programación da formación de usuarios do CEIP VICTOR SAENZ

Page 1

PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”

1

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”

EDUCACIÓN INFANTIL OBXECTIVOS Os alumnos e alumnas deberán ser capaces de: 1. Recoñecer a biblioteca como un espazo diferente ao do resto das dependencias do colexio. a) Descubrir os materiais que forman parte dunha biblioteca: libros de literatura infantil, enciclopedias, dicionarios, revistas, discos, vídeos, etc. b) Recoñecer os documentos que poden aparecer na biblioteca a partir das súas características esenciais: impresos, electrónicos, audiovisuais.

2. Coñecer as normas de comportamento básicas da biblioteca: silencio, orde e limpeza/hixiene/coidado. a) Manipular correctamente os materiais.

3. Desenvolver o gusto pola lectura. a) Coñecer as actividades que se poden desenvolver nunha biblioteca: ler, contar contos, ver libros, escoitar música, ver unha película ou un documental... b) Escoitar contos c) Participar nas actividades de animación á lectura que se desenvolvan na biblioteca.

4. Considerar a biblioteca como unha fonte de información.

5. Crear a necesidade de consulta de información nos rapaces.

6. Familiarizarse co sistema de ordenación dos materiais dunha biblioteca.

2

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” a) Distinguir entre libros de ficción e libros de información e a súa localización na biblioteca b) Localizar na biblioteca do centro os libros para Prelectores (baldas azuis) e Primeiros Lectores (baldas azuis) . c) Colocar correctamente os libros nos estantes (co lombo para fora).

7. Coñecer a portada e o lomo dos libros

8. Diferenciar entre autor e título

CONTIDOS 1. Sinalización da biblioteca escolar. 2. Normas de uso da biblioteca. 3. Clasificación dos libros adaptados á súa idade (Prelectores e Primeiros Lectores). 4. Escoita atenta dun conto 5. Libros de ficción e libros de información. 6. Portada e lomo dos libros 7. Autor e título dos libros. 8. Valoración da lectura como fonte de información e diversión.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 1. Ser quen de recoñecer os libros da súa idade e a súa localización na biblioteca. 2. Ser quen de comprender e utilizar clasificación dos libros da súa idade. 3. Empregar de forma autónoma os servizos de empréstito 4. Saber recoñecer os libros de información e distinguilos dos de ficción. 5. Distinguir nun libro a portada e o lombo. 6. Distinguir nun libro entre autor e título.

3

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”

ACTIVIDADES Establecerase un horario semanal fixo para acudir a biblioteca e participarase en todas as actividades organizadas dende a biblioteca que estean adaptadas á súa idade. 1. Recoñecer a biblioteca. - Que é unha biblioteca? Amosaráselles diferentes fotografías/debuxos de distintas dependencias do colexio. Preguntaráselle ao alumnado cal corresponde á biblioteca. A partir de entón, establecerase un diálogo co que trataremos de extraer as ideas previas que teñen os rapaces sobre: que bibliotecas coñecen, que hai nelas, para que serven, como se ordenan os libros, para que serven os libros… -Presentación da nosa biblioteca. Visitaremos a biblioteca do cole. Deixaráselles explorala indicándolles en que deben fixarse: nos distintos espazos da biblioteca, as cores dos estantes, carteis, a margarida da CDU, a decoración… Explicaráselles cales son as normas de comportamento básicas da biblioteca. Se lles indicará cales son os estantes onde están colocados os libros axeitados para eles (baldas azuis para Prelectores e baldas vermellas para Primeiros Lectores

2. Comportamento e coidado dos libros. -Darémoslles varios debuxos para que coloreen aqueles nos que a mascota da nosa biblioteca se está comportando correctamente. Nos debuxos aparece Rosiña comendo, Rosiña xogando cun balón, Rosiña berrando... Pero tamén lendo un libro correctamente, colocando as cousas no seu lugar, etc. -Explicaráselles cómo temos que tratar os libros: pasar as páxinas con coidado, non manchalos, non rompelos...En material impreso plasmaremos debuxos ou viñetas que fagan alusión ao coidado do material co que contamos. Identificarán e colorearán aquelas nas que se recoñece o bo coidado do material.

