Revista fin de curso 2014

Page 1

Saídas Concerto en Santiago e encontro musical na Coruña. 3º ESO Teatro na Coruña. Francés 3º ESO Visita á Casa das Ciencias e ao Planetario. 4º B

Traballamos sobre… As vangardas literarias. Os contos. Conto de 4º B.

Visitas

A prensa.

Xaquín Marín. Paula Carballeira.

As Letras Galegas. Xose María Díaz Castro.

Charlas do centro Quérote.

A poesía. Poema de Galicia Poemas de 2º.

Actualidade no centro

Banda deseñada.

Gañadores dos concursos: carautas, marcapáxinas e fotografía.

Semana Santa. O Entroido.

O Día da Paz. 2ª mostra gastronómica francófona.

Os nosos pensamentos. Reflexións de 2º.

Día contra a violencia de xénero. Obra de teatro.

Adiviñas. 3 anos.

Día do Libro. Eugenio, o noso conserxe. Entrevista de 3º. San Valentín. O día dos namorados.

1


SAÍDAS 3º ESO Os alumnos e alumnas de 3º fomos de excursión a Santiago e a Coruña. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas. En Santiago asistimos a un concerto sobre o pop rock español no colexio La Salle a cargo do grupo catalán La harmónica invisible. Foi un concerto entretido no que nos ían explicando diferentes cousas sobre as correntes musicais e os grupos dese tempo e tamén interpretaron algunhas das cancións deses grupos. Foi bastante divertido porque facían participar ó público. Despois de ir ó concerto visitamos a catedral e estivemos un rato paseando por Santiago.

En Coruña fomos a un encontro musical con varios centros de toda Galicia no Centro Cívico Ágora. Tratábase dun encontro cuxo tema era o pop rock dos anos 50 e 60. Cada centro interpretaba algunha canción desa época e nós fixemos “Cuéntame” de Fórmula V con frauta doce, voz, percusión de placas, guitarra eléctrica, piano e batería.

2


Fixemos unha pequena presentación primeiro, na que explicabamos algo sobre o noso centro, o alumnado que participabamos e a peza que íamos interpretar. Despois comezou a actuación, que resultou moi coreada pola sona do tema. Como anécdota cabe comentar que as rapazas que cantaban foron entrevistadas en directo pola TVG.

Ao final do encontro todos os centros xuntos tocamos Hey Jude de The Beatles. Fomos xantar a Marineda City e pasamos a tarde alí coñecendo xente dos outros colexios. Foi unha moi boa experiencia e sobre todo divertida. Ariadna Rocha López 3º ESO B

3


TEATRO:

PANIQUE IN CUISINE

4


5


6


Así resumen algúns alumnos de 4º B a súa visita á Casa das Ciencias e ao Planetario:

7

Irene Díaz Alindado 4ºB


Miguel Rey Bujía 4ºB

8


David Parga Torrente 4ยบB

9


Icía Miraz Permuy 4ºB

10


Este curso recibimos no noso centro a visita de Xaquín Marín. As nenas e nenos do 2º e 3º ciclo de primaria puideron coñecer de primeira man a súa traxectoria como humorista gráfico, ilustrador e escritor.

11


Os nenos de 3º de primaria ilustraron a súa obra A tartaruga. Pablo Sedes de 5º de primaria tamén fixo un debuxo sobre o autor. Aquí os tedes:

12


Recentemente recibimos tamĂŠn no noso centro a visita de Paula Carballeira. Todas as nenas e nenos de primaria puidemos disfrutar da sĂşa presenza.

13


Adrián Martinez Tornin, de 5º de primaria, preséntanos a continuación un resumo da súa vida e obra:

14


15


Os alumnos de 1º de primaria tamén fixeron un resumo da súa vida e obra, e realizaron ilustracións sobre o seu conto titulado Paco.

16


17


Alumnos 1ยบ de Primaria

18


CHARLAS CENTRO QUÉROTE Nestes meses, en 3º, tivemos unhas charlas do centro “ Quérote” sobre a convivencia, a imaxe corporal e a sexualidade. Nelas tratamos e debatemos sobre cousas moi interesantes que nos axudaron a comprender mellor diferentes aspectos da nosa vida cotiá.

