Texto 8 cine

Page 1

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

Rosiña films presenta

PROFESIÓNS DE CINE (Parte III) AMBIENTACIÓN E EFECTOS ESPECIAIS: -Infógrafo/Grafista por ordenador. Introduce efectos especiais a través do ordenador (realidade virtual). -Maquetista. Reproduce a escala partes do decorado que despois se incluirán nas imaxes grazas a un fenómeno óptico. -Profesionais de efectos especiais. Simulan ambientes non reais.

-FIGURINISTA. Deseña o vestiario de actores e actrices, e traballa conxuntamente co equipo de maquillaxe e peiteadores/as.

Deseños realizados para a película de Harry Potter, soldado romano e Juana la Loca.

-MODISTA/XASTRE. Encárgase de confeccionar o vestiario deseñado polos/as figurinistas.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.