Proxecto manuel maría

Page 1

PROXECTO SOBRE MANUEL MARIA


Dado que este ano o Día das Letras Galegas se lle adica ao poeta Manuel María, e este poeta ten obras adaptadas a idade dos nosos nenos, paréceme interesante que coñezan un pouco máis a este autor, defensor do uso da lingua galega. Este proxecto está dirixido aos alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria do CPI Antonio Faílde. Esta clase está no proxecto ABALAR e tamén está dentro do PROXECTO LECTOR DO CENTRO. Contamos co apoio incondicional do Equipo da Biblioteca.

FASES DO PROXECTO PRIMEIRA FASE: 1.- CONCRECIÓN DO PRODUTO FINAL O produto final deste proxecto consistirá na realización en vídeo dun telexornal adicado a persoa de Manuel María. Para chegar a este produto final realizaremos determinadas actividades ou miniproxectos, que nos levarán a coñecer un pouco máis ao poeta, as súas obras e outros aspectos relacionados con el. Serían as seguintes: -

-

-

-

(1)Traballo en formato dixital sobre a vida e obra do autor, para entregarllo aos encargados da biblioteca do centro, para que os demáis alumnos poidan utilizar este material. (2)Un PowerPoint ou vídeo do poema “Galiza”, con fotografías relacionadas co contido do poema (para a biblioteca). (3)Lectura dos libros: “O bigote de Mimí” e “Os soños na gaiola”(coñecer estas dúas obras de Manuel María, de diferentes estilos e que os alumnos poden comprender fácilmente). (4)Vídeo do libro “O bigote de Mimí”, gravado coas súas voces ( para proxectar na biblioteca aos máis pequenos do cole). (5)Xunto co equipo da biblioteca organizar e involucrar aos alumnos de E.I. e E.P. para a realización dun recital de poesías do libro “Os soños na gaiola”(sería para celebrar o Día da Poesía e unha noticia para o telexornal). (6)Realización de murais dos poemas deste libro que se traballaron en cada clase. (7)Realización de dípticos co programa do recital. (8)Búsqueda de vídeos de Manuel María (para o telexornal). (9)Búsqueda de vídeos musicais de poemas deste autor (para o telexornal). (10)Investigación sobre cantas rúas ou centros educativos hai en Galicia que leven o nome de Manuel María, escribir cartas aos diferentes concellos


-

-

solicitando información sobre cando e por que se lle puxo o nome a rúa.(Sería para unha noticia do telexornal) (11)Redacción da noticia coa información achegada polos diferentes concellos e as demáis noticias para o telexornal. (12)Solicitar a colaboración dos alumnos/as de 5º dalgún colexio de Monforte de Lemos para que nos conten algo sobre o paso de Manuel María por esa vila (sería unha noticia do telexornal). (13)Realización de carteis para anunciar o estreo do telexornal. (14)Gravación e montaxe do vídeo do telexornal.

2.- PAPEL DO PROFESOR Contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe e competencias clave que se traballarán no proxecto. CONTIDOS Valoración dos medios de comunicación social como instrumento de aprendizaxe. Uso de documentos audiovisuais como medio de obter, identificar, seleccionar, clasificar, con progresiva autonomía informacións relevantes para aprender. Comprensión e produción de textos orais breves para aprender e para informarse, tanto os creados con finalidade didáctica como os de uso cotián, de carácter informal (conversas entre iguais e no equipo de traballo) e dun maior grao de formalización (exposicións da clase, entrevistas ou debates).

Actitude de escoita adecuada ante situacións comunicativas (tolerancia ás opinións, escoita atenta, respecto das

CRITERIOS DE AVALIACIÓN Valorar e utilizar os documentos audiovisuais dos medios de comunicación como instrumento de aprendizaxe.

Comprender e producir textos orais propios do uso cotián ou do ámbito académico.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE Accede a documentos audiovisuais e dixitais, para obter, seleccionar e clasificar, con certa autonomía, a información relevante e necesaria para realizar traballos ou completar información, valorando os medios de comunicación como instrumento de aprendizaxe. Elabora textos orais sinxelos imitando modelos de calquera medio de comunicación

CCL CD CAA CSC

CSIEE

Participa axeitadamente nunha conversa entre iguais, comprendendo o que di o interlocutor e intervindo coas propostas propias.

