Furafollas 2018

Page 1



O CAMIÑO DE SANTIAGO Os alumnos/as de 5º de Educación Primaria fixeron un traballo de investigación sobre o Camiño de Santiago. Por parellas buscaron información sobre: -

Etapa histórica en que comeza a realizarse a peregrinación a Santiago. Quen era Santiago. Lendas sobre o camiño, aparición do sepulcro, traslado dos restos do apostolo… Cal é o símbolo do peregrino. Motivos polos que se fixo o camiño na Idade Media e por que se fai agora. Vestimenta do peregrino (na Idade Media e agora). Como se pode facer o camiño e que distancia hai que percorrer. Que é a credencial do peregrino e a Compostela. Que hai que levar para facer o camino.

Espuxeron o seu traballo aos alumnos de 4º de Educación Primaria, que tamén participaron neste proxecto investigando sobre a flora do Camiño de Santiago, no tramo que pasa preto do noso colexio. Os alumnos e alumnas de 5º buscaron información sobre os animais que se poden atopar neste tramo do Camiño.

Como punto final deste proxecto , os alumnos/as de 4º e 5º, fixeron una excursión a Santiago de Compostela.




Seguimos correndo, non podemos avisar a ninguén, e temos unha banda de chupasangues correndo detrás nosa. Estaba no meu cuarto prendendo o ordenador e entra a miña nai coma un foguete [coma sempre sen chamar antes de entrar] e dime: -Acábame de chamar Ofelia, a nai de Pepe, por se queres pasar a fin de semana na aldea. -Xenial, dille a Ofelia que si que irei. -Veña, pois comeza a facer as maletas! Estaba moi ilusionado, sobre todo, porque Pepe dixérame que ademais irían Ramón e Leo. Xa chegara o día e estaba moi ilusionado. Pepe, Ramón, Leo e mais eu iamos no coche conversando sobre todo o que iamos facer, sen saber que sería a peor fin de semana das nosas vidas… Xa na aldea, montamos a tenda de campaña xusto ao lado do bosque e, cando acabamos, entramos na casa. Os pais de Pepe conversaban sobre un tema con certo misterio. Non lle dei máis importancia ata que vin os titulares do xornal:

XA VAN 4 CRIMES SEN RESPOSTA NA ALDEA QUE ESTÁN DANDO MOITO DE QUE FALAR!!! Isto produciume certo calafrío que esquecín cando Ramón nos chamou para xogar ao fútbol. Xa pola noite, na tenda de campaña, todos durmían menos eu, que seguía pensando no do periódico. Aínda así, dei durmido ata as doce. Ás catro da mañá, espertoume un ruído que viña de fóra da tenda, chamei os rapaces para que saíran afora comigo… E encontramos… un cadáver ! Parecía una muller, tiña o pelo longo, estaba moi pálida, tiña os cairos moi longos e unha capa… Un momento: era unha chupasangues!!! De súpeto, vin que había unhas pisadas e avisei os rapaces de que podiamos intentar seguilas. Eles asentiron coa cabeza e, xusto cando nos dispoñiamos a seguilas, escoitamos: -Dámosvos 5 segundos de vantaxe… Soaba moi autoritario e, sen xirarnos por medo a que fora outro chupasangues, botamos a correr coma alma que leva o demo. Seguimos correndo, non podemos pedir axuda, temos unha banda de chupasangues correndo detrás nosa… -Que facemos?- pregunta Pepe.


-PARADE DE CORRER!!!! –bérrannos Facemos o que nos piden. Así, quizais… -Vós matastes a rapaza?- preguntamos con voz tremente. -Si!- responde o que parece o líder. -E logo non era da vosa especie?- pregunta Leo. -Non– trona o líder- era da vosa especie. Todos nos asustamos moito xa que, se lle fixeron iso á rapaza que nos farían a nós… -Non poñades esa cara de susto, fixémoslle o que lle fixemos porque ía vestida coma nós e era inadmisible, pero tranquilos, a vós só vos chuparemos o sangue.

Agora estamos moi contentos, á fin e ao cabo o sangue non está tan mal…Non?

