Revista2013

Page 1


TIINA Chámase Tina e chegou aquí unha mañá de xaneiro. É loira e cos olliños verdes. No comezo os sons que saían pola súa boca semellábannos raros, estraños, pero agora entendémola perfectamente. Seica o seu país é máis frío ca o noso e ela é máis loira cá maioría de nós, a súa pel tamén máis clara ca a nosa. Pero iso non nos fai diferentes, porque ela anda polo medio de nós e nós canda ela. O vindeiro ano xa non a teremos conosco e so ponnos tristes. Pero nunca esqueceremos que no anos 2013 unha profesora finesa nos fixo sentir que sabiamos falar inglés. Botarémoste de menos, Tina. ANDREA LÓPEZ VILLA (1º ESO B)


COPLAS DOS MAIOS Xa chegan os maios Xa van cegando Todo é alegría E os nenos cantando.

Hai que coidar O Medio Ambiente Se tiras lixo Arde fácilmente.

Imos cantar os maios Os nenos de Cambeo Porque somos moi valentes E nada nos pon medo.

Non temos que baixar a garda A terra debemos coidar Porque a nosa vida Dela dependerá.

Os políticos prometen Arranxar a economía Pero entre eles Fan moitas tonterías.

Túa nai e maila miña Sempre falaron galego Loitaremos pola lingua Para que chegue aos netos.

Rajoi sempre di Que todo irá ben Pero sempre é Para o ano que vén. O señor Feijoo Co das preferentes Neste mes de maio Vai sair quente. O señor Bárcenas Era tesoureiro Pero ao ver os cartos Volveuse rateiro. Os duques de Palma Pasaron por ter rúa, palacio e iate Ser persoas honoríficas E vida de escaparate. Eu de maior quero no BarÇa de balonman xogar mais se caso coa infanta Leonor prometo non roubar. Hoxe en día a xente Está cansada de batacazos Xa que son moitos recortes A base de tixeirazos. O alcalde de Coles Paréceme moi bo Pero á hora de hacer algo Tarda un montón. Alumnado de 4ºprimaria. Maio de 4 anos.


Alumnado de 3 anos





Sandra Caíña







OURENSE TERMAL AS BURGAS

Nas inmediacións destas fontes naceu a cidade de Ourense. Son tres manantiais situados nunha explanada estructurada en dous niveis. No máis alto mana a denominada Burga de Arriba a través de dous canos nunha antiga construcción. A Burga do Medio atópase máis abaixo, á esquerda. Flue nun estanque en cuxo muro está un mural de Faílde representando ás ninfas das augas, e unha inscripción que recrea os votos de Calpurnia Abana, por curarse dunha enfermidade. No nivel inferior atópase a Burga de Abaixo, unha construcción de estilo neoclásico do século XIX, cunha pía central, dous canos laterais e o escudo histórico de Ourense no frontón. As augas brotan a unha temperatura entre 66 e 70º C cun caudal de 300 litros por minuto entre todos os canos. En canto a súa composición química son alcalinas, bicarbonatadosódicas, fluoradas e litínicas, de mineralización media. Son beneficiosas nos trastornos hepato-dixestivos e das vías urinarias. A auga bébese unha vez arrefriada.

POZAS E TERMAS DA CHAVASQUEIRA

Si percorremos a marxe dereita do río Miño atopámonos coas Pozas da Chavasqueira. Estas augas brotan a unha temperatura de 63º C. Están recomendadas para o tratamento da artrite, asma, reuma, problemas do aparello dixestivo e circulatorio. Neste mesmo lugar están as Termas da Chavasqueira, é un centro termal privado de estilo xaponés.


FONTE DO TINTEIRO

É un dos manantiais máis populares de Ourense, sempre relacionado coa saúde.O resto das termas, sobre todo as gratuitas ao aire libre, son máis utilizadas como ocio que como fonte de saúde. A auga brota a 43º C e o seu caudal é escaso. Están recomendadas para os catarros, enfermidades da pel, cicatrices…

POZAS DO MUIÑO DAS VEIGAS

Seguindo a marxe do río Miño, despois da fonte do Tinteiro, atopámonos coas pozas do Muiño das Veigas.

POZAS E TERMAS DE OUTARIZ Ao final deste fermoso percorrido pola marxe do río atopámonos coas pozas e termas de Outariz.

