Eu son rosalia

Page 1

Eu son Rosalía Rúa Rosalía de Castro, 38. Apdo. 36 Teléfono/Fax 988460480 Correo electrónico: ceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.es 32630 Xinzo de Limia - Ourense

Edición de A Limia

Número extraordinario “40 aniversario da inauguración do CEIP Rosalía de Castro”

CEIP Rosalía de Castro. 40 anos. Gonzalo Iglesias Sueiro

Transcorreu media vida e ségueme parecendo que foi onte. O plan de concentracións chegara á Limia. O 10 de novembro de 1974 inaugurábase o Colexio Público nº1 en Xinzo de Limia: 640 alumnos provenientes dunhas 25 escolas unitarias da comarca da Limia concentrábanse en Xinzo. A maioría viña do medio rural (máis de catrocentos) e o resto da vila. Viñan acompañados dos seus mestres e mestras (...). Tratábase de desenrolar unha lei xeral de Educación contida no Libro Blanco de Villar Palasí (BOE 6/08/1970). Ata ese momento aplicárase grazas ó esforzo dos mestres e mestras que asumiran todas as especialidades contempladas na lei. Fixérono en condicións adversas con ratios moi altos, en locais que non reunían as máis elementais condicións, compartindo aula varios niveis e en moitos casos atendendo singularidades especiais. A lei de educación, popularizada como a lei da EXB e do BUP, supoñía unha mellora substancial do sistema educativo: universalizaba o dereito á educación, establecía a obrigatoriedade de estar escolarizado ata os catorce anos, garantía a gratuidade e melloraba as retribucións salariais aos profesionais. Esta lei tiña dous grandes obxectivos: garantir o dereito de todos os cidadáns á educación e a homologación do sistema educativo español ó dos países democráticos europeos. Un ministro franquista cimentaba o futuro dunha educación moderna partindo dun sistema político ditatorial e anacrónico. Esa contradición tivo os seus efectos na aplicación da nova lei. A falta de recoñecemento de dereitos do profesorado obrigou a moitos profesionais a ser desprazados de seus destinos forzándoos a desempeñar o seu traballo noutras provincias,

Martes, 11 de novembro de 2014

Sumario en moitos casos a centos de quilómetros dos seus lugares de residencia. Supuxo o principio do desprazamento da poboación do medio rural ó medio urbano, separou dos seus fogares a nenos e nenas transportándoos por unha rede viaria insegura.Ademais o Estado non dotou dos recursos necesarios ós centros nos primeiros anos de funcionamento. O Colexio Comarcal nº 1 de Xinzo (mais tarde Rosalía de Castro), sufriu as consecuencias da súa precipitada inauguración: non houbo calefacción o primeiro ano, cunhas temperaturas baixísimas e un edificio novo e frío; non funcionou o comedor escolar, cas conseguintes consecuencias na alimentación do alumnado; o número de prazas do transporte sobrepasaba o número de prazas, polo que obrigaba a compartir asentos nunha relación de tres usuarios por cada dous asentos; o número de profesores concentrados era superior ó catálogo de postos de traballo desprazando a varios profesionais a outros destinos. Dous meses despois inaugurouse o Colexio Comarcal nº 2 (despois Serxio Mascareñas e hoxe Carlos Casares) co conseguinte traslado de alumnos da vila. Salientar un Premio extraordinario de televisión titulado “A Limia paraíso perdido” no que xunto a Paco Prol tratabamos os cinco espíritos do mal: deforestación, contaminación da auga, … Tamén mencionar un concurso da Caixa Rural no que escenificamos unha aldea e que o veu ver o mesmísimo Franqueira –xa bastante enfermo- polas referencias que tiña do bo traballo feito. E finalmente outro da Caixa de Aforros do que lembro a felicitación que nos achegou o Concello do acordo plenario por ter levado a tan distinguido posto o nome de Xinzo de Limia… Nestes corenta anos miles de alumnos pasaron polas súas aulas; moitos deles hoxe son avós que levan os seus fillos ó mesmo centro. Do primeiro claustro ningún está en activo; o ciclo da vida é como un río, flúe e flúe pero con distinta auga. (...) Este artigo, salvo algúns apuntamentos -que nós engadimos a petición súa-, achegóunolos o autor cando llo pedimos para traducilo e traballar con el e o permiso de poñelo no noso suplemento como sinatura invitada, foi publicado no periódico La Región o día 25 de Outubro de 2014.

