Relatos Coca Cola 2015

Page 1


Relatos polos que foron seleccionados os alumnos que participaron no concurso relato curto de Coca-Cola A casa da Duna “Entraba un raio de sol polos ocos da persiana. Pesáballe o corpo, non se podía mover da cama, pero ese raio de sol animouna a abrir máis a persiana. Fíxoo. Era irónico, o primeiro día de sol do ano sería o mesmo no que non lle apetecía saír da casa. E non ía saír. Non por rebeldía, senón porque estaba moi cansa despois de celebrar a súa festa de cumpreanos a noite pasada, cos seus amigos e familiares... Non lle agradara nunca cumprir anos, nese sentido sempre fora negativa, “cada ano máis é un menos” pensaba ela sempre. O caso e que Duna estaba na súa casa, un sábado pola mañá sen nada que facer. Nin quería. O único que lle apetecía era durmir. Chamouna súa nai por teléfono, foi para dicirlle que non ía volver do do “choio” á hora de sempre, senón que non chegaría ata a noite, díxolle que fora mercar pan e que sacara o lixo. No frigorífico había comida. Ela non tiña ganas ningunhas de saír... Pero non houbo máis remedio , puxo a sudadeira que Lucas lle regalara a noite anterior na súa festa , as súas deportivas e marchou. Dispúñase a saír da casa, pero ... A porta non abría ! Estaba pechada... Na súa propia casa! Non o podía crer, era unha situación metafórica, xa que quedar pechada na casa nun día no que non pretendía abandonala... Era un pouco estraño. Probou outra vez coas mans, coa vasoira, meteu o coitelo grande de cociña pola pechadura da porta, probou de todo... Pero non había maneira... Como había quedar pechada unha porta así, sen mais? botou auga na cara. Seguramente alguén estaba detrás da súa porta, seguramente era unha broma pesada de mal gusto... Fixo. Nunca fora unha rapaza moi querida. Na escola todos lle tiñan ganas. Sería polas súas notas envexables? Ela sempre o pensou. Pero dende cativa aprendera a construír castelos cos ladrillos que lle tiraban. Certo era que tiña baixa autoestima. Comezou a chorar. Sen razón, dende había uns meses sentíase estaña, coma se non fora ela mesma a que estaba no seu corpo... Ficou queda un intre e voltou á cama. Pechou os ollos... Pero non durmiu, espertou, pero non espertou porque quixese, espertárona uns rapaces,era unha festa sorpresa! Todo fora un soño!non quedara pechada fora un pesadelo! E o día do seu cumpreanos acabara de comenzar! estaban todos os seus amigos, Belén, Lucas, Ana, Ramón... FELICIDADES!! Dixeron ao unísono . E Lucas estendeulle un paquete, abriuno e era unha sudadeira fermosa. Soáballe de algo ,como se xa a puxera antes . Sería un soño de verdade? ou non?” Francisco González 2ºESOB


A casa da duna “Era unha casa singular, distinta. Era inevitable pasar por ela e non fixarse, tiña algo máxico, enigmático. Estaba situada nunha duna, nunha praia de Vigo. Non era unha praia moi transitada, pero era unha das máis fermosas. A casa tiña tres plantas, e dende fora semellaba un pazo como se alguén importante vivise alí dentro. Estaba toda feita de pedra e era fría, húmida. Recordo que vivía alí cos meus pais e co meu irmán. A casa era unha herdanza da familia da miña nai. O inverno alí era un inferno, facía moito frío e nunca paraba de chover. Un día deses de inverno, a meu irmán deulle a toleira e ocorréuselle coller a bicicleta para ir á casa de Felipe, o seu mellor amigo. O meu irmán Xurxo era así sempre, cando facía mal tempo sempre se lle daba por saír, e cando facía sol quedaba pechado na súa habitación lendo libros. Aínda o recordo todo, era 9 de outubro de 1998, como xa dixera, meu irmán saíra coa bicicleta. Meu pai xa chegara de traballar, xa era de noite, noite cerrada. Miña nai xa andaba coa mosca detrás da orella, Xurxo tardaba moito, nunca se demorara tanto. Soou o teléfono, collíno. Era a nai de Felipe: -Sí?-dixen. -Ola Sandra. -Ola dona Carmen. -Está aí Felipe?-preguntou preocupada. -Non. dixen asustada-E Xurxo tampouco. -Como que non están?! -Non, Xurxo dixo que ía canda Felipe aí polas 5 da tarde e aínda non volveu. Houbo un silencio. A miña cara de preocupación era evidente. Isto era moi raro neles. -Ben Sandra, pásame con túa nai. Un bico. -Deica logo dona Carmen. Recordo esa conversa coma se fora onte. Pasaron os meses,e os rapaces non apareceron,ninguén soubo nada deles. Meus pais xa non eran os mesmos, ninguén era o mesmo. Todos perdemos a esperanza. O meu irmán xa non ía volver.Despois de todo o sucedido marchamos daquela casa para sempre, sen mirar atrás.Vendémola, a casa da duna sen meu irmán xa non era a mesma, demasiados recordos.Ese sitio xa só pasou a formar unha terrible parte das nosas vidas. Paula Catarino 2ºESOB