CCL CAA

Sigue unha exposición da clase e extrae, de xeito global, as ideas máis destacadas.

CCL

Iníciase na elaboración de pequenas exposicións orais na aula adecuando o discurso ás diferentes necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o diccionario se é preciso.

Manter unha actitude de escoita activa, respectando as opinións dos e das

COMPETENCIAS CLAVE

CSC CSEIEE CAA

CCL CSIEE CAA

Participa activamente no traballo en grupo, así como nos debates.

CCL CSIEE

Atende as intervencións dos e das demais en actos de fala orais, sen interromper.

CCL

Respecta as opinión dos e das demais.

CSC


de quen fala sen interrupcións

demais.

. Participación e cooperación nas situacións comunicativas destinadas a favorecer aconvivencia (debates, exposicións curtas,conversas, expresións espontáneas, asembleas, narracións orais, entrevistas) con valoración e respecto das normas que rexen a interacción oral .

Participar nas diversas situacións de intercambio oral que se producen na aula amosando valoración e respecto polas normas que rexen a interacción oral.

Produción de textos orais sinxelos propios dos medios de comunicación social mediante simulación para ofrecer e compartir información.

Elaborar textos orais sinxelos propios dos medios de comunicación

Comprensión da información relevante en textos das situacións cotiás de relación social: correspondencia, normas, programas de actividades, convocatorias.

Comprender, buscar, localizar e seleccionar información explícita en textos escritos de soportes variados.

Respecta as quendas de palabra nos intercambios orais. Exprésase cunha pronuncia e dicción correctas: articulación, ritmo, entoación e volume.

CCL CSC CCEC CCL CSC

Participa na conversa formulando e contestando preguntas.

Elabora textos sinxelos propios dos medios de comunicación.

CCEC CAA

CCL CD CAA CSIEE

CSC

Comprende a información relevante de textos procedentes dos medios de comunicación social ou propios de situacións cotiás.

CCL CD

CSC

Identifica as ideas principais e secundarias dun texto (narrativo, descritivo e expositivo).

CCL

Busca, localiza e selecciona información concreta dun texto sinxelo, deducindo o significado de palabras e expresións polo contexto. Subliñado, esquematización eresumo da información relevante dun texto sinxelo.

CCL CSC CAA

CCL CAA CSIEE

Realizar o subliñado das ideas principais dun texto sinxelo, e esquematizar e resumir o seu contido. Utilizar as tecnoloxías da información para tratar a información nun texto sinxelo.

Realiza o resumo dun texto sinxelo.

Utiliza as tecnoloxías da información para organizar a información dun texto sinxelo adecuado á súa idade.

CCL

Uso da biblioteca de aula e do centro, amosando certo coñecemento da súa organización e participación en actividades literarias e na elaboración de propostas.

Usar as bibliotecas da aula e do centro, así como as virtuais, con certa autonomía, comprendendo como se organiza e colaborando no seu coidado e mellora.

Usa a biblioteca de centro con certa autonomía,para obter datos e informacións, e colabora no seu coidado e mellora.

CCL

Uso, de maneira xeral, das estratexias de planificación, de textualización (formato, estrutura, ortografía e normas

Usar, de maneira xeral, as estratexias de planificación, textualización e revisión do texto.

Planifica a elaboración do texto, antes de comezar a escribir, xerando ideas, seleccionando e estruturando a información, mediante notas, esquemas ou guións.

Uso dirixido das tecnoloxías da información e da comunicación para a localización, selección, interpretación e organización da información.

CCL CAA

CD

CAA CSC

CCL CAA

CSIEE


lingüísticas, puntuación, coherencia e cohesión...) e revisión como partes do proceso escritor.

Composición de textos propios de situacións cotiás de relación social (correspondencia e mensaxes curtas) de acordocoas características propias destes xéneros. Composición de textos de información e de opinión sinxelos, característicos dos medios de comunicación social.