4

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” 3. Actividades en torno aos contos: -Lerémolles contos no recuncho dos contos da biblioteca. Unhas veces escolleremos os profes os contos e outras serán eles os que elixan. A partir de aí, poderemos plantexar diferentes actividades: volver a contalos entre todos e buscarlles outro desenlace, ordear un conto coñecido a partir das súas imaxes, inventar contos a partir de imaxes, dramatizar os contos…

4. Actividades en torno á organización dos fondos: -Debate: Preguntarémoslles aos rapaces se saben como buscar na biblioteca un libro sobre un tema concreto? O obxectivo é que cheguen a conclusión de que é necesario que organizar os espazos e os materiais. -Portada e lombo dos libros: Explicarémoslles o que é a portada e o lombo do libro. Farémoslles ver que aínda que na biblioteca da súa aula os libros se colocan ca portada visible na biblioteca a case todos os libros tan só se lles ve o lombo cando están colocados nas baldas. Darémoslles libros da súa sección para que os coloque nas baldas correctamente (lombo para fóra, con coidado para que non se dobren as tapas ou as follas...) -Título e autor dun libro: Explicaráselles aos alumnos a diferenza entre o título e o autor do libro. Logo buscaremos nas portadas dos contos cales son os títulos e cales os autores guiándonos un pouco polo tamaño das letras. O profesor/a irá lendo en voz alta títulos e autores de libros e eles terán que dicir de qué se trata, se dun título ou un autor. Despois inventarán títulos para distintos contos que lles lerá o mestre/a. Seguidamente cubrirán unha ficha na que terán que subliñar de vermello o título do libro e de azul o nome do autor. (Ficha coa fotocopia de portadas de distintos libros) -Empréstito: Practicaremos o sistema de empréstito co alumnado. De momento na nosa biblioteca o empréstito é manual pois aínda non está toda catalogada. Do que se 5

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” trata é de que os rapaces saiban que se queren coller un libro, poden facelo na hora de biblioteca da súa titoría ou no recreo da mañá. Poderán escollelo eles mesmos nas seccións que xa coñecen (azul e vermella no caso dos libros de ficción) e logo deberán ir a onde o mestre/a que estea de garda na biblioteca para que llo anote no libro de rexistro. Tamén deben acudir ao mestre/a para a súa devolución. Non é preciso que eles coloquen os libros que devolven. Diso xa se ocuparán os mestres ou os alumnos colaboradores da biblioteca. - Marcaposicións Ensinaráselles aos rapaces como usar os marcaposicións confeccionados para cada alumno e que teñen a función de manter a orde dos fondos da biblioteca. Cada neno conta cun marcaposicións que estará á súa disposición na biblioteca e que leva a súa fotografía. Cando collan un libro nas baldas deixarán o seu marcaposicións no seu lugar e cando queiran devolvelo tan só teñen que buscar o seu marcaposicións e colocar no seu lugar o libro que colleran. -Clasificamos libros Organizaremos o grupo en equipos de 3. Entregarémoslles a cada equipo media ducia libros tres de información e tres de ficción. Deixaremos que os examinen e que falen sobre eles. Despois pedímoslles que os clasifiquen en dúas categorías: os que contan historias e os que falan da realidade. Deben chegar a un acordo na clasificación e facer dous montóns. -Nós tamén somos escritores e escribimos un conto para a biblioteca. O grupo-aula inventará un conto colectivo que escribirá ca axuda do mestre/a e que logo ilustrarán entre todos. Deseñarán a portada co titulo e os autores. Entregarase á biblioteca para que o catalogue e logo pase a formar parte dos seus fondos. - Nós tamén somos escritores e escribimos un libro de información para a biblioteca. O grupo-aula escribirá un libro informativo moi sinxelo que escribirá ca axuda do mestre/a e que logo ilustrarán entre todos. Deseñarán a portada co titulo e os autores. Entregarase á biblioteca para que o catalogue e logo pase a formar parte dos seus fondos. 6

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”

1º CICLO DE PRIMARIA OBXECTIVOS Os alumnos e alumnas deberán ser capaces de: 1. Entender a biblioteca como centro de recursos do colexio e como servizo para toda a comunidade. a) Coñecer o espazo da biblioteca e as distintas seccións. b) Coñecer as funcións da biblioteca e os seus servizos: consulta, sala de lectura, préstamo... c) Coñecer e saber utilizar o servizo de préstamo.

2. Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter nunha biblioteca. a) Respectar as normas establecidas na biblioteca, b) Respecta e coidar os materiais. c) Coñecer as normas de utilización da sala de lectura, onde colocar os libros que se len (utilización dos “marcaposicións”)

3. Adquirir o hábito de uso da biblioteca como recurso para a información e o ocio. a) Diferenciar entre documentos de información e os de ficción. Observar o diferente tratamento temático nuns e outros. b) Coñecer o lugar no que están ubicados dentro da biblioteca os fondos de consulta e os de ficción.

