furafollas

Page 1


Para moita xente de fóra Galicia é brétema , chuvia e orballo, mares encrespados, húmidos vales e contos de meigas á luz da lareira. Pero nós, os galegos , sabemos ben que é moito máis ca iso : é humor faisqueiro, bulicio e ledicia de verán , é chan de lingua doce e melodiosa e...tamén sitio de comer ben. A gastronomía e a lingua son a expresión cultural que mellor define a un pobo.














Viches a lúa e o sol Andaches polos camiños Loitaches por esta Galicia Encarrilaches o noso porvir Namoraches coas túas verbas Tentaches moitos eidos Ínventaches outros soños Navegaches no mar da vida con vela galega CLAUDIA ESCAPA (2º ESO)



CHALLENGE.

TRY TO READ IT!


SMILE!

What is the longest word in the English language? SMILES: there is a mile between the first and last letters!" Teacher: Maria please point to America on the map. Maria: This is it. Teacher: Well done. Now class, who found America? Class: Maria did. A: Aren't you wearing your wedding ring on the wrong finger? B: Yes I am, I married the wrong woman. A: I'm in a big trouble! B: Why is that? A: I saw a mouse in my house! B: Oh, well, all you need to do is use a trap. A: I don't have one. B: Well then, buy one. A: Can't afford one. B: I can give you mine if you want. A: That sounds good. B: All you need to do is just use some cheese in order to make the mouse come to the trap. A: I don't have any cheese. B: Okay then, take a piece of bread and put a bit of oil in it and put it in the trap. A: I don't have oil. B: Well, then put only a small piece of bread. A: I don't have bread. B: Then what is the mouse doing at your house?! A very drunk man comes out of the bar and sees another very drunk man. He looks up in the sky and says, "Is that the sun or the moon?" The other drunk man answers, "I don't know. I'm a stranger here myself." An elementary school teacher sends this note to all parents on the first day of school. "If you promise not to believe everything your child says happens at school, I will promise not to believe everything your child says happens at home. A guy says to his friend, "Guess how many coins I have in my pocket." The friends says, "If I guess right, will you give me one of them?" The first guys says, "If you guess right, I'll give you both of them!" Q: What is white when it's dirty and black when it's clean? A: A blackboard. Teacher: Today, we're going to talk about the tenses. Now, if I say "I am


TWIN* FOR LONDON 2012

Dentro do programa de irmandade* en marcha con outro centro educativo británico, promovido pola BBC e a Consellaría de Educación da Xunta de Galicia; decidimos entrevistar a dous alumnos, en relación á celebración dos Xogos Olímpicos de Londres 2012. Entrevista a Alex Vázquez Dacal, alumno de 3º da ESO  A que club pertences? Ao Club Hípico Vilamarín.  Que disciplina ecuestre practicas? Salto, Doma Clásica e Volteo.  Que che parece o feito de que a hípica sexa a única modalidade mixta dos X.X.O.O.? Algo do que deberían tomar exemplo outros deportes.  Que supón ter como adestradora á unha ex-seleccionadora parolímpica como a granadina María Teresa Jímenez Hormich? É todo un privilexio para min adestrar con ela. Por que? Porque foi quen confiou en min e quen me deu todas as oportunidades . Tamén polo trato que ten cos alumnos. Preocupase por cada un deles.  Cal é o nome do teu animal favorito? Traviata, un egua con raza C.D.E. (Cabalo de Deporte Español). Que destacarías dela? É moi agarimosa e con chispa na pista de traballo.

Entrevista a Raúl Iglesias Náñez, alumno de 3º da ESO  Que modalidade practicas? Sobre todo K1(Kayac), pero tamén K2 e K4. A miña preferida é o C2 en pista, sobre todo.  Que supón pertencer a un club de piragüismo como o Ría de Aldán, cheo de medallistas olímpicos? É unha sensación estraña, orgullo e gañas de seguir dándolle sona ao club.  Cal é o teu piragüista preferido dentro do teu club? Teresa Portela (campioa mundial dúas veces en C1-200m), que vai participar na súa terceira olimpíada.  Que destacarías desta deportista? A súa técnica ao padexar e o seu carácter fóra da competición: amable e sorrinte.  Como te animaches a practicar neste deporte? Polo verán vía a moita xente que o practicaba e animeime.



