pat2010-2011si

Page 1

Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL – CURSO 2010-2011

1.- INTRODUCCIÓN. 2 1.1.- TITORÍA. 2 1.2.- FUNCIÓNS DO MESTRE TITOR

3

2.- CRONOGRAMA DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL.

5

3.- EXPLICACIÓN DE ACTIVIDADES. 9 3.1.- REUNIÓN INICIAL DOS TITORES COS PAIS. 9 3.2.- AVALIACIÓN INICIAL. 10 3.3.- ANÁLISE DA ESTRUTURA SOCIAL DA AULA E TRABALLO DE NORMAS E RESPECTO ÁS DIFERENZAS. 12 3.3.1.- ESTRUTURA SOCIAL DA AULA. OS SOCIOGRAMAS. 12 3.3.2.- TRABALLO DE NORMAS E RESPECTO ÁS DIFERENZAS. 14 3.4.- MELLORA DAS HABILIDADES SOCIAIS. 17 4.- LEXISLACIÓN. 20

1


Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

1.- INTRODUCCIÓN. A labor do mestre titor non soamente consiste en impartir unha serie de asignaturas a un grupo de alumnos determinado (ver funcións no punto 1.2) senón que vai moito máis alá e ten que ver máis cunha figura que sirve de exemplo para eses alumnos e lles facilita ferramentas para poder desenvolverse social e emocionalmente en diversos entornos, así como intentar implicar ás familias neste proceso, especialmente neste centro, onde as necesidades de habilidades sociais e emocionais dos nosos alumnos son moi altas. É por isto que un plan de acción titorial que, dalgún xeito, intente sistematizar e planificar o proceso de acción titorial se fai tan necesario. Neste plan se pretenden recoller de forma máis ou menos organizada as actividades específicas dos titores para atender ás necesidades dos nosos alumnos (habilidades socio-emocionais, falta de expectativas, traballo coas familias). Intentará contemplar de forma secuencial actividades como: avaliación inicial, planificación da charla inicial cos pais, estruturación de entrevistas ás familias, traballo inicial de normas, respecto e diferencias, análise da estrutura social da aula (sociogramas), estruturación das actividades de habilidades sociais cara ao curso... 1.1.- TITORÍA. 1.1. Cada grupo de alumnos terá un titor que será designado polo director por proposta do xefe de estudios de acordo co establecido no artigo 80 do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria. O mestre titor, ademais da súa tarefa específica como docente, responsabilizarase da acción titorial do seu grupo. 1.2 No caso de que o número de mestres sexa igual có de unidades, cada mestre desempeñará a titoría dun grupo de alumnos. No caso de que o número de mestres sexa superior có de unidades, a titoría de cada grupo de alumnos recaerá preferentemente no mestre que teña maior horario semanal co dito grupo. Os mestres que compartan centro só poderán ser designados titores no centro para o que, estean nomeados. 1.3. A asignación de titorías ós especialistas farase sempre ós que teñan máis horas dispoñibles, procurando –ó mesmo tempo- que imparta o máximo de horas de docencia no grupo do que vai ser titor. 1.4. Co fin de facilita-la relación do profesor titor cos pais, fixarase na programación xeral anual unha hora semanal para a atención ós pais, dentro do horario non lectivo de obrigada permanencia no centro. Programaranse, igualmente, reunións globais cos pais por titorías, niveis ou ciclos, encamiñadas a expoñe-las liñas xerais do plano de traballo. En todo caso unha terá lugar antes do mes de novembro. 1.5. A súa actuación deberá coordinarse especialmente coa dos outros profesores e profesoras que incidan sobre o mesmo grupo de alumnos e alumnas, sen prexuízo da necesaria coordinación co equipo de profesoras e profesores de ciclo e etapa.

2


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

1.6. A acción titorial orientará o proceso educativo individual e colectivo do alumnado, sen prexuízo das competencias e a necesaria coordinación, se é o caso, co Departamento de Orientación. 1.7. A persoa titora manterá unha relación permanente coas familias do alumnado, atendendo á conciliación profesional e familiar, teraas informadas sobre o progreso da aprendizaxe e integración socio-educativa dos seus fillos/as e escoitaraas naquelas decisións que afecten a orientación académica e profesional dos seus fillos/as, sen prexuízo, se é o caso, das competencias do Departamento de Orientación.