4. Buscar e localizar información dentro da biblioteca. a) Localizar na biblioteca do centro os libros para Prelectores (baldas azuis), Primeiros Lectores (baldas azuis) e Lectores Autónomos (baldas verdes) e coñecer o seu sistema de organización.

7

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” b) Comprender e utiliza-lo sistema de clasificación e organización da colección empregando a margarida da CDU e baseándonos nas súas cores e pictogramas. c) Colocar correctamente os libros nos estantes d) Coñecer a existencia de catálogos e a súa función. e) Coñecer o concepto de sinatura como sistema para localizar documentos. 5. Coñecer e utilizar axeitadamente os documentos. a) Recoñecer as partes físicas dun libro: cuberta, lombo, portada e contraportada b) Recoñecer os elementos que identifican os documentos: autor, título, editorial, ilustrador c) Diferenciar as funcións de autor e ilustrador. d) Establecer relacións entre as imaxes e a información entender as imaxes como fontes de información.

CONTIDOS 1. Distribución do material dentro da biblioteca do centro. 2. As normas da biblioteca. 3. Servizos da biblioteca: préstamo, sala de lectura. 4. Libros de información e de ficción. 5. A CDU: cores e pictogramas. 6. Os catálogos. 7. Elementos identificativos dun libro: autor, ilustrador, editorial 8. Partes físicas dun libro. 9. Imaxes e textos: descrición e asociación. 10. A biblioteca como centro de recursos, lugar de información e ocio: valoración, respecto e coidado da mesma.

8

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”

CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 1. Identifica os diferentes espazos da biblioteca e os servizos que ofrece. 2. Respecta as normas de comportamento e uso establecidas para a biblioteca. 3. Emprega de forma autónoma os servizos de empréstito 4. Emprega de forma autónoma os marcaposicións. 5. Recoñece os libros de información e distinguilos dos de ficción. 6. Recoñece os fondos para prelectores, primeiros lectores e lectores autónomos e a súa localización na biblioteca. 7. Busca un libro concreto no estante de primeiros lectores mirando a etiqueta. 8. Localiza as baldas onde atopar libros de animais, plantas, medios de transporte, atlas, dicionarios, deportes, manualidades, fotografía, corpo humano,… apoiándose nas cores e pictogramas das CDU. 9. Distingue nun libro a cuberta, lombo, portada e contraportada 10. Identifica nun libro: o título, autor, ilustrador e editorial.

ACTIVIDADES Establecerase un horario semanal fixo para acudir a biblioteca e participarase en todas as actividades organizadas dende a biblioteca que estean adaptadas á súa idade.

1. Entender a biblioteca como centro de recursos do colexio e como servizo para toda a comunidade. -Visitar a biblioteca do centro e dicir todo o que sabemos sobre ela: que hai na biblioteca, para que imos a unha biblioteca, onde se atopan os libros para os máis pequenos, por que hai estanterías e/ou etiquetas de distintas cores...

-Comentar en grupo que cousas podemos facer na biblioteca: ler, consultar libros sobre temas determinados, levar libros en servizo de préstamo, etc.

9

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” -Explicarlles que persoas poden ir á biblioteca do noso centro: ademais dos mestres e todo o alumnado, a biblioteca tamén está aberta ao resto das persoas que forman parte da comunidade educativa (mestres/as, nais, pais, persoal non docente...)

-Práctica de bibliotecario/a: Nas distintas sesións dedicadas á formación de usuarios o alumando organizarase por quendas para interpretar o papel de bibliotecario/a. Trátase de que entendan como funciona este servizo e de que sexan observadores e coidadosos co material, xa que ademais de apuntar a data de entrega e devolución, o libro ten que ser revisado para asegurarnos de que a persoa que o levou o devolve nas mesmas condicións. Falaremos así da importancia de coidar o material.

2. Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter nunha biblioteca. -Que é o marcaposicións e para que serve. Sinalar a importancia da súa utilización para que a biblioteca estea ordenada.

-Normas da biblioteca (pódese empregar o material de Infantil, xa que o alumnado do 1º ciclo é a primeira vez que asiste a sesións de formación de usuarios da biblioteca).

3. Adquirir o hábito de uso da biblioteca como recurso para a información e o ocio. -Os carteis. Explicación do que significan os rótulos da biblioteca “Libros de ficción” e “Libros de Consulta”. -Colocar diferentes libros no seu lugar correspondente tendo en conta os dous grandes grupos anteriores. -Elixir un tema e observar como un libro de ficción e un libro de consulta tratan ese tema de xeito diferente. Que conclusións sacamos? Por exemplo, un conto sobre animais e un libro informativo sobre o mesmo tema. 10

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”

4. Buscar e localizar información dentro da biblioteca. -Explicarlles onde se atopan os libros dos máis pequenos, e como se colocan.

