Artigo 'ikigai'

Page 1

CPI VIRXE DA SALETA DPTO DE ORIENTACIÓN

'​Ikigai​': a filosofía de vida dos xaponeses que chegan aos 100 anos Con facerse estas catro sinxelas preguntas pode empezar a practicala.

Sabemos, porque o refrendou a OMS, que Xapón é o país no que a xente vive máis anos (83,7 de media, entre homes e mulleres). En xeral, a lonxevidade nipoa relacionouse coa dieta, como proban algúns estudos. Agora ben, parece que os xaponeses non só son campións na arte de vivir moito tempo, senón tamén mestres en ter ganas de vivir. É o que esconde un concepto denominado ​ikigai​, que podería traducirse como “razón de ser”.

A idea destapárona dous españois, Héctor García e Francesc Miralles, e divulgárona no libro ​Ikigai: os segredos de Xapón para unha vida longa e feliz​, publicado en 2016 e

vendido en 30 países. Héctor García, enxeñeiro valenciano, vive en Xapón desde hai 12 anos; o seu amigo Miralles, xornalista barcelonés, vai visitalo a miúdo. Xuntos decidiron viaxar ao pobo de Okinawa que concentra a maior poboación de centenarios do mundo. Entrevistaron a moitos deles, e cando lles preguntaban por que tiñan tantas ganas de vivir a palabra que pronunciaban era ​ikigai.​

“Todos tiñan un ikigai, unha motivación vital, unha misión, algo que lles daba forzas para levantarse da cama polas mañás”, di Francesc Miralles. Tras o éxito de libro, o concepto de ikigai sumouse a outras correntes de benestar máis ou menos exóticas e ultimamente de moda, como o ​hygge danés ou o fika sueco. Miralles e García acaban de publicar un segundo libro cun enfoque máis práctico,​ O método ikigai​. Identificar o que facemos ben e nos apaixona

O obxectivo último do ​ikigai non é a felicidade. De feito, Xapón está no posto 51 dos

países máis felices do mundo segundo o ​World happiness report ​2017 auspiciado por

Nacións Unidas. “O obxectivo é identificar aquilo no que es bo, que che dá pracer realizalo e que, ademais, sabes que achega algo ao mundo. Cando o levas a cabo, tes


CPI VIRXE DA SALETA DPTO DE ORIENTACIÓN

máis autoestima, porque sentes que a túa presenza no mundo está xustificada. A felicidade sería a consecuencia”, di Miralles. Os psicólogos explican así por que o feito de identificar o noso papel na vida “no canto de andar sen rumbo ou saltando dunha actividade equivocada a outra” pode axudarnos a sentirnos mellor con nós mesmos: “Se somos capaces de atopar o noso rol, todo será máis fácil e pracenteiro. Sinxelo, porque exercitaremos as nosas capacidades máis afinadas; pracenteiro, porque nos divertiremos facéndoo”, sinala José Elías Fernández, membro do Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid e director do Centro Joselias (Madrid). Pero todos temos un ​ikigai? ​ Hai persoas que senten que non posúen habilidades

especiais nin obxectivos que cumprir. “Iso é unha crenza equivocada”, di Miralles. “Por iso é importante mirar atrás e tratar de lembrar que cousas facías ben cando eras neno. Todos os nenos teñen un don natural: uns para o debuxo, outros para a música, o baile, o deporte”. O que ocorre é que estes talentos, cando chega a idade adulta, tápanse e é cando un se pregunta: “Que fixen coa miña vida?”. Catro preguntas para situarnos no mundo Poñamos os pés no chan. Sumidos no vórtice do día a día, detectar os nosos puntos fortes non sempre é sinxelo. Para saber cal é o noso ikigai​, Francesc Miralles aconsella, como punto de partida, responder catro preguntas:

- Cal é o meu elemento? “Hai persoas que se senten cómodas facendo cousas soas, e outras ás que lles estresa estar en grupo”, expón o experto. “O seu ​ikigai non poderá ser ensinar, nin dar conferencias, senón unha actividade máis recollida”.

- Con que actividades pásaseme o tempo voando? É outro indicador de que se trata dunha paixón por desenvolver, asegura. - Que che resulta fácil facer? “Hai xente que ten facilidade para poñer orde en documentos, ou comprender diferentes puntos de vista?”, exemplifica. - Que che gustaba cando eras neno? “Poderemos saber se o noso ​ikigai está en actividades artísticas, intelectuais, de axuda aos demais, de pensamento científico, etc.”.

O seguinte paso, unha vez identificado, sería desenvolvelo. Para iso, habería que trazarse un plan e obrigarnos a seguilo. “Por exemplo, se unha persoa está a aprender un idioma con 60 anos, cada día terá que aprender unha palabra nova e repasar a do día anterior. Para un novelista incipiente, será escribir unha páxina ao día”, di Miralles. Cando o obxectivo supón un cambio radical, “tes que reformular a túa vida a todos os niveis: economicamente, se poderás seguir vivindo no lugar onde vives, se as persoas que che acompañan son as axeitadas…”, engade. Extracto do artigo publicado o 3 de novembro en El País, por Miguel Ángel Bargueño.


CPI VIRXE DA SALETA DPTO DE ORIENTACIÓN

ACTIVIDADE​: ● Resposta ás 4 preguntas formuladas no artigo (lembra que non tes por que cinguirte a actividades do colexio). ¿Cal é o meu elemento?

¿Con que actividades se me pasa o tempo voando?

¿Que che resulta sinxelo facer?

¿Que che gustaba cando eras un cativo/a?

Resultouche sinxela a tarefa? Proba a pedirlle a un familiar ou a alguén que te coñeza ben que resposte por ti ás preguntas e, quizais, descubras cousas sobre ti que non sabías.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.