1.2.- FUNCIÓNS DO MESTRE TITOR Cada mestre titor, ademais das súas tarefas docentes específicas, realizará, cando menos, as seguintes funcións: a) Participar no desenvolvemento do plan de acción titorial e nas actividades de orientación, baixo a coordinación do xefe de estudios. b) Proporcionar no principio de curso, ós alumnos e ós pais, información documental ou, no seu defecto, indicar onde poden consultar todo o referente a calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares e complementarias previstas, programas escolares e criterios de avaliación do grupo. c) Coñece-las características persoais de cada alumno a través da análise do seu expediente persoal e doutros instrumentos válidos para conseguir ese coñecemento. d) Coñece-los aspectos da situación familiar e escolar que repercuten no rendemento académico de cada alumno. e) Efectuar un seguimento global dos procesos de ensinanza-aprendizaxe dos alumnos para detectar dificultades e necesidades especiais, co obxecto de busca-las respostas educativas adecuadas e solicita-los oportunos asesoramentos e apoios. f) Coordina-las adaptacións curriculares necesarias para alumnos do seu grupo. g) Facilita-la integración do alumnado no grupo e fomenta-la súa participación nas actividades do centro. h) Orienta-los alumnos dunha maneira directa e inmediata no seu proceso formativo. i) Informa-lo equipo de profesores do grupo de alumnos das características, especialmente naqueles casos que presenten problemas específicos. l) Coordina-lo axuste das diferentes metodoloxías e principios de avaliación programados para o mesmo grupo de alumnos. m) De se-lo caso, organizar e presidi-las sesións de avaliación. n) Coordina-lo proceso de avaliación dos alumnos do seu grupo e adopta-la decisión que proceda referente á promoción dos alumnos dun ciclo a outro, logo de audiencia dos seus pais ou titores legais. ñ) Atender, xunto co resto do profesorado, os alumnos e alumnas mentres estes permanecen no centro nos períodos de lecer. o) Colaborar co equipo de orientación educativa e profesional do sector nos termos que estableza o mesmo e a xefatura de estudios.

3


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

p) Colaborar cos demais titores no marco dos proxectos educativo e curricular do centro. q) Orienta-las demandas e inquedanzas dos alumnos e mediar ante o resto de profesores, alumnado e equipo directivo nos problemas que se presenten. r) Informa-los alumnos do grupo, os pais e os profesores de todo aquilo que lles afecte en relación coas actividades docentes e o rendemento académico, con especial atención ós aspectos e medidas tendentes a facilita-la competencia lingüística dos alumnos e alumnas nas dúas linguas oficiais. s) Facilita-la cooperación educativa entre os profesores e os pais dos alumnos. t) Exercer, de acordo co proxecto curricular, a coordinación entre os demais profesores do grupo. u) Cubri-los documentos oficiais relativos ó seu grupo de alumnos. v) Controla-la falta de asistencia ou puntualidade dos alumnos, e ter informados os pais ou titores e o xefe de estudios. x) Fomenta-la colaboración das familias nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación dos seus fillos. z) Aqueloutras que se lle puidesen encomendar para o mellor desenvolvemento da acción titorial.

4


Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

2.- CRONOGRAMA DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL.

ATENCIÓN AOS ALUMNOS 1.

2.

Setembro

GRUPO CLASE

Revisión dos EXPEDIENTES dos 1. alumnos e consulta a outros 2. profesionais. Preparación de probas de avaliación de competencia 3. curricular cara a avaliación inicial. 4.

5. 6. 1. 2.

Outubro

Detección de alumnos con NEAE Elaboración de programas axeitados para os alumnos con NEAE.

1. 2. 3.

4. 5.

6.

Actividades de acollida. Regulamento de aula: Normas e consecuencias de incumplimento, respecto e diferenzas. Coñecemento da estrutura social da aula: sociogramas. Posibles actividades de dinámica de grupo para fomentar o coñecemento e a aceptación, de ser preciso. Elección de delegados e responsables de diversas tarefas. Probas iniciais de competencia curricular. Dereitos e deberes dos alumnos. Regulamento de centro: RRI Regulamento de aula: Normas e consecuencias de incumplimento, respecto e diferenzas. Elaboración das programacións. Hábitos e técnicas de estudo: horario de clase e traballo persoal na casa. Condicións ambientais para o estudo e traballo persoal na casa. Educación para a saúde. Hábitos saudábeis: alimentación e hixiene.

COORDINACIÓN PROFESIONAIS 1.

1.

2. 3.

4.

Participación nas reunións de ciclo para preparar a programación anual.

Participación nas reunións de ciclo para preparar a programación anual. AVALIACIÓN INICIAL. Reunión coa mestra de apoio para tratar do plan de traballo dos alumnos que asistan á aula de PT. Demanda ao Departamento de Orientación das exploracións necesarias para os alumnos con necesidades educativas que o requiran.

ATENCIÓN FAMILIAS 1. 2.

1. 2.

3.

Reunión inicial coas familias, coa presenza do orientador. Entrevistas individuais con familias de alumnos que o soliciten ou que se considere axeitado.

