DOF 2010-2011

Page 1

Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

1.

PREÁMBULO

A escola, como parte da sociedade, conforma un marco de convivencia que fai posible e contribúe á consecución duns obxectivos propostos de antemán. Neste contexto, o presente Documento de Organización e Funcionamento do Centro debe arbitrar medidas de igualdade para todos/as, que fagan máis doada a convivencia e máis eficaz a labor educativa. Este documento, ten como fin principal orientar e regular os actos da Comunidade Educativa deste Centro, co obxectivo de conseguir unha mellora da convivencia e cooperación entre os seus membros, que, ao tempo, posibilite o desenvolvemento integral de todos os sectores implicados. Cómpre salientar que todas as orientacións e normas que aparecen neste regulamento non terán ningunha efectividade sen unha actitude positiva e responsable do quefacer diario dos distintos membros que forman a Comunidade Educativa. O seu ámbito de aplicación inclúe a toda a Comunidade Educativa, dentro e fóra do centro (incluidas as actividades extraescolares). Este regulamento, segundo o establecido no Decreto 374/1996 de 17de outubro (DOG. 21/10/96) polo que se aproba o Regulamento Orgánico das escolas de Educación Infantil e Primaria, é parte integrante do Proxecto Educativo (PE), documento base que debe servir de referencia para o desenvolvemento do proceso educativo do Colexio e no que se fixan os obxectivos, prioridades e sinais de identidade. Este documento elaborouse ao abeiro e dentro do marco da seguinte lexislación vixente:  Lei Orgánica 2/ 2006 do 3 de Maio de Educación (LOE).  Decreto 806/ 2006 (BOE 14/06/06) de aplicación da LOE.  Decreto 85/ 2007 do 12 de Abril polo que se crea e regula o Observatorio da Convivencia Escolar.  Decreto 374/ 1996 do 17 de Outubro polo que se aproba o Regulamento Orgánico das escolas de Educación Infantil e Primaria.  Orde do 22 de Xullo de 1997 polo que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de Infantil e dos colexios de Infantil e Primaria.  Real Decreto 732/ 1995 do 5 de Maio polo que se establecen os dereitos e deberos dos alumnos e as normas de Convivencia do centro (BOE do 2 de Xuño).  Decreto 94/ 1991 do 20 de Marzo polo que se aproba o regulamento de Réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 25). 2.

OBXECTIVOS

 

Facilitar a organización e funcionamento do Centro. Adaptar as normas xerais ás característivas do Centro.

Ceip Conmeniño

Páxina 1


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

 Facilitar e mellorar a actividade educativa do Centro. Proporcionar un soporte normativo claro e sinxelo para aclarar as responsabilidades, dereitos e deberes de toda a Comunidade Educativa, derivado das normas legais vixentes.  Recompilar a normativa vixente.  Regular e mellorar o xeito de relacionarse de toda a Comunidade Educativa.  Ser un complemento normativo das bases legais que determinan o funcionamento e organización do Centro, así como as actuacións dos diferentes membros. 3.

DISPOSICIÓNS XERAIS

Este texto é de obrigado cumprimento para todos os membros da Comunidade Educativa. Entenderanse as normas de actuación baseadas nos seguintes principios: • Respecto mutuo nas relacións docentes. • Democracia na xestión e control do centro. • Responsabilidade e taballo en equipo para conseguir unha formación dinámica, no medio dunhas relacións de traballo agradables e satisfactorias. • O cumprimento da normativa vixente. 4.

ÓRGANOS DE GOBERNO DO CENTRO

4.1.

ÓRGANOS UNIPERSOAIS DE GOBERNO

Os órganos unipersonais de goberno constitúeno o Equipo Directivo do centro, e estarán formados pola Dirección, a Xefatura de Estudos e a Secretaría, coas competencias que establece a legislación vixente, detalladas a continuación. O Equipo Directivo: Con carácter ordinario antes do 1º de outubro, de cada curso, ernviará unha circular informativa completa (horarios, festivos, atención ós pais, etc) ás familias onde se fará a presentación oficial do curso e do profesorado. A DIRECCIÓN. É competencia do Director/a: a) Representar oficialmente á Administración educativa no centro, sen prexuízo das atribucións das demais autoridades educativas. b) Representa-lo centro. c) Dirixir e coordinar tódalas actividades do centro cara á consecución do proxecto educativo e de acordo coas disposicións vixentes, sen prexuízo das competencias do consello escolar e do claustro. d) Visa-las certificacións e documentos oficiais do centro. e) Designar, de se-lo caso, o xefe de estudios e o secretario, e propoñe-lo seu nomeamento e destitución. Nomea-los coordinadores de ciclo, ó coordinador de normalización lingüística e ós titores, de acordo co procedemento establecido neste regulamento. f) Executa-los acordos dos órganos colexiados no ámbito da súa competencia. g) Coordina-la elaboración do proxecto educativo do centro, proxecto curricular e programación xeral anual, de acordo coas directrices e criterios establecidos pola Administración educativa e polo consello escolar, e coas propostas formuladas Ceip Conmeniño

Páxina 2


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

polo claustro e outros órganos de participación, responsabilizándose co equipo directivo da súa redacción e velando pola súa correcta aplicación. h) Convocar e presidi-los actos académicos, o consello escolar, o claustro, a comisión de coordinación pedagóxica do centro, a comisión económica do consello escolar e cantas outras se constitúan regulamentariamente, podendo delega-la presidencia dalgunha destas comisión noutros membros do equipo directivo ou do claustro. i) Cumprir e facer cumpri-las leis e demais disposicións vixentes. l) Exerce-la xefatura de todo o persoal adscrito ó centro. m) Favorece-la convivencia do centro e impoñelas correccións que corresponda, de acordo coa normativa vixente, co Regulamento de réxime interior e cos criterios establecidos polo consello escolar. n) Garanti-lo dereito de reunión de mestres, alumnos, pais de alumnos e persoal de administración e de servicios, de acordo co disposto na lexislación vixente. ñ) Colaborar coa inspección educativa na valoración da función pública docente e, en xeral, nos plans de avaliación do centro. o) Xestiona-los medios humanos e materiais do centro, dinamizando os distintos sectores da comunidade educativa, especialmente os restantes membros do equipo directivo e coordinadores de ciclo e normalización lingüística, canalizando aportacións e intereses e buscando canles de comunicación e colaboración. p) Promover e impulsa-las relacións do centro coas institucións do seu contorno. q) Trasladarlle ó delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a memoria anual sobre as actividades e situación xeral do centro, así como, no seu caso, as propostas de solución ós problemas existentes. r) Facilita-la adecuada coordinación con outros servicios educativos da zona. s) Coordinar e fomenta-la participación dos distintos sectores da comunidade escolar e procura-los medios precisos para a máis eficaz execución das súas respectivas competencias. t) Proporciona-la información que lle sexa requirida polas autoridades educativas competentes e colaborar en todo o relativo ó logro dos obxectivos educativos do centro. u) Facilita-la información sobre a vida do centro ós distintos sectores da comunidade escolar. v) Autoriza-los gastos de acordo co orzamento do centro e ordena-los pagamentos. x) Realiza-las contratacións de servicios e subministracións de acordo co que regulamentariamente se estableza. A XEFATURA DE ESTUDOS. É competencia do Xefe/a de Estudos: a) Exercer, por delegación do director e baixo a súa autoridade, a xefatura do persoal docente en todo o relativo ó réxime académico. b) Substituí-lo director en caso de ausencia, enfermidade ou suspensión de funcións. c) Coordinar e velar pola execución das actividades de carácter académico e de orientación de profesores e alumnos, en relación co proxecto educativo do centro, os proxectos curriculares de etapa e a programación xeral anual. d) Elaborar, en colaboración cos restantes órganos unipersoais, os horarios académicos de alumnos e profesores de acordo cos criterios aprobados polo claustro e co horario xeral incluído na programación xeral anual, así como velar polo seu estricto cumprimento. Ceip Conmeniño

Páxina 3


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

e) Coordina-la actividade dos coordinadores de ciclo. f) Coordinar e orienta-la acción dos titores de acordo co plan de acción titorial. g) Coordina-la participación do profesorado nas actividades de perfeccionamento, así como planificar e organiza-las actividades de formación de profesores realizadas polo centro. h) Coordina-la actividade docente do centro, con especial atención ós procesos de avaliación, adaptación curricular e actividades de recuperación, reforzo e ampliación. i) Facilita-la organización dos alumnos e impulsala súa participación no centro. l) Establece-los mecanismos para corrixir ausencias imprevistas do profesorado, atención a alumnos accidentados ou calquera eventualidade que incida no normal funcionamento do centro. m) Organiza-la atención dos alumnos nos períodos de lecer. n) Calquera outra función que lle poida ser encomendada polo director dentro do ámbito da súa competencia. A SECRETARÍA. É competencia do Secretario/a: a) Ordea-lo réxime administrativo do centro, de conformidade coas directrices do director. b) Actuar como secretario dos órganos colexiados de goberno do centro, levantar acta das sesións e dar fe dos acordos co visto e prace do director. c) Custodia-los libros e arquivos do centro coa colaboración dos coordinadores do ciclo. d) Expedi-las certificacións que soliciten as autoridades e os interesados. e) Realiza-lo inventario xeral do centro e mantelo actualizado. f) Custodiar e dispoñe-la utilización dos medios audiovisuais, material didáctico, mobiliario ou calquera material inventariable. g) Coordinar, dirixir e supervisar, por delegación do director, a actividade e funcionamento do persoal de administración e de servicios adscritos ó centro. h) Elabora-lo anteproxecto de orzamento do centro de acordo coas directrices do consello escolar e oída a comisión económica. i) Ordea-lo réxime económico do centro, de conformidade coas instruccións do director, realiza-la contabilidade e render contas ante o consello escolar e as autoridades correspondentes. l) Velar polo mantemento material do centro en tódolos seus aspectos, de acordo coas indicacións do director. m) Dar a coñecer e difundir a toda a comunidade educativa a información sobre normativa, disposicións legais e asuntos de interese xeral ou profesional que se reciba no centro. n) Presidir, se é o caso, e, por delegación do director, a comisión económica. ñ) Calquera outra función que lle encomende o director dentro do seu ámbito de competencia. 4.2.