Convivencia Na charla sobre a convivencia, entre nós reflexionamos sobre os problemas que se nos presentaban na nosa vida cotiá e sobre como resolvelos, sempre con educación e diálogo. Unha proba que fixemos resultou moi interesante e nos fixo pensar sobre a nosa actitude. O problema era o seguinte: “estaban dous pobos enfrentados e ambos precisaban unha laranxa con poderes curativos, pero só había unha. Nun tiñan que curar un bebé coa pela da laranxa e no outro á súa avoa coa pulpa. Pero iso non o sabía o outro. Chegaron antes os do pobo da avoa, levaron a laranxa e o bebé morreu. Isto podería solucionarse falando, pois uns precisaban a pela e outros a pulpa, pero non foi así”. Esta proba só era un xogo pero na vida real poden ocorrer situacións similares pola falta de diálogo e compañerismo patente na nosa sociedade.

Imaxe corporal Esta foi a segunda charla que recibimos e nela tratamos aspectos sobre a nosa imaxe corporal e a autoestima. Pouca xente está satisfeita co seu aspecto físico e ten boa autoestima. A principal causa disto son os estereotipos do corpo ideal que temos na nosa cabeza, influenciada pola publicidade, @s model@s e as diferentes prendas de roupa e modas que van saíndo. Se o pensamos temos influencias destas en tódolos lugares: na parada do bus, nos escaparates, na televisión… Dende que somos pequenos a publicidade vainos afectando e cambiando a percepción do noso corpo. Queremos parecernos ós nosos ideais de beleza, que non foron creados por nós, senón que a propaganda os creou dentro de nós. Queremos parecernos a esa modelo de pernas delgadas e rectas, ventre plano, 1´85 e cabelo perfecto, ou a ese modelo con tableta, superforte e depilado. Máis iso non é real. O photoshop e o maquillaxe fan grandes transformacións. Vimos un vídeo no cal aparecía unha rapaza, do “montón”, que se convertía nunha supermodelo perfecta que protagonizaba unha campaña publicitaria. Somos como somos e non debemos deixar que nada nos cambie nin afecte á nosa autoestima.

19


Sexualidade A última charla foi sobre sexualidade e foi unha das máis interesantes. Comezou dun xeito un tanto estrano, pois a rapaza preguntou: “Quen de aquí ten sexo?” e todos agachamos a cabeza. Asociamos a palabra co acto sexual mais non é so iso, de feito todos temos sexo porque todo o mundo é muller ou home. En canto a esta diferencia, pensamos que un home é un home e unha muller é muller polo seu corpo e os seus rasgos físicos. Estamos equivocados. A diferencia de sexo establécese por tres factores: psicolóxicos, biolóxicos e culturais. O máis importante é o psicolóxico. Unha persoa é home se se sinte home e muller se se sinte muller, independentemente dos seus factores biolóxicos (físicos): un home pode non ter pene e non por iso deixa de ser home, ó igual que unha muller que non ten peito segue sendo muller; un home pode ser máis feminino e unha muller máis masculina ca o resto pero non deixan de ter o seu sexo distinguido. Outro tema que tratamos foi a erótica que se divide en tres aspectos: as fantasías (pensamentos irreais), o desexo (querer levar a cabo esas fantasías) e a práctica ( conseguir convertir en reais esas fantasías). De novo reducimos todo ó acto sexual. Un bico, un abrazo, un masaxe ou un baile pegado tamén son prácticas eróticas. Para considerarse unha práctica erótica debe ser voluntaria, desexada e que produza pracer. Por último falamos do acto sexual. Fixemos unha ordenación das súas fases e falamos delas e despois explicáronnos a importancia de usar preservativo, aínda que existen máis métodos anticonceptivos, porque prevén a transmisión de ETS (enfermidades de transmisión sexual). As súas fases son: disposición, desexo, negociación, excitación, colocación do preservativo, contacto entre xenitais, exaculación-orgasmo, retiro do preservativo e valoración. Por último realizamos unha práctica sobre como poñer un preservativo e como conservalo.

Ariadna Rocha López 3º B

20


CONCURSO DE CARAUTAS

Os gañadores foron:

LAURA MOURIZ de 2º de primaria

JORGE VARELA de 3º de primaria

21


CONCURSO DE MARCAPテ々INAS

Os gaテアadores foron: LAURA RIVERA de 6ツコ de primaria

ZOE PAINCEIRAS de 1ツコ B de ESO

22


CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Os gañadores foron: LUCÍA E SERGIO RODRÍGUEZ BUSTABAD de 3º de primaria

SABELA REY VILAR de 3º B de ESO

23


24


25


26


27


MURAL POLA PAZ O 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz. Este ano os nenos de infantil realizamos un mural dedicado a Nelson Mandela.

