Furafollas 2016

Page 1



HAIKUS Gústaríame mirar todo de lonxe, pero contigo sempre ao meu lado. Recordos de ti son unha nota ao lonxe, como suspiros no meu corazón VALERIA PÉREZ ( 3º ESO)

O amor é Cando teño frío nas noites de inverno E entrar en calor ao verte a ti. JOSÉ RAÚL (3º ESO) Namorácheste das miñas flores E non da miñas raíces E no outono Non soubeches que facer. IRIA (4ºA)

Como o nimbo de Saturno só é nocturno,busco no espazo un fogar seguro. RAÚL ( 3º A) Quen te quere cando lle apetece, nin te quere nin te merece IRIA( 4ºA)


NAMÓRAME EN GALEGO Querida Afrodita: Atópome nun recuncho da fraga escribíndoche estas palabras, porque non podo conter por máis tempo o que sinto por ti. Eros podería percorrer o universo na procura dun sentimento verdadeiro e pleno que non sería nunca semellante ao meu. Que o meu sol é o teu cabelo dourado. Que o meu sorriso é o amencer onda ti. Oh, pequena Afrodita, como sufro agochando o que sinto e que valente son. Serei capaz de subornar a Cupido para que te quedes ao meu carón. Oh, miña vida, meu soño. Despídome de ti, e de min, e da vida, que sen ti non é vida. Diana, deusa cazadora. SILVIA VÁZQUEZ LOBELLE, 4º ESO

Descubrimos que as persoas máis fortes son as máis choran.

Todos os sentimentos que agochaba no meu corazón atópanse escritos nun papel engurrado no fondo da papeleira. Todas as cartas de amor que escribía ao final dos meus cadernos tiñan un comezo en letra e unha continuación en emocións. Estas letras están escritas coa tinta dos meus sentimentos e cando a remate chegará ao fondo da papeleira, onde se reunirá co resto dos meus momentos de valentía por che confesar o que sinto. Sei que nunca o vas ler, pero tamén sei que te quero. RITA VANESA, 4º ESO



Nenos e nenas de 2ยบ


UNHA CURUXA DURMINDO NO COLE

O día catorce de maio pasou un caso en Cambeo, que é digno de contar . Os alumnos do colexio cada vez que ían ao baño, sentían un ruído estraño que semellaba dun animal. Comentáronlle o caso ao conserxe e el resolveu a cousa dicindo que seguramente fose un rato. Pero eles ben vían que nas mañás do inverno, cando aínda é de noite, escoitábase aturular, pero nunca se vía nada. O conserxe continuou coas súas investigación ata que se decatou que ao subirse ao váter alí no alto puido ver una curuxa de grandes ollos, e con ela tiña á súa familia, o seu fogar. O conserxe foille co conto á directora e decidiuse finalmente que podería ser a mascota do colexio e que os rapaces poderiamos axudarlle a criar aos seus fillos. A cousa non lle gustou nadiña a Faíldiño, que agora anda temeroso de que lle quiten o posto. EVA (3ºESO)

Eu non son moi garatuxeiro, ti ben o sabes, pero heiche dar todo o que eu teño.

E ti…mociña feiticeira, es garatuxeira e mais es mentireira? Mira, rapaza de amores pregoeiros, que eu quero que sexas para min a derradeira.

XOAN GLEZ. TUMBEIRO(3ºA)


AMIGO LÓSTREGO

Lóstregos impactantes, fortes e valerosos rexeitados por algún pero amados por outros, cansos xa de que os crean inferiores por como actúan na tormenta, cansos xa de que os raios do sol se crean superiores por brillar moito máis e deslumbrar a todos coa súa luz… Por que… que sería da calma Se non houbese tormenta?

A noite amiga sérvelles para demostrar a súa intensidade. E ti…es coma o lóstrego ou es coma o sol?

BLANCA Mª FDEZ (3ºA)




O MENIÑEIRO Seguro que escoitástedes algunha vez esta palabra, e non so para referirse a unha persoa que se atopa a gusto cos meniños, senón para dicir dun bebé que ri durmindo ou sen motivo “parece que ten o meniñeiro” ou “xa anda por aquí o meniñeiro” É unha expresión da zona de Ourense e Chantada que parece que vai perdendo o seu significado co tempo. Pois para non perdelo aquí vai a orixe da palabra: O meniñeiro era un ser mítico galego, un trasno moi simpático, protector dos nenos moi pequenos cos que xogan, entreteñen e divirten mentres os adultos non os ven, e como os bebés non falan xamáis poden dicir nada destes seres diminutos.