ÓRGANOS COLEXIADOS DE GOBERNO

Os órganos colexiados de goberno son o Consello Escolar e o Claustro de Profesores que teñen a composición e competencia sinaladas na Lexislación vixente. O Consello Escolar do Centro terá as seguintes atribucións: Ceip Conmeniño

Páxina 4


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

a) Establece-las directrices e elaborar propostas para a elaboración do Proxecto Educativo do centro, aprobalo, avalialo e, se é o caso, introducir modificacións, sen prexuízo das competencias que o claustro de profesores ten atribuídas en relación coa planificación e organización docente. b) Elixi-lo director do centro. c) Propoñe-la revogación do nomeamento do director, logo de acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous tercios. d) Decidir sobre a admisión de alumnos, con suxeición ó establecido na lexislación vixente. e) Aprobar e modifica-lo Regulamento de réxime interior do centro. f) Resolve-los conflictos e impoñe-las correccións con finalidade pedagóxica que corresponda a aquelas conductas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro. g) Aproba-lo proxecto de orzamento do centro e a execución del. h) Aprobar e avalia-la programación xeral anual do centro, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que competen ó claustro. i) Aproba-la programación das actividades extraescolares e complementarias e avalia-lo seu desenvolvemento. l) Establece-las directrices para a participación do centro en actividades culturais, deportivas e recreativas. m) Establece-los criterios de colaboración con outros centros, entidades ou organismos. n) Promove-la renovación das instalacións e equipamento do centro, e vixia-la súa conservación. ñ) Analizar e valora-lo funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice a Administración educativa. o) Colaborar coa inspección educativa nos planos de avaliación de centro, nos termos que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableza. Dentro do Consello Escolar haberá tres comisións: -Comisión Económica: constituída polo Director/a, Secretaria/o, un pai ou nai e un profesor/a. As súa funcións están recollidas no Regulamento Orgánico das Escolas de E. Infantil e Primaria citado con anterioridade. -Comisión de Escolarización: encargada da valoración, se fose necesario, do alumnado que solicita praza no centro. -Observatorio de Convivencia: Estará composto polo Director/a, o/a Xefe de Estudos, catro mestres, un pai/nai, o/a Orientador/a, un representante do Concello e outro representante da administración e servizos. Este resolverá e mediará nos conflictos que poidan xurdir e canalizará as iniciativa de todos os sectores da comunidade educativa para mellora-la convivencia, o respeto mutuo e a tolerancia. O Observatorio de Convivencia, e mediante a Comisión de Convivencia terá as seguintes atribucións: - Dinamizar o Plan de Convivencia do Centro. - Elaborar un informe anual da análise da convivencia. - Informar trimestralmente ao Consello Escolar. - Coordinar as actuacións conxuntas dos ámbitos implicados relacionados coa melllora do clima de convivencia.

Ceip Conmeniño

Páxina 5


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

- Propoñerlle á Administración Educativa as medidas oportunas para a mellora da convivencia. - Aqueloutras que a propia Administración ou o Observatorio da Convivencia Escolar a nivel Provincial lle poidan encomendar. - Adoptar as medidas necesarias para garantir os dereitos dos alumnos. - Impedir a acción de feitos contrarios ás normas de convivencia do Centro. - Analizar os comportamentos contrarios ás noramas de convivencia do Centro e informar, se é o caso, as sancións correpondentes. - O Observatorio da Convivencia Escolar realizará tres reunión anuais de carácter ordinario, unha por trimestre con carácter extraordinario cantas veces sexa convocada pola presidencia, a instancia propia ou a proposta de, polo menos, unha terceira parte dos seus membros. Son competencias do Claustro: a) Elevar ó Equipo Directivo propostas para a elaboración dos proxectos educativo e curricular do centro e da programación xeral anual. b) Aprobar e avalia-los proxectos curriculares e os aspectos docentes da Programación Xeral Anual, conforme o Proxecto Educativo do centro. c) Determinar cal é a lingua materna predominante entre os alumnos e alumnas, así como a lingua ambiental, co fin de que o profesorado de educación infantil e primeiro ciclo a use na clase coidando á súa vez que adquiran de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios da correspondente etapa ou ciclo. d) Aproba-lo procedemento que permita determinar de xeito individualizado o coñecemento da lingua materna dos alumnos e alumnas co fin de que sexan atendidos adecuadamente. e) Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado do centro. f) Elixi-los seus representantes no consello escolar do centro e no consello directivo do centro de formación continuada do profesorado. g) Propoñer todo tipo de iniciativas que tendan a mellora-lo funcionamento do centro en calquera dos seus aspectos. h) Aproba-los criterios pedagóxicos para a elaboración dos horarios dos alumnos. i) Aproba-la planificación xeral das sesións de avaliación e cualificación. l) Analizar e valora-lo rendemento escolar do centro mediante os resultados das avaliacións e outros parámetros que se consideren pertinentes. m) Coñece-las candidaturas á dirección e os programas presentados polos candidatos. n) Coordina-las funcións referentes a orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos e alumnas. ñ) Analizar e valora-los resultados da avaliación que do centro realice a Administración educativa ou calquera informe referente á súa marcha. o) Colaborar coa inspección educativa nos plans de avaliación do centro. 5.

ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE

Os órganos de coordinación docente son: - Comisión de Coordinación Pedagóxica Ceip Conmeniño

Páxina 6


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

- Equipos de Ciclo - Departamento de Orientación - Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística - Equipo de Biblioteca - Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares - Equipo de Novas Tecnoloxías A composición de cada un de estes equipos ven establecida polo Regulamento das Escolas de Educación Infantil e Primaria (Decreto 374/1996). Para realizar a súa labor de coordinación estes equipos reuniranse coa seguinte periodicidade:

EQUIPOS DE COORDINACIÓN Comisión de Coordinación Pedagóxica Equipos de Ciclo Departamento de Orientación Equipo de Normalización Lingüística Equipo de Biblioteca Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares Equipo de Novas Tecnoloxías

PERIODICIDADE REUNIÓNS Mensual Mensual Semanal Mensual Mensual Mensual Mensual

Todos os equipos de coordinación docente, ademáis das reunións reflexadas anteriormente realizarán unha sesión extraordinaria a principio de curso e outra a final para avaliar o funcionamento de cada un dos equipos. Ademáis poderán realizar todas as reunións que se estimen necesarias.

5.1.

COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA

A Comisión de Coordinación Pedagóxica terá as seguintes competencias: a) Elevar propostas ó claustro co fin de establecelos criterios para a elaboración dos proxectos curriculares. b) Velar para que a elaboración dos proxectos curriculares de etapa e o plan de acción titorial se realice conforme os criterios establecidos polo claustro. c) Asegura-la coherencia entre o proxecto educativo do centro, os proxectos curriculares de etapa e a programación xeral anual. d) Establece-las directrices xerais para a elaboración das programacións didácticas dos equipos de ciclo e do plan de acción titorial, así como das adaptacións curriculares incluídas no proxecto curricular. Ceip Conmeniño

Páxina 7


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

e) Propoñer ó claustro de profesores os proxectos curriculares para a súa aprobación. f) Velar polo cumprimento e posterior avaliación dos proxectos curriculares de etapa. g) Canaliza-las necesidades de formación do profesorado cara ó centro de Formación Continuada do Profesorado. h) Realizar, de se-lo caso, a proposta ó xefe de estudios co fin de que se designe o responsable do equipo de actividades complementarias e extraescolares. i) Propoñe-los profesores que han de formar parte do equipo de normalización lingüística. 5.2.

