PLan Lector

Page 1

PROXECTO LECTOR 1. ANÁLISE DA SITUACIÓN DA LECTURA E ESCRITURA NO CENTRO a) Prácticas lectoras e escritoras do alumnado: Na Educación Infantil preténdese fomentar o interés e a curiosidade pola lectura mediante a manipulación de libros por parte do alumnado, a lectura de contos por parte do profesorado e a realización de actividades en colaboración coas familias, como o Libro Viaxeiro. Os nenos e nenas empezan lendo imaxes e pictogramas, relacionando estes con palabras e os sons coas diferentes grafías. Comezan a ler e a escribir letras, sílabas, palabras en maiúscula e posteriormente traballan as minúsculas, podendo chegar nalgúns casos a acadar a lectura. No Primeiro ciclo de Educación Primaria continúase cunha lectura de imaxes, pero a importancia recae no proceso de aprendizaxe da lecto-escritura, para chegar a conseguir unha lectura comprensiva de pequenos textos, así como unha creación propia destes. No segundo ciclo realízanse lecturas de todo tipo de textos, tanto de forma voluntaria como formando parte do proceso de ensino-aprendizaxe de casi todas as áreas. Empréganse continuamente diferentes tipos de soporte. Trabállase coa lectura, búsqueda, creación e análise sinxela (estructura, vocabulario, ideas principais, ortografía, puntuación,...)de todo tipo de textos. No terceiro ciclo as actividades céntranse na realización de tarefas relacionadas cun texto lido. Realízase unha memorización de reglas ortográficas e gramáticais e despois prácticas sobre as mesmas. Recoméndanse libros e tamén se emprega a lectura como medio de aprendizaxe. Ademais das prácticas realizadas nas clases, hai que ter en conta a Biblioteca Escolar, a cal ademais de ser un centro de recursos para o proceso de ensino-aprendizaxe, fomenta o gusto pola lectura, habendo un número considerable de alumnado de Primaria que fai uso contínuo do sevicio de préstamo, que pregunta por libros de información relacionados coas súas curiosidades, que acude a ler ao rincón de prensa, que entra no blog para acceder a xogos educativos nos que prima a lectura, para realizar algún comentario ou para ler os feitos polos demais,...


b) Identificación de logros e dificultades: Considérase un logro o interés que se consigue en varios rapaces e rapazas pola lectura, tanto de forma lúdica como sendo esta un recurso para a búsqueda e aprendizaxe das súas curiosidades. En canto á lectura en sí mesma, trabállase bastante con ela, conseguindo a súa aprendizaxe sen dificultades na maioría dos casos. Podemos falar dunha boa fluidez e no caso dunha lectura para os demais, dunha correcta entonación. En canto á comprensión a situación é máis diversa. Percíbese a miúdo unha falta de iniciativa persoal e de esforzo por parte do alumnado, esperando que se lle dean as cousas xa “masticadas”, o cal leva en moitos casos a unha lectura superficial, sen prestar a debida atención. No que respecta á escritura atopamos algo máis de dificultades, que abarcan desde a unificación e fragmentación incorrecta de palabras nos máis pequenos ata os contínuos erros ortográficos e de expresión nos maiores. Outra dificultade que se atopa é a da realización, en varios casos, dunha aprendizaxe memorística, no canto dunha aprendizaxe significativa, que dá lugar a non ser capaces de pór en práctica os coñecementos, senón a limitarse á súa reproducción.

c) Análise das metodoloxías empregadas: Realizamos a análise ao longo dos ciclos, pois as metodoloxías van cambiando en función da idade do alumnado e dos mestres que imparten as clases. Na Educación Infantil emprégase un método mixto, cun enfoque constructivista. No primeiro ciclo de Educación Primaria, emprégase unha metodoloxía globalizada, onde se traballa con diferentes centros de interés para intentar captar a atención dos nenos e nenas, adicando tódolos días un tempo á lectura e seleccionando os textos traballados. No segundo ciclo mézclase unha metodoloxía tradicional, onde as áreas están separadas e o mestre presenta os coñecementos, cunha metodoloxía máis activa na que o alumnado ten que chegar a eles partindo dos seus coñecementos previos e entrelazando


ás veces os contidos de diferentes materias, nunhas ocasións de forma individual e outras mediante o traballo en grupo. Emprégase tanto o libro de texto coma outro tipo de recursos. No terceiro ciclo ensínase cunha metodoloxía máis tradicional, onde os contidos parten do mestre e dos libros de texto maioritariamente, empregando a memorización como método de aprendizaxe en varias ocasións. O alumnado realiza as tarefas principalmente de forma individual, si ben algunha vez traballan en equipo e con outros recursos.

d.

