quinta edición cambiou o formato e a ubicación, xa non é a carón da praia da Barosa senón en diferentes salas da vila e na praza do Concello… pero sempre podemos ver o mencer dende o mar despois de escoitar aos grupos máis “petones” da temporada e visitar as exóticas discotecas da vila. Ir a Burela sempre paga a pena. Pasaron Brisa Fenoy, C. Tangana, Locoplaya, Malandrómeda… 5 – Milhoes de Festa, Barcelos. (atención, próxima semana) Cambio de data para esta décima edición do Milhoes, din que para redescubrir novos espazos en Barcelos. E iso que pensabamos que non había nada mellor que os concertos segredos no Castelo ou as mitiquísimas guerras de bolas na piscina mentras pinchan os Dj´s. Figuras da world music, hospitalidade local e público entregadísimo son os seus sinais de identidade. Por aí pasaron Bixiga 70, Nicola Cruz, Meridian Brothers, Bala… 6- WOS, Santiago (atención, en dúas semanas) Unha aposta multidisciplinar e indoor que arrisca e sorprende en cada edición. A programación abarca literatura, danza, teatro e charlas varias. Mestura pioneiros na vangarda con artistas a piques de dar o pelotazo. Está escorado nas últimas edicións cara a experimentación electrónica con concertos inmersivos a tope de decibelios, e aproveita espazos máxicos pero desaproveitados, como a terraza da Granell ou a igrexa da Universidade. Por ahí pasaron: Silver Aples, Thee Oh Sees, Niño de Elche, Volonté… fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 33


7- Ao compaz de Saumede (Rural avantgarde) No corazón deshabitado do rural ourensán un grupo de tolos marabillosos fundaron unha sociedade autoxestionada na aldea de Saumede, co seu festival de verán incluído. “Ao compaz” é herdeiro ademáis doutro evento pioneiro, o Noisemede, especializado en electrónica ruidista artesá. É o mesmo espírito de Woodstock pero regado de licor café. E ollo que tamén escollen Mister e Miss Saumede, un dos highlights do verán. Por aí pasaron: Cró!, MounQup, (máis residente que visitante), Glitchgirl, Lamprea Explosiva… 8- Basticore Oleiros, (Punkskate or die) Reunión de punkies e hardcoretas no concello co PIB máis alto de Galicia. Os amantes da patineta teñen o seu recuncho en Oleiros. Basticore celébrase nun skatepark á beira da praia. Ademáis o Che saúdache na rotonda da entrada, que máis podemos pedir… os do sur de Galicia teñen máis preto o Rule fest, co mesmo espírito thrasher. Por aí pasaron Cuchillo de Fuego, Kings of the beach, Klüte, Playa desmayo... 9.- Festival Noroeste, A Coruña. (A cidade como escenario) As novas mareas trouxeron un novo formato, e espírito, para este clásico festival de praia. Os concertos espállanse agora por tódolas prazas da cidade e xunto a pesos pesados, que fan que Riazor se quede pequeno, atopamos grupos emerxentes e galegos, en colaboración cos programadores locais. Son as festas patronais que todos nós quixeramos para a nosa vila. Por aí pasaron Jesus & Mary Chain, Swans, Surfing Bichos, Moura.. 10.- Gadélica, Sargadelos (Un rito iniciático nas terras de Díaz Pardo) Sargadelos é sinónimo de galeguismo e cultura de vangarda grazas a intelectuais visionarios que aproveitaron a enerxía Páx. 34

fanzine arteficial /// ano 2018


dese máxico lugar. Ti tamén podes sentir esas “vibras”, con visións incluídas, nunha velada de 48 horas de dub, psytrance e actividades que van dende o sensitivo ata o esotérico. Falamos de raves, ioga, performances artísticas e actividades con cabalos nunha contorna chea de historia. Un cachiño de Goa máis psicodélica en plena Mariña Lucense. Pasaron por aí Mais Lume Kolektive, Ovella Negra, Federal Oxadrone, Yar Zaa, IGMIG…

