Boletín Nadal 2019

Page 1

O BOLETÍN DA BIBLIOTECA Equipo dinamizador da Bibli oteca Escolar do CEIP Rosalía de Castro - Xinzo de Lim ia

Decembro do 2019- Boletín nº 12 “A lectura é unha forma de cambiar o mundo. É unha forma moi lenta, pero moi potente” (Javier Cercas) "A lectura é un pracer, pero o pracer é coñecemento". En opinión de Cercas, é unha forma lenta de cambiar o mundo. “Esa é a maxia da literatura: que é capaz de revolucionarnos por dentro. A iso referíase Kafka cando dicía que os bos libros son os que nos fan dano, son aqueles –os únicos que merecen a pena ler– que rompen o mar de xeo que levamos dentro”. Ser nai/pai. Un daría o que fose por facelo ben e deste desexo nace unha dolorosa vulnerabilidade. Dende aquí convidamos, unha vez máis, a empregar a biblioteca de nais e pais que temos á nosa/vosa disposición no edificio administrativo. Estamos continuamente renovando títulos: Facédenos as vosas achegas. ENAPAS. Tamén nese desexo de que as nais, pais e titores compartamos honestamente as nosas dificultades na crianza, na educación, o que axuda e o que non o fai tanto... estamos a poñer en marcha a escola de nais e pais. Animádevos a participar! Na procura de actitudes cotiás máis respectuosas e accións que conciencien da problemática medioambiental na Limia (e a nivel global) seguimos a promover, un curso máis o noso compromiso coa mellora do medio no que vivimos. Participamos en Voz Natura e facemos equipos de supervisión ambiental, coidamos a horta, reciclamos, reutilizamos... e estamos en moitas frontes, como xa sabedes, por exemplo, contabilizando o lixo que xeramos cos envoltorios no que traemos o “sobrealmorzo” metidos a fondo no de Recreos, residuos cero. Coa axuda do alumnado e do resto do profesorado e familias somos quen de manter e mellorar os servizos da B.E. (inclusiva, creativa...) mesmo poñer en marcha outras iniciativas no Ceip (Bibliopatio) e fóra (Recuncho lector no Centro de Saúde); e outras que estamos xestando. A Nobel de Literatura 2019, Olga Tokarczuk, reivindica a tenrura para mellorar o mundo, a vida. “A tenrura é a arte de personificar, de compartir sentimentos… Crear historias significa dar vida constantemente ás cousas, dar existencia a todas as pequenas partes do mundo que están representadas polas experiencias humanas, as situacións que as persoas sufriron e os seus recordos. A tenrura personaliza todo co que se relaciona, o que fai posible darlle unha voz, darlle o espazo e o tempo para que exista. A tenrura é a forma máis modesta de

amor. A literatura baséase na tenrura cara calquera ser que non sexamos nós”.

http://charcalibros.blogspot.com.es


Nadal, inverno, frío... Toca acubillarse ó redor do fogar, na compaña da nosa familia, cun fermoso libro nas nosas mans... Achegámosvos algunhas propostas. Despois do Nadal animádevos a traer ó cole algún dos libros recibidos como agasallo –dos que recomendamos ou outros-cos que faremos unha actividade de intercambio dentro da aula, na hora de ler.

Prelectores

Cándido e os demais Teño dúas casas Mamá e papá xa non viven xuntos, así que agora teño dúas casas. As miñas casas son moi chulas, e pintamos todas as paredes de cores. Gústanos escoitar música e debuxar tirados no chan; e xogar cos nosos xoguetes.

A diferenza e a diversidade, a través das vivencias dun personaxe sensible, distinto; ou non tanto. Todo depende da mirada: a propia cara aos demais, e a allea cara a un mesmo.

Uno, dos, tres, vampiro es Encadeando inquedantes criaturas e rimando cunha aterradora fauna. Personaxes que, máis que medo, provocan tenrura e fannos sorrir.

Primeiros lectores

Narices Como todas as noites, Nico e Fernando xogan dentro da bañeira. Salpicar é moi divertido, pero a bañeira esvara. E se un se emociona demasiado... ¡ZAS! Nico cae e dase un porrazo tan grande no nariz que esta se lle desprende! E por si fora pouco, cóase polo desaugue. Pero Nico non se desanima e decide buscar un reposto. Así irá probando distintos tipos de narices: o nariz-billa, o nariz trompa, o nariz doutra cor... Todas teñen as súas vantaxes e desvantaxes, pero ningunha mola tanto coma a súa. Lograrán Nico e o seu irmán acadar o nariz perfecto?

Los atrevidos dan el gran salto. Saber xestionar as nosas emocións non sempre é doado, especialmente para os máis pequenos. Educar con intelixencia emocional é algo esencial para ensinar aos cativos a manexar as súas emocións e así mellorar as súas relacións cos demais, superar os problemas cotiás e tomar as mellores decisións.

A árbore da escola

Achegarse a el, aloumiñar o seu tronco, regalo, darlle apertas, lerlle poemas... Ogallá a semente desta árbore viaxe a moitas escolas.


Lectores autónomos

Amalia, Amelia e Emilia son tres bruxas que viven e adoran o bosque de Cantamilanos; este corre perigo de ser destruído polos plans urbanísticos do Concello e elas queren evitalo. Ata que punto é ética a intervención do ser humano na natureza? Fermosa historia que pon de manifesto o respecto ao medioambiente e a cohesión grupal.