Recursos materiais e humanos. Biblioteca Escolar: •

A Biblioteca Escolar: É un espazo situado preto da entrada do colexio e accesible para todo o mundo. Conta con diferentes rincóns: para exposicións, lectura informal, lectura formal, prensa, búsqueda de información, audiovisuais, informático, de xogos, para a realización de actos e a zona de xestión. Dispón dun horario semanal para o seu uso dentro do proceso de ensino-aprendizaxe para as diferentes clases, así como tamén está aberta durante os recreos, tempo no que se realizan os préstamos de fondos, e polas tardes en horario de actividades extraescolares. A Biblioteca é quen xestiona todos os fondos catalogables do centro, aínda que actualmente aínda queda material por rexistrar.

A Biblioteca de aula: xestionada polo mestre de cada aula, nela pódense ter fondos da Biblioteca Escolar durante o tempo que cada quen considere necesario.

Materiais: Para o fomento do Plan Lector contamos con diferentes tipos de materiais: * Impresos: Libros de texto, de lecturas, de literatura infantil, de información, revistas e xornais, diccionarios, murais, atlas,... * Audiovisuais: Cds, Dvds e vídeos de diferentes temas. * Multimedia: cd-roms e recursos educativos en internet. * Xogos educativos variados. * Material funxible para a realización de actividades.


O profesorado: As mestras e mestres do centro son o eixe principal da aprendizaxe da lectura en todos os seus aspectos: o ensino da lecto-escritura e o emprego desta como fonte de comunicación, de coñecemento, de lecer, de expresión,..., labor que se vai desenrolando no seu facer diario. Ademais disto, existen diferentes Equipos docentes que axudan a un mellor desenvolvemento da linguaxe mediante a realización de actividades que moitas veces implican o emprego da lingua escrita como medio de coñecemento, de búsqueda e procesamento de información, de lecer,... Son o Equipo de Biblioteca, os de ciclo, o de Normalización Lingüística, o de Actividades extraescolares e complementarias e o das Tic.

As familias: A colaboración coas familias axuda a mellorar en gran medida o rendemento do alumnado. O contacto con elas realízase maioritariamente a través da titora ou titor do neno ou nena. Tamén se conta cunha ANPA que colabora na mellora da lectura a través da oferta de actividades relacionadas con este aspecto.

Outros recursos humanos: diferentes persoas, asociacións ou organismos que sin formar parte do centro nos propoñen a realización de actividades que axudan a fomentar a lectura.

e) Necesidades de Formación do profesorado neste ámbito: Analizando a nosa labor docente, estes son os puntos que se consideran primordiais por parte do profesorado, como necesidades de formación neste ámbito: •

Coñecemento de estratexias metodolóxicas para un mellor ensino da lectoescritura e para lograr unha boa motivación por parte do alumnado.

Dinamización da lectura.

Como traballar por proxectos.

Mellora no uso das Novas Tecnoloxías.


2. OBXECTIVOS. FUNDAMENTOS. ORGANIZACIÓN. a) Obxectivos: •

Crear e consolidar hábitos de lectura.

Conseguir unha lectura comprensiva de todo tipo de textos, en calquera soporte e con toda clase de finalidades (lúdicas ou de aprendizaxe)

Incentivar o interés pola creación de textos, coñecendo a súa estructura propia e buscando a creatividade.

Fomentar a búsqueda de información, o procesamento desta e o seu uso crítico.

Empregar a lectura, a escritura e a búsqueda de información como disfrute e realización persoal.

Adquirir responsabilidades no coidado e manexo dos fondos.

Apoiar a adquisición das competencias básicas.

b) Fundamentos. Metodoloxías máis axeitadas. •

Este proxecto está elaborado coa participación de todo o profesorado a través dos Equipos de Ciclo. É importante o coñecemento do mesmo e a implicación de tódolos mestres. Revisarase tódolos anos a inicios de curso baseándose na avaliación feita a finais do curso anterior.

Tendo en conta este proxecto elaborarase un Plan Anual de Lectura, incluíndoo na Programación Xeral Anual. Entre outros aspectos debe recoller os obxectivos, a organización de espazos e tempos para a lectura, as actividades programadas e temporizadas, os recursos humanos que interveñen nestas, o plan de actuacións da Biblioteca Escolar, e a avaliación.