Outra actividade realizada para celebrar este día foi a decoración dos paraugas pola paz. Así de bonitos quedaron:

28


O Departamento de Francés organizou este curso a 2ª mostra gastronómica de países francófonos. Participan tódolos alumnos e alumnas de 4º de francés. O obxectivo deste proxecto consiste en dar a coñecer os países da francofonía a través da súa gastronomía rica e variada. Os estudiantes prepararon os pratos típicos de varios países. Realizaron un traballo previo de investigación para informarse sobre os hábitos alimentarios destes lugares e cada un dos rapaces elaborou un prato diferente seguindo a receta orixinal. Os pratos cociñados foron presentados o día do festival de fín de curso e todo o alumnado do centro tivo a ocasión de saborear as sabrosas comidas e postres elaborados polos seus compañeiros. O entusiasmo dos rapaces implicados no proxecto e o exito de público nos anima a seguir adiante con este tipo de actividades que non deixan de ser unha forma máis de coñecer unha lingua extranxeira de maneira amena e como non apetitosa. Invitamos aos pais interesados en coñecer este proxecto, a que visiten o blogue do centro onde poderán ver as fotos do curso anterior e máis as deste ano. Gracias a tódolos participantes pola súa colaboración e interés. BON APPETIT !!!

29


Este ano polo día contra a violencia de xénero, un grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO, representaron unha obra de teatro para todos os seus compañeiros do centro.

Como xa sabedes a nosa intención como profesores é que os nosos alumnos aprendan a vivir na tolerancia e o respecto, e con este fin, propoñemos actividades que os impliquen no seu propio desenvolvemento persoal facéndoos reflexionar dunha forma amena e agradable sobre os comportamentos inaxeitados que deben aprender a erradicar.

Así pois, os estudantes adaptaron o guión dunha curtametraxe vista na clase. Traducíronno ao galego e interpretaron os roles dun mozo e unha moza que teñen unha relación de parella onde él é dominante e móstrase irrespetuoso coa súa chica. A través de varios actos van descubrindo situacións pouco agradables, que os farán reflexionar sobre o modo de levar as súas relacións persoais como adolescentes. Ao final da obra invítaselles a comprobar que sen respecto as relacións amorosas non poden nunca funcionar.

Os profesores implicados na montaxe deste proxecto queremos agradecer a Sara Díaz, Eva Sanmartín, Eva Mazás, Alex Pico, Manuel Martinez, Noelia Fornos, Aarón Rodeiro e Noelia Pazos, polo interés mostrado ao longo da montaxe do proxecto e pola súa colaboración sempre animosa e agradable implicación.

Recordamos a todos os pais que poden ver a gravación da obra no blogue de convivencia do centro.

30


Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, o 23 de abril, os alumnos de 4º da ESO fixeron uns carteis recomendando as súas lecturas preferidas. Velaí algunhas cantas ideas para ler en verán…

31


ENTREVISTA A EUGENIO Eugenio é o conserxe do noso colexio. É o noso conserxe. Sempre acudimos a el cando temos que facer unha fotocopia ou chamar á nosa casa. Hoxe, os nenos e nenas de 3º de Primaria, imos entrevistalo para coñecelo un pouco máis.  

 

 

 

En que consiste o teu traballo? Pois o meu traballo consiste en abrir as portas pola mañá, á primeira hora, para que poidades entrar; despois toco o timbre; despois fágovos fotocopias cando se necesitan; cando ides buscar tizas, gomas… ou calquera cousa de secretaría xa volas dou eu. Por último, cando marchades, volvo a pechar as portas outra vez para que non acceda ninguén ao interior do colexio. Aínda que hai outras cousas polo medio, en liñas xerais, o meu traballo é ese. Que é o que máis che gusta do teu traballo? Eu creo que sodes vós o que máis me gusta a min deste colexio. Vós e todos os nenos en xeral. Eu creo que, cando atopei este traballo, tiven moita sorte porque unha das cousas que máis me gusta é andar no medio dos nenos. Incluso antes aínda xogaba cos pequeniños no porche cando saían ao recreo. Os nenos encántanme. Cantos anos levas traballando de conserxe neste colexio? Creo que vai facer agora, en outubro, trinta anos. Abriu o colexio no ano 83 e eu empecei a traballar no 1984 e dende entón estou aquí. Traballaches noutros colexios? Non, noutros colexios non. Traballei noutro sitio. Era administrativo nunha empresa pero logo pechou a empresa. Había unhas oposicións

