Proxecto

Page 1

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 1º DE ESO “ENTENDER A PUBLICIDADE” GUIÓN PARA A ANÁLISE DUN ANUNCIO

1. Tipo de anuncio: a) Comercial: produto que se publicita e empresa. b) Institucional: actitude ou comportamento que se trata de correxir ou de promocionar e a institución que o promove. 2. Público ao que vai destinado: a) Menciónase expresamente. b) Intúese por… 3. Partes ou estrutura do anuncio. a) Imaxe: - Tipo: fotografía, debuxo, esquema… - Descrición. - Uso da cor. - Mensaxe que transmite. - Uso de elementos como metáfora, comparación,… b) Música: no caso de ser un anuncio audiovisual. - Importancia no anuncio. - Canción coñecida: orixinal ou versionada. c) Clincher ou gancho: aquilo que pica a curiosidade e chama a atención do espectador - Tipos: atractivo sexual, personaxe coñecida, imaxe chamativa, promoción con regalo especial, etc. d) Eslogan: frase breve que vende o produto. e) Corpo ou texto: parte escrita ou falada no anuncio. - Tipos: argumentación, información que se da ou historia que se conta para vender o produto.


4. Características lingüísticas. En xeral hai unha tendencia á economía lingüística: aforrar palabras. Recursos retóricos empregados: - Elipsis: supresión de termos. - Hipérbaton: distinta posición dos elementos dunha frase. - Comparación: mediante as palabras “como”, “tal”, “así”… - Metáfora: despraza o significado dun termo a outro. - Paralelismo: repetición de oracións equivalentes. - Aliteración: repetición de sons parecidos. - Frases feitas: é común cambiar algún dos seus termos. - Xogos de palabras: co Nome do produto. 5. Estilo. a) Vía da razón: de tipo informativo, demostra propiedades do produto, presenta o testimonio de alguén coñecido… b) Vía da emoción: busca argumentos que capten os desexos profundos e ocultos do comprador, utiliza metáforas, reclamo sexual… c) Mezcla de ambas vías: mezcla argumentos obxectivos con estímulos emocionais. 6. Valores sociais que transmite: - Modelos de comportamento social que censura ou promove directa ou indirectamente. -------------------------------------------------------------------------------------------Condicións de entrega: - O traballo debe ser entregado nunha carpetiña. Na portada deben figurar os nomes dos componentes do grupo, o tema escollido e un índice cos anuncios analizados. - Dentro da carpetiña deben ir grapados os anuncios aos folios nos que se analice no caso da publicidade en prensa; ou coa referencia de youtube para a visualización do anuncio no caso da publicidade audiovisual. - As fichas estarán escitras en galego, á man e en folio blanco. - No terceiro trimestre esta mesma ficha servirá como guion para a elaboración de anuncios.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.