Voz natura'12

Page 1

CANCIÓNS “O rap do eucalipto” de Migallas Ao oeste da Galicia foi onde aterrei, entre toxos e carballos logo prosperei. Das fontiñas e dos ríos tiven que beber, pero pronto se secaron, que lle imos facer? Ah, ah, ja, ja, ei…. Espantei todos os bichos co meu forte olor, e sequei todas as plantas que estaban ao meu redor…. Sitios na web: Contos :  “El árbol del matorral” http://youtu.be/DtdhalrxmBA  “El árbol que no tenía hojas” http://youtu.be/B0oysk5y_fk  “ Un árbol como tú” http://youtu.be/omRmMv0DsNI  “Cuidemos los árboles” http://youtu.be/xFlosXak4-s  “Nuestros árboles” la historia de un roble contada por él mismo    

http://youtu.be/hzdlnJwalYs

Video día del árbolhttp://youtu.be/LmszVPatIDQ “O carballo con botas” “ A castañeira” “La llamada de los gnomos”  “ El pequeño abeto”.


Escola de Areas.


EN AREAS TRABALLAMOS O PROXECTO:

AS NOSAS AMIGAS AS ÁRBORES

O contacto co tema da auga foi nunha Asamblea a partir dunha exposición de ideas, onde cada un de nós dixemos cousas que sabíamos das ÁRBORES:


Despois recollemos do mesmo xeito o que realmente queríamos saber:

Pedimos axuda ós pais para que trouxeran o aula todo tipo de materiais dos que pudiésemos obter información relacionada co tema e tamén buscamos na aula e na rede.


Comezamos a investigar e a experimentar sobre: -Que son as árbores. -Cales son as súas partes. -Onde se atopan. -Como se chaman as árbores do patio. -Outras árbores comúns da contorna. -As súas propiedades e características. -A importancia das árbores na natureza. -Consellos para coidar os bosques.

AS ÁRBORES DO NOSO PATIO NESPEREIRO


PRADAIRO Estudiamos as árbores do noso patio a partir da observación directa: como eran, que tipo de follas tiñan, seres lle caían ou non, se tiñan flores e froitos… Rematamos facendo distintos debuxos:

Estudiamos tamén distintas árbores presentes na nosa contorna inmediata:


Con toda a

información que fomos obtendo elaboramos un MURAL.

Eu creo que unha das actividades que máis motivou os nenos e nenas foi A MALETA VIAXEIRA. Esta actividade pretende afondar na estreita colaboración entre familia e escola. Cada semana será unha familia a encargada da maleta. Unha maleta que contén dúas carpetas unha para continuar un conto relacionado cunha árbore á que lle van ocorrendo distintos sucesos e outra na que fan un estudio das árbores que hai nas súas casas-

Traballamos tamen co motivo do día da paz o conto Wangari e as árbores da PAZ.


A partires das experiencias fomos descubrindo as distintas características, necesidades e coidados das árbores e plantamos dúas no noso patio: un carballo e un castiñeiro.

Fixemos unha maqueta onde se ven as diferentes fases polas que pasan as árbores ó longo das estacións.


Aproveitamos o tema das ĂĄrbores de fĂ­o conductor no noso festival de Nadal. TamĂŠn coa axuda dos pais traballos no patio da escola plantando novas plantas e recordando os coidados, que deben ter para que crezan bonitas.


Tamén fixemos outras manualidades que xiran en relación ás arbores


As nosas coclusi贸ns:


Escola de Ganade.

De acordo co proxecto desenvolvido nas escolas do CRA, durante o pasado curso, no que traballamos, sobre a importancia e o consumo responsable da auga, como un ben natural. Este ano desenvolvimos na Escola de Ganade, o proxecto das árbores, que enlazado co anterior, nos dá unha ampla visión da indispensable despensa que nos dá a natureza, para a nosa supervivencia, e sobre todo a importancia da súa conservación estreitamente ligada a nosa existencia. Na escola de Ganade, desenvolvimos o programa do seguinte xeito:  Estudamos con material elaborado na categoría de fichas, todas aquelas calidades que sinalan as árbores como seres vivos. Elaboramos unha ficha técnica de cada especie sometida a estudo,


onde recolliamos todos os aspectos salientablese con eles elaboramos un dossier, titulado:” O libro das árbores”

 Realizáronse diferentes manualidades, empregando como materiais os froitos das árbores, coma os ratiños de casca de noz

Un bonsai de castiñeiro, con barro, plastilina, cola blanca…

Monstruos con ourizos de castañas, plastilina e fieltro de cores…

Pulseira de froitas de eucalipto:


Adornos con follas de acivro para o seto de Nadal

 Murais da estación de outono, tomando como modelo a árbore do patio.