Reunión inicial coas familias coa presenza do orientador. Entrevistas individuais con familias de alumnos que o soliciten ou que se considere axeitado. Implicar a familia no traballo persoal dos seus fillos: organización do tempo de estudo na casa.

5


Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

1.

2.

Novembro

Seguimento dos programas adaptados dos alumnos con NEAE. Entrevistas individuais cos alumnos que o requiran ou soliciten.

1. 2.

3.

1. 2.

1. Seguimento dos programas adaptados dos alumnos con NEAE. Entrevistas individuais cos alumnos que o requiran ou 2. soliciten. 3.

Decembro 4.

5.

1.

Xaneiro

2. 3.

Tras a análise dos resultados da 1ª avaliación, a programación dará resposta ás necesidades detectadas (reforzando ou ampliando contidos e obxectivos para os alumnos que o necesiten) Seguimento de programas adaptados aos alumnos con NEAE. Entrevistas individuais cos alumnos que o requiran ou soliciten.

1.

2.

3. 4.

5.

1. Resolución de conflitos en clase mediante asembleas. Coñecemento dos alumnos: 2. valores, calidades, circunstancias persoais e familiares, uso do tempo libre, afeccións. actitude ante a clase, relación cos compañeiros e cos profesores (posible entrevista individual). Hábitos e técnicas de estudo e traballo persoal.

Participar nas reunións de ciclo para realizar o seguimento da programación anual. Reunión coa mestra de apoio para realizar o seguimento dos alumnos que asistan á aula de PT.

1.

Entrevistas individuais con familias de alumnos que o soliciten ou que se considere axeitado.

Asemblea como medio de discusión e decisión para debater problemas e organizar plans de traballo, festa de Nadal, etc. Ensino de Habilidades Sociais en cada grupo. Preparar a avaliación, recordar o sistema e criterios de avaliación, cómo preparar exames... Comentar os resultados da avaliación, buscando propostas de mellora. Cumprir os documentos do alumnado, recollendo os datos da 1ª avaliación. Asemblea como medio de discusión e decisión para debater problemas e planificar as actividades do 2º trimestre. Actuar nos conflitos de orde académica ou disciplinar que afecten os alumnos do grupo. Ensino de Habilidades Sociais Comentar os resultados da avaliación, buscando propostas de mellora. Hábitos e técnicas de estudo e traballo persoal.

1. Preparar e coordinar as sesións de avaliación, procurando que o seu desenvolvemento se axuste aos principios de avaliación continua, 2. formativa e orientativa. Reunión coa mestra de apoio para 3. tratar da avaliación dos alumnos que asistan á aula de PT.

Entrevistas individuais con familias de alumnos que o soliciten ou que se considere axeitado. Enviarlles o documento de información (boletín) sobre avaliación. Enviar algunha suxestión sobre o xogo e o xoguete cara ao Nadal.

Reunións de ciclo para avaliar o 1r. 1. trimestre e planificar as actividades do 2º Reunión coa mestra de apoio para 2. tratar dos alumnos que asistan á aula de PT ou na aula ordinaria para planificar o trimestre.

Entrevistas individuais con familias de alumnos que o soliciten ou que se considere axeitado. Implicar a familia no traballo persoal dos seus fillos: organización do tempo de estudo na casa.

1.

2.

1.

2.

6


Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

1. 2.

Febreiro

1. Seguimento de programas adaptados aos alumnos con NEAE. Entrevistas individuais cos 2. alumnos que o requiran ou soliciten. 3. 4.

1. 2.

Seguimento de programas 1. adaptados aos alumnos con NEAE. Entrevistas individuais cos alumnos que o requiran ou 2. soliciten.

3. 4.

Marzo

5.

6.

1.

Abril

2.

3.

Tras a análise dos resultados da 2ª avaliación, a programación dará resposta ás necesidades detectadas (reforzando ou ampliando contidos e obxectivos para os alumnos que o necesiten). Seguimento de programas adaptados aos alumnos con necesidades educativas especiais. Entrevistas individuais cos alumnos que o requiran ou soliciten.

1.

2.

3. 4.

1. Asemblea como medio de discusión e decisión para debater problemas e valorar as actividades. 2. Actuar nos conflitos de orde académica ou disciplinar que afecten os alumnos do grupo. Ensino de Habilidades Sociais. Educación para o consumo. Asemblea como medio de discusión e decisión para debater problemas e organizar plans de traballo. Actuar nos conflitos de orde académica ou disciplinar que afecten os alumnos do grupo. Ensino de Habilidades Sociais Preparar a avaliación, recordar o sistema e criterios de avaliación, cómo preparar exames... Comentar os resultados da avaliación, buscando propostas de mellora. Cumprir os documentos do alumnado, recollendo os datos da 2ª avaliación. Asemblea como medio de discusión e decisión para debater problemas e planificar as actividades do 3r trimestre. Actuar nos conflitos de orde académica ou disciplinar que afecten os alumnos do grupo. Ensino de Habilidades Sociais Comentar os resultados da avaliación, buscando propostas de mellora.