O cole cambiou a mellor

Mi padre me contó

Miguel Gil Castro.

Paula Porto Urbano.

Cando a miña nai era pequena, ía ó mesmo colexio ca min. O colexio era parecido; había todos os cursos que hai agora, máis séptimo e oitavo. A partir de sexto, xa tiñan un profesor para cada asignatura. O director chamábase Don Gonzalo e era profesor de matemáticas. A miña nai e os meus tíos, que tamén foron ó mesmo colexio, dicían que era rapidísimo cos números. Só se daba inglés a partir de sexto, pero podíase escoller inglés ou francés. Fai anos, se te portabas mal, batíanche os profesores, cousa que agora é impensable. Antes era moi raro ir de excursión, pero si facían a excursión de fin de curso. A miña nai foi a Lisboa. O comedor só era para os desprazados, para os de Xinzo non. Naquela época só había pizarras e tizas; pero agora hai ordenadores, tablets, ...

Mi padre me contó que cuando él tenía cinco años iba a jugar al campo de fútbol (que sustituía al colegio en su época) y que hubo un día que fue a jugar como siempre, solo que le prohibieron el paso. Al cabo de unos cuatro meses apareció el colegio llamado Rosalía de Castro en honor a la famosa escritora gallega. Fue uno de los primeros en construirse de la provincia, al que acudieron numerosos niños de la villa y de pueblos cercanos. Ninguno de los profesores que hubo en aquella época

A escola rural de Fonte Arcada e Os Blancos La etapa escolar de mi padre y la mía Cousas de Marruecos Lembranzas de Ricardo Sieiro, presidente da A.N.P.A. El colegio donde yo estudio El Día Mundial de La Ciencia

Buscamos referencias. Redacción. Xinzo de Limia Fomos ben lonxe e atopamos “periodistas”; coma nós? Os aedas gregos, os subrostani romanos, os trovadores medievais, os griots (narradores africanos)... E “Periódicos” ou antecedentes (medios de comunicación social) ben diferentes segundo a época. Actas do pobo (actas públicas) na Roma Antiga, Folios a man u Avisos e os Price-Courrents na Idade Media. Xa coa imprenta: Os Ocasionais, As Relacións (semestrais); no s.XVI Os Canards (sensacionalistas)… As Gacetas (semanais) a comezos do s. XVII. A de Madrid de 1661. O periódico –máis ou menos como o coñecemos hoxe- naceu en Inglaterra no século XVIII.

siguen activos y muchos hoy son abuelos que llevan a sus nietos al mismo colegio.Mi padre (que es la única persona, junto con Pepa, que fueron alumnos y ahora son profesores en el CEIP Rosalía de Castro) me contó que la enseñanza mejoró mucho con el paso del tiempo.


A escola antes e agora

Os meus pais na escola

Iago Dameá Portela

Álvaro Losada Barceló

Antigamente as clases eran semellantes ás de agora. Os encerados eran de pizarra verde ou negra e escribíase con tiza. As materias estaban repartidas igual agás coñecemento, que se dividía en naturais e sociais. Unha das cousas que máis destaca é que antes había maior número de alumnos por aula. A educación dividíase en: PRIMARIA, que se chamaba EXB e que duraba

dende Infantil ata 8º curso de EXB, e SECUNDARIA, que se compoñía de Bacharelato, que duraba 3 cursos e no que se obtiña o título, e COU, que era unha preparación para a Universidade. No patio xogábase a numerosos xogos populares como á Raiola, á Goma, á Corda, ao pilla-pilla, ao escondite, á pita cega, ao brilé...