 Outras actividades relacionadas coa rega, a terra e o coidado da natureza, no noso xardín:

 Outras actividades, en colaboración coa comunidade educativa, para intercambiar ou dar información, das árbores:

VALORACIÓN. As actividades propostas desenvolveronse con normalidade, resultaron atractivas para os nenos e motivadoras. Foron participando todos eles nos momentos creados para o desenvolvemento do proxecto, ademais da colaboración de toda a comunidade educativa.


Escola de Moreira.










Escola de Ribadetea

Para iniciar o proxecto sobre as árbores iniciamos un diálogo na Asamblea na que esbozamos o traballo a realizar para acadar os obxectivos establecidos no proxecto. A continuación: 

Seleccionamos libros relacionados co tema.

Buscamos información na Internet.

Visitamos a fraga próxima á escola.


O traballo comezou xa desde principio de curso pero as actividades máis salientables e que máis lles gustaron ós nenos son entre outras:

Árbore do día da paz.

Que mural tan bonito pintado na parede da aula.


Pedimos axuda as familias para traballar a semana da prensa, xuntos

seleccionamos as noticias sobre as árbores e voz natura.

 Traballamos a árbore que cada neno/a ten no patio ou xardín da súa casa.


 Debuxamos as árbores, co nome das distintas escolas para a portada da revista escolar.

 A árbore das estacións.


 Aprendemos moitas cousas do Carballo .

Mirade que bonito está o que temos no patio da escola!!!!.

 Fixemos un mural do Carballo


Investigamos sobre distintas árbores, especialmente, sobre o carballo, xa que temos dous fermosos exemplares no patio.

A información que obtivemos plasmámola no mural da aula tendo en conta a participación de todos os nenos e nenas a utilización de distintas técnicas plásticas.

Fixemos un conto sobre unha árbore do patio:


 Estudamos algunhas årbores de froitas. E probamos moitas.


 Realizamos traballos, empregando diferentes técnicas plásticas, facendo equipos de traballo.

 Traballamos na horta do cole. Queredes ver o que fixemos?

Estes son exemplos das fichas que fixemos:



Escola de Portela.














Escola de Parada.


Comezamos a realización do proxecto das árbores, a través dun dos xogos que desenvolvían, no mes de setembro, os nen@s no patio a hora do recreo, xogaban as casiñas e para elo utilizaban as follas dunha árbore que está pegada a valla da escola, esta árbore é un castiñeiro.

A partir de aí comezamos a falar, na asamblea, das árbores que eles coñecen, as que teñen nas súas fincas, ou preto das súas casas, e do seu coidado e conservación. E como na escola non tiñamos ningunha árbore, decidimos plantar dúas; polas características da escola e do seu patio, tivémolas que plantar en macetas, que agora adornan a entrada da aula, e que coidamos diariamente entre todos.

Fixemos unha selección de árbores para o seu estudo; o castiñeiro, o acivro, o piñeiro, o eucalipto, o carballo, a sobreira, a laranxeira e o limoeiro.


Coñecemos estas árbores a través das súas diferencias; colores, olores, tamaños e formas das súas follas. Para que nos resultase máis sinxelo, pedimos axuda ás familias, para que nos trouxeran follas destas árbores e facer así o estudo dentro da aula, con todas as follas xuntas.

Comezamos a observar as diferencias nos olores das distintas árbores, sobre todo, nas que tiñan un arrecendo máis característico, o eucalipto, o piñeiro ou o limoeiro.


E a continuación, observamos as diferenzas nos colores, formas e tamaños; as que máis chamaron a atención, foron as follas do acivro e do piñeiro pola súa forma, en canto aos colores, a laranxeira e o limoeiro e con respecto ao tamaño os eucaliptos e a sobreira, da que aproveitamos para coñecer a característica principal desta árbore, a súa cortiza ca que se elaboran as corcheiras que acotío vén nas súas casas e na parede da aula.


Con todo este material, aproveitamos a ocasión para elaborar un colorido herbario. O primeiro que fixemos foi secar as follas das árbores, cada nen@ gardou as súas follas nunha carpeta, e deixámolas dous meses nas carpetas cun peso por riba.


Ao longo dos dous meses fomos observando o proceso de secado das follas. Cando xa estiveron listas, preparamos o soporte onde pegar as follas, con cartolinas e pintura de dedos. Co cal aproveitamos para traballar as cores, e as súas gamas e distintas calidades de cores en función da árbore e estación. O seguinte paso foi a identificación de cada folla, escribir o seu nome e relacionar ca súa cor.

