Revista nadal 2017

Page 1

O XUNQUINO DE NADAL

SAÍDAS Visita ao Teatro de Narón. Lúa. 2º Excursión á Coruña. 2º ESO Visita ás Meninas de Canido e ao Museo da Sociedade Galega de Historia Natural. 5º

VISITAS Luis Cuba. Os cogomelos.

ACTUALIDADE NO CENTRO Celebración do Magosto. Debuxos de 1ºB. Celebración do Samaín. O Samaín en Galicia. 6º Relatos de terror de secundaria. Día contra a violencia de xénero. Cómics Arturo e Clementina 1ºA. Cómics Arturo e Clementina 2º. Belén de Nadal. Cadros da Creación Divina. Infantil. Exposición de postais de Nadal.

TRABALLAMOS SOBRE… Contos de Nadal. Secundaria. Monumentos de Fene. 2º Curtametraxe De corazón, mariñeiro. Secundaria. Receita La tarte normande. David Parga 2ºA ESO Seguridade vial. Iria Fernández 5º. El pez Arcoiris. 2º. Cantigas de Amigo. Secundaria.

1


O XUNQUINO DE NADAL

Teatro no Pazo da Cultura de Narón Os alumnos de 2º de primaria acudiron ao Pazo da Cultura de Narón a ver a obra A Lúa. Así a viron eles:

2


O XUNQUINO DE NADAL

3


O XUNQUINO DE NADAL

4


O XUNQUINO DE NADAL EXCURSIÓN 2º ESO Á CORUÑA O xoves catorce de decembro o alumnado segundo da ESO fomos de excursión á Coruña. Saímos pola mañá a primeira hora e dirixímonos ao Palacio da Ópera da Coruña. Alí xa comezara o ensaio da orquestra sinfónica, quen interpretou a sexta sinfonía de Tchaikovski. Non durou máis de tres cuartos de hora e a verdade gustoume moito. Máis tarde, cando rematou fomos ao museo Domus, onde había diferentes actividades interactivas relacionadas co corpo humano e os órganos dos sentidos. Tamén había un espazo dedicado ás costumes, ferramentas e pensamentos ao longo da nosa evolución como especie dende a prehistoria. Unha vez rematada a visita, visitamos o Monte de San Pedro, dende o cal había unhas vistas marabillosas de Riazor, da Torre de Hércules e do mar. Despois, xa para concluír a excursión fomos a Marineda City. Alí xantamos e demos un paseo polo centro comercial. A min, persoalmente, gustoume a experiencia moito xa que nunca antes vira en directo un concerto como ese e desfrutei coa saída en xeral.

5


O XUNQUINO DE NADAL

6


O XUNQUINO DE NADAL

7


O XUNQUINO DE NADAL

María Rodríguez Pena 5º EP

8


O XUNQUINO DE NADAL

9


O XUNQUINO DE NADAL

O MAGOSTO O venres 10 de novembro festexamos o Magosto. Gozamos dunha xornada de xogos tradicionais e ademáis degustamos unhas castañas que estaban moi moi ricas!!

As nenas e nenos de 1ºB fixemos uns debuxos de como vimos esta festa:

10


O XUNQUINO DE NADAL

11


O XUNQUINO DE NADAL

12


O XUNQUINO DE NADAL

13


O XUNQUINO DE NADAL

14


O XUNQUINO DE NADAL

15


O XUNQUINO DE NADAL

16


O XUNQUINO DE NADAL

17


O XUNQUINO DE NADAL

18


O XUNQUINO DE NADAL

19


O XUNQUINO DE NADAL

20


O XUNQUINO DE NADAL

21


O XUNQUINO DE NADAL

22


O XUNQUINO DE NADAL

O mesmo 10 de novembro festexamos tamén o Samaín e con el adquiriu o centro un ambiente tenebroso. Fixemos unha fermosa exposición coas cabazas que trouxeron os rapaces e rapazas das súas casas; logo apagamos as luces e prendemos as candeas...

23


O XUNQUINO DE NADAL

Ademais fixemos unha exposición cos relatos de terror feitos polos alumn@s de 4º, 5º e 6º de primaria e os de secundaria, e tamén cos debuxos de terror feitos polos alumnos de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria. ASÍ DE FERMOSOS QUEDARON!!

