Furafollas2015derradeiro

Page 1



MAIO, MES FLORIDO A MARGARIDA Namorarse é unha mirada ao futuro, unha canción, unha margarida sen petálos que acabe en " si ", unha loita interna, un paseo polas rúas do casco vello de Ourense, unha mirada ao interior do outro. É fillo, é pai, é nai, é muller, é home, é irmán, é traballo, é avoa... É primavera e mais inverno. É todo e nada. ANA SANTEIRO

O TREVO DE CATRO FOLLAS Eu son diferente, eu son catro veces verde, unha vez por cada folla, e en cada unha delas levo a cara de ledicia de quen me atopa. Eu tamén me alegro dese achado, porque a min asegurame un fogar tranquilo e confortable, pois quen me atopa gárdame para sempre no medio dun libro e alí me quedo facéndome cada vez máis sabio e aprendendo historias que moitas veces ninguén cre. ANDREA CAO

A FLOR DE LOTO Eu estou triste e leda, feliz e desencantada, pois a natureza outorgoume o labor de purificar o que me rodea e tal é o meu poder que cun simple roce dos meus pétalos todo queda limpo e cristalino, pero a cambio debo permanecer sempre soa Que obriga. Que pena, meu Deus! En fin, non hai luz sem sombra. RITA VANESSA

O XIRASOL

Eu son un xirasol con lentes, non quero virarme cara ao sol. Teño vergonza da súa mirada, de que me vexa por dentro, moléstame tanta claridade. Hai recantos que quero gardar. Demasiada luz sobre min. MANUEL CERVIÑO


A LINGUAXE TELEVISIVA Un dos problemas da actualidade e sobre o que se está debatendo constantemente é a linguaxe empregada en certos programas televisivos que nos invaden a diario e que acaban provocando o enfado e a repulsa de moitos espectadores, pero aínda seguen contando co apoio doutros. Hai que ter en conta que non todos os programas que se retransmiten a diario na televisión presentan este problema, polo que é importante non generalizar e saber diferenciar entre oa que infringen a lei e os que a respectan. Para empezar cómpre sinalar que existe un horario de protección infantil entre as 5h e as 8h da tarde, segundo recolle a Lei de Comunicación Audiovisual, polo que nestas horas do día débese ter especial consideración cos contidos emitidos. Se hai que poñer un exemplo ben sabemos que hai un programa que se emite todos os días da semana e que leva recibido críticas e sancións por este motivo. Dende o ano 2009, no que comezou, ten acumulado todo tipo de denuncias por taratar temas inadecuados para os mebores e pola linguaxe, expresada de maneira ofensiva e violenta, chea de insultos entre os colaboradores. Recentemente, en decembro de 2014, o programa tivo de prazo dez día para adaptar os seus contidos. A solución que se tomou foi dividir o espazo en dous: o primeiro de 4h a 5h para tratar temas controvertidos, mentres que o segundo, de 5h a 8h, cunha intención máis doce e delicada. A pesar de todo, non se está cumprindo moi ben o que prometeron e a súa situación segue a ser dfícil. O programa continúa sendo ameazado de retirada, o que suporía o despido de moitos traballadores. En definitiva, se existe un horario de protección de menores, e dentro del se emiten determinados programas, logo estes deben cumprir os requerimentos e non empregar nunca unha linguaxe ofensiva. Se non o fan, porque perderían o humor que os caracteriza, que pasen a unha franxa horaria na que non originarían problemas.

SANDRA CAÍÑA, 4º ESO


Querida miña:

Escríboche a ti porque estás por riba de todas as cousas. Porque agora que me abandonaches son presa de días en balde e noites en vela, pero non da vela do barco co que eu soñaba fuxir contigo. Eu ben sabía que chegaría o día da fuxida para os dous. Sóubeno desde que escoitei o teu nome. Eu ben sei que non son de ninguén máis que non seas ti. Agora estás lonxe e as miñas mans non te alcanzan. Síntote na memoria e xa non es unha realidade. Soño con que algún día escaparei desta prisión chamada Rutina e atoparémonos, porque eu ben sei onde estás. Estás nos lugares onde ninguén alcanza coa calma. Estás agardándome naquel luar da Costa da Morte, cando mirei á inmensidade sen abrir os ollos e sentinte no estado máis puro. Segues nos camiños das follas secas, sostendo a miña man, camiñando os dous, descalzos polas infinitas fragas. Aínda queda sitio para nós na praia de Lugo, recordas? Era tan bonita por non ser de niguén que rematamos facéndoa nosa.

