Texto 10 deportes olímpicos 5

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” DEPORTES OLÍMPICOS (V) Péntatlon O péntatlon orixinal, con probas de carreira, salto de lonxitude, lanzamento de xavelina, lanzamento de disco e loita, coma a cúspide dos Xogos Olímpicos. O vencedor era chamado “Victor Ludorum” (vencedor dos xogos). O Barón de Coubertin reintroduciunos nos Xogos Olímpicos modernos. As probas que reúne desde entón son: tiro con pistola, esgrima, natación, equitación e carreira. Ata 1980 as probas realizábanse en cinco días, pero actualmente teñen lugar nunha única xornada.

Piragüismo É un deporte acuático que se practica sobre unha embarcación lixeira, propulsada por unha, dúas ou catro persoas mediante unha pala ou remo. As principais embarcacións utilizadas son o “kayak” propulsado por pala de 2 follas (identifícanse coa letra K) e a canoa propulsada por unha pala dunha folla (identifícanse coa letra C). Nos Xogos Olímpicos hai dúas disciplinas deste deporte: 1-”Canotaje” de Velocidade. Dispútase en augas tranquilas, en carrís limitados por boias en liña recta, con 1000, 500 e 200 m. de extensión. O obxectivo é terminar un deses percorridos no menor tempo posible. 2-”Canotaje” Eslalon. As embarcacións son máis pequenas e lixeiras que as de velocidade. Xurdiu en Suíza, inspirado na proba de mesmo nome do esquí, só que en vez de neve, aquí o escenario é un río de augas turbulentas e hai que remar a favor e a contracorrente.

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016”

Remo Este deporte está presente nos Xogos desde a primeira edición da Era Moderna, sen embargo, en Atenas tiveron que ser canceladas as competicións en augas abertas debido ao mal tempo. Hai barcos para un, dous, catro ou oito remeiros, que poden utilizar un ou dous remos. As embarcacións con oito remeiros tamén contan cun temón, responsable por conducir o barco e comandar a tripulación. O obxectivo é sinxelo: completar un percorrido de 2000 m. en liña recta, chamada carril, no tempo máis corto posible. Rugby Deporte no que participan dous equipos de quince xogadores cada un, en que se utilizan as mans, ou en determinadas xogadas o pé, para levar un balón de forma oval máis alá da liña de gol e depositalo no chan ou lanzalo por riba da barra transversal da portaría, vencendo a oposición do equipo contrario. A orixe do rugby está directamente ligada á do fútbol. Aínda que formou parte do programa das Olimpíadas en 1900, foi retirado como deporte olímpico ata a próxima edición de Río de Janeiro, noventa e dous anos despois! Taekwondo Arte marcial orixinaria de Corea, taekwondo quere dicir “camiño do pé e da man”. A súa estrea como Xogo Olímpico foi en Sídney (2000). Os combates divídense en tres períodos de dous minutos cada un, cun minuto de descanso entre eles. O obxectivo é golpear o tronco do adversario cos puños e pés nas rexións protexidas (cabeza e tronco) con cores vermella e azul. Xunto co judo, son as dúas artes marciais incluídas nos Xogos Olímpicos. BIBLIOGRAFÍA:

-“Enciclopedia de los deportes”, Ed. sm. -http://www.rio2016.com/es/losjuegos/deportes/olimpicos

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.