1.

2.

1.

2.

Reunións de ciclo para seguimento 1. das actividades propostas. Reunión coa mestra de apoio para tratar dos alumnos que asistan á aula de PT ou na aula ordinaria para planificar o trimestre.

Entrevistas individuais con familias de alumnos que o soliciten ou que se considere axeitado.

1.

Entrevistas individuais con familias de alumnos que o soliciten ou que se considere axeitado. Enviarlles o documento de información (boletín) sobre avaliación.

Preparar e coordinar as sesións de avaliación, procurando que o seu desenvolvemento se axuste aos principios de avaliación continua, formativa e orientativa. Reunión coa mestra de apoio para tratar dos alumnos que asistan á aula de PT ou na aula ordinaria para planificar o trimestre.

2.

Reunións de ciclo para avaliar o 2º 1. trimestre e planificar as actividades do 3r trimestre. Reunión coa mestra de apoio para tratar dos alumnos que asistan á aula de PT ou na aula ordinaria para planificar o trimestre.

Entrevistas individuais con familias de alumnos que o soliciten ou que se considere axeitado.

7


Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

1.

2.

Maio

Seguimento de programas adaptados aos alumnos con necesidades educativas especiais. Entrevistas individuais cos alumnos que o requiran ou soliciten.

1.

2.

3. 4.

1.

2.

Xuño

Seguimento de programas adaptados aos alumnos con necesidades educativas especiais. Entrevistas individuais cos alumnos que o requiran ou soliciten.

1.

2. 3.

1. Asemblea como medio de discusión para debater problemas e 2. valorar as actividades. Actuar nos conflitos de orde académica ou disciplinar que afecten os alumnos do grupo. Ensino de Habilidades Sociais. Uso do tempo libre. Uso crítico dos medios de comunicación, en especial da TV.

Reunións de ciclo para seguimento 1. das actividades propostas. Reunión coa mestra de apoio para tratar dos alumnos que asistan á aula de PT ou grupo de apoio.

Entrevistas individuais con familias de alumnos que o soliciten ou que se considere axeitado.

Comentar os resultados da avaliación, buscando propostas de mellora. Cumprir os documentos do alumnado. Propoñer tarefas a realizar durante o período estival.

Preparar e coordinar as sesións de 1. avaliación. Reunión coa mestra de apoio para 2. tratar da avaliación dos alumnos que asistan á aula de PT Reunión cos profesores de ciclo 3. para determinar os alumnos propostos para repetir curso ou para que asistan á aula de PT ou de apoio.

Entrevistas individuais con familias de alumnos que o soliciten ou que se considere axeitado. Entrega dos resultados finais coas orientacións para o verán e curso seguinte. Enviar algunhas suxestións sobre o uso do tempo libre.

1. 2.

3.

8


Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

3.- EXPLICACIÓN DE ACTIVIDADES. 3.1.- REUNIÓN INICIAL DOS TITORES COS PAIS. Faríase en 4º de Educación Infantil antes de comezar as clases, e no resto, por titorías, no mes de Outubro. Ditas titorías deberían ser coordinadas para que o Orientador puidese estar presente en todas estas reunións, moi importantes, xa que é a ocasión durante todo o curso onde hai máis pais, e onde se poden dar informacións de sumo interese e estabrecer cauces de participación e comunicación. Posibles puntos a tratar en dita reunión: 1. Presentación do profesorado. 2. Normas do centro: -RRI: puntualidade, faltas de orde, sancións... -Normas da aula. 3. Información xeral dos obxectivos do curso. 4. Información do centro: * Departamento de Orientación: información da súa existencia, o seu labor e forma de acceder ó departamento en caso de necesidade. * Actividades extraescolares e complementarias organizadas para o curso (autorizacións para as saídas ó entorno, aportacións económicas.....) * Control das faltas de asistencia. Xustificación das mesmas. * Horario de titoría, forma de pedir as entrevistas co titor ou con calquera dos profesores especialistas. 5. Colaboración dos pais/nais: * Hábitos alimenticios. * Respecto interpersoal: correcta comunicación entre adultos e iguais. * Normas de hixiene

9


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

* Hábitos de estudio: axuda familiar na casa. 6. Recomendacións: * Colaboración co profesorado * Necesidade de comunicación ante problemas que xurdan. 7. Recollida de información para as titorías: * Cuestionario de recollida de datos de pais (pódese incorporar ao expediente si non estivera alí). Solicitar modelo ao departamento de orientación.