EQUIPOS DE CICLO

Son competencia do Equipo de ciclo: a) Formular propostas ó equipo directivo e ó claustro relativas á elaboración do proxecto educativo e programación xeral anual. b) Formular propostas á comisión de coordinación pedagóxica relativas á elaboración dos proxectos curriculares de etapa ou a modificación deles. c) Manter actualizada a metodoloxía didáctica. d) Elabora-la programación didáctica das ensinanzas que ten encomendadas, seguindo as directrices xerais establecidas pola comisión de coordinación pedagóxica. 5.2.1. EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL O Equipo de ciclo de EI estará formado por todos/as os mestres que imparten clase no mesmo. Este Equipo será o encargado de elaborar o período de adaptación dos nenos/as de 3 anos coa normativa vixente. PERÍODO DE ADAPTACIÓN: A incorporación dos nenos/ as de 3 anos á escola require unha atención especial. O período de adaptación debe incluir un conxunto de accións coa familia e os nenos/as, dirixidas a resolver dun xeito natural e gradual o conflicto que produce este cambio. O período de adaptación ven regulado na Orde do 25 de xuño de 2009. En dita Orde, faise referencia aos seguintes aspectos: a) Colaboración e participación das familias. b) Flexibilización do calendario e horario para os novos escolares. c) Actividades encamiñadas a unha mellor adaptación. d) Agrupación flexible do alumnado. O período de adaptación realizarase no mes de Setembro e nas datas que marque a Consellería de Educación no Calendario Escolar. Neste mesmo mes de Setembro, as familias acudirán a unha reunión onde se lles informará sobre o significado do período de adaptación e a necesidade da colaboración familia-escola. O/a titor/a de EI deberá recordar ás familias: a necesidade de axustar ós nenos aos horarios do centro; a importancia do control de esfínteres, hábitos de hixiene e limpeza, o abandono de cueiros… Ceip Conmeniño

Páxina 8


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

Como reflexa esta Orde, o agrupamento será flexible e os tempos tamén. Dende o primeiro día lectivo virán todos/as os nenos/as, pero irano facendo por quendas (establecidas polo titor/a, e en consecuencia co número de alumnado). O número de alumnos por quenda é variable, xa que depende do número de matrícula e tamén da evolución de cada neno/a. O Equipo de Ciclo reunirase unha vez ao mes e/ou cando se estime oportuno. 5.2.2. EQUIPO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os Equipos de Ciclo de Primaria estarán formados polo profesorado que imparte docencia. Hay 3 Equipos de ciclo: -

1º Ciclo (1º e 2º EP)

-

2º Ciclo (3º e 4º EP)

-

3º Ciclo (5º e 6º EP)

Todo o profesorado deberá estar adscrito a un dos Equipos de Ciclo. Estos reuniranse igualmente unha vez ao mes, ou cando sexa necesario.

5.3.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O Departamento de Orientación está formado polos mestres/as especialistas de Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL), o Orientador/a (Xefe do Departamento), e os coordinadores de ciclo. Son funcións do Departamento de Orientación: -Valorar as necesidades educativas no ámbito da orientación, dos alumnos do Centro, e deseñar, desenvolver e avaliar programas de programas de intervención específicos. -Participar nas programacións do Centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención do alumnado con NEAE. -Deseñar acción encamiñadas á acción temperá e á prevención de dificultades ou problemas de aprendizaxe, derivadas tanto de condicións desfavorables como de altas capacidades que presenten os alumnos/as. -Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade. -Facilitarlle ao alumnado o apoio e asesoramento necesarios para afrontar os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no Centro, o cambio de ciclo ou etapa ou o paso a Secundaria. -Impulsar a participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos hábitos de traballo intelectual, técnicas de traballo en grupo, habilidades sociais… -Promover a colaboración entre as familias e o Centro, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos/as. Ceip Conmeniño

Páxina 9


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

5.4.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

É competencia do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística: 1. Presentar, a través do claustro, propostas ó equipo directivo para a fixación dos obxectivos de normalización lingüística que se incluirán no proxecto educativo de centro. 2. Propoñer á comisión de coordinación pedagóxica, para a súa inclusión no proxecto curricular, o plan xeral para o uso do idioma, no cal se deberá especificar, cando menos: a) Medidas para potencia-lo uso da lingua galega nas actividades do centro. b) Proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lingua propia e a mellora-la competencia lingüística dos membros da comunidade educativa. 3. Propoñerlle á comisión de coordinación pedagóxica, para a súa inclusión no proxecto curricular, o plan específico para potencia-la presencia da realidade galega, cultura, historia, xeografía, economía, etnografía, lingua, literatura, arte, folclore, etc no ensino. 4. Elaborar e dinamizar un plan anual de actividades tendentes á consecución dos obxectivos incluídos nos plans anteriores. 5. Presentar para a súa aprobación no consello escolar o orzamento de investimento dos recursos económicos dispoñibles para estes fins. 6. Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria prevexa na súa normativa específica. 5.5.

EQUIPO DE BIBLIOTECA

Formarano varios Mestres, sendo un deles o/a Coordinador do mesmo. Preferentemente, o Equipo de Biblioteca estará guiado por un mestre/a con destino definitivo. O Equipo de Biblioteca será o encargado de elaborar e revisar “O Proxecto Lector de Centro” para dalo a coñecer ao Clautro. Entre as súas funcións está:  Coidar, custodiar e vixiar todo o material que se atopa na sala de Biblioteca.  Redactar e fixar unhas normas para a estancia en dita sala.  Informatizar co programa “Meiga” a catalogación dos libros disponibles.  Organizar os préstamos e devolucións de libros.  Organizar ao comezo de cada curso, xunto cos titores e a Xefatura de Estudos, o horario de utilización da aula.  Elaborar e dar a coñecer ao resto do Claustro o “Proxecto Lector” do Centro. 5.6.

EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

O xefe do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares terá, entre outras, as seguintes funcións: a) Elabora-lo programa anual destas actividades para o que se terán en conta as propostas dos equipos de ciclo, dos profesores e dos pais e as orientacións do claustro e comisión de coordinación pedagóxica. Ceip Conmeniño

Páxina 10


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

b) Programar cada unha das actividades especificando obxectivos, responsables, momento e lugar de realización, repercusións económicas e forma de participación do alumnado. c) Proporcionarlles ós alumnos e ós pais a información relativa ás actividades do equipo. d) Promover e coordina-las actividades culturais e deportivas en colaboración co claustro, a comisión de coordinación pedagóxica, os equipos de ciclo e a asociación de pais. e) Coordina-la organización dos intercambios escolares e calquera tipo de viaxes que se realicen cos alumnos. f) Distribuí-los recursos económicos destinados para o efecto, procedentes de achegas de institucións, asociacións ou do propio centro, logo de aprobación polo consello escolar. g) Elaborar unha memoria final de curso coa avaliación das actividades realizadas que se incluirá na memoria de centro. h) Presentar propostas ó equipo directivo para a realización e intercambio de actividades cos centros do seu contorno. 5.7.

EQUIPO DE NOVAS TECNOLOXÍAS

Este equipo estará formado por varios mestres/as, no cal un deles/as será o/a Coordinador TIC. Entre as funcións do Equipo de NNTT estarán: o Coidar, custodiar e vixiar todo o material que se atopa na aula de Informática. o Redactar e fixar unhas normas para a estancia en dita aula. o Organizar ao comezo de cada curso, xunto cos titores e a Xefatura de Estudos, o horario de utilización da aula. o Expor un parte de incidencias dos Equipos (PC, auriculares etc) para tentar de solucionalas. o Elaborar e dar a coñecer ao resto do Claustro o “Plan TIC” do Centro. Ademáis destes órganos de coordinación docente, o centro está aberto a todo tipo de proxectos ou cursiños que poidan xurdir para os que contarán con persoas responsables para a súa coordinación. 6.

ORGANIZACIÓN E UTILIZACIÓN DE ESPAZOS

No CEIP Conmeniño hai dous edificios. Un, onde están as aulas de Educación Infantil e Primaria, e outro, un pavillón deportivo multiusos. No primeiro están ubicadas as Titorías, Aula de Música, Aula de Inglés, sala de profesores, Biblioteca, Aula de Informática, Aula de Audiovisuais, Laboratorio, Comedor, Secretaría, Dirección e Xefatura de Estudos. A Biblioteca, a aula de Informática, a aula de Audiovisuais e o Laboratorio son espazos comúns. Procurarase que cada un de estes espazos teña unha persoa responsable (que será no seu caso, o/a coordinador/ a de Biblioteca e/ou novas

Ceip Conmeniño

Páxina 11


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

tecnoloxías; ou o mestre/a que esté de garda nese momento) que terá as funcións detalladas anteriormente. A persoa encargada, de ser posible, será nomeada por dous cursos académicos. - A aula de informática utilizarase para a dinamización das TICs no centro, e, para todas as titorías, según a hora que teñan asignada no cadro horario de disposición da aula, colgado na porta da mesma. - A Biblioteca é unha sala de lectura, préstamo de libros e de consulta. Do mesmo xeito, haberá un horario de uso para cada unha das titorías. Estará disponible para o alumnado: - Na hora que lles corresponda nos seus horarios de aula. - Na hora do recreo para Educación Infantil e Primaria. - A sala de audiovisuais ou salón de actos utilizarase para todo tipo de videos, diapositivas, proxeccións, etc, así coma para as representacións tetarais e literarias que poidan xurdir para as distintas festividades que se celebran ao longo do curso académico. Debe comunicarse a Xefatura de estudios a súa ocupación para evitar coincidencias. - O Laboratorio, que se utilizará cando se estime oportuno, pero sempre baixo a vixianza dun mestre/ a. - Os patios de recreo: Hai dúas zonas: un patio arredor do colexio e o pavillón deportivo. Dentro do patio de recreo, unha parte do mesmo é un pequeno areeiro infantil. Será utilizado soamente polo alumnado de Educación Infantil segundo o horario desta Etapa. No Pavillón Deportivo impartiranse as clases de Educación Física. Poderase usar tamén no horario escolar (recreos, actividades extraescolares, etc), cando o Equipo Directivo e o Claustro o consideren oportuno, e sempre coa vixilancia do profesorado. 6.1.