Os diferentes Equipos docentes que hai no centro deberán ter en conta os obxectivos deste proxecto, pois a maior parte das actividades planificadas axudan a contribuir á consecución dos obxectivos propostos.

Existe un Equipo de Biblioteca Escolar que se encarga da xestión dos recursos e da dinamización da biblioteca en sí mesma, facendo desta un lugar agradable e atractivo.


O mestre debe ser un guía e mediador na adquisición das aprendizaxes, permitindo a participación activa do alumnado, axudando así a que este desenvolva a súa autonomía e iniciativa persoal e a que se dea conta da importancia da lectura, escritura e búsqueda de información na vida real.

É importante a coordinación do mestre-titor co resto do profesorado, ben de forma individual por impartir algunha área na súa titoría, como de forma colectiva mediante a súa participación dentro dos equipos constituidos no centro: Ciclos, Normalización Lingüística, Actividades complementarias e extraescolares, Biblioteca Escolar e Tic.

Tamén é importante achegarse ás familias involucrando a estas, na medida do posible, na educación dos seus fillos en canto á adquisición de aprendizaxes e competencias básicas.

A lectura debe ser traballada en tódalas áreas do currículo, ensinando e reforzando diferentes estratexias de comprensión lectora con textos adaptados á idade e nivel do alumnado, empregando diferentes formatos (narracións, poesía, textos informativos, mapas, planos, gráficos, fotografías,...) e distintos soportes (material impreso, audiovisual, multimedia,...)

Búscase promover unha aprendizaxe significativa mediante a programación de proxectos e actividades, nos cales partindo dos coñecementos e curiosidades do alumnado se traballen os seguintes aspectos: - Os obxectivos curriculares, integrándoos en situacións contextualizadas e da vida real. - A participación activa do alumnado, aprendendo a planificar e tomar decisións sobre o traballo a realizar, así como valorando a colaboración e o traballo en equipo. - A posibilidade dun ensino que permita unha individualización atendendo ás diferentes capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe. - A importancia da comprensión lectora para a adquisición de coñecementos. - A aprendizaxe de habilidades para a búsqueda, selección, procesamento e comunicación da información.


c) Organización - Tempo: •

As áreas están divididas en sesións de 50 minutos cada unha. A pesar disto convén ser flexible, na medida do posible, para poder realizar actividades que permitan enriquecer a labor docente e contribuir á adquisición das competencias básicas.

Existe unha sesión de 25 minutos diarios, despois do tempo de lecer, adicada á “Hora de ler”, integrada dentro do horario lectivo.

Tódolos grupos-clase contan cunha sesión semanal reservada para o uso da Biblioteca Escolar e outra para a aula de informática.

A Biblioteca Escolar está aberta para o uso do alumnado que o desexe durante os 25 minutos de recreo, podendo facer uso dos seus espazos e do servizo de préstamo e tamén polas tardes, en horario extraescolar, de 16.00 a 18.00 horas. - Espazo:

O espazo principal para desenvolver o proxecto lector é a aula, que se poderá organizar da maneira máis axeitada segundo as actividades que se pretendan realizar.

Tamén se conta coa aula de Informática e a Biblioteca Escolar, dependencias ás que se pode asistir cando se considere necesario tendo en conta os horarios asignados a outras clases.

A Biblioteca Escolar conta con diferentes espazos que, xunto aos recursos que posúe, axuda a fomentar e compartir a lectura, a crear curiosidades e a compensar desigualdades entre o alumnado.

Tamén se debe contar con outros espazos externos ao centro: zonas exteriores, a biblioteca municipal, salas de exposicións, a área panorámica, como lugares que tamén se poden ter en conta para fomentar a lectura e o interese pola escritura de textos ou incentivar a búsqueda de información creando curiosidades.


3. ACTIVIDADES MARCO a. Comprensión lectora: •

A lectura ten que estar presente en tódalas áreas curriculares.

Traballar a lectura de todo tipo de textos e con diferentes soportes.

Empregar textos adaptados ao nivel lector do alumnado e ós seus intereses.

Programar diferentes tarefas relacionadas co texto escollido, profundizando máis na súa estructura, vocabulario, ideas principais, entonación, opinións persoais,...