Uso das TIC, con certa autonomía, na busca de información, o tratamento dos textos e a realización de presentacións.

Aplica, de maneira xeral, a norma lingüística: ortografía, acentuación, léxico, morfosintaxe e usa, habitualmente, unha linguaxe non sexista. Escribe e presenta textos propios elaborando borradores.

CCL CSC CCEC CCL

CSIEE CCL CAA

Crear textos sinxelos de diferente tipoloxía que permitan narrar, describir, resumir, explicar e expoñer opinións, emocións e información relacionadas con situacións cotiás e aqueles que sexan característicos dos medios de comunicación.

Elabora, en diferentes soportes, textos propios da vida cotiá e académica, imitando modelos: cartas e correos electrónicos. Redacta textos xornalísticos (noticias, crónicas, reportaxes, entrevistas) e (anuncios e carteis), imitando modelos publicitarios moi sinxelos.

CCL CSC

Usar as TIC, con certa autonomía, para a busca de información, tratamento dos textos e realización de presentacións.

Busca e selecciona información en diferentes fontes e soportes dixitais.

CCL CD CSIEE

Emprega procesadores de textos con certa autonomía.

CCL CAA CSIEE CD

Utiliza as TIC, con certa autonomía, para realizar presentacións elementais.

CCL CD CSIEE

CD

CCEC

Lectura persoal, silenciosa e en voz alta de obras en galego adecuadas á idade e aos intereses (conto, cómic, novela).

Ler textos e obras en galego da literatura infantil, adaptacións breves de obras clásicas e literatura actual, adaptadas á idade e en diferentes soportes.

Le en silencio e voz alta obras e textos en galego da literatura infantil, adaptacións breves de obras clásicas e literatura actual, adaptadas á idade e en diferentes soportes.

CCL

Lectura comentada de poemas, de relatos e de obras teatrais tendo en conta as convencións literarias (xéneros, figuras) e a presenza de certos temas e motivos repetitivos

Identificar as características dos diferentes xéneros e as figuras literarias, así como temas recorrentes.

Identifica as características principais dos diferentes xéneros literarios: narrativa, poesía e teatro.

CCL

Distingue algún recursos retóricos e métricos propios dos poemas.

CCL

Recreación e composición de poemas e relatos para comunicar sentimentos, emocións, estados de ánimo, lembranzas, recoñecendo as características dalgúns modelos.

CAA

Identifica e emprega algunhas figuras literarias: comparacións, personificacións, hipérboles e xogos de palabras. Recrear e componer poemas e relatos sinxelos a partir de modelos dados.

Recrea e compón poemas e relatos, a partir de modelos sinxelos, para comunicar sentimentos, emocións, estados de ánimo e lembranzas.

CAA

CAA

CCEC CD

CCEC

CCL CCEC CAA CCL CCEC CSC


Dramatización e lectura dramatizada de textos literarios.

Participar activamente en dramatizacións de textos literarios.

Participa activamente en dramatizacións de textos literarios.

CCL

Uso de texturas para caracterizar imaxes e obxectos, e para o tratamento de imaxes dixitalizadas.

Experimentar coas imaxes como unha ferramenta para deseñar documentos de información e comunicación (carteis, guías, folletos etc.)

Realiza composicións que transmitan emocións e sensacións básicas, utilizando distintos elementos e recursos para os axustar ás necesidades.

CCEC

Preparación de documentos propios da comunicación artística: carteis, programas e guías.

Busca un cartel e confecciona o seu propio anuncio

CSIEE

CCL

CCEC CSIEE

Disposición á orixinalidade e á espontaneidade á hora de plasmar ideas. Entidades territoriais e órganos de goberno. As provincias, ciudades máis importantes e determinadas comarcas e concellos.

Describir a organización territorial de Galicia así como os órganos de goberno.