UTILIZACIÓN DOS ESPAZOS DENTRO DO HORARIO LECTIVO

Ao comezo de cada curso, cada ciclo presentará a Comisión de Coordinación Pedagóxica, a través do coordinador de ciclo, un plan detallado das necesidades de utilización de espacios, incluindo horario e datas. Analizadas ditas peticions pola C.C.P. e oído o informe da mesma, será o Equipo Directivo quen asigne a utilización dos espazos sempre tendo en conta que os criterios que primen para a asignación de espazos solicitados por máis de un profesor/a son os seguintes: Preferencia das actividades de carácter xeral, fronte ás específicas e particulares. Preferencia por aquelas actividades directamente relacionadas co contido xeral dunha área determinada, fronte a aspectos parciais e particulares. Preferencia polas actividades que requiran concurrencia de ciclos ou cursos completos, fronte a grupos máis reducidos. Tódalas dependencias de uso común, disporán do correspondente horario de utilización que se elaborará a principio de curso. Calqueira alteración puntual debe Ceip Conmeniño

Páxina 12


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

ser comunicada á Xefatura de Estudios. O horario de cada dependencia estará nas portas de ditas dependencias. Ademáis, os espazos comúns como son: a Biblioteca, a sala de Informática, a sala de Audiovisuais, o Laboratorio, etc. terán unhas Normas, ademáis das Normas de Convivencia do Centro, de obrigado cumplimento por tódolos membros da Comunidade Educativa. 6.1.1. NORMAS DA BIBLIOTECA 1. Os libros deberán ser tratados con respecto e coidado. Se un alumno perde un libro deberá abonar o seu importe. 2. O préstamo de libros farase informatizado mediante o programa MEIGA. 3. O préstamo dos libros poderá realizarse: - Segundo o horario prefixado para cada nivel ao inicio do curso. - Controlar os préstamos dos seus alumnos - Controlar que os seus alumnos coloquen os libros no lugar axeitado para que as estanterías continúen ordeadas. - Na hora do recreo para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria: o préstamo de libros será controlado polo profesorado do Equipo Biblioteca. - O/a alumno/a será o encargado de colocar o libro no lugar axeitado atendendo ao seu distintivo e á súa numeración. - O alumnado non poderá comer dentro da sala. 4. Calqueira mestre/a tamén poder facer uso do préstamo de libros da biblioteca. O procedemento sería igual ca o dos rapaces. 5. Ao principio de cada curso establecerase un horario de uso da biblioteca que se colocará na porta da mesma. 6.1.2. NORMAS DA AULA DE INFORMÁTICA A aula de informática debe ser un lugar no que se poñan en acción certos resortes tecnolóxico-educativos cun fundamento educativo claro e específico. Utilizar a aula de informática exclusivamente como lugar de esparexemento evita o uso educativo por parte doutros profesionais. Deben especificarse unha serie de normas claras no uso da sala de ordenadores: 1. Os alumnos non poderán traer xogos das súas casas para utilizar na aula de informática, pois poden conter virus ou tratarse de xogos pouco educativos. 2. De precisarse descargar algún programa para realizar algún traballo específico será o profesor/a o encargado de descargalo. 3. É recomendable que cada grupo de alumnos que traballe nun ordenador abra unha carpeta co seu nome na que arquivará tódolos seus traballos. 4. O profesor/a sempre supervisará o labor dos alumnos en cada ordenador. Os ordenadores non poden aparecer DESORDENADOS. Antes de finaliza-la clase, o profesor encargado supervisará os ordenadores para que non aparezan arquivos ou carpetas fóra do seu lugar. 5. As imaxes descargaranse só cun fin: elaboración dun traballo, non como un xogo. Ao finaliza-la sesión eliminaranse tódalas imaxes que no sexan necesarias. Si se Ceip Conmeniño

Páxina 13


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

baixan para o escritorio, ao finaliza-la clase volveranse a poñer o ordenador como estaba ao principio. Será o profesor o encargado de comprobar que non queden imaxes arquivadas sen eliminar. 6. Os ordenadores non son un xoguete. En todo momento a tarefa que estén realizando os alumnos deberá estar controlada polo profesor/a e ter fins educativos. Os momentos nos que o ordenador se utilice con fins lúdico-educativos será sempre supervisado polo profesor/a. 7. Debe haber sempre un profesor cos alumnos na aula. 8. Para utilizar a aula hai que apuntarse nun cuadrante que para o efecto se atopa exposto na porta de entrada. 9. Non se pode comer nin beber na aula de informática. 10. Debe manterse o material en perfecto estado: ratos, alfombrillas, teclados... 11. É altamente recomendable a asignación de ordenadores aos alumnos para todo o curso para que, en caso de danos, exista un responsable. Cada alumno é responsable do ordenador onde senta, debendo indicar ao profesor os danos que atope nel no momento de comezar a usalo. Calquera dano nun ordenador será atribuído ao último usuario deste, debendo aboar o prezo do seu arranxo ou substitución. 12. Queda totalmente prohibida a instalación de programas ou xogos por parte dos alumnos, nin obviamente a modificación do disco duro. 13. Os equipos deben apagarse correctamente. 14. Está prohibido colocar sobre as mesas: bolsas, paquetes, maletas ou calquera outro material que poida danar os equipos ou o cableado da rede. 15. Antes de abandonar a aula, esta debe quedar totalmente recollida: as cadeiras colocadas, os ordenadores apagados correctamente, etc. 16. A aula é un lugar de traballo: non está permitido o uso de chats, Messenger, programas de descarga p2p: Emule, etc, xogos non educativos ou mensaxería a móbiles. 17. No caso de producirse algunha incidencia no hardware ou no software apuntarase no parte de incidencias exposta na porta do primeiro armario. 18. O cable de conexión da PDI debe quedar recollido ao terminar cada sesión. 19. No caso de instalación de software educativo que non se poida instalar por necesitar clave de administrador, solicitarase a instalación ou a clave a membros do equipo directivo ou ao coordinador TIC que posúen dita clave. 6.1.3. NORMAS DA AULA DE AUDIOVISUAIS E LABORATORIO 1. Os alumnos deberán acudir á sala de audiovisuais sempre acompañados dun profesor. 2. Entrarán e sairán sempre con orde, sen correr e respectando os demáis. 3. Deberán sentarse nas cadeiras. ¡As mesas non son un lugar para sentarse! 4. As cadeiras e as mesas non se deberán mover do lugar no que estaban colocadas. No caso de que sexa imprescindible, ao finalizar a clase deberán de ser colocadas no mesmo lugar no que estaban ao entrar. 5. Se queremos disfrutar da sala de Audiovisuais/Laboratorio debemos manter orde e silencio, respectando a todos os compañeiros. 6. Tódolos aparatos de audiovisuais/materiais do Laboratorio usados durante a clase deberán deixarse no mesmo lugar no que estaban colocados. Ceip Conmeniño

Páxina 14


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

NORMAS DE CONVIVENCIA A Comunidade Educativa do CEIP Conmeniño, a través dos cauces democráticos de participación, elabora e aproba as seguintes normas de convivencia: Artigo 1 Tódolos alumnos deberán asistir diariamente a clase con puntualidade, ben aseados, co material preciso e co traballo realizado. Artigo 2 O alumnado deberá segui-las orientacións do profesorado, sempre mostrándolle o debido respecto e consideración. Artigo 3 Todos temos dereito a que se nos escoite as nosas opinións con respecto e consideración. Artigo 4 Ningún membro da comunidade educativa pode ser discriminado por razón de nacemento, raza, sexo ou calquera outra circunstancia. Artigo 5 Tódolos alumnos deberán de coidar e utilizar correctamente tódolos mobles e instalacións do centro e respectar as pertenzas dos outros membros da comunidade educativa e os seus propios. Artigo 6 Os compañeiros relacionarémonos entre nós dun modo cordial e con respecto, evitando os insultos, bromas de mal gusto, agresións... Artigo 7 No colexio moderarase o ton de voz, evitando correr e dar voces polos corredores e escaleiras, entrando e saíndo sempre con orde. Artigo 8 Non se debe permanecer nos corredores ou sair ós servicios nos cambios de clase sen o permiso dun profesor (preferible co permiso do profesor que lle corresponda na seguinte sesión) Artigo 9 Fóra do horario lectivo, o alumnado non pode permanecer nos corredores nin nas clases sen a debida autorización e sempre cunha persoa responsable. Nos recreos os alumnos non poden permanecer nas aulas sen un profesor o seu cargo. Artigo 10 O profesorado deberá atender as demandas e problemas que poidan xurdir nos patios de recreo, para o que se establecerán unhas quendas de coidado de recreos. Procuraremos que eses problemas queden solucionados no patio para que trascendan o mínimo ás posteriores clases. É importante atender ás demandas dos rapaces en todo momento, en especial no que atinxe a agresións verbais ou físicas. Artigo 11 Tódolos alumnos teñen o dereito a elexir e ser elexidos delegados. Para que a participación sexa maior, periodicamente renovaranse os cargos. Artigo 12 Tódolos alumnos teñen o deber de participar na vida e funcionamento do centro. Artigo 13 Ceip Conmeniño

Páxina 15


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

Procurarase que as clases sexan lúdicas e agradables. Respectaranse os horarios acordados e as actividades responderán os obxectivos plantexados no PE. Artigo 14 Os alumnos deben respectar estas normas de convivencia tanto no periodo lectivo coma nas actividades extraescolares ou no servicio de comedor, poidendo ser amonestados coa privación de ditos servicios ou actividades se non cumplisen ditas normas. Artigo 15 Deberase presentar a xustificación de falta de asistencia asinada polos pais ou representantes legais nun prazo non superior a tres días dende o momento en que se produce a reincorporación ao centro... Artigo 16 Ata que as filas estean en orde en en silencio, non se prodecederá á subida as aulas. Artigo 17 Os alumnos deben traer as tarefas feitas de casa, entregar os traballos nas datas indicadas e realizar as actividades que se formulen en clase. Artigo 18 Os alumnos deben traer o material escolar necesario para o desenvolvemento das tarefas na aula. Artigo 19 Os alumnos deben cumplir as normas establecidas na súa aula asi como as establecidas en cada unha das actividades escolares, extraescolares e complementarias. Artigo 20 Queda prohibido que os alumnos traian móviles e aparatos electrónicos ao colexio. Artigo 21 É obligatorio o uso do diálogo en caso de conflito evitando agresións físicas e verbais. Artigo 22 Toda a comunidade educativa debe de respectar o Proxecto Educativo do centro cumprindo os seus dereitos e as súas normas de convivencia. 6.2.