Dende 1974 á actualidade

Comparando

Alba Fdez. V.

Andrea Estévez Ferreiro

En 1974 o meu pai era un adolescente, tiña a miña idade. El ía a unha escola unitaria; nunha aldea que estaba a un quilómetro de distancia da súa. Á que se ía por un camiño sen asfaltar (coma a gran maioría). Mentres que eu vou a un colexio, que nos primeiros anos se chamaba ``agrupación escolar ´´. Antes non había case ningunha das comodidades que hai agora (auga corrente, calefacción central, baños…). Ninguén imaxinaba tanta evolución en tan pouco tempo!

Hai uns 40 anos a vida na escola non era a mesma que agora. Non había: ordenadores, ascensor, calefacción, tanto material, cociñeiras, pizarras dixitais. E antes habia xogos como: gomas, canicas, o cuadro, a comba…

A miña nai díxome que antes eran moit@s nen@s nas clases coma por exemplo: trinta alumnos para tres profesores. Agora somos vintedous para cinco ou seis profesores. Antes tiñan dous ou tres libros para todas as asignaturas e agora temos un libro para cada asignatura. Antes non tiñan as asignaturas que temos agora coma por exemplo: educación física, plástica, cidadanía…

O meu pai contoume que antes púñante “de rodillas” e pegábanche; algúns nenos non ían a clases porque tíñanlle medo ós profesores. Tamén me dixo que non tiñan ordenadores como temos agora. Tampouco tiñan: tablets, excursións, anpas… Despois cando se foi para o instituto xa facían excursións.

(que non era como o que me leva a min hoxe con calefacción e cintos de seguridade, e unha coidadora para os máis pequenos...; eles ían sentados os que tiñan sitio, porque outros ou compartían dous asentos para catro ou ían de pé no pasillo ou sentados nas escaleiras) e chegaban á casa de volta aló cara as seis e media. Non tiñan actividades extraescolares porque tampouco tiñan tempo. Os deberes facíanse na casa logo da merenda ou máis tarde, dependía das tarefas que lle encomendaran a mayores

(miña nai tiña que axudar coa horta e co gando). Os libros de texto eran similares, só que estaban editados en castelán, menos o de galego e o de francés que estaban nas dúas linguas. A editorial era a mesma todos os anos, entón os irmáns pequenos, primos ou veciños, aproveitaban os libros dos maiores. E así era todo segundo a miña nai me contou. Moi distinto ó de agora, e con moi poucos medios, pero aqueles que quixeron estudar estudaron e ata carreira fixeron.

O ensino aló polos anos 70 Iván Atanes Blanco Antes, o sistema educativo era ben distinto ó meu (falo da época da miña nai, aló polo ano 1976). Eles comezaban na escola con seis anos e remataban con catorce, se ía todo ben, claro; se repetían quedaban, pero ata os 18 anos máximo. Era o que eles coñecían como a E.X.B. (Educación Xeral Básica). Non tiñan ordenadores, libros electrónicos, tablets, teléfonos móbiles… Usaban as enciclopedias e os diccionarios para consultas, para ampliar información. De primeiro a quinto só tiñan un mestre para todas as

materias. A partir de sexto comezaban a estudar unha lingua extranxeira (Francés, neste caso) e asignaturas como música ou educación física dábanse se había un Mestre disponible; ou non se daba (di miña nai que, ela, música nunca tivo, porque non había mestre e ximnasia, se chovía ou ía moito frío, tampouco). Os horarios tamén cambiaron. Eles tiñan clase de mañá e de tarde. Os que ían das aldeas saían da casa ás oito da mañá para coller o autobús

Entrevista a Dolores García Bolaño. Gabriela Vázquez García ¿Cómo estabais en clase? Estábamos chicos y chicas en una clase. Los pupitres eran distintos de los de ahora, los nuestros eran de madera y estaban construidos para que se sentaran dos personas. ¿Cómo estabais organizados en clase? Los primeros cursos teníamos un profesor para todas las clases. Las clases eran en castellano; no había ninguna asignatura de idiomas y no estaba bien visto que se hablara gallego en clase.