PASATEMPOS Serás quen de atopar os 10 festis que nos recomenda Marta Gómez para aguantar o mono de Arteficial ata o vindeiro ano?

fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 35


A música no Miguel Valiña. Blog. Solofolar. Guía de supervivencia musical. A quen lle importa hoxe en día o elenco de bandas nun festival? Festivais que sen anunciar nin unha soa banda xa venden moito máis da metade dos seus tickets. Moito público quere volver vivir a experiencia sen importarlle nadiña o aspecto estritamente musical. E iso é bo? A música pasou a ser un elemento accesorio, un complemento máis dun negocio xurdido nunha industria que tivo que adaptarse á aparición de internet (e moitas outras cousas). Xurdiu unha oferta musical infinita, instantánea e gratuita. As discográficas mudaron en axencias de management e os cartos saen do directo. Todas queren unha parte e tentan colocar as súas bandas en canta máis festa mellor, provocando -en moitos casos- carteis clónicos. Soa vello e manido... pero é que a música perdeu encanto, importancia, relevancia... asimilou o seu papel secundario e parece que iso lle importa só a unha minoría. O público -dá igual o rango de idade- busca experiencias, festa, sensacións… Os festivais rompen os cornos por atraer ó seu público ofrecendo outro tipo de ingredientes alleos ó musical: exclusividade, entorno, gastronomía, actividades paralelas de todo tipo, facilidades para ir cos máis pequenos… No caso do público máis novo, a Páx. 36

fanzine arteficial /// ano 2018

cousa vai polo aforro de cartos (e tamén aforro de calidade). Está claro que cada festival tenta atopar o seu oco, buscar o seu nicho de mercado. Isto é un negocio (para ben ou para mal). Moitos destes eventos énchense dun público ao que a música non lle interesa (ou nunha porcentaxe moi baixa). Só queren dicir “eu estiven alí”, encher o Instagram cunha infinidade de selfies; ser obxectivo dalgún coolhunter, influencer ou youtuber que publique o seu look no blog de moda con milleiros de seguidores. Youtubers ou influencers que cobrarán unha fortuna da promotora por falar dese festival para despois ti poder contarlle aos teus amigos que tamén estiveches alí. Fauna do máis variada pero moi lonxe dese fan que acode a ver e escoitar á súa banda favorita, desfrutar e descubrir (ou redescubrir) novas bandas nunha feira musical con carteis interminables. Ás veces parece que o público é intocable, un ente que non se pode criticar. O público baixou de calidade, nin escoita nin posúe inquedanzas musicais, volveuse vago de oído. Son máis importantes os seus likes e a súa presenza nas redes sociais. Carece de romanticismo musical. Non hai cultura musical.


on importa Pero eu pregunto: o público baixou a calidade porque a música tamén baixou a calidade??? Ou hai tanta sobreoferta que o público xa non lle dá importancia? Estamos nun momento no que a música é de usar e tirar??? A sobreoferta non existe!!!! Todos os macrofestivais esgotan as entradas !!!! É iso certo ou é outra desas mentiras que tanto abundan na rede??? Penso que quedan moi poucas persoas das que facían centos de quilómetros, unha auténtica peregrinaxe para ver á súa banda favorita. Chegar ao recinto e tremer as pernas e o corazón a mil polo que vas ver e escoitar, e non polo que vas xantar, polo que vas levar posto ou por buscar o marco perfecto para as túas fotos. E sigo soando vello e anticuado... pero a miña paixón e devoción pola música, a miña adicción e asistencia a (moitos) festivais e salas, faime dende hai tempo ter esta perspectiva. E non quero entrar a valorar a presenza de público doutros países, factor moi importante a ter en conta.