Darlles

algúns

para

que

os

poñan

eles

mesmos

no

estante

correspondente. -Preguntarlles de onde collen eles os libros. A maioría faino no estante vermello, que é onde se colocan os libros de ficción dos “primeiros lectores”. Explicarémoslles como están organizados e mandarémoslles coller algúns dos que xa están catalogados. -Presentar a margarida da CDU: explicarlles a necesidade de organización dos fondos e o sistema da CDU; que é e para que serve. Faremos especial fincapé nas cores e nos pictogramas. Empregaremos a nomenclatura máis sinxela e adaptada que xa se amosa nas etiquetas para que o alumnado comprenda correctamente as distintas seccións. ( Por exemplo, a sección número 1 corresponde a “Filosofía. Psicoloxía. Ética”. Nós empregaremos unha nomenclatura máis axeitada ao vocabulario dos rapaces de 1º ciclo: “1. Pensar e coñecerse”. A continuación cada alumno collerá unha tarxeta. Nela indicarase o tipo de libro que precisa buscar (por exemplo, libros sobre medios de transporte). Irá á CDU e dirá onde están os libros sinalados. Buscaraos na biblioteca. Á inversa, cada alumno terá un libro que deberá colocar no seu lugar correspondente, fixándose na CDU. Ao principio empregaremos temas sinxelos moi relacionados cos contidos traballados na aula e dos que na roda da CDU, facilitándolles así a busca. -Observar as etiquetas deses libros, e ver a diferenzas con outros. Explicarlles que é o que aparece na etiquetas. Despois, faremos unha proba: cada alumno ten os datos dun libro (autor, título, idioma) co que confeccionará unha etiqueta a man (con folios de cores). Despois, diremos onde colocariamos ese libro no estante. -Ensinarlles a buscar un libro xa catalogado no catálogo Meiga polo título.

5. Coñecer e utilizar axeitadamente os documentos. 11

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” -Describir un libro fisicamente, empregando o vocabulario axeitado: que é a cuberta, cal é o lombo, cal a portada e contraportada, que son as páxinas, que é e para que serve o índice. Fixarse moito nas cousas que aparecen en cada unha desas partes. Practicaremos en grupos pequenos, e cando teñan certa autonomía cada alumno cubrirá unha ficha onde aparecen todas esas partes que deberán nomear. -Que identifica aos libros e outros documentos?; por que son diferentes uns doutros? Que observen libros e textos diferentes. A través deles, como se titula, quen é o autor, o ilustrador e a editorial. Practicaremos en parellas, con libros nos que esta información sexa ben visible, aínda que despois poidamos explicarlles (con exemplos) que hai libros que teñen algúns datos no seu interior. -Fixarse nun libro no que apareza na portada o nome do autor e do ilustrador. Preguntar se coñecen en que consiste cada unha desas funcións. Explicalas en gran grupo e xogar a ser esas dúas profesións: unha actividade consistirá en entregarlles a todos as mesmas ilustracións, e terán que ser os autores da historia que alí se imaxinen. Observar ao final a diversidade de historias que poden xurdir (se fora o caso). A outra actividade consistirá en ilustrar un mesmo texto para todos. Igualmente, ver os resultados de todos. -Elixir un libro e fixarse nas súas ilustracións. En grupos, expoñerán as opinións que poidan ter sobre as imaxes que aparecen nun libro. Despois comprobamos entre todos se acertamos ou non. Para esta actividade empregaranse imaxes que sexan moi fieis ao texto e outras que “despisten” un pouco máis, co fin de decatarse da importancia que ten ler (as imaxes e os textos). -Nós tamén somos escritores e escribimos un conto para a biblioteca. O grupo-aula inventará un conto colectivo que escribirá ca axuda do mestre/a e que logo ilustrarán entre todos. Deseñarán a portada co titulo e os autores. Entregarase á biblioteca para que o catalogue e logo pase a formar parte dos seus fondos. - Nós tamén somos escritores e escribimos un libro de información para a biblioteca. 12

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” O grupo-aula escribirá un libro informativo moi sinxelo que escribirá ca axuda do mestre/a e que logo ilustrarán entre todos. Deseñarán a portada co titulo e os autores. Entregarase á biblioteca para que o catalogue e logo pase a formar parte dos seus fondos.