A partir de 1973-74 empezó la reforma escolar donde se agruparon los colegios. Las escuelas unitarias desaparecieron y se construyeron los grupos escolares, donde todos los niños, tanto de los pueblos como de las villas, empezaron a asistir a los grupos escolares, donde las clases estaban separadas por cursos. ¿Cuándo se os permitió hablar gallego? Al venir los niños de los pueblos, que solían hablar en gallego, se permitía hablar en gallego, pero en las clases era obligatorio el uso del castellano. ¿Cuándo aprendisteis idiomas? A partir de sexto de E.G.B.

¿Cuál fue el primer idioma que aprendisteis? El francés ¿Qué asignaturas tenías? ¿Te acuerdas de los profesores? Lengua: Don Manuel Paz y Don Manuel Varela Matemáticas: Don Gonzalo Iglesias Sueiro Ciencias Sociales: Don Juan Paz Ciencias Naturales: Doña Elisa Religión: Doña Otilia Gimnasia: Don Francisco Dean Dibujo: Don Joaquín Francés: Doña Otilia


Lembranzas de Ricardo Sieiro, Pte. da A.N.P.A.

El colegio en donde yo estudio

Manuel Cid R. e Brais Glez. Fernández

Andrea Opazo Ojea. El colegio en donde yo estudio se llama Rosalía de Castro en honor a la famosa escritora gallega Rosalía de Castro, autora de obras tan importantes como Cantares Gallegos o Follas Novas. Es un centro público en el que se imparten las etapas de primaria y educación infantil. El colegio también dispone de servicio de comedor y transporte público. Desde su fundación el centro fue mejorando progresivamente.

Este ano celebramos o 40 aniversario do colexio Rosalia de Castro pero o primeiro nome que tivo foi Colexio Comarcal Número 1. Inaugurouse o dia 10 de novembro de 1974. Había 640 alumnos estudando nel que viñan de escolas unitarias do rural próximo. 400 nenos/nenas tiñan que coller o autobús moi cedo pola mañá. O primeiro ano como non había calefacción os nen@s pasaron moito frío porque o colexio no se rematara de todo. O patio era completamente de terra e no inverno estaba todo encharcado , mollado.

Como prueba de ello es que las aulas de 5º y 6º curso de primaria disponen de libros electrónicos y ordenadores. Algo impensable hace tan solo unos pocos años. Durante el período escolar en el centro se realizan varias actividades: excursiones, concursos de cuentos, postales navideñas…, desfile de carnaval, celebración del magosto, festivales de Navidad y fin de curso, etc.

No primeiro ano non había comedor; nos autobuses habia que compartir sitio. Había 22 profesor@s; algúns deles foran profesores nas escolas unitarias. Non había tantos medios coma agora; tampouco había biblioteca. Podían chegar a ser 40 nenos /nenas nunha aula. Houbo equipos que competían. O primeiro director chamábase Felipe e o conserxe Manolo. Cada mes había misa no colexio e un cura confesaba aos nenos /nenas.

Cousas de Marruecos

La etapa escolar de mi padre y la mía

Said Abdoun

Eliane A. Pérez Becerra

En Marruecos había colexio. Pero os meus pais non ían ó colexio porque nesa época non tiñan diñeiro. En Marruecos temos una relixion que a algúns lles resulta rara. É que non podemos comer porco, facemos o Ramadán, celebramos a matanza do año e rezamos polo menos una vez ó día. A nosa Biblia é o Corán. No cole de Marruecos os profesores si podían pegar . Os meus avós non ían ó cole. Pero o meu avó foi a unha guerra . A miña avoa traballaba. Un día viñeron a España e ese día era a festa do cordeiro que é coma a matanza.