32


 

 

 

 

 

aquí para o Concello de Fene, presenteime, aprobei e aquí estou dende entón. Por que querías ser conserxe? Non sei. Eu non sei se quería. Cando me despediron do outro traballo, eu o que quería, a fin de contas, era un traballo para poder manter á miña muller e aos meus fillos, que xa tiña tres. Naqueles momentos, nos que eu estaba no paro, saíron no Concello de Fene unhas oposicións para conserxe, aprobei e despois tiven a sorte de que me encantase este traballo. Se non foses conserxe, que quererías ser? Pois é unha pregunta que nunca pensei. Ao mellor algo relacionado con datos, con bases de datos, con archivos… É unha cousa que tamén me gusta. Non coma un bibliotecario porque para eso faime falta titulación. O mesmo pero sen titulación. Que che gusta facer no teu tempo libre? Gústame moito pasear, salir de paseo. Dou a volta á ría unha vez ou dúas á semana. Tamén viaxar. Estou empezando a viaxar aínda agora, aos meus anos. Antes non se podía. Viaxar gústame moito. Cal é a túa afición preferida? A pesca. No verán vou pescar, vou bucear, vou pescar polbos… Tamén fago algo de pesca submarina, pero pouco. Pescar é o que máis me gusta. Gustábache ir á escola? Si, sempre. Eu era un alumno dos que non daba problemas nunca. Tiña un profesor, alá en Cariño, que confiaba moito en min e nos meus irmáns porque, antes de irmos ao colexio, nós iamos traballar, axudarlle ao meu pai a facer algunas cousas. Entón chegabamos tarde ao colexio e dicíamos: - “Mire don Fernando (chamábase Fernan-

33


 

 

do o mestre) llegamos tarde porque le estuvimos ayudando a mi padre”. E don Fernando respondía: - “ Nada, nada, Bellón. Pasa, pasa, que no hay problema ninguno”. Ás veces tamén lle facía alguna trampa e lle dicía que viña de axudarlle a meu pai e non viña. Pero, ben, nunca tiven problemas e sempre me gustou a escola. Cal é o teu mellor recordo da escola? Creo que foi unha excursión pola praia de Cariño. Tiñamos un profesor cuns bigotes moi grandes que non se lle vía a boca. Daquela aínda se fumaba nas clases e el fumaba e, cando aproveitaba moito o pitillo, ás veces, queimaba o bigote e saíalle fume e el apagaba e apagaba. Pois este mestre levabanos de excursión. Íamos pola Praia de Cariño e ensinábanos os bichiños que alí había. E esas eran as excursións que tiñamos. Non iamos a outro sitio. Unha vez me parece que fomos a San Andrés de Teixido, pero o que máis recordo eran as excursións que facía en horario escolar. Que diferencias atopas entre a escola de agora e a de antes? Cambiaron moitas cousas. Agora os nenos xa sabedes de todo. Xa sabedes usar os móbiles e os ordenadores á primeira dende que sodes pequeniños. Parece que nacestes xa coas tecnoloxías. Antes non había nada deso. Todo era chapar, chapar e chapar. Tamén cambiou moito a forma de comportarse. Antes un profesor dicía algo na escola e era coma se fose Deus. A un profesor non se lle podía nin contestar nin levantarlle a voz nin nada. Logo che soltaba unha labazada! Non é como agora que cada un fala

34


 

cando lle peta. Non, antes as clases eran en silencio absoluto. Pero bueno, tamén sodes bos rapaces agora. Por último, gustaríanos que nos aclarases unha cuestión. Todos pensamos que ti es o dono do colexio. É certo? Non, como vou ser! Eu son un empregado igual que os profesores. Traballamos para vós nada máis. A min tenme o Concello aquí para eso: para que vixíe o colexio despois das horas de clase, que non entren a roubar, que se se estropea algo que o arranxe e nada máis. Pero sodes os nenos os que pensades eso. Os meus cativos, cando vivían aquí, tamén pensaban que o seu pai era o dono do colexio. Grazas, Eugenio, polo teu tempo e a túa atención. De nada. Estou á vosa disposición.

