As Meigas

Page 1

BIBLIOGRAFIA: ? Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., diccionario dos seres mテュticos galegos; Ediciテウn Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Pequena Mitoloxia de galicia; Ediciテウn Xerais, Vigo 2001.

EQUIPO DE BIBLIOTECA

C.E.I.P. VICTOR Sテ・NZ

Meigas e Bruxas


Son mulleres que gozan de poderes e coñecen receitas para causar dano. Unha muller pode ser bruxa se fai directamente pauto co demo a tal fin, se herda doutra colega a vasoura máxica ou o cacharro onde garda o cacho, ou cando sexa a sétima ou novena filla da mesma nai sen varon interposto. Secan as colleitas, enferman o gando, botan o mal de ollo, causan pragas de piollos ou fan que as vacas dean sangue en vez de leite. Para facer estas e outras maldades poden transformarse en curuxas, gatos, arañas, burras, moscas... Para voar aos aquelarres, as meigas úntanse a media noite cun ungüento chamado cacho feito con graxa de porco, rabo de lagarta, ósos de defunto e unto de sapo. Despois saen pola cheminea ou por unha fiestra, montadas na súa vasoira voadora; para non trabucarse de camiño, van recitando: “Por riba das silveiras e por baixo das carballeiras”. Os aquelarres teñen lugar normalmente nas noites dos sábados. Hai varios procedementos para descubrir a unha bruxa. Os cregos cando rematan a misa deixan o misal aberto pola páxina dos santos. As bruxas que están na igrexa quedan paralizadas e non poden saír.

Lendas Unha veciña de Palas de Rei notou que as súas vacas empezaban a esmirrar, que estaban tristes e en vez de leite daban sangue, Non sabía cal era o mal que tiñan e as vacas cada daía ía a peor. Decidiu conxultalo cunha botadora de cartas de Lalín, que lle dixo que as vacas estaban enmeigadas por unha bruxa. Mandoulle ter sempre unha pota con auga fervendo, pois cando entrase na casa a persoa culpable, a pota íase revirar. E así foi. Entrou na casa unha veciña súa, que a visitaba con frecuencia, pois vivía case ao lado, e a pota deu un brinco, púxose co de riba para abaixo e derramou a auga no lume. A boa muller non dixo nada, pero, en canto tivo ocasión, rouboulle do tendal unha camisa á bruxa e púxoa a ferver na pota. Ao pouco apareceu a veciña queixándose coa dor e prometendo desfacer o mal que fixera. As vacas sanaron e a bruxa non volveu pola casa.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.