3.2.- AVALIACIÓN INICIAL. A avaliación inicial, pouco tida en conta en moitas ocasións, consideramos que é moi importante xa que, ben feita, é un punto de inicio básico para facer correctamente as programacións tendo en conta as características do noso grupo de alumnos, así como facer a distribución dos apoios e reforzos dun xeito máis obxectivo, co conseguinte aproveitamento correcto dos recursos humáns e materiais. Vista, polo tanto, a lexislación, durante o primeiro mes de curso, os titores levarán a cabo á avaliación inicial. Dende o departamento de orientación poderanse facilitar instrumentos de avaliación curricular a aqueles titores que o soliciten, ainda que a observación e a valoración das produccións e actitudes escolares dos alumnos son unha forma importante de valoración durante este primeiro mes. É importante consultar todos aqueles documentos: informes, expedientes, etc de cada alumno por parte de cada titor antes de facer á avaliación inicial, así como consultar con outros mestres que fosen titores deses alumnos anteriormente así como co departamento de orientación para poder ter unha información máis precisa de cada alumno, e por ende, de todo o grupo clase. Entendemos que a avaliación inicial debería ser feita na 2ª semana de Outubro.

10


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia: Art.4.3. Ao comezo de cada ciclo e durante o primeiro mes do curso escolar, a persoa titora realizará unha avaliación inicial coa finalidade de adecuar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria no seu proceso de aprendizaxe, incidindo na obtención de información sobre o grao de desenvolvemento das competencias básicas. Esta avaliación incluirá a análise dos informes persoais da etapa ou ciclo anterior correspondentes ao seu alumnado e completarase coa información obtida das familias. Art.4.4. A avaliación inicial será o punto de referencia para a toma de decisións relativas ao desenvolvemento do currículo nas programacións de aula, así como para adoptar aquelas medidas de apoio, reforzo e recuperación que consideren oportunas para cada alumna ou alumno. Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia: Art.21.1. Cando o alumnado se incorpore ao segundo ciclo de educación infantil, as persoas titoras dos grupos realizarán unha avaliación inicial de cada un. Así mesmo, esta avaliación realizarase cando unha alumna ou un alumno se traslade dun centro a outro. A avaliación recollerá os datos máis destacados do seu proceso de desenvolvemento, terá en conta os datos relevantes achegados pola información das familias na entrevista inicial e, se é o caso, os informes médicos, psicolóxicos, pedagóxicos e sociais que revistan interese para a vida escolar. E, de ser o caso, os informes de escolarización anteriores. Art.21.2. A avaliación inicial completarase coa información obtida na observación directa por parte dos profesionais que atenden as nenas e nenos sobre o grao de desenvolvemento das capacidades básicas correspondentes á súa etapa evolutiva durante o período de adaptación ao centro escolar. Art 21.3. O equipo educativo adoptará as decisións relativas ao tipo de información que se precisa neste momento inicial da avaliación, así como ás técnicas ou instrumentos que se van empregar para recoller e consignar a dita información. Estas decisións quedarán reflectidas no proxecto educativo.

11


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

Art. 24.3. Informe de avaliación inicial: O informe de avaliación inicial recollerá os datos achegados na entrevista pola familia, as observacións relevantes durante o período de adaptación e as achegas dos períodos de escolarización anteriores, se os houber. O dito informe axustarase ao modelo establecido no anexo II desta orde.

3.3.- ANÁLISE DA ESTRUTURA SOCIAL DA AULA E TRABALLO DE NORMAS E RESPECTO ÁS DIFERENZAS. Para que unha terra dea os seus froitos é convinte abonala e preparala primeiro. En caso de non facelo, os froitos poden sair cativos, desordeados, defectuosos ou mesmo con enfermidades. Unha clase tamén temos que tela ben organizada tanto a nivel material, persoal, como social, para poder afrontar o traballo de forma produtiva. 3.3.1.- ESTRUTURA SOCIAL DA AULA. OS SOCIOGRAMAS. No caso de que o titor acometese por primeira vez a súa labor cun grupo determinado é importante que coñeza a estrutura social e as interaccións persoais que se dan na súa aula. Isto é importante para saber cómo temos que afrontar os problemas sociais que se dan no grupo, xa que moitas veces descoñecemos ónde teñen a súa orixe. Dende o departamento de orientación póñense a dispor dos titores sinxelas ferramentas que lles axudarán a efectuar un sociograma do grupo clase. É moi importante a información que se pode extraer dun Sociograma, xa que está moi relacionada coas Habilidades Sociais. Popularidade: Os nenos e nenas con moitas eleccións son populares, líderes de grupo. En xeral, presentan características positivas, pero é posible que sexan líderes negativos e que a súa conduta se afirme contra o adulto ou contra outros alumnos e cre admiración entre os seus compañeiros. Pero tamén é posible que alumnos que cremos que son líderes, logo non son votados nun Sociograma.