CORRECCIÓN DE CONDUCTAS

Tódalas conductas do alumnado que non respecten as anteriores normas de convivencia deberán de ser correxidas. Asimesmo poderán ser correxidas as actuacións do alumno realizadas fóra do recinto escolar se están motivadas ou directamente relacionadas coa vida escolar e afecten ós seus compañeiros ou a outros membros da comunidade educativa. (Artigo 46 do Real Decreto 732/1995 polo que se establecen os dereitos e deberes dos alumnos e as normas de convivencia no centro B.O.E 2/6/95) Clasificaremos esas conductas en: • Conductas contrarias ás normas de convivencia • Conductas gravemente perxudiciais para a convivencia do centro As conductas gravemente perxudiciais para a convivencia do centro conlevan á formación dun expediente do alumno.

Ceip Conmeniño

Páxina 16


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

6.2.1. CONDUTAS CONTRARIAS ÁS NORMAS DE CONVIVENCIA As condutas contrarias ás normas de convivencia do centro poderán ser corrixidas con: a) Amoestación privada ou por escrito (debe ser o titor quen conserve unha copia, e sempre informando ao Equipo Directivo e ao Orientador/a; será o titor o/a ou mestre especialista o encargado de impoñer as medidas correctivas que estime oportunas). b) Comparecencia inmediata ante o Xefe de estudios. c) Realización de traballos específicos en horario non lectivo. d) Realización de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do centro ou, se procede, dirixidas a reparar o dano causado ás instalacións ou ao material do centro ou ás pertenzas doutros membros da comunidade educativa. e) Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro. f) Cambio de grupo do alumno por un prazo máximo dunha semana. g) Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un prazo máximo de tres días. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumno deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo. h) Suspensión do dereito de asistencia ao centro por un prazo máximo de tres días lectivos. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumno deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo. Competencia das correccións: Serán competentes para decidir as correccións previstas no artigo anterior: 1. Os profesores do alumno, oído este, as correccións que se establecen nos parágrafos a) e b), dando conta ao titor e ao Xefe de estudios. 2. O titor do alumno, oído o mesmo, as correccións que se establecen nos parágrafos a), b), c) e d). 3. O Xefe/a de estudos e o Director, oído o/s alumno/s implicado/s e o seu profesor ou titor, as correccións previsas nos parágrafos b), c), d), e) f). 4. O Xefe/a de estudos e o Director, oído/s o alumno/s, as establecidas nos parágrafos g) e h), encomendada esta función polo Consello Escolar na aprobación de este Regulamento tal como se estabrece no artigo 50 do Real Decreto 732/1995, de 5 de maio, polo que se estabrecen os dereitos e deberes dos alumnos y as normas de convivencia nos centros. O Director, oído o titor e o equipo directivo, tomará a decisión tras oír ao alumno e aos seus pais ou representantes legais, nunha comparecencia da que se levantará acta. O Director aplicará a corrección prevista no parágrafo h) Ceip Conmeniño

Páxina 17


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

sempre que a conduta do alumno dificulte o normal desenvolvemento das actividades educativas, debendo comunicala inmediatamente ó Observatorio de convivencia do centro.

6.2.2. CONDUTAS GRAVEMENTE PERXUDICIAIS PARA A CONVIVENCIA DO CENTRO Non poderán corrixirse as condutas gravemente prexudiciais para a convivencia no centro sen a previa instrución dun expediente, que, tras a recollida da necesaria información, acorde o Director do centro, ben pola súa propia iniciativa ou ben por proposta do Consello Escolar do centro. Considéranse condutas gravemente prexudiciais para a convivencia no centro: 1. 2. 1. 3. 4. 5. 6. 7.

Os actos de indisciplina, aldraxe ou ofensas graves contra os membros da comunidade educativa. A reiteración, nun mesmo curso escolar, de condutas contrarias ás normas de convivencia do centro. A agresión grave física ou moral contra os demais membros da comunidade educativa ou a discriminación grave. A suplantación de personalidade en actos da vida docente e a falsificación ou subtracción de documentos académicos. Os danos graves causados por uso indebido ou intencionadamente nos locais, material ou documentos do centro ou nos bens doutros membros da comunidade educativa. Os actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do centro. As actuacións prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros da comunidade educativa do centro, ou a incitación a estas. O incumprimento das sancións impostas.

6.2.3. CORRECCIÓN DAS CONDUCTAS GRAVEMENTE PERXUDICIAIS PARA A CONVIVENCIA DO CENTRO As condutas gravemente perxudiciais para a convivencia do centro poderán ser corrixidas con:

Ceip Conmeniño

Páxina 18


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

a. Realización de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do centro ou, se procede, dirixidas a reparar o dano causado ás instalacións ou ao material do centro ou ás pertenzas doutros membros da comunidade educativa. Estas tarefas deberán realizarse en horario non lectivo. b. Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro. c. Cambio de grupo. d. Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases durante un período superior a cinco días e inferior a dúas semanas. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumno deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo. e. Suspensión do dereito de asistencia ao centro durante un período superior a tres días lectivos e inferior a un mes. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumno deberá realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo. f.Cambio de centro. O Consello Escolar imporá as correccións enumeradas nos epígrafes anteriores conforme ao procedemento previsto no artigo 54 do Real Decreto 732/1995, de 5 de maio, polo que se estabrecen os dereitos e deberes dos alumnos e as normas de convivencia nos centros. Cando se impoña a corrección prevista no parágrafo e) do apartado anterior, o Consello Escolar poderá levantar a suspensión do seu dereito de asistencia ao centro ou readmitilo no centro antes do esgotamento do prazo previsto na corrección, logo de constatación de que se produciu un cambio positivo na súa actitude. Cando se impoña a corrección prevista no parágrafo f) do apartado 1 deste artigo a un alumno de ensino obrigatorio, a Administración educativa procurará ao alumno un posto escolar noutro centro docente. As condutas gravemente prexudiciais para a convivencia no centro prescribirán no prazo de catro meses, contados a partir da data da súa comisión. As correccións impostas como consecuencia destas condutas prescribirán á finalización do curso escolar. 6.2.4. PROCEDEMENTO PARA A TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES DISCIPLINARIOS 1. A instrución do expediente levarase a cabo por un profesor do centro designado polo Director. A devandita incoación comunicarase aos pais, titores ou responsables do menor. 2. O alumno e, no seu caso, os seus pais ou os seus representantes legais poderán recusar o instrutor ante o Director cando da súa conduta ou manifestacións se poida inferir falta de obxectividade na instrución do expediente.

Ceip Conmeniño

Páxina 19


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

3. Excepcionalmente, ao iniciarse o procedemento ou en calquera momento da súa instrución, o Director, por decisión propia ou a proposta, se é o caso, do instrutor, poderá adoptar as medidas provisionais que considere convenientes. As medidas provisionais poderán consistir no cambio temporal de grupo ou na suspensión do dereito de asistencia ao centro ou a determinadas clases ou actividades por un período que non será superior a cinco días. As medidas adoptadas serán comunicadas ao Consello Escolar, que poderá revogalas en calquera momento. 4. A instrución do expediente deberá acordarse nun prazo non superior aos dez días, dende que se tivo coñecemento dos feitos ou condutas merecedoras de corrección conforme ao Real Decreto 732/1995, de 5 de maio, polo que se estabrecen os dereitos e deberes dos alumnos y as normas de convivencia nos centros. 5. Instruído o expediente darase audiencia ao alumno e, se é menor de idade, ademais aos pais ou representantes legais daquel, comunicándolles en todo caso as condutas que se lle imputan e as medidas de corrección que se propoñen ao Consello Escolar do centro. O prazo de instrución do expediente non deberá exceder de sete días. 6. Comunicarase ao Servizo de Inspección Técnica o inicio do procedemento e manterao informado da tramitación ata a súa resolución.

6.2.5. PROCEDEMENTO SANCIONADOR Para controlar o cumprimento da normativa expresada neste regulamento dispoñemos de tres documentos informativos: a) Parte de amoestación. O parte de amoestación utilizarase como primeira medida disuasoria unha vez esgotadas todas as vías naturais de control de aula e á vez como unha medida informativa. Disuasoria porque os pais serán informados cando a gravidade da amoestación ou o número de partes así o aconsellen. Informativa porque o titor terá completa información do incumprimento das normas de cada un dos seus alumnos tanto nas súas clases coma nas dos profesores especialistas e dentro e fora do colexio se están motivadas ou directamente relacionadas coa vida escolar e afecten ós seus compañeiros ou a outros membros da comunidade educativa. (Artigo 46 do Real Decreto 732/1995). Para iso, cada profesor especialista deberá remitir copia do parte ao profesor titor. O parte de amoestación pode ser imposto en calquera momento, tanto en clase como fóra dela ou nos recreos. O titor analizará os partes periodicamente e valorará as posibles medidas correctoras contempladas no apartado 6.3.1 do presente regulamento. Á súa vez valorará a conveniencia de informar aos pais das Ceip Conmeniño

Páxina 20


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

devanditas medidas así como dos partes de amoestación e da posibilidade de que poida incorrer nunha conduta contraria ás normas de convivencia por reiteración no seu incumprimento, e que pode levar consigo sancións que poden levar á expulsión temporal do centro ou mesmo definitiva. b) Comunicación ás familias de conduta contraria ás normas de convivencia no centro. No caso de reiterados incumprimentos das normas de convivencia do centro (achegando os partes de amoestación oportunos) ou cando o parte de amoestación sexa por condutas gravemente prexudiciais para as normas de convivencia do centro, empregarase o parte de comunicación de conduta contraria ás normas de convivencia, asinado polo titor, o director e os pais, onde figurará a sanción imposta, que poderá ser de expulsión do centro de ata 3 días seguindo o trámite exposto no punto 6.3.1.4 do presente regulamento. c) Comunicación ás familias de conduta gravemente prexudicial para as normas de convivencia do centro. Unha vez que a Comisión de Convivencia, composta polos mestres pertencentes ao Observatorio de Convivencia, en primeira instancia, o Observatorio de Convivencia e o Consello Escolar determinen a gravidade da conduta e/ou a reiteración das mesmas, dito Consello Escolar determinará a posibilidade de abrir expediente ao alumno por considerar que a súa conduta é gravemente prexudicial para as normas do centro comunicando á familia a través da comunicación de conduta gravemente prexudicial para as normas de convivencia do centro os acordos adoptados, coa sinatura do titor, o director e os pais, e que podería levar aparelladas as correccións expostas no punto 6.3.3 do presente regulamento podendo chegar mesmo á expulsión do centro. 6.3.