13

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”

2º CICLO DE PRIMARIA OBXECTIVOS 1) Coñecer a función dunha biblioteca e utilizar axeitadamente os recursos que pode proporcionar. 2) Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter nunca biblioteca. 3) Domina-lo espazo da biblioteca e os seus distintos microespazos. 4) Coñecer e saber utilizar o servizo de préstamo. 5) Adquiri-lo hábito de uso da biblioteca como recurso para a información e o ocio. 6) Distinguir un libro de información de un libro de ficción. 7) Comprender e utilizar o sistema de clasificación e de organización da colección, a C.D.U. 8) Coñecer o concepto de sinatura como sistema de localización dos documentos. 9) Localizalos documentos dentro dos estantes. 10) Coñecela función dos distintos sistemas de busca da información e aplicalos. 11) Recoñecer algunhas partes físicas do libro: cuberta, lombo, portada, contraportada, gardas e sobrecubertas. 12) Recoñecer os elementos que identifican os documentos: autor, título, ilustrador, editorial, colección. 13) Manexalas fontes de información propias da súa idade e utilizalas correctamente: dicionarios, enciclopedias. 14) Utilizar correctamente os instrumentos de recuperación da información: sumarios e índices. 15) Coñecer os sistemas de presentación e organización gráfica da información: imaxes/pés de páxina ou de fotos.

14

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”

CONTIDOS 1) Organización da colección dentro da biblioteca: C.D.U. 2) Servizos da biblioteca. 3) Sistema e condicións de préstamo. 4) As normas da biblioteca. 5) Libros de información e libros de ficción. 6) O catálogo MEIGA. 7) Partes físicas de un libro. 8) Elementos de identificación dun libro: autos, ilustrador, editorial e colección. 9) Tipos de lectores. 10) Diferenza entre dicionarios e enciclopedias, e o seu uso. 11) Sumario e índice. 12) Imaxes e pés de páxina ou de fotos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1) Domina o espazo da biblioteca e os seus distintos microespazos. 2) Adquiriu e respecta as normas e hábitos relacionados co comportamento que se debe manter nunca biblioteca. 3) Sabe solicitar un préstamo da biblioteca. 4) Distingue un libro de información de un libro de ficción. 5) Coñece os distintos apartados da C.D.U. e é capaz de clasificar un libro no apartado correspondente. 6) Localiza un libro baseándose na súa sinatura e empreñando as etiquetas. 7) É capaz de buscar no catálogo meiga por autor e título. 8) Identifica as partes físicas do libro: cuberta, lombo, portada, contraportada, garda e sobrecubertas. 9) Identifica nun documento: autor, título, ilustrador, editorial, colección. 10) Distingue e emprega correctamente un dicionario e unha enciclopedia. 11) Sabe buscar información nos índices e sumarios dos libros. 12) Establece relacións axeitadas entre a imaxe e a información.

15

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”

ACTIVIDADES Actividades de activación de coñecementos previos: 1) Que é unha biblioteca e que hai nela. Establecerase un debate para recabar información sobre o concepto que os alumnos teñen da biblioteca, da súa organización e dos distintos tipos de soportes que poden ter os fondos da biblioteca . Despois faráselles ver porque é necesaria a biblioteca e a necesidade de coñecer a súa organización e funcinamento. 2) Normas para a súa utilización. En gran grupo, plantexámoslles aos nenos a necesidade dunhas normas de conduta para a utilización da biblioteca. A través dun remuíño de ideas que vaian xurdindo entre os alumnos, coa moderación do/a titor/a, vanse anotando na pizarra todas as

normas que vaian xurdindo previa xustificación da idea

plantexada. Ao remate, e cando xa se teña un certo número de propostas, debateranse tendo en ese momento gran importancia o papel moderador do mestre. De ahí sairán entre 8 ou 10 normas fundamentais que rexerán o comportamento dos rapaces na biblioteca. Con estas normas e as do resto dos ciclos, chegaremos á elaboración das definitivas normas que rexerán o uso diario da biblioteca. 3) Microespazos. Entregarémoslles aos rapaces un plano da biblioteca onde terán que situar os distintos microespazos: zona de xestión e préstamo, zona de consulta, zona de ficción, zona de traballo, zona de acceso a internet, zona de lectura informal, zona de audio-visuais.