Sabela Rodríguez – 1º B

O LOBISHOME DE SALCEDA

A historia que vos vou contar contouma meu bisavó Carlos hai un milleiro de anos. Había una vez un home que vivía nunha pequena aldea de Palmés chamada Salceda. O home chamábase Xoán e tiña uns vinte anos aproximadamente. Xoán era un pastor que tiña una manda de vacas e ovellas todas mesturadas coas que pasaba a maior parte do tempo nos lameiros e montes da súa aldea. Un día do mes de Defuntos (novembro), Xoán decidiu levar o seu gando para uns lameiros lonxe da súa casa. Colleu na súa lacena un anaco de pan, dous chourizos e un pouco viño e púxose en camiño. Por aí levaría camiñado uns dous quilómetros cando, de súpeto, se atopou coa figura flotante dunha moza. En realidade, non era máis que o esqueleto dela cun gran vestido morado e o seu pelo era loiro e brillante coma o sol. Xoán deu un chimpo cara a atrás e dixo: “Xesús, que é isto!”. A pantasma, entón, respondeulle: “Son Luísa, a pantasma dunha moza que desapareceu da aldea de Salceda hai uns cen anos e veño pedirche axuda para que me libres dun conxuro”. Xoán, que non daba creto ao que estaba vendo, tangueu as vacas e as ovellas e escapou de alí.


Pasados uns meses do acontecido, Xoán volveu pasar polo mesmo camiño onde se lle aparecera a pantasma para ir aos seus lameiros e, novamente, volveu aparecérselle a pantasma dicíndolle o mesmo. Xoán, esta vez, en vez de escapar deciciu enfrontarse a ela e díxolle que non a ía axudar. Entón, Luísa, a pantasma, montou en cólera e botoulle a seguinte maldición: “A partir de agora, cada noite de inverno convertiraste en lobishome e oulearás desde o solpor ata o novo amencer”. Xoán mirouna sorrindo e botou a andar pensando que aquilo non se cumpriría. Pasou a primavera, o verán, o outono e chegou o inverno e a maldición cumpriuse. Unha tardiña

de decembro, despois de chegar á casa cos

animais, Xoán púxose a cear coma sempre, pero cando chegaron as oito da noite, as cousas comezaron a cambiar. Primeiro comezaron os ouleos, despois a saír o rabo, o pelo e as grandes orellas e, finalmente, apareceron un cairos grandes e moi afiados propios dos lobos. Xoán, cheo de medo, escapou ao monte e alí estivo ata que chegou o amencer e volveu á súa apariencia de persoa normal. Isto ocorreu durante os tres meses seguintes do inverno e desaparece unha primavera, pero non rematou ese ano, senón que a maldición repetíase ano tras ano ata que Xoán morreu. A sorte é que Xoán o

puido manter en

segredo e ninguén da aldea o soubo xamais, agás un tío seu que o soubo por casualidade e gardou o segredo. Se vos preguntades como se soubo, vóuvolo contar: foi por casualidade, porque, sen querer, un sobriño de Xoán atopou a historia nunha mesa de noite de seu tío escrita do seu puño e letra.

José Antonio Ledo – 1º A






AITANA

MATÍAS














APRENDEMOS HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

Os alumnos de 1º ESO traballamos sobre distintos hábitos de vida saudable. 1) Alimentación • Con diferentes ingredientes elaboraron pratos equilibrados.

Aprenderon a mellorar nutricionalmente os seus pratos engadíndolles cor

Tamén aprenderon a introducir verduras e hortalizas dándolle máis vistosidade aos menús


Fixemos unha recollida de envases de distintos produtos alimenticios (lácteos, alimentos ricos en graxas, alimentos ricos en azucres, produtos conxelados e precociñados, etc.) e realizamos un estudo crítico deles.

Estivemos traballando coas etiquetas dos alimentos para coñecer o que compramos e consumimos

2) Exercicio físico • Para valorar o seu nivel de actividade física, durante unha semana controlaron con podómetros os pasos que daban ao longo do día.




VOCES RESGATADAS (2018) Carrampete (levar ao carrampete): carranchete (Cea) Torbón (de auga): tromba (Coles) Talanquera: verxa (A Barrela) Xistrado medido, taxado (Baños de Molgas) Carril: espazo por onde se entra e se sae (A Barrela) Gaioto, gaiotiño: xa mozo (Vilamarín) Cafarnaxada: trapallada (A Barrela) Empuchicarse: emburricarse (Coles) Devagar o millo: desmillar (O Courel) Cadabullo: regos perpendiculares (A Barrela) Preparar unha carne: guisala (Coles) Arrabuñadela: chover un pouquiño (Valdeorras) Lambizcadas: lambetadas (A Barrela) Lanfrán: glotón “ Zugado: lambón “ Niquitates: aforrador (A Barrela) Ambornio: cousa grande e molesta (Monforte) Inantas: vai un rato (O Courel e O Bolo) Tusiquela: persoa que tose continuamente (O Bolo) Refoletada (de vento): refacho (San Cibrao das Viñas) Varas de auga: chover en horizontal (O Courel) Malletas: maniotas (Monforte de Lemos) Verlle o cu á carriza: algo extraordinario (Monforte) A ferro frío: sen anestesia (Ourense, Coles, A Barrela...) Pola Santa Lucía medran os días En canto se lle di a un boi: xo! cia! (Baños de Molgas)