A continuación podedes ler algún dos relatos de terror feitos polos alumnos de secundaria: 24


O XUNQUINO DE NADAL 31 DE OUTUBRO Antes de comezar esta lenda, quixera falar dúas ou tres liñas do samaín, unha festividade de orixe celta máis importante de Europa, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro era considerada como o “O ANO NOVO CELTA”, que comezaba ca estación escura. Un rapaz de trece anos chamado Samoel, era orfo dende o catro de agosto, xa que unha enfermidade dexenerativa acabara ca vida da súa nai, Aina. Ca familia, Aina, Samoel e Mael ( o seu pai )non mantiñan unha relación moi cercana. Non eran coma as demais familias, na que pais, fillos, curmáns, tíos, avós… reuníanse en festas como o Nadal. Pero a morte de Aina cambiouno todo. Entre familiares apoiáronse moito, e pouco a pouco o disgusto de todos foise pasando, excepto o de Samoel que seguía pensando na súa nai, onde estaría, e se a tratarían ben alá onde se encontrara. Pasados uns días, dende a morte da nai, Samoel prometeuse a si mesmo que toda-las noites dos días “31” de cada mes iría ao cemiterio a visitar á súa nai e se o mes non tiña 31 días non, agardaría para visitala. A razón de que escollera o “31” era moi sinxela, xa que Aina cumpre o 31 de outubro. A primeira visita foi o 31 de agosto, ao cemiterio levouno o avó xa que o pai traballaba aquel día ata moi tarde. Buscou e rebuscou ata que a encontrou un epitafio que poñía: D.E.P AINA Ao ver iso, os ollos de Samoel humedecéronse e bicou a fría lápida e se dixo para si mesmo: mamá, coidate onde estés. Estivo uns tres minutos sentado nun banco, acurrucado e volveu para o coche do avó, quen o levou para á casa. Pasado outro mes, o 31 de outubro volveu co seu avo, quen esperaba no vehículo. Esta vez Samoel, levaba preparada unha carta, que escribira pola tarde. Na parte de abaixo da carta estaba escrito: Mamá, sempre xuntos. SAMOEL + AINA = SAMAIN Deixou a carta no chan, e dispúxose a voltar ao coche pero escoitou un temblor que proviña de cerca, mirou cara ao avo, asustado. Algo no seu interior decíalle que tiña que volver cara atrás e voltar. Foi nese momento cando, as portas do cemiterio pecháronse. Samoel comezou a berrar e de lonxe viu que o avó non estaba dentro do coche. Unha voz de muller, que non o chamaba por Samoel, senón Samaín, era a súa nai, que estaba a carón del. Díxolle que non se asustara que o avó non estaba porque saíra ela, e que só, solamente Samoel podería falar con ela unha vez ao ano, o 31 de outubro. Tamén lle dixo que cando el viñera a chamara polo nome de Samaín porque, aínda que non estivera presente, Aina e Samoel estarían sempre xuntos.

25


O XUNQUINO DE NADAL A Nena Fantasma Mara era unha rapaza moi especial. Ela sempre tivo un sexto sentido, non só para o paranormal, senón que tamén para o terreal. Ela sabía perfectamente cando alguén non tiña boas intencións sen ter dado mostras de que era unha mala persoa. Unha día, ela estaba pasando o tempo co ordenador, cando tivo que ir ao baño. Antes de saír do dormitorio, recolleu a cadeira cara o seu escritorio. Tras volver do baño, a cadeira estaba lixeiramente desprazada. Nese momento, ela tampouco lle deu importancia a ese detalle. Preguntoulle aos seus curmáns maiores se foran eles tratando de gastarlle unha broma ; sen embargo, eles non sabían a que se refería. Á semana seguinte, de novo tivo que volver ao aseo para bañarse. Cando se dirixiu á habitación, outra vez, a cadeira encontrábase fóra do seu sitio. Aínda que esta vez, achábase fronte á porta ; fronte a Mara. Nun golpe de vista, pareceulle ver a silueta dunha nena pequena, duns catro ou cinco anos, cun precioso vestidiño de gasa branco.Despois de pestanexar repetidas veces, a nena xa non se encontraba no dormitorio. Mara recolleu a cadeira e foise a durmir. A partir dese día, Mara vía a aquela nena repetidas veces ao longo dos días nas diferentes estancias da casa dos seus avós. Unha noite, foi á cociña por unha taza de café ben cargado, debido a que ao día seguinte tiña unha presentación de traballo, e quería terminar de perfeccionala. De volta ao cuarto, a nena cruzóusellese no corredor provocando que derramara sobre si mesma media taza. Como xa non podía aguantar máis, o primeiro que pensou foi en compartir o que lle estaba sucedendo coa súa avoa, que a criou como unha nai dende moi pequena trala morte dos seus pais. A súa avoa sobresaltada, chamou ao seu avó. Ela preguntoulle a este que que fora o que lle comentara había case un mes. O avó describía con luxo de detalles que a avoa vira unha nena pequena, duns catro ou cinco anos, cun vestidiño de gasa branco, coma se fose de verán… ¡era a mesma neniña que estivera vendo ela! Nese momento, Mara suspirou tranquila. Ela non era a única que podía vela. Non estaba tola. Semanas máis tarde, non volveron a ver a neniña fantasma, e, a día de hoxe seguen sen encontrar a explicación do que contemplaron. Antía Pérez Martínez