Actividades de desenvolvemento: 1. Empréstito. Mentres a biblioteca non estea totalmente catalogada, o empréstito realizarase de xeito manual, polo que lles ensinaremos aos nenos o manexo dos libros de rexistro. É importante que os rapaces saiban que para coller un libro deberán de 16

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” acudir ao mestre que nese intre se atope na biblioteca para que os libros sexan rexistrados antes de levalos para a casa. Tamén deben saber que para facer a devolución, deben seguir o mesmo procedemento. Os rapaces tamén aprenderán a facer os empréstitos eles mesmos simulando ser os bibliotecarios. Cando a biblioteca teña a sección de fondos de ficción xa catalogada iniciarase o empréstito co Meiga e ensinarase ao alumnado a facer o empréstito co lector de código de barras e o Meiga. 2. Libros de información e libros de ficción Entregaremos aos alumnos un lote de libros nos cales atoparemos libros de ficción e formativos. Revisarán os libros e responderán ás seguintes preguntas: Todos os libros tratan do mesmo tema? Todos os libros tratan o tema do mesmo xeito? Separa os libros en dous montóns: os de ficción a un lado e os de información a outro. Distingues dentro da biblioteca as dúas zonas onde se sitúan estes tipos de libros? 3. Ubicación dos libros de ficción. Explicarémoslles aos rapaces a clasificación dos libros de ficción en función dos tipos de lectores: prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos, lectores expertos e lectores adultos. Tamén se lles explicará a asignación de cores e a organización alfabética segundo o primeiro apelido do autor. Tratase de que os rapaces comprendan o significado da sinatura e a etiqueta do libro. A continuación entregaráselles un lote de libros, de ficción, para que os ubiquen nos seus andeis correspondentes. Outra actividade que se pode preparar é facelo á inversa, é decir, darlles un listado de títulos cos seus autores correspondentes e que os localicen. 4. A CDU Explicaremos ao alumnado a necesidade de organización da biblioteca e o uso da CDU para elo empregaremos a margarida da CDU colgada na biblioteca. A continuación dividirase ao alumnado en equipos aos que se lles repartirá un paquete de libros para os que teñen que asignar o número da CDU que lles 17

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” correspondería. Debaterán ata estar de acordo e logo pedirémoslles que os coloquen no seu lugar. Esta actividade tamén a poderemos por en práctica empregando fichas nas que aparecen as portadas dos libros que deben clasificar segundo a CDU. Outra actividade será a inversa: entregaremos a cada equipo un listado de libros que teñen que atopar na biblioteca. 5. A busca nos catálogos Explicarase ao alumnado o uso do catálogo OPAC MEIGA. Despois se lles entregará unha ficha na que se lles pide que busquen no catálogo por exemplo: un libro de Roald Dalh, o libro “Desventuras dun lobo namorado”, un libro de Concha Blanco, o libro “Palabras de Caramelo”... Despois deberán cubrir unha ficha explicitando a palabra que empregan para a busca e o catálogo que empregaron: autores títulos. 6. Como é un libro Ensinarase aos alumnos as partes físicas do libro: sobrecuberta, gardas, solapa, cuberta, lombo, portada, contraportada. Despois entregaráselles un lote de libros e, por parellas, deberán manipula-las partes observadas. A continuación xogarán a recordar dito vocabulario: un cita unha das partes e o outro sinálaa nun libro. A ver quen é capaz de non ter ningún fallo? 7. Identificación dos libros: Entregarase un lote de libros a cada rapaz que deberá logo cubrir unha ficha por cada libro onde se lles preguntarán os seguintes datos: título, autor, ilustrador, editorial, ano de publicación, colección, 8.Dicionarios e enciclopedias. Entregaremos a cada equipo de alumnos un dicionario e se lles pedirá un determinado listado de palabras entre as que incluiremos algúns nomes propios como nomes de países e de personaxes históricos. Cando se dean conta de que non poden atopalas todas o mestre fomentará o debate sobre por que non están e onde poderían buscalas introducindo así o emprego das enciclopedias. Explicarase tamén as abreviaturas que aparecen nos dicionarios e que nos permiten 18

distinguir

determinadas

características

das

palabras:

xénero,

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” sinónimos, antónimos,... Introduciremos tamén nestas actividades o emprego de dicionarios de idiomas. 8. Índices ou Sumarios Entregaremos aos alumnos organizados por equipos de traballos varios libros informativos e pediráselles que atopen determinada información dentro deles. Converteremos a busca non concurso para ver quen o fai máis rápido. O obxectivo é que cheguen a conclusión de que o índice pode axudalos a facer esa busca. Despois analizaremos distintos tipos de índices e sumarios con eles. 9.Información gráfica. Entregaremos imaxes a os rapaces por un lado e por outro pés de foto os rapaces deberán relacionalos e pegalos nunha ficha.