35


36


Neste curso os alumnos de Secundaria realizaron unha serie actividades encamiñadas a traballar con poemas de amor en diferentes linguas, épocas e rexistros, con motivo da celebración do día de San Valentín. Todos xuntos lemos, analizamos e mesmo creamos (con grande éxito) poemas de amor. Tamén seleccionamos os nosos poemas preferidos para unha “Exposición de poemas de amor”, na que participaron todos os departamentos de Linguas e o de Plástica. O obxectivo desta actividade foi incentivar a lectura de poemas en todas as linguas que aquí estudamos, e contribuir a difundir a lectura entre toda a comunidade escolar. Traballouse con autores da Literatura clásica e máis actuais, tratando de conectar con todo tipo de público. Para o recordo deste bo momento, deixámosvos aquí algunhas fotos e algunha mostra destes poemas. Especialmente, poñede atención nos poemas que algúns estudiantes de 3º da ESO chegaron a crear, inspirados pola musa do San Valentín.

37


Marta Allegue Rodríguez 3º A ESO

Susana Otero Paz 3º B ESO

38


Ángel Amenedo García 3º A ESO

David Vázquez Barreiro 3º B ESO

39


40


Hablan del amor, sin saber como es perderlo te rompe el corazón antes de acabar el siguiente verso.

Hablan del amor, como si lo hubiesen visto antes. Ni de lejos lo conocen puesto que han llegado tarde.

El amor está en el aire, en todas partes lo puedes hallar. A veces pasa por tu lado y lo dejas escapar.

El amor hay que regarlo,

Paula Rodríguez Brage

hay que cuidarlo y mimarlo,

3º B ESO

pues si no lo haces así, acabarás por marchitarlo. Ana Mosquera González 3º A ESO

41


42


43


AS VANGARDAS LITERARIAS

44


45


46


47


48


49


50


51


C O NTO D E 4 ยบ B

52


53


Traballamos a prensa

ALIMENTACIÓN E SAÚDE

Consumo de froitas no CPI A Xunqueira.

Por un almorzo saudable Lucía Ferreiro Romeu-1º A O almorzó saudable é a comida máis importante do día tanto para os rapaces como para persoas maIores, aínda que non se consegue aínda no 2014, que todos tomemos un almorzó rico en froitos, lácteos, hidratos de carbono...Por iso, na miña escola fixemos unha semana adicada a mellorar os hábitos alimenticios para coidar a saúde e o benestar do noso Corpo.

recomendados e tomámolo falando do que almorzaríamos ao día seguinte nas nosas casas. Para nós non resultou algo novo xa que o realizamos o ano pasado, con moita aceptación por parte do alumnado. Na miña opinión, debería de facerse máis a miúdo e probando novos tipos de almorzos.

Os alumnos do CPI A Xunqueira disfrutaron durante este curso de tres semanas de consumo de froitas na escola. O reparto realizouse nos recreos das tres etapas. A campaña pretende animar aos nenos e nenas a comer de forma saudable e a probar a froita. As froitas que se tomaron foron froitas de temporada e de inverno, de primavera e de verán, como : granadas, peras, amorodos, mazás, plátanos, nectarinas,etc. Estas semanas son moi ben valoradas polo alumnado. (Naiara Fernández)

BREVES  O colexio A Xunqueira de Fene celebrou a terceira Semana da Froita, co reparto de froita de tempada entre os escolares de ed. Infantil, primaria e secundaria.

O 30 de abril fomos almorzar tosos xuntos á cafettaría do colexio con Pilar, a nosa profesora de galego. Neste peculiar día eliximos un alimento de cada grupo dos

Xornadas de Almorzos saudables na Xunqueira Daniel Lago. Durante o mes de abril, os alumnos do CPI A Xunqueira de Fene participaron nas Xornadas de Almorzo saudable. Esta actividade levada a cabo na primeira hora de clase, na cafetería do

colexio, tiña como obxectivo indicar aos alumnos cómo debe ser o almorzo, a comida máis importante do día para os estudantes. O almorzó contaba con tres tipos de alimentos: os lác-

teos que se tomaron en forma de leite, iougur ou queixo; os cereais en forma de copos de millo e torradas de pan e a froita a base de froita fresca, plátano, mandarina ou zume de laranxa.Tamén algúns elixiron o “almorzó atrevido” con Pan con tomate e aceite.

54

 . Boa acollida do II Concurso de sobremesas no CPI A Xunqueira. O alumnado elaborou e degustou postres a base de froitas.