Explica a organización territorial de Galicia, nomea as estruturas básicas de goberno e localiza en mapas políticos as distintas provincias que forman Galicia, así como as principais ciudades e determinadas comarcas e concellos

CCL CSC

Calendario de traballo Traballaremos neste proxecto durante os meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril. Dedicarémoslle 16 sesións da área de Lingua Galega, 2 sesións de Ciencias Sociais, 6 sesións de Educación Plástica e 15 sesións da ” hora de ler”. Fontes de información Libros proporcionados pola biblioteca do centro: -

“Señardade da Luz” (A obra poética de Manuel María). Miguel A. Mato Fondo.

-

Advento (poesía). Manuel María.

-

Terra Chá. Manuel María.

-

Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo.( Xosé Manuel Sánchez Rel e Estefanía Mosquera Castro).

-

Antoloxía poética. Manuel María.

-

Os soños na gaiola. Manuel María.

-

O bigote de Mimí. Manuel María.


Vídeos de Youtube. Páxinas Web: -

https://es.wikipedia.org/wiki/Manuel_Mar%C3%ADa

-

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/recursos/audios/musica.htm

-

http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/manuel-maria

Tarefas – Agrupamentos 1.- (Unha sesión de Lingua G.) Esta primeira sesión será para saber que coñecementos previos teñen os alumnos/as sobre a festividade do Día das Letras Galegas, si coñecen ao autor homenaxeado este ano, que autores galegos coñecen… Tamén decidiremos que queren saber do autor, como fariamos o telexornal, que noticias poderiamos por… 2.- (2 sesións de Lingua G.). En grupos de catro alumnos/as buscarían información sobre a vida e obra de Manuel María. Posta en común. 3.- (1 sesión de Lingua G.). Redactar individualmente os textos para a realización dun traballo sobre a vida e obra de Manuel María. 4.- (2 sesións de Lingua G.). Cada alumno/a realizará o seu traballo co procesador de textos do seu ordenador. 5.- (14 sesións da “hora de ler”). Para ler os libros: “O bigote de Mimí”, “Os soños na gaiola” e anacos doutros libros do autor. Gravación do libro “O bigote de Mimí”. 6.- (4 sesións de Lingua Galega). Traballar os poemas (estrofa, verso, rima, medida, recitado). Elixir un poema e individualmente ou en grupo facer un PowerPoint con imaxes relacionadas co poema, ou ben gravalo e facer un vídeo. 7.- (1 sesión da “hora de ler”). En parellas, terán que informar aos titores de E.I. e E.P. que queremos facer un recital de poesía e que precisamos a súa colaboración. Daranlles determinadas poesías do libro “Os soños na gaiola” para que as traballen cos seus alumnos e logo as reciten. Tamén terían que facer un mural de dito poema con debuxos feitos polos alumnos. 8.- (1 sesión de Plástica). En grupos de 4, farán un mural das poesías do libro “Os soños na gaiola”, que eles recitarán no festival da poesía. 9.- (2 sesións de Plástica). Individualmente realizarán un díptico co programa do recital de poesía. 10.- (2 sesións de Ciencias Sociais). En grupos de 4 buscarán en Internet rúas ou nomes de centros educativos que leven o nome de Manuel María. Posta en común.


Localización nun mapa de Galicia do lugar onde está, concello, comarca e provincia en que se atopa. 11.- (3 sesións de Lingua Galega). Traballar como se escribe unha carta formal e como se usa o correo electrónico. Cada alumno escribirá unha carta ao alcalde ou concellal de cultura, no caso de elixir o traballo das rúas, ou ao director do colexio si elixen a outra opción, solicitando información sobre cando e por que se lle puxo o nome de Manuel María. Usarán o correo electrónico para posteriores contactos cos organismos que lles contesten. Tamén escribirán unha carta ou un correo aos alumnos de 5º de E.P. dalgún colexio de Monforte de Lemos, para pedirlles que sexan os nosos corresponsais nesa vila, e nos manden algún vídeo contándonos algo sobre o tempo que Manuel María estivo en Monforte. 12.- (2 sesións de Lingua Galega). Formarán 4 grupos de 6 alumnos. Cada un encargarase dunha tarefa diferente: un grupo escribirá os textos para a presentación do recital, outro grupo preparará os textos para gravar en vídeo, para o telexornal, a vida e obra do autor, un terceiro grupo preparará os textos dos presentadores do telexornal, o último grupo (no caso de que nos contesten as cartas) redactarán un texto coa información achegada, para unha noticia do telexornal. 13.- (1 sesión de Lingua Galega). Búsqueda en youtube de vídeos sobre Manuel María e vídeos de cancións dos seus poemas. Elexir entre todos, un de cada, para o telexornal. 14.- (1 sesión de Plástica). Gravación dos vídeos para o telexornal. 15.- (2 sesións de Plástica). Por parellas realizarán un cartel para anunciar o estreo do telexornal. Pegaranse por todo o colexio.

