Normas de funcionamento e uso da biblioteca

Page 1

NORMAS XERAIS DE FUNCIONAMENTO E USO DA BIBLIOTECA CEIP ROSALÍA DE CASTRO


ORGANIZACIÓN DE FONDOS Os fondos da Biblioteca Escolar do CEIP Rosalía de Castro están organizados seguindo a CDU (Clasificación Decimal Universal).

0123456789-

Xeneralidades, dicionarios, enciclopedias Filosofía Relixión Ciencias Sociais Baleiro Matemáticas e Ciencias Naturais Ciencias Aplicadas, medicina, tecnoloxía Arte, música, deportes Literatura e lingüística Xeografía, historia, biografías

Aos libros pegaráselle unha etiqueta no lombo coa seguinte información: No caso da narrativa as etiquetas serán de cores segundo a idade recomendada Azul.- Educación Infantil Vermello.- 1º Ciclo Verde.- 2º Ciclo Amarelo.- 3º Ciclo Nos andeis da esquerda (libros de literatura), os libros colócanse por idiomas: inglés, galego e castelán e por xénero literario ( poesía, narrativa, cómic, e teatro). Así temos: 82 N-G narrativa galego 82 N-C narrativa castelán 82 P-G poesía galego 82 P-C poesía castelán 82 C-G cómic galego 82 C-C cómic castelán 82 T-G teatro galego 82 T-C teatro castelán

Ademais da cor da etiqueta, aparecen outros datos. Poñemos un exemplo co libro de Achim Broger “Mamá vou esperar a papá” 82 N-G BRO mam


82 N-G 82 é o número correspondente á CDU: Literatura N-narrativa G-galego BRO- 3 primeiras letras do APELIDO DO AUTOR/A en maiúscula (BROGER) mam- 3 primeiras letras do título do libro en minúscula sen artigos, preposicións (mamá vou esperar a papá) A etiqueta sería amarela porque pertence ao 3º Ciclo. EN CADA ANDEL OS LIBROS ESTÁN COLOCADOS POR ORDE ALFABÉTICA DO APELIDO DO AUTOR/A. O libro de Achim Broger estará colocado no B.

Os libros de información e divulgación terán a etiqueta branca. Todos os libros colocaranse nos andeis correspondentes, que xa están sinalizados convintemente. Para a catalogación e rexistro úsase o programa MEIGA. O número de rexistro do documento escribirase na 1ª páxina do libro co selo do Centro. Nos materiais de soporte audiovisual farase no disco. Cando un libro se dea de baixa por perda ou deterioro, darase de baixa tamén no programa. UBICACIÓN DOS FONDOS Todos os fondos deben estar rexistrados na Biblioteca escolar, e a poder ser ubicados na mesma. Cando non sexa así, indicarase no rexistro MEIGA o lugar onde están eses fondos. Dos libros de literatura que hai 25 volumes, un consérvase na BE e os outros nas titorías correspondentes. EXPURGO Ao rematar o curso realizarase esta operación, tendo en conta os seguintes criterios. Estado físico do libro Adecuación Actualidade e calidade Estes fondos serán destruídos, doados a outras institucións ou regalados aos alumn@s. ADQUISICIÓN DE FONDOS Consultarase ao profesorado para ver as necesidades. O Equipo da Biblioteca, vistas as necesidades dos distintos Ciclos, decidirá cales se poden mercar.


NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA. En canto aos fondos Teremos moito coidado co material, tanto cos libros coma co material audiovisual. Non se pode escribir nin pintar neles. Evitaremos dobralos, manchalos, estragalos... Revisaremos os empréstitos antes de levalos. Se atopas algún deterioro, dillo ao mestre ou mestra encargado. Disporemos de 15 días para devolver o empréstito, se é preciso, pódese renovar. Debemos ser responsables, non esqueceremos entregalos dentro do prazo para que todos poidan disfrutar dos materiais. No caso de estragar ou perder un libro, debemos repoñelo ou abonar o seu importe para incorporalo de novo a BE. No caso de levar material audiovisual haberá que devolvelo no prazo dunha semana. Aqueles alumn@s que non cumplan cos prazos do sistema de préstamo da BE non terán acceso a este material.