Agora estás lonxe, moi lonxe e uha parte de min fóiseme contigo.

Por se nunca volves susurrarme á alma....

Quérote, LIBERDADE.

IRIA RODRÍGUEZ, 3ºESO


EN MANZANEDA TRES DÍAS Cando no colexio nos preguntaron se queriamos á estación de esquí de Manzaneda quedamos abraiados. Non podiamos crer que estariamos tres días fora da casa, sen o control dos nosos pais. A cousa pintaba ben, so que o día da saída non viña nunca. Por fin chegou o nove de marzo. Todos estabamos esperando para subir ao autobús cando nos demos de conta que faltaba un compañeiro, xusto o que vive ao lado do colexio. Acompañáronnos na viaxe as profesoras Mary e Teresa e unha monitora chamada Rosi. Pasámolo moi ben no autobús cantando e contando chistes. Xa en Manzaneda esperábamos outra monitora, Bea. Leváronnos aos dormitorios para deixar as nosas cousas e poñer a roupa de neve. Tamén preparamos a mochila con todo o necesario para a longa tarde que nos esperaba: esquiar, ir á piscina, xogar coa neve… O que máis nos gustou foi a experiencia de montar no telesilla, as vistas eran espectaculares! Ao chegar ás pistas esperábannos os monitores Breo e Azul que xa nos ensinaran a poñer os esquís e comezaron as clases. Ao baixar fomos á piscina, pasámolo estupendamente. Despois de cear fomos ao polideportivo xogar e logo durmir. Bueno, o de durmir é un decir, máis ben estivemos falando toda a noite. O segundo día fixemos as mesmas actividades, so que á noite leváronnos á discoteca ata as doce. Ao chegar ás habitacións, antes de deitarnos, deixamos as maletas medio preparadas porque ao día seguinte volviamos para casa. Foi unha excursión inesquecible,… oxalá se repita pronto!




Entroido Este ano foi moi divertido: Todos os días tiñamos que traer o mandaba o Meco (na cabeza, no pescozo, na cintura…) e último día un disfraz especial (e para moitos espacial) de grupo. Viaxeiros era o tema xeral e cada grupo tiña que ser un viaxeiro distinto. Así é como quedou o desfile final: INFANTIL- viaxe de pracer PRIMARIA(1º e 2º)-viaxe espacial PRIMARIA(3º e 4º)-viaxe dos novos licenciados PRIMARIA(5º)-viaxe a paraísos fiscais PRIMARIA(6º)-viaxe de safari SECUNDARIA- personaxes de comic e peronaxes pop.


EXPOSICIÓN CANTIGAS DE SANTA MARÍA Aproveitando que traballamos neste 3º trimestre a Banda Deseñada para o programa COMENIUS trouxemos a exposición das Cantigas de Santa María en BD, así serviríamos para traballar en lingua, historia e música ademáis de en plástica.

As Cantigas de Santa María. Arte BDieval é unha mostra que se editou en portugués, e está sendo distribuída da man da Associaçom Galega da Língua (AGAL), nela analízase como esta obra, ademáis da súa importancia musical e literaria, supón un exemplo pioneiro da novena arte. Trátase de dez paneis a toda cor nos que se analizan, de xeito didáctico algúns dos recursos propios da novena arte que podemos atopar nesta obra de Afonso X, como a composición de páxina, a representación do tempo e a integración de texto e debuxo. Ademais, a mostra achega información de contexto sobre cuestións como a historia, a lingua ou a elaboración dos códices medievais. A exposición ofertouse ao centro acompañada dunha guía didáctica na que se propoñen múltiples actividades a partir das cantigas, animando a comprendelas como un proxecto multimedia que se pode abordar desde materias como a literatura, a historia, a música ou a arte. Esta exposición amosa a profesores e alumnos as posibilidades expresivas do cómic e explora o seu emprego xa na Idade Media.