26


O XUNQUINO DE NADAL Esperto O reloxo da cociña empeza a soar. Xa son as dúas da noite. Estou falando cun amigo polo móbil. Teño ganas de ir ao baño. Apago e deixo o móbil enriba da cama. Levántome e vou moi paseniño ata o corredor. Se os meus pais espertan e descobren que non estou durmido a estas horas, castigaranme. Abro a porta do baño moi amodo, prendo a luz e pecho a porta. Ao acabar, tiro da cadea. Por sorte é moi silenciosa, e volvo á miña habitación. Cando xa estou a punto de meterme na cama, oio un ruído, como de algo que cae contra o chan. Ese ruído vén da habitación dos meus pais. Decido ir para ver que pasou. A porta está aberta, e a luz da lúa entra pola fiestra e ilumínao todo. Póñome á beira da porta e inclino a cabeza para ver o que hai aí dentro. No chan hai un regueiro de sangue. Sígoo coa mirada ata chegar a un corpo inerte, creo que é o meu pai. Contra a xanela vese unha figura estraña, cun brazo longo e punzante, semellante ao dunha gran espada, e no seu extremo está a miña nai. Fago un gran esforzo por non berrar, porque faría que o asasino se decatase de que estaba alí, e viría matarme a min tamén. Ese ser xira a súa cabeza cara a porta onde estou eu. Saio correndo e o único sitio onde se me ocorre agocharme é na miña habitación. Noto como os seus pasos dirixíndose ata onde estou eu e, nun acto de nerviosismo, métome na cama e fágome o durmido. Poucos segundos despois entra pola porta. Eu estou cos ollos pechados pero o suficientemente abertos para poder ver. O home queda mirándome fixamente, sen moverse. Dá a volta e vaise. Estou pensando en saír correndo cara á porta da saída, pero seguro que me atrapa polo camiño. Outra posibilidade é tirarme pola fiestra. A miña habitación está nun primeiro piso, tal vez non me faga moito dano, pero é mellor iso a que te maten atravesado por unha espada. Xa é demasiado tarde para poder facer nada, o home volve á miña habitación. Ten aos meus pais nos ombreiros. Tíraos ao chan. Colle ao meu pai e séntao nunha cadeira. Xíralle a cabeza para que mire cara a min. Escóitase como as vértebras do pescozo rompen e estalan. Fai o mesmo coa miña nai. Intento non chorar nin moverme para que pense que sigo durmindo. El tamén colle unha cadeira e senta. Os minutos convértense en horas, cada vez desespérome máis. Empezo a pensar que está xogando coa miña mente, pero non o conseguirá. Tal vez canse axiña e se marche. Levántase da cadeira e crava no peito do meu pai a súa espada . Achégase a min, mírame e logo escribe algo na parede. Ao acabar, marcha ao corredor, pecha a porta e vaise. Oio como rompe unha ventá. Levántome dun chimpo da cama e miro pola fiestra. Está camiñando pola calzada. Vai vestido de negro, cun sombreiro, unhas botas de coiro e unhas luvas, pero non ten nin unha pinga de sangue nin ten esa especie de espada coa que matou aos meus pais. Párase, dá a volta e mira a onde estou eu. Agáchome rapidamente para que non me vexa. Pasados uns segundos, volvo mirar e xa non está. Os raios da lúa iluminan toda a habitación e fai que poida ver os cadáveres dos meus pais. Os dous miran cara a min cos ollos abertos e cun sorriso sinistro. De repente acórdome que escribira algo na parede. Xírome e leo o que puxo: “Sei que estás esperto”. Anxo Piñeiro, 3º ESO