12


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

Correspondencia: Coa correspondencia poden atopar amizades incipientes (é dicir, A elixiu a B e B elixiu a A). Á hora de formar grupos é interesante telas en conta. Convén, non obstante, non perder de vista as correspondencias negativas, é dicir, A elixiu a B, pero B rexeitou a A, pois é posible que sexan nenos ou nenas con baixa autoestima. Rexeitamentos: Os nenos ou nenas con moitos rexeitamentos non son populares e adoitan presentar ou ben unha conduta agresiva ou ben pasiva. É importante analizar as causas do devandito rexeitamento e cómo podemos axudalos a corrixilo. Formación de subgrupos: Se existen nenos ou nenas con parecido número de eleccións e de rexeitamentos pode significar formación de grupos antagónicos. Pero é máis normal que se formen subgrupos dentro do gran grupo, entre os cales exista certa independencia de eleccións e rexeitamentos. A popularidade e os rexeitamentos están relacionados coas Habilidades Sociais. É importante, pois, analizar qué habilidades concretas, ou a súa carencia, son as responsables de tales resultados. Iso non quererá dicir que as Habilidades Sociais sexan a única causa, pero si merece telas en consideración. Aqueles titores que queiran averiguar a estrutura social da súa aula a través dun sociograma teñen ao seu dispor no departamento de orientación as enquisas para o alumnado e un sinxelo programa para determinar gráficamente as estruturas sociais e comunicativas baseadas en ditas enquisas.

13


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

3.3.2.- TRABALLO DE NORMAS E RESPECTO ÁS DIFERENZAS. TRABALLO DE NORMAS Unha vez coñecida a forma en que se desenvolve socialmente a nosa aula, ou paralelamente a elo, creemos moi importante traballar SEMPRE (os alumnos tenden a non querer lembrarse das normas e as consecuencias do seu incumplimento), a principios de curso, a confección de normas e consecuencias non escatimando tempo para que esta cuestión quede ben clara entre os alumnos. Moitas veces entramos a “dar materia” obviando este aspecto, moi importante, e que de estar ben feito, facilitará que logo poidamos aproveitar mellor as clases, e, polo tanto, nunca é tempo perdido. É interesante que os alumnos consideren as normas como súas, e que, por tanto, se sintan obrigados colectivamente a cumprilas. Débense especificar de antemán unha serie de normas básicas e despois guiar aos nenos para que consideren que esas normas son fundamentais para unha boa marcha da clase. Unhas normas de aula básicas que poderían valer para todo o centro e que, polo tanto, todo o profesorado, especialmente os especialistas, podería aplicar consecuentemente poderían ser: Nesta clase, entre todos, acordamos que debemos: 1.- OBEDECER Ó MESTRE. 2.- RESPECTAR ÓS COMPAÑEIROS. 3.- ERGUER A MAN PARA INTERVIR. 4.- FALAR EN VOZ BAIXA. 5.- REMATAR AS TAREFAS. 6.- PEDIR PERMISO PARA ERGUERSE. 7.- FACER AS TAREFAS EN SILENCIO. 8.- PEDIR AS COUSAS POR FAVOR E DAR AS GRAZAS.

14


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

Para traballalas e facelas súas, por exemplo, pódese dicir: creedes que si falamos todos ao mesmo tempo poderemos decatarnos do que di alguén en concreto?. Si algún di que si, podemos dicirlle que nos conte algo que lle guste contar (por exemplo, o argumento dalgunha peli, ou o qué fixo o fin de semana) e todos os demais poñémonos a falar sen facerlle caso, para que aprecie que a norma ten o seu fundamento. E así con todas. Sería interesante que eles chegasen a redactar a norma. Sempre en ton positivo. Por exemplo, no canto de pór: NON debemos falar todos ao mesmo tempo, pór: debemos levantar a man para intervir. Tamén é interesante que as normas sexan poucas e comprendan a outras. Por exemplo, no canto de pór: NON insultar, NON pegar, NON? é máis interesante pór: Respectar aos compañeiros, desa forma comprenden mellor o termo RESPECTAR. Deberase discutir tamén a consecuencia do incumplimento de cada norma. En caso de nenos moi pequenos, a dirección do titor será maior. No caso dos máis maiores haberá que darlles máis iniciativa razoando as propostas. Tamén é importante que lles lembremos que existe un Regulamento de Réxime Interno no centro, explicándolles o que é e aqueles puntos que lles afectan máis directamente. Tamén sería conveniente falarlles dos seus DEREITOS e DEBERES como alumnos, tal como se recolle na lexislación, xa que moitas veces os rapaces teñen ideas equivocadas ao respecto. Unha vez que as temos aprobadas e asinadas por todos, tanto normas como consecuencias de incumplimento, debémolas pór con letras grandes nun sitio onde se vexan moi ben, xa que, AO PRINCIPIO, esqueceranse frecuentemente delas e teremos que lembrarllas pacientemente, sen enfadarnos. Está claro que si a cada incumplimento de norma hai unha consecuencia SEMPRE, sin que teñamos que berrar nin enfadarnos, aforraremos moito tempo e gritaremos moito menos (en concreto, os rapaces do noso centro están moi acostumados a que lles griten). Nalgúns casos, unha vez estabrecidas normas e consecuencias, en que as condutas na aula impiden un normal funcionamento da mesma (nenos con problemáticas específicas, sociais, de conduta...), pode ser interesante a utilización dun sistema de economía de fichas. Consultar ao departamento de orientación cada caso concreto.