EDLG


HOMMAGE

A

CHARLIE

Chama a atención que nos mundos de hoxe maten a un xornalista por facer unha caricatura de Mahoma. Por culpa da relixión leva morta moita xente ao longo da historia. Ningunha persoa debe morrer tampouco por expresar a súa opinión . Todo o mundo debe ser libre de dicir o que pensa e non pagar iso coa súa vida. Despois tamén hai que facerse responsable do que se di e saber asumir as críticas.

JE SUIS CHARLIE

HEBDO

I AM CHARLIE HEBDO EU SON CHARLIE HEBDO YO SOY CHARLIE HEBDO

ALUMNADO DE 3º B



O MEU LUGAR FAVORITO DO COLE A min gústame o ximnasio porque alí fago a miña asignatura favorita, alí tamén xogo cos meus amigos e pasámolo moi ben. Para min é a aula de Tecnoloxía porque se poden facer proxectos (visitámola o outro día). Pois eu creo que é a zona dos sofás na biblioteca porque no inverno pódese ler ao quente (cando te deixan os compañeiros). O meu sitio preferido é a cociña, alí as cociñeiras e o chef Gonzalo fannos a comida todos os días. A parte do colexio que máis me gusta é o campo que hai arredor do carballo grande porque de pequenos xogabamos aos indios, lémbrame a miña infancia. O barranco é o lugar que máis me gusta; vai tempo que non imos alí porque está cheo de herbas e non as queren cortar, ademáis hai serpes,formigas, lagartos…e moitos máis bechos deses. Encántame porque cando eramos pequenas sempre xogabamos alí. De cando en vez había xogos organizados como a chave, os bolos… A mala sorte é que prohibiron baixar alí. Espero que algún día poidamos volver xogar no barranco. O meu lugar favorito é o areeiro porque alí é onde xoguei na miña infancia, faciamos castelos de area, cantabamos, xogabamos ao pilla pilla e moitas cousas máis.



OURENSANÍA NA PAISAXE Un pozo sen fondo, es ti Ourense. Flores e árbores esfórzanse por avivar e brillar a pesar das altas temperaturas en cada un dos teus veráns. E un deserto de frío seco no inverno, Ourense, que debuxas ríos, que levan consigo soños, ledicias e tristuras e expresas, coma ningún outro lugar, a tenacidade do e a forza do ser humano en forma de Pontes. Ourense, Ourense, verde e fluvial, primavera e dozura, ti es festa e sabor a uvas, es viño do ribeiro, as adegas están cheas de cores, tintas, brancas e rosadas. Todo é troula e entroido, aquí hai xente única e marabillosa, ribeiras, canóns, calor e frío desordenado e extremado. RITA VANESSA E ANA SANTEIRO, 3º ESO B Forte nas augas Impresible, valente río Miño, Acolledoras anduriñas no teu niño, Cultos polas nosas terras santas. Morriñentos dos nosos fogares, Color do lar alonxada da trevoada, En Manzaneda ven os cumios a nevada, Botan os velliños a partida nos bares. E que vivan os magostos O polbo do Carballiño co pan de cea E os tres días que duran os entroidos Somos poetas, retranqueiros, Ledicia, Somos Ourense! Somos Galicia.!

IRIA RODRÍGUEZ , 3ºESO A


SINONIMIA ESMORGA: troula, noite, chuvia, paixón. LINGUA: galego, falar, ser. COLEXIO: rutina, semana, traballo, estrés GOMA: limpar, comezar, esquecer. ESTOXO: privacidade, notas, top secret! WHATSAPP: grupo, kotilleo, peña, ok. ORDENADOR: imaxe, you tube, saber, aburrimento. LAPIS: informalidade, debuxo, pasar, madeira. PROFESOR: seriedade, disciplina, calar, aí vén! RECREO: lecer, descanso, pasear, fóra. OURENSE: pontes, Miño, compras, saír FELICIDADE: ledicia, familia, logros, liberdade. AULA: silencio, rebumbio, pizarra, reloxio, canto falta? POEMA: verso, crear, dicir, sentir. DOR: perda, bágoas, moas, POLÍTICO: decepción, delincuente, traxe, tesoiras ALUMNADO

3º e 4º de ESO


COMIC GAÑADOR




O AMOR Á VOLTA DA ESQUINA EMMA Mª RENES


UN REFRร N ALIMENTARIO PARA CADA MES

Refrรกns: Infantil Debuxos: Primaria




2ยบB





OFICIOS TRADICIONAIS DE GALICIA PALILLEIRA É a muller que se dedica a facer encaixes con palillos .Xeralmente teñen este oficio como medio de vida,pois unhas traballan a xornal e outras fano por conta propia vendendo as súas confeccións aos intermediarios. Hai palilleiras nas comarcarcas de Camariñas,Muxía,Noia e Corcubión.