TI HAS SABER …

Ao meu mestre

Eu son Xan, coma quen di un calquera, un ninguén. Iso, un xan. Algúns rapaces sómosche así. Indeterminados. Andamos todo o día con teas de araña nos ollos, e temos un rebumbio de biosbardos aniñados na alma. Somos coma o roupeiro do cuarto, para onde imos botando farrapos. E cando nos cómpre un non sabemos onde está nin cal coller. E vai un, así, ao chou. Tanto ten. Porque temos présa para ir a non sei onde . Ás veces somos coma un trade avariado que corre moito e mal. Ou coma a sopeira da avoa que rompeu en anacos e agora andamos todos a encaixala para que siga traéndonos á mesa arrecendendo a gloria e fartura. E tamén acougo. Eu tamén son un crebacabezas. Pero ti , que abres regos para sementar eidos de esperanza, que, cal vagalume, alumeas corredoiras cheas de sombras, que podas cada ano vides para inxertar ledicia … es mestre en moitos oficios e, ademais, es o meu mestre e eu ben sei que has saber como axeitarme. Traeme un día unha cantiga de menceres novos. Tráeme outro, unha mirada fonda coma os meus ollos . Cóntame contos de lúas cheas e solpores rosa. Fálame baixiño, para que te oia ben. Cando pasas ao meu carón, non penses que non me decato. Non enchas co meu fume os teus soños e mira que eu sonche faísca que acende axiña . Non agardes que sexa sempre como ti queres, pero hei ser algo mellor do que son. Un xan


ERAS TI Eras coma a luz que escintila pola noite Eras coma os caraveis que me mercabas Se algún día te lembras de min Pensa na antiga parrula fermosa

O meu corazón abriu as súas portas A un novo mundo de cor Quero esquecerme de ti Non quero volver sufrir

Teño medo a verte Tanto de cara como de perfil Páraseme o corazón Cada vez que penso en ti

Non quero caer na túa trampa Xa me cansei de ti E a palabra desgraza Quedou marcada en min UXÍA 1º ESO




COUSAS

DA SABEDORÍA

POPULAR

1. Somos o viaxado o vivido e o lido: -

Quen un libro saiba ler algo pode aprender. Tal terra andar, tal falar. Quen vai e volve, boa viaxe fai. Nin por arrodeos nin por atallos, deixes o camiño dos carros.

2. Coidado coas apriencias: -

A boa presentación é carta de recomendación Moito falar e pouco saber, logo te botan a perder. O mal e o ben a cara vén. Antes que coñezas, nin gabes nin ofendas A auga de correr e a xente de falar, non se pode privar

3. Cada cal co seu natural: - O mozo que é preguiceiro, por non dar un paso dá un milleiro. - Neste mundo redondo o que non sabe nadar, vaise ao fondo. - Traballar é de xente de mal vivir, pois o día é para descansar e a noite para durmir. 4. De tal pai, tal fillo: -Ou nas unllas ou nos pés, has semellar a quen es. - Entre irmáns, non metas as mans. - Criado por avó, non hai un neno bo. - Fillo es e pai serás, como fixeses así o terás. - Quen aos seus non agarima, que a ninguén agarimo pida.

ALUMNADO DE 2º ESO




RECEITAS E REMEDIOS CANABUCHOS ASADOS Ingredientes: Mazarocas de millo tenras. Xamón. Preparación: Límpanse as mazarocas ou canabuchos. Espétanse nun pao. Ásanse ao lume vivo. Cando están tostados envólveselle o xamón. Recollido por Alicia

4º Primaria de Vilamarín

PARA AS ESCOCEDURAS DOS BEBÉS Pós recollidos da madeira acarunchada. Cando non había pós de talco.

PARA AS MAZADURAS E FERIDAS Untura feita con augardente onde se deixaron macerar flores de cachapeiro, engadiase un pouco fel do fígado do porco na matanza. A esta untura chamábaselle árnica.