lled TV... As salas son para os románticos, e cada día que pasa, algunha desaparece. Pesimista!? NON. Só quero que a música volte ao lugar que lle corresponde, ao fin e ao cabo é a esencia, a razón de ser de todas esas romerías e festas ás que me refiro. Pero moito ollo!!! Aínda quedan eses OUTROS FESTIVAIS honestos, sinceros, case (ou directamente) sen ánimo de lucro, nos que os membros da organización son igual ou máis inquedos e fans que un servidor. Para eles a MÚSICA SI é o primeiro e A MÚSICA SI que importa. E quero pensar que o público que acude a eles é polo mesmo. GRAZAS POR EXISTIR. AÍNDA HAI ESPERANZA.

Voltando ás salas... Estas mudaron en algo residual, para devotos. Os festivais mataron ás salas, antes xa foi algo así como Video Killed The Radio Star, ou Internet ki-

fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 37


este ano no arteficial

LABAQ. Un dos nomes máis mencionados cando se fala da música alternativa/pop e indie do Brasil. LaBaq é cantante, compositora, guitarrista e produtora musical, aí é nada. Destacan a forza e a sensibilidade da súa voz e guitarra eléctrica. Lanzou o seu debut “ Voa” en 2016, co que alcanzou máis de 155.000 oíntes ao mes en Spotify. Por que nos encantou? Porque traer un anaco do Brasil ao corazón da vila é un agasallo, e máis se ven da man dunha muller con esta bravura e sensibilidade. Esta muller é unha guitarra azul.

Esta muller é unha guitarra azul Páx. 38

fanzine arteficial /// ano 2018


este ano no arteficial Amor mentres tanto? Mentres tanto, amor.

OH AYATOLLAH é un grupo de pop que naceu a finais de 2015 en Santiago de Compostela, da xuntanza de varias persoas que coincidiron estudando nesta cidade, todas cunha semellante sensibilidade no musical e con ganas de pasalo ben tocando. En abril de 2016 sacan a súa primeira referencia, un EP de cinco cancións titulado: “Cancións por se non te quere xa”. En novembro dese mesmo ano sae o seu videoclip “Mi Re La” (realizado polos irmáns Miranda), que levará o premio ao mellor videoclip na sección do xurado do Festival de Cans do 2017. A comezos de 2017 suben o seu video-single “Mi Re La / Nunca Máis”. Simultaneamente a todo isto, xiran sen parar por toda a xeografía galega, tendo actuado no I Festival do Leite en Santiago de Compostela, no Galegote Rock 2017 en Pontevedra, na Sala Mardi Gras da Coruña, na Festa Cidade Europea do Viño en Cambados, etc. Por que nos encantaron? Pois porque son xente nova, con ganas e actitude, que cantan en galego, que nos fan bailar e que transmiten o que nós tamén amamos na música: gozar ao máximo co que unha é capaz de facer. fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 39


De vilas e festivais Alejandro Gándara. Xornalista- Colectivo Punto e Volta O outro día lin un artigo do recentemente finado Xabier P. Docampo, na revista Luzes, sobre o devalo das vilas. El definía o ‘espírito vilego’ como a conxunción de oferta de ocio, paseo e comercio que durante un tempo, non sen tensións, serviu de dinamizador das comarcas do rural. Hoxe xa pouco queda diso, as aldeas e as vilas esmorecen ante as políticas culturais encamiñadas a macrofestivais nas cidades, moitas veces financiados de forma nada transparente. Como cantaba Emilio José, cando os Rolling viñeron a Vigo / Rajoy bailaba contigo contigo / e non comigo. Creo que o Arteficial recolle e actualiza ben ese concepto de Docampo, indo máis alá do típico festival de música. Gústame porque é un evento integral, pequeno, feito pola xente do propio lugar -un sitio ben xeitoso, por certo- e está situado fóra do eixo do mal A Coruña-Vigo. Digo que é pequeno, non cativo, xa que os artistas que forman o cartaz son de primeiro nivel, de feito moi difíciles de ver en Galiza. Encántame tamén esa intelixentísima aposta pola lusofonía, este ano represen-