27


O XUNQUINO DE NADAL O BOSQUE DOS MORTOS Cando meu avó era pequeno entrou nun bosque e ás doce encontrou un pequeno cemiterio no que encontrou varios nichos. Cando llelo dixo aos seus pais dixéronlle que nese lugar non había nada. Ao ir ao día seguinte non encontraron máis que unha pequena arboreda e uns poucos matoxos. Meu avó non o podía crer e foi comprobalo dúas semanas despois e o cemiterio volvera a aparecer! Meu avó non o podía crer: naquel lugar aparecera a Santa Compaña e meu avó saíu fuxindo. No seu colexio tomárono por tolo, pero el estaba seguro que a viu. Moitos anos máis tarde,cando mo contou, eu tampouco o podía crer, pero despois contoume que un dos mortos levaba o colar da súa tía morta no verán anterior. Díxome tamén que ao día seguinte na súa casa apareceran os seus curmáns que morreran había tres anos. Non entendera nada do que acontecera e pensou que o bosque estaba encantado. Meu avó non foi o mesmo dende entón, o cal me parecía normal: acababa de ver os seus familiares mortos! As semanas seguintes meu avó foi visitar ese mesmo cemiterio todos os días. El xa non vía nada... ata creu que a mente lle xogara unha mala pasada, pero non! Volveu ver a Santa Compaña, esta vez cos seus avós e avoas, seus curmáns e a súa tía.

Hugo Payo, 1ºB ESO

28


O XUNQUINO DE NADAL

DANIELA Ola, son Laura, teño 13 anos e por algunha estraña razón cando era pequena, Daniela era a miña mellor amiga, pero… Por onde empezo? Veredes, ninguén ve a Daniela, repito, ninguén. Meus pais din que é unha parvada que ela exista, nunca a ven, e aínda así, sempre está comigo. Por esa razón, meus pais mandáronme a un psicólogo. María é a miña psicóloga, xa estou farta dela, non para de dicirme que esqueza a Daniela, pero en fin, vouvos falar dela. Daniela é un pouco travesa, sempre empurra á xente, por exemplo: o meu pai ten unha venda no pé, pois Daniela empurrouno polas escaleiras; Pablo é un amigo meu, e leva moito tempo sen vir á escola, pois ela empurrouno. Ninguén se dá conta de quen o empurra, pois como vos dixen ninguén a ve. Si, seino, pode que Daniela non pare de causarme problemas, pero non deixará de ser a miña mellor amiga, aínda que ninguén a vexa. Ata había xente que dicía que Daniela era unha nena imaxinaria!

Micaela López Galeano, 1ºA ESO

29


O XUNQUINO DE NADAL MORTE POR INVESTIGACIÓN Xiana é unha rapaza de quince anos que vive cos seus pais nunha pequena casa illada da cidade. Todos os días facía o mesmo: ou ía dar unha volta polo bosque ou quedaba na casa facendo as tarefas do fogar. Un día, seus pais dixéronlle que fixera un pequeno vehículo para poder ir á cidade sen perder moito tempo e ver como era a vida alí. E así foi,un 31 de outubro, Xiana marchou ao medio do bosque en busca de madeira que puidera utilizar na fabricación do seu propio coche. Todo ía ben, pero… Ahhhhhhh! - gritou a rapaza. Unha casa sen ventás e tapada por unha cortina negra estaba diante da súa cara, tiña uns carteis pegados por toda a parede que poñían frases moi estrañas que chamaron a atención da rapaza:  Marcha de aquí,non entres, é perigoso, un home reside aquí…- leu Xiana en voz alta. Ela quería entrar para investigar que estaría a pasar dentro dese escuro lugar, pero por outra parte pensaba que sería moi perigoso, poñería en risco a súa vida! Na parte de atrás desta casa había un timbre ao que premeu rapidamente sen dúbida algunha. Minutos despois, unha grave voz que viña do interior dicía:  Adiante, adiante, non temas….Ha, ha, ha!! Xa dentro, Xiana viu dúas portas: Unha estaba en perfecto estado, ata tiña un adorno na parte de arriba! Polo contrario, na outra observábanse pequenos buratos polos que se vían luces ao fondo e imaxes algo estremecedoras. - Entrarei pola porta boa, non terei perigo se o fago así - pensou. O que ela non sabía era que as cousas ían empeorar ao pasar por alí. O primeiro que viu foi unha pantasma que a asustou por detrás, pero que non impediu a continuidade do seu traxecto. Máis adiante un rapaz descuartizaba a homes vivos para posteriormente facer unha deliciosa sopa de humano. No camiño, antes de atopar ao seguinte e último personaxe que vivía alí dentro, atopou unha cabeza rodando que caía por unhas escaleiras que Xiana seguiu. Ela tiña moito medo, pensaba que farían o mesmo con ela, pero quería saber que era o que había alí abaixo. Ao chegar, viu outra porta que abriu e unha aguda voz de muller que facía apócemas con pernas e brazos de humanos dicíalle:  Nena, nena, non poderás marchar de aquí. O que entra xa non volve. Xiana correu cara á saída pero a pantasma que vira no inicio da terrorífica casa atrapouna e matouna dunha coitelada. A vida de Xiana rematara na procura de volver xunto aos seus pais.

