Folla Trisquel abril 2012

Page 1

abril/xuño 2012

folla voante

2ª tempada/ nº12

Saúdo Amigas e amigos: Desde Amencer presentámosvos a nosa tradicional publicación trimestral coa que vos levamos á casa toda a información relacionada coas nosas actividades e que supón un gran esforzo para nós, tanto económico como humano (son as animadoras e animadores quen a preparan e reparten entre todas as familias do Itinerario). Nas páxinas seguintes poderedes ver as actividades que imos realizar ao longo deste 3º trimestre, incluíndo as actividades conxuntas nas que imos participar os grupos do Itinerario (Buxaina, Andaina e ADS nas actividades infantís e Catecumenado nas xuvenís): xogos, aventuras, a xincana de auga, a excursión a Castrelo de Miño como actividade de final de curso… Ademáis presentamos unhas imaxes dalgunhas actividades realizadas no trimestre pasado, e tamén información dos campamentos de verán nos que poderán participar todas as nenas e nenos, mozas e mozos que participan durante o curso nas actividades e grupos de Amencer. Desta volta incluímos ademais unha folla de avaliación sobre os grupos do Itinerario. Gustaríanos que nola devolverades cuberta para coñecer a vosa opinión sobre os grupos e poder mellorar así de cara ao curso que vén. Sen máis, despídome de vós co desexo de que todo o que podedes ver nesta Folla Trisquel sexa do voso agrado e lembrándovos que estamos á vosa disposición para calquera consulta, dúbida ou suxestión que nos queirades facer. Moitas grazas pola confianza que depositades en nós e un saúdo a todas e todos! Folla Voante Trisquel

Recuncho das familias AMENCER INFORMA: Sabías que… … durante as vacacións de Semana Santa, os días laborables, pero non lectivos, é dicir, os días que hai traballo pero non escola, Amencer organizou tres proxectos de educación no tempo libre? As “1as Mañás de Semana Santa”, para nenos e nenas de 3 a 5 anos, en horario de mañá, de 10:00 a 13:30 h. O Proxecto “A Tope na Ponte”, para rapaces e rapazas de 6 a 16 anos, en horario de tarde, 17:00 a 20:00 h. E os “5os Tempos de Diversión”, o noso campamento urbano de Semana Santa, para rapaces e rapazas de 6 a 14 anos, en horario de mañá, de 10:30 a 13.30 h., e en colaboración coa Concellería de Igualdade. … as reliquias de Don Bosco van estar en Ourense no mes de maio, na nosa obra salesiana de Ourense, dende o sábado 19 pola tarde até o luns 21 pola mañá? … neste terceiro trimestre ímosvos convidar a que estades connosco na Festa do Pano, en Allariz (o domingo 22 de abril), e na Saída Fin de Actividades, en Castrelo de Miño (o sábado 9 de xuño)? EDUCANDO XUNTOS Este trimestre, queremos compartir convosco un artigo ben sinxelo, pero con moitas pistas para relacionarvos cos vosos fillos e fillas. O título é

“Encontremos un lugar para la infancia”. O seu autor é Jaume Funes, experto en infancia e adolescencia, e está publicado en Cuadernos de Pedagogía (Nº 382, 2008). É un artigo que non ten desperdicio. Partindo de seis preguntas un tanto provocadoras, axúdanos a situarnos ante os nenos e nenas. Podedes descargalo da nosa páxina web (www.amencer.org). COLABORACIÓN FAMILIAR: “COTA 0” En cada Folla Trisquel seguimos indicando unha acción concreta para estar máis implicados, como familia, en Amencer. Para a vindeira edición da Campaña de Verán, convidamos ás familias que poidan, a que colaboren na nosa promoción de axudas económicas para que, aqueles rapaces e rapazas que teñen dificultades para pagar a inscrición ao campamento, non deixen de participar igualmente nel. A esta campaña vimos en chamarlle “Cota 0”. E consiste en que calquera familia que o desexe, e conte con recursos, poida axudar a outra familia anónima, dando unha cantidade de diñeiro que axude a participar nun campamento de verán a un rapaz/a cuxa familia non pode costealo. Pode ser unha cota enteira, media cota, un cuarto de cota ou o que se poida... e así, entre moitos “poucos”, facemos un “moito” ben grande.