Viaxe ao futuro

El vicario que hablaba al revés

Poderán crearse edificios en 3D? Cales serán as profesións do futuro? Poderemos conectar o cerebro cun ordenador? Todos comezamos a tremer cando un cativo ou unha cativa nos mira directamente aos ollos e abre a boca para dicir: Por que? Con este libro poderán atopar a resposta de seu.

Robert Ozire é un mozo vicario que chega a Nibbleswicke para facerse cargo da parroquia. Os habitantes do pobo comproban asombrados que o reverendo fala ao revés. Logrará achar a solución ao seu misterioso trastorno? Un humorístico relato que fala sobre o esforzo na superación de dificultades e a falsidade das primeiras impresións. Un libro que reflexiona sobre a importancia de aceptar as diferenzas.

Lectores expertos

Cómo está el clima A ecoloxía emocional ofrece unha nova formulación, creativa e revolucionaria en educación emocional que traballa ao mesmo tempo aspectos educativos emocionais e medioambientais.

Cuentos para niños y niñas que quieren salvar el mundo. Dezaseis vidas extraordinarias de persoas que loitan cada día polo medio ambiente e, polo tanto, por salvar o planeta. Somos a última xeración que pode cambiar o mundo

Un chaíñas total Ser case adolescente pode resultar ben complicado. Que llo pregunten a Greg Heffley, inmerso no duro ambiente do instituto, onde os rapaces miúdos que aínda non deron o estirón teñen que compartir os corredores con mangallóns que xa fan a barba dúas veces ao día. En Diario de Greg o escritor e debuxante Jeff Kinney preséntanos o seu antiheroe.

Para as nais, pais, mestr@s e titor@s ... Demografía y posverdad Os

Lethes nº 14 .A mítica Revista Lethes, que reúne unha

serie de artículos para contribuir a difundir a cultura e a historia de A Limia acaba de chegar á décimo cuarta edición. Neste último número conta cun total de 14 artículos: desde a desecación da Lagoa de Antela, ata a historia de familias e persoas cun certo protagonismo para a historia da comarca, como Lino Tejada.

clichés

sobre a evolución da poboación, as distorsións e falsedades que se aplican ós fenómenos que a compoñen como riscos globais, e a súa proxección en futuros distópicos convertéronse en parte dunha narrativa orientada a azuzar os nosos temores máis profundos e cambiar o estatuto da verdade.

Sobre la educación Un alegato a prol dunha educación pública, moderna e emancipadora, de enfoque humanista e cun papel clave reservado á Filosofía. Emilio Lledó é un dos máis relevantes pensadores españois do noso tempo.


As bibliotecas do futuro xa están aquí As novas bibliotecas LIA.2 (onde LÍA é Lectura, Información, Aprendizaxe, en versión “punto” 2) responden así ó novo concepto de biblioteca-laboratorio de ideas, biblioteca-factoría, de biblioteca-espazo maker (biblioteca creativa), e tamén de biblioteca como “learning commons”. Contan con espazos de lectura informal, lectura individual, traballo en pequenos grupos (con posibilidade de traballo en gran grupo), espazo creativo ou espazo maker, recuncho de ciencias, emisora de radio (Radio na biblio), robótica, impresión 3D, set para gravación de audiovisuais, e moitos outros servizos e oportunidades. Todos estes recursos están ó servizo da lectura, da escrita e do traballo coa información e cos medios de comunicación; son base para a exploración e a investigación, os traballos colaborativos, a participación de todos os membros da comunidade educativa e, esencialmente, o tratamento dos contidos curriculares a través de prácticas e actividades innovadoras que pasan, fundamentalmente, polos traballos de investigación e a metodoloxía de proxectos, entre outras. Son espazos inclusivos porque atenden ás necesidades de todo o alumnado do centro, independentemente das súas capacidades e das súas posibilidades. O mobiliario é moi diverso e facilita a comunicación, o diálogo, a convivencia, o traballo colaborativo, a investigación, a manipulación, a exploración, a creatividade e a expresión en todos os ámbitos (oral, escrito, audiovisual, artístico....). As familias son un factor fundamental que contribúen a enriquecer as posibilidades que ofrecen estas bibliotecas para toda a comunidade escolar. En conxunto, supón un re-pensar a organización dos espazos e dos tempos dentro do centro educativo, o que leva directamente a prácticas innovadoras, que ofrecen solución a problemas formulados pola estreitez física e "mental" das aulas de cara á unha educación actual do alumnado. Así as describen dende a Dirección xeral de Centros e Recursos, co traballo da Asesoría de Bibliotecas, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional____________________________________

2020: Ano Internacional da SanidadeVexetal (ONU), da enfermería e as matronas (OMS).http://bibliotecagodella.com/efemerides-literaria-centenarios-de-2020/ Kuala Lumpur (Malasia) nomeada Capital Mundial do Libro 2020: A cidade foi seleccionada polo forte enfoque na educación inclusiva, o desenvolvemento dunha sociedade baseada no coñecemento e a lectura accesible para todos os sectores da poboación. Este é o seu lema “KL Baca – coidar a través da lectura”.

http://charcalibros.blogspot.com.es


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.