Marta Seco, 3º ESO

30


O XUNQUINO DE NADAL A CONQUISTA DAS FESTAS Hai moito tempo, os pais dun neno, chamado Eduard, mercaron unha casa que era moi aterradora. Á hora de cear, Eduard decatouse dun libro gordo e vello na sucia estantería. Pola noite non podía parar de pensar no tomo, tiña moitos pesadelos relacionados co exemplar. Pola mañá, foi ver o libro e investigou un pouco, chamoulle a atención unha páxina. A folla recordáballe algo familiar, quizais era iso o que lle atraía e lle impulsaba a observala con toda a atención. Decidiu investigar sobre o gravado en Google, encontrou algo interesante, pero cando foi ler do que trataba, chamárono á porta para almorzar: -Mamá, estou ocupado investigando unha cousa - Dixo Eduard. - Pero, tes que vir axiña, se non… - Díxolle a nai a Eduard. - Vale mamá! Grazas! - Contestoulle entusiasmado Eduard. Foi de présa ao seu dormitorio para seguir buscando información daquel familiar gravado. Naquela páxina de Internet encontrou o que buscaba, unha imaxe idéntica á súa, información e un vídeo que lle pareceu moi interesante. De súpeto escoitou un ruído, procedente da porta, coma se dun golpe se tratase. Foi ver o que sucedeu, e percatouse dun sobre, dentro tiña unha carta moi decorada, con letra moi coidada podía divisarse unha mensaxe : Abre o libro na páxina que máis che chamou a atención, E descubrirás algo especial no seu interior. Tres palabras terás que dicir, Para así un novo mundo poder descubrir. Eduard, fixo todo o que lle mandara a carta, o que non entendeu era cales eran as tres palabras que tiña que dicir? - Eduard!!! - Berroulle a súa irmá. - Tranquila Ana, non fai falta berrar - Tranquilizouna o seu irmán. - Tes que vir axiña se non mamá vaite castigar - Informouno Ana. - Vale, vale xa vou - Contestoulle malhumorado. Estando na mesa, a nai preguntoulle que estaba facendo, Eduard non podía dicirlle a verdade, se non asustaríase, así que inventou unha boa escusa: - Estiven buscando información dun texto que atopei no Internet - Dixo. Pouco tardou en acabar o almorzo, foi correndo ao seu cuarto e mirou fixamente aquel gravado. Pasaron dez ou once minutos e deuse conta de algo. Aquel gravado tiña escrito algo no fondo. Miroullo cunha lupa e mirou aquelas letras. Estaba escrito isto: Novo Mundo Reserat. - Claro!! Como non me dei conta?? - Exclamou feliz Eduard. Abriu o libro naquela misteriosa páxina e dixo esas palabras tan estrañas para el, e…

31


O XUNQUINO DE NADAL No aire abriuse unha brecha escura, coma a noite. Abriuse unha brecha espazo-temporal na que, un mundo xélido, coma o xeo, deixou mostrar ao mundo que xa coñecemos. - Grazas a Deus!! Chegou alguén para axudarnos!! - Dixo unha moza. A moza, era moi linda, abrazou a Eduard, e explicoulle por que estaba alí. - Verás, este era o noso mundo, era o mundo de Samaín, ata que chegaron Papá Noel e o seu exército. Queren dominar todas as festas para que todos os días sexan Nadal, e ti podes salvar o noso mundo. Faríalo polo Samaín? - Explicoulle a moza a Eduard. Eduard contestoulle que si. - Cal é o teu nome? - Preguntoulle Eduard á moza. - O meu nome é Ánxela, e cal é o teu nome? - Preguntoulle a Eduard. - O meu nome é Eduard - Contestoulle. Eduard non sabía como o irían facer, seguro lles custaría moito. - Como o imos a facer?- Preguntoulle. - É moi sinxelo, simplemente temos que reunir un exército para loitar, mentres eles loitan, nós temos que ir ao Palacio do Samaín e puxar o botón de “RESET” - Explicoulle Ánxela.

