Texto 14 cine

Page 1

BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN!!!

Rosiña films presenta PRECURSORES DO CINE TAUMÁTROPO Do grego “tauma” (portento) e “tropo” (xiro) O “taumátropo”, tamén chamado “marabilla xiratoria”, é un xoguete que reproduce o movemento mediante dúas imaxes, inventado en 1824. Consiste nun disco con dúas imaxes diferentes en ambos lados e un cachiño de corda ou goma nos seus extremos, que ao retorcela e estirala fai xirar o disco a toda velocidade. Ese rápido xiro crea no espectador a ilusión óptica de que ambas imaxes están xuntas.

Foi moi popular na Inglaterra victoriana, e en moitas ocasións incluían pequenos versos acompañando ás imaxes.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

FENAQUISTISCOPIO (”Espectador ilusorio”) O “fenaquistiscopio” foi inventado polo belga Joseph Plauteau en 1832. Consiste nun disco de imaxes que presentaban certa progresión de movemento e un disco con rañuras que el denominou “ventás”. Cando os dous discos xiraban á vez á velocidade adecuada e alguén observaba as imaxes a través as ventás tal coma ían pasando ante os seus ollos, tiña a impresión de que se movía. Pouco despois da súa invención, Plateau descubriu que o número de imaxes para lograr unha ilusión de movemento óptimo era dezaséis, o que con posterioridade aplicarían os primeiros cineastas usando dezaséis fotogramas por segundo para as primeiras películas.

C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - Curso 2014-15


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.