Recollido por Soco Fdez da Veiga do Bolo


VOCES A PIQUES DE SER ESQUECIDAS Langrado: ferido Esbolsar: rebordar Engaratusar: fedellar Netorría: mimo Adovelar: mover as mans continuamente Deluvar: fretar os ollos Labrar: adelgazar Avogoso: avogado de … Amantiño: suave Paletra: pedra plana para xogar. Xogo con esta pedra - Valdeorras Cochar: cando a paletra ou a canica queda dentro do ollo Enzorobellar: liar Enllas: gromos Tríquele: xogo do truco- Veiga do Bolo Chicharro: coiro frito Axadado: queimado pola xiada Acarunchada: madeira con caruncho, o po que soltaba usábase como o de talco para as escoceduras dos bebés Canabucho: mazaroca de millo tenro para asar (Vilamarín) Carroucho: “ “ “ “ “ “ (San Cibrao das Viñas) Canabucho:bote ou similar para gardar cousas pequeñas ( “ “ “ ) Emboligar: dar voltas polo chan Estarricar: estirarse (no chan) Aligacha : babosa pequeña das leitugas (Mal) Atrepío: mal fondo Galochas: zocos –Veiga do Bolo Escurrupitar: apurar un líquido ata o fondo Escorovellar: pelar (guisantes ou similar) Tronco: aparello estático onde se tiña ao neno pequeño que non andaba de pé para fortalecer as pernas (e non molestar).- Veiga do Bolo Zangüenga: pilingui Pandorga: pasmada Xandoca: “ Estroleque: movido, hiperactivo Alpabarda: que non é ben Pantumina: que non se move Apalominado: “ “ “ Avutarda: que aparece en calquera momento e a deshoras Palanquín: que non sabe nada Zampalimosnas: non fai nada e espera a que lle caiga.


Tempo no inferno Oito e dez da mañá . Soa a alarma do móbil . Dou un brinco e saio da cama para apagalo. Se puidera durmir un anaco máis… Teño moito sono e aínda por riba esta música espantosa ponme de mal humor . Que bo comezo do día!! Ben , terei que ergerme . Novo día de instituto , o que é igual a novos exames e novas tarefas … Despois de apagar o móbil abro levemente a persiana . Que día de cans! Desanimada , camiño cara ó armario en busca de roupa . Cos ollos medio pechados abro a porta do armario e … Ai!,que dano! Outro golpe máis completa a xornada! Se sigo así nunhas semanas estou no hospital, e en tres meses metida nun ataude . Unha nova alarma sae do móbil . Desesperada corro pola habitación . Máis obstáculos! Isto é unha carreira de atletismo! Por fin logro alcanzar o aparello máis odiado nestes intres . De novo achégome ao armario e saco un conxunto de roupa para poñer neste día que será … moi bo … Xa estou vestida . Por fin! Cantos golpes para poñer uns míseros vaqueiros , unhas deportivas e un xersei . Camiño polo corredor esperando que ninguén me vexa con estes pelos . Parezo unha tola recén saída do manicomio! Despois de arrastrar os meus pés , logro alcanzar a cociña . Sento . Que alivio! Dez minutos de pé e un cansanzo como se levase meses erguida! Algo que vale a pena! O meu vasiño de leite quente , axudarame a espertar e animar un pouco esta cara , ou polo menos ese é o meu propósito . Volvo erguer coa esperanza daquela canción: “ hoxe pode ser un gran día onde todo está por descubrir” ELENA VALCÁRCEL (2º ESO)



PASATEMPOS Escribe as vogais para completar un pensamento sobre a lingua de Valentín Paz Andrade: “Tr´_t_s_ d_nh_ l_ng_ _ n_ q_ _ h_x_ p_d_n _nt_nd_rs_ m_ll´_ns d_ p_rs_ _s _ _nd_ q_ _ _ f_l_n c_n d_st_nt_ _c_nt_ _ _ _scr_b_n d_ f_rm_ d_f_r_nt_ _lg´_ns v_c_bl_s. N_ c_mp_t_ c_mpr_nd´_m_n_s p_b_ _c_ ´_ns d_ G_l_c_ _, P_rt_g_l (c_ _s s´_ _s c_l_n_ _s) _ Br_s_l”. XEROGLÍFICOS Dúas obras de Valentín Paz Andrade

C 500e

A N-e

-n





ALUMNADO 2ยบ PRIMARIA



Os de tres anos somos asĂ­:





Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.