Epa pcpi no curso 2013 14

Page 1

IES BREAMO A EPA/ 2º de PCPI no curso 2013-14 A EPA é unha ensinanza para adultos, voluntaria e gratuita que na modalidade presencial (a que se imparte neste centro) ten estas características: • As clases presenciais son diarias e obrigatorias. • A avaliación é continua. • Os horarios son flexibles de acordo coa dispoñibilidade do Centro e as necesidades do alumnado. • Validez académica para seguir outros estudios ou a inserción no mundo laboral. Na Educación Secundaria para Adultos (E.S.A.) o ano académico divídese en dous cuadrimestres: 1º Cuadrimestre de setembro a febreiro e 2º Cuadrimestre de febreiro a xuño. En cada un dos cuadrimestres pódese cursar un Módulo (curso). Nun ano académico (de setembro a xuño) o alumno pode cursar dous Módulos (cursos). 1 Módulos (EPA) -A E.S.A. estructúrase en catro Módulos 1, 2, 3, 4 equivalentes a 1º, 2º, 3º, 4º, da E.S.O. -Neste centro ofértanse no primeiro cuadrimestre (de setembro ata a primeira semana de febreiro incluída) os Módulos 1 e 3, e no segundo cuadrimestre (da segunda semana de febreiro ata o 21 de xuño) os Módulos 2 e 4. 2 Ámbitos (EPA) -Os contidos que se traballarán en cada Módulo agrúpanse en ámbitos . -Cada módulo consta dos seguintes ámbitos: Ámbito CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO / Ámbito SOCIAL / Ámbito de COMUNICACIÓN, ademais de Informática. O número de horas lectivas nos Módulos 1 e 2 é de 20 horas semanais, mentres que nos Módulos 3 e 4 serán 19 horas á semana. ** PCPI, 2º curso

Para 2º de PCPI no primeiro cuadrimestre os contidos impartiranse nos seguintes módulos formativos obrigatorios, que son: -Competencia comunicativa e dixital II/Sociedade e cidadanía II/ Científicomatemático II -Formación complementaria de acceso a ciclos.


No segundo cuadrimestre traballaranse os módulos voluntarios para o obtención do título de Educación Secundaria, que son: -Comunicación/Social/Científico-Tecnolóxico -Recuperación de módulos pendentes Tanto no primeiro cuadrimestre como no segundo serán 22 horas lectivas semanais. 3 Materiais e avaliación (tanto para EPA como para PCPI) -Os materiais empregados tanto na EPA como en 2º de PCPI (libros, apuntes,etc.) serán os que indique o profesor/a en cada ámbito. -A avaliación de cada ámbito farase de acordo a exames, traballos, ou actividades que cada profesor/a indicará no seu momento. - Ó longo de cada cuadrimestre haberá dúas avaliacións cuxas datas (orientativas !!!) son as que seguen: • Módulos 1,3 e módulos obrigatorios de 2º PCPI (1º cuadrimestre) 1ª avaliación 19 de novembro 2ª avaliación e final 4 de febreiro • Módulos 2,4 e módulos voluntarios de 2º PCPI (2º cuadrimestre) 1ª avaliación 29 de abril 2ª avaliación e final 23 de xuño -Os alumnos que suspendan algún/s ámbito/s no primeiro cuadrimestre, poden facer unha proba extraordinaria en maio para recuperalo/s e os que suspendan algún/s ámbito/s do segundo cuadrimestre farana en setembro -Non se pode ser avaliado dun ámbito sen ter aprobado o mesmo ámbito no módulo anterior. ** PCPI, 2º curso

* Como o segundo curso de PCPI tamén está estructurado en dous cuadrimestres. As avaliacións que terán no primeiro coincidirán coas dos Módulos 1 e 3 da ESA (so, que estes alumnos avaliaranse dos módulos formativos obrigatorios xa descritos) e as avaliacións do segundo, coincidirán coas do Módulo 4 (no que estes alumnos se avaliarán dos módulos voluntarios para a obtención do título de educación secundaria tamén xa descritos). * Se un alumno supera todos os módulos obrigatorios (primeiro cuadrimestre) pode solicitar unha certificación académica que o habilita para poder matricularse nun ciclo medio (resérvanse prazas para alumnado procedente de PCPI que teña aprobado o primeiro cuadrimestre). 4 Perda do dereito de avaliación continua (tanto para EPA como PCPI) A falta de asistencia reiterada ás actividades de formación pode conlevar a perda ó dereito de avaliación continua nos seguintes casos:


-Nun ámbito cando o número de faltas de asistencia sen xustificar supere o 10% do cómputo total de horas establecido para ese ámbito nese cuadrimestre. Ámbitos de 8h. semanais perden o dereito de avaliación continua ás 16 faltas sen xustificar. Ámbitos de 6h. semanais perden o dereito de avaliación continua ás 12 faltas sen xustificar. Ámbitos de 4h. semanais perden o dereito de avaliación continua ás 8 faltas sen xustificar. Ámbitos de 3h. semanais perden o dereito de avaliación continua ás 6 faltas sen xustificar. Materias de 1h. semanal perden o dereito de avaliación continua ás 2 faltas sen xustificar. O alumno será avisado por escrito cando se aproxime ó número de faltas máximo permitido.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.