Pregón día da biblioteca

Page 1

DÍA DA BIBLIOTECA 24 de OUTUBRO de 2015


PREGÓN «Con motivo do Día de la Biblioteca, quero compartir con vós un segredo: o Coello Branco case sempre ten présa. Quizá algúns pensedes que esto non ten moito que ver coas bibliotecas e que, ademais, como segredo, deixa bastante que desexar. Alicia no País das Marabillas publicouse hai 150 anos, e desde entón os lectores de todo o mundo souberon que o Coello chega tarde, demasiado tarde, e polo tanto ten présa. Recoñeceredes, iso si, que non é un coello calquera. Que saibamos, este é o único coello que usa chaleco e reloxo de peto, o cual plantexa unha incógnita: se ten reloxo, por que sempre chega tarde? Quen é culpable da tardanza? O coello ou o seu reloxo? Os expertos non se puxeron de acordo sobre este punto, que provocou graves discusións entre veterinarios e reloxeiros. E se se alude ao chaleco, aínda é peor. So hai unha cosa máis perigosa que unha discusión entre un veterinario e un reloxeiro, e é unha discusión entre un veterinario, un reloxeiro e un xastre. É mencionar o asunto e desenváinanse todo tipo de agullas (hipodérmicas, de coser e de reloxo). Así que mellor volvamos ao segredo. O Coello Branco case sempre ten présa. Corre porque ten medo de que a Duquesa e, sobre todo, a Raíña de Corazóns ordenen que lle corten a cabeza. Pero vós, que aínda conservades a vosa, concentrádevos nese case. É a clave, o segredo mellor gardado do País das Marabillas.


Case sempre. Cando non ten présa o Coello Branco? Só cando visita un pequeno edificio escondido tras as árbores do bosque: a biblioteca. O coello tómase o seu tempo para meter o fociño entre as repletas baldas.Ten un libro en mente pero, cando se achega para collelo, non pode evitar fixarse no tomo que o precede, e no de máis alá (e, como xa sabedes, nunha biblioteca, o libro de máis alá é ao mesmo tempo o libro de máis acá doutro libro que está ao seu carón…). Demasiadas opcións. Leva tempo elixir un libro. O Coello sabe que se atopa no fogar da lectura, e a lectura é un pracer que se desfruta sen présa. Aínda que ninguén mencionara antes esta biblioteca segreda, non o dubidedes, hai unha nese extraño mundo que visitou Alicia. Non pode ser doutra maneira. Pois a pesar de contar co Sombreireiro Tolo, o Gato de Cheshire e a Eiruga Azul, a pesar de todos os animais fantásticos e as extraordinarias cousas que alí suceden, todo iso non é suficiente para gañarse o Nome que ese mundo ten. Un lugar nunca podería chamarse País das Marabillas se entre as súas marabillas non se contara unha biblioteca».

Autor: DIEGO ARBOLEDA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.