Querían ir buscar un cordeiro, pero había tanta neve que tiveron un accidente. A miña avoa rompeu un pé. Foi moi grave a rotura. E cando eu nacín a miña nai tivo unha enfermidade; así que tiña que operarse o brazo dereito e o pé esquerdo. Quero contarvos que cando o meu irmán naceu e xa cando tiña 3 meses a miña nai ía duchalo. Ocorreu que acabou de duchalo e como a toalla tiña petos, nun deles había un escorpión. Ese escorpión picoulle no dedo da man e cando caíu o escorpión picouno tamén no dedo do pé.

En el año de 1980 mi padre fue a la escuela peruana por primera vez; él vivía en el campo y la casa de mis abuelos estaba tan lejos de la escuela que mi padre tenía que caminar 7 km. Tenía que llevar su comida porque él estudiaba por la mañana y la tarde. Las clases empezaban a las 10:00 y terminaban a las 17:30. Las clases se daban en una aula porque eran pocos niños y estaban los cursos juntos: trabajaban con solo una profesora. Aprender a contar y leer era divertido aunque no tenían los recursos de ahora; tenían para contar: granos de maíz, café, trigo, etc. Para la escritura usaban carbón como lápiz. Aprovechaban su entorno natural, el cual tenían en abundancia. En PERÚ se realizan actividades pero las más

muchas

importantes son las danzas: la marinera peruana, el festejo, etc. MI ETAPA ESCOLAR El primer grado de primera estudié en mi colegio ``PARROQUIAL´´(ES UN COLEGIO DE MONJAS). Es muy estricto, la escuela es muy grande ; tiene: una capilla (es para rezar dos veces), un laboratorio, una biblioteca, un salón de danza, un pabellón y más de 20 aulas. A LAS 7:30 teníamos que cantar el himno del Perú, después nos revisan el uniforme, si nos pintamos las uñas o si nos ponemos accesorios nos castigaban (con dos oraciones). Las clases se terminaban a las 12:30 En cada aula había un delegado de clase para incendios, la basura, orden y para sustituir a la Profesora. En el recreo había un mercadillo. Se vendían comidas peruanas; la comida que más me gustaba era el cebiche que costaba un euro o como se dice en Perú, un sol.


A escola rural de Fonte Arcada e Os Blancos.

A escola de Nocedo de Ribeira.

Laura Lama Opazo

Aldo Veloso Rodríquez

Eu non falo sobre o colexio Rosalía de Castro, porque os meus pais non foron a el. A miña nai contoume que estivo na escola rural de Fonte Arcada ata segundo de primaria. Alí os nenos estaban dende párvulos (actualidade infantil) ata terminar o graduado escolar; había só un mestre para todos os curso e materias. Así mesmo acontecía nos outros pobos do concello. Cando a miña nai ía en segundo xuntaron a todos os nenos na escola de Os Blancos ata que fixeron o colexio actual. Os primeiros días non tiñan transporte escolar e ían andando que eran case catro quilómetros; durante dous anos non estiveron todos xuntos; dende o comezo ata quinto estaban na escola antiga, e sexto, sétimo e oitavo estaban noutro edificio, o actual Centro Médico. Non estudaron inglés; estudaron francés.

Empezaban en sexto a estudar francés. Non tiñan a asignatura de educación física. Cada primeiro venres de mes tiñan que ir á misa e confesarse. O mestre de relixión era un mestre normal que impartía máis materias no colexio. Non tiñan actividades extraescolares e axudaban na casa. Cando lle mandaban deberes, primeiro tiña que axudar nas tarefas do campo antes de facelos, deixando estes para a noite, así como estudar. Non podían ir ó parque nin xogar cos amigos, xa que tiñan que axudarlles aos pais a traballar, ir co gando, axudar nas tarefas domésticas e moitas cousas máis.