LETRAS GALEGAS 2018 - Mª VICTORIA MORENO

Victoria Moreno Márquez nace en Valencia de Alcántara (Cáceres) no 1936, filla de militar e mestra. A súa infancia, xunto aos outros tres irmáns, estará marcada pola postguerra, a fame e as carestías son comúns a todos os españois. Pouco despois de rematar a guerra van vivir a Badaxoz e no 1943 a Segovia onde seu pai será administrador da prisión. Seis anos despois a súa nai solicita o seu reingreso como mestra e trasládase cos seus fillos a Sepúlveda. Seu pai morre ese mesmo ano de tuberculose. A familia queda moi afectada económicamente, non pudo ir ao instituto e tivo continuar os seus estudos interna nun colexio da Falanxe. Cando remata o Bacharelato vai estudar á Complutense de Madrid Filoloxía Románica. Nesta época compaxinaba os seus estudos coas clases gratuitas de francés no barrio obreiro de Entrevías. Aquí na universidade coñece a Luis Llácer que será o primeiro marido (era invidente e Mª Victoria exercía de lectora para el mentres el facía traduccións de francés para a ONCE). Dende alí deron o salto a Pontevedra, a un colexio dependente da ONCE, e ela aproba as oposicións de Lingua e Literatura Española. O seu primeiro destino seá o Instituto Masculino de Lugo. Alí coñece a Xesús Alonso Montero que será a clave para que empece a falar e escribir en galego. Adquire un forte compromiso coa nosa lingua e comeza a dar cursos de galego, o que lle vale a retirada do pasaporte como represalia por dar un curso de galego no Ateneo de Ourense. No 1973 abre co seu home e outros compañeiros a Librería Xuntanza, onde divulgaron libros censurados e tiveron unha forte actividade cultural. Nesta época adoptan a dous irmáns (Begoña e Carlos Alberto) e medra a súa actividade literaria, publica, en Edicións do Castro, Mar Adiante; gaña o 1º Premio de Contos Infantís O Facho, da Coruña, coa obra «O cataventos», que é publicado catro anos depois, en 1979; publica o libro de texto «Literatura galega. Século XX»... En 1986 publica «Leonardo e os fontaneiros» e «A festa no faiado», os dous na Editorial Galaxia. Pero pode que o seu libro máis fundamental e importante é «Anagnórise». Publicado por editorial Galaxia no ano 1988. Non para de publicar: «Verso e Prosa», «As linguas de España», «Querida avoa», «Pan con chocolate», «O libro das saudades e os degoiros», «Un cachiño de bica», «E haberá tirón de orellas?», «Guedellas de seda e liño»... Falece o seu home no 1996 e pouco despois diagnosticanlle cancro de mama. No 2002 xubílase e casa en segundas nupcias co cubano Pedro Ferriol, de raíces galegas que dende Cuba coñeceu a súa literatura. O 22 de novembro de 2005, o mesmo ano da publicación de «Eu canto, ti cantas...», faleceu no Hospital Provincial de Pontevedra.


AVENTURAS SOLIDARIAS

Todo comezou un día normal na clase, metidos de cheo nas leccións…

De súpeto petan na porta e aparece a profesora encargada da biblioteca cunha misión: Ofreceunos colaborar nas Bibliotecas Solidarias!

Velaquí o comezo da nosa increíble historia. A nosa primeira aventura foi meternos na mente dun neno ou nena de tres, catro e cinco anos para poder comprender os seus gustos. Máis tarde, cando xa ensaiamos como contacontos na biblioteca, fumos ás súas clases para ler máxicos libros de contos. Os pequenos e pequenas quedaron abraiados cos nosos relatos e de súpeto atopamos entre aplausos o sorriso dos nosos espectadores especiais. Máis adiante embarcamonos nunha nova aventura, como coincidía co Día de Rosalía, decidimos lerlles e cantarlles os seus fermosos poemas. O resultado foi o mesmo.

E, por último, a máis alucinante aventura sucedeu nas aforas do colexio, nun caluroso día de maio. Viaxamos nun microbús ata chegar á gardería Galiña Azul de Gustei; alí estaba esperando unha tropa de cativos e cativas con gañas de escoitar as nosas historias e quedaron coa boca aberta cos nosos impresionantes relatos. Esperamos ter moitas máis aventuras solidarias como estas no vindeiro curso!