UTILIZACIÓN DOS ESPAZOS FÓRA DO HORARIO LECTIVO

O uso dos diferentes espacios e dependencias do centro fóra do horario lectivo, tanto polo alumnado, como por calquera persoa allea ao centro ou entidade administrativa, oficial ou non, fixarao a Dirección do centro, de acordo coas atribucións que, para tal fin, lles otorga a Administración Educativa .Se fora necesario, consultaríase ao Consello Escolar. En ningún caso haberá alumnado nas dependencias do centro sen estar asistido por unha persoa adulta responsable. 7. PROFESORADO E ALUMNADO 7.1.

PROFESORADO

A asignación do profesorado aos distintos ciclos, niveis ou áreas corresponde, oído o claustro, á dirección de acordo coas instruccións dictadas para tal efecto pola Administración Educativa. Os profesores teñen os dereitos e deberes que, como funcionarios docentes, a lexislación establece. Ceip Conmeniño

Páxina 21


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

7.2.

ALUMNADO

A Admisión do alumnado novo corrresponde ó Consello Escolar a través da súa Comisión de escolarización e sempre de acordo coa lexislación vixente (Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos). Hai un convenio do Ministerio de Defensa coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia polo que o alumnado fillo de militares teñen dereito preferente para seren admitidos no centro (Resolución 121/2000 do 25 de abril. BOE 4/5/00). O comezo de cada curso teranse confeccionadas as listas provisionais pola Secretaría do centro e serán suministradas a cada un dos profesores titores. Os criterios xerais de agrupamento do alumnado en aulas que temos en conta son os seguintes: 1. O agrupamento do alumnado será por orde alfabético dende educación infantil, nivelando o número de nenos e de nenas en cada unha das aulas. 2. Intentarase mante-lo grupo (aula) dende educación infantil sempre e cando non haxa unha diferencia de máis de tres nenos. Se veñen alumnos novos, iranse completando ata iguala-las aulas. 3. Se ven un alumno novo: - Se as clases teñen igual número de nenos, irá para o grupo A ou B, según a orde alfabética. - -Se hai diferente número de nenos, irá en xeral para a clase onde hai menos alumnos/as, pero terase en conta as características das dúas aulas: - Se hai nenos/as con difiicultades - Se hai nenos/as con problemas de conducta. Neste caso de que a clase teña un alumnado con NEAE, consultarase co/a Orientador/a, titores, especialistas e profesorado implicado nas dúas aulas. 4. O alumnado con NEAE e os repetidores serán repartidos en partes iguais nas dúas aulas. En xeral por orde alfabética, pero se hai dúbidas polas características da aula, contarase coa información do departamento de orientación e do profesorado que lles deu clase para ver en que aula se deben de colocar. 5. En caso de xemelgos ou ben dous irmáns no mesmo nivel, en xeral, se procurará que cada un esté en diferente aula. 6. A finais de maio, prestarase especial atención, preferentemente ao remate do ciclo, a aqueles grupos que teñan un desfase entre eles, para establecer medidas excepcionais nos agrupamentos. Ademáis da distribución do alumnado por aulas, establecemos outro tipo de agrupamentos como grupos de traballo, obradoiros, grupos de apoio… Estes diversos modelos de agrupamento que adoptamos son unha dimensión esencial do PE. Cremos que utilizar un único modelo de agrupamento, con independencia da diversidade de características do conxunto de alumnos e das actividades ensinanza aprendizaxe, limita o potencial enriquecedor do proceso educativo. A diversidade de agrupamentos ao longo deste proceso cumpre varios obxectivos: Ceip Conmeniño

Páxina 22


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

1. Proporciona un maior coñecemento e aceptación entre os alumnos. 2. Proporciona unha mellor explotación das actividades escolares 3. Constitúe un instrumento de adecuación metodolóxica ás necesidades dos nosos alumnos/as. 4. É un instrumento para ter en cnta as diferencias individuais de aprendizaxe de cada persoa e favorece que cada un atope a súa forma más idónea de aprender. Para seleccionar os diversos tipos de agrupamento temos en conta: - O modelo educativo do centro.(PE) - A observación real dos nosos alumnos e alumnas e da predicción das súas necesidades. - As posibilidades e recursos, materiais e humanos, do centro. - A súa flexibilidade para adaptar os agrupamentos a certas actividades, áreas… - Consideran ao mestre como facilitador e organizador das situacións de aprendizaxe. En resumen, cremos que é enriquecedor para o alumnado e para o grupo ter flexibilidade en canto aos agrupamentos, dependendo das características dos alumnos e das actividades que se realicen. En ningún momento un alumno/a pode ser discriminado por razón de raza, sexo.... ou calqueira outro motivo. Tódolos alumnos teñen uns dereitos e deberes que veñen reflexados no Real Decreto 732/1995 do 5 de maio (BOE. 2/6/96) e concretados nas Normas de Convivencia do presente regulamento. 8. PERSOAL ADMINISTRATIVO E DE SERVICIOS O persoal administrativo e de servicios terá os dereitos e obrigacións establecidos nos seus propios regulamentos e convenios laborais. Será o Secretario do centro o encargado de coordinar, dirixir e supervisar a actividade de funcionamento do personal de administración e servicios adscrito o seu centro. Correspóndelle ó Consello escolar toma-las medidas encamiñadas á resolución de conflictos relacionadas coa convivencia de dito persoal. 9. FAMILIAS As familias teñen os dereitos e deberes que, como tales, a lexislación lles otorga. Entre os seus dereitos están: - Ser informados, polo menos unha vez trimestralmente, do progreso de aprendizaxe dos seus fillos. - Poder asistir polo menos a unha reunión anual coa titoría do seu fillo para informarlle da marcha do curso. En dita reunión deberá ser informado do presente Regulamento. e de P.E. do centro. - Poder solicitar entrevistas que o profesor titor ou con calquera profesor especialista do seu fillo para poder informarse de calquera asunto relacionado co centro ou coa marcha do aprendizaxe do seu fillo. - Poder solicitar entrevistas co equipo directivo, sempre respetando o horario deste, para solucionar calquera problema. Ceip Conmeniño

Páxina 23


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

Os seus deberes poderiamos resumilos nun: “Preocuparse pola marcha do seu fillo/a no colexio”. O alumno deberá asistir ao colexio puntualmente, ben vestido e aseado e cas tarefas feitas. Corresponderá aos seus pais a súa supervisión. A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) é un organismo autónomo dentro do organigrama do centro. As súas atribucións veñen determinadas polo disposto no artigo 105 do Regulamento Orgánico das escolas de E. Infantil e dos Colexios de E. Primaria. 10. FUNCIONAMENTO DOS SERVIZOS EDUCATIVOS 10.1. SERVIZO DE TRANSPORTE O colexio ofrece un servizo de transporte oficial que comprende tres rutas: - 1ª.- Porto Meloxo- O Con- A Carballeira- O Corgo- Confín. - 2ª.- Virxe das Mareas- Boibas- Terra de Porto- Sineiro. - 3ª.- Balea- Estonllo. Os alumnos deberán de respectar as Normas que dicten os/as monitores/as que os acompañan no seu traxecto. 10.2. SERVIZO DE COMEDOR Dende o curso 07/08, o centro ofrece o servizo de comedor xestionado pola A.N.P.A. Os alumnos poden facer uso deste servicio tódolos días, en días prefixados de antemán, sempre de acordo cas Normas que a mesma ANPA e a súa Asamblea establecen. As Normas de Convivencia do Comedor serán as seguintes: - As persoas encargadas terá que educar aos alumnos/as en hábitos de hixiene, respecto, colaboración..., axudadas das familias e o profesorado - Os alumnos/as deberán lavar as mans antes e despois de entrar ao Comedor. - Cepilla-los dentes despois de comer. - Gardar a compostura despois do comedor: na conversa, limpeza... - É convinte que os nenos máis pequenos traian un neceser cos seus útiles de hixiene. - O alumnado deberá falar en tono moderado, evitando gritos e/ou voces. - Deberán permanecer sentados en todo momento, levantando a man cando necesiten pedir algo. - O alumnado que utilice o servicio de comedor non podrá sair do recinto escolar no horario establecido para o Comedor, excepto que o fagan en compañía dos pais ou tutores ou con permiso por escrito dos mesmos e sempre co coñecemento da persoa/s responsable do comedor e o visto bó da Dirección. - En ningún momento os alumnos/as podrán acceder ás dependencias alleas ao Comedor ou entrar nas aulas sin previa autorización. - Todo o alumnado debe respectar o mobiliario, enseres e instalacións do Ceip Conmeniño

Páxina 24


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

-

-

Centro. O deterioro das mesmas (pintadas nas paredes ou portas, rotura, ou uso indebido, etc.), levará consigo a reparación ou pago do mesmo, así como as sancións oportunas. Durante o tempo deste servicio, todos os alumnos/as deberán seguir as indicacións dos/as vixiantes. Deberán tamén observar o comportamento que se require no Comedor, así coma respectar ao resto de compañeiros, persoal de servicio e vixianza, e cumplir as normas de convivencia, aseo e hixiene. O incumplimento das normas será motivo de comunicalo aos pais. E, de persistir nesa actitude de incumplimento, pode dar lugar á expulsión temporal ou definitiva do Comedor.

