Economía de fichas e matemáticas

Page 1

TRABALLO DAS NORMAS DE CLASE A TRAVES DUN SISTEMA DE ECONOMÍA DE FICHAS INTRODUCINDO A SUMA, A RESTA E A DECEA (Roberto Maquieira Garcia) Gustaríame compartir con vos unha experiencia educativa que fixen en 1º de primaria cando era titor e que vos pode resultar interesante. Para min o foi, dende logo. Tiña unha clase con nenos con problemáticas diversas: unha nena con TDAH, cun importante retraso madurativo, repetidora en infantil, outra nena sorda profunda implantada (usábamos emisora de FM), e dous alumnos con dificultades específicas de aprendizaxe. Polo tanto me plantexéi abordar as normas de clase como algo básico para poder manter unha comunicación axeitada. Pero as cousas fóronse poñendo interesantes a medida que avanzaba o curso e intentaba sacar un sentido educativo a todo o que ía facendo. Ao principio me puxen mans á obra coas normas. É interesante que os alumnos consideren as normas como súas, e que, por tanto, se sintan obrigados colectivamente a cumprilas. Ista era unha premisa básica da que tiña claro que debía partir. Débense especificar de antemán unha serie de normas básicas e despois guiar aos nenos para que consideren que esas normas son fundamentais para unha boa marcha da clase. Por exemplo, pódese dicir: creedes que si falamos todos ao mesmo tempo poderemos decatarnos do que di alguén en concreto?. Si algún di que si, podemos dicirlle que nos conte algo que lle guste contar (por exemplo, o argumento dalgunha peli, ou o qué fixo o fin de semana) e todos os demais poñémonos a falar sen facerlle caso, para que aprecie que a norma ten o seu fundamento. E así con todas. Sería interesante que eles chegasen a redactar a norma verbalmente ou por escrito. Sempre en ton positivo. Por exemplo, no canto de pór: NON debemos falar todos ao mesmo tempo, pór: debemos levantar a man para intervir. Tamén é interesante que as normas sexan poucas e comprendan a outras. Por exemplo, no canto de pór: NON insultar, NON pegar, NON? é máis interesante pór: Respectar aos compañeiros. Unha vez que as temos aprobadas e asinadas por todos, debémolas pór con letras grandes nun sitio onde se vexan moi ben, xa que, ao principio, esqueceranse frecuentemente delas e teremos que lembrarllas pacientemente, sen enfadarnos. Nalgúns casos, especialmente en infantil e 1º ciclo, en que as condutas na aula impiden un normal funcionamento da mesma, pode ser interesante a utilización dun sistema de economía de fichas. Eu confeccionei un que me serviu en 1º de Primaria e funcionoume moi ben. Pegáballes un velcro nos estoxos(saquiños onde gardan os utensilios de escritura) aos nenos, logo tiña unhas estreliñas que plastificaba, recortaba e púñalles un pouco de velcro por detrás para poder pegar sobre o velcro do estoxo dos nenos. Cando cumprían as normas individual ou colectivamente púñalles unha estrela ou llas sacaba cando as incumprían. Desta forma sabían que o incumprimento da norma traía unha consecuencia. Como todos os nenos vían os estoxos dos demáis (que era obrigatorio ter enriba da mesa) podían ver cántas estrelas tiña cada un. Resulta moi doado sacar unha estreliña do estoxo dun neno que está a incumplir unha norma (importante: sen enfadarnos) e poñela no estoxo doutro para reforzalo.