AFIADOR Un afiador é unha persoa que ten como oficio o de afiar coitelos, tesoiras.... Esta profesión é tradicional en Galicia. Con frecuencia proviñan da provincia de Ourense. É un oficio ambulante,as súas saídas eran eventuais, traballaban durante uns meses e retornaban aos seus lugares de orixe. O seu aparello de traballo era unha roda chamada tarazana ou toura. Anunciábase na rúa tocando un chifre.

ZOQUEIRO Este oficio tradicional consiste na fabricación de zocos. Foi o sustento de moitas familias de Porriño durante máis dun século.


OLEIRO O oficio dos oleiros consiste na fabricación en barro dos recipientes necesarios para as tarefas domésticas e agrícolas. Esta labor permitíalles complementar a economía agraria cos ingresos procedentes da comercialización da súa producción. Destacan en Galicia catro puntos de producción alfareira:Gundivós, Niñodaguia, Bonxe e Buño.

CESTEIRO

O cesteiro é a persoa que tece cestas, nasas... a base de fibras vexetais: canas, xunco, vimbio...Para o desenrrolo do seu traballo o cesteiro conta cunha serie de ferramentas:o burro, a coitela, o macico, as cuñas, os ferros de furar...

FERREIRO Os ferreiros son as persoas que traballan o ferro. Tiñan unha fragua e facían os ferros para arados, fouces, fouciños..., arranxaban os apeiros de labranza que levan ferro. O seu taller ou obradoiro é a forxa. Abasteceron de todo tipo de útiles á Comunidade galega ata ben entrado o século XX. As ferramentas que usan son: O torno, a lima, as serras de ferro,o alicate, o atizador...


MUIÑEIRO

O oficio de muiñeiro consiste en moer diferentes cereais. Non gañaban grandes cantidades de diñeiro, pois cobraban dunha parte do que eles moeran. O traballo realizábase de noite.

CANTEIRO

O oficio de canteiro consiste en traballar a pedra. Uns dedícanse a cortala, outros lábrana e os maestros son os que fan complicadas figuras, debuxos e cruceiros. Os mellores canteiros proceden das terras de Pontevedra.

ARRIEIRO O arrieiro era a persoa que transportaba todo tipo de mercadorías dunha feira a outra, con toda unha fila de mulas, cargando desde viño ata botíxos ou todo aquilo que fose necesario para os habitantes das apartadas aldeas.

CURSO:5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. ERIK GARCIA IGLESIAS.


VIAXE A POLONIA

(Proxecto Comenius)