O horario do servizo de comedor é de 12.55 ás 15 horas. Para dito fin, utilizarase unha aula da primeira planta do colexio, e, ao igual que os demáis espazos, terán establecidas unhas Normas (xa especificadas anteriormente) coas súas respectivas consecuencias. 11. FUNCIONAMENTO DAS ACTIVIDADES 11.1. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS- SAÍDAS Para non repetir saídas escolares, o equipo de actividades complementarias e extraescolares elaborará unhas saídas fixas para os distintos cursos ou ciclos. Ademáis tódolos cursos cada ciclo programará as saídas que vai realizar. Estas saídas serán coordinadas polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e deberán formar parte do Plan Xeral Anual, polo que estarán aprobadas polo Consello Escolar. Cando non se atopen na Programación anual, o profesorado comunicarao á Xefatura de Estudios. Cando se vaia realizar unha actividade complementaria, unha persoa responsable (coordinador/a de ciclo ou un profesor/a do nivel) ten que comunicar ao xefe do equipo de actividades complementarias tódolos datos referentes á actividade: - Obxectivos da actividade - Curso ou nivel a quen vai adicado a actividade - Profesorado responsable. Acompañantes - Nº de alumnos/as que participan na actividade - Datos económicos da actividade: custo, aportacións.... O xefe do equipo de actividades complementarias facilitaralle á xefatura de estudios unha copia das actividades realizadas. O alumnado que por calqueira motivo non participe na actividade será atendido no colexio, previo aviso á xefatura de estudios. Para a programación das diferentes actividades complementarias terase en conta o seguinte: - En cada saída farase unha autorización, que deberán firmar os pais/nais ou titores, para poder realizala dentro do horario escolar. - Non se poderá sacar do centro, baixo ningún concepto, un alumno que non teña a autorización firmada para realizar a saída. - En tódalas saídas irá polo menos un profesor por cada grupo de 20 Ceip Conmeniño

Páxina 25


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

-

alumnos/as (Artigo 76 do Regulamento Orgánico das Escolas de E.I. e dos colexios de E.P. D.O.G. 21/10/96). Serán acompañantes nas saídas escolares preferentemente os titores, o profesorado do mesmo nivel, ciclo ou os especialistas que incidan no mesmo. Garantirase, alomenos, unha saída en cada curso, independentemente se se fai o principio ou ao final do mesmo.

11.2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES As actividades extraescolares son organizadas pola ANPA. Tódolos anos a principio de curso ANPA oferta aos alumnos unha serie de actividades, unhas de elas son subvencionadas polo concello e outras non. Garantizarase que polo menos tódolos alumnos que así o soliciten podan ir a unha das actividades subvencionadas. Estas actividades extraescolares sempre están a cargo de persoas cualificadas para impartirlas. En todo o momento o alumnado que acuda ao centro deberá estar controlado pola persoa responsable da actividade. 12. HORARIO DO CENTRO. ORGANIZACIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS A xornada escolar é mixta, polo tanto, organizarase en sesión de mañá de 9:00 a 12:51 h. de luns a venres e de 15:00 a 16:55 h. os luns, mércores e xoves. O recreo abranguerá un período de media hora (de 11:30 a 12:00 h.), facéndoo ao mesmo tempo Educación Infantil e Primaria, ainda que en dous espazos distintos. Nos meses de setembro e xuño a xornada será continuada, sendo o horario do centro de luns a venres de 9:00 a 13:45 h. Os alumnos de Educación Infantil terán reservado o “areeiro”, e os alumnos de Primaria, os arredores do patio: campos traseiros, pista de baloncesto… Co obxectivo da boa organización das entradas e saídas, establécense as seguintes normas: 1. O persoal do centro, alumnado e profesorado, estará no centro á hora de comezo da xornada lectiva. Evitaranse mandar aos rapaces con moito adianto así como deberán respetar a puntualidade á hora de chegar ao colexio. 2. Os pais que acompañen os seus fillos ao centro, dexarannos na entrada do recinto escolar, onde os recollerán á saída. Os pais do alumnado de E. Infantil poderán acompañar aos nenos ata a parte de diante do edificio. 3. Os pais non poderán acceder aos corredores nin ás aulas sen a debida autorización. Deberán poñerse en contacto co conserxe quen despois de falar coa persoa interesada lle dira o que debe de facer. (Para atención a pais/nais existe unha hora reservada no horario do profesorado do centro: os xoves de 17 a 18:00 h.). 4. Ao sonar o timbre de entrada, o alumnado colocarase no lugar que lle corresponde: os alumnos colocaranse en fila detráis das liñas pintadas no chan para tal fin. 5. O alumnado esperará nas filas ata que o profesor que lles teña que impartir clase a continuación lles mande entrar. Ceip Conmeniño

Páxina 26


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

6. A entrada realizarase dunha forma ordenada, sen carreiras, sen gritos e sen empuxar. 7. As portas do centro pecharán 10 minutos despois da hora de comezar as clases e só se abrirán por causas xustificadas. 8. Durante os cambios de clase os alumnos non poden ir ó servicio sen a previa autorización do profesor que imparta clase na seguinte hora. 9. Os especialistas que impartan as súas clases fóra da aula da titoría (Educación Física, Música, Inglés…) deberán controlar en todo momento as saídas e entradas do alumnado no traslado ás respectivas aulas. 10. As saídas do centro realizaranse do mesmo xeito de forma ordenada. O profesor que esté impartindo clase na última hora controlará a saída dos alumnos (deberá mirar de que os alumnos/as baixen polas escaleiras de maneira ordenada, sen correr, sen empuxarse, etc). Os alumnos de E. Infantil serán guiados ata o autobús ou entregados aos seus pais na porta dianteira. 11. Ningún alumno poderá saír só do centro antes da hora de saída sen a autorización escrita dos seus familiares e sen unha persoa responsable que veña a recollelos.

13. ATENCIÓN Ó ALUMNO/A ENFERMO OU ACCIDENTADO 1. No caso de enfermidade ou accidente, posto que o centro carece de persoal sanitario, procederase según criterio do persoal adulto do colexio, basado no sentido común, como usualmente se procedería en caso de emerxencia. Porase de inmediato en coñecemento da familia quen deberá acudir ao colexio a facerse cargo do alumno/a. 2. Os desprazamentos que se realicen aos centros sanitarios faranse sempre nun vehículo público: ambulancia ou taxi. Nin o centro nin o persoal laboral abonarán gasto algún como causa do desprazamento do accidentado aos centros sanitarios, debendo responsabilizarse de estes gastos a familia do propio afectado, ben por si mesma ou ben mediante reclamación á súa compañía de seguros. En calqueira dos casos, o posible anticipo, por parte do centro, en pago do desprazamento deberá ser reintegrado a éste pola familia. 14. CONTROL DAS FALTAS DE ASISTENCIA DO ALUMNADO Corresponde ó profesor titor o control das faltas de asistencia dos alumnos da súa titoría. A Xefatura de Estudios facilitará unhas listas mensuais para o seu control. - Os pais deberán xustificar as faltas de asistencia dos seus fillos segundo un modelo que se lles facilitará. - O profesor titor recollerá as xustificacións. - As faltas de asistencia deberán quedar reflexadas nos informes trimestrais á familia. - No caso de que un alumno teña un número elevado de faltas de asistencia sen xustificar, o profesor titor poñerao en coñecemento da xefatura de estudios quen xunto coa dirección do centro tomará as medidas axeitadas Ceip Conmeniño

Páxina 27


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

para que dita situación non se volva a producir (Se é o caso, deberase poner en marcha o procedemento de actuación ante un alumno absentista).