folla voante

Os teus fillos e fillas, os protagonistas

Un Pano, tamén, para os Papás e Mamá s Como

ben sabedes, Amencer está de aniversario. anos coa xente moza 25 de Ourense. E por iso , en cada actividade ou proxecto facemos un xesto especial. Un ano máis, convid ámosvos á tradicional Festa do Pano, que se vai desenv olver a fin de seman a do 21 e 22 de abril, e na que partic iparán os rapaces e rapazas de Buxaina, Andaina e ADS. O domingo 22 celebr aremos o acto de im posición de símbolos, que son elementos de perten za aos grupos do Itinerario. A novidade é que est a vez, por conmemorar os 25 anos de Amencer, apa rte de que lle impoñad es os sím bol os vosos fillos e fillas aos , tamén nós vos im poñeremos un pano especial: o pano das familias dos fillos e fillas que pertencen aos grupos de Trisquel (Buxaina, Andaina e ADS). Así que non faltedes. Contamos con vós!


Neste trimestre e verán será...

Actividade fin de curso

...a acampada Buxaina

Como todos os anos, en Amencer queremos rematar as nosas actividades cunha excursión. Desta volta será o sábado 9 de xuño. Iremos a Ca strelo de Miño, onde tanto os máis cativos e novos como as súas familias e animadores poderemos realizar actividades náuticas, pasar un día todos xuntos e despedir o cur so. Vémonos!

...o campamento Andaina … o campamento ADS … a saída a Castrelo de Miño

... grupos xuvenís

Datas dos campamentos e cursiños de verán 2012


Última hora!

Reunión coas familias

Para participar nos campamentos de verán dos grupos do itiner ario a coordinadora Trisquel (Buxaina, Andaina, ADS e Catecumenado ) informa dos criterios que imos a empregar: 1. Ter pagada a cota de inscrición. 2. Participar no 75% das actividades do cur so. 3. Se non se pod e participar no 75 % das actividades ter xustif icadas como mínimo o 75 % das non asistencias do curso anotándose na Sa la Aberta (na porta por dentro). 4. Ter un bo comportam ento. 5. Non mentir nas act ividades nin nos motiv os de non asistencia.

Calendario do terceiro trimestre abril’12 Día

Actividade

Horario

BUXAINA

“Mercadillo Medieval”

ANDAINA

“As Tres Esencias Andaina”

ADS

“Oficios pola Cidade”

21 e 22

BUXAINA ANDAINA ADS FAMILIAS

“Festa do Pano” (Allaríz)

(Consultar en Amencer)

27

BUXAINA

”Xusta Medieval”

17:45 a 19:30

ANDAINA

”Aventura Medieval I”

ADS

“Construímos os Maios”

13 14

Publicidade

Grupo(s)

28

17:45 a 19:30 11:15 a 13:00

11:15 a 13:00

maio’12

5

11

BUXAINA

“Os Camiños de Santiago”

11:15 a 18:00

ANDAINA

“Aventura Medieval II”

11:15 a 13:00

ADS

“Xuntanza ADS en Ourense”

10:30 a 18:00

“O Gran Banquete”

17:45 a 19:30

BUXAINA

Reunión Familias Buxaina ANDAINA

“O Derradeiro Supervivente”

11:15 (Sábado) a 10:30 (Domingo)

ADS

“Día de Grupo Libre”

11:15 a 18:00

18

BUXAINA

”A Historia Continúa...”

17:45 a 19:30

26

ANDAINA ADS

“Feira sen Fume”

11:15 a 13:00

29

FAMILIAS

12

Colabora Orbán Sousa Avogados

Folla voante abril/xuño 2012

Edita: Asociación Xuvenil Amencer Praza D. Bosco, 1 - baixo 32003 - Ourense Tfno. e fax: 988 218 123 Correo-e: amencer@amencer.org Web: www.amencer.org

Reunión de Familias:

20:00

Campamentos de Verán

xuño’12

2ª tempada/nº 12

Director: Xulio César Iglesias Mesa de Redacción: Laura Valcárcel e Xulio César Iglesias Deseño e Maquetación: Adrián R. Cruz e Borja Sampayo Impresión: Visual Q

20:00

Colabora:

2

11

BUXAINA ANDAINA ADS

“Xincana de Auga”

CATECUMENADO

“Confirmacións”

BUXAINA ANDAINA ADS CATECUMENADO FAMILIAS

“Saída a Castrelo de Miño”

11:15 a 13:00 20:00

11:15 a 19:30

*Os grupos de Catecumenado teñen o seu ritmo propio de reunións semanais


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.