A viaxe a Polonia foi alucinante, unha experiencia inolvidable e que so se vive unha vez. No meu caso eu estaba morta de medo, por non me saber defender tanto no idioma inglés coma no francés, polo tema da comida, por como fose a familia polaca (ainda que eu xa falara coa miña compañeira polaca por correo electrónico) … por moitas razóns que non me vou parar a explicar. Pero todos eses medos son compensados gratamente. Embarcamos no aeroporto de Vigo, as 7 da tarde do xoves con destino Madrid ( unha hora de viaxe). Durmimos nun hotel de 4 estrelas e ceamos nun Burguer King que había pola zona. Fómonos de contado a cama despois de cear xa que tíñamos que levantarnos as 4 da mañá para embarcar con destino Polonia. As profesoras Mari, Lourdes e Monica( profesoras de infantil) foron ás que nos acompañaron na viaxe. Custounos durmir, polos nervios supoño, pero conseguimos estar de pé en recepción ás 4 da mañá. Almorzamos no aeroporto e fixemos unha viaxe de 3 horas. Cando chegamos ao aeroporto de Kracovia esperábanos a saída o “Sr Comenius”, un home polaco que non falaba máis que o seu idioma e sostiña unha pancarta que poñía un nome inpronunciable en polaco e debaixo Comenius. A viaxe do aeroporto de Kracovia ao pobo polaco foi eterna. Cando chegamos o Sr Comenius deixounos no hotel das profesoras onde nos ían buscar as familias. O primeiro en marchar foi Miguel co seu compañeiro fantasma, Kacper; despois Bárbara coa sua compañeira Hyacinta; logo eu coa miña compañeira Xulia (como eu); e por último Helena coa sua compañeira Ula. O primeiro día con eles estiven morta de medo, xa que eu son moi timida. O Venres puxen o despertador ás 7 para ir ao colexio ás 8; estaba ansiosa por atoparme con Bárbara, Miguel e Helena e contarlles o meu nerviosismo. Bárbara o primeiro día foi visitar o pobo. Helena e máis eu non saímos da casa e Miguel… Miguel “Tipical siesta Española”!! Aaala, a durmir que mañá será un novo día!. A primeira impresión que tiven do colexio é que era mais grande que o noso, pero non é verdade. O noso é infinitamente máis grande. O ximnasio era moi bonito, coas paredes amarelas; unha delas tiña notas pegadas. Alí deronnos pins cos nosos nomes, menos a Miguel que lle deron un pin que poñía “Migiel Vazguez de Silva”. Que chegaran a poñer ben os meus apelidos é un milagro! Sentámonos nunhas sillas e puxeronnos as cancións de cada país xa que íamos votar á gañadora. O gañador foi Polonia e así é como tiña que ser. España non quedou tan mal… 2 votos. Bueno, o importante é participar! Despois da votación puxémonos en marcha, “1,2,3 un pasito palante María 1,2,3 un pasito pa tras…” ata un auditorio. Alí os polacos fixeron un concerto cantando canciones francesas. Eu case perdo un guante, imprescindible se estás en Polonia. Volvimos a escola e fixemos un obradoiro de “Pop Art” onde debuxamos algo relacionado con cada cancion que fixemos no colexio ( un tren por “the train” unhas mans alexándose por “laisse moi” e corazons por “nunca he estado tan bien”). Pasamos a tarde que quedaba no colexio xa que despois tíñamos discoteca! Luces,música, pista de baile… a verdade é que o ximnasio do cole non estaba tan mal. Si, a discoteca era no colexio. Puxeron luces de cores diferentes e música que resoaba nuns enormes altavoces. Despois de que pasaran unhas horas e Helena non conseguira que lle deisáxemos que o “picadiscos” puxera a canción de “opa gam style” ( terrible decepción para ela) pedimos ao “picadiscos” que pusexe a canción da macarena, que por sorte a tivo. Cando sonou, para a miña sorpresa, todo o mundo a coñecía e comenzamos a bailala.” Dale a tu cuerpo alegría macarena que tu cuerpo es pa darle alegía y cosa buena, dale a tu cuerpo alegría macarena, ehhhh macarane aaay!…” Na discoteca pasamola moi ben, foi moi divertido. Cando cheguei a casa de contado funme á habitación que me asinaran xa que estaba morta de cansancio, e ao día seguinte esperábanos un día moi duro en Kracovia. A Kracovia non viñeron os noso compañeiros. Na viaxe de ida dinlle a Helena o que lle pertencía, sobres de colacao. Fíxenlle o mellor regalo da viaxe, xa que ela non tiña e para