Páx. 40

fanzine arteficial /// ano 2018

tada por Brasil, Angola e Portugal. Algo moi necesario para poder situarnos -e ser situados- no mundo, e todo un pracer no medio da ditadura das Panoramas e os Combos Dominicanos, que tamén comparten o gusto pola opacidade financeira. Volvendo tirar de Emilio José, tal como soñaba Fraga. Gardo moi bos recordos do Arteficial en todo o seu conxunto, pero o meu momento preferido non foi estritamente festivaleiro, senón que sucedeu no Papuxa, cando paramos para cear algo e acabamos arrastrad@s por unha marea de viño e cantos taberneiros. Penso que perdemos algunha actuación, pero non nos importou, xa que de repente estabamos nun espazo sen palcos, onde tod@s eramos artistas. Creo sinceramente que hai un enorme potencial transformador nalgunhas lóxicas da nosa tradición e que poderían integrarse nas novas formas de ocio para crear algo máis enriquecedor e diferenciado. En definitiva, precisamos moitos máis Arteficiais e Papuxas para poder ter un país cheo de xente. Persoas diversas, activas, críticas e máis felices, que é o que importa.


Ilustraciรณn de Pouvelle Studio fanzine arteficial /// ano 2018

Pรกx. 41


ESPERANZA DE RENACER EN LA TIERRA PURA O EL DESEO DE POSEER UNA CASA Maite Martí Vallejo. Revista dixital Thalamus Magazine Entre médico y paciente todas las palabras que se dicen aguardan su turno en la sala de espera. El único consuelo que permanece es eliminar lo que se supone que no es. Se hace por la belleza de la sutura. Ningún hombre soñaría con casarse con una mujer sucia. Cuando no soportas algo de otro no hay elección acertada. Un huérfano busca una familia crecida en número. No dura mucho, apenas una estación. Se reprochan sin provisiones para el invierno: -Tú siempre ves lo que falta entre los incisivos superiores y el comienzo del paladar. Una transición conocida con el nombre de relationship poems. Una ofrenda ante el altar doméstico. En nuestro aniversario me contaba los óvulos: un número limitado que no puedo desperdiciar arrancándome la sustancia, derribando tan simple como la luz una montaña rusa con los ojos, las cifras pautadas ahí mismo, dentro de mí, ni buenas, la verdad y haciéndome sangre. Me ha brotado como mañana del corazón y me ha reventado la blusa. ¿Con quién se encuentran en la sala de espera? Páx. 42

fanzine arteficial /// ano 2018


No es una enfermedad. In the woman is the clítoris. Antes de nada apaciguar lo que viene ya difunto a horcajadas el horizonte y hacer al sol los sentidos sin someterlos. -Padre, hermano, maestro: quiero coger lo que necesito de mi casa. Quiero aumentar la carencia de tejido del antílope. Un hombre incapaz de retorcerle el cuello sobreañade una presa. Tiene una etiqueta para el conflicto, su hija, con vergüenza de pecho grande y muchísimos amigos en diferentes países. No recibió carta de su novia y se casó con otra. La mujer se sacrifica a sus espaldas. No soporta ver llorar el cerebro incapaz de pensar es una ciudad insegura. Si se condena de hielo y se ilumina con los desechos basta con recuperar a su paciente. Es decir, ahí mismo, dentro de mí, donde duele

///////////// Maite Martí Vallejo naceu en Barcelona en 1979. Estivo un mes chorando sen parar e tardou moitísimo en poñerse de pé. De nena non escribía poemas. Escribía os nomes das cousas que lle daban, na súa maioría nomes comúns. A súa caligrafía era grande e respectaba pouco as zonas. Traballou como libreira máis de dez anos e colabora e recruta na revista dixital Thalamus Magazine. Todos veñen ao funeral de Rick ( Ril Editores, 2018) é o seu primeiro libro. fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 43