LENDAS DE AQUÍ E ACOLÁ UNHA MOURA Un día dous irmáns foron polo bosque e atoparon a unha moura nunha cova. A moura deulles un pano e díxolle que non o abrirán ata chegar a casa. Os irmáns tiñan tanta curiosidade que abriron o pano xa no bosque, apareceulles carbón. Cando chegaron á casa contáronlle o sucedido a seus pais e pedíronlle que o abrisen eles. Apareceu unha moeda de ouro. Todos buscaron a aquela moura pero ninguén a atopou. Uxía 5º B

A CAPELA DA VIRXE Din os vellos do pobo dos meus avós que no 1900 pasaban moita fame porque non chovía e coa seca os campos non producían. Un campesino camiñando pola Picota atopou á Virxe da Esperanza no alto dun penedo e pediulle que construira unha capela. Cando chegou a Bouzas contoullo a todo o pobo, pero tiñan tanta miseria que non tiñan con que facela. Entón decidiron pedirle axuda aos emigrantes do pobo na Arxentina. Estes mandaron os cartos necesarios para facela. Ese ano foi o ano da mellor colleita porque a choiva que caeu foi unha benzón para o campo e o gando. No ano 1904 foi inaugurada a capelo da Virxe da Esperanza en Bouzas(Vilamarín) Mati 5º B

A PRINCESA E O PASTOR

A princesa Drihime, tamén chamada a princesa texedora, tecía vestidos para seu pai, o rei celestial. Tecía as nubes do ceo á beira do río. A princesa namorouse dun pastor chamado Hikoboshi en un principio a relación desenvolveuse sen dificultade, pero logo ambos comezaron a dscuidar as súas tarefas por estar tan compenetrados no seu amor. Ao ver que esta situación non melloraba, o rei celestial castigounos separándoos e convertíndoos en estrelas. Sin embargo, os namorados poden volver a verse unha noite no ano, o séptimo día do séptimo mes. Antía V. 5º B


SOPHIE GERMAIN (1776-1831) Estudamos a esta gran matemática francesa e cos datos da nosa investigación elaboramos manualidades a partires das seguintes preguntas: 1.-En que ano naceu e como se chamou a esa época? 2.-En que cidade naceu? Sitúaa nun mapa 3.-Que lle impresionou dun feito acontecido a un matemático? 4.- Cando tiña 19 anos fundouse unha escola moi importante. Cal? 5.- Que política discriminatoria rexía esa institución? En que ano foi eliminada esa política? 6.- De todos xeitos como conseguíu seguir os seus estudos? 7.- Con que nome presentou eses traballos? 8.- A que insigne matemático impresionou? Que fixo este cando o soubo? 9.- Con que outro gran matemático mantivo correspondencia? Que nome empregou para isto? 10.- Sophie ten que interceder a favor do matemático Gauss ante un dos xenerais de Napoleón, por que? 11.- O teorema que leva o seu nome servíu para demostrar unha Conxectura, de que matemático? 12.- Que dicía esa Conxectura? 13.- Sobre que tema trataba o traballo que foi premiado pola Academia das Ciencias de París? Cantas veces tivo que presentarse antes de acadar o premio? 14.- Cales foron o resto dos seus traballos durante os últimos anos da súa vida? 15.- Gauss solicitou a unha universidade que lle desen o título de doutora, a cal? Que sucedeu? 16.- En que data morreu? Cantos anos viviu? 17.- Consigue unha imaxe da placa dunha rúa que leva o seu nome en París.

ESO e 6º


MISTERIO NA NOITE

Como cada noite , a iso das dez, atopábame no cuarto de estar lendo un deses libros de misterio que tanto me gustan. Estaba metida de cheo na historia cando un suave silbido atrae a miña atención cara o baño. Sinto unha terrible sensación de soidade, baleiro e profundidade que non sei nin como expresala. Pero cando me dou de conta esperto cun ano máis. Era o día do meu cumpreanos! Sen saber cando, por que ou como… unha misteriosa sombra se vai estendendo ata quedar como deitada. Sinto as gotas de suor frías correndo pola miña fronte calurosa. Quero escapar! Xa non podo con esta mala sensación! Estou neses momentos de… “Tragame terra” e quero fuxir pero o medo mantenme blocada. A sombra é tímida pero maligna. Seino por como me fai sentir… Vexo como é verdadeiramente! É un home cunha bonita chaqueta de cor camarelo, aínda que non creo que sexa moi doce. Notei pasos, o peso xa se foi desvanecendo. Foi entón cando souben que estaba a salvo de novo. Pero...voltaría quedar durmida mentres lía outro día?

NOA SOUTO 5º Primaria





Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.