almorzar dábanlle café que non toma. Ela díxome “Canto vai que non tomas colacao? Toda unha vida” Alí visitamos museos, a catedral, xantamos nun italiano e visitamos as minas de sal onde quedamos a cear. Unha suxerencia, se ides a Polonia facturade botellas de auga, alí son todas con gaseosa ou limón. A viaxe de volta foi do mellor. Alí no autobús dinme de conta de que a miña obsesión polos coches amarelos é preocupante, de que a intención de Bárbara polos selfies, ainda que non se vira unha pizca, é moi grande, de que o sonido wii de Helena é esencial, e de que como o suag de Miguel ningún outro “y lo sabeis”. Pero sobretodo decateime que amigos como eles, poucos. O Domingo fomos a Sandomierd e estivemos toda a tarde cos compañeiros polacos. Comimos nós os catro cos nosos compañeiros no mesmo restaurante, por sorte. Pedimos polo con patacas e cando nos traen a comida vemos que é un prato enorme cheo de ensalada e 6 anacos minúsculos de polo. Quedamos sorpendidos, porque dixemos “Chicken and chips”, pero un pouco despois xa nos trouxeron as patacas fritas e un Kepchup que pedin eu e que para Miguel picaba a rabiar, o pobre case morre! Despois de xantar Miguel e máis eu observamos que Bárbara e Helena non estaban. Resulta que foron á casa da polaca de Bárbara. Miguel e máis eu fomos cos nosos polacos e máis outros a unha boleira que máis que en Sandomierd parecía que estaba noutro estado. No autobús cara a bolera casi volvo a perder outro guante… Miguel e eu nunca xogáramos aos bolos pero para ser a primeira vez estivo moi ben. Estabamos dispostos a xogar e poñen na pantalla, Mickuel. E dime Miguel, “ serei eu”? e así foi, era el. Parece que non se aclaran co seu nome. O Luns no colexio os de quinto de primaria tiñan preparado unha obra de “Cenicienta”. Despois de que remataran visitamos un castelo en ruinas e pasamos a tarde co compañeiro polaco. Bárbara e Helena foron ao centro comercial e Miguel e eu fomos a un café, si elas comprando e nós tomando café. Realmente tomamos un chocolate quente boísimo pero estivemos 3 horas e media no café. 3 horas e media que se di pronto! Menos mal que estabamos en compañía un do outro porque tamén nos acompañou unha italiana coa su compañeira que era amiga dos nosos, pero con sorte so estivo hora e media. Pero nós 3 e sen wifi, a pesadilla de calquera adolescente. Pasaron ás tres horas e media e fomos decotío a casa e de paso recollimos á irmá de Xulia “Ola” é a pronunciación, non se como se escribe en polaco. Na casa púxenme a facer a maleta e ás 6 chamaronme a cear. Quedei abraiada, que cedo! O martes ás 5 da mañá, o vo era cedo, Xulia deume montón de comida a pesar de que lle dixen que non me dera nada, é un regalo de Sadomierd. A viaxe de ida para o aeroporto fixoseme máis longo ca o do aeroporto á cidade polaca. Os dous viaxes, tanto o de Polonia-Madrid coma o de Madrid-Vigo paseinos durmindo. En Vigo collimos as maletas facturadas e fomos xunto aos nosos pais, no meu caso que foi o que veu recollerme. Mañá volta á realidade. JULIA LECUONA



COPLAS DOS MAIOS Aí vén o maio, Tardounos en vir, os nenos de cuarto Xa estamos aquí. Tanto pensar, Tanto pensar que a cabeza vaime estalar. Cando chego a Cambeo Quédome en silencio E traballo arreo Para saír ao recreo. Ao chegar á clase So queremos falar Pero a profesora Mándanos copiar. En matemáticas xa sabemos Dividir, restar, multiplicar E o compás manexar Para diante e para atrás.

Pero a min gústanme As súas exquisitas ensaladas Cando subo ao autobús Danme gañas de saltar E un día por non me agarrar Hóubenme de mancar. A terra é redonda Facendo a súa ronda Recita algún verso Por todo o universo. No colexio de Cambeo Ten que haber Traballo e esforzo A máis non poder.

En educación física Deporte hai que facer E ás veces no recreo Mándannos correr. Na clase de música tocamos Instrumentos como o saxofón E a min gústame Escoitar o seu son. A miña asignatura preferida é a de inglés pero cando sexa maior Quero aprender francés. No comedor do colexio cociñan comidas variadas