Esta escola era una escola unisex. Isto quere dicir que cara a dereita estaban os nenos co seu titor,e á esquerda as nenas coa súa titora. Logo era una vivenda-escola porque arriba vivían os profesores e profesoras e por debaixo facía de escola. O que non se lle olvidará a ninguén desa escola é que para ir ó baño tiñan un semáforo: cando se puña en verde podían ir, pero.... cando se puña en roxo aínda que tiveras ganas non podías, porque estaba ocupado.

Era todo de madeira: (aínda non se utilizaba o ferro) pupitres, estanterías e pizarras (só os bordes, claro). A miña nai di que na entrada había una grande estantería de libros de madeira. TRANSLADO A XINZO: COLEXIO “ROSALÍA DE CASTRO”. Cando pecharon a escola de Nocedo a miña nai tivo que vir para este colexio no que estou eu; di que o recorda tal e como está agora, só que con menos tecnoloxías; nin as árbores tan grandes, máis pequerrechas. E ata aquí chegamos.

Día Mundial de la Ciencia

Levávana en tractor

Cristian Novoa González

Uxía Rivero Conde

El día 11 del 11 de 1974 siendo el alcalde D. José Pérez Rguez se inauguró el Colegio público nº1 de Xinzo de Limia (Rosalía de Castro). Ese día se celebraba el día mundial de la ciencia. Esta celebración coincide pues con el día de la inauguración del CEIP Rosalía de Castro con 24 años de diferencia. El nombre completo es Día Mundial de la Ciencia para la paz y el desarrollo; se proclamó día mundial en el año 2001

el 10 de noviembre. Se celebró por primera vez en Budapest en el año 1999 antes de que se nombrara día mundial. Fue la Conferencia General de la UNESCO quien tomó esta decisión. Se hizo para conseguir una educación científica mejor y lo consiguieron.

A miña nai, cando era pequeña, ao colexio levávanna en tractor; en vez de estudar, como estudamos nós agora, as súas actividades eran diferentes; en vez de educacion física tiñan: ganchillo, calceta... Nós agora temos moitas tecnoloxías comparado cos tempos de antes; agora no meu colexio temos ordenadores, (en 5º e 6º un para cada alumn@).

Enlazados Redacción. Xinzo de Limia

Queremos, finalmente, achegar estos enlaces moi relacionados con este traballo de xornalistas na escola e con nós: 1. A páxina da Biblioteca Nacional de España, www.bne.es e acceder á hemeroteca dixital (Colección dixital de revistas e prensa histórica española). 2. A biblioteca virtual da prensa histórica http://prensahistorica.mcu.es 3. A actualidade en www.prensaescrita.com 4. A actualidade do noso Ceip http://charcalibros.blogspot.com.es/ 5. E, non podemos deixar de poñer a preferida do noso titor (isto é para facerlle a pelota), O pobo escola – Lodoselo-, www.cdroviso.org

Mancheta. “Eu son Rosalía”. Equipo de traballo Abdoun, Said. Alvar Blanco, Nerea. Atanes Blanco, Iván. Calleja Martínez, Uxía. Cid Rodríguez, Manuel. Dameá Portela, Iago. Estévez Ferreiro, Andrea. Fernández Vázquez, Alba. Gil Castro, Miguel. González Fernández, Brais. Lama Opazo, Laura. Losada Barceló, Álvaro. Nouri, Asmaa. Novoa González, Cristian. Opazo Ojea, Andrea. Pérez Becerra, Eliane Alison. Porto Urbano, Paula. Rivero Conde, Uxía. Román Zambrano, Alejandro José. Vázquez García, Gabriela. Veloso Rodríguez, Aldo. (Alumnado de 6º A que están na fotografía e que participaron na elaboración da publicación xunto co titor, Rodríguez Corbal, Antonio). Tamén colaboraron @s mestr@s Ana Mon Delgado e José Manuel García.

http://charcalibros.blogspot.com.es/


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.