14.1. PROCEDEMENTO ABSENTISTA

DE

ACTUACIÓN

ANTE

UN

ALUMNO/A

• 1ª Fase “Control de faltas”: Control diario da asistencia con rexistro das xustificacións, e posibilidade de controlar ditas faltas mediante o programa XADE. Esta medida será seguida por todo o profesorado ao longo de todo o curso. • 2ª Fase “Información á familia”: Os titores serán os encargados de informar ás familias das faltas mensuais xustificadas e sen xustificar do/s seu/s fillo/as. En caso de acumulación significativa de faltas, o titor/a comunicará as faltas á familia cada 15 días. Sempre que o titor/a dubide da autenticidade da xustificación das mesmas deberá citar á familia para acudir ao centro (citarase por teléfono ou por carta certificada). Este procedemento iniciarase de maneira obrigatoria sempre que o alumno/a acumule 20 faltas en período lectivo e nun mes, sen xustificar. Deste protocolo de actuación para estes casos, deberán quedar rexistrados todos os documentos (ou copias) oportunas; (chamadas, cartas, entrevistas cos pais, etc). Así mesmo, deberá quedar reflexado no expediente do alumno/a. • 3ª Fase “Intervención da Xefatura de Estudos”: Cando se inician os procesos de absentismo continuado, o titor/a deberá de comunicalo á Xefatura de Estudos. Tanto o titor/a coma a Xefatura, poderán requerir a colaboración do Departamento de Orientación. Se a situación persiste (persisten as faltas), a Xefatura de Estudos convocará unha xuntanza entre o titor/a e o Orientador/a e deseñarán un plan de intervención. Nesta 3ª fase, será a Xefatura de Estudos a que citará por escrito á familia. • 4ª Fase “Derivación ao Departamento Municipal encargado do absentismo”: Esgotadas as fases de intervención escolar sen que a situación mellore (e en todo caso dentro do 2º mes de inicio do expediente), derivarase ao técnico/a designado/a pola Concellería de Educación do Concello para continuar o protocolo de actuación. O/a técnico/a derivará o expediente á Comisión Técnica de Absentismo e encargarase de convocala. O centro deberá de enviar ao técnico/a municipal unha copia de todos os datos relativos as ausencias ao centro. A Secretaría do centro será a encargada de custodiar ditos datos nos expedientes académicos. • 5ª Fase “Intervención da Comisión Técnica de Absentismo”: Deberá valorarse a situación por parte de dita Comisión. Así mesmo, esta debe de analizar os expedintes abertos e o nivel no que se atopan. • 6ª Fase “Intervención doutros servizos”: A Comisión Técnica de Absentismo decidirá a pertinencia de derivar o expediente a outros servizos. • 7ª Fase “Derivación a outras entidades”: A Comisión Técnica de Ceip Conmeniño

Páxina 28


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

Absentismo decidirá a pertinencia de derivación a outras entidades se o expediente non se resolveu nas fases anteriores; á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar (Servizo de Menores), ou á Audiencia Provincial (Fiscalía de Menores). 15. A AVALIACIÓN Os resultados da avaliación do alumnado na Educación Primaria expresaranse nos termos seguintes: insuficiente (IN), suficiente (SU), ben (BE), notable (NT) e sobresainte (SB). Considerarase cualificación negativa o insuficiente e positivas as restantes. Desenvolvemento do proceso de avaliación: 1. Ao comezo de cada ciclo e durante o primeiro mes do curso escolar, a persoa titora realizará unha avaliación inicial coa finalidade de adecuar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria no seu proceso de aprendizaxe, incidindo na obtención de información sobre o grao de desenvolvemento das competencias básicas. Esta avaliación incluirá a análise dos informes persoais da etapa ou ciclo anterior correspondentes ao seu alumnado e completarase coa información obtida das familias. 2. Ao longo de cada un dos cursos realizaranse para cada grupo de alumnos e alumnas tres sesións de avaliación que serán presididas pola persoa titora, que recollerá en acta o desenvolvemento das sesións, o grao de desenvolvemento das competencias básicas e as decisións e os acordos acadados, tanto referidas ao grupo como a cada alumna e alumno. 3. Para a avaliación e promoción do alumnado con adaptacións curriculares significativas teranse en conta os criterios de avaliación establecidos nelas. 4. As sesións de avaliación serán coordinadas pola persoa titora do grupo e nelas participará o profesorado que imparte docencia no grupo e poderá contar co asesoramento do Departamento de Orientación. Se ese grupo de alumnos ten algún alumno que sexa atendido pola profesora de Pedagoxía Terapéutica ou pola de Audición e Linguaxe, sería convinte que ditas profesoras estivesen presentes na sesión de avaliación. 5. Nas sesións de avaliación valorarase: - As aprendizaxes acadadas por cada alumna e cada alumno. - O grao de desenvolvemento das competencias básicas. - Se é o caso, as medidas adoptadas ou que se deben adoptar. 6. Despois de cada sesión de avaliación, cada titor solicitará á secretaría do centro a impresión dos informes individuais de avaliación e da acta de avaliación coas calificacións da súa titoría. - O profesor titor faralles chegar a cada unha das familias o informe individual de avaliación coas calificacións do seu fillo/a. - A acta de avaliación coas calificacións de todo o alumnado da titoría e a acta da sesión de avaliación gardarase no arquivo de secretaría correspondente á titoría. DOCUMENTOS DE AVALIACIÓN. 1. Todo o proceso de avaliación estará informatizado a través do programa XADE. 2. Cada un dos profesores será o encargado de avaliar a materia que imparte. 3. O profesor titor será o encargado de elaborar os seguintes informes referidos ao alumnado da súa titoría: Ceip Conmeniño

Páxina 29


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

- Informe individual á familias: reflicte as calificacións de cada un dos alumnos en cada sesión de avaliación - Actas de avaliación: reflictirán as calificacións de todo o alumnado dunha titoría despois de cada sesión de avaliación e en especial ao remate de cada curso e ciclo. - Expediente académico: documento de avaliación individual do alumnado que incluirá os datos identificativos do centro, da alumna ou alumno e a información relativa á súa escolarización. Nel quedará constancia dos resultados da avaliación das áreas de cada un dos tres ciclos da Educación Primaria. - Historial académico de educación primaria: é o documento oficial que reflicte os resultados das avaliacións e as decisións relativas ao progreso académico da alumna ou alumno ao longo da etapa. - Informe persoal por traslado: é un documento oficial que ten como finalidade garantir a continuidade do proceso de aprendizaxe ao alumnado que se traslade a outro centro sen ter rematado o ciclo. - Informe de avaliación final de ciclo: Ao remate de cada un dos ciclos da Educación Primaria, a persoa titora elaborará un informe individualizado de cada alumna e alumno que recollerá os aspectos máis relevantes sobre o proceso de aprendizaxe, as decisións sobre as medidas para a atención á diversidade, as medidas de reforzo ou adaptacións curriculares adoptadas, así como todos aqueles aspectos do alumnado que permitan facer un mellor seguimento do seu proceso de aprendizaxe e madurez persoal. 16. EVACUACIÓN EN CASO DE EMERXENCIA En caso de facerse un simulacro de emerxencia, debemos atender a: A.-Problemas na caldeira de calefacción. B.-Incendio no laboratorio, comedor ou sala de audiovisuais. Ante un eminente perigo (caso A ou B) o/a que detecte algunha anomalía, o que detecte a situación de perigo, avisará ao Director/Xefe/a de E./Secretario, se é posiblee, e será o encargado de poñer en marcha este plan, cun toque especial de serea (1 toque longo e tres curtos). A continuación cortarase a luz eléctrica e chamarase aos bombeiros ou protección civil do Grove (número de teléfono: 986 73 22 55). Nas aulas, é moi importante, antes de abrir as portas ou de saír, se xa estivesen abertas, que se pechen as ventanas para evitar co incendio sexa atraído cara as clases que teñen as ventanas abertas. Ao saír pola porta, pechala detrás dun. ORDE DE EVACUACIÓN: EDUCACIÓN INFANTIL: Sairán ao patio pola porta dereita norte. 1º CICLO DE PRIMARIA: Baixarán pola escaleira “A” e sairán ao patio pola porta dereita norte. 2º CICLO DE PRIMARIA: Baixarán pola escaleira “A” e saen ao patio pola porta esquerda norte. 3º CICLO DE PRIMARIA: Baixan pola escaleira “B” e saen ao patio pola porta esquerda norte. Os profesores máis preto dos aseos, de cada planta, mirarán nos aseos antes de marchar. Antes de baixar débese comprobar que están todos os alumnos que Ceip Conmeniño

Páxina 30


Documento de Organización e Funcionamento -Ceip Conmeniño-

deberían estar nesa clase, a lista debe estar na porta cara interna (LISTA VERDE). Os profesores/as que estean libres ou de garda axudarán a evacuar na planta na que se atopen e posteriores descendentes, non deberán subir. Tódolos alumnos/as desaloxarán o centro o máis axiña posible, en fila e arrimados á parede (lixeiramente agachados, pois o fume vai cara arriba). Levaranse a todos os alumnos/as, en fila, con cada profesor ao cargo, até o zona máis noroeste (esquina esquerda) do campo de terra, onde se procederá ao reconto. En caso de que se pense que algún quedou dentro avisar aos bombeiros. En caso de que a emerxencia obstaculice a porta norte, o plan sería o mesmo, agás que se sairía polo porche sur. 17. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS Cada mestre/a titor/a terá copia deste documento e dará a coñecer a existencia e contido do mesmo aos seus alumnos/as e pais/nais dos mesmos/as. Ao comezo de cada curso (se fora necesario), o presente documento podería ser revisado polo Claustro e Consello Escolar para facer os cambios que fosen necesarios. 18. DISPOSICIÓNS FINAIS Este documento poderá ser modificado polo Consello Escolar, ou Claustro, ben por imperativo dalgunha disposición superior ou por considerarse necesaria a súa actualización. Este Documento de Organización e Funcionamento do Centro entrará en vigor o mesmo día no que sexa aprobado polo consello escolar.

19. ANEXOS: • PARTE DE AMOESTACIÓN DE AULA. • PARTE DE CONDUCTA CONTRARIA ÁS NORMAS DE CONVIVENCIA DO CENTRO. • PARTE DE CONDUCTA GRAVEMENTE PERXUDICIAL PARA ÁS NORMAS DE CONVIVENCIA DO CENTRO. • PLANOS DO CENTRO (EVACUACIÓN EN CASO DE EMERXENCIA).

Ceip Conmeniño

Páxina 31


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.