LECTURA DA MÁQUINA DE GOLBERG

Page 1

A MÁQUINA DE GOLDBERG As máquinas de Goldberg chámanse así en honra ao seu creador, un enxeñeiro, inventor e debuxante norteamericano da vella escola: Rube Goldberg (1883-1970).

Unha máquina de Goldberg está composta por unha serie de mecanismos de transmisión de movemento en cadea, que realiza unha tarefa específica da maneira máis complicada e divertida posible.

Para construír unha máquina de

Goldberg ademais de implementar os

diferentes mecanismos de transmisión de movemento pódense utilizar materiais de uso cotián ou reciclados, as máquinas deben contar unha historia e o máis importante de todo deben facer rir.

Durante o proceso de deseño e construción dunha máquina de

Goldberg

incorpóranse elementos de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas ademais da parte de Deseño e Arte.


RETO STEAM: O obxectivo principal é deseñar e contruir unha máquina de Goldberg empregando distintos materiais e conseguir como acción final regar unha planta. 

Duración: O tempo de funcionamento da máquina debe ser mínimo 20

segundos e máximo 1 minuto de inicio a fin. 

Dimensións: A máquina debe ter unha lonxitude polo menos de 1 metro.

PASOS: 1.

Reunir os materiais

2.

Xogar cos materiais: combina os materiais para formar reaccións en cadea.

Mentres traballas, mantén un rexistro das combinacións que funcionaron. 3.

Crear un plan de construción. As máquinas de Rube Goldberg completan

unha tarefa sinxela cunha reacción en cadea complexa. Ao deseñar a túa máquina, ten en conta que é útil empezar co último paso e ir retrocedendo ata chegar ao primeiro. Podedes crear un plan de construción facendo unha lista dos pasos ou debuxar a máquina (Boceto) 4.

Construir un prototipo. No voso espazo de traballo coas notas e o plan de

construción. Construide rapidamente un prototipo da vosa máquina de

Rube

Goldberg. Esta versión da máquina non ten que ser perfecta. Construiredes o produto final despois de probalo. Se cometedes un erro, non vos alarmedes. Revisar as notas e probade a combinar os materiais dunha maneira diferente. 5.

Probar e revisar a máquina:

Que pasos funcionan?

Que pasos evitan que a máquina funcione?

A tarefa é realizable?

6.

Construir o produto final e probalo repetidamente: Unha proba é exitosa se

a máquina opera por si mesma. Proba e modifica a máquina ata que complete a tarefa un par de veces seguidas.


MATERIAIS: Embudes Globos Dominó Legos Botellas Canicas Lana Coches Táboas de madeira rolos de papel hixiénico CD´s ventiladores tubos anacos de mangueira cinta adhesiva imáns; cordas vasos balanzas gomas caixas paus depresores reglas...


A MÁQUINA DE GOLDBERG

O seu creador foi Rube Goldberg (1883-1970), un enxeñeiro,

inventor e debuxante norteamericano.

Unha máquina de Goldberg está composta por uns mecanismos

que se moven en cadea, que realiza unha tarefa simple da maneira

máis complicada e divertida posible.


Para construír unha máquina de Goldberg podemos utilizar

materiais de uso cotián ou reciclados, as máquinas deben contar

unha historia e o máis importante de todo deben facer rir.

No deseño e construción dunha máquina de Goldberg incorpóranse

elementos de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas

ademais da parte de Deseño e Arte.


RETO STEAM:

O obxectivo principal é deseñar e construír unha máquina de Goldberg

con distintos materiais para regar unha planta.

Duración de funcionamento da máquina debe ser mínimo 20

segundos e máximo 1 minuto de inicio a fin.

TEMPO MÍNIMO

TEMPO MÁXIMO

A máquina terá unha lonxitude como mínimo de 1 metro.

1METRO = 100 CENTÍMETROS

100 CENTÍMETROS


PASOS:

1. Reunir os materiais

2. Xogar cos materiais:

ANOTA O QUE PODE FUNCIONAR

3. Crear un plan de construción. É útil empezar co último paso

e ir retrocedendo ata chegar ao primeiro. Podedes facer unha

lista dos pasos ou debuxar os pasos (Boceto).


4. Construir un prototipo e probalo.

5. Probar e revisar a máquina:  Que pasos funcionan?  Que pasos evitan que a máquina

funcione?  A tarefa é realizable?

6. Construir o produto final e probalo repetidamente.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.