Moi cerca do centro termal privado atópanse as pozas de Outariz e as pozas das Burgas do Canedo. Son augas de mineralización débil, alcalinas, fluoradas e silicatadas. Brotan a unha temperatura de 60º C.

Alumnos/as de 5º de Educación Primaria


*Profesora: le as obras de Vidal Bolaño. Alumno: Criaturas, Anxeliños, Donetes…


O RAPAZ AZUL Había moitos anos nacera un rapaz pequeno con aparencia moi rara. Os seus pais pensaron que llelo cambiaran porque non se parecía a ningún deles. Cando xa tiña cinco anos decatouse de que tiña superpoderes ; non era un rapaz coma os demais. Se había sol poñíanselle uns lentes de sol cun casco, se había algunha emerxencia saíalle fume e marchaba correndo. Entón os pais decidiron levalo ao médico porque aquilo non tiña xeito. O médico díxolles que o que lle ocorrera a Blobo era unha cousa moi estraña que nunca antes diagnosticara. Blobo sentíase diferente dos demais aínda que se levaba ben con todos. Pero...Sabedes o que lle pasou ao saír un día da escola? Un home con cara de can e orellas de burro meteuno nunha bolsa e levouno a un lugar agochado onde seus pais non o ían atopar xamais. Pero este home non sabía que Blobo podíase facer invisible, así que deu escapado e contoulles aos pais toda a historia. Eles dixéronlle que a partir dese momento lle chamarían Blobo-Man. Blobo-Man foi a televisión e alí contou o que lle pasara e como sabedes, os da tele son tan... ben, xa sabedescomo son. E decidiron contratalo par asalvar a tele se houbese algunha emerxencia. E así é a vida do rapaz Blobo-Man. LAURA GONZÁLEZ 2º E.S.O.








Os bos e xenerosos Alumnado de 1ยบ Primaria








14 de febreiro do 2013 Querida Indira: Ano tras ano, día tras día, a túa estancia na miña vida vaime facendo máis e máis feliz. Es a cara máis bonita que hai e terte preto, o mellor premio que vou alcanzar. Sempre lembrarei os teus doces xestos e a túa cariña de princesa. Levas ao meu lado seis anazos que me foron demostrando que non sería ninguén sen ti. Eres xenial, tan travesa, tan fermosa. Es como a perfecta melodía que chega ao corazón. Es todo o que alguén imaxina. Es un caramelo, un xesto cheo de ilusión, unha man suave que me coida, unha realidade no meu corazón. Es a miña irmá, a mellor. Hoxe aprendín que algo pequeño vaise facendo grande día a día. Á miña vida viñeches espertar a miña alegría e felicidade. Oxalá todos fosemos coma ti... Feliz día de San Valentín!!

Saida 2ºESO





ENGLISH

CROSSWORD

By Elena G贸mez Mato


ROBERTO VIDAL BOLAÑO, UN HOME DE ESCEA Nace en Compostela no 1950 , dende pequeno interésase por esta cidade, a súa historia, as xentes cos seus problemas. Esta materia alimentará a creación literaria deste compostelán. De mozo, o contacto coas romarías, costumes e formas populares da vida galega, sérvenlle para documentarse e dan como froito dúas cortametraxes experimentais: A procesión das mortallas (1972) e Peliqueiros (1973). Proponse estudar na Escola Oficial de Cinematografía en Madrid, pero esta desaparece no 1975, polo que a súa formación é autodidacta. Xa con 15 anos no colexio Placeres de Marín presenta a peciña teatral O xogadeiro. Non se pode entender a creación de Vidal Bolaño sen a ardua labor de asociacionismo cultural aprol da lingua e a cultura galega. A asociación O Galo ten moito que ver co que vivirá Bolaño. De volta do servicio militar funda coa súa primeira muller ANTROIDO, grupo de teatro afecionado, e acoden á 3ª Mostra de Teatro de Rivadavia. Aquí toma consciencia da necesidade de escribir teatro fuxindo da concepción exclusivamente literaria para brindar historias cheas de problemas e realidades do momento dirixidas a calquera pobo oprimido do mundo pero con imaxes de festas e ritos da parateatralidade galega (morte, entroido...). Decide abandoar o seu traballo na banca para adicarse á arte dramática. No ano 1983 consegue recoñecemento fora das nosas fronteiras, Medalla de Oro Cidade de Valladolid con Percival e outras historias. Creado o Centro Dramático Galego (1984), compañía pública de teatro, el será o encargado da superproducción Agasallo de sombras: celebración libre da vida e obra de Rosalía de Castro; o que lle valeu o veto das autoridades políticas e estivo retirado da escea algún tempo. No 1985 creada a CRTVG fai dobraxe na TV e no cinema, é actor e guionista. Novo de Parmuíde é unha película que estreará no 1987 inspirada nos relatos fantásticos de Cunqueiro. No 89 traballará como actor na adaptación televisiva de “Os outros feirantes” do mesmo autor. Caprice des Dieux(85) Cochos (87). No 88 regresa ao CDG co novo goberno e estrea Salomé (89) no que rompe cos parámetros establecidos, un asalto aos clásicos con final victorioso. No 1991 cambia de rumbo significativo con Saxo Tenor explora novas realidades da Galicia urbana con influenza cinematográfica na dramaturxia, estilo próximo ao realismo sucio. Días sen gloria (92) nova volta dende a épica cinematográfica á materia xacobea. Foi traducida ao castelán. Coa súa nova compañeira Belén Quintáns funda “Teatro do Aquí”. Recibiu importantes premios nos últimos anos da súa vida: María Casares ao mellor actor, María Casares ao mellor director, Xiria (Cangas), Abrente (Ribadavia), Maruxa Villanueva (Padrón). Non so polo legado dramático senón porque tamén deixou escritas ideas , reflexións e estudos sobre teatro de autores, artigos sobre planificación... A súa derradeira obra foi presentada despois do pasamento como unha metáfora da existencia(2003)