15


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

RESPECTO ÁS DIFERENZAS Hay unha das normas que puxemos como exemplo que consideramos importantísima e que os rapaces teñen tan mal asumida como incompredida en moitos casos: O respecto ás diferenzas interpersoais. Creemos moi importante que aos inicios de curso se traballe este aspecto xa que nos pode axudar moito a previr futuras problemáticas. En concreto, dende o departamento de orientación, fixemos un video introdutorio (que figura na páxina web do centro no apartado do departamento de orientación), onde se tocan temas como o racismo, a pobreza, a marxinación, os roles sexistas, a homosexualidade... Nestes momentos estamos traballando na confección doutro onde se introducen as diferenzas físicas e intelectuais e onde figuran nenos con autismo, síndrome de down e outros rapaces e rapazas con necesidades específicas de atención educativa. Estes videos poden ser unha axuda que sirva como introducción a outras actividades plantexadas polos titores ó redor deles.

16


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

3.4.- MELLORA DAS HABILIDADES SOCIAIS. Os alumnos do noso centro, en liñas xerais, teñen un baixo desenrolo das súas habilidades sociais. Compre, polo tanto, mellorar e ampliar o seu repertorio de habilidades para establecer relacións e tamén a súa educación e intelixencia emocional. Dende o Plan de Convivencia como documento de análise e planificación da convivencia no noso centro e dende o presente Plan de Acción Titorial como ferramenta executora de actividades que atendan as necesidades de orientación dos nosos alumnos, propuxémonos, dadas as características do noso alumnado, unha serie de actividades de mellora da convivencia educativa, entre elas, as de mellora das habilidades sociais. Dende o Departamento de Orientación, unha vez consultada a comunidade educativa a través das enquisas a pais, alumnos e profesores, e vistos os resultados das mesmas, cremos prioritario durante o presente curso realizar actividades que contribúan a que os nosos alumnos valoren e adopten posturas positivas ante o respecto interpersoal, así como que aprendan determinadas habilidades sociais que contribúan a que exerzan de forma máis positiva e efectiva as súas relacións sociais. O profesorado interesado en organizar un curso de habilidades sociais cos seus alumnos, ten excelentes materiais de traballo nos libros de Goldstein e Michelson, ainda que cada mestre/a pode montar o seu propio programa, sen dificultade. Debería empezar por seleccionar as habilidades sociais que sexan máis necesarias para o grupo de alumnos co que traballa e logo seguir o seguinte proceso: Para ensinar habilidades sociais, Goldstein propón o método que máis se achega ao modo normal que temos de aprender outras habilidades, por exemplo a nadar, a montar en bicicleta, a conducir un coche. Primeiro vemos a outros facelo: se non vemos a outros na auga, tal vez non nos atreveriamos a meternos, se non vemos a outros montar en bicicleta, pensariamos que con só dúas rodas é imposible manter o equilibrio. Logo intentamos facelo nós, mal que ben: os amigos ou instrutores corríxennos, dicíndonos o que fixemos ben e o que fixemos mal. Por último, vén a xeneralización: se aprendemos a nadar nunha piscina de auga doce, logo poderemos pasar ao mar, con auga salgada e ondas; se aprenderamos a conducir un coche pequeno, logo podemos atrevernos cun coche grande ou un Jeep.