En canto ás instalacións A BE é un espazo para a lectura, polo tanto, débese manter o máximo silencio. Na Biblioteca pódese ler, buscar información, ver películas, facer traballos, coller emprestados os materiais dispoñibles para tal fin. Hai que coidar os materiais e mobiliario, respectando os diferentes espazos. Na BE non se pode comer nin beber. Entraremos coas mans limpas para non estragar os materiais. ORDENADORES Na mesa de xestión hai un ordenador para uso exclusivo do equipo de Biblioteca. Os outros ordenadores están a disposición do resto do profesorado e dos alumnos/as . Haberá a vosa disposición uns auriculares para cada equipo. Estes ordenadores son para consulta e procura de información, ler ou deixar comentarios nos blogs do Centro. Tamén se poderán realizar tarefas programadas polo profesorado relacionadas co currículo. EN NINGÚN CASO se usarán para xogar, ler o correo ou conectarse a redes sociais a nivel persoal. Non se poderán facer cambios na configuración dos ordenadores nin descargar e instalar programas sen autorización dos mestres/as responsables da BE. Para usar os ordenadores deberán consultalo co mestre que estea na BE e anotarse no caderno que haberá para tal fin. Recordade que nunca debedes dar os datos persoais a través da Internet nin quedar con persoas ás que non coñezades. Tamén hai un ordenador, un proxector e unha pantalla para que calquera mestre ou mestra os poida usar no seu labor docente.


HORARIO A BE está dispoñible para calquera persoa do Centro durante todo o período lectivo . Os horarios de recreo estará atendida polo equipo da BE. Os alumn@s poden usala para consulta, lectura ou servizo de préstamos. LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9.00-9.50 9.50-10.40 10.40-11.00 11.00-12.05 12.05-12.55 12.55-13.05 13.05-14.00

CARNÉ DE USUARIOS Tódolos alumnos e profesores do Centro disporán dun carné. Cada usuario ten o seu propio número que lle servirá para toda a súa escolaridade ou permanencia no Centro. Cando un alumno abandone o Centro será dado de baixa como lector e o seu número de rexistro será substituído. É necesario o carné para os empréstitos. Nos cursos inferiores é convinte que sexa a titora quen custodie estes carnés (1º Ciclo e 3º). Ao final de curso cada titor recollerá os carnés dos seus alumn@s, meteraos nun sobre e deixaraos na BE BIBLIOTECA DE AULA Cada titor ou mestre pode escoller un máximo de 30 libros de literatura, a duración do empréstito será dun trimestre, podendo ser renovados. Este préstamo farase co carné de dito mestre. Tamén poderán levar material de consulta. O tempo máximo de empréstito de dito material será de 15 días. No caso de levar material audiovisual haberá que devolvelo no prazo dunha semana. Aqueles alumn@s que non cumplan cos prazos do sistema de préstamo da BE non terán acceso a este material. MOCHILAS

Son unha selección de libros e música para toda a familia. Poden telas na casa durante 8 días. Inician a súa viaxe un venres, e 8 días despois deberán volver ao cole, para que outras familias disfruten do préstamo. Hai dúas mochilas para cada curso con dous lotes diferentes. O Equipo de Biblioteca proporcionaralle a cada titor do 2º curso de cada Ciclo as distintas mochilas, unha lista do seu alumnado e as enquisas. Cada semana os titores encargaranse de repartir as mochilas, anotar no listado o alumno que leva a mochila e revisar que todo o material estea nas condicións axeitadas antes da entregala ao alumno seguinte. No caso de que a enquisa estea cuberta, cada titor deberá cambiala.


AXUDANTES Entre o alumnado voluntario do 3º Ciclo, o Equipo da Biblioteca elixe un grupo de alumnos/as que lle axudarán a realizar as diferentes tarefas.