Xosé María Díaz Castro No 2014 adícaselle o Día das Letras Galegas a un poeta e tradutor galego: Xosé María Díaz Castro, nacido o 19 de febreiro de 1914 no lugar dos Vilares, Guitiriz. Díaz Castro formouse no seminario de Mondoñedo, onde ingresou en 1929. Alí, alén de cursar os seus estudos regulamentados, comezou o seu interese polas linguas e deu os seus primeiros pasos na escritura literaria. No 1961 Galaxia publicou o seu único libro: Nimbos. Nel destacan a terra e os sentimentos relixiosos, como o seu propio nome indica; Nimbos é o nimbo dos santos, a aureola que rodea a cabeza dos santos, unha aureola de gloria. Ademáis de Nimbos tamén recadou moita fama “Penélope”, a poesía máis coñecida do autor, que se inclue neste libro xunto con “Terra sucada”, “Quezais” e “Terra do tempo”. Na súa faceta como tradutor interpretaba máis de 10 idiomas de Europa nos que traducía libros ao galego e ao castelan. Finalmente morreu o 2 de outubro de 1990 en Lugo.

Penélope. X.M.DIAZ CASTRO Un paso adiante i outro atrás,Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mól coma unha uva. Pro tí envólveste en sabas de mil anos, i en sonos volves escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús María!, e toda a cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai dende Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás,Galiza! Lucía Ferreiro Romero

55


56


INVENTAMOS POESร AS (2ยบ DE PRIMARIA)

57


58


59


60


61


62


63


64


65


AS NOSAS OPINIÓNS (2º de primaria) OS AMIGOS/AS Está moi ben ter amigos porque se non tivésemos amigos estaríamos moi sós. (Almudena). Eu penso que os amigos/as teñen que ser comprensivos e bos.(L. Mouriz) Os amigos/as que sexan sí mesmos, non se teñen que comportar como outra persoa.( L. Picos). Son cariñosos e sempre están ao meu lado (Tania). Os meus amigos/as son divertidos, comparten e xogan.( Ainhoa). Eu creo que nunca hai que pegarlles aos nosos amigos. (L. Rey) Os teus amigos nunca te van deixar soa, porque son especiais. (Antía)

OS DEBERES Eu opino que os deberes son bos para o meu aprendizaxe. (Mateo) Eu creo que non hai que protestar cando os facemos porque é a nosa obligación.( L. Rey). Non me gustan, che quitan tempo.(L. Picos).

O COLEXIO O colexio encántame: estudamos, xogamos, aprendemos etc..,(Diego) É xenial e divertido.(L. Mouriz) O colexio gústame porque aprendo cousas novas.( L. Prieto) É divertido porque facemos poesías, exames…( Ainhoa) Eu opino que o colexio non está para fastidiarme, está para que aprenda. (Mateo) Opino que no colexio hai que respetar aos profesores/as . (L. Faraldo)

OS CONTOS Eu opino que hai que ler moooitos contos, porque unha son divertidos e dúas axudan a ler mellor.( L. Rey) Gústanme porque é como se te levaran a outro mundo. (Tania)

66


Son divertidos porque aprendo cousas novas.(Ainhoa) Son divertidos mentras que os les, pensas que estás dentro do conto.(Diego)

A GUERRA Eu pensó que a guerra é moi mala,debería desaparecer.( L.Mouriz) A guerra non me parece ben porque hai nenos sen avós, ou pai, ou nai. (L.Picos) É mala porque a xente morre e a familia sufre moito .(Tania) Opino que os maiores se non son amigos, non fai falta facer unha guerra.( L. Faraldo) A guerra é inxusta morren moitas persoas e ademáis da moita tristeza. (Antía)

O RACISMO Penso que ainda que sexamos de distita raza todos somos iguais (Tania) O racismo está moi mal porque as persoas temos os mesmos dereitos (Almudena) Todas as persoas somos iguais e a raza branca non é superior á negra. (Dani)

A IGUALDADE Opino que os homes son iguais que as mulleres e teñen que compartir o traballo da casa (L. Faraldo) Eu opino que todos somos iguais, sexamos de diferente raza, sexo ou cultura.(Mateo) Eu creo que os homes e as mulleres tiñan que ter os mesmos dereitos. (L. Rey) Eu opino que os homes non poden estar sen facer nada na casa porque despois as mulleres teñen que facer todo. (Dani)

OS ANIMAIS Eu opino que non se deben maltratar porque eles nunca nos maltratarían (Mateo) Non se debe abandonar a un animal porque ten sentimentos.Son seres vivos! L.Picos Eu creo que si teño un animal teño que mantelo ata que morra ( L.Rey). Os animais se os tratamos mal póñense tristes. (L. Prieto) Os animais teñen sentimentos e non son un xoguete. (Almudena)

67


ALUMNOS DE 3 ANOS

68


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.