E este foi o resultado final do herbario:



Escola de PĂ­as.

Dacordo co proxecto, tratamos de implicar aos nosos alumnos, na tarefa de coidar e respectar a nosa contorna,


coidando as árbores. Á vez que coñecen diferentes tipos das mesmas. Así propuxemonos unha serie de oxbectivos:  Identificar as funcións vitais dos seres vivos.  Descubrir como cambian as árbores ao longo do ano.  Observar cales son as especies que nos rodean e as suas características. Como actividades ademais de coñecer diferentes árbores fixemos plasmación plástica cos recursos que elas mesmas nos ofrecen. Así por exemplo co castiñeiro usando castañas fixemos uns bonecos


Co acivro fixemos un bonsai:


Co pi単eiro fixemos ourizos:


Co carballo fixemos vacas:



Valoracion: As actividades realizadas resultaron moi positivas xa que os nenos implicaronse moito e desfrutaron moito co resultado das actividades. Aprendemos moitas cousas sobre as รกrbores da contorna.


NO NADAL


No festival de Nadal fixemos unha representación, dunha obra original, escrita polo claustro de mestres do CRA, onde o fío condutor da historia, era a conversa dunha árbore cunha nena, que tiña moitas dúbidas acerca do coidado, a utilidade das árbores, e sobre todo non era conocedora das queixas das árbores, co trato das persoas.

AS ÁRBORES BORREGAN: QUEREMOS UN MUNDO MELLOR

NARRADOR: Nun lugar moi aló onde os homes aínda non deron chegado reuníronse unha delegación de árbores cos nenos e nenas das aulas do CRA A PICARAÑA para facer unha chamada de SOCORROOOOOOOOOOOO . Esta é a conversa que mantiveron unha árbore e mais unha nena que alí estaban. ÁRBORES: No mundo de hoxe as árbores morren e os culpables sodes vós. NENA: nós, pero que dis, penso que falas sen saber, os nenos e nenas das parroquias de Ponteareas, estamos a facer moitas cousas para coidar as árbores. ÁRBORES: Bueno pero vós alí non mirades o que fan outros, eh! todos temos que achegar o noso gran de area para salvar o planeta, mira que si morre…. NENA: Pero…, que queixas tedes?

ÁRBORE: A seca que padecemos non e casualidade, somos as árbores as que coas nosas polas e follas atrapamos as gotas de vapor das nubes e facemos chover. NARRADOR: Ás arbores berraban dende dentro :- AUGA A TERRAAAA ÄRBORE: Ademais, mira que poucas árbores quedan no monte, son os homes… eles van de visita ao monte, fan os seus lumes e esquecen apagar ben os rescoldos, eso trae os incendios. NARRADOR: As árbores berraban: NON QUEREMOS ARDER… NENA: Mira e fíxate ben os nenos e nenas de parada entenden o importante que e a auga e así lle cantan .

Y LLOVERÁ HA DICHO EL HOMBRE DEL TIEMPO QUE MAÑANA VA A LLOVER YO ME PONDRÉ EL CHUVASQUERO Y EL PARAGÜAS COGERÉ UNAS BOTITAS DE GOMA PARA NO MOJARME LOS PIES Y PARA SALTAR LOS CHARCOS QUE LA LLUVIA HA DE HACER Y LLOVERÁ Y LLOVERÁ Y LLOVERÁ


Y YO VERÉ Y YO VERÉ Y YO VERÉ LAS GOTAS CAER. Y LLOVERÁ Y LLOVERÁ Y LLOVERÁ….. ÁRBORE: Somos vivendas, as árbores, sí…. as casas de moitos animais están nos nosos troncos e nas nosas polas, penduradas. Non as taledes, onde irían vivir os paxaros. NENA: e pensas que non o sabemos mira como cantan e bailan estos nenos da Escola de Pías que van de paxariños, que triste sería o mundo sen o seu canto. ARBORE: aí veñen cunha peza de:

ALBIN Y LAS ARDILLAS.

ÁRBORE: As árbores somos os pulmóns da terra, non podedes vivir sen nós. Nós facemos que o voso aire, sí…. ese que respirades, sexa san e non quededes sen el. NARRADOR: MENOS CONTAMINACIÓNNNNNNN. ÁRBORE: Os coches nos que ides dun lado para outro, contaminan e non sabedes canto….. deixadesnos ás árbores aniquiladas, eh! cos seus gases, non podemos respirar. Mirade estes nenos e nenas de AREAS, adoran os coches e bailan con eles unha canción, que ruido Mira, agora escoita e mira ti eles bailan a banda sonora da pelicula

GREASE.