3.-PAPEL DO ALUMNADO Nesta primeira fase o papel dos alumnos será elexir que actividade queren facer: -

Buscar rúas co nome de Manuel María ou buscar Centros Educativos.

Tamén poderán elixir se o traballo do poema o fan en PowerPoint ou nun vídeo gravado por eles.

SEGUNDA FASE 1.- BUSCA DE INFORMACIÓN


2.- PAPEL DO PROFESOR O profesor aportaralles aos alumnos/as as dirección das páxinas web e os libros onde teñen que buscar a información. Na búsqueda de información sobre a vida e obra do autor, realizarase unha búsqueda guiada polo profesor. Terán que buscar información para responder a preguntas formuladas polo mestre. Na búsqueda de centros ou rúas co nome de Manuel María será unha búsqueda máis libre. O profesor supervisará e guiará en todo momento o traballo de investigación que está a realizar o alumnos/a.

3.- PAPEL DO ALUMNADO O alumno/a debe buscar a información pertinente sobre o poeta, para que sexa adecuada, para realizar o produto final. O mesmo sucede no caso de buscar os Centros Educativos ou rúas que leven o nome do autor. Tamén terán que buscar os enderezos dos organismos aos que se lle mandarán as cartas para solicitar información.

TERCEIRA FASE 1.- PROCESAMENTO DA INFORMACIÓN

2.- PAPEL DO PROFESOR O profesor dará unhas pautas para procesar a información: -

Facer unha lectura rápida para localizar a información pertinente.

-

Consultar todas as fontes de información.

-

Recoller os datos necesarios.

-

Escribir en textos curtos as ideas principais que quere destacar.


2.- PAPEL DO ALUMNADO Os alumnos/as deben traballar a información e redactar os textos que precise para o produto final de cada actividade. CUARTA FASE 1.-ELABORACIÓN DO TRABALLO FINAL

2.- PAPEL DO PROFESOR O profesor supervisará e guiará cada unha das actividades que leven a cabo os alumnos/as para chegar a realización do produto final.

3.- PAPEL DO ALUMNADO O alumno/a debe darlle o formato adecuado a cada unha das actividades propostas, xa sexan textos informativos, cartas, carteis, dípticos, vídeos…

QUINTA FASE 1.- COMUNICACIÓN DO TRABALLO

2.- PAPEL DO PROFESOR O profesor supervisará a actividade do alumnado, dándolle os apoios oportunos para unha realización exitosa.

3.- PAPEL DO ALUMNADO O alumnado comunicará o traballo elaborado aos compañeiros de clase e logo entregará ditos traballos ao Equipo da biblioteca que se encargará de difundilos e subilos ao blog da mesma.

SEXTA FASE 1.-AVALIACIÓN


2.- PAPEL DO PROFESOR O profesor mediante unhas follas de observación irá evaluando o traballo dos alumnos: participación nas actividades, responsabilidade, adquisición de procedementos… Tamén se evaluará o seu traballo en grupo: participación na investigación, redacción e elaboración do proxecto, traballo de colaboración para o desenvolvemento do proxecto dentro dun ambiente de equipo, a súa participación no soporte elexido ( mural, PowerPoint, vídeo…), a presentación oral.. O profesor avaliará o proxecto a través dunha táboa de avaliación (obxectivos conseguidos, actividades de motivación, actividades de investigación…)

3.- PAPEL DO ALUMNADO Cada alumno realizará unha autoavaliación a través dunhas tablas elaboradas polo profesor. Tamén avaliarán o proxecto.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.