Alumnado de 4º Primaria


VOCES RESGATADAS Asabaneada: anonadada (Coles) Merar: mollar a neboa (A Bola) Mexar: “ “ “ (O Bolo) Merexar: “ “ “ (Coles) Goxo: cesto grande con dúas asas (Melide) Tacos: parcelas pequenas para horta nunha finca grande (Cartelle) Eslacomado: ferido, con rabuños por todo o corpo (O Bolo) Pionxar: pedir con insistencia (Melide) Patuñeira: chuvia miúda “ Estribillar (estribillante): fedellar “ Landainas: tonterías, contratempo “ Lideira: teima “ Pastrillois: azoutes (Veiga do Bolo) Carravandeira: non parar queda na casa (Veiga do B) Andar de riandola: andar de aquí para alí (San Cibrao das Viñas) Tusiqueira: que tuse seguido (Valdeorras) Ser un miraceos : un estirado, arrogante (Melide) Es un lendias: pouca cousa física e espiritual “ Andar á miñoca: interesarse por pouca cousa “ Pechar as contras: cambiar de tema “ Veume o trasacordo:caer na conta máis tarde (Coles) Levar ao cachico:ao carrelo, ao lombo (A Bola) Gardar das risas para as choras: aforrar (San Cibrao das V.) “Come e ponte gorda e se cho chaman faite a xorda” (San Cibrao das V.) “Entroido larafuzoiro coméchesme a carne e deixáchesme o coiro” (A Barrela) “Entroido larafuzán comes a carne e deixas o pan” (V. do Bolo”


XOGADE O xoves 26 de marzo un grupo de 33 alumnos/as de 2º e 3º de ESO, desprazáronse ao Complexo Deportivo da Xunta en Monterrei para tomar parte no VIII Campionato Provincial Escolar de Orientación Pedestre, incluído no programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte de Galicia. Destacar a actuación de Bárbara Iglesias Justo, alumna de 2º de ESO, que no seu estreo neste deporte acadou un moi meritorio 3º posto na Categoria Infantil Feminina.

Por outra parte, e tamén no programa “Xogade”,os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria fixeron unha saída ao colexio de Amoeiro dentro da actividade de "Deporte Escolar". Alí xogaron ao fútbol cos alumnos/as do colexio de Amoeiro e Carballiño. Isto foi o día anterior, 25 de marzo.


ENGLISH PASTIMES

ANTÍA 4º Primaria Look for 8 places

UXÍA C. 4º Primaria


FILGUEIRA VALVERDE Xosé Fernando Filgueira Valverde (Pontevedra 1906-1996) foi escritor, intelectual, erudito, crítico, político. Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento, presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega ... Estudou Filosofía e Letras, Ciencias Históricas e Dereito. Empezou a traballar como axudante docente no Instituto de Pontevedra. Gañou por oposición a cátedra de Lingua e Literatura Española nun instituto en Barcelona, logo pasou a Melilla, Lugo e por último volta ao Instituto de Pontevedra ata a súa xubilación. Creou o Museo de Pontevedra no 1927; participou nos comezos do Partido Galeguista; colaborou co réxime franquista despois da Guerra (In)Civil. Foi alcalde de Pontevedra e permitiu a instalación da fábrica de celulosa na ría de Pontevedra, polo que moita xente non estivo de acordo agora con esta homenaxe(adicarlle o Día das Letras Galegas).

Obra en galego:           

O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco (1930). Da épica na Galicia medieval, discurso de ingreso en la RAG en 1941. A poesía medieval galego-portuguesa fóra dos seus lindeiros. Historias de Compostela. O arquivo do Museo de Pontevedra e unha guía sucinta. Santiago de Compostela, con fotos de Manuel G. Vicente, ed. trilingüe (1989). Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1925-1987), 1992. Arredor do libro: artigos de bibliografía (1996). Vocabulario popular galego-castelán Os nenos. O vigairo: ensaio simbólico, orixinal e inédito.

Quintana viva, ilustrado por Castelao (1971).

Agromar Farsa pra rapaces (1936), firmado bajo el seudónimo J. Acuña.

6 canciones de mar "in modo antico" (1941).

 

Cancioneiriño novo de Compostela (1969). Antoloxía do conto galego de medo (1996).


HAIKUS Chove no souto

Outono frío

e caen as bágoas

que levas os soños

no teu fermoso rostro

das árbores espidas

SANDRA

SANDRA

Cae a neve nas altas montañas e no meu corazón LAURA

O arco da vella

Caen as follas

cheo de cores coma os meus ollos

mecidas polo vento

DANIEL

e coma se de xuntanzas veciñais se tratase pasan a tarde xuntas. ROCÍO

Outono frío choiva segura e xeada na lúa LAURA



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.