Traballar a composición ou modificación de textos de todo tipo e a lectura dos mesmos aos compañeiros.

b) Fomento da lectura: •

Desenrolo dun plan de actuacións da biblioteca escolar.

Apertura da biblioteca durante o tempo de lecer e en horario de actividades extraescolares.

Realización de préstamos desde a biblioteca escolar a todo o alumnado de educación primaria que o desexe durante o tempo de recreo.

Contar con bibliotecas de aula e/ou recunchos na aula para a lectura.

Levar a cabo a “Hora de ler” en tódolos cursos: 25 minutos diarios adicados exclusivamente á lectura.

En educación Infantil farase tamén “O momento do conto”, léndolle libros ao alumnado.

Realización de lecturas de textos en voz alta aos compañeiros, a outro alumnado, dramatizando,....

Realizar campañas de animación a lectura contando coa presencia de contacontos, escritores, ilustradores,...

Asistencia a actos realizados por outras entidades (p.ex. Concello) nos que se fomente a lectura.

Implicar ás familias mediante actividades como a mochila e/ou o conto viaxeiros.


c) Educación documental: •

Formar usuarios da biblioteca, de xeito que o alumnado saiba onde atopar os fondos relacionados con cada tema.

Levar a cabo nas clases proxectos que impliquen a búsqueda de información.

Crear curiosidades nos rapaces para incentivar a investigación.

Promover o emprego de diferentes recursos para a búsqueda de información, intentando escoller o máis axeitado segundo o interrogante que se plantexa.

Propoñer actividades que axuden a atopar as ideas principais e a organizalas.

Realizar exposicións cos traballos realizados polo alumnado.

4. AVALIACIÓN. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. O proxecto lector é un documento a medio prazo, que non precisa facerse tódolos anos. A súa elaboración en sí mesma xa foi un momento de reflexión sobre as prácticas docentes e a necesidade de adecuar as metodoloxías á adquisición das competencias básicas. Para analizar os seus resultados preséntanse aquí dous tipos de avaliación, unha destinada ao profesorado e outra ao alumnado. A primeira pretende facer unha análise do tipo de actividades que se están a levar a cabo para que o alumnado poda adquirir os obxectivos marcados neste proxecto. Pódese realizar na reunión de Equipos de ciclo a finais de cada curso coa finalidade de que o profesorado recorde os fundamentos, organización e metodoloxías máis adecuadas para a aprendizaxe dunha lectura comprensiva e útil como instrumento de aprendizaxe. Nela, a palabra “texto” fai referencia á información contida en calquera tipo de formato ou soporte, xa se trate de material impreso, fondos audiovisuais, multimedia, de textos en sí mesmos, gráficos, imaxes, mapas,.... A segunda é unha enquisa para realizarlle ao alumnado de Educación Primaria e poder ver se os obxectivos plantexados neste proxecto se van adquirindo na maior parte do alumnado e a situación da que partimos inicialmente, no que respecta á lectura, escritura e búsqueda de información, mellora. Está pensada para facela a finais de curso, pero tamén é aconsellable facela ao comezo da posta en práctica deste proxecto, para poder ver os progresos, no caso de que os haxa.


a) Para o profesorado: CRITERIOS DE AVALIACIÓN: * En canto á comprensión lectora

Cúmprense: SI

En parte

A lectura está presente en tódalas áreas curriculares. Trabállase a lectura de todo tipo de textos. Trabállase a lectura con diferentes soportes. Empréganse textos adaptados ao nivel lector do alumnado. Empréganse textos que teñen en conta ós intereses do alumnado. Trabállanse antes os coñecementos previos relacionados co tema. Realízanse tarefas de análise do vocabulario e tipos de palabras do texto. Realízanse tarefas relacionadas coa estructura do texto. Trabállase a búsqueda e comprensión das ideas principais do texto. Trabállase unha correcta lectura do texto (puntuación, entonación,...) Poténciase a expresión de ideas persoais relacionadas co texto. Trabállase a composición de diferentes tipos de textos.