VOCES RESGATADAS Esmirfado: desfiachado (O Bolo) Cirimbela: persoa que vai cos da feira e volta cos do mercado(San Cibrao das Viñas) Xandoca: pasmona, sen disposición (San Cibrao das Viñas) Canear: andar dun sitio para outro sen parar (Melide) Cobertura: roupa para a choiva (A Veiga do Bolo) Escambruída: torrada de máis (San Cibrao das Viñas) Toxo arnairo: bravo que pica " Toxo molairo: suave " Molidas: torpe, lento (Verín) Xostrón: persoa bruta (O Bolo) Tirizós: turumelos (Melide) Á estribeira: en cabestrillo (Melide)

Santa Lilaila paríu por un dedo, ser será certo pero eu non cho creo. (cando te queixabas -O Ribeiro) O sol de San Martiño é mentres o can lambe o fuciño (cando o sol é escasísimo- O Bolo) Chamáchesme truvisquiña, herba que o gando non come, vale máis ser truvisquiña que muller de ruin home. (San Cibrao das Viñas) Cuco, rabo de escoba, cantos anos faltanpara a miña voda? (as veces que cantara- San Cibrao)

Entre marzo e abril ou vén o cuco ou a fin (Coles)










Co gallo do Día do Libro, a biblio decorouse co múltiples citas de diferentes libros ata construír unha grilanda de cores:

-”O amor componse dunha soa alma que habita en dous corpos” ARISTÓTELES, Moral -“ Pregúntome se as estrelas se iluminan coa fin de que algún día cada un poida atopar a súa, ANTOINE DE SAINT- EXUPÉRY, O Principiño - “Abre tus ojos verdes, Marta, que quiero ver el mar”, JOSÉ HIERRO, Agenda - “As nosas vidas defínense polas oportunidades, incluso polas que perdemos”, F. SCOTT FITGERALD, O curioso caso Benjamin Button - “E unicamente os escritores teñen ese don, esa facultade de comunicarse intimamente con cda ser humano, letra a letra, páxina a páxina” , JORDI SIERRA I FABRA, O último verán Miwok. - “É nas noites de decembro, cando o termómetro está a cero, cando máis pensamos no sol”, Os miserables, VICTOR HUGO. -” Si muero sin conocerte, no muero, porque no he vivido”, El libro del mal amor, LUÍS CERNUDA -”Non podes elixir se van facerche dano neste mundo, pero si podes elixes quen cho fai”,Baixo a mesma estrela, JHON GREEN . -”Siempre es levemente siniestro volver a los lugares que han sido testigos de un instante de perfección”, ERNESTO SÁBATO, Sobre héroes y tumbas “-Hai estrelas que vagan polo universo ao longo de milleiros de anos sen atoparen o acougo de eren correspondidas; outras en cambio, logo atopan un cometa canda o que sulcar a inmensa escuridade”, O contador de estrelas, JAUREGUIZAR. “Y nunca quise olvidarte, pero me está haciendo falta”,Todos mis futuros son contigo,MARWAN. ALUMNADO DE 3º e 4º ESO


EU SON DO CLUB DE LECTURA Estar no Club ensinoume que un pode evadirse da realidad e na marxe dun libro, un lugar onde ecribir mil formas de definir o amor. ANDREA LÓPEZ(4ºA) “Non me gusta ler”. Non confíes nesas palabras. Unídevos ao Club. Aló encontraredes un lugar no que estar un rato a gusto, no que seredes libros con moitos tipos de amor e moitos tipos de historias. Sentirvos identificados con elas vai ser máis fácil que empezar a ler o libro. BRAIS FERNÁNDEZ(4ºA) Pode haber libros que che gusten máis ou menos, pero cando atopas ese libro, ese libro que non podes soltar, que o levas a todas partes e que che gusta tanto que xa forma parte de ti…, cando o encontras é unha sensación tan gratificante que desexarías que ese libro nunca se acabase. JULIA LECUONA (4ºA) Gústame ser do Club de Lectura xa que grazas a esta experiencia coñecín máis libros que falan dun mesmo tema e de chegar a novos ámbitos , novas historias e atopar o libro dos meus soños.

VALERIA PÉREZ (3ºA) Grazas a estar no club descubrín novos libros e novos autores que neste intre me apaixonan. Gustame o tema do amor e poder falar del. Vivín a historia de moitos personaxes que ao estar no club foime máis fácil. BLANCA MARÍA FERNÁNDEZ(3ºA)





Cuando entres una experiencia nueva, siempre te encuentres con unas emociones fuertes incluso ánimo, timidez, y ganas de hacer una buena impresión para tus compañeros. Sobre todo, esperas que todos te vayan a valorar realmente para lo que ofreces. En mi experiencia como auxiliar de conversa de Inglés en CPI Antonio Faílde, no solamente me han dado esa valoración profesional, pero también, todos me han recibido como parte de la familia. Me llamo Joel Berdie, de Colorado en los Estados Unidos. Acabé la universidad con un título en Psicología, y aun tengo muchas ganas para seguir mi educación al nivel maestría o doctorado, estoy aprovechando esta oportunidad que ha fortalecido mi aprendizaje como persona, profesor, y líder comunitario. En Ourense, he sido voluntariado de la Cruz Roja con los sin techo, he jugado rugby en el equipo universitario, y he convertido a un fanático del pulpo. En este colegio, me han tocado varias responsabilidades entre edades y ámbitos distintos. He ganado unos hermanitos en el primer de primaria en las clases de plástica. Allí compartimos un sentido de humor fantástico y les he enseñado algunos proyectos que corresponden con festivos y tradiciones de los Estado Unidos. Pero más que nada, nuestras clases son llenas de risas, formas y series, chocas con cinco fuertes, y demonstraciones impulsivas de flexibilidad. Voy a las otras aulas de tercer y cuarto de primaria, y las clases estallan con “chants” musicales, obras de teatro, y proyectos de plástica para que fortalezcamos nuestra confianza y emoción de pronunciar bien en Inglés. A través de nuestra diversión con la materia creativa y experimental, esperamos que cuando vengan juntos la emoción alta y dirección abierta, la alta motivación para el idioma sigue.