Eduard e Ánxela reuniron todos os membros do exército para loitar, foron buscar o armamento. Preparados para loitar, puxéronse no seu lugar, e foron contra o exército Navideño. Como xa o tiña planeado Ánxela, mentres eles pelexaran, os dous irían polo botón de“RESET”. Cando xa estiveron diante do botón, loitaron cos gardiáns, e puxaron aquel botón. O mundo de Samaín estaba volvendo a súa realidade. Todos os seus habitantes, que estiveran escravizados, puxéronse moi contentos e entusiasmados. Grazas a Eduard, o mundo de Samaín volveu á normalidade. Os habitantes dese mundo fixeron unha festa para Eduard. En canto a Ánxela e Eduard… Xa sabemos todos o que pasou… Aquela brecha espazo-temporal non desapareceu, se non que Eduard tiña que dicir as palabras máxicas e listo. A partir dese momento todos viviron felices.

Miguel Ángel Rincón Ramírez 1ºA ESO

32


O XUNQUINO DE NADAL

O pasado 25 de novembro celebrouse o día contra a violencia de xénero. Todos os alumnos e alumnas do centro traballaron sobre este tema ao longo da semana previa. Nos distintos niveis traballouse esta temática coa axuda de diferentes obras. Por exemplo as nenas e nenos de primeiro e segundo de primaria traballaron o conto Arturo e Clementina. Así, elaboraron fermosos cómics sobre esta obra.

Se premedes nesta imaxe, poderedes ver os cómics feitos polos alumn@s de 1ºA:

Se premedes nesta outra, poderedes ver os cómics feitos polos alumn@s de 2º:

33


O XUNQUINO DE NADAL

34


O XUNQUINO DE NADAL

35


O XUNQUINO DE NADAL

36


O XUNQUINO DE NADAL

E as postais gañadoras foron:

Aitana Fernández Reis 3º ESO

Diego López Morales 5º

37


O XUNQUINO DE NADAL

38


O XUNQUINO DE NADAL

39


O XUNQUINO DE NADAL

40


O XUNQUINO DE NADAL

41


O XUNQUINO DE NADAL

MONUMENTOS DE FENE As nenas e nenos de segundo de primaria fixeron unha recompilaciรณn dos monumentos que hai en Fene.

Se premedes na seguinte imaxe poderedes velos todos:

42


O XUNQUINO DE NADAL Curtametraxe alumnado 3º/4º ESO sobre a vida no mar Un grupo de alumnado do CPI A Xunqueira desenvolvemos ao longo deste trimestre un proxecto para a elaboración dunha curtametraxe co título ¨De Corazón, Mariñeiro¨. A actividade encádrase nun programa pedagóxico que ofrece ao alumnado de secundaria e bacharelato unha base teórico-práctica e unha formación en técnicas audiovisuais destinada á posta en valor dos oficios tradicionais e paisaxes mariñeiras da costa do Golfo Ártabro Norte. A través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte, o programa contempla a selección, titorización e desenvolvemento de varios proxectos cinematográficos que darán como resultado unha serie de filmes representativos da vida e paisaxe na costa ártabra, nomeadamente a partir do retrato dos oficios vinculados ao traballo no mar. A nosa idea presenta a vida de Vitoriano Urgorri como amante do mar, ademais do labor do personal da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, ensinando o seu traballo diario e o estado da ría de Ferrol. Aínda que supuxo moito traballo e esforzo estamos satisfeitos co aprendido porque nos serviu para descubrir a nosa comarca, aprender labores cinematográficas e coñecer a profesionais moi entregados. Queremos agradecer a Marcos, a súa axuda e consellos para levar a cabo esta rodaxe, tamén agradecer a o noso centro, O CPI A Xunqueira, as nosas familias por levarnos cando iamos a gravar, aos traballadores da Estación de Bioloxía Mariña da Graña pola súa colaboración desinteresada, as nosas profesoras, ao noso compañeiro Isai e en especial a Vituco por deixarnos vivir esta experiencia. Un saúdo e esperamos que vos guste tanto como a nós.