Pero que...!! Alí estaba eu, un simple estudante que aprobaba polos pelos, diante da porta da biblioteca. Estaba castigado no recreo por non facer os deberes de matemáticas. Maldito sexas, Manolo! Cando abrín a porta veume un cheiro estraño, como o cheiro que teñen os libros vellos. Antes de entrar pensei que sería un lugar escuro, pequeno e húmido. Pero non, non era así. Estaba moi ben iluminado (parece ser para ler mellor) e era cálida (sería porque estaba posta a calefacción). Tamén era grande, con bastantes estantes con libros, pero non demasiado. Non vin a ninguén, e preguntei: -Bos días, encóntrase aquí o profe de mates Manolo? -Non contestou ninguén. Home, será porque non había ninguén! Din un paseo pola biblioteca, e cando estaba a punto de marchar, chamoume a atención un libro que estaba sobre unha mesa. Aportada estaba en branco, coma a parte de detrás, pero estaba plastificado. Decidín mirar o que era. Cando o abrín, non entendía nada. Era un dicionario. Busquei a palabra árbore, e cando a encontrei, pareceume moi raro o significado. Dicía isto: ``Árbore: ser vivo. Planta.´´ Nunca vira un dicionario tan raro, así que me fun. Ao día seguinte volvín, pero non estaba. Foi así como me fixen voluntario e estou alí todos os días.” Abrahan Novoa 2º ESO A


O dicionario maldito No ano 1299 na universidade de Oxford había un dicionario en branco, cando alguén o tocaba a súa mente nubrábase e empezaba a caerlle as extremidades, ao principio só os dedos pero logo comezáballe a caer os osos e aos poucos minutos morría, o director da universidade decidiu gardalo no soto durante milleiros de anos ata que no ano 2015 un curioso alumno chamado Antonio decidiu tocalo. Antonio tiña algo especial, e era un dos 3 descentes do creador do dicionario entón, xusto cando o ía tocar, apareceu o seu irmán Andrés que lle preguntou que facía, pero Antonio rapidamente tapouno e non lle dixo nada. Pola noite dirixiuse ao soto da universidade pero esta vez non estaba o dicionario, se non unha chave cunha folla do dicionario, na folla dicía que quen tocase o dicionario se convertería nun ser completamente escuro e que arrasaría todos os planetas da galaxia. Antonio ao tocar a chave iluminouse e moveuse ata a parede detrás da parede encontrou unha armadura de cabaleiro, de súpeto, apareceu o fantasma do seu tataravó,o creador do dicionario, díxolle que el era o elixido para romper todas as as maldicións do dicionario (entre elas as dos demais elixidos) a única maneira que había para derrotar ao dicionario era cravándolle a espada bendita do arcanxo Xavier que se localizaba nun pequeno aldea chamada Ponteareas. Pola mañá dirixiuse ao lugar, pero o dicionario tamén se dirixía para acabar con Antonio antes de que collera a espada. Cando chegou a Ponteareas a armadura que tiña gardada na maleta comezou a brillar e canto máis se acercaba a igrexa máis brillaba, entón entrou, dirixiuse a campá e a armadura brillou tanto que era unha autentica estrela; comezou a moverse cara ao corpo de Antonio e incrustóuselle no pé, Antonio decidiu por a man na campa pero de súpeto apareceu o dicionario destruíndo todo menos a igrexa. Antonio seguía coa man na campá e de súpeto transformeuse na espada que rapidamente empuñou. Antonio saltou cara ao dicionario e atravesouno deixando todo o lugar como estaba. Tras iso a armadura e a espada desapareceron e Antonio despertou na súa cama pensando que todo foro un soño pero el sabía que non fora. Javier Veiga 2ºESOA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.