NON


* En canto ao fomento da lectura

SI

En parte

Existe un Equipo de Biblioteca Escolar. Lévase a cabo un plan de actuacións da biblioteca Escolar. A biblioteca está aberta en horario extraescolar. O alumnado asiste á biblioteca frecuentemente. O préstamo de fondos é significativo. Existen bibliotecas na aula e recunchos para a lectura. A “Hora de ler” axuda a aumentar o interés pola lectura. Conséguese que o alumnado de Infantil disfrute co “Momento do conto” Realízanse lecturas e dramatizacións en voz alta na clase. Lévanse a cabo lecturas e dramatizacións para outros compañeiros. Cóntase coa presencia de contacontos, escritores, ilustradores,... A presencia destes emprégase para fomentar e traballar a lectura. Asístese a actos fóra do centro, relacionándoos co fomento da lectura. Implícase ás familias na creación de lectores. As familias implícanse, dentro do posible, en que os rapaces lean.

NON


* En canto á educación documental

SI

En parte

Realízanse actividades destinadas a formar usuarios da Biblioteca. O alumnado coñece onde se sitúan os diferentes fondos na Biblioteca. Adecúase a metodoloxía a unha aprendizaxe activa do alumnado. Foméntase a curiosidade nos rapaces para incentivar a investigación. Lévanse a cabo proxectos que implican a búsqueda de información. Trabállase o emprego de diferentes recursos para buscar información. Realízanse actividades que axudan a atopar as ideas principais. Ensínase a traballar coa organización da información. Preséntase a información en forma de traballos, murais,... Realízanse exposicións cos traballos realizados polo alumnado.

NON


b) Para o alumnado 1. Cantos libros dirías que liches neste curso? ___ Menos de un ao mes.

___ Un por semana.

___ Un ou dous por mes.

___ Máis de un por semana.

2. Con que frecuencia soes ler voluntariamente fóra do colexio? ___ Tódolos días.

___ Algunha vez.

___ A miúdo.

___ Non leo fóra do colexio.

3. Como cres que les? ___ Perfectamente.

___ Podo ler rápido, pero non me entero do que leo.

___ Despacio, pero comprendo todo.

___ Cóstame moito, teño problemas coa lectura.

3. Que tipo de lecturas che gustan? (podes marcar varias opcións) ___ Libros de narrativa

___ Poesías

___ Cómics

___ Revistas.

___ Xornais.

___ Libros de información.

___ Libros de teatro

___ Outros: (recetas, cancións, normas de xogos,....)

............................................................................................................................................. 4. Que opinas da “Hora de ler”? ___ Gústame e disfrútoa.

___ Non me gusta. Prefería que non a houbese.

___ Dáme igual. 5. Soes ir á biblioteca durante os recreos? ___ Si, gústame.

___ Non.

___ Ás veces. 6. Vas á biblioteca polas tardes? ___ Sí, moitas veces.

___ Algunhas veces

___ Non.

___ Só cando quedo no comedor ou vou a actividades. 7. Cando vas á biblioteca, qué soes facer normalmente?(podes marcar varias opcións) ___ Estar nos ordenadores.

___ Ler revistas.

___ Xogar con xogos de mesa.

___ Coller fondos en préstamo.

___ Ler libros.

___ Buscar información.

___ Facer traballos ou deberes.

___ Visitar as exposicións.


8. Coñeces as normas da biblioteca? ___ Sí e sempre as cumpro.

___ Sí, pero cóstame cumprilas.

___ Non, non as coñezo. 9. Sabes como atopar un libro de información na Biblioteca? ___ Sí

___ Non, non sei.

___ Si, pero cóstame atopalos. 10. Cando tes unha curiosidade, intentas resolvela buscando a información? ___ Sí

___ Non

___ Só se teño moito interés. 12. Que recursos empregas para buscar información?(podes marcar varias opcións) ___ Pregunto a outras persoas

___ Internet.

___ Dicionario ou enciclopedia

___ Libros de información

___ Vídeos.

___ Cd-roms ou programas de ordenador.

___ Outros: (xornais,folletos,TV,..).................................................................................... 12. Se buscas unha información, ¿quédaste co primeiro que atopas? ___ Sí, era o que buscaba.

___ Non, intento atopalo noutro lugar para asegurarme.

___ Nunca busco información. 13. Se fas un traballo sobre un tema... ___ Copio o que atopei.

___ Selecciono o máis importante e cópioo.

___ Nunca fixen un traballo.

___ Selecciono o importante e organízoo de novo.

14. Gústache escribir? ___ Non.

___ Nin me gusta nin me disgusta.

___ Sí. 15. Que soes escribir voluntariamente?(podes marcar varias opcións) ___ O que necesito.

___ Nunca escribo voluntariamente

___ Gústame copiar textos, como:

___ Gústame inventar textos, como:

............................................................

................................................................

............................................................

.................................................................


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.