43


O XUNQUINO DE NADAL

44


O XUNQUINO DE NADAL

La Tarte Normande est une spécialité culinaire de Normandie Normandie est une région de la France. C’est un territoire géographique el culturel situé au nord-ouest de la France et bordé par la Manche La Tarte Normande

Ingrédients Rouleau de pâte sablée : 1 pièce Pommes Pink Lady : 3 pièces Crème fraîche épaisse : 250 g Œufs: 4 pièces Sucre en poudre : 100 g Calvados : 3 cl Cannelle en poudre : 2 g

Préparation 1 Préchauffer le four à 200 °C 2 Beurrer un grand moule à tarte, puis le garnir de pâte sablée. Réservez ensuite au réfrigérateur. Éplucher les pommes puis les couper en gros morceaux de 2 cm de côté. 3 Dans un saladier, mélanger les œufs, la crème épaisse, le sucre, le calvados et la cannelle. Distribuer les pommes sur le fond de pâte, puis verser la préparation à base d'œufs. Mettre au four ensuite à 200 °C pendant 30 min environ, 4 Laisser refroidir complètement avant de servir .

David Parga Torrente, 2º A ESO

45


O XUNQUINO DE NADAL

SEGURIDADE VIAL Os rapaces de 5º e 6º de primaria no mes de novembro foron a unha charla de seguridad vial. Veu un home en silla de rodas chamado Daniel, tiña esa dificultade porque tivo un accidente de moto e rompeu a medula espiñal . A medula espiñal é longa e a súa testura e como o fiiño da pasta de dentes. A medula espiñal é a encargada dos movementos involuntarios . Se rompemos a medula espiñal, a parte que rompemos, non pode levar a información entón non sentimos o que nos fan, por exemplo se te pisan o pé non o sintes porque a información non pode chegar ao cerebro. Para previr accidentes nos medios de transporte é necesario utilizar as proteccións adecuadas. Na bicicleta e nas motos é necesario casco, cada un ten que levar o seu casco, non vale o mesmo. No coche é necesario levar sempre o cinturón ,porque se tes un accidente grazas ao cinturón non te das un golpe grave .Se non levas o cinturón te podes romper a medula espiñal. Non te tires de cabeza ao mar sen saber a profundidade ,te podes levar un golpe na cabeza moi grave e ata podes morrer. Daniel contounos que cando se rompera a medula espiñal estivera moitos meses ingresado no hospital e cando saira a rúa tiña moitos atrancos como as escaleras e cando tiña que cruzar os coches non o veian .E tivo que mudar de casa porque era un duplex e os espazos eran moi pequenos. Se vas en cadeira de rodas podes practicar moitos deportes . Daniel practica baloncesto, tennis ,balonmano, karate… Iria Fernández Reis 5º primaria

46


O XUNQUINO DE NADAL Os alumn@s de 2º de valores traballaron o conto chamado El pez Arcoiris. Así o ven eles:

47


O XUNQUINO DE NADAL

48


O XUNQUINO DE NADAL

CANTIGAS DE AMIGO

Árbores de Vigo buscades o meu amigo? Ai Deus, por que en Vigo? Árbores de lugo atopades o meu amigo?

Praias do mar de Ferrol

Ai Deus, por que en Vigo?

Se vistes ao meu amor! Ai, meu amor!

Árbores da Coruña queredes meu amigo?

Praias do mar de Valdoviño

Ai Deus, por que en Vigo?

Se vistes ao meu cariño

Anxo Piñeiro Grandal

Ai, meu amor!

Se vistes ao meu amor dicídelle que estou en Ferrol Ai, meu amor!

Elena Barcia 3º ESO

49


O XUNQUINO DE NADAL Dime horizonte coruñés, hei de ver ao meu amigo?

Estaba eu na ermida de San Xoán,

que vou facer?

como de costume, dándolle a man.

se virás!

Eu agardando meu amigo, e agardando meu amado.

Dime horizonte fermoso, hei de ver ao meu amado? que vou facer?

Estando na ermida, ant’ o altar

se virás!

como de costume, vou orar. Hei de ver ao meu amigo?

Eu agardando meu amigo,

Estoute esperando

e agardando meu amado.

que vou facer? se virás!

Acercáronme ás ondas do mar, Hei de ver ao meu amado?

e a miña amiga vin baixar.

Estoute agardando

Eu agardando meu amigo

que vou facer?

e agardando meu amado.

se virás!