19

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS”

3º CICLO DE PRIMARIA OBXECTIVOS 1) Buscar información na biblioteca a) Coñecer o sistema de organización adoitado na nosa biblioteca para os fondos de ficción: prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos, lectores expertos, lectores adultos. b) Coñecer o sistema de funcionamento e de organización da biblioteca: CDU e o seu manexo. c) Localizar, seguindo a CDU, distintos materiais na biblioteca. d) Consultar o catálogo MEIGA de títulos, autores e materias. e) Buscar todos os materiais existentes sobre un tema concreto na biblioteca. 2) Localiza-la información nos documentos. a) Distinguir las obras de consulta o de referencia del resto de los libros informativos. b) Coñecer os distintos tipos de obras de referencia ou consulta: distintos tipos de dicionarios e enciclopedias, atlas, anuarios, biografías, obras informativas periódicas (periódicos, revistas), obras audiovisuais( CDRoms, DVDs) c) Coñecer os recursos de organización e presentación dos coñecementos dun libro

informativo:

índices

ou

sumarios,

bibliografías,

glosarios,

cronoloxías,notas á pé de páxina, esquemas, sinopses, imaxes, pés de imaxe, prefacios, introducións, prólogos, etc... d) Coñecer as estratexias básicas de busca en internet: buscadores. 3) Coñecer e utilizar axeitadamente a distinta fontes de información. a) Avaliar a idoneidade da fonte de información en función do que se investiga. b) Contrasta a información obtida en distintas fontes. c) Desenvolve o sentido crítico ante a información. 4) Coñecer o proceso de fabricación dun libro e as súas partes. 20

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” 5) Empregar autonomamente o sistema de empréstito da biblioteca. 6) Desenvolver o gusto pola lectura. 7) Respectar as normas de comportamento e de uso establecidas para a biblioteca.

CONTIDOS 1) Organización da colección dentro da biblioteca: C.D.U. 2) Servizos da biblioteca. 3) Sistema e condicións de empréstito. 4) As normas da biblioteca. 5) Libros de información e libros de ficción. 6) Obras de referencia e tipos 7) Libros informativos 8) O catálogo MEIGA. 9) Proceso de fabricación dun libro. 10) Partes físicas de un libro: sobrecuberta, gardas, solapa, cuberta, lombo, corte anteportada, portada, contraportada. 11) Elementos de identificación dun libro: autos, ilustrador, editorial, colección, ISBN. 12) Tipos de lectores. 13) Localiza información dentro dos libros informativos manexando conceptos como índices ou sumarios, bibliografías, glosarios, cronoloxías,notas á pé de páxina, esquemas, sinopses, imaxes, pés de imaxe, prefacios, introducións, prólogos, etc... 14) A busca en internet: buscadores

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1) Domina o espazo da biblioteca e os seus distintos microespazos. 2) Adquiriu e respecta as normas e hábitos relacionados co comportamento que se debe manter nunca biblioteca. 3) Usa autonomamente o sistema de empréstito. 4) Distingue un libro de información de un libro de ficción. 21

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” 5) Coñece os distintos apartados da C.D.U. e é capaz de clasificar un libro no apartado correspondente. 6) Localiza un libro baseándose na súa sinatura e empreñando as etiquetas. 7) É capaz de buscar no catálogo meiga por autor e título. 8) Identifica as partes físicas do libro: sobrecuberta, gardas, solapa, cuberta, lombo, corte anteportada, portada, contraportada. 9) Identifica nun documento: autor, título, ilustrador, editorial, colección, ISBN. 10) Coñece as obras de referencia e as súas tipoloxías 11) Coñece e sabe manexar distintos recursos para a presentación dos coñecementos dun libro informativo: índices ou sumarios, bibliografías, glosarios, cronoloxías,notas á pé de páxina, esquemas, sinopses, imaxes, pés de imaxe, prefacios, introducións, prólogos, etc 12) Escolle as fontes de información máis axeitadas en función do tema que investiga. 13) Contrasta as fontes de información 14) Valora de forma crítica a información que recolle.