Mais a súa obra revive non so cando un novo actor ou actriz viste as súas palabras dialogadas senón tamén cada vez que a inxustiza creba a felicidade de alguén.


CREADOR DUN TEATRO NACIONAL GALEGO NORMALIZADO E PARA O PROGRESO SOCIAL

S

ALGUNHAS DAS SUAS CITAS:

Teatro: “ lugar onde encetar a imprescindible reflexion sobre o noso pasado sen a que nunca seria posible comprender a complexidade do noso presente”. “Lugar de encontro, o compendio, o espazo ensoñado no que facer agromar a confluencia e a mestizase de todas as artes” “Vehiculo de comunicación; expresion artística; agora para o pensamento diverso; purgación de vicios, medos e emocions ; espertar da conciencia critica” EDLG


Mi experiencia en CPI Antonio Faílde ¡Cómo pasa el tiempo! Tengo la impresión que sólo hace un momento que llegué en España y empezé mi trabajo como ayudante Comenius con todos vosotros en el colegio. Y, sin embargo, tantas cosas han pasado, tantos momentos tan variados dentro y fuera de las aulas, en las clases y en las excursiones... Antes de llegar en España tenía algunas expectativas pero realmente no sabía que pasará durante los meses siguientes. De todos modos, esta experiencia ha superado todas las ezperanzas. Esto no habría sido posible sin todos vosotros – los alumnos, los profesores y todo el personal del colegio. Me he sentido muy bienvenida desde el principio. Y aún más...me he sentido integrada en Antonio Faílde. He trabajado en clases de francés y inglés tanto en la secundaria como en la primaria sin olvidar clases de plástica en inglés con el 1º y el 3º de EP. También he visitado algunas clases de inglés en el infantil. Conozco a algunos de vosotros mejor que a los demás, pero me da alegría que tenía la posibilidad de conocer a todos de alguna forma. Creo y espero que todos los alumnos también ahora saben algo de un país nórdico que se llama Finlandia. Mi “misión” ha sido la enseñanza de idiomas, el inglés y el francés. Pero no se trata sólo del aprendizaje de nuevas palabras de francés o del dominio del pasado simple en inglés. Es mucho más. Espero que mis alumnos hayan comprendido la importancia del aprendizaje de idiomas extranjeros hoy en día. Espero que no tengan miedo de hablar o utilizar una lengua extranjera aunque no lo conozcan muy bien. Espero que comprendan que los idiomas abren nuevas puertas, nuevas culturas, nuevas experiencias, nuevos conocimientos y amistades. Quizá alguien se interesó en intercambios y programas internacionales...os los recomiendo de toda mi corazón. Además del trabajo en el colegio y de conocer el sistema educativo español, yo también he aprovechado de mi tiempo en España viajando y experimentando nuevas cosas. Puedo decir que me enamoré de Galicia y su gente. Algún día volveré... Finalmente quiero agradecer a todos. ¡Gracias! Merci! Thank you! Kiitos! Graciñas!

Tiina




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.