LOS VIAJES DEL ALUMINIO Maite Martí Vallejo. Revista dixital Thalamus Magazine Yo sostengo incluso que el aluminio siempre es malo y que aunque se mienta a los que aman de verdad hay una gran diferencia entre una y una. Una es enemiga de los polvos de sol de la belleza con maquillaje una arde y no engaña a sus amantes una no engaña a nadie. Si me examino con buena talla todo el mundo se apresura a bailar con los camellos de colores rosa, verde y amarillo de la boca descarriaba la niña triste que no se tiró al mar. Como de catequesis la relación breve una que se extingue a base de no nombrarla vacía de visitas de sol de julio la viuda que no calienta una no calienta a nadie. No se siente culminar la solanera no conocemos su pormenor en un caso es francés y está de cara al río en el otro es Pío XII en el Fin del Mundo.

El animal huirá reculando no fue siempre muerto estos versos anteriores me sacrificarán aquí sufrimos especialmente por excesos de ramas en nuestro nido. No me quejo de la nostalgia reconstruida hace poco en los versos anteriores me gustaba más desligada de su colonia sumamente contagiosa ¿Cómo hay personas que pueden aguantar a un macho? Empieza a vibrar el aluminio lo conservo por su canto la frente que acaba de mudar adecuada para las fotografías de papá el sol quemaba los ojos zumbaban mi hermano croaba la mala fama compañera de la perversidad de una. Una no disfruta de ella una se encuentra con otros córvidos en un juego muy simple: cada quien escribe la misma cantidad de rayos en letras separadas.

Poemas inéditos extraídos de “La familia a veces es una trampa”. Páx. 44

fanzine arteficial /// ano 2018


Sen título. Serie 4/4. Carlos Rodríguez

fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 45


este ano no arteficial

SARA FONTÁN. O oficio de violinista esixe ter moi clara a máxima de Itzhak Perlman: “Aquilo que se aprende lentamente, esquécese lentamente”. O seu violín, amplificado, loopeado e pasado por decenas de efectos, ten o talento de emocionar a través da abstracción, sen referencias temáticas nin estilísticas, outorgando liberdade ao espectador para que o interprete e o sinta de forma persoal e única. Participou en proxectos tan diversos como Manos de Topo, o proxecto de videodanza PIÑA con Clara Tena, Big OK e é unha peza clave do colectivo de improvisación conducida do Caballo Ganador.

Unha vez intuiramos unha vez soñamos ser así Salvaxes Infinitas Roxas Libres

Por que nos encantou? Porque é unha muller que leva 25 anos de convivencia co violín e explorando as súas posibilidades en todo tipo de estilos e formatos, dende a música clásica ao rock experimental, pasando pola electrónica e a danza. As súas imrovisacións, loops e texturas crean unha rede emocional e sonora na que nos encanta ficar atrapadas.

Páx. 46

fanzine arteficial /// ano 2018


este ano no arteficial Bafo amarelo das baleas morno e violento luz dunha catedral abisal

WHALES.

Disque as baleas habitan dous mundos. Un submarino, denso, a ilusión da ingravidade; e outro atmosférico, de superficie, recoñecible ao tacto e pola experiencia. Coa súa electrónica os Whales participan tamén destes dous mundos. Veñen de tocar nos principais festivais de Portugal e a súa carreira é prometedora. Dentro do selo Omnichord Records de Leiria, comparten plantel con formacións como First Breath After Coma e Surma coas que xa gozamos no Arteficial. Algo está a pasar en Leiria. Por que nos encantaron? Adoramos ficar atrapadas pola música. Adoramos dos novos proxectos, pequenos pero de calidade infinita. Adoramos á xente que traballa para sacalos adiante. Por todas estas cousas Arteficial é devota absoluta do traballo de Omnichord Records. Talento, profesionalidade e calidade musical. Pouco máis se pode engadir.

fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 47


Gústame a xente que fai cousas Luz Méndez Deixádeme dicir que me gusta Ribadavia, que me gustan as súas xentes, o seu carácter aberto, a súa laboriosidade... Son emprendedores, fan cousas. Con perdón, penso que non hai como plaxiar aos autores de éxito para empezar ben un texto. O problema é que eu, que nunca escribín para unha revista dun festival de música, tiven a ousadía de aceptar redactar estas letras e ninguén me alertou sobre a síndrome do folio en branco. Busco na Internet consellos, que hai moitos, pero non sei como vou saír desta. Abro o primeiro blog que encontro, que trata sobre o tema e trae catro recomendacións. Vou ver de aplicalas. A primeira di que non me asuste, que o problema non durará para sempre. Vaia, medo non teño, pero a receita non me axuda moito. Ben, serei positiva! Miro para arriba pero calculo que aínda teño que multiplicar por sete as palabras. Oh, Ayatollah, socorrédeme cunha canción protesta! O segundo consello vai sobre pensar en que cousa é a que causa o bloqueo. Non ten moita ciencia: a razón é que o folio segue case en branco. E non sei en que me vai axudar pensar niso. Poño un vídeo de Whales. Se as miñas ideas fluísen coma a súa música, mellor me iría.

Páx. 48

fanzine arteficial /// ano 2018

Recomendan tamén para o bloqueo do escritor —ha! como se escritor fose calquera— que non se sexa demasiado esixente cun mesmo. Non, se eu esixente non o son. O caso é que non o sexan os que lean este desbarre. Escóitoo, e xa penso en que, logo, xa me haberei de relaxar bailando con Chalo Correia. O último dos catro consellos que recomendan é ler, ler moito. Xa o fago e non sei en que me vai axudar ler á hora de poder encher estes folios. Leo máis webs. Penso en ler aqueles libros grandes e pequenos, que a min coma a case todos, cada día se nos acumulan máis e máis nas mesas e estantes das nosas casas. Leo o resto do cartel do Arteficial (LaBaq, Big OK, Sara Fontán, Esteban & Manuel) e enredo moito escoitando as súas músicas. Pero vexo que quizais me falta aínda máis da metade para rematar este maldito folio en branco. Podo seguir buscando na rede axuda para articulistas noveis, pero conclúo que eses consellos non son para min, que me considero de pouca reflexión e bastante mal guiada. Iso si, deixareime guiar este ano outra vez a Ribadavia, ao Arteficial. Abrazarei a xente que quero e serei calquera que estea bailando, tomando un viño, facendo unha


escapadiña a Prexigueiro. Emocionareime outra vez entre as rúas da parte vella pensando, coma acaso seica pensou Napoleón ante as pirámides, iso de que “séculos de historia me contemplan”. Estarei entre a xente e non me coñeceredes. É o que me consola. E de verdade que procurarei facer unha doazón ó equipo da organización para que o ano que vén contrate unha escritora profesional. Sei de varias e moi boas.

lado dun capitel: Johán Martiz fizo lavrar esta pedra.

Serei unha de vós e estareino pasando ben. Esquecerei que fóra, ás veces o mundo é moi feo, pero que estou rodeada de xente que ama a música e nos regala música da boa. Mozas e mozos que fan cousas.

Levo algúns vasos de viño para ver se me inspiro e brindo polo Arteficial.

Porque me gusta a xente que fai cousas e Ribadavia. Xa só me faltan unhas poucas palabras e estou pensando en rematar con outra cita célebre —ao final, vexo que lle vou coller gusto a isto de escribir dándolle ao plaxio. Contéñome porque isto vai de música e non das miñas teimas persoais.