17


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

Pois ben, eses son exactamente os catro momentos que se propoñen para a aprendizaxe estructurada de habilidades sociais: Modelado, interpretación (ou role playing), crítica e xeneralización. O modelado é esencial para toda aprendizaxe social: Por modelado aprenden as habilidades sociais a maioría das persoas: ven aos seus pais dar as grazas, non berrar ao falar, sorrir oportunamente, dar un pésame, saudar a un descoñecido. Por modelado aprenderon tamén a súa conduta antisocial as persoas que teñen o problema de non posuír habilidades sociais: viron, non só na televisión, senón tamén na súa casa, "resolver" os problemas a berros e a golpes, oíron os seus pais insultarse, viron os seus irmáns maiores rirse dun xordo ou roubar a unha anciá. Para todos, pero especialmente para estes alumnos e alumnas que non tiveron a sorte de ver modelos sociais axeitados, é necesario empezar o adestramento en habilidades sociais cun modelado. O mesmo mestre ou mestra ou un video gravado anteriormente sobre a habilidade que se vai ensaiar, deben ser o modelo. Pero pódese facer tamén sen video: o mestre ou mestra encárgase de facer o modelado e iso tamén é moi proveitoso para o alumno, sobre todo para aqueles que adolecen de non ter bos modelos adultos. Interpretación (ou role playing) significa que todos os membros do grupo, un por un, deben saír ao "escenario" (que pode ser o centro da clase, cos demais sentados arredor) para ensaiar a habilidade que se lle acaba de modelar. O alumno debe intentar repetir a conduta asertiva que se lle modelou, seguindo aproximadamente os mesmos pasos. A Interpretación é o momento central no programa de adestramento en habilidades sociais. Hai que motivar o alumnado para que o faga con entusiasmo e para que goce ao hacerlo. Si se dispón de videocámaras, débese gravar cada unha das representacións, para que se vexan e poidan apreciar os seus fallos e acertos: é a crítica máis obxectiva e máis divertida. Crítica: despois de que cada alumno represente a súa habilidade, váiselle facendo unha crítica construtiva: Primeiro, pregúntase a todo o grupo, recordándolles que non se fixen só no negativo, senón tamén nos acertos, no que lles gustou. Logo, pregúntase ao protagonista, para que se autocritique no bo e no malo. Por último, o profesor ou a profesora dá a súa opinión, o máis obxectiva posible, rematando sempre con algunha frase que o anime a seguir traballando esa habilidade, a seguir intentándoo nas próximas sesións. En xeral, cada alumno ou alumna debe interpretar a habilidade unha vez e sentar para que saia outro. Pero se o profesor ou profesora ve que hai alumnos que aínda non dominan aquela habilidade, non debe pasar a outra, senón insistir sobre esta (cambiando o contido, pero mantendo a mesma habilidade). E así cantas veces sexan necesarias.

18


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

Xeneralización ou transferencia: é o momento culminante no curso de adestramento, cando todo se pode perder ou todo se pode gañar. O alumnado ten que comprender que, aínda que a interpretación de papeis sexa divertida, este curso de habilidades sociais non é un xogo. Non é para "facer teatro no colexio", senón para convivir mellor na rúa e na súa casa. De que el sexa capaz de xeneralizar á rúa e á casa o que aprendeu e representado no colexio, depende todo o éxito deste adestramento. É por isto que debemos premiar e reforzar positivamente sempre o feito de que utilice a habilidade aprendida en calquera situación: na aula, nos pasillos, no patio, na rúa... A modo de exemplo, no curso 2009-2010 realizamos unha enquisa en 5º curso onde se incluían as habilidades sociais propostas por Goldstein para que valorasen as súas habilidades sociais. Estas foron as habilidades que eles menos valoraron, e que, polo tanto, menos exercen: Expresar sentimentos. Enfrontarse a contradiccións. Facer cumpridos. Presentar a outros. Negociar. Responder ao fracaso. Iniciar conversas. Responder ás bromas. Responder a queixas. Buscar causas problemas. Superar a vergoña. Ordear problemas por importancia. Expresar afecto. Dende o departamento recollimos estas habilidades e seleccionamos algunhas para traballar durante ese curso engadindo outra que consideramos importante: pedir as cousas por favor e dar as grazas: 1. - Expresar sentimentos. 2. - Facer un cumprimento. 3. - Presentarse e presentar outras persoas. 4. - Comprender os sentimentos dos demais. 5. - Responder ás bromas. 6. - Pedir por favor e dar as grazas. Durante o presente curso preténdese continuar co desarrollo destas actividades en 6º curso. Temos a disposición dos titores, no departamento de orientación, tanto as enquisas para os alumnos como material para poder traballar as habilidades sociais na aula nos diferentes cursos. Creemos importante que os titores valoren as habilidades sociais que poden necesitar mellorar na súa clase e, seguindo os catro pasos propostos por Goldstein as traballen ao longo do curso.

19


Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP CONMENIÑO

4.- LEXISLACIÓN. Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG. 02-09-97). Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria. Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

20


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.