ÁRBORE: E non mirastes canto lixo, moitos aínda non sabedes reciclar , tedes moitos contenedores e non sabedes para que valen. Si,si … hai que limpar, colaborar, mimar a natureza, a terra, ao noso planeta cómprenlle coidados hai que mirar del. NENA: Que rosmona es eh.., parece que non escoitas, ou non queres escoltar eh!... Mira os nenos e nenas de Ribadetea dino ben claro nesta actuación de Nadal

O NADAL No Nadal chega o inverno E comeremos turrón Cantaremos panxoliñas


Estaremos de vacacións E faremos un boneco Cando neve mogollón Poñerémoslle bufanda E basoira de bastón. Imos cantando e bailando Cara o portal de Belén A ver aquel rapaciño Acabadiño de nacer No Nadal remata o ano Logo os reis magos viran Deixaranos regalos e moito imos xogar.

ÁRBORE: Non esquezades que as árbores tamén somos fonte de alimento para vós. Mirade senón os nenos de MOREIRA como lle adican este poema a unha pereira. Agora escoita e verás que sen árbores moi mal o habedes pasar.

POEMA A UNHA FIGUEIRA

ÁRBORE: Ademais moi pronto será o Nadal, de seguro que ides ter un fermosa árbore de Nadal chea de agasallos aos pes e á que lle cantaredes panxoliñas NARRADOR:. As árbores berraron: SERÁ ARTIFICIALLLLLLLLLLLL…, niguén talará unha árbore para cantarlleeeeeeeeeeeee. NENOS: Non home non, escoita esta dos nenos de PORTELA que a carón da súa árbore artificial ensaiaron esta panxoliña, que cantan hoxe para vós. NOITE DE PAZ Noche de paz, noche de amor, todo duerme alrededor, todo el mundo celebra con fe, a ese niño nacido en Belén, con canciones del corazón. Hoy ha nacido el amor. Noche de paz, noche de amor, todo duerme alrededor, y los ángeles quieren cantar, para no despertar al Señor. todo es paz y oscuridad, Hoy ha nacido el amor. Noche de paz, noche de amor, todo duerme alrededor, y los ángeles quieren cantar, para no despertar al Señor.


todo es paz y oscuridad, Hoy ha nacido el amor. Noche de paz, noche de amor, todo duerme alrededor, todo el mundo celebra con fe, a ese niño nacido en Belén, con canciones del corazón. Hoy a vencido el aaaaaaamoooor.

Aquela reunión rematou cunha chea de ideas que trouxemos a este festival. E todos xuntos ao rematar cantaron e bailaron ao compás. Este baile que tran os nenos de GANADE serviu para dar fin á xuntanza das árbores e os nenos e nas que alí se desenvolveu. Mirade que baile tan divertido tran para vós.

DANZA KUDURO

ÁRBORE: Non esquezades o mundo das árbores tamén é voso, xa sabemos que os nenos do CRA o facedes, pero levade esta mensaxe a todas as persoas do voso lugar coidade as árbores que elas cos seus pes presos no chan, non poden liscar cando algún destes problemas as quere asoballar. AXUDÁDENOS VÓS PODEDES FACER QUE O MUNDO NOS SAIBA ENTENDER.

O DÍA DA PAZ Nesta festividade traballamos o conto de “Wangari e as árbores da Paz”.

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS O vindeiro mes de maio celebraremos o Día das Letras Galegas e para este acontecemento invitamos a Anxo Moure “0 Carballo con Botas”, que desenvolverá un contacontos nunha das nosas escolas e o tema central deste acontecemento serán as árbores.

METODOLOXÍA As estratexias metodolóxicas para este proxecto, non son diferentes das que se concretan na programación xeral. O enfoque é global, cunha orientación de tipo constructivista. Compre destacar que, en concreto á hora de levar a cabo este proxecto, partimos de que a a aprendizaxe ten que ser


significativa, por iso partimos do propio neno, das súas experiencias, do que percibe a cotío,de como vai mergullándose aos poucos nas diferentes experiencias con materiais variados polas que vai coñecendo a contorna que o rodea, e cos traballos, que vai elaborando, para que poida interiorizar todas as conductas que favorecen o coidado, da contorna natural onde se desenvolve, e que o forman como consumidor. Respetamos ademais, os principios de actividade e participación, organizando a aula e os espazos, dándolle un claro enfoque lúdico, para que se sintan os protagonistas dunha aprendizaxede seu. Nós, os mestres temos papel de mediadores, seleccionamos e achegámos os materiais para traballar, amosamos o mellor xeito de traballar de modo seguro, para que poidan adquirir as destrezas e habilidades, para aprender a aprender, de xeito progresivo, independente e autónomo.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.