RECOMENDACIÓNS

Page 1

Estimadas familias: dadas as circunstancias excepcionais nas que nos atopamos e para normalizar na medida do posible esta situación, dámosvos unhas recomendacións que podedes levar a cabo cos vosos fill@s durante estes días:                   

Contar obxectos habituais do día: froitas, tapóns, xoguetes,... Buscar e identificar números en etiquetas, números de teléfono, datas de caducidade... Traballar sobre o calendario, buscar o número, o día da semana, mes. Identificar cores. Buscar formas xeométricas en diferentes obxectos (círculo, cadrado, rectángulo, triángulo, ...) Comparar e clasificar obxectos por tamaño. Sinalar as partes do corpo en si mesmo e nos demais, aproveitando para falar do coidado e da hixiene tan importante nestes momentos. Facer un esbozo da figura humana. Facer debuxos libremente e contar ou escribir o que debuxaron. Ver e ler contos, con e sen axuda; inventar outro final, modificar os personaxes,... Escribir o que máis nos gustou do que fixemos durante o día. Lerlles contos, poesías, trabalinguas, adiviñas, xogos de palabras,.... Recoñecer diferentes letras en contos, xornais, revistas, ... Escribir ou debuxar unha receita da comida que máis nos gusta. Realizar actividades plásticas: collage, modelado con plastilina, cortar, rasgar, dobrar papeis,... Xogos de mesa e en familia: oca, parchís, puzzles, construcións, barallas de cartas,.. Falar moito con eles, de temas variados, empregando unha linguaxe normal. Darlles autonomía nas actividades diarias. Darlles responsabilidades, que axuden nas tarefas diarias,... Xogos educativos na tablet ou ordenador, aquí vos deixamos algunha ligazón de interese: o https://quecamandiles.com/ o https://drive.google.com/file/d/1s_PNDtQp6QqN3-T8u7y9skwWxpwMPCR/view?fbclid=IwAR1OKbVAZxC8pyEWKf5Mp_ioxltFHl91 Lpy-XztHoBM4Xzg5Ij6T0KBmU9c o http://nubecitasdesabidura.blogspot.com/

Recordade que son nen@s e necesitan xogar e descansar, gozade da súa compaña. Desexamos que isto se resolva o antes posible e que nos vexamos pronto nas aulas que xa vos botamos de menos; pero polo de momento sexamos responsables e fagamos caso: TODOS NA CASA. Saúdos As mestras de Infantil


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.