O folio en branco vaise enchendo de palabras. Chegarei ás setecentas que me pediron, que algún recurso teño. Por exemplo, podo dar eu tamén catro consellos: Gozade Ribadavia e o seu castelo. Visitade unha adega ou, no seu defecto, uns cantos bares. Pagade unha entrada solidaria, que o festival é de balde. E escoitade música, divertídevos, bailade! Pola miña parte, nalgún momento, irei outra vez comprobar como, hai polo menos oito séculos, xa había en Ribadavia alguén que facía cousas e que o mandaba gravar nas paredes. Falo desa inscrición que me gusta tanto, posta nunha das súas igrexas, ao

fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 49


Brutalidade en pedra I. Alba Doval

Brutalidade en pedra II. Alba Doval

Pรกx. 50

fanzine arteficial /// ano 2018


Brutalidade en pedra III. Alba Doval

Brutalidade en pedra VI. Alba Doval fanzine arteficial /// ano 2018

Pรกx. 51


HORÓSCOPO Patricia Molina. Indie de m***** con potestade para escribir un Horóscopo, porque son: arbitraria, esaxerada e gran fan dos Planetas. Arteficial é o futuro.

Aries

Xémini

Típico dos nacidos baixo este signo son o temperamento desatado, a individualidade, a intuición, o impulso. En resumo: vaiche a marcha. Un concerto rollito Big Ok pode ser o intre perfecto e Ribadavia o lugar ideal para un amor de finais de verán.

É duro ser ti. Representas a dualidade, a dúbida, o contraste. Morrissey é Xémini e con iso queda todo dito. A túa vida é unha encrucillada eterna, pero tranquilidade! Arredor da primeira quincena de setembro irás a un festival e atoparás o amor eterno que tanto ansías. Así, como cho conto. O intre propicio no que se conxuntarán os astros será entre loop e loop psicodélico dos Guau! (*todas as bandas que levan theremin molan. TODAS) Sé prudente no traballo. Comeza a ser sospeitoso que te poñas enfermo tantos luns.

21/03 - 20/04

Controla os pequenos gastos domésticos. Recibirás esa chamada de teléfono pola que tanto agardabas. Xa ti sabes.

21/05 - 21/06

Tauro

21/04 - 20/05 Es materialista. Non estamos a xulgar, tranquilidade, somos conscientes de que a culpa non é túa, é do capitalismo. Potenciar a túa vida interior, emocional e intelectualmente, é o obxectivo a acadar este verán. Un festival de balde nunha vila cun entorno patrimonial privilexiado acurtaría bastante o proceso de autorrealización no que estas inmerso. Ademáis de cocerte, non esquezas de enriquecerte.

Páx. 52

fanzine arteficial /// ano 2018

Cáncer

22/06 - 22/07 Os signos de auga tenden a ser un pouco “intensiños”. Que a ver, está moi ben e todo iso. Se te sintes así como moi atmosférico o teu sitio está nunha actuación dos Whales ou La Baq. Unha igrexa pode ser o esceario perfecto para cruzar unha ollada, adicar un sorriso ou chiscar un ollo a unha Saxitaria ou un Saxitario riquiño. Viva o amor. Recorda que unha vez ao ano está ben ir ao médico de cabeceira e facer unha analítica. As anemias non son nada de guapas.


Libra

22/09 - 22/10

León

23/07 - 22/08 Como dicía o frontman daquela mítica banda de garaxe de Chamberí, os Yakuzas, “Las poperas son pa´los rockeros como la luz pá las polillas” (e viceversa). Isto ten que ver con todo e con nada, os leóns, sodes cazadores, perigosos, uns putos fieras, uns tigres de bengal (isto é doutro tema, xa me viñen arriba). Total, ataca! Morrear é algo ben bonito e con Sara Fontán de fondo, nin che conto. Recorda comprobar se o coche ten a ITV vencida. Dos esquecementos veñen os desgustos. Iván Ferreiro é León. Pero non de Benavente.

