Rutina mindfullness!

Page 1

3º EP: “Tomás de Lemos” Curso 2015-2016

RUTINA MINDFULLNESS 1.

RELAXACIÓN: a. RESPIRACIÓN DE “ ABELLA” : ao entrar na aula, sentados no seu sitio, mentres os compañeiros e compañeiras tamén o fan, esperan poñendo en práctica esta respiración. Inspírase e tápanse as orellas coas mans; ao expirar, cos beizos xuntos, faise o son da letra “M” alargándoo todo o que dure a expiración, observando a vibración no cranio e como se relaxa a mente. b.

2.

RESPIRACIÓN EN GRUPO: cando todo o grupo esté sentado cóllense da man. Ao inspirar apretan lixeiramente a man dos compañeiros e ao expirar aflóxana. EXERCICIOS:

a. PESCOZO : I. II.

Subir e baixar a mirada movendo o pescozo. Inclinación de cabeza lateralmente deixando caer a orella no ombro (esquerda e dereita). III. Rodar a cabeza só por diante facendo unha circunferencia. IV. Xirar a cabeza á esquerda e á dereita. b. MANS : exercicios de ximnasia cerebral conectando así ambos hemisferios (video “Symbaloo”) 3. VISUALIZACIÓN “O MEU LUGAR SEGREDO” : ollos pechados, crearán un refuxio a onde viaxar para relaxarse. Deben imaxinarse felices e relaxados neste lugar segredo para poder facer a meditación. 4. MEDITACIÓN “O ASCENSOR” : deben imaxinar que dentro de cada un hai un ascensor persoal. Ao inspirar o ascensor sube á cabeza, abre a porta e colle os pensamentos. Coa expiración os pensamentos baixan no ascensor e saen ao exterior por el. QUEDAN 1 MINUTO EN BRANCO. 5. SON: céntranse na duración dun son que os trae de volta á aula.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.