O interesante deste sistema é que soamente empregamos reforzos positivos, xa que o incumplimento da norma implica a consecuencia de perder un privilexio (unha das estrelas obtidas). Evidentemente queda a elección do profesional a forma en que distribúe os reforzos xa que cada neno é diferente. Outra ventaxa importante do sistema é que é moi estimulante e reforzador para as familias xa que os nenos levan todos os días os estoxos a casa e os pais poden apreciar o número de estrelas que ten cada neno. Asegúrovos que é moi motivador tanto para o neno como para a familia, e resulta unha forma de participación familiar interesante. En caso de non poder utilizar os estoxos na aula tamén se pode poñer un velcro ou ben na propia mesa si todos os nenos ven as mesas de todos (isto é importante) ou ben nun panel que estea ben a vista. Nese caso a retroalimentación familiar é probable que non sexa diaria xa que habería que buscar a forma de que os nenos leven as estrelas obtidas a casa de forma periódica. Poderíase facer a través dunha axenda ou caderno de “ida e volta” na que levan un velcro pegado e ahí se porían as estrelas para que as vexan na casa e podería facerse diaria ou semanalmente (os venres, por exemplo). A utilización dos estoxos resultaba moi interesante por outro motivo: Os nenos levaban os estoxos tamén cando ían ás clases dos especialistas: Música Inglés Relixión PT ou AL Os especialistas TAMÉN poden, mesmo deben, utilizar o mesmo sistema. Si os nenos levan as estrelas dun sitio para outro é máis doado para os especialistas cando os nenos son os que se desprazan de aula. O uso de estreliñas (en contra de cuantificadores como puntos de cores) é que resulta moi atractivo para os nenos, sobre todo cando se van introducindo as estrelas de 5 e posteriormente as de 10, das que falaréi máis adiante. A utilización de puntos ou pegatinas de cores non o recomendo (a non ser que sexa algo individual e puntual) xa que coleccionar “puntos malos” pode resultar toda unha “tentación” para determinados alumnos especialmente con problemas sociofamiliares e/ou de autoestima. O máis interesante deste sistema, aparte de que é reforzador de condutas positivas para os nenos, é que resulta unha forma moi sinxela de traballar a suma, a resta e a decea de forma lúdica, xa que partimos da unidade (cada estrela), que logo agrupamos de cinco en cinco e posteriormente de 10 en 10. Ao principio, cando os nenos teñen poucas estrelas, resulta interesante que vaian contando en voz alta as estrelas que eles teñen ou as que teñen os compañeiros. As poden manipular pegándoas e despegándoas do velcro para asociar o número á cantidade. Non é necesario traballar a grafía do número en absoluto, xa que se trata dun xogo e resulta máis interesente ter o concepto do número primeiro e ir asociándoo progresivamente á grafía cando teñan o concepto claro e asociado ao nome verbalmente. Pouco a pouco se van dando conta de que uns teñen moitas estrelas e outros teñen poucas e se interesarán por cántas máis teñen uns que outros. Desa forma empezamos a traballar a suma e a resta como un xogo.


Debemos aproveitar esa curiosidade innata que eles teñen por un tema que lles afecta persoalmente. En ningún momento debemos deixar quedar mal a un neno nin decirlle que resposta mal, deixando que as respostas dos compañeiros lle sirvan de aprendizaxe. Podemos facer preguntas do tipo: ¿Cantas estrelas ten Sabela?. Iria que ten: ¿moitas ou poucas estrelas? Máis adiante podemos facer preguntas do tipo: ¿Quén ten máis estrelas, Iria ou Sabela?. ¿Quén ten máis estrelas de todos?. ¿Cantas estrelas ten máis Iria que Sabela?. ¿Cantas estrelas ten menos Fabian que Juán?. Imos agrupar es estrelas de dúas en dúas, de tres en tres... Estamos a traballar mentalmente a suma e a resta, primeiro con cantidades moi pequenas, pero progresivamente con cantidades máis altas, especialmente no primeiro ciclo de primaria. É importante que non cansemos moito aos nenos con estas preguntas. Sería interesante facelo uns minutos ao día, pero que queden con ganas e que xoguen eles si queren logo. Os que non o entenden ao principio vanno collendo pouco a pouco porque se repite todos os días e teñen interese xa que eles tamén teñen estrelas. No meu caso, cando tiñan un certo número de estrelas podíanas trocar por un premio a determinar polo titor. Isto o fixeron prácticamente ao final de curso (así eu recuperaba as estrelas), pero tiñan que dar as estrelas exactas para o canxe. Cando as estrelas xa non cabían no velcro fixen estrelas de valor 5, e cando estas tamén superaban o velcro ou cando o creín convinte introducín a de dez. Puiden traballar a suma e resta de forma moi interesante contando as estrelas dos compañeiros. Esforzábanse moito por aprender a contar para saber as que tiña cada un. Estaban moi motivados. Apenas trocaban as estrelas polo premio, xa que eran como trofeos para eles. De feito, a introducción da decea e certos conceptos lóxico matemáticos foron aprendidos dunha forma moi doada e motivadora con este sistema. En cursos superiores, as estrelas poderían substituírse por un sistema de puntos, parecido ao de tráfico. A continuación vos deixo como anexo o material que eu empreguéi. Espero que vos sirva de axuda e en caso de que teñades dúbidas non deixedes de preguntarme e, no que poida, vos axudaréi.









Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.