En los niveles de quinto y sexto de primaria, empezamos de aplicar el aprendizaje previo a unas situaciones más prácticas académicamente, por ejemplo historias y lecturas más largas. Aparte del aumento de dificultad, también los niños están entrando un periodo de experimentación con la autoridad y autonomía. Aunque a veces sea difícil capturar la atención y el interés completo suyo, el alumno aprende como aguantar y solucionar una tarea complicada algo que seguro va a servirle bien en sus cursos futuros y distintos. También me ha gustado mucho trabajar con los de primero y segundo de la ESO. Repasamos gramática que ya han visto en previos años pero ahora la integramos en la escritura y conversación común. Puede ser material seca, especialmente cuando ellos sean de una edad de vergüenza y autoexploración; entonces, yo intentaba abrir el ambiente a conversaciones éticas y proyectos mini para empujar los estudiantes afuera de su zona de confort– algo que también es fomentado en la sección bilingüe de la Educación Física. Allí, hemos repasado varios deportes de distintas regiones mundiales y finalmente yo podía compartir mi conocimiento de Lacrosse: un deporte extranjero, creado por la gente indígena del Norteamérica, que he practicado desde niño y actualmente es muy popular en los EEUU y creciendo por el mundo. Aparte de mi instrucción y dicción directa en las clases, creo que he formado una conexión emocional con los alumnos y ojalá les he dado una imagen positiva de donde vengo y como ser un gran compañero y ciudadano en sus comunidades. Gracias por todo, familia CPI Antonio Faílde. Nunca voy a olvidarlos; siempre tendrán un sitio en mi corazón. ¡Un abrazo fuerte a todos! ¡Que sigan viviendo la vida!


CENTENARIO DE CERVANTES E

O SEU QUIXOTE

Este ano foi un ano especial para que coñeceramos a este noso personaxe da Literatura Universal. En todos os cursos se fixeron actividades para dar a coñecer as súas aventuras: debuxos, lecturas, vídeos, manualidades, marcapáxinas teatro, disfraces ... Pero, sen dúbida, a actividade máis orixinal e creativa foi a de propoñerlle ao alumnado, a través dunha carta da mascota Faildiño, imaxinar que faría don Quixote se estivera: -nun parque de atraccións -nun partido de fútbol -conducindo un coche -xogando coa wii -nunha mansión encantada As respostas foron do máis sorprendente! No curso de Primeiro de Primaria a profesora ata fixo ao cabalo Rocinante e un traxe de Don Quixote para que todo o alumnado o puxera e se sentira como el. Primeiro visualizaron vídeos do principio da historia e da aventura dos muíños, logo con debuxos construíron as frases e ao revés, dándolle as frases fixeron os debuxos. Así confecionaron as esceas do capítulo para posteriormente convertilas nun libro. Con toda esta aprendizaxe quedábanos a escenificación desta historia e finalmente a confeción dun mural para lembrar a ocasión.


No curso de Cuarto de Primaria tamén se deseñou un libro de Don Quixote despois de traballar a narración adaptada. Lecturas, visionados de vídeos, marcapáxinas e moitas outras cousas para conmemorar estas datas foron levadas a cabo en todo o centro.

Na ESO o Equipo de Dinamización Lingüística, como en anos anteriores, escribiu unha pequena obriña de teatro para conmemorar esta data na que se introduce tamén a William Shakespeare e se mezclan un pouco personaxes e autores. Pois tamén é o centenario deste último. Na biblioteca do colexio houbo unha exposición de todos os fondos bibliográficos cos que se conta referentes aos dous autores. Pero o ano aínda non rematou. Ata decembro temos tempo de seguir coñecendo a estes escritores e as súas obras mestras.

EQUIPO DA BIBLIOTECA


VISITAS Tivemos visitas varias este curso. Imos comezar polos contacontos: Sabela Gago coa súa historia "O camaleón multicolor" para Infantil,1º e 2º de Primaria Susa Herrera autora do libro "Cantos animais" para Infantil 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.

Miguel Ángel Diz cos seus libros "O soño de Esther" e "A nena que non deixaban ser feliz" para 1º e 2º de Primaria e para 4º e 5º de Primaria.

Iolanda Castaño co seu taller de poesía "Diverxe" para Secundaria Iago do Grupo Anaya contou aos de Infantil unha historia dun lobo misturada doutras historias

O xornal La Región tamén nos visitou para participar no programa televisivo de Telemiño A Consellería de Medio Ambiente tróuxonos a exposición: "As árbores" E aínda houbo máis, pero non teño espazo...




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.