Estoute esperando,

A miña amiga veu cara a min

estás tardando

e eu moi fermosa a vin.

que vou facer?

Eu agardando meu amigo,

se virás!

e agardando meu amado. Estoute agardando, estás demorando

Ao meu amado vin chegar

que vou facer?

e amodiño veume buscar.

se virás!

Eu agardando meu amigo, Estás tardando

e agardando meu amado.

se non chegas que vou facer? se virás!

O meu amigo levoume ó altar, e os dous, comenzamos a bailar.

Estás demorando

Eu agardando meu amigo

Se non apareces

e agardando meu amado.

que vou facer? se virás!

Alba Goti Filgueira

50

Ángelo Alessandro Cazorla Villarroel


O XUNQUINO DE NADAL Ai árbores, ai árbores do campiño, Sabedes algo do meu amigo! Sediam’ eu na ermida de San Andrés,

Ai señor, onde está?

como de costume fago cada mes. Ai árbores, ai árbores deste prado

Eu agardo meu amigo.

Sabedes algo do meu amado!

Eu agardo meu amado.

Ai señor, onde está? Estando na ermida fronte o altar,

Sabedes algo do meu amigo!

como de costume gústame orar.

Quero que pronto volva comigo.

Eu agardo meu amigo.

Ai señor, onde está?

Eu agardo meu amado. Sabedes algo do meu amado! Quero que pronto volva ao meu lado.

Como de costume fago cada mes,

Ai señor, onde está?

cantamos eu máis o feligrés. Eu agardo meu amigo.

Pregúntasme polo teu amigo?

Eu agardo meu amado.

Podo dicirche que estará Ai señor, onde está?

Como de costume o Sol comeza a brillar, e os peregrinos xa se van retirar.

Prengúntasme polo teu amado?

Eu agardo meu amigo.

Podo dicirche que está sano Ai señor, onde está?

Eu agardo meu amado.

Podo decirte que está sano O Sol se esconde e a Lúa empeza a asomar,

E chegará na noite ao prado

entre a oscuridade ós lucecús gústalles iluminar.

Ai señor, onde está?

Eu agardo meu amigo.

Podo dicirte que está sano

Eu agardo meu amado.

E chegará na noite ao prado Ai señor, onde está? Antía Pérez Martínez Soraya Beceiro Romero

51


O XUNQUINO DE NADAL

AI MEU AMOR FERIDO QUE XA NON LATE, QUE OS RÍOS DEIXACHES CHEOS DE SANGUE!

Levantáronse as ondas do mar,

ONDE O MEU CORPO XACE.

e o meu amigo escapou. Ai Deus,que será del!

AI MEU AMOR FERIDO QUE XA VAI VELLO , QUE OS RÍOS DEIXACHES TAN VERMELLOS! ONDE O MEU CORPO XACE.

Levantáronse as ondas na noite, e o meu amigo chorou.

QUE OS RÍOS DEIXACHES CHEOS DE SANGUE!

Ai Deus,que será del!

QUE OS MONTES OS FUMES GRISES TRAEN ONDE O MEU CORPO XACE.

E o meu amigo escapou, QUE OS RÍOS DEIXACHES TAN VERMELLOS!

e non sei se alguén o atopou.

QUE OS MONTES DEIXACHES SEN NOCELLOS ONDE O MEU CORPO XACE.

Ai Deus,que será del!

AI MEU AMOR CALADO QUE NON CORTO,

E o meu amigo chorou,

QUE A GALICIA DEIXACHES O CEO MORTO

e non sei se alguén o mirou.

ONDE O MEU CORPO XACE.

Ai Deus, que será del. AI MEU AMOR DOMADO QUE NON É POUCO QUE A GALICIA DEIXOUTE NO HORTO

Eu sei que chegará á miña corte,

ONDE O MEU CORPO XACE.

pois o meu amigo é moi forte.

AI MEU AMOR, QUE A GALICIA DEIXACHES MORTO,

Ai Deus,que será del!

DENDE AQUEL PEQUENO PORTO ONDE O MEU CORPO XACE.

Eu sei que chegará antes da miña morte, pois o meu amigo estará no bosque.

AI MEU AMOR, QUE A GALICIA DEIXACHES NO HORTO

Ai Deus,que será del!

DIANTE DO MEU CORPO MORTO. ONDE O MEU CORPO XACE.

Marta Seco Ameneiro

ISAI OGANDO SANTALLA

52


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.