Mentar Libra é falar de armonía e coherencia. Colaborar con causas xustas, coma pode ser acudir a festivais que fomenten a solidariedade e iniciativas como recollida de alimentos fará as delicias do signo da Balanza. Chama a ese primo con quen fai anos non falas. É un pouco estirado e gosta do Combo Dominicano, pero é da familia e queiras que non, o sangue tira. E o do autotune entra ata nas mellores casas... (A modo de curiosidade, dicirche que non compartes zodíaco con Liam Gallagher por un día, que naceu o 21/09. De nada)

Escorpio

23/10 a 22/11

Virgo

23/08 - 21/09 As persoas nadas baixo a influenza de Mercurio tenden a canalizar a súa enerxía interior cara a racionalidade e a lóxica. Este carácter reflexivo dos Virgo inflúe en todos os ámbitos da vida, traballo, parella... Déixate levar! A vida despois duns viños sempre é máis bonita. Xa o di a tradición oral recollida na provincia de Ourense, por exemplo: no ribeiro, no party. Por fin chegará ese ascenso profesional que tanto agardas e mereces. Desfrútao.

Querido Escorpión, Como bo signo de auga, influenciado pola posición da terceira casa de Mercurio no cadrante primeiro esquerda do sexto equinoccio de inverno, baixo a derradeira lúa do lusco fusco da entrada de Venus na órbita de Neptuno, direiche que te atopas a atravesar unha etapa da tua vida dominada pola deconstrución e o renacemento. Coma Paulo Coelho cando foi facer o Camiño de Santiago. Coma Mario Vaquerizo un mércores calquera. Coma Bono dende o 97. Un baño relaxante nunhas termas naturais e un concerto bonitinho cheo de xente guapa axudaranche a tomar perspectiva sobre da tua posición no cosmos. Sorte nos xogos de azar. fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 53


Saxitario

22/11 - 22/12 O teu número da sorte é o 2. Es extrovertido e colérico. Extremista e social. Se naceches entre o 1980 e o 1985 seguramente sexas fan de Nirvana. Setembro será un mes determinante da túa vida. Un punto de inflexión. Un break. Estarás co guapo subido e non deixarás indiferente a ningún signo de Terra. Unha camisa hawaiana é imprescindible en calquera vestidor. Ah!, falando diso: Deixa o cambio de armario para outubro. Total, con este tempo.

Acuario

22/01 - 21/02 Deixa de preocuparte tanto da felicidade da xente que te rodea. Coida a saúde, pode xurdir algún problema nas articulacións, non importante pero si molesto. É moi, moi triste non poder botar un baile con Chalo Correia porque te does dun xeonllo. Iso é triste. Iso é os cabaliños pony.

Capricornio 23/12 - 21/01

Un Capricornio nunha “jarana” sempre é garantía de éxito. A cabra, que tira ao monte. Pese a todo, sempre tendedes a buscar orde no caos. Oh! Ides flipar pero moito cunha banda madrileña que actúa no festival Arteficial de Ribadavia. A psicodelia é o que ten. Arrisca. Vaiche dicir que sí. Coidado coas sectas satánicas. Agora captan a xente chamando ao fixo. Toma moita vitamina C.

Pisces

22/02 - 20/03 Como é habitual nos signos de auga, buscas emocións fortes, voráxine... e iso provoca en ti desacougo e desconfianza. Calma. Como di ese tema taaaaaan guai dos Oh! Ayatollah: Case todo é o que parece. Coida máis da xente do teu entorno. A primeira semana de setembro será propicia para organizar unha escapada en grupo ás fermosas terras do Ribeiro. Saturaches despois do Mad Cool. Resetea.

Páx. 54

fanzine arteficial /// ano 2018


fanzine arteficial /// ano 2018

Páx. 55

Ao Arteficial eu viñen bailar. Uxía Esal


Pรกx. 56

fanzine arteficial /// ano 2018


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.