Texto 7 deportes olímpicos 2

Page 1

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” DEPORTES OLÍMPICOS (II) Ciclismo Deporte en que se utiliza unha bicicleta para recorrer circuítos ao aire libre ou en pista cuberta. O ciclismo engloba diferentes especialidades, catro das cales son olímpicas. 1-Ciclismo de ruta Unha das disciplinas máis antigas do ciclismo. Disputouse por primeira vez nos Xogos Olímpicos de 1896, aínda que nas tres convocatorias seguintes non se incluíu. Sen embargo, en Europa popularizouse moito, e países coma España, Italia, Suiza, Holanda ou Alemaña destacan polos seus ciclistas profesionais. As bicicletas de ruta son máis lixeiras e poden contar con ata 20 marchas. Nunha das probas vence o primeiro que remate o percorrido (250 km. para homes e 140 para mulleres), pero tamén hai probas contra o reloxo. 2-Ciclismo de montaña Esta disciplina ingresou no programa olímpico no ano 1996 (Atlanta), na que homes e mulleres compiten nesta proba, nun terreo con subidas, baixadas e pistas de terra. Ao igual que o ciclismo de ruta, tamén se celebra ao aire libre, pero as bicicletas de montaña son diferentes: os neumáticos son máis anchos, teñen suspensión traseira e dianteira, e o seu material é moito máis resistente. Esta proba ten unha duración máxima (entre 1 hora e media e 1 hora e corenta e cinco minutos).

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “OLERPÍADAS 2015-2016” 3-Ciclismo de pista Caracterízase por disputarse nun velódromo e con bicicletas de pista, que son bicicletas deseñadas para acadar a máxima velocidade posible (non teñen marchas, nen freos). Nesta disciplina hai varias probas: velocidade, velocidade por equipos, keirin, persecución por equipos e ómnium. As mulleres comezaron a participar nesta proba de velocidade en 1988, nas Olimpíadas de Seúl. 4-Ciclismo BMX É a disciplina máis recente nos Xogos Olímpicos (en Pekín, 2008). Xurdiu a finais de 1960, en California, cando nenos e adolescentes construíron pistas en patios e terreos cheos de ramplas e obstáculos inspirados nos circuítos de motocrós. Equitación É a práctica de montar a cabalo. É unha especialidade dentro dos deportes ecuestres, na que se avalía tanto ao xinete coma ao cabalo. As disciplinas que forman parte dos Xogos Olímpicos son tres: 1-Salto Ecuestre. O obxectivo é completar un percorrido con 8 a 12 obstáculos (barras paralelas, fosos, pequenos muros), no menor tempo posible. 2-Adestramento Ecuestre. Provén da Grecia Antiga. O obxectivo é avaliar o control do xinete sobre o cabalo, a compenetración entre ambos. Existen probas individuais e en equipos, que se denominan “Grand Prix”. 3-Concurso Completo Ecuestre. É a disciplina máis esixente deste deporte. Tamén individual ou en equipo, reúne probas de Adestramento, Campo Aberto (saltar obstáculos ao aire libre nun tempo limitado) e Saltos (facer un percorrido de 11 a 13 obstáculos, de 1,25 m. de altura). BIBLIOGRAFÍA: -“Enciclopedia de los deportes”, Ed. sm. http://www.rio2016.com/es/ losjuegos/deportes/olimpicos

Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Víctor Sáenz Curso 2015-16


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.