HORA DE LER 1. A sesión de HORA DE LER é inmediatamente despois do primeiro recreo e dura 15 min.Farase tanto en Infantil como en Primaria. 2. Desta sesión encárganse os profes que teñen que impartir a 3ª sesión. Deste xeito participan tamén, os especialistas que coincidan. ( A LOE indica que debe aplicarse a todas as materias). 3. Faise sempre na aula da titoría. Ao remate dos 15 min., de ser o caso, o especialista acompaña ao alumnado á aula da especialidade. 4. Trátase de que o conxunto do profesorado se implique co alumnado no fomento do seu hábito lector, na mellora da súa competencia lectora e na formación de lectores hábiles no uso da información en tódolos soportes: revista, xornal, libro, cómic, textos informativos, dramatizados, poesía... En tódalas materias : lecturas científicas, de ficción, deportivas, musicais, en distintos idiomas... Nas diferentes modalidades de lectura: individual, silenciosa ou en voz alta, colectiva utilizando o mesmo texto todo o grupo, lendo o profe aos alumnos, lendo un ou varios alumnos ao grupo....

Hora de Ler: servirá @s nos@s alumn@s para proporcionarlles un Tempo no que contacten co libro sen medo, sen apuros, sen preocupacións e sen render contas. Non pode ser algo esporádico, debe ser habitual, precisamente para crear hábito. A Hora de Ler trata de mellorar as actitudes de cara á lectura, posibilitando a adquisición das habilidades lectoras sen avalialas. Garantírase ademais, que todo o alumnado teña a oportunidade dun tempo de lectura nun ambiente de silencio, iluminación, tranquilidade, sen interrupcións, apropiado, que pode que non tod@s teñan na casa. Debe ser, maiormente, unha lectura silenciosa porque permite adaptar a lectura ao ritmo de cada nen@, aos seus intereses; permite así mesmo centrarse na comprensión, sen ter que “dar conta” do que le, sen a tensión interna de saber avaliada a súa habilidade ou comprensión lectora, pon en práctica de forma persoal as técnicas lectoras aprendidas previamente. Algunhas recomendacións Organización da sesión. Simplemente, antes de saír ao recreo, tod@s (@ profe tamén), deixarán a súa mesa recollida, lista para “recibir” o libro que se vai ler á volta do recreo. Cando cheguen do recreo, non se atenderán queixas nin discusións, non iremos ao baño, non iremos beber, nin daremos recados... deixaremos TODO para despois de ler (o máis probable é que para entón calquera problema estea xa esquecido). Para facilitar a


creación dun clima de calma, convén que nós mesm@s nos sentemos a ler e pidamos que “NON MOLESTEN”. Colgaremos os carteis feitos para tal fin na porta. Que deben ler. O que queiran, o que lles guste, o que lles interese, o que lles resulte máis fácil, ou máis interesante, ou máis entretido, o que teña máis debuxos, ou o que estea protagonizado por un personaxe coñecido... Poderán cambiar de libro cantas veces queiran (é o primeiro dereito d@ lector/a), mentres respecten o espazo e o silencio d@s demais. De onde traen as lecturas Da casa, da biblioteca da escola, da biblioteca de aula... O caso é que lean, en silencio, que intenten descifrar o que len, e que disfruten facéndoo. Ese é o obxectivo fundamental. A lectura é un instrumento de información e de pracer. Só deberemos verificar que as lecturas sexan adecuadas á súa idade. Pequenos detalles, como facer un marcapáxinas co nome de cada un/ha, para “reservar” ese libro que están a ler, permitirlles uns minutiños namentras os recollen para recomendarse os libros entre el@s, intercambiar os que traen da casa c@s compañeir@s … poden facer máis acolledora esta Hora de Ler. O que si é imprescindible é que @ professor@ que esté con el@s, amose entusiasmo e gusto polo que está a ler e LEA SEMPRE NESE TEMPO con el@s, pois somos o modelo adulto a imitar, cunha boa postura e atención. O noso exemplo será moito máis importante que calquera advertencia ou suxerencia. Pequenos “trucos” poden axudarnos a demostrar ese interese (“un segundiño, que chego a un punto”, “que rabia, que non me deu tempo a rematar este capítulo que está tan ben”…)


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.