ACTIVIDADES 1. Para que sirve a biblioteca e cales son as normas de uso. Establecerase un debate para repasar os coñecementos que os alumnos teñen sobre o que é unha biblioteca, cales son as súas funcións, que servizos presta e os distintos tipos de soportes que poden ter os fondos da biblioteca, distintos espazos da biblioteca e funcións, . Tamén se lembrarán as normas que rexerán o comportamento e de uso da biblioteca. Repasaremos as normas de empréstito e tamén o uso dos marcaposicións. Pediranse voluntarios entre os alumnos para traballar como colaboradores da biblioteca 2. Libros de información e libros de ficción 22

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” Entregaremos aos alumnos un lote de libros nos cales atoparemos libros de ficción e formativos. Revisarán os libros e separaranos en dous montóns: os de ficción a un lado e os de información a outro. 3. Ubicación dos libros de ficción. Explicarémoslles aos rapaces a clasificación dos libros de ficción en función dos tipos de lectores: prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos, lectores expertos e lectores adultos. Tamén se lles explicará a asignación de cores e a organización alfabética segundo o primeiro apelido do autor. Tratase de que os rapaces comprendan o significado da sinatura e a etiqueta do libro. A continuación entregaráselles un lote de libros, de ficción, para que os coloquen nos seus andeis correspondentes. Outras actividades que farán será localizar os libros que figuran nun listado de títulos de libros ou buscar todos os libros publicados por un autor que estean dispoñibles da biblioteca. 4. A CDU Explicaremos ao alumnado a necesidade de organización da biblioteca e o uso da CDU para elo empregaremos a margarida da CDU colgada na biblioteca. A continuación dividirase ao alumnado en equipos aos que se lles repartirá un paquete de libros para os que teñen que asignar o número da CDU que lles correspondería. Debaterán ata estar de acordo e logo pedirémoslles que os coloquen no seu lugar. Esta actividade tamén a poderemos por en práctica empregando fichas nas que aparecen as portadas dos libros que deben clasificar segundo a CDU. Outra actividade será a inversa: entregaremos a cada equipo un listado de libros que teñen que atopar na biblioteca. Outra actividade a levar a cabo por equipos de traballo consistirá en entregarlles a cada equipo unha temática sobre a que deben investigar e pedirlles que localicen todos os fondos nos que atoparían información axeitada para dita temática. 5. A busca nos catálogos Explicarase ao alumnado o uso do catálogo OPAC MEIGA. Despois se lles entregará unha ficha na que se lles pide que busquen no catálogo por exemplo: un libro de 23

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” Roald Dalh, o libro “Os Megatoxos e o aprendiz de druida”, un libro de medo, un libro sobre distintas artes de pesca, a película “O bosque animado”, o último disco de Mama Cabra, , o libro “Palabras de Caramelo”, o libro correspondente ao ISBN: 84-8341-219-5... Despois deberán cubrir unha ficha explicitando a palabra que empregan para a busca e o catálogo que empregaron: autores títulos, materias, ISBN. 6. Como é un libro e como se fabrica. Ensinarase aos alumnos as partes físicas do libro: sobrecuberta, gardas, solapa, cuberta, lombo, corte anteportada, portada, contraportada. Buscaremos

información

sobre

o

proceso

de

fabricación

dos

libros

e

organizarémola en distintos pasos que logo deberán ilustrar para expoñer. 7. Datos identificativos dos libros: Entregarase un lote de libros a da rapaz que deberá logo cubrir unha ficha por cada libro onde se lles preguntarán os seguintes datos: título, autor, ilustrador, editorial, ano de publicación, colección,ISBN, 8.Obras de referencia. Explicaremos aos alumnos os diferentes tipos de obras de referencia a través dunha presentación powerpoint adaptada ao seu nivel. A continuación ofreceremos os diferentes tipos de obras de referencia existentes na biblioteca aos alumnos para que as manexen e as observen directamente. 9. Presentación dos coñecementos dun libro informativo Explicaremos aos alumnos a través dunha presentación powerpoint as diferentes posibilidades existentes para presentar a información nun libro informativo: índices ou sumarios, bibliografías, glosarios, cronoloxías,notas á pé de páxina, esquemas, sinopses, imaxes, pés de imaxe, prefacios, introducións, prólogos, etc. A continuación observarémolas directamente nos libros. 10.Buscadores de internet. Ensinaremos aos rapaces as estratexias de busca de información en internet, é dicir o manexo dos buscadores. Realizaremos buscas concretas en distintos buscadores e contrastaremos os resultados obtidos. 11.Proxecto de investigación. 24

C.E.I.P. Víctor Sáenz


PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS” Cada grupo-clase levará a cabo un proxecto de investigación sobre unha temática escollida por eles mesmos ou sobre algún aspecto da temática escollida polo centro para ese curso. O proxecto desenvolverase durante todo curso e servirá para que os alumnos saiban escoller e empregar as fontes de investigación máis axeitadas, avaliala de forma crítica, reelaborar a información recollida e presentala ao resto dos compañeiros do centro.

25

C.E.I.P. Víctor Sáenz


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.